Presentación uvigo 09 10

728 views

Published on

Published in: Education, Technology
0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
728
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
17
Actions
Shares
0
Downloads
0
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Presentación uvigo 09 10

  1. 1. 1.- TRES CAMPUS A UVIGO consta de tres campus situados en Ourense, Pontevedra e Vigo.
  2. 2. 2.- VINTEOITO CENTROS Na UVIGO temos 28 centros (escolas/facultades) onde se imparte a docencia. Nomeadamente, 7 en Ourense, 6 en Pontevedra, e 15 en Vigo.
  3. 3. 3.- CINCUENTA E CATRO DEPARTAMENTOS A unidade que ten encomendada a docencia é o departamento. Na UVIGO temos un total de 54 departamentos, divididos en catro grandes bloques: científico (12), tecnolóxico (17), xurídico-social (13), e humanístico (12).
  4. 4. 4.- BIBLIOTECA Na actualidade na UVIGO disponse de 444.600 libros e acceso a 8.389 revistas especializadas. Todos os alumnos da UVIGO teñen acceso a esta información.
  5. 5. 5.- SERVIZO DE DEPORTES No campus de Vigo: o Pavillón de deportes o Sala de musculación o Pista de atletismo o Zona de tenis de mesa o Campo de herba sintética o Campo de herba natural o Piscina cuberta
  6. 6. 6.- ACTIVIDADES DEPORTIVAS o Escolas Deportivas o Cursos o Competicións (internas e interuniversitarias) o Cursos para árbitros o Roteiros …
  7. 7. 7.- PRÁCTICAS PREPROFESIONAIS Dous de cada tres alumnos titulados na UVIGO realizan prácticas preprofesionais en empresas antes de rematar a carreira. Nun número elevado de casos estas prácticas derivan nun primeiro contrato laboral.
  8. 8. 8.- CENTRO DE LINGUAS Desde o Centro de Linguas impártense cursos de distintos idiomas co obxecto de favorecer a mobilidade do persoal da UVIGO: inglés, francés, español, galego, alemán, chinés, árabe, lingua de signos, … O coñecemento das linguas dos outros propicia a comprensión dos seus falantes e a Universidade ten esa vocación de proxección externa e de quebrar fronteiras.
  9. 9. 9.- MOBILIDADE ESTUDANTES Ano a ano cada vez máis estudantes da UVIGO teñen a oportunidade de cursar un curso ou un cuadrimestre en outras universidades, españolas, europeas ou de outros continentes. Numerosos recursos propios para facilitar esta mobilidade.
  10. 10. 10.- POLÍTICA DE CALIDADE Todos os centros, departamentos e servizos realizan avaliación da calidade, xestionada desde a Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación. Dentro do organigrama temos unha vicerreitoría de novas tecnoloxías e calidade.
  11. 11. 11.- CALIDADE DO PROFESORADO Cuadrimestralmente os alumnos da UVIGO avalían aos seus docentes mediante enquisas, que repercuten no soldo dos mesmos. Puntuando de 1 a 5, a media da Universidade é de 3,6.
  12. 12. 12.- MITEU Todos os anos a UVIGO organiza a Mostra Internacional de Teatro Universitario, “con grande éxito de crítica e público”. Vai xa pola décimoprimeira edición.
  13. 13. 13.- ENSAIAMOS Ensaiamos é unha iniciativa da UVIGO como servizo de apoio a grupos musicais. Búscase a dinamización de grupos musicais por medio dun local de ensaio establecido no Teatro da Cidade Universitaria.
  14. 14. 14.- ASOCIACIONISMO Na UVIGO fomentamos o asociacionismo universitario fornecendo de espazos e recursos para poder traballar axeitadamente. O abano de asociacións é certamente amplo: deportivas e de lecer, solidarias, teatro, música, cinema, fotografía, medio ambiente, intercambio, tecnoloxía, …
  15. 15. 15.- VOLUNTARIADO Ao longo dos últimos anos, a Universidade de Vigo tomou conciencia da importancia do papel que debe desempeñar na cultura da solidariedade, pola participación social e máis concretamente sobre a expresión e diversas manifestacións do voluntariado.
  16. 16. 16.- CORO UNIVERSITARIO Aberto a tódolos membros da comunidade universitaria que desexen non só aprender a cantar e a gozar da música, senón tamén das actividades e viaxes totalmente gratuítos que o Coro realiza cada ano en intercambios culturais, tendo a oportunidade de coñecer outras cidades, intercambiar ideas e compartir outras formas de convivencia con estudantes doutras universidades do país e do estranxeiro.
  17. 17. 17.- CONCURSOS Anualmente convócanse distintos concursos en diferentes ámbitos: creación audiovisual, fotografía, pintura, maquetas de música, carteis e polípticos, poesía e relato curto, …
  18. 18. 18.- OBRADOIROS Co obxecto de completar a formación do estudante existen os denominados créditos de libre elección a UVIGO oferta distintos obradoiros que permiten validar este tipo de créditos: sonoración e gravación musical, iniciación ao teatro, iniciación á opera, iniciación á curtametraxe, recursos e oportunidades para a inserción laboral, …
  19. 19. 19.- CONCERTOS En diferentes dependencias da UVIGO (p.ex. no teatro universitario) ou alleas á institución organízanse concertos cun surtido variado: Elodio y los seres queridos, Ms John Soda, Marful, Sexy Sadie, … ou os concertos de nadal (este ano Son de Seu e convidados).
  20. 20. 20.- TEATRO Como non podía ser de outro xeito, tamén se realizan distintas representacións teatrais no Teatro Universitario. Por exemplo, o sempre polémico Leo Bassi coa súa “La revelación”, Zanguango con "El desahucio” ou San & San con "Bar“.
  21. 21. 21.- ESPECTÁCULOS DE RÚA Dirty Fred, Os 7 magníficos + 1, Good Idea Company, Chus Herrera, ou Javi Javichi son algúns dos actores e grupos que amenizan distintas dependencias da UVIGO cos seus espectáculos.
  22. 22. 22.- FESTAS! o San Teleco o San Pepe o Santa Bárbara o San Alberte o San Mineco …
  23. 23. 23.- CICLOS DE RELATORIOS Na UVIGO organízanse distintos ciclos de relatorios con temas de actualidade. Entre outros, un sobre a mundialización da economía onde contamos coa presenza de Javier Riera, Carlos Taibo, Xavier Vence e Xosé Neira Vilas.
  24. 24. 24.- UNIVERSIUM Universium é un programa promovido desde a UVIGO co obxecto de divulgar o pensamento contemporáneo en relación con temas clave da actualidade. Por exemplo: “o futuro modelo territorial do estado”, “pasado, presente e futuro do estatuto de autonomía de Galicia”, ou “culturas posíbeis e imposíbeis”.
  25. 25. 25.- POLÍTICA UNIVERSITARIA A Universidade é unha institución democrática onde periodicamente se elixen representantes para os distintos órganos de goberno. En calquera deles hai presenza dos tres sectores da universidade: estudantes, persoal de administración e servizos e persoal docente e nvestigador.
  26. 26. 26.- UVIGO-TV A UVIGO conta cunha televisión propia, cunha orientación á docencia e á investigación.
  27. 27. 27.- DUVI A UVIGO conta cun xornal electrónico onde se publican as novas relacionadas co mundo universitario sobre unha plataforma de software libre. Por exemplo: Entre 500 investigadores internacionais Un estudante da Universidade, premiado no máis importante congreso de láser Un proxecto vinculado á aeronáutica
  28. 28. 28.- REDE WIRELESS Os/as alumnos/as da Uvigo pódense conectar de xeito gratuíto a internet, empregando a rede wireless que proporciona a UVIGO nos seus centros (escolas e facultades).
  29. 29. 29.- SERVIZO DE SMS O Servizo de envío de avisos por SMS da Universidade de Vigo utilízase para manter informados aos alumnos da UVIGO a través do teléfono móbil coa última información desta Universidade.
  30. 30. 30.- SEIX Mediante esta plataforma web os/as alumnos/as da UVIGO teñen acceso ás súas cualificacións, datas de revisión de exames, expediente académico, consulta sobre o estado da tramitación de bolsas (tanto da UVIGO como do Ministerio ou da Xunta), …
  31. 31. 31.- TEMA Complemento virtual da docencia presencial. Dentro deste programa, o profesorado administra o contido das súas materias, mediante a utilización das ferramentas que a plataforma elixida pon a súa disposición. O Servizo de Teledocencia inscribe ao alumnado nas materias de forma automática, mediante unha conexión directa coas bases de datos de matrícula.
  32. 32. 32.- UNIPORTA/OPTIZE A Xunta de Galicia e Universia, co apoio a CRUE promove UNIPORTA, por medio do cal os estudantes poderán beneficiarse das máis avanzadas tecnoloxías en ordenadores portátiles a uns prezos moi por debaixo do mercado e podendo acceder a diversas subvencións.
  33. 33. 33.- OFOE A OFOE é a oficina de orientación ao emprego da UVIGO. Xestión de prácticas en empresas e institucións públicas e privadas. Xestión de ofertas de emprego. Orientación e asesoramento individualizado na busca de emprego. Formación para o emprego.
  34. 34. 34.- OFIE A OFIE é a oficina de iniciativas empresariais da UVIGO. Colabora na difusión e o fomento do espírito emprendedor, presentando as iniciativas empresariais coma unha saída laboral alternativa ao traballo por conta allea. Contribúe á detección de proxectos e a posterior creación de empresas de carácter innovador e cun alto contido tecnolóxico nas diferentes áreas de coñecemento.
  35. 35. 35.- EURES A UVIGO participa nun proxecto financiado desde a Unión Europea co obxecto de fomentar a mobilidade de traballadores dentro da euro-rexión. Contamos coa única conselleira EURES de todo o estado español, quen entre outras cousas axuda e asesora na elaboración co curriculum vitae EUROPASS.
  36. 36. 36.- CÁTEDRAS A UVIGO mantén contacto con empresas e institucións a través de distintas cátedras. Entre outras, PSA Peugeot- Citroën, Coren, Comunitel, Anfaco, Carlos Casares, Álvarez Ossorio, Filgueira Valverde, ...
  37. 37. 37.- POSGRAOS Dentro das distintas posibilidades que se poden ofertar para os posgraos, a UVIGO aposta firmemente polos posgraos profesionalizantes.
  38. 38. 38.- RESIDENCIAS Centros propios: 1. Complexo Residencial 2. As Burgas (Ourense; 118) 2.Complexo Residencial O Castro (Vigo; 218) Centros concertados: 3. Residencia Concertada A Peregrina (Pontevedra) 4. Complexo Residencial Concertado Alcai (Allariz)
  39. 39. 39.- GABINETE PSICOPEDAGÓXICO O gabinete psicopedagóxico da UVIGO é un departamento destinado a ofrecer aos alumnos que o precisen unha orientación e asistencia, ben sexa, sobre aspectos estritamente académicos como outros máis persoais. Tanto uns como os outros poden influír de maneira negativa no adecuado desenvolvemento do ámbito académico como do ámbito socio-familiar.
  40. 40. 40.- BOLSAS As persoas que están a cursar estudos na UVIGO poden solicitar bolsa tanto ao Ministerio de Educación como á Xunta de Galicia. De xeito complementario, a UVIGO destina anualmente unha cantidade importante de recursos a esta finalidade.
  41. 41. 42.- OMA Política ambiental da UVIGO. Asesorar á comunidade universitaria en temas relacionados co medio ambiente. Intervir nas actuacións que poidan afectar negativamente ás condicións e compoñentes ambientais da Universidade. Promover e coordinar calquera acción encamiñada a aumentar a calidade de vida na Universidade, equilibrando a relación entre as persoas e o medio.
  42. 42. 43.- CHEO, POR FAVOR O servizo de coche compartido é unha iniciativa da UVIGO coa que se pretende reducir o número de vehículos que transitan polo Campus Universitario Lagoas-Marcosende
  43. 43. 44.- OS CURSOS Un curso académico na actualidade está formado por un conxunto de materias de xeito que na súa totalidade sumen aproximadamente 75 créditos (750 horas de docencia recibida nun curso). Habitualmente están divididos en cuadrimestres, de xeito que hai exames finais en febreiro e xuño. Existe a convocatoria extraordinaria de setembro.
  44. 44. 45.- AS MATERIAS Na actualidade as materias poden ter docencia teórica, práctica e de laboratorio, ser impartidas por un ou máis docentes. Cada materia ten asignado un número de créditos. Cada crédito equivale a 10 horas de docencia presencial. O proceso de adaptación ao EEES vai trocar completamente este xeito de computar.
  45. 45. 46.- ALUMNOS POR CLASE Para primeiro ciclo (máximo de): 24 persoas por grupo de laboratorio 100 persoas por grupo de teoría
  46. 46. 47.- TIPOS DE TITULACIÓNS Na actualidade hai dous tipos de titulacións: de ciclo curto (3 anos) e de ciclo largo (5 anos). Dentro do primeiro tipo podemos achar enxeñarías técnicas, maxisterio, enfermaría, ...; na segunda clase, as licenciaturas e enxeñarías superiores.
  47. 47. 48.- TITULACIÓNS! Na actualidade a UVIGO oferta 54 titulacións, nos 23 centros distribuídos polos 3 campus. Con certeza hai máis de unha do teu interese! 54 formas para saír ao mundo
  48. 48. 49.-BOLONIA 1998 Adopción pola UE 1999 Declaración Declaración de Bolonia da Sorbona 2001 Desaparición pta Comunicado Comunicado 2003 de Praga de Berlín Comunicado Comunicado 2005 de Bergen de Londres 2007 Lovaina 2009
  49. 49. 50.- BOLONIA! o Que é o EEES? o Unha única estrutura de títulos o Unha mesma unidade de Medida (crédito ECTS) o Un mesmo Certificado de Estudos: Suplemento Europeo ao Título
  50. 50. 50.- BOLONIA! Na actualidade hai dous tipos de titulacións: *De ciclo curto (3 anos). Dentro do primeiro tipo podemos achar enxeñarías técnicas, maxisterio, enfermaría. *De ciclo longo (5 anos), as licenciaturas e enxeñarías superiores. Con Bolonia teremos: - Títulos de grao de catro anos, xeneralistas - Títulos de posgrao ou Master de un ou dous anos,de especialización
  51. 51. 50.- O NOVO MODELO Sistema europeo de transferencia e acumulación de créditos. Unidade de valoración da actividade académica. Centrado no estudante. Baseado na carga de traballo do estudante (volume total) necesaria para a consecución dos obxectivos dun programa. Integra teoría, práctica e outras actividades dirixidas.. Especifícanse os obxectivos en termos dos resultados da aprendizaxe e das competencias que se deben adquirir.
  52. 52. 50.- O NOVO MODELO Un curso serán 60 créditos igual que agora pero: -  a actualidade 1 crédito é igual a 10 horas de docencia N presencial na aula. -  espois 1 crédito será igual a 25 horas de traballo do D alumno computando, clases presenciais, prácticas, traballo en equipo, asistencia a titorias, etc...
  53. 53. 51- BOLONIA GRAOS 2008-2009 Universidade de Vigo: Grao en Belas Artes
  54. 54. 51- BOLONIA GRAOS 2009-2010 TITULACIÓNS  ANTIGUAS   TITULACIÓN  CURSO  2009-­‐2010   Licenciatura  en  Historia   Grao  en  Xeogra@a  e  historia   Diplomatura  en  Turismo   Grao  en  turismo   Diplomatura  en  Traballo  Social   Grao  en  Traballo  Social   Diplomatura  en  Educación  Social   Grao  en  Educación  Social   Licenciatura  en  CC.  da  AcKvidade  Física  e  deporKva   Grao  en  CC.  Da  AcKvidade  Física  e  Deporte   Licenciatura  en  Publicidade  e  Rel.  Publicas   Grao  en  Publicidade  e  Relacións  Publicas   Licenciatura  en  Comunicación  Audiovisual   Grao  en  Comunicación  Audiovisual   Licenciatura  en  Economía   Grao  en  Economía   Licenciatura  en  Adm.  e  Dirección  de  Empresas   Grao  en  Administración  e  Dirección  de  Empresas   Licenciatura  en  Dereito   Grao  en  Dereito   Diplomatura  en  Relacións  Laborais   Grao  en  Relacions  Laborais  e  Recursos    Humanos   Diplomatura  en  XesKón  e  Administración  Pública   Grao  en    Dirección  e  XesKón  Pública  
  55. 55. 51- BOLONIA GRAOS 2009-2010 TITULACIÓNS  ANTIGUAS   TITULACIÓN  CURSO  2009-­‐2010   Diplomatura  en  Fisioterapia   Grao  en  Fisioterapia   Diplomatura  en  Enfermería   Grao  en  Enfermería   Licenciatura  en  Bioloxía   Grao  en  Bioloxía   Licenciatura  en  Ciencias  do  Mar   Grao  en  Ciencias  do  Mar   Licenciatura  en  Química   Grao  en  Química   Licenciatura  en  Ciencias  e  Tecnoloxía   Grao    en  Ciencia  e  tecnoloxía  dos   dos  alimentos   alimentos   Enxeñería  Técnica  en  InformáKca  de   Grao  en  Enxeñería  InformáKca   XesKón-­‐Enxeñería  en  InformáKca  
  56. 56. 51- BOLONIA GRAOS 2009-2010 TITULACIÓNS  2008-­‐2009   TITULACIÓN  2009-­‐2010   Mestre  en  Educación  InfanKl   Grao  en  Educación  InfanKl   Mestre  en  Educación  Especial   Mestre  en  Linguas  estranxeiras   Grao  en  Educación  Primaria   Mestre  en  Educación  Primaria   Mestre  en  Educaciòn  Musical   Licenciatura  en  Traducción  e  Interpretación   Grao  en  Tradución  e  Interpretación   Licenciatura  en  Filoloxía  Inglesa   Grao  en  Linguas  Estranxeiras   Licenciatura  en  Filoloxía  Hispánica   Grao  en  Estudios  Galego  e  Español   Licenciatura  en  Filoloxía  Galega  
  57. 57. 51- BOLONIA GRAOS 2010-2011 Enxeñarias e novas titulacións -Grao en ciencias ambientais -Grao en comercio -Grao en consultoría e xestión da información -Grao en enxeñaría en tecnoloxias de telecomunicacións - Grao en Enxeñaría Agraria -  Grao en Enxeñaría Forestal - -  rao en Enxeñaría de Organización Industrial G -  Grao en Enxeñaria da Enerxía - -  rao en Enxeñaria Mecánica G -  rao en Enxeñaria de recursos mineros e Obras Subterraneas G - Grao en Enxeñaría de Tecnoloxias Industriais - Grao en Enxeñaria de Electricidade - Grao en Enxeñaría Electrónica - Grao en Enxeñaría en Química Industrial
  58. 58. 52- NOVAS PROBAS DE ACCESO NOVEDADES: ESTRUTURA DA PROBA DE ACCESO Fase Xeral + Fase Específica Obrigatoria + Voluntaria 10 puntos + 4 puntos
  59. 59. 52- NOVAS PROBAS DE ACCESO- fase xeral Lingua Castelá e Literatura Lingua Galega e Literatura Lingua Estranxeira (Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués) Historia de España ou Historia da Filosofía Unha materia de modalidade do segundo curso do bacharelato .
  60. 60. 52- NOVAS PROBAS DE ACCESO- calificación fase xeral *Media aritmética das cinco cualificacións *Cualificación de acceso: 60% Nota Media do Bacharelato + 40% Cualific. Fase Xeral. * NECESARIO ACADAR 5 PUNTOS DE NOTA DE ACCESO PARA ACCEDER Á UNIVERSIDADE
  61. 61. 52- NOVAS PROBAS DE ACCESO fase específica Materias de modalidade do segundo curso do bacharelato excepto a xa cursada na fase xeral da proba. Maximo de tres Se considerará a nota do exame cando - se obteña unha cualificación >= 5 puntos - a materia teña relacion coa titulacion
  62. 62. 52- NOVAS PROBAS DE ACCESO CALIFICACIÓN DE ACCESO Para ensinanzas universitarias oficiais de Grao con máis solicitudes que prazas * Nota de admisión = 0,6*NMB + 0,4*CFX + a*M1 + B*M2 NMB = Nota Media do Bacharelato . * CFX = Cualificación da Fase Xeral . * M1, M2 = As dúas mellores cualificacións das materias superadas na Proba Específica. * a, b = Parámetros de ponderación das materias da Fase Específica. * A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias da Fase Específica en función do grao ao que se queira acceder. Para ver as ponderacións consultar páxina web da CIUG
  63. 63. ENXEÑARÍAS E.S. de Enxeñería Informática: Enxeñería en Informática, Enxeñería Técnica en Informática de Xestión (límite 100 - Nota de corte 5 Setembro). E.T.S.E de Minas: Enxeñería de Minas (limite 40, nota de corte 5 Xuño) E.T.S.E de Telecomunicación: Enxeñería Técnica Superior de Telecomunicación (limite 100, nota de corte 5 setembro) , Enxeñería Técnica de Telecomunicación Especialidade de Son e Imaxe (límite 50 - Nota de corte 5 setembro), Enxeñería Técnica de Telecomunicación Especialidade de Sistemas de Telecomunicación (límite 50 - Nota de corte 5 setembro). E.T.S.E Industrial: Enxeñería Industrial (límite 250– Note de corte 6 setembro), Enxeñería en Automática e Electrónica Industrial, Enxeñería en Organización Industrial, Graduado Universitario en Ciencias Policiais e Detective Privado E.U.E.T. Forestal: Enxeñería Técnica Forestal sen límite d eprazas E.U.E.T. Industrial: Enxeñería Técnica Industrial Especialidade Electricidade (límite 75 – Nota de corte 5 setembro), Enxeñería Técnica Industrial Especialidade Electrónica Industrial (límite 120 – Nota de corte 5 setembro) , Enxeñería Técnica Industrial Especialidade Mecánica (límite 125 - Nota de corte 5,81 setembro), Enxeñería Técnica Industrial Especialidade Química Industrial (límite 80 – Nota de corte 5 setembro) F. Ciencias - Ourense: Enxeñería Técnica Agrícola
  64. 64. ENFERMARÍA E FISIOTERAPIA E.U. Enfermería – Meixoeiro: Grao en Enfermería (límite 50 – Nota 6,73 xuño) E.U. Enfermería – Ourense: Diplomatura en Enfermería (límite 50 – Nota 6,34 xuño) E.U. Enfermería – Pontevedra: Diplomatura en Enfermería (límite 50 –Nota 6,41 xuño) E.U. Enfermería – Povisa: Grao en Enfermería (límite 60 – Nota 6,23 xuño) E.U. Fisioterapia: Grao en Fisoterapia (límite 50 – Nota 7,24 xuño )
  65. 65. ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS E.U. Ciencias Empresariais: Diplomatura en Ciencias Empresariais (límite 250 – Nota 5 setembro) F. CC. Empresariais e turismo (Ourense): Grao en Turismo (límite 75 – Nota 5 setembro), Grao en Administración e Dirección de Empresas – Nota 5 setembro) F. CC. Económicas e Empresariais: Grao en Economía (límite 70, nota de corte 5 setembro) Grao en Administración e Dirección de Empresas (límite 240 – Nota 5 setembro )
  66. 66. CIENCIAS DA EDUCACIÓN F. CC. Educación – Ourense: Grao en Educación Social (límite 75 – Nota 5 setembro), Grao en Traballo Social (límite 75 – Nota 5 setembro), Licenciatura en Psicopedagoxía, Grao en Educación Infantil (límite 75 – Nota 5 xuño), Grao en Educación Primaria (limite 75- Nota 5 xuño) F. CC. Educación – Pontevedra: Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (límite 100 – Nota 5,53 setembro), Grao en Educación Infantil (límite 75 – Nota 5,71 xuño), Grao en Educación primaria (límite 75 – Nota 5,70 xuño), E.U. de Formación de Profesorado: Mestre en Educación Primaria, Mestre en Educación Infantil
  67. 67. CIENCIAS F. Ciencias – Ourense: Grao Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (limite 30 – Nota 5 setembro), Licenciatura en Física F. Ciencias – Vigo: Grao en Bioloxía (límite 100 – Nota 5 setembro), Grao en Ciencias do Mar (limite 70 – Nota 5 setembro), Grao en Química (limite 60 – Nota 5 setembro)
  68. 68. CIENCIAS XURÍDICAS F. CC. Xurídicas e do Traballo: Grao en Dereito (Limite 80, Nota 5 xuño), Grao en Relacións Laborais (limite 80 Nota 5,21 setembro) F. Dereito (Ourense): Grao en Dereito (limite 60 – Nota 5 setembro)
  69. 69. FILOLOXÍA, TRADUCIÓN E HISTORIA F. de Filoloxía e Tradución: Grao en estudos galego-español Grao en Linguas estranxeiras, Grao en Tradución e Interpretación Español- Inglés (límite 50 – Nota 7,65 xuño), Grao en Tradución e Interpretación Español- Francés (límite 20 – Nota 5,48 xuño), Grao en Tradución e Interpretación Galego- Inglés (límite 40 – Nota 5 setembro), Grao en Tradución e Interpretación Galego- Francés (límite 10 – Nota 5 setembro). F. Historia (Ourense): Grao en Xeografia e Historia (limite 30- Nota 5 setembro)
  70. 70. BELAS ARTES, CIENCIAS SOCIAIS, COMUNICACIÓN F. de Belas Artes (Pontevedra): Grao en Belas Artes (límite 130 – Nota 5,65 setembro ), Graduado Universitario en Deseño Textil e Moda F. Ciencias Sociais e da Comunicación (Pontevedra): Grao en Dirección e Xestión Pública (limite 40 – Nota 5,58 setembro, Grao en Publicidade e Relacións Públicas (limite 100 – Nota 6,14 xuño) Grao en Comunicación Audiovisual (límite 40 – Nota 6,47 xuño).

×