Tecnoloxias apropiadas antón román

907 views

Published on

Parte da serie sobre "Reflexións en Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano dende unha perspectiva multidisciplinar"

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
907
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
410
Actions
Shares
0
Downloads
4
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Tecnoloxias apropiadas antón román

  1. 1. Tecnoloxías apropiadas Antón Román Portabales [1. Introducción] Normalmente a mellor estratexia para enfrentarse a un problema grande é dividilo en problemas máis pequenos, de xeito que poidamos atacar cada un por separado. Esta é a razón pola que vou dividir o texto en apartados que poden ser lidos de forma independente. Vou falar de todo o que eu entendo por tecnoloxías, e iso implica non só falar de cousas como a cociña solar ou picosatélites, se non de outras tecnoloxías como o diñeiro e a xustiza, que se cadra, inflúen máis na vida da xente. Non pretendo facer un artigo técnico nin científico, senon unha prosa rápida de ler, sen moitas cifras. Son consciente de que moitas das cousas que digo está suxeitas a interpretación, pero intentarei usar o sentido común en todo momento, xa que a miña intención non é dar información exhaustiva, se non facer pensar ó lector, tanto se está a favor como se está en contra do que digo. Normalmente asociamos a tecnoloxía a elementos materiais, pero isto non é así, existen moitas cousas “non materiais” que podemos considerar tecnoloxía. Se atendemos á definición de tecnoloxía que aparece na Wikipedia1 vemos que os resultados dunha determinada tecnoloxía pode ser un servizo. Un servizo é un conxunto de actividades que buscan responder ás necesidades dun potencial usuario. Por exemplo, as lexislacións ou os cartos, son cousas que podemos clasificar como tecnoloxía, xa que son unha creación da mente humana para intentar solucionar problemas existentes e mellorar a súa vida, o cal inexorablemente pasa por unha mellor convivencia e mellores relacións sociais e económicas. Tanto as lexislacións como os cartos sufriron unha evolución histórica e ambas teñen presentan problemas moi importantes hoxe en día. Solucionar estes problemas, é na miña opinión, aínda máis importante que mellorar a eficiencia dos paneles fotovoltaicos (por pór un exemplo), que tamén o é, e moito. [2. Historia da relación entre o ser humano e a tecnoloxía condensada.] Cómpre dicir que eu non son un experto en historia da Tecnoloxía nin da Economía, pero gustaríame dar a miña visión da mesma. Aínda que hai algúns animais que empregan ferramentas rudimentarias, o ser humano é o animal tecnolóxico por excelencia. Podemos dicir entón, que a tecnoloxía está indisolublemente unida ó proceso evolutivo humano. Dende que dominio do lume nos permitiu cociñar e durmir 1 “ Tecnoloxía é o conxunto de coñecementos técnicos, ordeados cientificamente, que permiten deseñar e crear bens e servizos que facilitan a adaptación ó medio ambiente e satisfacer tanto as necesidades esenciais como os desexos das persoas...” 1
  2. 2. quentes e tranquilos, e coa capacidade das nosas mans fomos capaces de crear e usar ferramentas1, conseguimos unha ventaxa competitiva que nos permitiu triunfar como especie ata chegar, nos últimos tempos, a unha taxa de crecemento poblacional exponencial, máis propio dunha plaga. Polo tanto, o uso intensivo de ferramentas é algo que nos caracteriza como especie. Ademais das ferramentas, o ser humano caracterizouse por ser un animal social, que tivo na vida en grupos a base da súa subsistencia. Durante miles de anos o home, axudado por unha tecnoloxía rudimentaria, adicouse a subsistir, primeiro levando unha existencia nómada para finalmente facerse máis sedentario co avance da agricultura e gandería. Nos últimos 200 anos tivemos dúas Revolucións Industriais. A primeira comezou en Europa na primeira metade do s.XIX, aínda que despois se transladou a EEUU, e empregou o carbón como fonte de enerxía. A segunda, comezou na primeira metade do século XX tivo como epicentro EEUU e estivo baseada no comezo do consumo intensivo de petróleo e dura ata os nosos días. O ser humano pasou dunha vida de subsitencia nas sabanas africanas, a ter dispositivos funcionando en marte, cunha evolución tecnolóxica que se condensou principalmente na última fase histórica, e que é cada vez maior. As Revolucións Industriais, sumadas ós procesos coloniais que comezaron a partir do século XV e ós grandes conflictos bélicos do s.XX, deron lugar a un mundo de varias velocidades, onde principalmente hai dous tipos de zonas: unhas moi tecnolóxicas, consumistas e adictas ó carbono fósil, e outras, menos tecnolóxicas, máis empobrecidas e moitas veces con abundantes recursos naturais dos que normalmente se benefician as rexións máis ricas. Non quero dar unha visión bipolar da economía mundial, xa que no medio hai moitos puntos intermedios e se cadra cos potencias emerxentes cada vez máis, pero grosso modo, podemos dicir que esta é situación actual. A nosa evolución histórica como especie tecnolóxica xa non a podemos cambiar, pero si está ben que nos fagamos un esquema mental da mesma para construir o futuro, e diso si que estamos a tempo. A tecnoloxía estivo sempre connosco, pero ten que ser un medio que estea ó noso servizo, non ó revés, e para ser boa e beneficiosa para todos nós, para o entorno que nos rodea, e, sobre todo, sustentable no tempo. Con esta pequena introducción histórica quería facer fincapé en que o ser humano non se entende sen a tecnoloxía, porque é esencial para a nosa supervivencia e estivo e vai estar ligada á nós, queiramos ou non. Dito isto, debemos ser conscientes das nosas limitacións como animal tecnolóxico e dos problemas que a cotío causan as nosas tecnoloxías, e sobre todo, debemos ter sempre presente algo, as cousas importantes non son cousas (nin servizos). Isto é a interpretación que me gusta facer do de que "as persoas non deben considerarse como un medio se non como un fin en si mesmas" de Kant2. Á altura da película que estamos deberíamos facer extensivas estas palabras non so ó ser humano, se non ó pequeno planeta azul no que vivimos. 1 Que me perdoen os antropólogos por intentar resumir o proceso de hominización en 26 palabras :-) 2 Hei de dicir que tampouco coñezo moito de Kant, e que tampouco me convence a explicación que dá para a existencia de Deus, pero penso que é un dos filósofos que realmente paga a pena estudiar 2
  3. 3. [3. Por que falamos de tecnoloxías apropiadas?] Por convención falamos de tecnoloxía apropiada entendemos unha tecnoloxía que, cos recursos dispoñibles, permite realizar unha tarefa dunha forma eficiente e eficaz a unha población, axudándolle a levar unha vida máis digna. Normalmente refírese a tecnoloxías que se introducen en países empobrecidos para mellorar as existentes dun xeito acorde coas posibilidades materiais e económicas dos usuarios. Tamén leva implítcito un compoñente de sustentabilidade, é dicir, de convivencia harmónica co medio natural dos usuarios. Pero quizais o de “apropiadas” non é o termo máis atinado cando se quere facer entender o concepto. Cando un oe falar por primeira de vez das tecnoloxías apropiadas pode preguntarse: seica non debería ser todas as tecnoloxías apropiadas?, é dicir, se unha tecnoloxía non é óptima dende o maior número de puntos de vista, para que a queremos?. Ben, esta pregunta ten todo o sentido, e eu fágoma todos os días. ¿Que fai que unha tecnoloxía sexa apropiada nun sitio e non noutro? Podemos dicir que iso vén dado por factores como a dispoñibilidade de recursos, o poder adquisitivo da poboación ou a posibilidade de xestión da mesma por parte da poboación local. ¿Porque as cociñas de leña melloradas son unha tecnoloxía apropiada en moitos sitios de África e aquí ninguén as querería?. Sinxelamente porque, por regra xeral, aquí podemos permitirnos algo mellor. En definitiva, o que quero dicir, é que o termo tecnoloxía apropiada normalmente leva implícito unha carga de desigualdade social asumida, que se ben é realista debería facernos pensar. Por outra banda, hai que distinguir entre tecnoloxía e o uso que se fai da mesma, que moitas veces se mesturan os conceptos. A tecnoloxía nuclear pode usarse para cousas como destruir tecidos tumorais ou destruir unha cidade. Polo tanto é importante definir que unha tecnoloxía non é mala ou boa en si mesma, se non a súa aplicación. Por último, e en relación coa diferencia entre a tecnoloxía e a súa aplicación, querería facer unha reflexión sobre determinados productos tecnolóxicos e son apropiados nalgúns sitios e noutros non. Sempre asociamos o concepto de tecnoloxía apropiada a zonas empobrecidas onde hai poucos recursos, pero o concepto, ademais de ser aplicable en calquera sitio, podería ter unha dimensión máis, e ser aplicable a calquera tecnoloxía independentemente do contexto socio-económico nunha escala global, é dicir, deberíamos poder falar de tecnoloxías apropiadas para a humanidade. No outro extremo temos tecnoloxías que realmente non sería doado clasificalas como apropiada en ningún país, o cal dende un punto de vista racional non ten moito sentido. Poño o exemplo dun Porsche Cayenne, que é o resultado dun proceso tecnolóxico que ten como obxecto producir un vehículo grande, moi potente e luxoso. É unha tecnoloxía apropiada nalgún sitio? é unha tecnoloxía apropiada para a humanidade? Dignifica a vida das persoas?. Non vou dar a solución porque non son quen, pero quero expoñer os seguintes puntos: 3
  4. 4. ● Alemania é o único páis do mundo, ata onde eu sei, que se pode empregar gran parte da potencia que o motor dun Porsche Cayenne pode dar. En España por exemplo, o seu motor nunca poderá, por lei, dar a potencia máxima para a que foi deseñada. ● É un coche grande, o cal sempre va a implicar máis consumo de enerxía na súa utilización. O mesmo servizo pode darse con vehículos máis eficiente xa que é un coche deseñado para transporte por estrada. ● En xeral, na súa fabricación deste tipo de vehículo, empregarase unha cantidade maior de materiais, e polo tanto de enerxía fósil, que para outro vehículo máis pequeno que dea o mesmo servizo. Polo tanto, é un Porsche Cayenne unha tecnoloxía apropiada nalgún sitio? Dende un punto de vista puramente económico podemos dicir que en Alemania si, porque no proceso de transformación das materias primas iniciais no coche, saca unha importante plusvalía cando o vende noutros países, como facía en España nos anos do ladrillo. Segundo os baremos actuais o Cayenne é unha tecnoloxía boa para Alemania, porque é rentable. Pero, ¿é o punto de vista económico, como único criterio, un parámetro válido para calificar unha tecnoloxía como apropiada?, en caso afirmativo entón as bombas de racimo que se fabricaban 1 en España tamén o serían. [4. Falando de cartos, son unha tecnoloxía apropiada?] Os cartos son unha abstracción humana, unha tecnoloxía que inventamos cando empezamos a querer cambiar excedentes agrícolas por outras cousas que non tíñamos e que precisábamos. Ó principio como moeda se usaban cousas con valor: sal, metais preciosos... Despois deixou de facerse así, pero o papel moeda seguía sendo a representación dun valor real: o patrón ouro, que durou ata a I Guerra Mundial. Dende entón xa nin ésas, os cartos xéranse todos os días sen ningún tipo de representación física, pero non son nada en si mesmo, nada máis que “confianza impresa”, é dicir, para todos os actores do sistema económico entre os que nos atopamos, os cartos van ter un valor determinado. Moitas veces asociamos un maior valor en cartos con un maior valor real dun obxecto dende un punto de vista obxectivo, pero en moitos casos non é así. A economía financeira, que move moitísimos máis cartos que a real, hoxe en día é a causa de moitos problemas graves da humanidade e ten un grao de descontrol moi alto (ou mellor dito, de control por parte dunha pequena élite allea ó interesés común). Non deberíamos preguntarnos tamén se os cartos son hoxe en día unha tecnoloxía apropiada? non deberíamos dar algunha volta ó sistema? 1 Hoxe en día xa non é legal fabricar este tipo de bombas en España, e entendo polo tanto que non se fabrican. 4
  5. 5. Do mesmo xeito que outras tecnoloxías, o diñeiro, pasou de ser unha ferramenta para conseguir benestar xa que nos permite cambiar o noso tempo e habilidades por elementos materiais e servizos precisos para a nosa vida, a ser un fin en si mesmo. O prezo é normalmente o elemento de decisión máis importante á hora de facer unha compra, pero, realmente o prezo recolle o valor dun producto? e sobre todo, recolle o impacto que ten no medio onde é producido e o consumo de recursos non renovables que implica? Normalmente non, e iso é algo que deberíamos cambiar. En moitos casos non se internalizan ese costes nos productos. Poño como exemplo, o leite nos últimos tempos, estase a usar polas grandes superficies como reclamo para traer compradores, poñen o leite moi barato, cunha marxe moi pequena, e como case todo o mundo consume leite vai ir á súa grande superficie, xa que ademais de leite mercará outras cousas con máis marxe. Neste caso, os maiores prexudicados son os gandeiros non reciben un prezo xusto polo leite que producen. Isto non debería ser así, o prezo pagado debería permitir producir leite do xeito máis sostible posible. Existen iniciativas, como a Economía do Ben Común que pretenden internalizar todos os factores relativos á producción do producto (condicións laborais, cumprimento das obrigas medioambientais, producción ecolóxica, etc) nun selo que se inclúe no envase do producto, do mesmo que se fai cos electrodoméstico para indicar o nivel de eficiencia enerxética, ou coas vivendas. O prezo máis caro do producto cunha boa puntuación de Ben Común, respecto ó equivalente tradicional nos que unicamente se intenta minimizar o coste de producción, podería ser compensado cunha diminución de taxas do productor ou mesmo do IVE aplicado. Esta iniciativa paréceme unha tecnoloxía apropiada en calquera país que se aplique. Por outra banda, unha das cousas nas que se basea a Economía do Ben Común é na idea de colaboración, fronte o concepto tradicional asociado á producción de bens e servizos: a competencia. A mentalidade tradicional dirá que non ten sentido, é dicir, que iso rompería as regras do mercado baseadas na oferta e na demanda. Adam Smith, que foi dos primeiros en falar dunha man invisible que regula de forma misteriosa e automática a oferta e a demanda deixando progreso e benestar no camiño, está baseada nunha concepción newtoniana da economía. É dicir, cando aplicamos unha forza sobre un corpo nun sentido, temos outra de sentido contrario. Smith e os seus seguidores, postulan que cando un producto é demasiado caro o mercado reducirá a súa demanda, de forma que se baixará o prezo para volver a aumentala. Maxia! todo funciona, o mercado é un motor automático. Certamente non, a maxia non existe, e o mercado libre que defenden os liberais tampouco. Tampouco en Estados Unidos, onde hai moitos sectores como a enerxía, que están fortemente subvencionados polo estado. Unha cousa que Smith e compañía non tiveron en conta é a irreversibiliade de moitos procesos en Economía, como por exemplo o consumo de recursos finitos1, moito máis complexos que unha relación acción-reacción. 1 Esta reflexión tomeina do libro, La Tercera Revolución Industrial, ed Paidós, de Jeremy Refkin 5
  6. 6. [4. Colaboración vs competencia] O ser humano é un animal social, dependemos os uns dos outros dende o primeiro momento e sempre vivimos en grupos máis ou menos grandes. Dende pequenos explícannos que a competencia é o motor da economía. Esta competencia baséanse normalmente en producir o máis barato posible e vender o máis caro posible de forma que se obteña o máximo beneficio. Ademais do prezo, tamén se intenta dar algo diferente o usuario, chegando ó extremo de vender un papel hixiénico onde a principal ventaxa é que podes tirar o cartón do medio polo váter. Si, a estas cousas nos leva a competencia... Ben, é posible entender como colaboración as alianzas ou absorcións de empresas para facerse co mercado, e acabar coa competencia. Na miña opinión isto normalmente non so non é bo, se non que é malo, xa que o obxectivo desta "colaboración" e sempre maximizar o beneficio, reduncindo costes de produción e tendo liberdade para fixar os prezos. A teoría da Economía do Ben Común propón limitar este tipo de compras dunha empresa por outra. Moitos estudos científicos do tema avalan o feito de que normalmente, a colaboración é mellor estratexia que a competencia para a resolución da calquera tipo de problema. Nós na nosa vida diaria somos colaboradores, coa nosa familia, cos nosos amigos, cos nosos veciños. Por que debemos usar un patrón de comportamento totalmente diferente na actividade económica? Dentro das mesmas organizacións (empresas, gobernos, ONG, etc) é moi común, que exista competencia entre departamentos aínda sendo algo totalmente perxudicial para o conxunto. Aprender a traballar en equipo pode entenderse como unha tecnoloxía apropiada máis, xa que é unha tecnoloxía transversal ó desenvolvemento ou posta en marcha de calquera outra. Nos proxectos de cooperación, a clave principal para o éxito dun proxecto é a colaboración e organización dos usuarios finais para facelo sostible no tempo. E aquí non poden axudar os procesadores de dobre núcleo, se non a "enxeñería social", a capacidade de organizar a un grupo de persoas, para que respectando as súas particularidades, participen no proxecto de forma activa e, sobre todo, responsable. Isto non é aplicable so a proxectos de cooperación, se non á sociedade en xeral. A Educación é un elemento clave aquí, e non me refiro á simple adquisición de coñecementos, se non a ensinar a traballar en equipo e a pensar no grupo. A habilidade de traballar e todas as tecnoloxías que permiten facelo son as maiores ferramentas evolutivas do ser humano, e no futuro vai ser preciso facer cada vez un uso máis intesivo dela. [5. Solidariedade vs Xustiza] Cando falaba antes dos gandeiros e o prezo que reciben pola leite en Galicia, non me refería a que temos que pagarlles iso por solidariedade senón por xustiza. Simplemente hai que pagar 6
  7. 7. un prezo xusto, que cubra os costes e que lles permita vivir dignamente e investir na súa instalación. Cando se fai cooperación moitas veces apélase á solidariedade, que dalgún modo consiste en empatizar coa situación doutra e axudarlle para que estea mellor. Ben, a solidariedade é un valor loable e bo pero nun plano circunstancial, cando algo vai especialmente mal por algunha causa, pero eu penso que o valor que debe imperar de forma estructural é a xustiza. Por exemplo, hai uns anos o valor da axuda humanitaria recibida por África, sería igual a un aumento das exportacións por parte de África. Ben se é tan doado, por que non exporta máis África? Cada vez estao a facer máis, e iso fai que o PIB de moitos países empece a medrar e dende os medios véndese como algo moi bo. O PIB é unha medida en cartos por persoa, pero non di nada de esa persoa sabe ler, ten asistencia sanitaria e sobre todo, se ten os cartos suficientes para comer, vestir e durmir quente todos os días. Para iso hai outros indicadores que nos din cómo de ben vive a xente dun país, este será o indicador que nos dirá se realmente a vida está mellorando nestes países. Isto non quere dicir que o PIB non inflúa, é condición necesaria, pero non suficiente. En resumo, opino que centrarse no desenvolvemento tecnolóxico no sentido convencional do termo, é menos prioritario que perfeccionar é adaptar as nosas leis, e sobre todo, o máis importante, que se apliquen de forma correcta e non influenciada por grupos de poder. E esta mellora da xustiza ten que facerse a todos os niveis: local, rexional, nacional e, moi importante, a nivel internacional. Na mairoría dos sitios onde traballan ONG hai problemas de pobreza ou exclusión estructurais, polo que o obxectivo debería ser axudar dalgún xeito a ser catalizadores do cambio e empoderar á poboación local para que loiten e traballen pola xustiza e por unha vida digna. Hai outras zonas, como os campamentos saharaius, Palestina, Colombia ou Congo, onde sinceramente, as ONG son moitas veces un parche sobre unha situación de inxustiza internacional. Non pretendo criticar para nada o esforzado traballo destas organizacións, pero todas debe ser conscientes de que un dos seus principais obxectivos debería ser loitar por deixar de facer falta. No xerme de toda ONG, debería estar o obxectivo de cambiar o mundo de xeito que deixe de ser necesaria e lamentablemente, o normal é que non se entenda así. Todos os conflictos mencionados hai un anaco son moi complexos, moi antigos pero que poden ter unha solución política, aínda que hoxe ás veces nos pareza imposible. Sinceramente creo que chegará esa solución algún día no moi lonxano, o que hai que intentar é traballar para que chegue o antes posible e do xeito máis digno para todos. Seguramente a xente nova máis preparada e con menos perxuizos históricos será a que dea pulo ós acordos. Haberá que empregar técnicas de resolución de conflictos, que tiveron un importante avance trala II Guerra Mundial, que tamén é unha tecnoloxía moi importante para a civilización humana, seica máis que Play Station, aínda que sexa menos coñecida. 7
  8. 8. [6. Onde focalizar o traballo] Eu normalmente son bastante crítico coa xente que se centra no problema máis que na solución que é onde realmente está o valor. Ademais, tampouco me gustan os artigos que rematan asustando o persoal. Hai moitos problemas e cousas contra as que loitar de forma activa e liñas de traballo para campañas dende a sociedade civil, pero tamén penso que hai motivos para a esperanza e o optimismo e gustaríame compartilos convosco. [6.1 A xuventude] Xa dende tempos de Sócrates se dicía que a xuventude era cada vez menos educada cos seus maiores e que non se podía esperar moito dela. Isto vense dicindo dende hai 2000 anos e as cousas si que foron a mellor. Si, hai guerras e moita fame e miseria, pero imaxinade que pasaría se nas guerras da antigüidade tiveran os mesmos recursos bélicos que hoxe en día. Hoxe en día temos as ferramentas para que todo cambie. Veño de estar uns días en Túnez por traballo. Aquí comezo hai case dous anos xa a revolución árabe. Con toda a xente nova que falo ten ganas de cambio, e están moi preocupados polo que o seu goberno islamista moderado poida facer, pero en xeral son optmistas xa que a loita está dando froitos. Hoxe mesmo no seu veciño Exipto están celebrando un referendo consitucional nun clima de tranquilidade sorprendente. Hai uns anos isto sería impensable, e practicamente todo se conseguiu gracias á xente nova. [6.2 Os perigos da lóxica neoliberal] En España estamos asistindo a un periodo de privatizacións sobre todo no sistema sanitario, que conta cun gran número de precedentes noutros países como UK, onde se demostrou que encareceu e fixo menos eficiente o seu sistema sanitario. A privatización do servizos básicos como a auga ou a sanidade atende a criterios ideolóxicos e sobre todo intereses económicos particulares. Podemos pasar a ter un sistema sanitario baseado no beneficio, onde moitas decisións estean baseadas en criterios unicamente economómicos, como ocorre actualmente nas clínicas dentais. Existen know-how suficiente para poder manter un sistema público de calidade a un custo moi razoable. En Europa están empezando numerosas desprivatizacións de servizos que se privatizaran anos atrás, por exemplo, os servizos de augas en París. Detrás de moitos servizos non pode imperar a lei de mercado, porque algúns podemos pagar máis que outros por eles, pero son igual de necesarios para todos. Esta si que non é unha cuestión tecnolóxica, xa que a xestión dunha empresa privada e pública debería ser igual de eficiente e rentable, aínda que os beneficios non se midan só en cartos. Sinceramente, considero que é máis unha cuestión de sentido común, de resposabilidade social e de xustiza. 8
  9. 9. [6.3 África e Latinoamérica] Que as economías de Latinoamérica e África están crecendo ano tras ano, con excepcións debidas principalmente a conflictos bélicos ou situacións excepcionais. A maior parte deste crecemento vén de exportacións de materia prima con baixo valor engadido. Ata hai poucos anos gran parte desta actividade mineira africana era a principal fonte de financiación de todos os conflitos bélicos, como a II Guerra do Congo, que cobrou polo menos 4 millóns de mortos. Parece que agora este problema está cedendo, a actividade bélica en África redúcese e a concienciación mundial sobre a orixe das materias primas crece. Hai que seguir traballando para que os feitos evolucionen nesa dirección. Un exemplo son as campañas de electrónica ética que estamos a levar a cabo en moitas organizacións, axudarán a que a sociedade sexa consciente de onde veñen os materiais usados para fabricar os aparellos electrónicos que mercan. Ademais de que a riqueza xerada non vaia destinada á financiación de conflictos bélicos, o reto agora está en transformar esa riqueza nunha reducción da pobreza nestes países. Aínda que a corrupción é endémica en moitos lugares (tamén o é en España), parece que en moitos países estanse movendo na boa dirección. Grazas ás TIC e ao crecente acceso ás mesmas, os esforzos feitos nun país poden repercutir noutros, é dicir, os países non se comportan como unidades estancas, a xente sabe que se fai no país veciño e loitará por conseguir o mesmo. Non vai ser un camiño doado, hai uns meses asistimos a manifestacións de mineiros sudafricanos con preto de 35 mortos, como este haberá moitos casos invisibles para o mass-media que non se poden obviar. Estas economías deben intentar que a súa economía creza noutros sectores xa que a minería é unha actividade moi intensiva en capital (fan falta moitos cartos para empezar a producir) pero non o é en man de obra. [6.4 A educación.] Penso que como sociedade, a nosa principal labor deber ser educar as novas xeracións para que nos superen sobre todo en valores morais. O modelo educativo actual está preparado para unha sociedade da Segunda Revolución Industrial pero movémonos a unha sociedade diferente, que algúns consideran da terceira Revolución Industrial. A clave será darlle á Educación o papel principal que se merece, como ferramenta esencial de evolución e de transmisión de coñecemento e de valores que forman parte do legado humano. [6.5 A sociedade civil.] Gústame a sensación de absoluta ignorancia que sinto cando descubro unha nova problemática e todas as iniciativas sociais que xa existen para propor e loitar polas solucións. A xente móvese, e en todas as partes do mundo se quere avanzar. No noso entorno hai unha chea de iniciativas civiles para intentar cambiar as cousas, dende banca ética-popular, para a defensa de sectores sociais excluidos, para a defensa do medio ambiente, etc. A sociedade vén avanzando así dende moi atrás e é algo que hai que potenciar. 9
  10. 10. Ás veces hai pasos atrás, pero o poder da sociedade civil é moi grande, máis do que a xente pensa. 10

×