Proposta de posicionamento en soberanía alimentariaPROPOSTA DE POSICIONAMENTO SOBERANÍA ALIMENTARIA DEENXEÑERÍA SEN FRONTE...
Proposta de posicionamento en soberanía alimentariachave que condicionan fortemente a produción de alimentos e o control s...
Proposta de posicionamento en soberanía alimentariaconsumir e producir alimentos saudables, nutritivos e culturalmente ade...
Proposta de posicionamento en soberanía alimentariapolíticas segundo os seus intereses económicos, ao igual que se benefic...
Proposta de posicionamento en soberanía alimentariapoboación campesiña e indíxena que, apartada da súa fonte de sustento, ...
Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria       Defendemos que a auga en todas as súas formas é un ben común e o...
Proposta de posicionamento en soberanía alimentariafame no mundo, constituíron en realidade unha nova estratexia das multi...
Proposta de posicionamento en soberanía alimentariaincumpre o principio de precaución e nega o dereito a producir e consum...
Proposta de posicionamento en soberanía alimentariaalimentos, tornándoos inaccesibles para gran parte da poboación, e agud...
Proposta de posicionamento en soberanía alimentariano seu sector de actividade económica. É por iso, que o sistema mundial...
Proposta de posicionamento en soberanía alimentariaemisión de contaminantes, e un maior respecto polas culturas e tradició...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Posicionamento esf sa 2011-galego

591 views
559 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
591
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Posicionamento esf sa 2011-galego

  1. 1. Proposta de posicionamento en soberanía alimentariaPROPOSTA DE POSICIONAMENTO SOBERANÍA ALIMENTARIA DEENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS GALICIA A Declaración Universal dos Dereitos Humanos adoptada pola Asemblea Xeraldas Nacións Unidas de 1948 recoñece o dereito de todas as persoas a contar concomida suficiente e de calidade. Sen embargo, cada ano aumenta o número depersoas que sofren fame no mundo, e a maioría da humanidade ve negado o seudereito básico a unha alimentación suficiente e adecuada. Esta situación non ten quever coa falta de produción, senón cos problemas de acceso aos alimentos, os calesson consecuencia das desigualdades, a inxustiza, a mercantilización dos recursosnaturais e a alimentación, e a expansión da agricultura industrial e os seusmonocultivos. Neste marco, nace o concepto de soberanía alimentaria que, de acordo coadefinición que xurdiu a partir do Foro de Nyéléni (Malí) no 2007, é o dereito dospobos a alimentos nutritivos e culturalmente adecuados, accesibles, producidosde forma sostible e ecolóxica, e o seu dereito a decidir o seu propio sistemaalimentario e produtivo. Este concepto nace no seo dos movementos sociais, e non propón unicamentemedidas técnicas ou económicas para garantir o acceso aos alimentos, senón queconsidera cuestións políticas, ecolóxicas, sociais e culturais, e entende que énecesaria unha transformación do sistema capitalista neoliberal actual que estableceun modelo de desenvolvemento baseado en regras inxustas e insostibles. Estatransformación debe ter como principais actores aos agricultores e agricultoras,poboacións indíxenas e movementos campesiños. Os obxectivos da soberanía alimentaria son válidos tanto en países do Sur,onde o modelo do monocultivo extensivo para a exportación é o imperante, como nosdo Norte, onde as axudas provenientes das políticas agrarias favorecen o dumping e omundo rural está desaparecendo a unha velocidade aterradora. Consideramos a Soberanía Alimentaria unha proposta integral e completa detransformación do modelo agroalimentario actual. Cremos que ten en conta e valoratodos os actores que interveñen desde un punto de vista respectuoso con criteriosecolóxicos, sociais e culturais. Por estes motivos consideramos a SeguridadeAlimentaria e o Dereito á Alimentación termos incompletos e que ignoran elementos 1
  2. 2. Proposta de posicionamento en soberanía alimentariachave que condicionan fortemente a produción de alimentos e o control sobre amesma. Polo tanto, para acadar a Soberanía Alimentaria, desde ESF defendemos: ➢ Modelo agroecolóxico fronte ao modelo agroindustrial: O proceso de industrialización que sufriu a agricultura nas últimas décadasnon só non contribuíu a diminuír a fame nin a mellorar o acceso a alimentos suficientese adecuados da poboación mundial, senón que supón unha seria ameaza ásoberanía alimentaria dos pobos. O modelo agroindustrial aumenta asdesigualdades sociais, concentra a maior parte dos beneficios económicos en mansde empresas multinacionais e grandes produtores, dificulta o acceso á terra, auga ebiodiversidade das poboacións campesiñas e indíxenas e promove a desaparición daagricultura familiar. A liña tecnolóxica que deu lugar ao modelo produtivo agroindustrial, e foidesenvolvida unicamente polas grandes posibilidades de conseguir beneficios para asindustrias e as empresas subministradoras dos insumos agrícolas, impón un modelohomoxéneo que non ten en conta as condicións ambientais, contexto cultural enecesidades específicas das poboacións campesiñas e indíxenas. A expansión da agricultura industrial erosiona a diversidade cultural,agrícola e biolóxica do planeta substituíndo os agrosistemas diversos pormonocultivos de exportación, e arrasando selvas, bosques e sabanas pouco aptaspara a agricultura para expandir a fronteira do agronegocio. Polo tanto, o modelo de produción alimentaria industrial (baseado nun usointensivo de insumos como agroquímicos ou outros produtos químicos de síntese enacuicultura e maquinaria pesada, monocultivo, utilización irresponsable de sementeshíbridas e transxénicas, auga, etc.) ten consecuencias ambientais e sociaisdevastadoras: impactan negativamente sobre o medio ambiente mediante aliberación indiscriminada de tóxicos e transxénicos, a deforestación, a erosión eesgotamento dos solos, o empobrecemento da agrobiodiversidade, a sobreexplotacióndos recursos e a dependencia de combustibles fósiles e produtos químicos de sínteseou outros insumos para asegurar a produtividade (que reducen a autonomía daspersoas produtoras), sendo un factor determinante no cambio climático; xoga coasaúde de todos/as os/as consumidores/as e produtores/as, e nega o noso dereito a 2
  3. 3. Proposta de posicionamento en soberanía alimentariaconsumir e producir alimentos saudables, nutritivos e culturalmente adecuados nunhascondicións laborais xustas e dignas e sen discriminacións (en particular a de xénero). Desde ESF Galicia defendemos o modelo agroecolóxico e outras formasde produción alimentaria sostible como reacción crítica fronte ao modelo deprodución alimentaria industrial e os seus múltiples impactos. Os espazosprodutivos de produción alimentaria básica deben ser entendidos como ecosistemasque integran un conxunto diverso de elementos ecolóxicos e humanos, e a buscada produtividade debe facerse a través da capitalización dos procesosbiolóxicos e naturais, máis que das innovacións químicas ou da enxeñería xenética.Cremos que é necesario un cambio do actual modelo de produción alimentaria, caraun baseado nos principios da agroecoloxía, pesca artesanal sostible e outros modelosde produción alimentaria sostible, que parta do respecto e do equilibrio coascondicións naturais, a cultura local e os saberes tradicionais, e sobre todo quegaranta a soberanía alimentaria tanto para as poboacións presentes como para asxeracións futuras. Apostamos polo uso de tecnoloxías cun enfoque de desenvolvementohumano e apropiadas para cada contexto, distintas en cada caso e heteroxéneas.Ademais, a difusión de técnicas e prácticas debe contar coa participación dos/asprodutores/as, que as probarán, avaliarán e adaptarán por si mesmos. ➢ Mercados locais fronte a un mercado global e un modelo exportador de alimentos: O modelo de industria alimentaria, integrado no sistema capitalista neoliberal,considera os alimentos como unha mercadoría suxeita ás normas do libremercado. Nesta dinámica, os países do Norte, unha vez máis, parten dunhasituación vantaxosa fronte aos países do Sur pois, non só teñen máis recursoseconómicos para apoiar a súa produción alimentaria con políticas que contan conorzamentos millonarios e permiten prácticas como o dumping, senón que tamén sonbeneficiados polas políticas económicas impostas polo Fondo MonetarioInternacional, o Banco Mundial, a Organización Mundial de Comercio eamparados polos Tratados de Libre Comercio. Así mesmo, as grandes empresastransnacionais tamén se benefician deste sistema influíndo na formulación destas 3
  4. 4. Proposta de posicionamento en soberanía alimentariapolíticas segundo os seus intereses económicos, ao igual que se benefician empresase entidades financeiras mediante a especulación co prezo dos alimentos. En grande parte grazas a estas políticas neoliberais e de axuste estruturalimpostas polo Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional aos países doSur, durante as últimas dúas décadas tivo lugar nestes países unha impresionanteexpansión dos monocultivos orientados á exportación, que substituíron sistemasagrarios diversos dirixidos ao consumo local, e desprazaron dos seus territorios amilleiros de comunidades indíxenas e campesiñas. Este modelo agroexportador nonsó empobreceu aínda máis as economías dos países do Sur, senón que debilitou aautonomía e a autosuficiencia alimentaria destes países. Cremos que a alimentación é un dereito, non unha mercadoría, polo que osalimentos non deberían estar suxeitos ás normas de libre mercado nin afectados poractividades especulativas. Polo tanto, é necesario que se tomen medidas para evitaresta situación, como a retirada da produción de alimentos básicos daOrganización Mundial de Comercio, a prohibición da especulación conalimentos, así como a protección dos mercados e a produción locais dos paísesdo Sur. Rexeitamos as políticas neoliberais de axuste estrutural impostas poloFondo Monetario Internacional e o Banco Mundial aos países do Sur, xa que estándirixidas polos intereses económicos dos países do Norte e das grandes empresastransnacionais, e poñen en claro perigo a soberanía alimentaria dos países do Sur. Apostamos por un sistema alimentario máis local, no que a comida sexaproducida, recollida, procesada, vendida e consumida o máis preto posible, e poladefensa e promoción dunha produción de alimentos a pequena escala e sostible,con importante base familiar e campesiña ou de pesca artesanal que garanta aautonomía alimentaria da poboación. ➢ Acceso á auga e á terra. No contexto económico actual, no que a produción de alimentos sufriu unproceso de mercantilización, a terra, a auga e a biodiversidade deixaron de estar enmans dos pobos para se converter en obxecto de especulación, expostos á lóxica dolibre mercado. Este proceso fomentou a dinámica de concentración dos bens enpoucas mans e, como consecuencia, a privación do acceso aos bens naturais da 4
  5. 5. Proposta de posicionamento en soberanía alimentariapoboación campesiña e indíxena que, apartada da súa fonte de sustento, se veforzada a desprazarse das súas terras cara as cidades, xerando pobreza eaumentando o despoboamento do mundo rural. Ademais, a partir das últimas crises alimentaria e financeira, xurde a grandeescala o fenómeno de acaparamento de terras, que xera unha maior privatización econcentración das terras agrícolas máis fértiles, e polo tanto unha forte ameaza ásubsistencia futura de persoas que seguen a depender dos seus agroecosistemaslocais para se alimentar nos países do Sur. Este acaparamento está liderado tantopolos gobernos con “inseguridade alimentaria”, que dependen das importaciónspara alimentar os seus pobos, e que se están a apoderar rapidamente de terrasagrícolas por todo o mundo nas que producir os seus propios alimentos fóra do país;como polas corporacións de alimentos e os investidores privados, ávidos deganancias no medio do afondamento da crise financeira, que ven no investimento enterras agrícolas estranxeiras unha importante fonte nova de ingresos. Desta maneira,as empresas privadas estranxeiras obteñen novas formas de control sobreterras agrícolas para producir alimentos, non para as comunidades locais, senón paraoutros, e os/as traballadores/as, as/os agricultoras/es e as comunidades locaisinevitabelmente perden acceso á terra para a produción local de alimentos. Desde ESF-Galicia cremos que o acceso aos bens naturais garante apermanencia dos pobos no seu territorio, os seus vencellos co mesmo, os seusmodos de entender o mundo, de vivir e de producir, permitindo o seudesenvolvemento sociocultural e político autónomo. Para un acceso máis equitativo e completo á terra, á auga e a outros recursosnaturais, así como para un maior control democrático sobre eles, é imprescindibleunha Reforma Agraria integral e políticas agrarias que apoien a produciónnacional, desenvolvidas coa plena participación das comunidades campesiñas eindíxenas e as pequenas produtoras e produtores, e adaptadas ao contexto e ásnecesidades da poboación de cada país ou rexión. Rexeitamos que os recursos naturais podan ser obxecto de especulaciónfinanceira, así como o acaparamento por parte de empresas privadas e gobernosestranxeiros de grandes extensións de terra, pois estas prácticas poñen en perigo asoberanía alimentaria dos pobos locais. 5
  6. 6. Proposta de posicionamento en soberanía alimentaria Defendemos que a auga en todas as súas formas é un ben común e o seuacceso é un dereito humano fundamental e inalienábel. A auga é un patrimonio dascomunidades e dos pobos, non unha mercadoría, e polo tanto a súa xestión econtrol deben permanecer no ámbito público, social, comunitario, participativo,con equidade e sen fin de lucro. Apostamos por unha xestión sostible dos ecosistemas e a preservación dociclo da auga mediante o ordenamento do territorio, e consideramos a cuncahidrográfica como unidade básica integral de xestión. ➢ Protección de sementes autóctonas. Un dos elementos máis característicos do modelo agroindustrial, altamentetecnificado, é que fai aos e ás agricultoras totalmente dependentes dos insumos deorixe industrial que subministran as empresas do agronegocio. Desta forma, opaquete tecnolóxico no que se basea o modelo de produción agroindustrial e que éofrecido por unhas poucas multinacionais que dominan de maneira case monopolistaos mercados de insumos agroindustriais, ten coma unha das súas basesfundamentais, as sementes híbridas estándar. A pesares de que son vendidas comosementes de alto rendemento, este tipo de sementes necesitan unhas condiciónsespecíficas e abundantes insumos agroindustriais para prosperar e ser realmenteprodutivas. Ademais, a produtividade e o índice de xerminación das seguintesxeracións destas sementes decae de maneira moi importante, feito que impide gardarparte do gran obtido un ano para usar como semente na colleita posterior,obrigando polo tanto ás persoas produtoras que o asumen a mercar sementes cadaano. Así mesmo, mediante o uso destas sementes en lugar de sementes autóctonasadaptadas á zona, prodúcese unha perda de biodiversidade e polo tanto unhauniformización xenética dos cultivos, o que aumenta a vulnerabilidade da agriculturarespecto a fenómenos climatolóxicos adversos, enfermidades, pragas e a carencia deinsumos químicos e enerxéticos. Ademais, o sistema de patentes desenvolvido por estas multinacionais, eo control que exercen sobre o mercado, leva consigo a privatización docoñecemento e o patrimonio agroxenético que as culturas campesiñas e os pobosindíxenas desenvolveron durante milenios. Así mesmo, a recente expansión dos cultivos transxénicos, teoricamentedirixidos a modernizar a agricultura, aumentar a produción mundial e acabar así coa 6
  7. 7. Proposta de posicionamento en soberanía alimentariafame no mundo, constituíron en realidade unha nova estratexia das multinacionaispara seguir co control monopolista do mercado mundial de sementes e insumosagrícolas. Os transxénicos agrícolas controlados por unhas poucas empresasafondaron na dependencia do campesiñado e os e as consumidoras respecto ásmultinacionais que dominan o sector agroalimentario, posibilitaron ás EmpresasTransnacionais que controlan a industria biotecnolóxica apropiarse daagrobiodiversidade desenvolvida polas culturas campesiñas e indíxenas, e negarono dereito dos e das produtoras e os e as consumidoras a escoller entreagricultura e alimentación modificados xeneticamente e libres de transxénicos, xa queos cultivos modificados xeneticamente levan asociado o fenómeno da contaminaciónxenética. Ademais, o uso de sementes transxénicas implicou a utilización deagroquímicos altamente contaminantes e nocivos para a saúde, e os efectos queos alimentos xeneticamente modificados poden ter sobre o organismo humano e sobreo medio ambiente no que son liberados aínda son descoñecidos e impredicibles, deforma que o principio de precaución foi totalmente ignorado. Defendemos a importancia de protexer as sementes autóctonas, pois aSoberanía Alimentaria depende do acceso, o uso e a conservación que se faga dabiodiversidade agrícola e dos recursos xenéticos. Consideramos necesario que existaunha ampla variedade de organismos vivos adaptados ás condicións de cadaentorno particular e aproveitables polos seres humanos, para que os pobos podandecidir a súa propia produción e alimentación, e conservar un alto nivel deautonomía e independencia das multinacionais, así como preservar a riquezatanto ecolóxica como cultural e posibilitar un modelo de produción agroecolóxicosostible. As sementes non son unha mercadoría, senón unha creación colectiva quereflicte a historia dos pobos, e polo tanto deben manter o seu carácter de patrimoniocolectivo en vez de ser utilizadas para o enriquecemento das multinacionais. Os OMX (Organismos Modificados Xeneticamente) non só non estáncontribuíndo a reducir a fame no mundo, senón que están favorecendo o monopolioda agroindustria en detrimento da soberanía alimentaria dos pobos, ademais dexogar coa saúde de consumidores/as, produtores/as e poboación campesiña. Polotanto, cun enfoque de tecnoloxía para o desenvolvemento humano, cremos que ocultivo de transxénicos con estas condicións debe ser prohibido, xa que 7
  8. 8. Proposta de posicionamento en soberanía alimentariaincumpre o principio de precaución e nega o dereito a producir e consumir produtoslibres de transxénicos polo fenómeno da contaminación xenética. ➢ Equidade de xénero. Dentro do sistema capitalista neoliberal e patriarcal, as mulleres, que xogaronun papel fundamental na agricultura ao longo de toda a historia da humanidade, sonas máis afectadas polas políticas neoliberais e sexistas. As consecuencias doactual modelo de negocio alimentario (pobreza, acceso insuficiente aos recursos,éxodo rural e migración forzada, guerras e violencia física e sexual, etc.) afectan deforma máis profunda ás mulleres, que sofren dobremente esta problemática ao partirde por si dunha situación máis desfavorábel. Defendemos o dereito das mulleres a un acceso equitativo aos recursosprodutivos (terra, auga, sementes e outros medios de produción), económicos, aformación e información, así como o dereito a unhas condicións de traballo xustas eequitativas. Cremos que é necesario aumentar o empoderamento da muller, e portanto a súa autonomía e dereito a participar plenamente nas instancias de toma dedecisións, na identificación e resolución de problemas e no cambio social. ➢ A fin da promoción de agrocombustibles. A expansión global que os cultivos enerxéticos para a produción deagrocombustibles están a protagonizar nos últimos anos explícase, en boa parte, poloimpulso que os EEUU e a UE decidiron dar a este novo sector industrial. Ambaspotencias económicas estableceron por lei a implementación obrigatoria durante aspróximas décadas de porcentaxes crecentes de agrocombustibles no sectortransportes. Sen embargo, esta obrigatoriedade contrasta coa incapacidade deautoabastecerse das materias primas necesarias para os produciren, polo que astendencias actuais son inundar os países do Sur con cultivos enerxéticos,substituíndo territorios ocupados na actualidade por selva, bosque, sabana e sistemasagropecuarios de subsistencia (e os millóns de persoas que dependen directamentedeles) por monocultivos enerxéticos de exportación, en boa medida transxénicos,controlados polas multinacionais. Ademais, o uso de cultivos -usualmente destinados a alimentación- paraagrocombustibles, leva consigo un claro risco de aumento dos prezos destes 8
  9. 9. Proposta de posicionamento en soberanía alimentariaalimentos, tornándoos inaccesibles para gran parte da poboación, e agudizando apobreza e a fame. Igualmente, as consecuencias serán graves se a materia primautilizada provén de cultivos non alimentarios, posto que estes substituirán asproducións alimentarias preexistentes. Á vez, o desenvolvemento do modelo deprodución a grande escala previsto significará expandir nos países do Sur afronteira agrícola sobre áreas cun enorme valor ecolóxico, social e cultural,intensificando a presión sobre as comunidades indíxenas e campesiñas e a destruciónecolóxica asociada á produción a grande escala para a exportación. Así mesmo, tendo en conta que o modelo de produción agroindustrial é unhadas principais causas do quencemento global, un modelo de produción a grandeescala de agrocombustibles provocará máis emisións das que podería aforrar enreducir o consumo de combustibles fósiles e, en lugar de contribuír a mitigar ocambio climático, acentuarao e ha de aceleralo significativamente. Polo tanto, cremos que os agrocombustibles son unha falsa solución para atransición enerxética, pois, ao estar inseridos no actual modelo agroindustrial,presentan todas as súas desvantaxes: xeran un maior monopolio das empresasmultinacionais, favorecen o agronegocio e a especulación cos alimentos, dificultanaínda máis o acceso da poboación local aos recursos produtivos e aos alimentos, eson incompatibles coa agricultura a pequena e mediana escala destinada áalimentación, e polo tanto coa soberanía alimentaria. Pensamos que o cultivo de agrocombustibles con estas premisas non só nonmitigará o cambio climático, senón que ademais provocará a intensificación dasgraves consecuencias globais ecolóxicas, económicas e sociais asociadas áexpansión do modelo agroindustrial, e afondará na dominación neocolonial dospaíses do Norte sobre os do Sur, perpetuando o rol destes últimos comosubministradores de materias primas para os primeiros, e impedíndolles avanzar caramaiores cotas de soberanía alimentaria e desenvolvemento humano. ➢ Cambio do modelo de distribución e de consumo. Nos últimos vinte anos as grandes empresas dos sectores relacionados coaagricultura e en xeral coa alimentación levaron a cabo unha intensa actividade para sefaceren co control dos seus respectivos sectores produtivos, fusionándose entre elas eabsorbendo, desprazando e/ou eliminando as empresas máis pequenas que operaban 9
  10. 10. Proposta de posicionamento en soberanía alimentariano seu sector de actividade económica. É por iso, que o sistema mundial deprodución de alimentos é caracterizado por unha concentración empresarial econtrol case-monopolista dunhas poucas Empresas Transnacionais en todos oselos da cadea alimentaria (aprovisionamento de insumos, produción, transformación,distribución e comercialización). Ademais, a grande concentración horizontal que experimentara recentemente osector da distribución e da comercialización e súa marcada tendencia a realizar a súaactividade de venta detallista de alimentos en grandes establecementos(supermercados e hipermercados) vén de dar lugar ao que se deu en chamar aGrande Distribución Alimentaria (GDA), que se converteu na única vía dos e dasagricultoras e outras provedoras para acceder ao mercado. Esta posición de dominiodas grandes distribuidoras permítelles exercer un control directo sobre a produciónagrícola, pesqueira e gandeira (obrigando ás e aos produtores a utilizar sementeshíbridas, aplicar agroquímicos, empregar grandes barcos para pesca industrial ouinfraestruturas de acuicultura, facendo inviábel a produción artesanal de produtos domar, etc.), e impor uns prezos en orixe que practicamente deixan sen marxe aos e ásprodutoras e provedoras. Á súa vez, este modelo de distribución xera condiciónslaborais precarias e de explotación, e a eliminación dos pequenos establecementos ecomercios de barrio que non poden competir cos baixos prezos e os prolongadoshorarios de apertura. Así mesmo, a comercialización a grande escala está intrinsecamente ligadaao transporte a grandes distancias dos alimentos e o consecuente gasto enerxético econtaminación, a desconexión entre a esfera da produción e o consumo, o consumode inxentes volumes de embalaxes, envases e bolsas de plástico e á xeralización dunshábitos alimentarios homoxéneos, insáns, culturalmente inadecuados exeradores de graves impactos socioculturais e ambientais. Cremos que o modelo de distribución, comercialización e consumoalimentario dominante é insostible e leva aparellados graves impactossocioculturais e ambientais, sendo factor clave na agudización da fame, a subnutricióne a pobreza, na degradación medioambiental e na erosión da diversidade de culturasalimentarias, gastronómicas, produtivas, campesiñas e indíxenas do mundo.Apostamos por un modelo de organización máis local e ecolóxico, que permita unmaior vínculo entre produtores/as e consumidoras/es, un menor gasto enerxético e 10
  11. 11. Proposta de posicionamento en soberanía alimentariaemisión de contaminantes, e un maior respecto polas culturas e tradicións e ávinculación co territorio. Rexeitamos o sistema hiperconsumista actual, e pensamos que é precisosensibilizar e educar a poboación mundial (e no noso caso particularmente a donoso entorno) cara un modelo de consumo máis consciente, xusto, respectuosoco medio ambiente e cos habitantes dos países do Sur. ➢ Incidencia política. As políticas agrarias promovidas polos organismos multilaterais e a miúdopolos gobernos, impoñen o modelo do agronegocio e do negocio alimentario, eimpiden polo tanto o desenvolvemento dun modelo de agricultura campesiña ou outrossistemas de produción de alimentos que garantan a soberanía alimentaria. Senembargo, o feito de que estas políticas estean a apoiar un sistema inxusto deprodución, distribución e consumo de alimentos non implica que non sexan necesariaspara garantir e desenvolver un modelo máis equitativo e xusto. Pensamos que o rol do estado é importante na construción dun modeloalternativo de produción, distribución e consumo. É necesaria a vontade política porparte dos gobernos e entidades políticas para facilitar o acceso aos recursos naturaise tecnoloxía mediante as reformas lexislativas e institucionais que promovan aagricultura familiar e outros sistemas de produción alimentaria sostible; así como paraevitar as relacións desiguais e inxustas na comercialización de alimentos. As políticas gobernamentais en materia agrícola deben favorecer unhaverdadeira Soberanía Alimentaria, para o que é imprescindible unha transformacióndo modelo económico e de negocio alimentario actual, e unha redefinición dasrelacións entre os actores involucrados na produción e consumo, para lograr unmodelo máis xusto, equitativo e sostible. 11

×