Visualización clara e sinxela da información académica dos alumnos/as
Doado seguimento de faltas de asistencia e conduta
Xeración de listaxes de todo tipo
Automatiza a comunicación coas familias, mediante o envío de SMS, emails ou cartas impresas
Permite enviar doadamente mensaxes ao profesorado, usando diferentes criterios
Evita ter que buscar a uns e outros polos pasillos
Ferramenta útil, barata e con moitas utilidades (as PDAs e móbiles teñen múltiples usos)
Comunicación directa con XadeWeb. Os datos só se introducen unha única vez
VANTAXES - PROFESORADO
Completo caderno de clase, con fotos de todos os alumnos/as do centro
Fichas de todo o alumnado do docente. Nesta ficha rexístranse as súas notas de clase, controis, faltas, informes, observacións privadas do docente, etcétera
Inclúe un método de facer programacións docentes, seguimento e produción automática da memoria final das materias
Se o desexa, dá grande facilidade para comunicar as familias informes dos seus fillo/as
VANTAXES – TITORES/AS
Inclúe fichas completas coa evolución do seu alumnado titorado en todas as materias
Permite xerar diversos informes sobre o grupo titorado: resumos de faltas, estadillos de avaliación, etcétera
Mediante un clic permite pedir informes sobre os seus alumnos/as titorados/as ao profesorado
Ofrece un método doado para xustificar as faltas
Facilita a xeración de cartas para o envío ás familias do alumnado da súa titoría
Ofrece unha forma sinxela de rexistrar as xuntanzas coas familias
Axiliza a confección dos informes de avaliación final do alumnado: o titor recibe automáticamente os informes previos dos docentes e elabora o informe final axudado polo sistema.
VANTAXES – FAMILIAS
Notificación instantánea de faltas ou notas mediante SMS, email (ou cartas impresas)
A información que lles chega é máis exhaustiva e fiábel, ao estar automatizada
Os titores dispoñen de máis e mellor información para preparar as xuntanzas coas familias
VANTAXES – TOP 10 1 - Os datos tráense de XadeWeb cun clic, e viceversa; expórtanse cun único clic
VANTAXES – TOP 10 2 - Os usuarios están encantados: quitáronse dun sistema lento e complexo que duplicaba o traballo
VANTAXES – TOP 10 3 – É fundamental para a comunicación entre profesorado e titores/as. O titor/a xa non ten que andar perseguindo aos seus compañeiros polos pasillos
VANTAXES – TOP 10 4 – Facilita e automatiza a comunicación coas familias, o que contribúe a reducir o absentismo escolar
VANTAXES – TOP 10 5 – Aforra gasto en papel, selos e tempo
VANTAXES – TOP 10 6 – Xenera fácilmente informes moi útiles para o profesorado: horarios, calendario escolar, listaxes de alumnos/as, resumos de faltas, etcétera.
VANTAXES – TOP 10 7 – Habilita un canal de comunicación rápido da dirección co profesorado e de titores/as cos profesores/as
VANTAXES – TOP 10 8 – Toda a información fica en XadeWeb dispoñíbel para o ano seguinte, evitando ter que buscar en moreas de papeis
VANTAXES – TOP 10 9 – Ao usar PDAs ou móbiles, o profesorado pode traballar cómodamente na súa casa; acabouse o ter que facer colas diante do computador para meter faltas
VANTAXES – TOP 10 10. – Todas as xanelas e interfaces están en galego e todas as mensaxes en coeducado
0 comments
Post a comment