Astronom@s

809 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
• Be the first to comment

• Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
809
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
40
Actions
Shares
0
Downloads
5
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Astronom@s

1. 1. ENHEDUANA Nada contra a fin do século XXIV a. C.

Filla do rei Sargón de Akkad, nomeouna suma sacerdotisa da deusa da Lúa sumeria, papel moi importante por ser a única persoa que podía ditar novas leis en Babilonia. Como tal, controlaba os coñecementos matemáticos e astronómicos de Sumeria e Babilonia, sendo por iso unha das precursoras destas ciencias. Xunto con outros sacerdotes e sacerdotisas creou observatorios astronómicos dentro dos templos, elaborando os primeiros mapas sobre movementos celestes e creando o primeiro calendario relixioso, aínda usado por algunhas relixións. É a primeira persoa na Historia que asina os seus escritos, sendo coñecida como o Shakespeare da literatura sumeria por ser unha poetisa brillante. Dela consérvanse máis de corenta poemas en táboas cuneiformes e hai unha tradución inglesa do máis coñecido dos seus poemas

É a primeira muller coñecida na historia da ciencia Sábese da súa existencia no 1926, grazas á inscrición encontrada ao dorso dun disco de alabastro datado do 1900 antes de Cristo
2. 2. ERATÓSTENES 276 a. C.-194 a. C.

Foi un matemático, astrónomo, poeta, filósofo e xeógrafo grego. Posuía unha gran variedade de coñecementos e aptitudes para o estudo e fíxose cargo da Biblioteca de Alexandría. Atribúeselle a invención da esfera armilar, coñecida tamén co nome de astrolabio esférico, coa que determinou a oblicuidade da eclíptica. O principal motivo da súa celebridade é sen dúbida a determinación do tamaño da Terra. Para iso inventou e empregou un método trigonométrico, ademais das nocións de latitude e lonxitude, polo que é considerado o pai da xeodesia. Tamén chegou a calcular as distancias Terra-Sol e Terra-Lúa cuns erros admisibles debido á carencia de tecnoloxía adecuada e precisa. Escribiu poesía e filosofía, xeografía e xeometría, chegando a contribuír á aritmética coa Criba de Eratóstenes, método para calcular números primos. Un cráter da Lúa réndelle homenaxe e leva o seu nome. Amais, inventou o primeiro reloxo solar moderno.

O seu traballo é considerado o primeiro intento científico de medir as dimensións do noso planeta A Eratóstenes dábaselle o sobrenome de Beta (por β, a segunda letra do alfabeto grego), porque ocupou o segundo lugar en todas as ramas da ciencia que cultivou
3. 3. PTOLOMEO 100-170

Foi un astrónomo, químico, xeógrafo e matemático que viviu e traballou en Exipto na famosa Biblioteca de Alexandría. O seu traballo consistiu en estudar a gran cantidade de datos existentes sobre o movemento dos planetas co fin de construír un modelo xeométrico que explicase ditas posicións no pasado e fose capaz de predicir as súas posicións futuras. Catalogou moitas estrelas, asignándolles un brillo e magnitude e estableceu normas para predicir as eclipses. A súa contribución fundamental foi o seu modelo do Universo: cría que a Terra estaba inmóbil e ocupaba o centro do Universo, e que o Sol, a Lúa, os planetas e as estrelas xiraban ao seu redor. As súas teorías astronómicas xeocéntricas tiveron grande éxito e influíron no pensamento de astrónomos e matemáticos ata o século XVI. Aplicou os seus estudos de trigonometría á construción de astrolabios e reloxos de sol. Foi, ademais, un gran óptico e xeógrafo, contribuíndo tamén á música.

A súa contribución fundamental foi o seu modelo do Universo Aplicou o estudo da astronomía ao da astroloxía, creando os horóscopos
4. 4. HIPATIA S. IV-V

Hipatia foi unha astrónoma, matemática e filósofa que naceu no século IV na cidade exipcia de Alexandría. Aínda que non nos chegara ningunha das súas obras, os historiadores da ciencia afirman que escribiu tratados sobre matemáticas (cónicas, xeometría euclídea e aritmética diofantina) e Astronomía (táboas ptolemaicas e explicacións do Almaxesto de Ptolomeo). Tamén mellorou e construíu instrumentos astronómicos como o astrolabio ou o planisferio. Os comentaristas descríbena como unha mestra carismática que deixou unha profunda pegada nos seus discípulos, algúns deles tamén importantes científicos da época.

Astrónoma, o seu influxo foi inmenso, tamén en campos como a medicina e a filosofía Foi asasinada, por defender a racionalidade e o paganismo, por unha horda enfurecida
5. 5. ARYABHATA 476-550

Foi o primeiro gran matemático e astrónomo da era clásica india. Os seus escritos exerceron unha influencia considerable sobre a ciencia árabe. Mantivo que a Terra xira sobre o seu eixe e deu a explicación correcta sobre as eclipses de Sol e de Lúa. En matemáticas resolveu ecuacións de segundo grao, aínda que moitas das súas fórmulas xeométricas eran incorrectas. Só quedou del un único traballo: unha serie de regras e propostas astronómicas e matemáticas escritas en verso.

Once séculos antes que Galileo, e loitando coma el contra as ideas do seu tempo, afirmou que a Terra xiraba sobre si mesma Aryabhata foi tamén o nome do primeiro satélite artificial fabricado na India, lanzado pola antiga Unión Soviética en 1975
6. 6. FÁTIMA DE MADRID S. X-XI

Astrónoma musulmana, dos séculos X-XI, era filla do tamén astrónomo e polígrafo musulmán Maslama ao-Mayriti, cuxo nome significa “home de Madrid”. Escribiu numerosos traballos sobre Astronomía coñecidos como “Correccións de Fátima”. Traballou xunto ao seu pai nas súas investigacións astronómicas e matemáticas. Axudouno na elaboración do “Tratado do astrolabio”, que se conserva na biblioteca do Mosteiro do Escorial. Xuntos editaron e corrixiron as “Táboas Astronómicas de al-Khwarizmi”, axustándoas ao meridiano de Córdoba e situando o “Centro do Mundo” na capital do Califato, como referente para todos os cálculos. Tamén traballaron sobre calendarios, o cálculo das posicións verdadeiras do Sol, a Lúa e os planetas, táboas de seos e tanxentes, astronomía esférica, táboas astrolóxicas, cálculos de paralaxe, eclipses e visibilidade da Lúa.

Axudou ao seu pai na elaboración do “Tratado do astrolabio”, que se conserva na biblioteca do Mosteiro do Escorial Astrónoma, gran parte da súa vida transcorreu en Córdoba, entón centro do saber mundial
7. 7. NICOLÁS COPÉRNICO 1473-1543

Astrónomo polaco, formulou a teoría heliocéntrica do Sistema Solar. O seu libro As revolucións das esferas celestes foi concibido como punto inicial da astronomía moderna, ademais de ser peza clave no que se chamou a Revolución Científica no Renacemento. Pasou cerca de vinte e cinco anos traballando no desenvolvemento do seu modelo e para iso estudou os escritos dos filósofos gregos, especialmente os pitagóricos. Ata onde se sabe hoxe, esta teoría foi formulada por primeira vez por Aristarco de Samos (310-230 a.C.), a quen curiosamente non nomea na súa obra. A ruptura básica que representaba para a ideoloxía relixiosa medieval, a substitución dun cosmos pechado e xerarquizado, co ser humano no centro, por un Universo homoxéneo e infinito, situado arredor do Sol, fixo dubidar a Copérnico de publicar a súa obra, sendo consciente de que lle traería problemas coa Igrexa. Morreu antes de ver a súa obra editada.

Revolución Copernicana é a súa formulación da teoría heliocéntrica, segundo a cal a Terra e os outros planetas xiran arredor do Sol Copérnico cambia a visión do cosmos que prevalecera ata entón
8. 8. GALILEO GALILEI 1564-1642

Científico italiano, coetáneo de Kepler, foi un grande estudoso das matemáticas. A partir dun lente para ver ao lonxe que inventara un holandés, construíu o telescopio e, entre decembro de 1609 e xaneiro de 1610, realizou as primeiras observacións da Lúa, onde veu cráteres e montañas, descubriu catro satélites de Xúpiter así como fases en Venus semellantes ás da Lúa. Isto supuña unha contradicción coa idea da perfección do Universo defendida ata entón e facía abanear séculos de crenzas respecto ao Universo. A el tamén se lle atribúen o descubrimento das leis do movemento pendular e as leis do movemento acelerado (plano inclinado e caída libre). Elaborou (o primeiro caso documentado) un microscopio composto. Aínda que era un devoto católico, os seus descubrimentos ían en contra do xeocentrismo que defendía a Igrexa e o Santo Oficio non dubidou en condenalo a cadea perpetua, prohibíndolle ensinar en público as teorías de Copérnico. Xa no seu retiro, aínda enfermo, completou a última e máis importante das súas obras, onde fundou as bases para o estudo da mecánica desenvolvida polos científicos da seguinte xeración, con Newton á cabeza.

Este ano 2009 foi declarado “Ano da Astronomía” como celebración do 400 aniversario da primeira utilización do telescopio por Galileo Galileo foi o primeiro que expuxo a Teoría da Relatividade, enunciando que as leis físicas deben ter a mesma forma en todos os sistemas de referencia
9. 9. JOHANNES KEPLER 1571-1630

Elaborou o primeiro modelo cosmolóxico matemático e concluíu que a órbita de Marte é unha elipse co sol como un dos seus focos. Fixo, ademais, unha medición exacta da súa órbita. Despois do uso de Galileo do telescopio no descubrimento das lúas de Xúpiter, escribiu un estudo das propiedades das lentes no que presenta un deseño de telescopio que aínda agora é coñecido como "Telescopio Astronómico”. Coincide con Galileo, co que tiña relación fluída, en defender a teoría de Copérnico do Universo no que a Terra deixaba de ser o seu centro .

Este científico alemán é mundialmente coñecido polas tres leis do movemento planetario que levan o seu nome Foi matemático Imperial na corte de Rodolfo II, unha das máis excéntricas da Historia: este rei era adepto ás artes escuras e á astroloxía, e Kepler debía colaborar con el para non ser expulsado da súa corte e así poder seguir investigando
10. 10. ISAAC NEWTON 1642 - 1727

Físico, filósofo, inventor, alquimista e matemático inglés é o autor da obra mestra da Historia das Matemáticas: Principios Matemáticos da Filosofía Natural , que contén os fundamentos da Física e da Astronomía. Nesta obra describiu a lei da Gravitación Universal e estableceu as bases da Mecánica Clásica mediante as leis que levan o seu nome. Tamén realizou importantes contribucións no campo da luz e da óptica. É frecuentemente cualificado como o científico máis grande de todos os tempos e a súa obra considérase a culminación da Revolución Científica. Durante os últimos 30 anos da súa vida abandonou practicamente a investigación, empezou a traballar na Casa da Moeda e consagrouse á relixión. Foi desde 1703 ata a súa morte presidente da Royal Society, na que Halley tamén ocupaba cargos de responsabilidade.

É autor da Teoría da Gravitación Universal Un día Newton estaba pracidamente sentado baixo unha maceira cando DONK!!!!, caeu unha mazá e fíxolle pensar na forza que provocaba aquela caída...
11. 11. EDMOND HALLEY 1656-1742

Científico inglés, ingresa no Queen´s College de Oxford á idade de 17 anos, sendo xa un experto astrónomo cunha colección de instrumentos comprados polo seu pai. Con 20 anos embarca rumbo a Santa Helena, no Hemisferio Sur, (financiado por seu pai e o rei Carlos II) e nos 18 meses de estancia alí catalogou 341 estrelas e un cúmulo globular en Centauro. Realizou, ademais, expedicións ás costas de África Austral e América, con grandes contribucións á Astronomía. Usando a Teoría da Gravitación Universal de Newton, calculou por primeira vez a órbita dun cometa, que se coñece hoxe co nome de Halley. Moi amigo de Newton, animou e financiou a súa obra mestra da Historia das Matemáticas: Principios Matemáticos da Filosofía Natural . Morreu sendo director do Observatorio de Greenwich.

Tiña tan só 8 anos cando observou o seu primeiro cometa A última vez que nos visitou o cometa Halley foi en 1986 e volverá de novo no 2061
12. 12. CAROLINA HERSCHEL 1750-1848

Naceu en Hannover, pero en 1772 marchou a Inglaterra co seu irmán William, quen lle ensinou canto, Matemáticas e Astronomía. Traballou como asistenta e foi colaboradora de William ata que este casou, dedicándose entón ao seu propio traballo e á formación do seu sobriño John. Desenvolveu métodos de exploración celeste, axudou na construción de telescopios, estudou sistemas binarios e realizou importantes catálogos de estrelas: en 1799, a Royal Society publícalle unha actualización do famoso catálogo de estrelas de Flamsteed que incluía 560 novas estrelas. Colaborou co seu irmán no descubrimento de 1000 estrelas dobres, demostrando que moitas eran sistemas binarios, o que suporía a primeira proba da existencia da gravidade fóra do Sistema Solar. Foi nomeada membro honorario da Real Sociedade Astronómica británica e recibiu a medalla de ouro das Ciencias do rei de Prusia. Outro rei, o británico Xurxo III, concedeulle un salario de 50 libras anuais, o que a converteu na primeira astrónoma profesional da historia.

Descubriu oito cometas, tres nebulosas e escribiu dous catálogos astronómicos Existen varios obxectos celestes chamados Herschel en honor aos diferentes membros de dita familia. Por exemplo, reciben ese nome dous cráteres da Lúa, un en honor de John Herschel e outro en honor de Carolina Herschel
13. 13. WANG ZHENYI 1768-1797

Foi unha astrónoma chinesa, filla dun médico, á que o seu pai animou a estudar Matemáticas e Medicina. Estudou as eclipses lunares investigando con modelos que construía no xardín da súa casa. A pesar da súa curta vida a súa produción foi intensa. Escribiu doce libros sobre Astronomía e Matemáticas, entre eles cabe mencionar Algunhas observacións sobre as formas e figuras , dedicado ás posicións estelares. Describiu o cosmos e a relación da Terra nel. Tamén recompilou datos sobre o tempo atmosférico para previr e combater as secas e inundacións que arrasaban a súa rexión.

En 1994 a Unión Astronómica Internacional deulle o seu nome a un cráter de Venus Consciente de que era unha muller privilexiada por poder acceder ao coñecemento, pensaba que este debía de alcanzar por igual a homes e mulleres
14. 14. MARIA MITCHELL 1818-1889

Está considerada a primeira astrónoma académica de Estados Unidos e é unha referencia para a ciencia dese país. Foi a primeira muller en entrar a formar parte tanto da Academia Americana de Artes e Ciencias (1848) coma da Asociación Americana para o Avance das Ciencias (1850) e colaborou co Observatorio Naval norteamericano calculando táboas sobre a posición de Venus. A pesar da súa reputación, cando comezou a traballar no Vassar College en 1865, do que posteriormente foi directora, cobraba unha terceira parte do que os seus colegas homes, algo contra o que pelexou ata que aumentaron a súa retribución. Empregando o telescopio descubriu un cometa, que leva o seu nome, sendo a segunda muller en facelo despois de Carolina Herschel. Protestou contra a escravitude dunha forma singular, que consistía en non levar vestimentas de algodón .

Descubriu un cometa, o Mitchell, e despois da súa morte déuselle o seu nome a un cráter da Lúa Fundou a Asociación para o Avance da Muller, da que foi elixida presidenta en 1875
15. 15. MINA FLEMING 1857-1911

Nacida en Escocia, exerceu alí como mestra ata que se trasladou co seu marido a EEUU. Ao desfacerse o seu matrimonio e estar a esperar un fillo, comezou a traballar como criada do director do Observatorio de Harvard, Edgard Pickering. Pouco tempo despois xa se encargaba de revisar coidadosamente as placas fotográficas do ceo, algunhas de moi mala calidade, obtendo resultados tan excelentes como o descubrimento da nebulosa Cabeza de Cabalo. Acabou sendo nomeada conservadora do arquivo fotográfico, o primeiro cargo institucional de Harvard en mans dunha muller .

Descubriu 10 novas, 59 nebulosas gasosas e máis de 300 estrelas variables Emigrou desde Escocia a Estados Unidos en 1878
16. 16. ANNIE JUMP CANNON 1863-1941

É posiblemente a máis coñecida das “damas de Pickering”, o grupo de mulleres que escrutaba o ceo baixo o mando do director do Observatorio de Harvard. Substituíu a Williamina Paton Stevens Fleming no posto de conservadora do seu arquivo fotográfico. Á mestría de Annie Jump Cannon para analizar as placas uniuse a súa capacidade para a catalogación das estrelas de acordo coa súa luminosidade. O seu sistema de clasificación de espectros estelares foi adoptado pola Unión Astronómica Internacional. É a persoa que máis astros deste tipo catalogou na historia.

Determinou e clasificou os espectros de máis de 225.000 estrelas Foi a primeira muller doutora honoris causa pola Universidade de Oxford (1925)
17. 17. HENRIETTA S. LEAVITT 1868-1921

Membro do grupo de rastreadoras de estrelas do Observatorio de Harvard, Leavitt descubriu a relación período-luminosidade, un método novo para a medida de distancias de obxectos astronómicos. Leavitt chegou a esta conclusión despois dun metódico e detallado cómputo das estrelas Cefeidas. En só un ano, 1905, descubriu 843 novas estrelas variables na Nube Menor de Magalha ẽs (esta cifra elévase ata 2.400 se se contabiliza o total da súa vida). Ademais, tamén achou catro novas. A súa importancia científica só foi apreciada despois da súa morte, en parte grazas ao intento de nomeala para o premio Nobel en 1925, algo que resultou imposible posto que este premio non se concede a título póstumo.

O seu traballo abriu o camiño para coñecer o tamaño da nosa galaxia e a escala do Universo A pesar das súas achegas á Astronomía, cando morreu o seu posto seguía sendo de “axudante”
18. 18. RAMÓN Mª ALLER ULLOA 1878-1966

Foi un sacerdote, matemático e astrónomo nacido en Lalín. En 1939 foi designado docente de Xeometría e Análise Matemática na Universidade de Santiago e cinco anos máis tarde creouse para el a Cátedra de Astronomía. Construíu en Lalín o primeiro Observatorio Astronómico de Galicia, seguindo a afección amosada desde neno. Nun principio levou a Santiago o seu instrumental de Lalín, chegando máis tarde a dispoñer dun observatorio na Universidade, onde proseguiu os seus estudos do Universo, en estreita relación cos principais astrónomos europeos do momento. Foi membro da Academia das Ciencias Exactas de Madrid, da Comisión da Astronomía e doutras institucións mundiais. Ademais, inventou aparellos de observación e de medición, chegando a ser algúns deles empregados polo Observatorio de París. Con 60 anos foi nomeado catedrático e director vitalicio do Observatorio de Santiago, o cal segue funcionando na actualidade.

O inglés Wilkins púxolle o nome de Aller a un cráter da Lúa Pasaba mirando as estrelas todas as horas que lle deixaban libres as súas ocupacións docentes e pastorais
19. 19. ALBERT EINSTEIN 1879-1955

Científico estadounidense de orixe alemá, en 1915 enunciou a súa Teoría da Relatividade Xeral , teoría que proporcionou unha visión completamente revolucionaria do Universo: mediante unha serie de ecuacións describiu a interconexión do espazo, o tempo e a materia. Algunhas das predicións debidas a esta Teoría son a determinación con exactitude do movemento da órbita de Mercurio e a curvatura da luz nun campo gravitatorio (comprobada experimentalmente durante unha eclipse de Sol). A Teoría da Relatividade foi a base para a elaboración da bomba atómica, aínda que el nos seus escritos avogou polo pacifismo.

A súa creatividade estaba ligada á súa rebeldía e o seu éxito baseouse en cuestionar as verdades aceptadas e en abraiarse ante cuestións que outros consideraban vas

En 1915 enuncia a súa Teoría da Relatividade Xeral
20. 20. CECILIA PAYNE 1900-1979

Aínda que nacida en Gran Bretaña, Payne desenvolveu o seu labor científico na Universidade estadounidense de Harvard. A súa tese de doutoramento nese centro (a primeira obtida por unha muller na área de Astronomía) demostrou que o hidróxeno é o principal compoñente das estrelas, algo completamente asumido na actualidade, pero que representou un auténtico cambio de paradigma en 1925. A pesar de manterse ligada a Harvard durante case dúas décadas, non foi considerada como astrónoma oficial ata o ano 1938. En 1956 converteuse na primeira muller profesora asociada desa universidade.

A comprobación da teoría da relatividade de Einstein, grazas á eclipse solar de 1919, estimulou o interese de Payne pola Astronomía Unha bolsa de apoio ás mulleres científicas permitiu que se trasladara en 1923 ao Observatorio de Harvard
21. 21. EDWIN HUBBLE 1889-1953

Astrónomo norteamericano. En 1919 quedou adscrito ao Observatorio de Monte Wilson, onde gañou fama polo seu estudo das nebulosas espirais e pola súa clasificación dos sistemas extragalácticos. As súas investigacións restauraron a teoría dos “universos-illas”, pois probaron a existencia de galaxias máis alá da Vía Láctea. Ademais, coa súa interpretación dos desprazamentos dos raios espectrais cara ao vermello como velocidade radial, el e o seu colaborador, Milton L. Humanson, descubriron que todas as nebulosas se afastan aparentemente do Sol a velocidades proporcionais ás súas distancias, circunstancia na que se basea a teoría dun universo en expansión, postulada por outros.

O Telescopio espacial Hubble é un telescopio robótico en órbita circular arredor da terra, denominado así en honor a este científico

Probou a existencia de galaxias máis alá da Vía Láctea
22. 22. PARIS PISMIS 1911-1999

Foi unha precursora de ámbito global. Nacida en Istambul, aínda que de orixe armenia, foi a primeira universitaria de Turquía e obtivo un doutoramento en Matemáticas. Casada cun matemático mexicano, cando se trasladou a este país converteuse na primeira persoa dedicada á Astronomía profesional da historia de México. Traballou no Observatorio Astronómico Nacional de Tacubaya, dependente da Universidade Nacional de México (UNAM). Aí comezou a impartir as primeiras clases oficiais de Astronomía que houbo en México. Deixou como legado unha comunidade de máis de 100 astrónomos traballando actualmente na UNAM. Tivo unha traxectoria profesional que durou máis de 50 anos, chegando a publicar máis de 100 artigos científicos.

Descubriu 20 cúmulos abertos e 3 cúmulos globulares Orixinaria de Turquía, no Observatorio de Harvard coñeceu o seu marido, co que se trasladou a México
23. 23. MARGARET BURBIDGE 1919-

É unha astrónoma inglesa. Naceu e foi educada nunha familia de científicos, tanto o seu pai como a súa nai dedicábanse á Química, pero desde nena dirixírona cara ao campo das Ciencias Naturais. Empezou a súa actividade en Astronomía facendo observacións co telescopio reflector Wilson de 24 polgadas. Cando remata a guerra fai o doutorado sobre un estudo espectroscópico de estrelas Be. Debido á súa condición de muller, atopa a súa primeira dificultade cando solicita unha bolsa para continuar as súas observacións, este feito marca a súa traxectoria posterior conferíndolle un carácter duro e agresivo. A súa carreira investigadora, tanto en Inglaterra coma en Estados Unidos, ten sido sempre brillante, non só a nivel curricular senón tamén ocupando cargos relevantes, como a dirección do Observatorio de Greenwich e a presidencia da Sociedade Astronómica Americana.

Estuda o movemento relativo entre galaxias “ ... se os esforzos se ven frustrados por un muro de pedra ou calquera outro tipo de bloqueo, unha debe de encontrar outro camiño cara á súa meta...”
24. 24. VERA RUBIN 1928-

Naceu en Filadelfia, Pensilvania. Despois de cursar bacharelato, tratou de inscribirse na Universidade de Princeton, pero non o conseguiu, pois esta universidade non permitiu mulleres no programa de estudos graduados de Astronomía ata 1975, polo que estuda Física. Xoga un papel importante na forma na que os astrónomos miran o Universo. As súas investigacións sobre a rotación en espiral das galaxias mostraron que existe no Universo entre 10 e 100 veces máis materia da que se pode ver, a chamada materia escura. Ela mesma escribía na revista Newsweek en 2005: ”Esta é unha batalla que terán que librar as mulleres novas. Hai 30 anos pensabamos que a batalla remataría rápido, pero a igualdade é tan elusiva como a materia escura”.

Realiza investigacións sobre a rotación espiral das Galaxias De primeiras non puido estudar Astronomía por non permitirse mulleres na universidade
25. 25. SUSAN JOCELYN BELL 1943-

O pai desta científica irlandesa, que era arquitecto, traballaba ocasionalmente no observatorio de Armang, feito que lle ofrece a oportunidade de coñecelo. Obtivo a licenciatura de Física pola Universidade de Glasgow e logo ingresou en Cambridge para realizar o doutorado. Pasou dous anos con outros cinco investigadores construíndo un radiotelescopio para observar os quasares, dirixida por Anthony Hewish. En 1967, analizando datos tomados polo radiotelescopio, notou que os sinais eran moi regulares e rápidos para vir dos quasares, entón decatáronse de que proviñan de estrelas moi masivas que rotaban a gran velocidade ás que chamaron pulsares. O primeiro que viron coñécese como CP1919, aínda que deberan poñerlle o seu nome: estrela Bell. En 1974 concedéuselle o premio Nobel de Física a Anthony Hewish e Sir Martin Ryle, ao primeiro polo traballo astronómico feito con Bell sobre os pulsares, e aínda que a ela non se lle concedeu, recibe varios premios en recoñecemento polo seu labor.

Colaborou co Premio Nobel de Física nas investigacións sobre os pulsares En 1982 foi nomeada investigadora do Observatorio de Edimburgo, onde se dedica a estudar as galaxias coa axuda do satélite EXOSAT e en 1989 recibiu a medalla Herschel