Seica o basilisco é animal de compaña
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Like this? Share it with your network

Share

Seica o basilisco é animal de compaña

  • 1,295 views
Uploaded on

Artigo de Manuel Pérez Millos en resposta a Ghaleb Jaber Ibrahim.

Artigo de Manuel Pérez Millos en resposta a Ghaleb Jaber Ibrahim.

  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
1,295
On Slideshare
889
From Embeds
406
Number of Embeds
13

Actions

Shares
Downloads
0
Comments
0
Likes
0

Embeds 406

http://agai-galicia-israel.blogspot.com 333
http://agai-galicia-israel.blogspot.com.es 59
http://agai-galicia-israel.blogspot.ch 2
http://agai-galicia-israel.blogspot.com.ar 2
http://agai-galicia-israel.blogspot.nl 2
http://translate.googleusercontent.com 1
http://webcache.googleusercontent.com 1
http://www.xunta.es 1
http://agai-galicia-israel.blogspot.com.br 1
http://agai-galicia-israel.blogspot.com.iproxy.saverpigeeks.com 1
http://agai-galicia-israel.blogspot.pt 1
http://agai-galicia-israel.blogspot.co.il 1
http://agai-galicia-israel.blogspot.mx 1

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. SEICA O BASILISCO É ANIMAL DE COMPAÑA Por Manuel Pérez Millos. Socio de AGAI e colaborador no semanario israelí AURORA www.aurora-israel.co.il Non cabe dúbida de que o nome, ou mesmo o alcume, é cousa de grandeimportancia. Véxanse, sen ir máis aló, como recoñece esta incontrovertible realidadealguén tan ínclito coma foi Oscar Wilde. Se a este feito tan empírico se lle engade queos allos son bos para a saúde e que, salvo tan raras como escasas discrepancias aorespecto, é máis simpática a fada madriña de Cincenta que a madrasta, mesturados demodo convinte todos estos elementos tan homoxéneos e apodícticos, inevitablementeconcluiremos que a meirande aportación a profilaxe dos golondrinos son as xaculatoriasa San Blas, para que non falte a vista que nos permita miralas cegoñas. Tras de esta introducción tan inusual, que ninguén pense que toléei. Non hai tal:somentes estou facendo prácticas do estilo apoloxético do señor Ghaleb Jaber Ibrahim.Penso, creo que moi sensatamente, que se todo un profesor e doutor en periodismo,amáis de presidente dunha Fundación que tenta ser ponte de culturas argumenta as súasafirmacións de semellante xeito, a ser porque non importa mesturar churras e merinas e,xa que logo, é correcto enganar aos incautos que cren na obxectividade dos seus datos.De feito, que se amolen os ignorantes por ser preguiceiros e non averiguar a verdade porsi mesmos, ou que soporten con pacencia os inconvintes de non ter nivel académicopara discernir entre trapallada e dato certo. Porque o Dr. Ghaleb e quen de facer unhatan asombrosa amálgama dunhas cousas e das outras, de medias verdades e mediasmentiras, de historia adulterada e de puro imaxinario, que compre ler os seus artigos conmoito sosego para poder ficar coa certidume de que “non nos leva a horta” dadesinformación. Esto é o que ocorreu, sen ir máis aló, co seu artigo Un Estado palestino,publicado no diario EL CORREO GALLEGO o día 4 dos correntes. Nel consigna unverdadeiro paradigma do que é fanatismo –na mellor das interpretacións- ou, se cadra,un desmedido afán de levar a auga ao seu muiño sen deterse en asuntos tan triviáis comaos medios a que se recurre para acadar o fin proposto. Sospeito que o Sr. Jaber Ibrahimxoga cunha doble vantaxe: o antixudaísmo sobxacente –e sobresaínte con moitafrecuencia- na nosa sociedade hispana, e a ignorancia que xeralmente se ten sobor daHistoria antiga e recente, maiormente cando o descoñecemento é a adala que alivia oencoro da nosa autocrítica, das consignas dos que mandan e os tópicos máis caros.Penso que, polo devandito, compre facer unha análise polo miúdo do traballoperiodístico antedito; se coa miña feble aportación se consegue que alguén chegue apensar por sí mesmo, afastado do teledirixismo en boga, considerarei máis que ben pagoeste pequeño esforzo clarexador. Don Ghaleb Jaber xa dende o primeiro párrafo comeza a deixar pílulas deretorcemento da realidade (para que agardar máis tempo para facelo). Véxase unhamostra: segundo se deduce do que dí, seica foron Estados Unidos, Israel e a meirandeparte dos Estados europeos os que conseguiron dar cadeira no Consello de Seguridade 1
  • 2. da ONU a dous países novos membros do Organismo. Agora ben, se temos en conta queen Europa non chegan a medio cento os seus Estados (e que non foron todos osfavorábeis ao ingreso senon somentes a mayoría deles), e a eles se lle suman os outrosdous leviatáns oficiáis xa nomeados, resulta un total de menos de cincuenta países. Así,pois, preguntolle ao Dr. Ghaleb: se vostede recoñece que tiñan dereito a voto 191nacións no caso de Kosovo, e 192 canto o de Sudán do Sul, ¿qué foi dos máis de 150representantes cuxo voto –a favor ou en contra da proposta- non contabiliza vostede?¿Fuxiron? ¿Abstivéronse? ¿Foron votos nulos? ¿Ninguneáronnos? Doutra banda, o articulista fica asombrado de que haxa países que poidan votaren contra da proposta paletina. Esto, Sr. Ghaleb, non é senon unha burda contradictio intérminis co que vostede mesmo deixa traslucir máis adiante e que, nalgún outro dos seusescritos, manifesta abertamente. Se os palestinos –e ninguén llo nega- teñen dereito aescoller as súas relacións internacionáis, decidir o xeito de xestionar o seu Estado, egozar de tódalas prerrogativas, incluso a de votar a favor ou en contra de algo, parecexusto conceder semellantes capacidades aos outros países, ¿ou non? Canto as chantaxeseconómicas, non sei exactamente a qué se refire, xa que non o explicita. Sospeito que éunha outra manobra dentro da xa sabida estratexia de dicir unha cousa moitas veces, coque a xente acaba por creela anque non sexa certa. E por certo: ¿non lle parece chantaxeeconómica o boicot que se está a artellar contra dos produtos israelíes? Remato a análise das inconsistencias nas que incurre o Dr. Jaber, lembrándolleque, en efecto, o pobo palestino merece ter un recoñecemento internacional pleno, etanto máis que ten, segundo apunta o autor do artigo, entidade propia e definida. O quese esquece dicir é que, cando se constituíu o Estado de Israel, a partires da aprobacióndo Plan de Partición (Resolución 181 da ONU, de 29-11-1947), esto foi apoiado ou nonexpresamente rexeitado pola meirande parte dos países –incluido o bloque comunista,coa URSS ao fronte-, xa que menos dunha cuarta parte (un 23%, para ser precisos)votou en contra. Dos que se opuxeron, agás Grecia, Cuba e a India, todos eran paísesárabes ou musulmáns. En tal ocasión, digo, houbo unha segunda consecuencia para omapa político de Oriente Medio que, nembargantes, o Dr. Ghaleb soslaia tan oportunacomo lamentablemente: que na mesma determinación do foro de nacións, se incluía acración dun Estado árabe, en pé de igualdade co xudeu e independente del. Inclusiveresolvía a candente custión de Xerusalén, xa que, en atención aos diferentes graos derelevancia cultural e relixiosa que ten para todo o mundo, era posta baixoadministración internacional. E xa que o Sr. Jaber Ibrahim non o di, farémolo nos: aresposta árabe (un bloque sempre disposto a esixir o cumplimento das resolucións dasNacións Unidas, eso sí, excluída ésta en particular, e, en xeral, tódalas que nonconveñan aos seus intereses), a reacción árabe, insisto, foi pasarse a Resolución 181polo arco do trunfo e, xa postos, facer estas dúas cousas que o ilustre articulistatampouco menciona: 1) Animar aos residentes árabes –e impoñer aos reticentes- a deixar valeiro o terreo polas 48 horas que, segundo calcularon, abondarían para botar os xudeos ao mar. 2) Atacar feroz e simultáneamente ó novo Estado. Compre lembrar que nesta agresión (sen aprobación da ONU, amigos da esquerda, sempre tan exemplarmente puntillosos con gardar certas formalidades); nesta agresión, retomando o que dicía, contaron co asesoramento e participación de expertos militares nazis e, tamén, dun certo número de oficiáis británicos. 2
  • 3. Aí foi cando os árabes, cegados polo odio contra os xudíos, comezaron a usar osintereses dos palestinos coma arma anti-israelí. Sucederonse outros episodios políticos ediplomáticos que tentaron, infroituosamente por certo, de establecer unhas basesrazonábeis para negociar a paz. Esto no no di o doctor, pero o din as hemerotecas e,mesmamente, a memoria de moitos, xa que ocorreu, falando en tempo histórico, ontemesmo. Deixo o asunto polo de agora, xa que volveremos a poñelo encol da mesasegundo avancemos na consideración do artigo de don Ghaleb. Co segundo párrafo do escrito que estamos a tratar, o Sr. Jaber Ibrahim supérasea si mesmo canto a capacidade para producir disparates. O primeiro e dicir que o pobopalestino é unha ledísima mestura de confesións relixiosas e raciáis. O colmo dosarcasmo é mentar en primeiro lugar ¡aos xudíos palestinos! Vamos, que senon formaraparte dunha traxedia humana –con actores palestinos e xudíos forzados a interpretala-,sería para esnaquizar coa risa. Dr. Jaber: non se pode tratar algo tan penoso con tantabanalidade, e vostede o fai, porque mire: os palestinos recoñecen pública emaioritariamente en enquisas feitas por organismos internacionáis que o seu anceio éque desaparezan os xudíos. Cando a dominación xordana sobor de Xerusalén, os xudíosque quedaron tras de ser morta violentamente a mayoría, foron expulsados. E o mesmoocurreu en cáseque tódolos países árabes. Vostede ben sabe que os dirixentes palestinosconfesan que nun futuro cecáis podan convivir con xudíos, pero que non sería posiblehoxe en día, nen a medio prazo. Tamén coñece de primeira man que nas mesquitas seincita a destruir aos xudeus, que é amplamente difundido o texto coránico que manda eanticipa a morte dos xudeus, que nas escolas incúlcanse prexuicios groseiros contra dosxudeus. Vostede o sabe, pero cala porque así compre aos seus intereses e, para facerllede seguido de corifeos, conta cunha chea de voluntarios desinformados. Pero aindaqueda un argumento que contradice a súa tese: no territorio palestino hai un pacto degobernanza que coaliga a ANP e a Hamás e, xa que logo, persiste a vixencia do puntoda Carta Fundacional de esta última organización na que se declara que é un dos seusobxectivos principáis a destrucción da nación xudea. ¿Ou non é certo o que digo? Obviamencionar que durante a dominación xordana de Xerusalén, aparte da violencia extremacontra da poboación xudea antes mencionada, profanouse o cimiterio do Monte dasOliveiras, e a mármore das sepulturas adicouse a facer letrinas. ¿Sí ou non foi así?¿Pódeme dicir cales son dereitos dos xudeus nos países árabes? ¿Cal é o número dexudeus nesas nacións? ¿Cómo é que viven? Sospeito que a súa intelixente sagacidade,Dr. Ghaleb, o levará a dicir que estou mesturando a Palestina cos Estados árabes, e quevostede fala dos primeiros cando alude aos xudeus palestinos. Pero mire, vostedemesmo invoca a pertenza dos palestinos a nación árabe cando trata de empregar enproveito propio o argumento do contido do artigo primeiro da Carta Nacional Palestina.Esos son os riscos de facer volatines cun “chourizo” tan feble como os oxímoronsburdos. E os riscos han ser asumidos. Canto aos cristiáns palestinos, non me deteño senon para facerlle dúasreflexións. A primeira, dicirlle que o corpus doctrinae que lles é propio aos cristiáns,non só non veda o consumo moderado de alcohol senon que, a maiores, o recomenda encertos casos (I Timoteo 4, 23). ¿Pode vostede garantir o uso de tal dereito baixo unhalexislación baseada no Corán? E velaí vai a segunda consideración: cando as forzasarmadas israelíes perseguiron ao famoso grupo terrorista en Belén, os fuxidos metéronseno convento, penso que Franciscano, e alí fixeronse fortes. Segundo amosaron osinformativos de televisión, o exército israelí leváballes acotío racións semellantes as que 3
  • 4. constituían o rancho das tropas propias, polo que non pasaron fame. Nembargantes, nontiveron nengún reparo en asaltar a despensa dos relixiosos que os acollían, nentampouco en violar os eidos reservados a clausura dos seus auxiliadores. Por se nonchegara, as imaxes que difundiu a prensa amosaron que os recluídos mexaron edefecaron na igrexa do convento, ou mosteiro, ou o que sexa o recinto sacro para oscatólicos. ¿É esa a liberdade que vostede compromete cos palestinos non islamistas?Dentro da nación árabe, ¿pode indicarme onde os cristiáns poden facer os seus cultospúblicamente e ceibes? E xa non falo dos naturáis do país, senon mesmo dosextranxeiros residentes. Pois todo eso pódese facer no, segundo a opinión máisxeneralizada -e intencionadamente extendida por partes interesadas-, xenocida,fundamentalista e noxento Estado xudeu. E o proban as reportaxes, sen ir máis lonxe,que cada ano, por Semana Santa, pasan os noticieiros. Eu mireino en Xerusalén, comatamén vin a un soldado israelí axudar a un ancián palestino para que cruzara indemneunha turbamulta no seu intento de achegarse a mesquita para facer as súas pregas.Tamén vin a un cristián palestino agochar disimuladamente unha cruz que levabapendurada ao colo antes de entrar nunha certa parte de Cisxordania. Canto a os musulmáns palestinos, somentes lle pregunto: ¿Pódelle garantir asmulleres igualdade cos homes nun estado cuxa lexislación esté baseada na sharia? ¿Quéporvir lle agarda aos homosexuáis? E os ateos ou agnósticos, ¿poderán facer pública talcondición de incrédulos? En Israel, o grande conculcador, tal coma se di dende oscírculos filonazis, esquerdosos e pseudoprogres –todos eles revoltos nun esperpénticopandemonium-, en Israel, repito, sí se pode garantir e sí se pode ser o que se queira coamparo da Ley. Eu podo falar disto porque estuven alí, tanto en Palestina, coma noutros paísesárabes e en Israel, e mirei o que mirei, e escoitei o que escoitei, e notei o que notei. Poriso non é doado enganarme, porque fun espectador moi apertado do escenario. Osdifamadores de Israel aportan, coma cansinos hamlets, “palabras, palabras, palabras…”e nengunha proba. Pero esta claro que, coma di o refrán, unha cousa é predicar e outra édar trigo. Unha cousa e difamar e outra –ben máis complicada- dar probas. Anque se as probas son coma as que aporta o Sr. Ghaleb Jaber no seu artigo,mellor e menos ridículo é non presentalas. Ven esto a conta do que engade cásequedeseguido ao que recén veño tratando. O Sr. Jaber Ibrahim fai unha especie de cóctelxenético, xa que atribúe aos palestinos unha identidade forxada, nen máis nen menos,que por unha rica historia de miles de anos, perante da lonxevidade da Torá, da Biblia edo Corán. E nen a Historia, nen eu, nen ninguén medianamente sensato e informadoconcordamos con semellante afirmación. De feito, compre lembrar que os palestinosficaron perfectamente acougados e conformes baixo a nacionalidade xordana ata o finda chamada Guerra dos Seis Días. Pero ben, o asunto era determinar se os palestinosteñen a lonxevidade que lles adxudica o Dr. Ghaleb, e a elo imos. Está fora de todadúbida que os primeiros moradores do territorio que hoxe chámase Palestina foron oscananeos ou cananitas, coñecidos xenéricamente co termo –etimolóxicamente ambiguo-de amorreos. Estas xentes, organizadas políticamente en grandes clanes ou tribusindependentes, desapareceron por variadas causas (tal que pasou con outras grandesculturas, por ejemplo, os etruscos), e deixaron o seu lugar aos seus conquistadores, entreos que comezaron a despuntar as civilizacións asiria e babilónica, e, pola sua puxanza,os hititas ou heteos, provintes da Anatolia. A todo isto, e relatado a enormes rasgos,consolidouse polo sul a hexemonía exipcia. A partires de aí, sucederonse diversos 4
  • 5. vaievens, que diron como resultado o establecemento de potentes cidades-estado deorixen fenicio as beiras do Mediterráneo, entre as que teñen renome Tiro e Sidón, aonorde, e Gaza, Ashdod e Ashkelón, ao sul. Todo este movemento fica vinculado a esaruta comercial –e, xa que logo económica- que se coñece coma Crecente Fértil. Pordescontado, nen rastro dos palestinos. De feito, o xérmolo destos estaba máis cara oleste, entre as diversas tribus ancestras dos árabes. Nen os antigos egipcios, nen osprimitivos –cronolóxicamente falando- babilonios ou asirios, teñen nada que ver cosárabes e, por conseguinte, cos palestinos. Os que sí estaban por alí dende ben cedo eranos xudeus, segundo proban os descubrimentos de Garstang (entre 1929 e 1936),Albright (en 1934), Wellcome (en 1931), e outros, que corroboran o contido de citas dastablillas Amarna e da Biblia (sí, Sr. Ghaleb, da Biblia, considerada neste caso non xacomo libro sagrado senón coma paleoducumento de probada fiabilidade). Resulta destosdatos que os xudeus xa se asentaron daquela nesa terra, e falamos (50 anos máis oumenos) do 1400 a.C. ¿Onde andaban os palestinos milenarios segundo o cómputo doDr. Jaber? Ninguén o sabe, salvo que o asinante do artigo que andamos a comentar nosveña a dicir que Moisés ou Xosué foron palestinos, e mesmo Xosé (ao respecto da cuiahistoricidade, son curiosos e moi elocuentes os descubrimentos de Brusch e F. Petrie).Se lembro que estamos a falar dun período comprendido entre o 1400 e o 1350 a.C., eque foi nese intre cando se debe datar a recepción da Torá polos israelíes, e que daquelano que hoxe é territorio de Israel e de Palestina vivían esos outros pobos mencionadosantes, ¿onde estaban os palestinos? ¿Onde quedan os milleiros de anos da súa ricahistoria que nos anticipa o Dr. Ghaleb Jaber? Non se me ocorre outro sitio, senon, quecoma tantas outrás fábulas ao respecto, no País das Albóndegas, ou outro semellante. Isto que antecede vale tamén para a alusión a Biblia, tendo en conta que o librosanto dos cristiáns inclúe o Tanaj hebreo, co nome de Antigo Testamento. O Corán,certamente, é un escrito máis novo. Se a memoria non me traizoa, data do século VI daEra Cristián. En calquer caso, non é nada doado manter que os palestinos e os milleirosde anos de existenza deles, sexan máis antigos que a Torá, que a Biblia e que o Corán. Do tenor do artigo do Sr. Jaber, dedúcese que a partires do Tratado suscrito porMark Sykes e Charles G. Picot, se lles dou terra a todos menos aos palestinos, queficaron, segundo parece, levitando no espazo. Claro que o respectado doutor nen porcasualidade menciona a Declaración Balfour, do ano 1917; e para qué facelo se talalusión e contraria aos seus intereses no debate. Pero eu sí vou facelo, entroutras cousasporque quero ser honesto cos meus lectores, se alguén me lé. O precitado documentoamosa a disposición da Grande Bretaña a dar, atendendo a petición do incipientemovemento sionista, unha terra aos xudeus para que instauraran nela un redivivo Estadode Israel. A partición do territorio supuña terra abondo para os árabes, xa que comavostede indica, instauraba novas nacións tales que Siria, Irak, Xordania, Líbano eExipto. A identidade política, étnica e cultural da poboación árabe na chamadaPalestina, ficaba ben salvagardada, toda vez que tanto os provintes do norde, coma osasentados no leste ou no sul, dispuñan de territorio independente nos novos países que,a sua vez, foran orixe da migración deles cara a outros eidos. Que os palestinos foronsometidos ao mandato británico, pois sí, é certo. Pero tanto coma os xordanos, exipcios,xudeus e, agás os libaneses que dependerían dos franceses, tódalas nacións mentadas.Que iso sexa colonialismo, imperialismo, e demáis “ismos” vexatorios que se queranengadir, particularmente o acepto coma certo, pero non é o asunto que agora nos ocupa.O que segue no escrito de don Ghaleb Jaber é, segundo a intención coa que se o xulgue,ou historiaficción, ou erro –penso que involuntario, xa que o articulista ten reputación 5
  • 6. de instruído- ou, sen ambaxes, mentira. Refírome a sua afirmación de que o territorio foivendido aos sionistas xudeos europeos. Esto non se sostén ante quen se mergullesuperficialmente nos periódicos da época. Un somero coñecemento dos documentosdaquel intre histórico amosan que: 1º.- Boa parte dos terreos obxecto de merca-venda, foi froito de sendoscontratos mercantís subscriptos entre xudeus –financiados non por nengunha potenciacolonial senon polo Movemento Sionista e mesmo por particulares- a propietariosárabes que, por certo venderon a prezo de ouro ciénagas e deserto. 2º.- Vista a manobra, os británicos vedaron e perseguiron talesoperacións inmobiliarias. ¿É certo o que digo, ou non, Sr. Ghaleb? Pois se é verdade, asúmao coa fidalguíaque lle presupoño e que, sen dúbida, ten vostede. O termo “colonial” que emprega pode ter, ao meu xuizo, varias interpretacións.Con algunha delas estou plenamente de acordo, por exemplo, se admitimos comacolonial que unha chea de persoas vaian a un lugar procedentes doutros sitios. E taménse entendemos por colonia a habitación de xente que coloniza, e dicir, que se adica afacer froitífero un ermo improductivo. Pero que ninguén saque conclusións, coma diríao inesquencibel Cantinflas, “precipitosas”, porque compre introducir algúns maticesesclarecedores. O primeiro deles é que, pese a grande afluenza de xudeus foráneos,nembargantes sempre houbo xudeus vivindo, se ben que en pequeño número, noterritorio dos seus ancestros. A segunda e importante precisión é que nunca os xudeusdeixaron voluntariamente a sua terra, senon que sempre foron botados dela pola forza(temporalmente polos asirios e babilonios, coido que arredor dos anos 730 a.C. e 600a.C., respectivamente) e, xa definitivamente, polos románs alá polos anos 70 e 73 danosa era. Esta diáspora forzosa supuxo o inicio dunha época de aldraxes aos xudeus:expulsións (España, Inglaterra, Francia, Portugal, Hungría…), progromos e, comaremate, a ignominia do Holocausto nazi. Non se coñece unha raza máis necesitada dunlugar propio no que atopar acougo. A creación do Estado de Israel foi a restauración dunpaís polos seus lexítimos posuídores, cunha raza nunca ben tratada fora das suasfronteiras, e dunha cultura (esa sí, probado e comprobado) milenaria .Os xudeus forondesahuciados pola potenza imperialista do momento –ninguén ten a culpa de que sexannazón tan vella- e, a pesares delo, sempre mantiveron, máis ou menos relevante, a suapresenza na sua terra. A Resolución 181 da ONU sobor da Partición de Palestina e osacordos precedentes, non foi, senón, unha reparación histórica e mesmo unha soluciónante accións xenocidas perpetradas con perseverancia xa crónica. Afortunadamente parao conxunto dos civilizados, o alumbramento de Israel trouxo unha vantaxe adicional: onacemento duhna democracia real, un semilleiro de avances nos variopintos eidos dacencia e da tecnoloxía e, cousa importante, un exemplo de compaxinación entre adefensa propia e a humanidade para cos inimigos. Isto último, ¿soa a baladronada polamiña banda? Pois non é tal; dispoño de probas ao respecto. Remato este asunto dicindo que a realidade, tan teimuda en ser noxenta, deixadatos, e informacións, e citas e declaracións que pouco ou nada aproveitan cara a sosteras teses do Dr. Jaber. Velaquí algunhas delas: - “É de público dominio o feito de que Palestina non é outra cousa que a Siria meridional", segundo dixo o Representante de Arabia Saudita nas Nación Unidas, no ano 1956. 6
  • 7. - "Non existe nengún país que se chame Palestina. Palestina é un termo inventado polos Sionistas. Non hai nengunha Palestina na Biblia. O noso país ten sido por séculos parte de Siria. Palestina e allea para nos. Son os Sionistas quenes introduciron este nome" (declaracións de Auni Bey Abdul- Hady, prominente sirio, na British Peel Commission, no ano 1937). - “Non existe nengunha cousa chamada Palestina na Historia, en absoluto”. Tal cousa asegurou, en 1946, alguén a quen cabe sopoñer un algo informado, xa que se trata do Profesor Philip Hitti, un historiador árabe. Queden estas mostras coma suficientes, anque a elas, e para desmontar ospostulados do Sr. Jaber Ibrahim, poderíase engadir a observación de Mark Twain quen,no diario de viaxe que fixo nunha visita a Terra Santa, constatou que era un país desertode xente, no que non se atopaba poboamento algún en moitas millas de treito. Esto foialá polo século XIX, se é que podo fiarme da miña memoria. ¿Onde ficou, logo, a poboación palestina, afincada na terra de Israel de miles deanos atrás? Se cadra, pódenolo aclarar o Dr. Ghaleb. A partires do texto comentado, os despropósitos semellan que incontábeis. Algoestraño houbo de pasar para que un home da enxunia do articulista, publique tamañosdisparates. Desexo que ese fenómeno tan raro e indiagnosticabel (polo menos para mín),non pase de ser algo pasaxeiro e xa esté recuperado del. E é que non ten explicaciónlóxica que se diga, sen rubor algún, que Europa e Estados Unidos apoiaron económica,militar e políticamente a Israel. E un desatino, xa que é ben coñecido que cando aGuerra da Independencia, as potencias accidentáis e máis o bloque soviético agardarona que se resolvera en custión de días o problema de Oriente Medio, pola expeditiva víade que os exércitos árabes (sí, en plural porque foron de varios países) arranxaran oasunto facendo desaparecer a Israel ou, dito coas palabras dos atacantes, “botando aomar a tódolos xudeus”. Dos países que apoiaron a constitución do Estado hebreo,nengún deles moveu un dedo; nos voceiros e nos documentos das chancelarías consta oque digo. Esto verbo do apoio militar. Canto ao apoio económico, merécese salientarque foi co traballo dos propios xudeos, así dos israelíes coma dos extranxeiros, queforon facendo o país. ¿Pode aportar o Sr. Ghaleb algún xustificante de libramento defondos para Israel? Sí que están documentadas a procedencia das partidaspresupuestarias dese Estado, e mesmo os fins aos que se destinaron, incluso coamención expresa das obras atendidas pola vía do mecenazgo. Certamente, grazas aodesprendemento de xudeus pudentes, que os hai, pero tamén pola xenerosidade de moitaxente (incluso non xudea) que aportaron o que boamente poideron. Eu coñezopersoalmente a algún. Pero, reitero, fundamentalmente pola laboriosidade, sensatez ecultura presente no Estado de Israel. Porque a economía dese país baséase no saber, ederiva das universidades, non de esa especie de lobishome que se da en chamar “o lobbyxudeu”, tan inexistente coma o lobo da Carrapuchiña Roxa. Que ninguén sensato meveña a falar dos produtores cinematográficos ou do mito dos banqueiros xudeos. Falardunha oligarquía financiera xudea en base a que haxa xudeos banqueiros ou na industriacinematografica, ven sendo coma se eu falara dos beduínos coma monopolistas da críade camelos. O lobby é, dito noutro senso, un dos grandes “camelos” que se manexan. 7
  • 8. Certamente, o mundo está ao revés. Se eu me atrevera a dicir que o Sr. Ghalebtiña secuestrado un cidadán, con razón se me enxuiciaría e condenaría por difamación.Pero o doutor pode decir que varios países secuestraron a un pobo e ficar tan ancho.Claro que iso é o que o común da xente, íntimamente xudeófoba gusta de oír. E se se lleregalan os ouvidos aos “progres” pseudos de esquerda metendo no saco a os EE.UU., oaplauso está garantido. Coñecemos a técnica e temos experiencia desa estratexia. E volvendo a o que tiñamos entre as mans, poñer que dende 1946 o pobopalestino está secuestrado, cando se sabe que deixaron as suas casas movidos polos seuspropios líderes; cando rexeitaron con extrema violencia o mandato das Nacións Unidasno tocante a asignación de territorio a Israel; cando perpetran atrocidades coma a daVila Olímpica de Munich (1972); o episodio do Achile Lauro (1985), ou o secuestro deGilad Shalit, que non pode ser visitado nen pola Cruz Vermella; se as matanzas enrestaurantes, mercados, autobuses e escolas; se cos mortíferos foguetes lanzados dendeGaza contra da población civil; se coa fazaña de destripar –literalmente- a un detidonunha comisaría; se con semellante currículum de barbaridades síntense secuestradosporque o mundo civilizado os condea e mesmo Israel trata de porlles obstáculos para acomisión desas e outras semellantes atrocidades, logo compre eliminar tódalas forzas deseguridade e deixar que o salvaxismo campe as suas anchas, so pena de ser acusadospolo Sr. Ghaleb ou por alguén que pense coma él, de secuestradores sen atenuantes. Segue a decir o artigo que a partires de 1948, pobos e territorios palestinos foronocupados por colonos chegados de todas partes, que só actuaban dacordo aos seusintereses e ¡armados ata os dentes!, sendo así que se conculcou o dereito palestino de terestado propio na propia terra. Tal afirmación, deixándonos xa de cortesías estériles ebenevolencias cecucentes, é un embuste. Se fora verdade tal cousa, ¿de onde sae aprevisión, feita polos árabes, de 48 horas para eliminar ao novo Estado de Israel? Sefora certo o que vostede di, ¿cómo é que os ingleses vedaron, bloquearon coa RoyalNavy os buques que levaban emigrantes xudeus, detiveron aos que deron chegado ascostas de Israel, e mesmo fixeron campos de concentración para internar aos emigrantesque pretendían achegarse ao seu novo fogar. O que sí é certo –e documentado- é que omovemento migratorio de xudeus a Israel comezou a fináis do século XIX, xuntándosecos alí residentes e, axiña, principiando a reconstrucción do seu soño sionista. Nonviolaron nada nen a ninguén, antes ben, mercaron terras e propiciaron unha achega deinmigración de árabes pagándolles salarios moi superiores aos que percibían. Nonviolaron nada nen a ninguén porque estableceronse nun territorio acordado poloconxunto internacional, reparto territorial que consignaba espazo –maior, por certo- aospalestinos. Non violaron o dereito dos palestinos a posuir estado propio, toda vez queforon éstos quenes rexeitaron a repartición. Non violaron a constitución dun estado laicoe democrático para os palestinos, xa que que se ocuparon só en construilo seu propio. Otempo amosou que o laicismo e a democracia que chegaron a darse os palestinos nonfoi, senon, unha administración probadamente corrupta, un goberno dividido, un líderque amasou unha fortuna e que exiliou a sua muller e fillos a un destino dourado (e bencustoso), e liortas sen conto en tódolos sitios onde ficaron. Que llo pregunte aosxordanos e tunecinos, entre outros. ¿Qué os xudeus, cristiáns e musulmáns ían vivir enigualdade de condicións? ¿Cantas sinagogas hai en territorio palestino, e árabe en xeral?¿Cantas mesquitas hai en Israel?. Non hai máis que dicir; non é preciso. Que Palestina sexa a patria do pobo Árabe Palestino ninguén o discute. O que sereclama é que se recoñeza o dereito a que Israel sexa o propio para os xudeos. Certo é 8
  • 9. que o pobo palestino pasou por guerras e privacións, pero compre salientar que asguerras nunca as provocou Israel senon a que vostede chama nación árabe. Osinformativos o din, non eu. Canto as masacres, xa é coñecido polos observadoresimparciáis que a propaganda antiisraelí é parte da estratexia árabe para borralo do mapa,e, a tal fin, venlle coma anel ao dedo presentar diante do mundo a imaxe dun poboesnaquizado por bombardeos e vivindo na miseria. Materia prima para artellar oespectáculo téñena abondo, xa que bástalles con parapetarse tras da poboación civil enon tratar para nada de melloralas suas condicións de vida nos campamentos. Se todoelo aderézase cun valado cuios poucos tramos son tomados polas cámaras da TV dendediferentes ángulos, xa temos activada a sensiblería dos “progres” occidentáis. Xaabonda, Sr. Ghaleb, que oculten a realidade da vida en Ramallah, dos lanzamentos demisis dende Gaza, dos ataques a civís, da asistenza sanitaria –exquisita, vista polosmeus ollos profisionáis- que reciben os palestinos en Israel, da mofa que se fai dende olado palestino empregando transportes sanitarios para traslado de xente armada,mantendo datos e estatíscas falsos, e un longo etcétera. A vostedes caelles a regofabricar víctimas, anque para elo lles sexa preciso sacrificar a sua propia xente.Continúen por ese vieiro, pero lembren o que dixo Abraham Lincoln: “Podes enganar atodo o mundo algún tempo. Podes enganar a algúns todo o tempo. Pero non podesenganar a todo o mundo todo o tempo”. Anque, con franqueza, a vista do que hai,pódese enganar moito tempo a moita xente verbo do que se anda a tratar, xa que non haiinterese algún en investigala verdade. Esa é a vantaxe de vostedes. Co que segue, que ben poidera ter sido a inspiración para tiulala obra de JeanPaul Sastre, compre facer unha especie de “caixón de xastre” e, para non facerinsoportablemente longo este escrito, prescindir de tratalas polo miúdo. Digo, somentes, que fico totalmente de acordo coas palabras do Dr. Jaber se,cando fala da determinación e empeño dos palestinos, está a empregar un eufemismopara se referir a teima de destruir a Israel. Aí se que non se doblegou a sua obsesión. Discrepo, nembargantes, coa afirmación de que non se notou que trocara moito asituación. Sí que se notou. De entrada, agás a firma dos correspondentes tratados de paz,Exipto recuperou a península do Sinaí e, xunto con Xordania, acadou sosego fronteirizo.En Cisxordania, segundo foron cesando as accións terroristas, remataron tamén asoperacións militares israelíes –porque ocorre que Israel ten dereito a manter a súa propiaseguridade, ¿non sí?-. E, a máis, floreceron as relacións comerciáis entre as partesdevanditas Pese a que o calen vostedes. Os israelófobos gostan de mesturar nunpandemonium gordiano a Gaza e a Cisxordania, e son cousas distintas. As intervenciónsdo Tsahal (ou das IDF en xeral) non son, xeralmente, en Cisxordania, son en Gaza ecoma resposta aos ataques contra territorio israelí. Canto as fronteiras de 1967,¿renuncia Xordania a súa soberanía sobor de Xerusalén? Eso coma primeira reflexión.Segunda: as fronteiras de 1967 foron alteradas coma consecuencia dunha guerra –porcerto, non provocada polos israelíes- e, por tanto, cábelle o mesmo tratamento que aGibraltar, Grande Bretaña e España,; que a Estados Unidos con México por Texas; quea Rusia con Xapón polas Kuriles. Os palestinos, e o bloque árabe, rexeitaron ainternacionalizazón xerusalemitana determinada pola ONU, embarcáronse en cantaliorta sanguenta poideron contra de Israel e, segundo parece, agora que non lle miranoutra traza, pretenden voltar a unha situación aventaxada. Lémbrolle a vostede que é dedominio público –de quen quera sabelo, claro- que en Camp David e en Oslo, ospalestinos poideron obter cáseque o cen por cento das suas reivindicacións. E o 9
  • 10. rexeitaron. Non ían negociar, ían ao todo ou nada. Tráelles máis conta abafar ainocentes se, con elo, eliminan a Israel. Pero ben, respecto da preocupación doarticulista porque palestinos e israelíes convivan nun Estado democrático, pode ficarben acougado: xa existe ese Estado no que conviven palestinos e xudeos con igualdadede dereitos –mais os palestinos non con todas as obrigas-, con liberdade para o exercicioprofisional, e ata con grupos parlamentarios propios, segundo escolla cada quén. EseEstado, reitero, existe na actualidade: chámase Israel. Respecto de que Estados Unidos consideran a Israel o estado 51 da unión, oautor do artigo ten un penoso lapsus memoriae, xa que non lembra que os USA tiñanembargado todo fornecemento militar a Israel ata os anos 70 do pasado século.Somentes dispuña o Estado hebreo dos Mirage que lle vendía Francia. Do que non fala(non compre facelo) é do armamento soviético, ou do seu bloque, de que dispuñan osárabes, nen dos avións Mig da mesma procedencia. Dando por descontado que se tratadun encomiable exercizo de obxectividade, penso que cando alude a guerras, asasinatos–anque non selectivos a meirande parte deles- e apartheid, ven describindo a políticaárabe de moitas décadas atrás. Supoño que co muro e os asentamentos alude a Israel.Pero lémbrolle que cando medrou o número de atentados terroristas foi cando secomezou o tal valado. Lémbrolle, tamén, que hai cousas semellantes en Ceuta e Melilla,na fronteira Estados Unidos-México e noutros sitios acaso menos coñecidos. E é que ospaíses teñen o mal vicio de protexelo seu territorio, ¿sabe vostede, Sr. Ghaleb? Coma ao mito do lobby xudeu xa me referín antes, non o toco máis. Poderíafalar do lobby árabe (petróleo, grandes superficies comerciáis, medios de comunicacióne, mesmamente, doutros aspectos máis sensibles). Non, non o vou facer; non paga apena. Simplemente fágolle constar ao Sr. Ghaleb que os integrantes da comunidadexudea en Norteamérica, non son cidadáns israelíes senon que son americanos é, xa quelogo, poden tratar de orientala política do seu país na dirección que mellor lles pareza.¿Acaso non fan o mesmo en tódolos países democráticos os simpatizantes dunha causaou ideoloxía? Pola regra de tres que aplica o docto articulista, pódese falar do lobbyrepublicano, do demócrata, do do PSOE, do da ANP ou do de Hamás. ¿Verdade? O que sí pregaría da cortesía e amabilidade do Dr. Jaber Ibrahim, é que nonatente contra da dignidade dos seus lectores dando por suposto que hemos de ser poucomenos que oligofrénicos. Non lle vexo negunha outra explicación, agás esa, asreiteradas contradiccións que pon no seu artigo. Ou a razón devandita, ou que ten tanpelegriño xeito de aliviar as suas tensións. En efecto, a xente temos –eu inclúome entreos estrafalarios, coma non- válvulas de escape asaz estrambóticas para relaxarnos. Odoutor ten unha rara capacidade para decir unha cousa e a oposta sen solución decontinuidade. Un ejemplo: fala de que Israel é apoiado por Francia, Alemania,Inglaterra, EE.UU., e pódese engadir a lista Canadá, Australia, Xapón, e outros varios.De seguido pon que (o que se salienta é meu) “…lo cierto es que esta situación noayuda a la causa de la paz real, y menos a Israel, para que pueda ser un estado civil,no colonial, no racista, judío y AISLADO de los pueblos de la zona y DE LACOMUNIDAD INTERNACIONAL” (sic). Pero imos mirar se nos clarexamos, doutor:¿os países indicados e que apoian –nun xeito e grao ou noutro; e algún, somentes na suaimaxinación- non forman parte da comunidade internacional? De non ter sidoexpulsados dela por vostede, eu diría que son parte do tal conxunto. Se é certo que Israelconta con apoios internacionales, ¿pódeme ilustrar verbo do que entende vostede porillamento? Axo que será moi interesante a sua didascalía canto ao particular. 10
  • 11. Tocante ao resto dos desexos que figuran na lista, ao aveiro do que se podecomprobar doadamente, dígolle taxativamente que: - Pode ficar seguro de que Israel é un Estado civil, no que tódolos poderes (incluidos o gubernativo e o militar) están sometidos á Ley, a ela renden contas e todos –palestinos incluidos- poden acollerse ao seu acubillo. Xa é un Estado civil, por canto non é nen militar, nen fundamentalista, nen anárquico. Os cidadáns israelíes deciden por sí, non reciben ordes de ninguén e cáseque de nengunha clase. - Os israelíes xa hai tempo que remataron a etapa de ser colonos. Agora é a quenda de sacar rendibilidade a sementeira que teñen feito en agricultura, tecnoloxía, educación e tantas outras cousas de proveito, tanto para eles coma para os máis. - Israel non é racista. Alí conviven de xeito igualitario, segundo mirei eu persoalmente, pretos e brancos, árabes e xudeus, europeos, africanos e americanos, crentes e agnósticos, ricos e humildes, homes e mulleres, practicantes do judaísmo e fieles doutros credos, homosexuáis, heterosexuáis e lesbianas. ¿Pode vostede, sen faltar a verdade, afirmar que suceda o mesmo dentro da que chama nación árabe? - Que se sorprenda de que Israel sexa estado xudeu, paréceme incomprensible en alguén intelixente coma vostede. Pois claro que é un Estado xudeu, coma é árabe Siria, oriental a China, e calós os xitanos ou latinos os españois. É que hai xudeus por raza, por relixión ou por ámbalas duas cousas. Pois claro que sí. O que xa non se lle pode adxudicar é ser exclusivista no eido relixioso. Alí, polo que vin e informeime dos interesados, pódese practicar pública e protexidamente calquer creenza, ou nengunha. O practicala ou non en público, é decisión de cada quén. Da protección dos fiéis ocúpanse as as leis do país e as suas autoridades. A memoria selectiva do Dr. Ghaleb semella ser moi útil cando se trata o tema deIsrael. Así, permite esquecer cousas tan noxentas coma que Israel devolveu o Sinaí aExipto tras de firmarse a paz entre ámbolos dous países, que se retirou totalmente deGaza, territorio que, por certo, ten unha saída pola fronteira con Exipto –pechada atahai pouco, o que ninguén mirou coma situación asfixiante-. Di o Dr. Ghaleb quesomentes se conseguíu para os palestinos algún goberno municipal e cáseque morralla.Que eu saiba, entroutras cousas, nos territorios palestinos teñen unhas institucións degoberno nacional, teñen representacións diplomáticas no extranxeiro, teñen forzasarmadas de seu, recadan impostos dacordo coa normativa fiscal que lles é propia, e unparlamento que dicta leis. Entroutras cousas. Se tales facultades son as que definen unconcello, ¡pois que ben! Seica, logo, o mundo é unha chea de concellos. ¡E pensar quecáseque que ninguén dentre a xente estamos enterados delo! Apunta tamén que a aportación dos países donantes non é significativo. E resultaque procurando algunha información sobor do particular en Internet, nunha páxinanomeada LA ECONOMÍA DE LA REGIÓN, atopéi esta nota publicada por José A.Antón Valero quen, polo tenor das suas expresións, non me parece estar precisamente aprol de Israel. Copio e apego o que di: “A partir de la cifra inicial de 2,1 mil millones 11
  • 12. de dólares aprobada el 1 de octubre de 1993 en Washington, los gobiernos einstituciones internacionales donadores elevaron la cantidad de la ayuda destinada aPalestina a 2,4 millones, la mitad de ellos aportados por la Unión Europea y EEUU.”Doutra banda, Wikipedia da unha poboación palestina, no ano 2001, de 5.000.000 dehabitantes, entre Cisxordania e Gaza. Se ao concello de Madrid –de similar población-lle deran ao ano esa cantidade de cartos que os palestinos consideran calderilla, seguroque o Alcalde madrileño pulaba de gozo. Particularmente non lle vexo traza a establecerligazón nengunha entre as donacións a Palestina e o financiamento da ocupación israelíe os seus actos crimináis. De feito, non miro tales crimes por ningures. Pero ben, se nonse trata doutro amplísimo lapsus cálami do doctor, se cadra algunha vez explícamo. Respecto a referencia que se fai verbo da decisión da ONU en canto a reparto deterritorio entre Israel e os palestinos (novembro de 1947), é cousa ben desconcertante:por unha banda trasluce que o único Estado aceptable na zona é o palestino, con árabes,cristiáns e xudeos (supoño que mortos, pero non pasa de ser unha suposición)convivindo en “amizosa fraternidade”. Doutro lado, invócase un tratado que recoñeceaos dous Estados. Doutro lado, os palestinos queren ubicala sua capital en Xerusalén e oseu voceiro, o Sr. Jaber Ibrahim, bota man dun dictame aprobado que coloca aXerusalén ao abeiro da administración internacional. Lémbrome dos irmáns Marx,cando (creo que por boca de Groucho) sostiñan diante de alguén que, caso de que nonlle gustaran os seus principios, tiña outros. Canto a que persista o carácter semprecomprometido, e abondo demostrado, dos palestinos cara a Israel, ¡Deus nos asista e,moi en particular, aos israelíes! E agora, se non o considera insolente, recomedaríalle que non aluda aos partidospolíticos españois. Para os seus intereses, mellor é que non deluve por aí. Se o nosoPresidente luce con toda desenvoltura unha kefiya en público, se os ataques confoguetes só son considerados oficialmente coma algo “inapropiado”, se non se vota nosforos internacionáis nengunha proposta condenatoria para os palestinos, se cando nosvisita unha autoridade palestina fánselle honras de Xefe de Estado, se se critica a Israelsempre que se pode e todo o que se pode, se se lle baixan os salarios aos funcionarios etócanse as pensións dos xubilados pero mantense íntegra a axuda a Palestina, se se faitodo iso, non pida máis. Somentes falta que as viaxes oficiáis as fagan baixo pasaportepalestino e eso, cando menos polo de agora, sospeito que non vai ser. Se cadra, todo seha andar, pero sería máis adiante. Parécenme encomiables os seus desexos, Sr. Jaber, canto a que di que quereunha chea de cousas para o futuro Estado palestino. Coma eu tamén quero iso mesmo,ouso proporlle algún remedio que posibilite que se cumpran, axiña e perdurablemente,os seus anceios. Verá vostede o que suxiro, neste sucinto decálogo: 1) Quere –queremos- un Estado palestino consolidado de un xeito real. Pois, ao meu ver, o primeiro sería que a propaganda propalestina deixe as informacións tendenciosas. Ninguén rouba nada acotío. Non hai tales cárceres e, se tal foran, ben quixera eu ser preso nalgunha coma elas. Se non queren mortes de civís –eu tampouco as quero- deixen de converter as vivendas, escolas e hospitáis en instalacións paramilitares e, xa que logo, cesen as accións bélicas executadas dende elas. 2) Desexa –desexamos- un Estado coma os máis. Pois é moi sinxelo: pórtense coma as demáis nacións. Eu non vexo mayor 12
  • 13. problema en que, se se quixer a paz, se faga coma se fixo sempre, a saber: proponse un alto o fogo e fálase de establecer condicións de paz. E vostede, Dr. Ghaleb, que é avezado home de negocios, ben coñece que en toda negociación establécese un razoable marxe de maniobra, e que tódalas partes perden algo en troco de que todas, en conxunto, gañen máis do que tiñan antes de comezar a deseñalo trato.3) Vostede seica non quere –eu tampouco- seguir sendo nova de violencia e traxedia, e que se constrúa na Palestina un Estado democrático crible. Pois ben, deixen de practicala brutalidade terrorista e de inmolar ao seu propio pobo; valeiren o encoro do odio e afastense do encono anti-israelí. ¿Queren ser cridos? Amosen seriedade e vontade pacifista en serio. A partires de aí, constrúan os seus poderes lexislativo, executivo e xudicial coma lles pete, anque, en efecto, mellor sería que fuxiran das corruptelas e os fixeran cribles. Se queren ser ceibos, séxano; o de elixir aos seus representantes, xa o fan, ¿ou é que llos elixen os sionistas?4) Busca ter relacións cos outros pobos, particularmente con Israel. Pero mire, cando fala vostede de tal cousa, paréceme un sarcasmo tan noxento que me percorre un arrepío de espanto. Se as relacións palestinas co resto do mundo han ser as que tiveron con Italia (Achile Lauro), Alemania (Vila Olímpica), e algúns outros episodios semellantes; se a única obsesión de vostedes é a de matar xudeus, mellor que non se relacionen con ninguén. Se a intención é outra, ¡arre demo, fágano! Ninguén llo impide e todos –ou case- o celebraríamos.5) Procura –eu, igual- que os palestinos teñan subministro de luz, auga e teléfono por sí mesmos. Unha solución podería ser que deixaran de mercar Kasams – ou semellantes- e, en lugar de tentar de destruir ao outro, investiran en construir o que lles fai falta. ¿Queren ter boas estradas? Semella que Israel é da mesma opinión; eu rodéi, camiño de Cisjordania, por unha autoestrada que lles construía Israel e non estaba nada mal, ¿sabe? Canto as escolas seguras, tal vez fora boa idea deixar de disparar foguetes mortáis desde as súas inmediacións. O mesmo digo verbo dos campos de xogo que reclama. Os hospitáis –e as ambulancias, engado- poden ser illas de paz e saude se se deixan de convertilos en arsenáis e santabárbaras, e en vehículos militares. E é que ocorre que tales elementos humanitarios son inviolabéis namentres que se acollan ao uso propio deles, segundo as leis internacionáis da guerra. Caso contrario, deixan de estar protexidas. En Oriente Medio, ou noutro sitio calquer. Que chegue a cumplirse o seu desexo de ter mesquitas, non o dubido. Non estou tan seguro canto a igrexas. Pero as sinagogas, ¿para qué as queren? ¿Para convertilas en retretes? ¿En cortes para o gando? Vistos os antecedentes sería bon que o clarexase. 13
  • 14. 6) O de ter policía, xa a teñen. O asunto da orde e cousa de vostedes. Non obstante, eu adhirome a tan louvable desexo. O mesmo digo verbo da democracia real e das eleccións. 7) O das seleccións deportivas sen imposibles, no eido do recoñecemento das federacións internacionáis o será cando sexan Estado. E poden selo, porque tal o desexamos tanto as partes implicadas coma os alleos, cando decidan dar os pasos razonábeis (razonábeis, Dr. Ghaleb) para que o teñan. Dos éxitos competitivos, depende de que lles nazan uns cristianos ronaldos, iniestas ou algúns gasols. Aí non podemos intervir nen eu, nen vostede, nen ninguén. Se acaso, enxeñeiros xenetistas. 8) O da moeda e dos establecementos financeiros, pois penso que, mayormente, depende (coma no resto do mundo) da sabedoría dos propios palestinos. Parece demostrado que o mellor xeito de acadar a prosperidade é co saber e aproveitando o tecido productivo que se pode ter. Neste aspecto, a imaxe dos palestinos estragando os invernadoiros en Gaza, cando a retirada israelí do territorio, non é o mellor aval precisamente. E o mesmo digo no caso das universidades. 9) Obviado esa especie de cheiro carpideiro que impregna o remate do párrafo, ámbolos dous celebramos alborozados que os palestinos queiran defendelos seus dereitos, facer fronte as súas responsabilidades e atendelos seus deberes. Pero sería moi positivo que o fixeran civilizadamente, non coma sicarios de don Vito Corleone, tal coma están a facer, poñamos por caso, co soldado Ghalit, ou cos cativos degolados recentemente, ou cos rapaces da escola rabínica algún tempiño antes. 10) Desexa vostede –mesmamente coma mín- que se lles dé axuda. Pois fagan por deixar os comportamentos crimináis; de facelo, o mundo axudararios e lles amosará respecto. Senon, nos lles quedará outra que soportar o horror das xentes civilizadas. Se me permite parafrasealo, direlle para rematar que moitos reclamamos o nosodereito a xulgar feitos. Somentes faltaría. Conclúo tomándome a liberdade de darlle un consello, se ben estou convencidode que xa o coñece: pódense, e débense, defendelos propios ideáis e a xente que nossexa próxima. Pero é de honra facelo limpamente. Botar man de medios tales que asacusacións falsas ou a verdades parciáis ten un nome moi feo: chámase difamación. Perantes de por o derradeiro punto a este escrito, e pese as nosas evidentesdiverxencias, permítame saudalo coa consideración que me merece. Manuel S. Pérez Millos. 14
  • 15. 15