• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Os Xudeus En Galicia
 

Os Xudeus En Galicia

on

  • 832 views

 

Statistics

Views

Total Views
832
Views on SlideShare
832
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
1
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Os Xudeus En Galicia Os Xudeus En Galicia Document Transcript

    • Os xudeus em Galicia Carlos Barros Universidade de Santiago de Compostela Trascrición literal da conferencia dictada en Allariz, o 6 de xuño de 2006, no ciclo de conferencias "Os xudeus e a Festa do Boi”, organizado pola Asociación Cultural Xan de Arzúa e o Concello de Allariz. -Antonio Blanco Rodríguez, presentador: Boas tardes. A Asociación Cultural Xan de Arzúa e o concello de Allariz teñen asumido o compromiso non só de organizar a Festa do Boi, senón tamén de manter a súa tradición histórica e cultural e afondar no seu coñecemento. Ás xa numerosas iniciativas que se teñen producido ata o de agora únese esta do foro Boi. Estamos no ano da memoria e dela cómpre botar man. Afondemos entón no coñecemento deste noso legado cultural e expliquemos case oitocentos anos máis tarde por qué segue correndo un boi polas rúas de Allariz. A tradición do boi de Corpus en Allariz xira arredor de tres elementos fundamentais: os cristiáns, os xudeus, e o boi no medio. O foro boi desta edición de 2006 elixiu para o seu estudio o tema dos xudeus, estando previsto aplicar este mesmo esquema, este mesmo formato en edicións vindeiras, a outros temas colaterais. Relatorios, cine, exposicións e música, terán pois como denominador común ós xudeus. Abrimos esta xornada inaugural ca intervención de Carlos Barros que disertará sobre os xudeus na Galiza. Carlos Barros é profesor titular de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela, doutor vencellado ó Consello Superior de Investigacións Científicas, coordinador da rede académica internacional Historia a Debate, autor de numerosísimas publicacións en relación con temas medievais, ca historiografía, organizador de varios congresos, eu teño suliñado aquí un pola temática que nos toca aquí hoxe sobre os “Xudeus e conversos na Historia” realizado en Ribadavia, e porén ten numerosísimos foros, sería interminable a lista, en todo o mundo, e é autor tamén de moitísimos traballos e publicacións académicas. Semellaba convinte empezar este foro cun achegamento global ó fenómeno dos xudeus en Galiza, para posteriormente, nos próximos días, ir descendendo hacia realidades máis próximas a nós como as que aquí trataremos, dos xudeus en Ribadavia, os xudeus en Ourense, ou os xudeus en Allariz. A Carlos fíxenlle o encargo específico de que fixera unha presentación global do movemento xudeu en Galicia, inda que eu estou ben convencido de que non se resistirá a falar dos xudeus en Allariz, porque me consta que ten estudiado este fenómeno, eu teño manexado documentación del sobre os xudeus en Allariz, e seguro que algo delo nos contará. Así pois, ten a palabra sen máis Carlos Barros. -Carlos Barros: Boas tardes amigas e amigos de Allariz. Primeiro agradecer a Antonio e á súa presentación, a Asociación Xan de Arzúa pola invitación, e non podo empezar a falar sen saudar previamente tamén o señor alcalde e ó delegado de cultura de Allariz. Empezo preguntándome por qué o interese sobre os xudeus na Idade Media, incluso na Idade Moderna, é maior na provincia de Ourense ca noutros lugares de Galicia, en Ribadavia, en Ourense e en Allariz principalmente. Primeiro porque hai máis documentación en cantidade, do Arquivo Municipal de Ourense afortunadamente se conservou bastante documentación, iniciada a súa publicación por Ferro Couselo e continuada por López Carreira. En Celanova, para os comezos da Idade Media hai moita documentación, a mellor probablemente de toda Galicia, pero tamén en calidade, porque en Allariz só un documento ó que faremos referencia vale un imperio para o coñecemento das relacións entre xudeus e cristianos, non só en Allariz, e non só en Galicia. E logo en Ribadavia hai unha mención cronística breve pero de enorme valor tamén para coñecer o pasado xudeu de Ribadavia e Galicia. Tamén no sur de Galicia, no que é hoxe a provincia de Ourense, foi máis temperán a presencia xudía, podemos demostralo documentalmente, que noutros lugares. No século X, nos anos novecentos e pico, a estas alturas é a última investigación que fixen aínda sen publicar, está clara unha presencia non só xudía senón tamén moura nas terras de Celanova. Logo, e ten que ver co anterior, non hai lugares de Galicia como Ribadavia e Allariz onde haxa unha tradición
    • hoxe en día tan grande sobre o pasado xudeu, que hai que remontarse a feitos de séculos atrás: a festa da Historia en Ribadavia e a festa do Boi en Allariz, que teñen un sentido distinto, incluso podría parecer contradictorio, complementario, diría eu. Pero claro, as tradicións orais e escritas, porque se van alternando, como neste caso que dura tantos séculos, son plurais naturalmente. Eu creo que a razón dese maior interese pola presencia xudía no sur de Galicia, na provincia de Ourense, é consecuencia (cheguei á convicción logo de darlle moitas voltas), de que o sur de Galicia estivo non vintecinco anos como dicimos normalmente, a historiografía tradicional di baixo dominio islámico, nos diríamos vivindo dentro de Al-Ándalus, senón que estivo cento cincuenta anos, o cal é unha influencia grande de tipo cultural, de tipo demográfico, de tipo político, que normalmente pasa desapercibida. Entre o ano 865 e o ano 920, o que a historiografía oficial española chama a Reconquista, medrou nunhas décadas rapidamente cara o sur primeiro, a toma de Ourense chegaron ó Miño, logo chegaron ó río Limia ca toma de Viana do Castelo, e nunha segunda fase xa a principios do século X, chegaron as tropas, que segundo a terminoloxía actual denominaríamos cruzadas, ata o río Douro, é dicir Porto, e ata o río Mondego, é dicir Coimbra. E de pronto todo este territorio que está por riba e por debaixo do río Limia, que é un territorio enorme e relativamente despoboado, forma parte do reino de Galicia, que á súa vez controlaba ou estaba dentro do reino de Asturias. ¿Qué quere dicir eso? Quere dicir que houbo que integrar unha civilización que non só era islámica, senón que era extremadamente tolerante co mundo xudeu e co mundo cristiano, que se chama mozárabe, ós cristianos que vivían en Al-Ándalus. Realmente as tres culturas, das que presumimos na Idade Media española, teñen a súa orixe na Escola de Traductores de Toledo no mundo islámico, en Al-Ándalus, na España islámica que durou oito séculos como ben sabemos. Prodúcese certo choque entre unha tradición visigótica bastante persecutoria incluso respecto dos xudeus no que iba sendo o reino de Asturias, que quería reproducir esa tradición do reino visigodo, que fora destruido pola ocupación islámica do ano 711. Entón dende un estado visigodo onde existía certa persecución non demasiado efectiva cara os xudeus a estas tres culturas de Al-Ándalus, hai un contraste tan grande que eso realmente empeza a darnos unha pista de qué pasa cos xudeus e cos mouros de Ourense para abaixo, entre Ourense e C oimbra, entre o século IX e o século X. Don Claudio Sánchez Albornoz di que probablemente os xudeus na Alta Idade Media chegan a Galicia cós mozárabes, é dicir, ó crearse ese núcleo de resistencia ó Islam no norte de Galicia e en Asturias, atrae efectivamente a cristiáns que vivían en Al-Ándalus e que chamamos mozárabes. E eso é certo dende logo se falamos do clero: o primeiro bispo de Ourense no século IX logo de ser recuperado para a monarquía cristián na cidade de Ourense é Sebastián Mozárabe. Pero non está claramente documentado que esa inmigración de xudeus acompañando a mozárabes que veñan do sur islámico se dera en Galicia. Na miña opinión simplemente ficaron onde estaban, é dicir, Hermenexildo Gutiérrez e a nobleza galega, ou galego- portuguesa se queredes daquel entón, chegaron ata Coimbra, e boa parte dos xudeus e dos mouros que estaban alí quedaron no que por aquel entón era Galicia, o cal nos costa moito traballo entender, porque estudiamos para o século IX, X e incluso XI antes da formación de Portugal, o nordeste diferenciando Galicia de Portugal, ainda que non existía tal diferencia. O rei García de Galicia no século XI, que foi un reinado breve, pero foi un reinado propio, chegaban os seus dominios ata Coimbra, ata o río Mondego. Por eso non nos debe extrañar na excelente documentación dos séculos X-XI do mosteiro de Celanova, dende o momento da súa fundación por San Rosendo, que nos atopemos no ano 942 nos arrabaldos de Coimbra viticultores xudeus que pertencían ó mosteiro. Esto o destaco como un dato para que se vexa a situación creada. De pronto a familia de San Rosendo á hora de crear ese enorme señorío que foi o mosteiro de Celanova, resulta que non só se atopa na documentación nomes de xudeus e musulmáns, senón que a estes señores non lles quedaba outro remedio que seguir aplicando os criterios de tolerancia que se daban nestas terras cando pertencían a Al-Ándalus. Polo tanto eu creo que os xudeus e os musulmáns quedaron nas terras nas que estaban cando eran gobernados polo estado musulmán simplemente. E eso se demostra ca onomástica dos séculos X e XI do tombo de Celanova, onde se rexistran multitude de nomes do Antigo Testamento e de nomes musulmáns cunha frecuencia suficiente xunto con outros datos que temos para saber que ahí existían desorganizadas unhas comunidades islámicas e unhas comunidades xudías. É moi sorprendente a diferencia de cómo sucede na documentación de Sobrado nestes mesmos séculos, xa máis ben cara o século XI, onde aparecen por exemplo mouros que se bautizan e cambian a nomes cristiáns aparecendo os dous nomes na documentación, pero sen embargo nos sorprende que tivera servos e servas o propio San Rosendo ós que lle deixaba o nome árabe, e nalgún caso con toda evidencia o exercicio da súa relixión, o que tratándose dun dos principais centros de re-cristianización nunha etapa tan temprana no sur de Galicia, é significativo. Polo tanto, conclúo esta parte porque é a primeira vez que a expoño públicamente, pero decisiva para entender que iso de que a tolerancia é un rasgo significativo para entender as relación xudeus-cristiáns-mouros en Galicia; mouros nos anos que detectamos a súa presencia, o cal se dá tan só nos primeiros séculos. Cando avanzan cara o sur os nobres que tratan de recuperar o estado islámico, se fala moito de que
    • repoboan espacios con pouco poboamento, pero se fala moi pouco de que ese poboamento é musulmán e xudeu, e ainda que non moi grande, é moi importante para o que estamos a tratar e para entender as orixes étnicas e relixiosas de Galicia. Polo tanto, a Galicia das tres culturas, pódese dicir que nace na Limia medieval. A Limia é o que rodea a rexión natural de Xinzo de Limia, e a eso Cid Rumbao e Pepe Puga lle chaman a Limia de Antela, pero a Limia medieval chegaba ata Maceda. Cid Rumbao dicía (por patriotismo) que a Limia era casi todo Ourense menos a conca do Ribeiro, do Sil e do Bibei. Pero para saber do que estamos a falar hai que sumar á actual Limia, a Limia na zona de Celanova, Allariz, Maceda, realmente Celanova quitando Allariz que era terra do rei, e logo naturalmente como sempre, eu non me quero esquecer de que faltaba a Limia portuguesa, ou sexa a parte de Viana do Castelo, xa que temos ese defecto historiográfico de proxectar cara o pasado unhas divisións políticas e administrativas que son moi posteriores. Pero neste caso tamén son posteriores, porque incluso cando se forma o condado portucalense, que era unha xurisdicción do reino de Galicia nestes anos, no século X e no XI, no século XII se transforma en reino independiente. Pero incluso malia a separación política no século XII, se forma o galego ás dúas beiras do Miño, polo tanto as relacións tiñan que ser enormemente estreitas, e ese galego ata fins do século XV será unha única lengua, o galego-portugués que estudian os meus colegas na facultade de filoloxía. Este é un dos feitos da historia medieval de Galicia máis extraordinarios, que separaba a Galicia bracarense da Galicia lucense, quedando o reino de Galicia restrinxido en termos políticos ata o río Miño, é absolutamente sorprendente que a sociedade civil, inda que viña de atrás, creara unha lingua romance que se transforma prácticamente en única lingua oficial. Este é o único período da historia de Galicia onde houbo realmente unha lingua oficial, combinando co latín naturalmente como segunda lingua, e logo xa ó final da Idade Media cunha presencia do castelán. Polo tanto, ten estas tres partes a Limia: norte, centro, é dicir, a Limia alta de Antela, e a Limia baixa de Portugal. Polo que dicía antes das circunstancias da chamada Reconquista, éste será o centro da Galicia das tres culturas que será unha característica que terán as relacións entre as tres relixións que serán ó mesmo tempo ¿? ó longo de toda a Idade Media. Ainda que xa digo que a partir do século XII a presencia musulmana desaparecerá absorbida polo mundo cristián pola vía da conversión, inda que as comunidades xudías non desaparecen senón que no período de auxe do comercio e das cidades, a partires do século XII-XIII se fan fortes e continúan ata o momento da expulsión por parte dos Reis Católicos. Polo tanto, a Limia terá un gran peso no reino de Galicia neses anos, neses séculos X e XI, e Allariz como ben sabedes é a chave do reino. Está moi claro que tiña unha relación moi especial ca monarquía, existen documentos aquí sobre os que vos tedes traballado máis. Pero ademáis, e eso pasa desapercibido para o que estamos a falar aquí, era a capital política da Limia, desta gran Limia medieval da que estamos a falar. Vese porque sendo cidade do rei, os notarios do rei firman dende o século XII ata fins da Idade Media como notarios de Allariz e da terra da Limia. E claro, nos séculos XII-XIII a vila crece e se transforma nun centro comercial, sendo entón non só o centro político senón tamén o centro comercial. Tamén participan por suposto dalgunha maneira Ribadavia e Ourense, participan desa nova economía beneficiándose naturalmente da relación con Santiago e polo tanto da súa participación no Camiño de Santiago, sen oscurecer porque é moi importante, e explica moito do que dixemos ata agora, ese centro relixioso, señorial e político que foi no centro destas tres cidades e no medio moi preto de Allariz, no que era a gran Limia medieval o mosteiro de Celanova, que foi algo máis que un mosteiro, foi o centro señorial, repoboador, e que tivo tamén unha importancia política paralela á de Allariz pola relación da familia de San Rosendo ca monarquía de León. Os xudeus seguiron o movemento xeral da Historia e pasaron do campo á cidade, e da viticultura ó comercio. E aquí outro documento do tombo de Celanova do ano 1044, constitúe o testemuño dos primeiros xudeus que están facendo comercio na Península Ibérica, e cunhas tácticas que están á vangarda do que naquel momento se facía en Europa. Me refiro a uns xudeus que comerciaban na casa dun noble, Menendo González, e son roubados por outro cabaleiro, Arias Ouduariz, e defendidos polo seu protector Menendo González, que o prendeu tras un conflicto militar, e logo chegaron a un acordo de tres anos. Eles vendían telas de importación, que máis probablemente chegaban por Ourense a través do Camiño de Santiago. Estas eran telas de luxo ademáis, supoño que os seus clientes serían os nobres e os eclesiásticos prelados da zona, que eran os que poderían comprar estas mercaderías. Este era o típico comercio que se facía en Galicia por aquel entón, se exportaba sobre todo liño e se importaban telas do resto de Europa. Pero é que aquí non é que haxa un pequeño nobre que tolera ou protexe a uns xudeus mercaderes, senón que estamos ante unha verdadeira alianza comercial, porque él debería ter as súas ganancias deses beneficios comerciales, o cal justifica o que dicía antes, que estaba nese momento a Limia moi na liña do que se comezaba a facer en toda Europa, beneficiándose neste caso do Camiño de
    • Santiago. Hai máis información sobre este nobre, Menendo González, en documentación e libros de historia medieval portuguesa que en documentación e libros de historia medieval galega, excluíndo esta documentación do tombo de Celanova. Pero claro, é que el era tan galego e portugués como San Rosendo, que naceu no que hoxe é a zona de Portugal e se instalou aquí, ó igual ca súa familia. E tiñan casa os dous a ambas beiras do río Limia, polo tanto no que na actualidade son Galicia e Portugal. O Padre Fita descubriu este documento e o publicou no ano 1893. Publicouno enteiro e di que probablemente estes comerciantes xudeus que andaban pola Limia eran de Allariz. Eu ratifico esa probabilidade, porque hai un documento, e Xosé Puga fixo referencia a él e tamén Antonio Blanco logo nese número especial adicado ós xudeus en Ourense que fixemos para a revista da deputación “Raigame” no ano 2000, que é importantísimo inda que non sei se se atopa completo nalgún lugar, podería estar nalgunha casa particular. Este é un documento de 1186 no que aparece un xudeu maior en Allariz que compra ó concello unha terra para facer o que será o primeiro camposanto xudeu de Allariz. Se temos un xudeu maior e un camposanto, polo tanto temos que concluir que existiría en Allariz unha comunidade xudía establecida cas súas institucións no século XII, e en Ribadavia non temos dato deso, e en Ourense tampouco temos datos tan antigos. Isto pode gardar relación ca capitalidade política e económica de Allariz, que puido ser un importante polo de atracción para os xudeus, que atopan no medio urbán o xeito de desenvolverse con maior plenitude. No paso polo tanto, dos xudeus viticultores ós xudeus urbanos que se adican ó comercio, temos tres vilas, Ourense, Ribadavia, e Allariz, onde se forman comunidades xudías, pequenas en número, grandes en influencia e moi interconectadas entre sí. Hai algúns datos clarísimos, algúns dos cales aparecerán aquí de fins da Idade Media sobre a interconexión entre Ourense e Allariz por exemplo. Estas comunidades funcionan, e esto está documentado en maior ou menor medida na Baixa Idade Media, e eu creo sinceiramente que eran moi representativas das relacións entre xudeus e cristiáns en toda a Galicia medieval. Allariz pola tolerancia dende o século XIII; Ribadavia polo poder económico e a capacidade de integración dos xudeus no século XIV; e Ourense porque á hora da gran conflictividade no século XV, danos máis probas da fraternización entre cristiáns e xudeus contra inimigos comúns. Polo tanto, Allariz é o paradigma da tolerancia entre cristiáns e xudeus para Galicia, e polo documento ó que faremos mención non só para Galicia. Eu cando falo de tolerancia, gústame dicir tamén “o outro admitido”, é dicir, que ti admites ó outro como é sen convertilo nin perseguilo. Penso que esa tolerancia desaparece cando as relacións, que sempre inclúen roces e insultos, pero que non supera o umbral da violencia. É dicir cando a relación entre dúas comunidades chega ó nivel da violencia normalmente o peixe grande cómese ó pequeno, e neste caso o que houbo en toda Europa foi unha matanza de xudeus, polo que non podemos falar de tolerancia senón de persecución. Pero a tolerancia non significa que unha persoa sexa filoxudea, ou que un cristián sexa filoxudeu, ou que un xudeu sexa filocristián, senón que se admiten como son. Eso quere dicir que vai haber roces, disputas e problemas. Polo tanto eu creo que é pouco o que se diga en canto á excepcionalidade desta carta de avenencia entre xudeus e cristiáns do 20 de maio de 1289 gardada no concello de Allariz, e logo publicada afortunadamente íntegramente por Amador de los Ríos na “Historia dos xudeus en España e Portugal” cara 1875. Logo tamén foi reproducida na “Historia de Allariz” de Cid Rumbao. É un documento ejemplar porque ahí aparecen presididos polos representantes do rei, o meiriño real e o notario real, naturalmente de Allariz e da Limia, ca presenza da Igrexa, concretamente o párroco de San Pedro, o cal tampouco é casual. Polo tanto aparecen alí, polo lado da mayoría cristián o concello, e polo lado da comunidade xudía o xudeu maior Isaac Ismael señor alcalde, que sería merecente como alarico de pro que tivera unha rúa nesta vila. Antonio blanco recorda como houbera xa un intento 40 anos antes no 1246, que quere dicir que isto se fora negociando con moitas idas e moitas vindas, polo menos en 50 anos, e inda logo deste documento houbo os seus máis e os seus menos. Isto foi un gran logro democrático, empregando vocabulario actual, do Allariz do século XIII, un verdadeiro pacto fundador da convivencia, onde se regulan como se fora o documento final onde conclúe unha negociación, catro apartados: o tema da relixión, o tema do reparto do espacio da cidade e da economía, o tema da xustiza, e coma sempre temas de camposantos. O tema da relixión é o máis importante naturalmente, eu creo que isto algúns xa o sabedes porque afortunadamente isto se difundiu aquí sobre todo a través da obra de Cid Rumbao, de Puga e de Antonio Blanco. Visto os roces que había, pois dicían os xudeus que cando eles facían as súas festas e procesións, viñan os cristiáns do concello a prendalos e molestalos, aproveitaban para ¿? contas de tipo legal con eles, vemos que nese senso hai un certo antixudaísmo. Pero é que os xudeus non se quedaban curtos. Eu non sei se o escriba que redacta este documento, que é cristián, carga moito as tintas, porque claro vese reflexado un anticristianismo que non sempre aparece na documentación, onde din que eles se mofan de costume cando hai festas ou procesións cristiáns. O acordo xa sabedes cal é: cando nós esteamos nas nosas festas non aparecer e viceversa. É interesante porque din exactamente os escribas cristiáns que cando “nós” saquemos ó noso deus e á súa nai Santa María, que non haxa xudeus presentes. Cando falan de sacar a deus, os cristiáns non se refiren ó Deus todopoderoso, creador, senón a Xesucristo. Este era un tema moi doloroso para os xudeus porque eles non recoñecían que Xesús fose o Mesías, nin que fose fillo de Deus. E en canto á
    • referencia á súa nai Santa María, os xudeus negan que María fóra vires, e que fóra máis que unha muller especial, senón simplemente a muller de Xosé e a nai de Xesús. Polo tanto ahí estanse a tocar os temas máis conflictivos. Acordaron pois que cada comunidade fixese as súas festas e procesións polo seu lado en zonas distintas da cidade ademáis, os xudeus por ejemplo as facían no castelo de ¿?. Non é nada extraño aquí a mentalidade das tres culturas, na España cristián está ó mesmo tempo moi implantada moi representada nas “Partidas” atopa un datos tanto antisemitas como dunha enorme tolerancia. Polas “Partidas” sábese que na cultura popular estaba moi extendido a creencia e a práctica de que cada un xuraba segundo a súa relixión, uns na igrexa, outros na mesquita, e outros na sinagoga. Non obstante na cultura popular e na cultura escrita tamén temos datos de grande intolerancia xunto con exemplos de tolerancia. Polo tanto, nese senso existía unha base para chegar a este acordo de respeto mutuo das festas relixiosas, porque é a presenza na rúa o que desata a hostilidade da outra comunidade. Canto ó reparto do espacio e as cuestións económicas acordaron que non viviran cristiáns no barrio xudeu, e que os xudeus nin viviran nin tiveran tenda no barrio cristián. Nese momento estaba xa extramuros a xudería, o que creo que despois explicará Cristina Valera, pois a xudería desplazárase dende os arredores de San Pedro que é onde estaba no século XII, e no século XIII xa estaba extramuros onde está Santa Clara. Logo, polo que se refire á xustiza, que é a clave do poder na Idade Media, o que tratan é de que se respete á comunidade xudea, a autonomía da¿?. Parece que algúns xudeus cometeran algún delito, e para que non foran prendidos polo concello cristián, o xudeu maior pon en venda unha casa para él facerse cargo dos xulgamentos na comunidade xudía, e conseguir así ese respeto que era necesario para consegui-la autonomía judicial, que normalmente funciona tamén dende o punto de vista do cobro dos impostor. Onde funciona ben a autonomía da ¿? que é como o concello xudeu, chegan a un acordo conxunto para pagar ó concello toda a comunidade un tanto por imposto, nos sitios onde funcionaba mellor, eso parece que queda resolto. E logo queda aberta a posibilidade de que as portas da vila, eles estaban extramuros, que todos pudieran utiliza-la porta da vila para pasar os seus bastimentos, que son os alimentos. Eso era unha maneira de garantir de que o comercio para os xudeus estaba garantido a través das portas da vila. É moi importante que no tema da xustiza chegaran a un acordo porque realmente os cristiáns segundo o documento molestan xenéricamente ós xudeus nas súas festas e procesións, o sabbath, o Yom Kippur… . A queixa é que consideraban inxuria que os cristiáns do concello viñeran no medio da súa festa a prendelos, polo que era moi importante resolve-lo tema da autonomía da comunidade xudía. E por último o tema do camposanto que aparece unha e outra vez. O xudeu maior se compromete a doar unha herdade no Campo da Barreira, no Campo da Festa, no Campo da Mina, que está entre San Bento e Socastelo, e no medio aparecen as Clarisas, que tres anos antes recibiran un terreo e que estaban a organizar e crear un mosteiro e precisaban un terreo para camposanto. Isaac Ismael como xudeu maior dona en herdade, iso si acordando un prezo. Preparando isto me sorprendeu algo que non tiña nin escrito antes, nin me dera conta antes: a importancia que teñen os camposantos en Allariz como proba de convivencia e tolerancia, ou todo o contrario, de desacordo, de separación ou intolerancia entre xudeus e cristiáns, porque en 1186 o concello merca ós xudeus terreos para facer o primeiro camposanto deles. En 1289 os xudeus fan ó revés, venden ás Clarisas para facer o seu camposanto non moi lonxe, xa que debía ser alí onde eles tiñan os seus terreos, onde habitaba concretamente o xudeu maior. En 1487 o párroco de San Estevo, a xona máis cercana a onde estivo a sinagoga e a xudería, cede en foro terreo para que os xudeus o emplearan como camposanto. Parece que isto é como unha moeda de cambio, como unha especie de proba de tolerancia que ten un senso económico, xa que o párroco de San Estevo cedeu en foro de herdade, nunca gratis. O fin da comunidade xudía de Allariz é en 1500 cando, este é un dato que aporta Puga e que non sei de onde o sacou e logo aparece tamén na “Historia de Allariz” de Cid Rumbao, cando se excavan, se removen no camposanto de Allariz e hai unhas tumbas que están perdidas. Cando desaparece o camposanto, desaparece a comunidade. Pero o máis interesante é saber que durante 200 anos, de fins do XIII a fins do XV, a tolerancia e o pacto fundador de convivencia funciona en Allariz entre dúas comunidades mentres por ahí fora os cristiáns mataban ós xudeus. Hai outro dato de 1294 cinco anos despois do pacto fundacional, onde se multa ó que non cumpla cos acordos, é dicir que houbo os seus tiras e afrouxas. Pero chegou indemne ata a fin, por iso eu digo que Allariz debería ser reivindicada como a terra da tolerancia, neste século XXI onde tanta falla fai predicar isto, porque en 1488 e xa nos colocamos catro anos antes do edicto de expulsión dos Reis Católicos Mosén Pérez, recadador real, unha personalidade moi importante no mundo xudeu, en relación ca monarquía e en relación co concello de Ourense, refúxiase en Allariz na Rúa Nova para non ser apartado pola lei de Toledo. Polo tanto Allariz segue sendo ata o último momento o refuxio onde se podía vivir en paz entre xudeus e cristiáns. Polo que eu penso que este foro Boi é unha boa ocasión para plantexarnos e recuperar este pasado xudeu en Allariz. Eu non sei se Allariz está na ruta das xuderías, probablemente si está, pero debería estar polo que eu estou dicindo xa que é moi importante non só para Galicia, senón para España e Europa, porque é unha rede que se ramifica como emblema do que foi o factor que distingue a Galicia medieval doutros territorios da Coroa de Castela e Aragón pola pervivencia da convivencia entre cristiáns e xudeus, salvo fenómenos de menor entidade. O único caso de violencia foi
    • en Ourense, o asalto á sinagoga polo bando dos Cadórnigas, pero isto é o tema dun bando nobiliario que era inimigo de xudeus e cristiáns, de feito, curiosamente o excomulgou o bispo de Ourense. Eu creo ademáis que o 20 de maio é un día a celebrar en Allariz. O que foi adiante como tradición foi a festa do Boi, que un grupo de xóvenes, e iso foi unha demanda popular, estaba Anxo Quintana e tamén supoño algún dos que estades aquí, tivo a idea. A min non me cabe dúbida de que esta festa ten unha orixe medieval, e creo que ten que ver máis que nada co documento de 1289, porque tivo que haber unha copia disto, porque nos dous séculos seguintes tivo que andar por tódolos lados, estivo sempre no concello. Non sei como chegou ás mans de Barros Silvelo e de Amador de los Ríos no século XIX. Polo tanto é un documento que tivo que ser moi coñecido. Está a data esa de 1317, que tería que comprobar, e que non sei se é porque no ano 1316 o Papa Xoán XXII legalizou as procesións. Eu creo en todo caso que o que ten de antixudaísmo, o de tirarlle-las formigas, o de Xan de Arzúa montando nun touro, a min todo iso paréceme máis propio do XVI, XVII e XVIII. Ese estereotipo antixudeu que se crea empeza no XVI, e é sobre todo na época da Inquisición na que se confirma, porque hai en Ribadavia estereotipos deste sitio, como a casa da Coénga onde pisoteaban hostias consagradas, outros sitios onde os xudeus comían nenos crus, estas cousas que pasaron da Inquisición ó século XIX a serlle aplicadas ós liberais, e no século XX a todos os que molestaban ó poder establecido. A min o que se me ocorre é o seguinte, eu non sei como o tedes organizado, pero en vez de tirarlle formigas que se lle tire flores ou uvas pasas, pero inda así que se lle deixe a eles insultar, claro sen molestar ós poderes establecidos, ós cristiáns e ó final que acabe todo con agarimos, apertas. Polo que se refire a Ribadavia, eu creo que é o paradigma do poder xudeu nunha pequena vila medieval en Galicia, e tamén da súa capacidade de integración en termos económicos, políticos e civís. En 1386 o Duque de Lancaster toma Ribadavia, no que é unha prolongación da guerra entre Enrique II Trastámara e Pedro I de Portugal pola Coroa de Castela, e a nobreza e as cidades galegas estaban divididas entre ambos bandos, sendo ó final o vencedor Enrique II. Pedro I morreu nun duelo con Enrique II, e logo o Duque de Lancaster casou ca súa filla e voltou anos despois no 1386 a recuperar Galicia porque era lexitimista, partidaria de Pedro I, e tratar de recupera-la Coroa de Castela. Unha crónica contemporánea de Jean Froissart di que cando os ingleses, que ademáis viñan con arcos que aquí non se usaban e con outros artiluxios como torres con rodas, entraron en Ribadavia ese día mataron uns e outros entre os xudeus que había de abondo máis de quince centos. Así foi a vila de Ribadavia gañada á forza, e tiñeron os que alí entraron grande botín de ouro e prata nas casas dos xudeus en especial. Quince centos son 1500, e relativamente a vila podía ter contando nenos, vellos e todos catrocentos-cincocentos habitantes extrapolando os datos que temos para o XV, e iso é ser optimista. Temos datos das poboacións de Ourense, Ribadavia e Allariz traballados por Anselmo López Carreira, e máis ou menos o que teño eu calculado para Ourense e Ribadavia é moi parecido, como unha ducia de familia. En Ribadavia esto é moi claro porque o barrio xudeu se reducía a unha rúa Merelles Caula, a antiga Praza Maior da Ribadavia medieval que é a Praza da Magdalena. E alí se miras as portas xa non queda ningunha casa daquela época como aquí. E nos sale un número de 50-60 xudeus para Ribadavia, o que penso que tamén é válido para Ourense, e non hai datos de Allariz inda que non penso que sexa moi distinto. Trátase dun dez por cen da poboación, que basa a súa influencia non tanto no número senón na súa singularidade religiosa, ética e incluso económica. Ese botín de ouro e prata en Ribadavia fala de que había xudeus ben ricos en Ribadavia, tamén o xudeu maior do documento de 1289 en Allariz, pero con todo non vos creades que tódolos xudeus eran así de ricos. Nese sentido as sociedades xudías eran tan desiguais como as sociedades cristiáns e as sociedades históricas. De tódalas maneiras, aquí temos no caso de Ribadavia que xudeus e cristiáns teñen o mesmo destino e son obxecto da violencia dos ocupantes no mesmo grao, e incluso diría que os xudeus en maior grao. Probablemente Meruéndano que é para Ribadavia o que para vós é Cid Rumbao no tema xudeu e Pepe Puga, fala de que participaron na defensa, o que sería moi probable, porque xustificaría a represión que probablemente non é soamente económica, senón tamén dos habitantes cando atopan resistencia que tamén lle debeu producir baixas ós ingleses, vingándose nos derrotados. Así como a tradición medieval de Allariz parte na miña opinión do documento de 1289, eu creo que con todo, a tradición medieval de Ribadavia é posterior, pois parte do proceso inquisitorial de 1606 que é terrible, porque unha gran parte do concello, das forzas vivas da cidade, xente de tódalas clases sociais son procesados, hai penas de morte, hai torturas. A inquisición é un proceso recén instalado en Galicia, é un proceso moi duro, moi represivo, me parece que ó final non se cumpriu ningunha das penas de morte. Tamén porque tiñan diñeiro e compraron, os inquisidores eran uns tipos moi corruptos e por diñeiro perdoaban as vidas e reducían as condenas a cadea tamén, máis con todo duraron pouco. Un deles presidía ca súa querida o tribunal en Santiago, e a outro tiñan que apartárlle-las nenas pequenas no cárcere da Inquisición que estaba en Santiago, porque era o que diríamos hoxe un acosador. Isto foi un pouco como una victoria moral dos procesados en Ribadavia.
    • En Ribadavia hai a festa da Historia que era a festa da Virxe do Portal, que nalgún momento no XIX, por eso que é unha historia moi diferente da tradición da feira do Boi, non sei ata onde está estudiada completamente. Eu coñezo documentos do XVII, XVIII e XIX. En Ribadavia hai un momento que se produce un cambio no XIX, creo que porque o concello liberal sinxelamente lle dá a esa manifestación o ton de reivindicación do pasado xudeu. E se produce un episodio que é unha especie de obra de teatro en público, onde representan un feito bíblico de cando o rei David chora a morte de Saúl que é claramente reivindicativo do pasado xudeu, o que era propio do sector liberal, pois isto amolaba moito ós poderes establecidos, sobre todo a unha Igrexa tremendamente conservadora. En 1989 só mozos de Ribadavia da agrupación Abrente, que era o relevo xeneracional, democrático en Ribadavia, esa asociación se fundou en 1969, e que eu tiven o gusto de coñecer e colaborar con ela naquel entón, en 1989 recuperaron a festa da Historia por primeira vez ata o día de hoxe que é unha festa medieval. Ourense eu coido que é o paradigma da irmandade xudeo-cristián pola época en que nos aporta uns datos tamén moi significativos para o sur de Galicia, para toda Galicia. Eu digo paradigma da irmandade xudeo-cristián nunha época de grande conflictividade social. En Allariz a convivencia estaba baseada no respeto mutuo. En Ribadavia un século despois vemos como xudeus e cristiáns comparten un destino común de víctimas ante unha ocupación, e logo xa no momento da Revolta Irmandiña, inda que viña de antes, xudeus e cristiáns comparten a mesma loita, é dicir, a loita contra os señores das fortalezas. É moi interesante ver cómo termina esta historia da tolerancia xudeo-cristián en Galicia no momento da gran crise do feudalismo, e no noso caso no momento da Revolta Irmandiña, porque se entende que habendo tanta polarización social en Galicia a fins da Idade Media, eso impide que os xudeos fagan de chivos expiatorios da presión social, que era un manexo que se trouxo sempre a nobreza, xa que era unha maneira de dividir ás clases populares. E hai un antisemitismo popular que en Galicia tamén hai algo por ahí ó longo de todo o período medieval, pero que non trascendeu nunca o umbral da violencia, porque tiña un inimigo común, e ó final da Idade Media ese inimigo común eran os señores das fortalezas, e sobre todo as pedras que é onde se proxecta toda a violencia irmandiña sobre todo en 1467, non deixar pedra sobre pedra porque consideraban niños de malfeitores as torres, os castelos e as casas; torres de tódolos señores de Galicia. E iso explica que aquí nunca houbera masacres de xudeus, nin siquera no XV que é cando puido “estar de moda” nas coroas de Castela e Aragón. O 25 de abril de 1467 a Santa Hermandad de Ourense lanza un pregón insurreccional dicindo que leigos e clérigos xudeus e mouros fosen derriba-lo Castelo Ramiro. É o primeiro castelo que temos noticia que fora derrocado polos irmandiños, e polo tanto o 25 de abril é o día que ofrece mellores garantías para o día que queiramos celebra-la Galicia irmandiña. Como eso é un acta notarial pedida por un coengo da Catedral de Santiago que pon unha vela a deus e outra ó diaño, e él dicía que estaba obrigado a ir a derrocar este castelo, pero deixaba acta notarial de que iba por forza, o cal demostra que os coengos foron derroca-lo castelo. Polo tanto a min me extraña moito que os convocados, leigos, clérigos, mouros e xudeus non foran tamén. Entón empezamos cunha Galicia das tres culturas que nace na Limia, unha irmandade das tres culturas que se manifesta en forma de revolta baixo o nome xenérico de Santa Irmandade. Pero claro, ese é o ecumenismo da Igrexa medieval. Se incluso no Códice Calixtino se vanaglorian os seus autores de que a prestar devoción ó apóstolo Santiago viñan incluso xudeus e xente de moitas outras relixións, e ahí está o paso final. É dicir, primeiro se tolera, logo son víctimas dos propios ocupantes, dos mismos danos e agravios que lle facían ós señores das fortalezas, e logo se revolven xuntos contra ese poder opresivo con bastante éxito. É bonito isto de que aparezan xudeus e mouros porque nos devolve á unidade da Galicia das tres culturas, á unidade de cando aparecen nomes musulmáns e nomes hebreos na documentación do século X en Celanova, pero que tamén é probable que houbera algúns mouros, sobre todo criados nalgunhas casas. O que si había seguro eran xudeus. Hoxe sabemos polos padróns que publicou Anselmo o nome de case todos eles. Canto ó resto de Galicia, este fenómeno de tolerancia, integración e irmandade entre xudeus e cristiáns que se deu ó norte e ó sur do río Limia, é moi representativo do que ocorreu no resto de Galicia. E eu para rematar falo de algo do que aquí non temos datos, nin en Ourense, nin Allariz, nin Ribadavia., e é o esplendor cultural que supuxo esta presenza xudía para a Galicia medieval. O mellor exemplo é a Biblia hebrea da Coruña de 1476. Na Coruña saben do inicio da presenza xudía en Galicia no X-XI, polo que hai unha evolución dun século ou dous. Están no Museo Arqueológico Nacional unhas lápidas do camposanto xudeu da Coruña, que estaba onde está a Praza da Palloza, no centro urbán, no burgo do Faro, e a cidade medieval se fixo onde está a zona vella, na cima do porto. Nese burgo aparecen tres lápidas en hebreo, e unha delas traducido pon: “Dona Seti, muller de Don Isaac o Carol descanse no Edén”. Isto é moi interesante, xa que significa unha honra, un estatus, e certo nivel da persoa enterrada. Seti é o femenino de Sidi, que é Cidi en castelán, e Cid en masculino. A palabra esta é un exemplo máis do trasvase cultural que había entre xudeus, cristiáns e mouros, na Españ medieval, e non digamos na España islámica. A lápida tamén di que era muller de Don Isaac o Carol. O Carol é pola toponimia
    • probablemente un lugar entre Santiago e A Coruña no Oroso. Polo tanto unha orixe rural como pasou aquí para a formación das comunidades xudías de Ourense, Allariz e Ribadavia, que teñen unha boa parte de orixe rural. Polo tanto hai na Coruña unha comunidade urbán non moi numerosa pero relativamente interesante nos séculos XII eXIII. A novedade aquí é que nos século XIV e XV aparecen xudeus na Coruña posuidores de Torahs moi valiosas ilustradas a man xa daquel entón, o cal fala dun nivel económico, cultural e religioso relamente importante. Non é que non as houbera nas outras vilas, onde houbo coma no caso do sur de Galicia comunidades xudías florecentes. O que pasa é que de aquí sacamos un dato e de alá sacamos outro. En principio non hai dúbida da importancia do comercio marítimo na Coruña a fins da Idade Media, pero tamén Ribadavia, Ourense e Allariz non tiñan por qué ir detrás nese aspecto. O propietario desa Biblia hebrea é un tal Isaac, rapaz novo, fillo de Salomón de Braga, referíndose Braga á súa orixe. De novo esa relación entre a Galicia lucense e a bracarense que non se perde ó longo da Idade Media. Nese momento hai que falar dun reino menguante de Galicia, pero que aínda chegaba ata o Bierzo e a parte occidental de Asturias, mal que lle pese a moitos porque todavía se fala galego alí, e eso si que sabemos que a Galicia medieval ata o último momento tiña como porta de entrada o Bierzo, pois nunha crónica dos Reis Católicos aparece Fernando chegando ó Bierzo e dicindo que chegou a Galicia. Por tanto, a relación con Portugal é sempre moi grande. Esta familia xudea de Isaac era unha familia moi potente económicamente pois custaba moito facer unha Biblia dese estilo. E ademáis este acontecemento é moi probable que responda a ese tráfico comercial entre as familias xudías galegas e portuguesas, que perdura ó longo dos séculos XVI, XVII e XVIII, porque de feito a Inquisición cando se poñen as cousas moi mal en Portugal, colle, inculpa e castiga a bastantes xudeus portugueses, que algúns deles foran de Galicia para Portugal e logo volven na Idade Moderna para Galicia. Isaac encarga ó grande calígrafo Moisés Ibn Zabara, un santo rabino segundo os seus contemporáneos, e isto está extraído doutro documento, para que viva a súa familia case un ano, dez meses na Coruña, escribindo cada día dous folios. E fixo en dez meses 992 páxinas en hebreo (…) . COLOQUIO -Moderador: ¿Algunha pregunta? -Pregunta: ¿Cómo é posible nestes tempos identificar ós herdeiros destes xudeus? ¿polo apelido, por algún dato? -Resposta: Ese é un tema que me interesa moito e que xa xurdiu en Ribadavia porque eu fixen a investigación e os textos para a exposición que fixen antes alí, e xa no ano 1991 fixemos un congreso moi importante sobre os xudeus e conversos, e ahí xurdiu o mesmo problema. Porque qué dúbida cabe que sodes descendentes algún de vós da comunidade xudía medieval, porque para o conxunto de Galicia está claro de que non foron ó exilio máis que algúns, sobre todo os que podían ter máis medios económicos (hai algún dato da Coruña que marchaban con ouro e prata nunha nao para o exilio). Pero eu creo que a inmensa mayoría ficaron aquí ca complicidade dos veciños convertidos naturalmente pola boca pequena ó cristianismo. E logo resistindo non soamente os conversos senón ó concello, á Igrexa, ós representantes reais de aquí, á Audiencia, resistiron a presenza da Inquisición moito tempo porque ésta está a funcionar en Cataluña xa a fins do XV, e a Galicia non chega ata 1567, cen anos. E nese século XVI as comunidades que chamamos de xudeoconversos, dos xudeus clandestinos, viviron sen que ninguén os molestara e coa convivencia e complicidade dos seus veciños. Polo proceso de Ribadavia sábese moi ben mandando á xente nova a estudiar a sinagogas doutros lugares de Europa. A Inquisición pese a iso, fixo moito dano e enviou a moitos xudeus e conversos ó exilio, pero a inmensa maioría están aquí. E iso ¿cómo se pode investigar? Pois só naqueles lugares, é o caso de Ribadavia ( eu non coñezo a actuación da Inquisición en Allariz), onde hai lista de inculpados pola Inquisición, porque só con isto temos uns nomes. Na exposición de Ribadavia eu puxen tódolos nomes dos que pasaron polas mans dos inquisidores, que ademáis fora un caso duro pois non se apiadaron de ninguén, ata co boticario, que era o que actuaba como rabino na clandestinidade. Cando se teñen uns nomes, logo ca axuda dos rexistros parroquiais, municipais e provinciais podemos seguir a pista ata hoxe. Porque fora deso, se é polos apelidos non vamos a averiguar as nosas orixes, porque o xudeu que se convertía poñía con frecuencia inda que non sempre un apelido común, sobre todo conforme a Inquisición vai facendo o seu traballo. O que sí se sabe é que hai liñaxes, apelidos de xudaizantes, os Corronel, etc., prque son familias que eran influentes e se confiaron na clandestinidade, e son apelidos que sabemos que son de familias de conversos, polo tanto de orixe xudío e practicantes xudíos clandestinos. Pero en xeral un García, é dicir, se ides a Ribadavia e vedes a lista son apelidos como García, Pereira, etc, dos que difícilmente se pode deducir a xudaidade, e a única maneira é seguindo unha continuidade documental.
    • -Moderador: Pero en Allariz iso vai ser bastante máis complicado se non posible por dous motivos: porque no século XVII un párroco de San Estevo chamado Juan Antonio, e non lembro o apelido, non se lle ocorreu nada mellor que prenderlle lume ó arquivo da Igrexa xustamente para acabar co conflicto de cristiáns novos e cristiáns vellos que debían ter aburrido ó pobre home. E en segundo lugar, porque como xa é sabido, o concello municipal ardeu nos comezos da Guerra Civil e polo tanto quedámonos sen arquitos civís, nen religiosos, sobre todo da parroquia que máis podería aportar neste caso que sería a parroquia máis próxima ó Socastelo, o último asentamento xudeu, e que desapareceu. -Carlos Barros: Pero a maior parte da documentación da Inquisición está no Arquivo Histórico Nacional. É dicir que a documentación da Suprema, porque clara a Inquisición se centralizaba en Santiago e aparte de que en Santiago poida haber documentación, sobre todo os especialistas neste tema traballan ca documentación do AHN. De feito a documentación dos procesos de Ribadavia do 1606 e 1609 e os autos de fe que se fixeron na Praza da Quintana que afectaban a ribadavienses, sacouse do AHN. Os datos locais son importantes para seguirlle-la pista ás personas, e esa é a única posibilidade que existe agora. O que é seguro é que algún de vós vides de estirpe xudía e iso pasa naqueles lugares onde houbo comunidades xudías florecentes. Logo houbo tamén comunidades xudaizantes florecentes porque estas comunidades xudaizantes foron máis importantes numéricamente que as propias comunidades xudías medievais. Porque o número de xente que prenderon cando o proceso de Ribadavia do 1606, foron uns corenta, e non prendían a toda a familia, o que quere dicir que na época do XVI-XVII fundamentalmente no XVI, mentres a Inquisición non comezou a actuar, eu creo que as comunidades xudaizantes foron máis importantes numéricamente nalgúns lugares, que ademáis se beneficiaban da cercanía con Portugal. Esto está casi todo por estudiar, tanto o tema da Inquisición como o dos galegos xudeus exiliados en Europa, porque claro o que vai ó primeiro exilio de 1492, e logo os poucos que marchan perseguidos pola Inquisición qué falan cando están en Salónica, en Ámsterdam. E ¿qué van falar? Pois galego. E os sefardíes falan castelán. Ese é un punto de vista de evolución da lingua curioso, cómo o castelán foi absorbendo ó resto das linguas peninsulares. Claro que o sefardí é un castelán que eu a veces non sei se se parece máis ó castelán ou ó galego polos seus arcaísmos. Eu creo que nese sentido non só na parte da Inquisición senón tamén na parte medieval está todo aínda moi por estudiar esta temática xudea e conversa. Porque ata o de agora esto que ten unha pequena bibliografía inda que sustanciosa, foi preocupación de eruditos locais, que facían unha pesquisa benintencionada, é máis ben unha historia local. Pero como nunca suscitou o interese académico, está moitas veces nun terreo de ninguén, e eso noteino agora, cando repasei todo o publicado sobre a historia de Allariz, especialmente o de Cid Rumbao e Puga, no sentido de que non hai unha coalición documental sobre todo neste caso para a época medieval en Allariz, con tódolos documentos que hai nos arquitos ou en casas particulares sobre a historia, porque a partires deso se poden saber moitos máis datos e responder a moitas máis preguntas. Pero o que pasa e que os temas locais non son atractivos para unha tese de doutoramento, e quedan ahí en terreo de ninguén, e isto é unha pena porque é o eslabón principal para a divulgación da Historia. Eu propoñería que se puxeran tódolos medios para buscar en tódolos arquivos dentro e fóra de Galicia toda a documentación existente sobre Allariz para saber moito máis do que nos aportaron os eruditos fundadores da historia de Allariz, ou algún colega como Amador de los Ríos ó que casualmente lle interesou ese documento de 1289 e publicou nun apéndice. Isto é unha tarefa na miña opinión previa, e unha inversión de futuro, porque a falla de documentación municipal é un lugar común en toda Galicia. Así pois eu creo que o primeiro que hai que facer é unha grande colección documental sobre o Allariz medieval. E por exemplo, en Ribadavia hai menos posibilidades de facer esta colección que en Allariz a pesares da falla da documentación municipal e relixiosa, non só pola especial relación desta última ca monarquía, senón porque Cid Rumbao hai dous séculos o fixo dalgunha maneira, e isto se pode comprobar na bibliografía do seu traballo. -Moderador: Estase traballando agora na reedición da obra de Cid Rumbao, que entre outras cousas vai ter unhas aportacións de historiografía nova, e está xente da universidade traballando nelo. -Pregunta: Falabades antes do aspecto económico, dos xudeus traballando na viticultura e eu quería preguntar se no comercio tense ¿? Moito a tradición da súa relación cos curtidos. ¿Hai algún dato sobre isto e posibilidades de actividade comercial? -Resposta (Carlos Barros): Eu non coñezo pero penso que habería que preguntarlle a Anselmo, porque en Ourense, Ribadavia e Allariz datos disto non hai. Pero no caso de Ourense como é onde hai máis datos de gremios, e de nomes de xudeus, podería responder probablemente se hai algo nese gremio. Ourense é
    • a cidade de Galicia de onde se coñecen máis nomes, e ademáis relacionados con profesións, ainda que a min me parece que as profesións habituais dos xudeus na meirande parte de Europa eran as que se corresponden cas que atopamos en Galicia que son recadadores, mercaderes, orfebrería, físicos (médicos). -Moderador: Pero tamén no coiro -Carlos Barros: Eu ese dato non o coñezo. -Moderador: Eu teño aventurado a hipótese de que poideran chegar a través de Portugal por algunhas analoxías que se teñen atopado con sistemas de curtición portugueses, e hai un dato que pode refrendar isto. Hai un documento do convento de principios do XIV, os xudeus aquí non debían de levar moito máis tempo, pois aparecerían moi a fins do XII ou xa no XIII, no que xa se curtía en Allariz. As monxas cédenlle ós seus pastores o dereito a coller as cortezas das árbores “con los que adobaren los sus calzados”. Evidentemente isto quere dicir que xa se curtía, e tamén pola relación que existía entre o convento e a comunidade xudía que estaba moi preto do convento, e co que sabemos que esta comunidade tivo relacións comerciais. Esto é unha hipótese que evidentemente precisaría unha confirmación máis científica. -Carlos Barros: O problema é que cando eu digo probable, mídome moitísimo, porque sempre ten que haber un segundo dato. Hai certos temas que están rodeados dunha certa aureola de interese. E o tema dos xudeus é un belén. Entón cando un quere empregar o método normal que empregamos nós cando traballamos, dedicas moito tempo a separar o gran da palla, e eu sei de colegas que non o queren facer. E isto leva moito tempo porque hai cousas que non se sabe de onde veñen, e ademáis terías que remontarte moi atrás para saber quen o introduciu unha vez. Si queremos facer unha historia que teña unha base documentada, sin facerlle ascos ás tradicións porque as tradicións crean historia, pero sen confundilos, porque a tradición debe ser obxecto de estudio e reivindicado como parte da nosa historia. Pero ó mesmo tempo se estamos a falar de sacar conclusións de datos concretos, ahí eu creo que hai que pedir unha segunda opinión, e as hipóteses non son válidas senón imprescindibles, pero ten que haber algo que o xustifique. Aparte xa vistes pola miña exposición que me interesa máis a aportación de todo esto á Historia de Galicia, porque os nosos devanceiros, os que fundaron o galeguismo e se interesaron pola Historia de Galicia, sempre dixeron que Galicia tiña unha tradición tolerante. Sempre se lle adxudicou ó esteriotipo do galego esto da tradición tolerante, ainda que tamén pola banda dos non galegos se fixo un estereotipo negativo. E da gusto confirmalo, que esas bases tolerantes no terreo máis duro de ter que convivir xente moi distinta de relixión e de crenza e de cultura, e incluso antropológicamente, da gusto que na época medieval pasaran os séculos e que aquí non houbera ningunha masacre cando iso foi un elemento común da Historia Peninsular. O caso portugués habería que velo, e dende logo toda a historia europea