BIVIR
              Biblioteca virtual
     de literatura universal en galego
            http://www.bivir.com




HISTORI...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com



Índice

INTRODUCIÓN

Capítulo I - OS XUDEUS DE EUROPA: ENT...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com



        4. E Alemaña?-
II.- Os intentos de salvamento
    ...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




                                             INTRODUCIÓN
...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




guerra contra a URSS (Unión de repúblicas socialistas sov...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




                                                   Capítu...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




       A industrialización e a urbanización rápida da Eur...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




entre os homes resulta ser unha quimera. O xudeu non ten ...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




       A heteroxeneidade das condicións xudías en Europa ...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




       Pero esta minoría cultural e relixiosa, socialment...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




      III.- Xudeus e Alemáns: Simbiose mítica e verdadeir...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




      Deste xeito o antisemitismo é parte interesada tant...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




                                                  Capítul...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




no nacionalismo exacerbado e no antisemitismo, explotando...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




orixinalidade, marcado pola guerra e a desfeita de 1918. ...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




       A nazificación de Alemaña pasa por unha purga en c...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




         II.- A exclusión: 1933-1939

       Para o nacio...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




abandono case total dos xudeus á súa sorte, Hitler conclú...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




No mes de novembro, tiveran que pechar as tendas que trab...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




      III.- O abandono: dende a conferencia de Evián á “N...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




refuxiados xudeus procedentes de Alemaña e como non atopa...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




       Dende a noite do nove de novembro ao serán do día ...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




        Despois das primeiras persecucións emigran trinta...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




                                                  Capítul...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




persoas42. O proceso de destrución progresiva experiménta...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




“problema xudeu”, polo menos dende o punto de vista numér...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




para el, a invasión da Unión Soviética. Pero a “cuestión ...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




       1. Lodz e Varsovia.- O gueto de Lodz é un barrio i...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




       Antes da guerra vivían en Varsovia trescentos nove...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




pode evitar a seguinte, que sempre semella aínda peor. Un...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




xudeus e a comisarios políticos da Unión Soviética52. For...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




identifiquen entre os prisioneiros de guerra soviéticos a...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




divididos en tres grupos duns doce homes. Todos os xudeus...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




represalia, como consecuencia da miña negativa a formar p...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




non está preparado de todo, estima Himmler cando visita62...
Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com




       Quizais sexa sobre finais do mes de setembro de 19...
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Historia Da Shoah
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Historia Da Shoah

1,939 views

Published on

Historia da Shoah de Georges Bensoussan

0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
1,939
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
99
Actions
Shares
0
Downloads
19
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Historia Da Shoah

  1. 1. BIVIR Biblioteca virtual de literatura universal en galego http://www.bivir.com HISTORIA DA SHOAH Georges Bensoussan Tradución ó galego: Xoán Garrido Vilariño Título orixinal: Histoire de la Shoah © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 © da tradución, Xoán Manuel Garrido Vilariño, 2005 © Presses Universitaires de France, 1996
  2. 2. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com Índice INTRODUCIÓN Capítulo I - OS XUDEUS DE EUROPA: ENTRE O REXEITAMENTO E A INTEGRACIÓN I.- Elementos sobranceiros da exclusión II.- Os xudeus de Europa no período de entreguerras III.- Xudeus e Alemáns: Simbiose mítica e verdadeiro rexeitamento Capítulo II - ALEMAÑA 1933-1939: A EXCLUSIÓN LEGAL I.- A Alemaña nazi: unha nación avasalada II.- A exclusión: 1933-1939 A exclusión política: as Leis de Nuremberg, 1935.- III.- O abandono: dende conferencia de Evián á “Noite de Cristal” 1. A Conferencia de Evián: xullo de 1938.- 2. A “Noite de Cristal” en Alemaña e en Austria Capítulo III - POLÍTICA CAÓTICA: 1939-1941 I.- As vacilacións 1. O acoramento programado no Reich e en Polonia 2. Emigración e arredamento. II.- Traslados e confinamentos: A morte programada do gueto 1. Lodz e Varsovia.- 2. Os Consellos Xudeus.- III.- A viraxe do verán de 1941: A primeira fase do xenocidio 1. A creación dos Einsatzgruppen.- 2. Os “Operativos de matanza móbiles” IV.- A decisión do xenocidio ? V.- O modelo do asasinato masivo : A “Aktion T4” Capítulo IV - A “SOLUCIÓN FINAL” I.- Un asasinato masivo programado 1. Organizar: a “Conferencia” de Wannsee (Berlín), 20 de xaneiro de 1942.- 2. Planificar: censar, espoliar e deter.- 3. Deportar. II.- Os centros de aniquilación 1. A “Aktion Reinhardt” 2. Auschwitz-Birkenau.- III.- A destrución sistemática do pobo xudeu 1. A destrución das comunidades de Europa Central e dos Balcáns 2. A destrución das comunidades de Europa Occidental.- 3. Francia.- IV.- Que desaparezan as pegadas CAPÍTULO V - RESISTIR ENTRE O SILENCIO DAS NACIÓNS I.- O silencio do mundo: quen o había de saber? Que se había de saber? 1. O mundo xudeu 2. Os Aliados. 3. A Cruz Vermella, os Neutrais, o Vaticano e a información.- © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 2
  3. 3. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com 4. E Alemaña?- II.- Os intentos de salvamento 1. Os intentos do Yishuv. 2. Os intentos dos anglosaxóns.- 3. O abandono.- III.- Resistir? Capítulo VI - A MODO DE RESUMO I.- O descubrimento do xenocidio II.- A destrución dun mundo 1. Valoración en cifras.- 2. Os superviventes. III.- Os xuízos IV.- Comprender? CONCLUSIÓN Bibliografía © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 3
  4. 4. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com INTRODUCIÓN “O meu vocabulario é pobre de máis para describir a enormidade de semellante aniquilación dun pobo.” Sh. Frank, Journal du Ghetto de Lodz, 19421 “Non existe historia máis difícil de contar en toda a historia da humanidade”. H.Arendt, L’image de l’enfer, 19462 . No período que vai dende 1939 até 1945, a Alemaña nazi asasinou entre cinco e seis millóns de xudeus europeos en medio do silencio case total do resto do mundo. Isto non o fixo soa, senón que estivo secundada por moitas complicidades. Faltoulle tempo para destruír o pobo xudeu na súa totalidade tal e como o decidira. Esta é a realidade brutal do xenocidio xudeu, en hebreo Shoah. A decisión de que o pobo xudeu “desaparecese”3 da terra, a determinación para decidir quen debe e quen non debe vivir no planeta conducida até ás súas últimas consecuencias, marcou a especificidade dunha empresa, única até a actualidade, que pretendía modificar a propia configuración da humanidade. Os contemporáneos percibiron o inaudito da situación4, pero o lento traballo de encubrimento da realidade histórica impediu durante moito tempo botar luz sobre a unicidade da destrución razoada dun pobo. Esta realidade pasou por moitas denominacións, dende masacre a holocausto e xenocidio, atopando finalmente o seu asento na palabra Shoah5 (tempestade, destrución, desolación), procedente da lingua litúrxica das comunidades aniquiladas. Reconstruír a destrución dunha civilización resulta difícil dende o momento en que os planificadores do crime se esforzaron intensamente na destrución das pegadas. Agora ben, unicamente un coñecemento rigoroso permite realizar as preguntas axeitadas que eviten o anacronismo e os xuízos rápidos e tallantes. As anexións de Hitler de 1938 en primeiro lugar, logo as doadas vitorias da Alemaña entre 1939 e 1940, e sobre todo, a 1 En Le Monde juif, núm. 154, maio de 1995. 2 En Auschwitz et Jérusalem, Presses-Pocket, 1993, p. 152 3 H. Himmler, o día 6 de outubro de 1943 en Posen, discurso aos oficiais SS. 4 “Está fóra de toda dúbida de que se trata do crime máis grave e máis monstruoso xamais perpetrado na historia da humanidade”, escrito por W. Churchill e dirixido a Anthony Eden o día 11 de xullo de 1944. 5 E este termo hebraico substituíu na literatura xudía da catástrofe o termo Hurban, tamén hebreo (daquela falábase do terceiro Hurban, en referencia á destrución dos dous Templos). © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 4
  5. 5. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com guerra contra a URSS (Unión de repúblicas socialistas soviéticas) en xuño de 1941, deixaron baixo o dominio alemán o cerne do pobo xudeu europeo. A guerra aparece como fío condutor da traxedia. A presión ideolóxica do antisemitismo nazi, en tanto que elemento central da visión do mundo de Adolf Hitler canda a evolución do conflito militar, dan conta do abrupto cambio que se produce en setembro de 1941. Aos masacres que xa se perpetraran contra os xudeus de Polonia a partir do outono de 1939 e ás matanzas cada vez máis sistemáticas contra os xudeus da URSS dende o mes de xuño de 1941, séguelle a decisión de asasinar a todos os xudeus soviéticos, tamén no outono dese mesmo ano, e unhas semanas máis tarde, a orde de exterminar a todo xudaísmo europeo. O asasinato en masa do pobo xudeu resulta estar programada con moito tino e execútase realizando en primeiro lugar a definición do grupo de vítimas, logo o seu espolio, continúa coa concentración e deportación e remata co seu asasinato. A cronoloxía ben estruturada dos acontecementos reconstrúe a progresión o proceso dende o comezo até a súa fin. O que os alemáns designan coa expresión “Solución Final” desenvólvese rapidamente (só no ano 1942 foron asasinadas a metade das vítimas) e basicamente fóra do mundo concentracionario. O inmediato da execución, o relativo segredo que a rodea, e en fin, o carácter impensábel dos feitos paralizan a capacidade de pensar e reaccionar. O estudo histórico ilumina o contexto en que se produce, sen o cal non hai posibilidade ningunha de que esta catástrofe se torne intelixíbel. Tamén destaca a preparación administrativa e técnica do asasinato en masa. O crime non foi perpetrado por un equipo de asasinos (dunha maneira ou doutra estarían implicados arredor dun millón de persoas), senón por toda unha sociedade. A destrución dos xudeus de Europa non é competencia só da historia alemá, senón que se inscribe dentro da herdanza de toda Europa, tanto polas súas raíces e os seus executores como pola propia xeografía do masacre. E aínda que o antisemitismo do vello continente constitúe a semente de desprezo e do odio sen o cal nada sería posíbel, existiron outros factores que concorreron a desencadear a catástrofe, factores que teñen que ver con aspectos máis modernos dun Estado altamente civilizado. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 5
  6. 6. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com Capítulo I OS XUDEUS DE EUROPA: ENTRE O REXEITAMENTO E A INTEGRACIÓN I.- Elementos sobranceiros da exclusión A historia do xenocidio xudeu é inseparábel da crónica do antixudaísmo. O cristianismo triunfante outorgoulle ao rexeitamento dos xudeus a fasquía dun enfrontamento de tipo case identitario. Até o século XI, a situación dos xudeus da Europa cristiá fica marcada por unha coexistencia aínda posíbel. As primeiras agresións graves estouran coa prédica e a partida da primeira cruzada en 1095-1096. No século XII o discurso antixudeu cae na acusación diabólica, xa non se ve o xudaísmo unicamente como unha relixión anacrónica e ridícula. A era da tolerancia relativa rematou. A acusación de profanación de hostias conduce en Alemaña aos masacres de 1298 (cen mil vítimas). O pobo xudeu, polo simple feito de existir, é un desafío para a “verdadeira fe”, e no sucesivo, ha ser culpabilizado colectivamente. O seu rexeitamento canaliza a tensión relixiosa da cristiandade e, en tempos máis recentes, ha de darlle saída ás angustias nacidas da modernidade. A exclusión teolóxica primeiro, e logo práctica, estabelécese no contexto das Cruzadas. En 1215, o IV Concilio do Letrán imponlles aos xudeus un símbolo distintivo (a rodela, que é un anaco de tea amarela). Gradualmente, prohibiránselles algunhas profesións aos xudeus, e entre 1350 (despois da peste negra) e 1500 o seu destino agrávase: perseguidos e confinados (créanse os primeiros guetos6 en Breslau -1266- e en Buda - 1279-), estorcidos, humillados e obxecto de repetidas denuncias como a de realizar mortes rituais, profanar as hostias, envelenar os pozos, etc, e outros centos de reiterados atropelos, moitos abandonan Europa Occidental cara ao Leste (Polonia e Lituania) a partir do século XIII. O cristianismo do segundo milenio subministroulle un modelo de rexeitamento á época moderna. 6 O termo é posterior á realidade: Venecia, 1516. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 6
  7. 7. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com A industrialización e a urbanización rápida da Europa Occidental no século XIX destrúen as sociedades tradicionais. Neste contexto, tanto en Alemaña coma en Francia e dentro do escenario de nacionalismo fechado finisecular vese o “xudeu” como un individuo sen raíces que socava toda a estabilidade social. O antisemitismo7 laico conxuga a condena do liberalismo, a do capitalismo e a do socialismo en todas partes. O sentimento de decadencia, a crenza no complot, o chamamento ao salvador e á raza que han rexenerar a nación dan conta do grande éxito de La France juive de Drumont en 1886, así como a recepción que atopa o alemán Treitschke en 1879, cuxo slogan ha ser recollido polos nazis: “Os xudeus son a nosa desgraza!”. A finais do século XIX, ese inzarse do racismo é unha forma da crise europea da modernidade. Xa que logo, o xudaísmo europeo vese nunha contradición esencial da que non é consciente. Ao mesmo tempo que no período de constitución da nación se emancipa o xudeu para integralo dentro da cultura nacional, tamén se vai forxando a súa exclusión. O antisemitismo convértese no elemento cohesionador da nación no momento preciso en que os xudeus botan abaixo os muros intelectuais do gueto. Nos albores do século XX, unha corrente de pensamento occidental rexeita a herdanza das Luces. A natureza, desigual e violenta, só coñece relacións de forza. A xustiza e os “dereitos humanos” son “ilusións humanitarias”8. O racismo e o darwinismo social fustrigan a democracia, contemplada como un “réxime de febles” onde o xudeu é como un heraldo porque é considerado a antítese do instinto e da forza. Este antisemitismo laico superponse ao antigo antixudaísmo cristián: as dúas formas de rexeitamento coexisten nunha Europa Occidental na que avanza a secularización e o laicismo. Con todo, alí onde o rexeitamento relixioso vixiaba, proscribía e procuraba a conversión dos xudeus, o rexeitamento “científico”, exclúeos radicalmente. A “nova dereita” de finais de século inspírase nos traballos de Charles Darwin aplicándolles ás ciencias humanas a noción de organismo vivo. Segundo este darwinismo racial, a supervivencia do máis apto implica a apoloxía da violencia. A selección natural convértese nun dogma lexitimado pola “ciencia”, outórgalle credibilidade ao capitalismo salvaxe, ao colonialismo e ao imperialismo moderno. Tal discurso aprende que só a tradición e a raza constrúen unha nación. O xudeu queda excluído disto porque el é o símbolo mesmo da razón e do andar errante. Para esta visión biolóxica do mundo, a selección é o concepto clave da historia, sendo a raza e o sangue as únicas verdades deste mundo, mentres que a igualdade 7 A palabra foi creada en 1879 en Alemaña onde tres anos despois tivo lugar o 1º Congreso Antisemita. 8 G. Vacher de Lapouge en 1890: “Entón non existen os dereitos humanos, como tampouco existen os dereitos da tatuaxe a tres bandas nin do xibón sindáctilo nin do cabalo que se ensela nin do boi que se come (…). A idea mesma de dereitos é unha ficción. Tan só existen as forzas.” © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 7
  8. 8. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com entre os homes resulta ser unha quimera. O xudeu non ten un lugar neste neopaganismo, e non hai nada que poida reducir a oposición fundamental entre as dúas “razas”, a semítica e a aria, nin por medio da conversión nin por medio da “mestura”. A teima da dexeneración e a obsesión milenarista da fin dos tempos converten este antisemitismo pagán no alicerce do discurso racista. Lonxe de circunscribirse ao horizonte xermánico, esta cultura atinxe a Europa Occidental, esténdese cara á Europa escandinava e aterra en América do Norte. A lóxica euxenésica vén sendo unha das súas formas: os crimes dos médicos nazis escureceron a cobizosa semente da ideoloxía euxenésica, iniciada por Glaton, Pearson e outros a finais do século XIX. O feito de que se distinga entre euxenismo positivo (mellorar a especie humana) e o euxenismo negativo (restrinxir o dereito á procreación e á vida para unha parte da mesma, só resulta satisfactorio en aparencia. En realidade, existe unha lóxica de selección que guía os dous movementos para confluír no século XX no cuestionamento do estatuto mesmo de ser humano para unha parte da humanidade. Nestes finais do XIX e dende unha punta a outra de Europa baixo formas diferentes, o rexeitamento dos xudeus fóra das nacións estabelecidas exacérbase ao mesmo tempo que toma forma o pulo do irracionalismo que mina as bases mesmas do século das Luces. Resulta simbólico a este respecto que coincidan en tempo e lugar a violencia do caso Dreyfus, que marca o seme fracaso de asimilación dos xudeus en Francia, e a redacción en París do apócrifo político máis célebre do antisemitismo, Les protocoles des Sages de Sion, levado a cabo pola policía do tsar. II.- Os xudeus de Europa no período de entreguerras Non existe unha única condición xudía na Europa de entreguerras. Gañan os factores de diferenza sobre unha suposta unidade problemática. Porque a modernidade urbana, democrática e laica, aséstalle severos golpes á tradición, principalmente no Leste, onde o mundo do shtetl9 se esfarela pouco a pouco. Cando acaba a Primeira Guerra Mundial, Europa conta cuns nove ou dez millóns de xudeus. Os seus fogares sitúanse en Polonia (tres millóns), en Romanía (un millón) e na URSS (arredor de tres millóns). O proceso de emancipación comezara coa Francia revolucionaria en 1791, pero aínda non se completara en 1919, con todo, realizáranse avances reais considerábeis. No resto de Europa as datas clave deste proceso son: Gran Bretaña 1858, Austria 1866, Hungría 1867, Alemaña 1871, Rusia 1917, por non citar máis cás situacións máis significativas. 9 Organización territorial con moita poboación xudía no mundo ruso-polonés. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 8
  9. 9. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com A heteroxeneidade das condicións xudías en Europa débese a varios factores: a antigüidade da emancipación, a penetración da modernidade política, a importancia do proceso de laicización, o vezo da tradición relixiosa e/ou lingüística (yiddish en Europa Central e Oriental, sefardí nos Balcáns), e para concluír, a forza do rexeitamento antisemita. Dende mediados do século XIX o mundo xudeu europeo, canda o resto do continente coñeceu un forte crecemento demográfico10 que alimentou tanto as migracións internas como a emigración ultramarina cara aos Estados Unidos. Estas migracións tamén nutriron as comunidades xudías da Europa Occidental, de Alemaña, do Reino Unido e sobre todo de Francia que segue a ser para os xudeus do shtetl un ideal político (os “dereitos humanos”) e un remanso de seguridade. Foxen da miseria, da persecución e dun futuro limitado cando non precario, de aí que estes emigrantes sexan aínda máis numerosos durante o período de entreguerras. Pero a súa integración segue a ser fráxil durante os anos vinte, nun momento en que se asiste a un aumento case xeral da xenofobia e do antisemitismo. A prol da crise xeral, insírese por veces no seu debe o cuestionamento da integración dos xudeus na sociedade da Europa Occidental. Agora ben, o mundo xudeu occidental, intensamente gañado para a modernidade política e cultural, foi perdendo aos poucos pero de xeito irremediábel a cohesión da comunidade, garantida até daquela pola tradición. “Dentro da casa xudeu e fóra dela, cidadán”: a fractura inaugurada pola Francia de Napoleón foi triunfando progresivamente. No período de entreguerras a reserva espiritual e demográfica do xudaísmo sitúase entre Polonia, Hungría, Romanía e Rusia. Este mundo, estremecido polos pogroms rusos de 1881-1882 (que aceleraron as saídas cara ao Oeste) e unha sucesión de agresións abertas, foi pouco a pouco gañado para a modernidade das Luces ou Ilustración (Haskala)11. Ábrense horizontes diferentes ao da escola talmúdica e ao shtetl para a mocidade xudía: o sionismo (primeiro Congreso, 1897), a autonomía cultural (creación do movemento socialista Bund en 1897) e o socialismo revolucionario, ao tempo que abrocha unha efervescencia cultural en yiddish, en hebreo e en cadansúa lingua nacional local. En Polonia, nun medio marcado pola precariedade e a violencia aberta (pogroms de 1919-1921), cando non miseria social, desenvólvese entre 1925 e 1935 unha extraordinaria vitalidade cultural e política, que se manifesta nos douscentos cincuenta xornais xudeus que se publican regularmente, na edición anual de centos de obras en hebreo e en yiddish que se mantén no 80 % dos casos como lingua materna dos xudeus poloneses. 10 Por exemplo, o caso da Galicia polonesa-xudía en que o número de persoas da comunidade xudía pasa dunhas trescentas mil persoas en 1800 a novecentas mil en 1900. 11 As “Luces do interior” que nacen cara a 1740 na comunidade xudía de Berlín. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 9
  10. 10. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com Pero esta minoría cultural e relixiosa, socialmente desequilibrada (abraiante maioría de artesáns e pequenos comerciantes) vese acareada a unha hostilidade que se exacerba malia a igualdade de dereitos recoñecida en 1921. Perpétranse cerca de cento cincuenta pogroms entre 1935 e 1936. Dous anos despois o partido no poder considera que os xudeus “frean o desenvolvemento normal” do Estado polonés. Noutros lugares, en Europa Central e Oriental, o éxito do nazismo inflúe nos movementos antisemitas que realizan campañas para que se lles retire aos xudeus os seus dereitos civís, como por exemplo, en Bulgaria, en Romanía e en Hungría, lugar este onde se promulgan leis raciais. No período de entreguerras, a Rusia soviética constitúe o segundo gran fogar do xudaísmo europeo. O imperio ruso mantivera unha serie de medidas discriminatorias até o seu definitivo derrubamento (“zona de residencia”12 dende o Báltico até o mar Negro, máis de cento cincuenta leis e decretos de carácter antisemita); en abril de 1917, a Revolución derrógaas na súa totalidade. O poder bolxevique confirma en 1917 e tamén en 1918 o estatuto de igualdade dos xudeus cos demais pobos da futura unión, mais dende antes da súa vitoria na guerra civil, pretende exercer a súa tutela nesta emancipación. O Bund disólvese en 1919 e o movemento sionista entra na clandestinidade. Durante os anos vinte prohíbese a edición de libros e xornais en hebreo, féchanse tamén as escolas talmúdicas e as sinagogas. Cómpre subliñar que esta acción insírese dentro do marco máis xeral da loita antirrelixiosa. Para acelerar a integración13 de preto de tres millóns de xudeus soviéticos, o partido bolxevique crea en 1918 unha sección xudía (Yevsektsia) que coordina dende 1925 unha actividade cultural de grande envergadura. Pero no contexto xeral da represión que se abate sobre todo o país dende decembro de 1934 rabénanse as institucións xudías (creadas polo propio PC –partido comunista-) a través do terror masivo e por veces con intensas connotacións antisemitas. A partir de 1935 inténtase desestabilizar mediante persecución a actividade cultural en yiddish prohibindo a publicación dos seus xornais. O shtetl desaparece cara a finais dos anos trinta e a integración debilítase como o testemuña a existencia do antisemitismo popular que vai sendo relevado cada vez máis polo antisemitismo da cúpula do poder estatal. 12 Creada por Catarina II no século XVIII e fixada en 1804. 13 O intento soviético por crear en 1928, en Birobixán (Asia Oriental), unha “república autónoma xudía” que axiña acaba en fracaso. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 10
  11. 11. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com III.- Xudeus e Alemáns: Simbiose mítica e verdadeiro rexeitamento A tradición antixudía en Alemaña é violenta (cfr. As primeiras Cruzadas, século XI). Non hai máis que remitirse ao milenarismo medieval que anuncia un mundo “purgado de xudeus” ou judenrein, e as visións apocalípticas que amosaban o masacre dos xudeus como a primeira condición de felicidade para a humanidade. Tamén nos podemos remitir á violencia do discurso de Lutero para quen un xudeu é unha mácula da que cómpre purificarse. No entanto, a partir do século XIII, o xudaísmo alemán coñece unha apertura económica, social e tamén intelectual: a Ilustración da Haskala pretende casar cultura alemá e xudaísmo. Nunha nación en formación como Alemaña que decide a emancipación dos seus xudeus bastante tarde, en 1871 (o decreto prusiano de 1812 segue a estar illado), moitos xudeus intentan realizar a simbiose entre as dúas tradicións14 atraídos pola modernidade política e cultural da revolución francesa. A integración favorecida pola Haskala tamén dá conta da amplitude da vida intelectual xudía en Austria. Pero o rexeitamento vai unido a este avance e así, en 1896, Viena elixe como alcalde a Karl Lueger, un personaxe caracterizado pola súa profesión de fe política a prol do antisemitismo. Nesa época catrocentos setenta mil xudeus do II Reich vense abocados a afrontaren a emerxencia dun potente movemento antisemita. O imperialismo alemán e mais o panxermanismo fúndanse sobre unha concepción da nación ben diferente da que prevalece na Francia republicana. Alí a nación non é un acordo que se estabelece entre cidadáns libres que se saben membros dunha comunidade de destino, senón que é unha emanación da raza, do sangue e da terra; isto é, unha “loita pola vida” que esmaga as etnias máis febles. O racismo, que exalta a forza e a selección, converte o “particularismo xudeu” en centro das súas preocupacións. Estas teses inspiran tanto a liga panxermanista (1891) como a meirande parte da sociedade alemá que polo menos dende Iena (1806) ve no antisemitismo unha función de cohesionador nacional. O xudeu é o chibo expiatorio que axuda a forxar unha identidade colectiva15 e a criticar a orde social sen necesidade de invocar a loita de clases. “A cuestión social é a cuestión xudía”16, afirma Otto Glagau17. 14 De feito, no transcurso do 1º Congreso Sionista de Basilea en 1897, houbo dúas linguas oficiais, o alemán e o hebreo. 15 Alén da proclamación do II Reich, o Xudeu axudou a unir os elementos dispares da nación alemá. 16 Esta non é especificamente alemá. Cfr. en Francia o antisemitismo anticapitalista de Toussenel (Les juifs, rois de l’époque, 1844), de Proudhon, de Drumont, etc. 17 Ao que Bebel, un dos fundadores do socialismo alemán, responde que “o antisemitismo é o socialismo dos imbéciles”. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 11
  12. 12. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com Deste xeito o antisemitismo é parte interesada tanto na crise do nacionalismo alemán como no rexeitamento do mundo urbano e industrial. Dan conta disto o florecemento dos movementos de xente nova como Wandervogel (paxaros migratorios) cara aos comezos de 1900. A exclusión dos xudeus cataliza en Alemaña os desarraigamentos nacionalistas e as angustias da modernidade. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 12
  13. 13. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com Capítulo II ALEMAÑA 1933-1939: A EXCLUSIÓN LEGAL I.- A Alemaña nazi: unha nación avasalada O horror dos combates do primeiro conflito mundial quebra a tranquilizadora idea de que existe unha humanidade que se dirixe cara á felicidade guiada pola ciencia. O auxe irracionalista do século XIX ve niso a maneira de contestar aínda máis se cabe os valores herdados das Luces. Así mesmo, a desfeita de 1918 non é percibida como tal en Alemaña. O exército alemán, sen sufrir unha verdadeira desfeita, asina o armisticio do 11 de novembro de 1918 en terra inimiga. A isto engádeselle o desclasamento de camadas enteiras da pequena burguesía arruinada pola guerra en que morreron moitos dos seus fillos, oficiais subalternos e suboficiais. Nun país sen tradición democrática e co sentimento nacional asoballado, as clases medias que teñen problemas para integrarse na República parlamentaria atopan estruturas de acubillo no nacionalismo de extrema dereita, nas sociedades secretas e na violencia das gardas de asalto. Entre 1919 e 1924, proliferan gran cantidade de grupúsculos de extrema dereita, a miúdo asasinos sen castigo, que se apoian nos fantasmas da traizón, da vitoria roubada e da ameaza mortal. Neste contexto violento, o réxime republicano de Weimar non se pode beneficiar dun consenso real. Coa volta da crise, entre 1930-1932, a febleza da ancoraxe democrática volve xurdir con todo o seu esplendor fronte o empobrecemento de millóns de alemáns. Volven agromar tanto o nacionalismo como o antisemitismo. E neste lote reméxense o conservadorismo, o nacionalismo frustrado e o resentimento social que o partido nacional socialista se encarga de difundir: propaganda vella no fondo e moderno na forma. O Partido Obreiro Alemán, creado en 1919 e reestruturado por Adolf Hitler en 1921 en Partido Nacional-Socialista dos Traballadores alemáns (NSDAP), non é moi coñecido até os anos trinta. A crise é a súa beizón. Hitler anova co seu método e ben mirado, tamén co fondo porque o seu nihilismo ultrapasa os temas coñecidos do fascismo italiano, da ideoloxía nacionalista alemá e da corrente völkisch; apóiase para iso nas súas cualidades excepcionais de orador, en que o seu populismo é recoñecíbel, © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 13
  14. 14. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com no nacionalismo exacerbado e no antisemitismo, explotando así o vello fondo ideolóxico da revolución conservadora alemá que precedeu á Primeira Guerra Mundial. Tamén se aproveita do delicado consenso democrático que reina en Alemaña, así como das xenreiras intestinas da esquerda alemá e concretamente da actitude do partido comunista. En fin, Hitler tamén prospera no medio do desarraigo nacido das correntes de miseria que abriu a crise económica procedente dos Estados Unidos. O nacional-socialismo (abreviado en “nazismo”) é antes que nada un tipo de racismo que ten no antisemitismo o seu principio esencial. Paralelamente, tamén é unha ideoloxía antidemocrática e antimarxista, nacionalista e panxermanista que se expande nunha sociedade marcada por un intenso desfase entre a modernidade económica e o arcaísmo político. De aí que o nazismo sexa unha mestura de modernidade e de rexeitamento da modernidade: modernidade do darwinismo social e da antroposocioloxía e rexeitamento da modernidade da ideoloxía völlkisch (a tradición, a terra, o sol, a natureza, contra a cidade, os cartos, os xudeus...). Este “modernismo reaccionario”18 cristaliza as súas pulsións destrutoras na alteridade xudía que a emancipación nacida das Luces deixou pervivir. Pero o antisemitismo nazi tamén ten a función de reconciliar unha corrente de pensamento conservadora coa industria e as tecnoloxías modernas. Permítelle dicir “si” á cidade, á industria, e ao capitalismo, pero a unha cidade, a unha industria e a un capitalismo depurado de xudeus, isto é, judenrein. Dito doutro xeito, o rexeitamento da modernidade “de trazos xudeus”, permite a aceptación da tecnoloxía “aria” e a reconciliación coa forma técnica do mundo moderno. Aínda que o antisemitismo vai máis aló da persoa de Adolf Hitler, a xudeufobia do líder nazi merece, con todo, que nos deteñamos un pouco máis nela, porque esta constitúe o centro da súa visión do mundo. O primeiro programa do NSDAP (24 de febreiro de 1920) retíralles aos xudeus a cidadanía alemá (punto catro), colócaos baixo a lexislación dos estranxeiros (punto cinco), córtalles o acceso ao emprego público (punto seis) e expulsa a aqueles que entraron en Alemaña despois do día 2 de agosto de 1914 (punto oito). Coa aparición de Mein Kampf en 1925, multiplícanse as misións milenaristas de catástrofe ligadas á presenza xudía no mundo. Neste libro, radicalízase tanto o ton como o contido do discurso antisemita. O seu vocabulario, empréstito do antisemitismo do século XIX, está marcado pola parasitoloxía porque o xudeu é : “un verme no corpo en putrefacción”, “unha pestilencia peor ca peste negra”, “un portador de bacilos da peor caste”, “o parasito no corpo dos demais pobos”19, etc. O antisemitismo de Hitler forma un delirio coherente pero de escasa 18 Jeffrey Herf, Reactionary Modernism. Technology, Culture and Politics in Weimar and the Third Reich, Cambridge University Press, 1984. 19 E. Jäckel, Hitler idéologue, Calmann-Lévy, 1973, reedición Gallimard-Tel, 1995. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 14
  15. 15. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com orixinalidade, marcado pola guerra e a desfeita de 1918. O seu pensamento céntrase arredor do complot e da ameaza de aniquilación procedente dos xudeus: de aí que as medidas antixudías se presenten sempre como preventivas. De aí que máis tarde, mesmo durante o proceso de aniquilación do pobo xudeu, se produza a presenza simultánea do delirio de triunfo sobre as vítimas e a angustia de seren aniquilados polos mesmos a quen se está exterminando. O antisemitismo persoal20 de Hitler é o espello que agrava unha doenza social que afectou a unha boa parte da sociedade europea de comezos de século. Tales delirios non terían máis ca un interese mínimo se estes non se amparasen da dirección dun Estado moderno. A evolución da política antisemita obriga a tomar en consideración todos estes textos. En Mein Kampf, Hitler vencella a política racial e a política estranxeira. Dezaoito anos máis tarde, en 1942, a política racial e a política estranxeira do Reich acadan o seu apoxeo21 a un tempo. Nas eleccións lexislativas de setembro de 1939, o NSDAP pasa de doce a cento sete deputados. Nas eleccións presidenciais de abril de 1932, Hitler recada co seu nome once millóns trescentos mil votos (dezanove millóns para o mariscal Hindenburg que resulta reelixido). Nas eleccións lexislativas de xullo de 1932, o NSDAP obtén 37,4 % dos votos. Aconsellado polo político von Papen, Hindenburg chama a Hitler para que tome posesión da Chancelería o 30 de xaneiro de 1933. Apoiouno unha parte do pobo alemán, pero non toda Alemaña, nin todas as elites intelectuais e económicas cuxa febleza política pesou tanto no éxito de Hitler como a determinante enerxía demostrada polos militantes nazis. Sobre Alemaña cae a ditadura absoluta en menos de seis meses. As eleccións lexislativas anticipadas (5 de marzo de 1933), que se desenvolveron nun clima de terror, permitiulle ao NSDAP obter un 44 % dos sufraxios e douscentos oitenta e oito deputados sobre un total de seiscentos corenta. Hitler, secundado polo apoio do Zentrum e dos nacionalistas alemáns, obtén plenos poderes para un período de catro anos, que comeza o día 23 de marzo de 1933. Dende o 28 de febreiro de 1933 e tomando como pretexto o incendio do Reichstag, o estado de excepción convértese nunha norma. Prohíbese o partido comunista e arrestan a catro mil dirixentes desa formación, que entran en Dachau, o primeiro campo de concentración aberto cerca de Múnic, a finais de marzo de 1933. 20 Cómpre “conxurar o enigma da insignificancia dun home relacionado co carácter cataclísmico da súa acción” (F. Furet, Le passé d’une illusion, Laffont/Calmann-Lévy, 1995, p. 222). 21 Así, o 24 de febreiro de 1942: “A miña profecía hase de cumprir, non vai ser a humanidade aria a que sexa aniquilada por esta guerra senón o Xudeu. Sexa o que sexa o que resulte do combate, sexa cal for a súa duración, o resultado final ha ser iso.” Hitler confirma que a destrución dos xudeus foi o eixe do seu combate no seu testamento político escrito na véspera do seu suicidio, o 29 de abril de 1945: “Emprazo ao goberno da nación e ao partido para que asuman como unha obriga o cumprimento escrupuloso das leis raciais e da resistencia despiadada contra o xudaísmo internacional, envelenador mundial de todos os pobos.” © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 15
  16. 16. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com A nazificación de Alemaña pasa por unha purga en condicións de todas as administracións públicas e polo control da xustiza e dos funcionarios. Axúdase cunha política omnipresente (Gestapo, creada en abril de 1933) operando nun estado que a partir de agora ha ser centralizado. A nazificación do país tamén pasa polo control das almas (Hitler obtén o refrendo da igrexa protestante e da católica), pola militarización da mocidade, pola “depuración” do ensino e tamén pola purga da cultura que se torna en propaganda. O sistema baséase no terror, efectivo e ameazador, e sobre todo, no campo de concentración, ábrense tres campos en 1936 que abranguen case todo o territorio. O de Dachau elixido como modelo, o de Orianenburg preto de Berlín e os de Emsland preto da fronteira holandesa. En xullo de 1934 fúndase a inspección de campos que terá a súa sede a partir de 1938 en Orianenburg-Sachsenhausen onde se atopa tamén a WVHA (Wirtschafts- und Verwaltungshauptamt, Oficina central da administración e da economía da SS, á cabeza da cal se atopa Oswald Pohl). En 1939, esta oficina controla seis campos principais onde están detidas máis de vinte e unha mil persoas (agosto de 1939): Dachau, Orianenburg-Sachsenhausen, Buchenwald, aberto en 1937, Flosenbürg aberto en 1938, Mauthausen aberto en Austria en 1938, e finalmente, Ravensbrück, un campo de mulleres aberto en 1939; non incluímos nesta enumeración os campos satélites e os kommandos22. Para concluír, a maneira que ten o novo estado para absorber o paro é preparar Alemaña para a guerra (en 1939 a metade do orzamento da nación dedícase aos gastos militares) a través dunha política de grandes obras públicas, aínda que para iso teña que pagar o prezo dunha regresión social considerábel. O poder lexislativo perde a capacidade de desenvolver os seus fins no período de 1933-1934 e o gabinete do Reich deixa de funcionar en 1938. O poder repousa case exclusivamente no “carisma” do Führer. Na práctica, isto conduce a unha “organización desordenada” na que coexisten burocracias que se fan a competencia entre si. O nazismo evolúe a hitlerismo23: por enriba desta poligarquía, “a visión do mundo” de Adolf Hitler desempeña un papel clave na definición da política xeral do Reich e, a este respecto, a “cuestión xudía” e a do espazo vital (lebensraum) ocupan un lugar central. A visión obsesiva dun mundo hostil e a busca sen fin da pureza racial fan da política do III Reich unha “biocracia” en xestación. 22 O sistema dos KL (iniciais alemás do termo “campos de concentración”) vai proliferar coa guerra: hai vinte e un campos principais en 1943, e vinte e un mil catrocentos internados en agosto de 1939, o número de presos vai aumentar a cento quince mil en agosto de 1942, a cincocentos vinte e catro mil en agosto de 1944 (dos cales un 10 % son detidos alemáns), e a setecentos catorce mil en xaneiro de 1945. 23 Crf. K. D. Bracher, Hitler et la dictature allemande, Complexe, 1995 (1ª edición alemá, 1969). © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 16
  17. 17. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com II.- A exclusión: 1933-1939 Para o nacional-socialismo, a teoría racial é o medio para transformar o mundo social. A antropoloxía alemá, que se construíra arredor de 1860, fixera da raza o determinante principal do social e do cultural24. Medio século máis tarde, o movemento euxenésico alemán de base racial xa dispón dun asento teórico importante e as súas ideas son compartidas por unha parte da sociedade. O nazismo outórgalle ao euxenismo alemán o aparato lexislativo que precisa aprobando, o 14 de xullo de 1933, a política de esterilización forzada. Vai afectar a máis de trescentas cincuenta mil persoas que entran na cualificación de “doentes hereditarios” e “criminais irrecuperábeis e perigosos”. A “comunidade científica” (psiquiatras e antropólogos) acepta estas medidas de forma unánime. Tendo en conta estas fases, podemos tratar agora as Leis de Nuremberg e inscribilas no marco dunha evolución intelectual que soborda o nacional-socialismo. Neste escenario tamén cómpre situar as lexislacións de exclusión que se van acumulando dende 1936 (as relativas aos “asociais”) que conflúen na “eutanasia” dos doentes mentais irrecuperábeis praticada nas clínicas alemás entre 1935 e 1938. Séguelle despois o programa “T4” (cfr. infra) e a política racial de exterminio do pobo xudeu. O segundo conflito mundial, inaugurado en Europa en setembro de 1939, levántalle a moral de forma brutal a esta biocracia e ofrécelle un campo de experimentación case ilimitado. Todo apunta a pensar que nun principio non se contemplou de entrada o asasinato en masa. Até a guerra, a política nazi oriéntase cara á exclusión principalmente e a situar os xudeus fóra da lei. A persecución legal, salferida con bafaradas de violencia física e humillacións varias, coñece tres etapas ben diferenciadas. En 1933 derrógase a igualdade legal dos xudeus como cidadáns. Os xudeus son excluídos da función pública, da vida cultural e van ver cómo se lles prohiben pouco a pouco moitas profesións (nomeadamente as liberais). Isto supón a “morte civil”. A segunda etapa, que se pode situar en 1935 coas Leis de Nuremberg (cfr. infra), separa fisicamente os xudeus do resto dos alemáns. E isto supón a “morte política”. A terceira fase conclúe en 1938 coa aplicación dunha serie de medidas de tipo económico que culmina coa segregación e o empobrecemento dos xudeus: e isto supón a “morte económica”. Mentres isto se produce en Alemaña e en Austria, onde os xudeus son identificados, clasificados, fichados e situados fóra da lei común antes de setembro de 1939, o mundo occidental protesta25 pero non actúa. Deste 24 É o que tamén proclama na mesma época ou pouco despois a escola francesa que se constitúe arredor de Vacher de Lapouge, Soury, Le Bon... 25 Case non hai boicot comercial até novembro de 1938. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 17
  18. 18. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com abandono case total dos xudeus á súa sorte, Hitler conclúe prudentemente que, chegado o momento, ha poder ir máis lonxe. Os funcionarios xudeus alemáns perden a súa condición a partir de abril de 1933. No mesmo ano, os avogados xudeus son dados de baixa nos seus colexios. En xullo de 1938, os médicos xudeus teñen que solicitar autorización para o exercicio da súa profesión e restrinxir a súa práctica a unha clientela exclusivamente xudía. Practícase a grande escala a expropiación legal da comunidade xudía (“arianización”). Para iso definiuse previamente e polo miúdo qué era o que se entendía por “empresa xudía” qué cumpría “arianizar”: pode ser aquela na que exista un propietario xudeu aínda que só conte con un xudeu no seu consello de administración ou ben aquela na que exista un xudeu que posúa máis do 25 % do capital ou menos de 50 % dos votos. O 14 de xuño de 1938, o ministro do Interior, Frick inaugura o proceso de “arianización forzosa” que lle permite vender a crédito as empresas xudías ás clases medias alemás pasando previamente pola transferencia desas empresas ao Estado que as paga mediante bonos do Tesouro Público. Isto é dabondo para consolidar o asentamento social do réxime. O antisemitismo satisfai deste xeito os intereses económicos dunha parte da poboación de forma inmediata e concreta, coma se se tratase dun substituto da política social que anos antes o nazismo lles tiña prometido ás clases medias e populares. A política de “arianización” acelerouse en 1938 en medio da preparación da guerra. O decreto do 26 de abril de 1938 prescribía que os xudeus declarasen todos os seus bens. Göring, delegado do “Plano cuadrienal” dispono “conforme ás necesidades da economía alemá”. De abril a novembro de 1938, os servizos do Reich reteñen dous dos sete mil millóns de marcos do total de “bens xudeus” declarados en nome dos intereses da economía alemá. Despois da Anschluss26 (anexión), en Viena a “arianización” adopta unha forma inmediata e salvaxe que se tornará no modelo a seguir noutras rexións do Reich e, máis tarde, na Europa ocupada: os propietarios xudeus de apartamentos27 son explusados sen ningunha compensación e sen realoxamento. Dende abril de 1939, o inquilino xudeu é desposuído de todos os dereitos con respecto ao seu propietario. No eido do transporte, aplícaselles a mesma política de esganamento: en decembro de 1938, retíraselles o carné de conducir aos xudeus. En materia económica, as empresas xudías e os traballadores xudeus autónomos teñen que deixar de traballar antes do 31 de decembro de 1938. 26 As reaccións da poboación xudía á Anschluss están marcadas polo desespero: nas dúas últimas semanas de 1938 calcúlanse douscentos vinte suicidas. E a política levada a cabo na Ostmark (nome de Austria no Reich Hitleriano), extremadamente brutal, confirma todos os temores. 27 Pertencían a propietarios xudeus setenta mil apartamentos, é dicir, un 10 % das vivendas en Viena; máis có número de vivendas sociais construídas pola “Viena vermella” entre 1919 e 1933 (sesenta e catro mil). O antisemitismo como substituto da política social... © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 18
  19. 19. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com No mes de novembro, tiveran que pechar as tendas que traballaban ao detalle, e o 3 de decembro déuselle a orde aos propietarios xudeus de venderen os bens que lles quedaban. O traballo xudeu xa non tiña ningunha protección social. Deste xeito aplicóuselles aos xudeus unha política salarial específica28. Colle peso a idea de que cómpre “marcar” aos xudeus para recoñecelos. En xaneiro de 1938, anúlanse todas as modificacións que se realizaron no rexistro civil antes de xaneiro de 1933. En agosto de 1938, todo xudeu estaba obrigado a engadirlle “Israel” ao nome propio no caso dos homes, e “Sara” no caso das mulleres. O réxime ditou dúas mil disposicións e decretos antixudeus en doce anos só no territorio do Reich. A exclusión política: as Leis de Nuremberg, 1935.- En 1933, o sistema xurídico ao servizo do nazismo tenta definir “o xudeu”. Tendo como único criterio a relixión, o nazismo non recoñece máis ca os “non-arios” nun primeiro momento. Unha definición que resulta insuficiente para os fins da exclusión, por iso Hitler ordenoulles aos xuristas e aos especialistas da “cuestión xudía” que preparasen o decreto que levará por título “Lei para a protección do sangue e do honor alemáns” no transcurso do Congreso do partido nacional-socialista de setembro de 1935 en Nuremberg. O decreto foi redactado en dous días para posteriormente ser aprobado o día 15 de setembro de 1935. O xudeu defínese polos seus ascendentes (“ter tres avós xudeus polo menos”), logo a lei precisa que como non pertence á “raza aria” (o “sangue e a terra”) non pode ser cidadán. Deste xeito, as Leis de Nuremberg separan os cidadáns do Estado (os xudeus) dos cidadáns do Reich (co resto dos alemáns). Estas medidas lexislativas son a primeira manifestación do racismo “de razón” que Hitler arelaba en 1919. Prohibíronse os casamentos e as relacións sexuais entre xudeu e non- xudeu : estas relacións cualificáronse como “manchas” e caen baixo a denominación de “crimes de profanación racial”. Os xudeus non eran cidadáns do Reich (é dicir, cidadáns “de sangue”) polo tanto non tiñan dereito a luciren as cores alemás. En fin, a lei distingue os “xudeus plenos”, situados fóra da nación, dos “xudeus parciais” para os que se pon en marcha un inextricábel sarillo lexislativo. 28 A partir de 1940, os xudeus son excluídos da política social: vacacións pagadas, axudas familiares, asistencia para organizar os funerais, indemnizacións por accidentes de traballo, baixas por enfermidade e pensións de xubilación. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 19
  20. 20. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com III.- O abandono: dende a conferencia de Evián á “Noite de Cristal” 1. A Conferencia de Evián: xullo de 1938.- O contexto europeo é daquela amplamente xenófobo e nalgúns casos antisemita. A Francia do Fronte popular crea unha subsecretaría de Estado para a inmigración en 1937, restrinxe a lei de asilo en 1938 e en xaneiro de 1939, abre en Rieucros (Lozère) un campo de concentración para “estranxeiros indesexábeis”. Estados Unidos non amplía os seus quiñóns de inmigración e acolle menos refuxiados ca Francia; en Europa Oriental, Polonia manifesta en canto pode o seu desexo de librarse dos seus xudeus. Para responder á cuestión dos refuxiados convócase en Evián (Francia) unha conferencia internacional, entre o 6 e o 15 de xullo de 1938, na que participan trinta e dous estados (despois de que Suíza eludise o asunto). Hai ausencias significativas: a URSS, Checoslovaquia e Italia non están representadas mentres que Hungría, Romanía e Polonia só envían uns “observadores” malia contaren coas comunidades xudías máis numerosas. Da conferencia resulta a creación dun “comité intergubernamental para os refuxiados” con sede en Londres ao que se lle encomenda unha “misión de exploración” perante as autoridades alemás. Ante a falla dun lugar de asilo, ante a falla dunha apertura real das fronteiras e ante a falla de vontade por atopar unha solución, o comunicado final conclúe que ninguén lle discute a Alemaña a soberanía respecto dos seus nacionais. Un memorando do goberno francés dirixido ao ministro de Asuntos Exteriores do Reich en outubro de 1938, precisa que “ ningún dos Estados lle discute ao goberno alemán o dereito absoluto que ten para tomar medidas verbo dalgún dos seus nacionais, medidas que son da súa competencia en tanto en canto as realiza no marco do exercicio da súa soberanía”. Unha sondaxe realizada polo Instituto Gallup a finais de 1938 traduce este clima xeral. Perante a pregunta: “vostede aceptaría que os Estados Unidos lles abrisen as súas portas aos refuxiados europeos con máis largueza?” un 87 % das persoas preguntadas responden que non, un 5 % contesta que si e un 8 % non sabe ou non contesta29. Suíza féchalle a fronteira aos refuxiados xudeus en marzo de 1939. A tarefa para identificar os xudeus resultaba fácil porque Alemaña, dende un ano antes, marcaba os pasaportes do candidato ao exilio cun carimbo ben grande e ben visíbel no que se lía XUDEU. “O mundo semella que está dividido en dúas partes: os lugares nos que os xudeus non poden vivir e os lugares aos que non poden entrar” declaraba en 1936, Haïm Weizmann, destacado dirixente do movemento sionista. O episodio do barco Saint- Louis no ano trinta e nove ilustra este abandono: transportaba uns centos de 29 Citado por R. Thalmann en Dix Leçons sur le nazisme, Complexe, p. 221. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 20
  21. 21. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com refuxiados xudeus procedentes de Alemaña e como non atopaba ningún porto de acollida nin ningún país do mundo que estivese disposto a recibilos30 vese na obriga de desembarcar en Anveres... En medio deste abandono xeral das nacións, a Axencia Xudía, “executivo” do movemento sionista, tenta negociar co poder nazi a saída dun certo número de xudeus alemáns. O acordo asínase en agosto de 1933 e denominarase haavara que en hebreo significa “transferencia”. O convenio permite que entren en Palestina sesenta mil xudeus31; aquí non se bota a conta do que se perde co espolio ao que son sometidos eses xudeus e os seus bens nin que se mellora o balanzo das exportacións alemás. Este negocio entre sionistas e nazis continua até 1939, aínda que suscita violentas polémicas e illa o Yishuv32 no seo do mundo xudeu no que atinxe á actitude que cómpre adoptar fronte o nazismo. 2. A “Noite de Cristal” en Alemaña e en Austria33. O día 7 de novembro de 1938, Goebbels percibe o sinal e o pretexto para un xigantesco pogrom co asasinato en París do conselleiro da embaixada alemá Von Rath34, cometido por un mozo xudeu polaco refuxiado de Alemaña chamado Hershl Grynzpan35. Ao día seguinte, o xornal do partido nazi Völkischer Beobachter facíalles un chamamento aos seus dirixentes para que organizasen reunións antisemitas en todo o Reich. Von Rath morre mentres se celebraba en Múnic a tradicional conmemoración nazi do 9 de novembro. Hitler abandona o lugar sen pronunciar o discurso esperado. Daquela, Goebbels pronuncia unha violenta diatriba antisemita: é o sinal do pogrom que se debía perpetrar sen que o NSDAP aparecese en primeiro plano e polo tanto, non fose sinalado como o incitador. Entre os pogromistas36 están en primeira ringleira axentes provocadores, axudados polos xefes do partido e polas organizacións nazis (entre as cales se atopaban as mocidades Hitlerianas e os SA aos que axiña se lles xuntan as SS). 30 O Joint Distribution Commitee solicitoulle á Axencia Xudía que lles cedese aos refuxiados certificados de inmigración sobre a cota da que dispoñía (restrinxida, en verdade, polo poder británico). A Axencia rexéitao. 31 Entre 1933 e 1939. 32 Comunidade xudía en Palestina antes da independencia do Estado de Israel. 33 En marzo de 1938, coa Anschluss un total de cento oitenta e cinco mil xudeus pasan a estar baixo o control do Reich. 34 Von Rath morre das súas feridas o 9 de novembro de 1938. 35 Grynzpan, de 17 anos, quixo reaccionar aos sufrimentos que o poder nazi lle infrinxía á súa familia. O 30 de outubro anterior, o goberno alemán expulsara a quince mil xudeus polacos (deixándolles levar unicamente unha maleta e dez marcos a cada un...) de volta a Polonia, que non quería saber nada deles. Estes expulsados, abandonados por todos, quedaron en terra de ninguén entre os dous países. 36 A “Noite de Cristal” non é a primeira manifestación de agresión aberta contra os xudeus, contrariamente á idea recibida máis estendida. Durante o verán de 1938, as sinagogas de Múnic, Nuremberg e Dortmund foran dinamitadas. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 21
  22. 22. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com Dende a noite do nove de novembro ao serán do día dez, os agresores bótanse ao asalto das sinagogas (rouban, saquean e incendian duascentas sesenta e sete), das casas da comunidade, das institucións xudías que aínda se matiñan en pé e incluso dos lugares privados (rouban en casas e apartamentos e destrúen setenta e cinco mil tendas). Asasinan a case un cento de xudeus, varios centos resultan gravemente feridos e violan mulleres malia a prohibición racial, en fin, desencadéase o sadismo. Os nenos xudeus son expulsados dos orfanatos. Arrestan a trinta mil homes, dos cales once mil son enviados a Dachau e preto de dez mil, a Buchenwald: é o primeiro internamento masivo de xudeus debido a súa condición37. En Austria o pogrom aínda é máis brutal ca no “antigo Reich “: destrúense corenta e dúas sinagogas, asasinan a vinte e sete xudeus e un cento resulta gravemente ferido. Arrestan a seis mil cincocentas persoas, a meirande parte das cales se envía a Dachau. Para “reparar os danos”, a comunidade xudía é condenada a pagar unha multa de mil millóns de marcos (catrocentos millóns de dólares ao cambio oficial) que se deducen dos sete mil millóns en bens xudeus bloqueados dende 1938. Os nazis bautizan o pogrom como “Noite de Cristal” (polas toneladas de cristais rotos); foi tolerado co silencio occidental (o fracaso da conferencia de Evián, cfr. supra), pero suscita tanto en Europa como nos Estados Unidos indignación e abatemento, aínda que non modifique nin unha miga as políticas de inmigración a prol dos refuxiados xudeus. A ausencia de ordes formais e o desencadeamento da violencia poden ofrecer a falsa impresión de que se tratou dun motín espontáneo, de feito, a meirande parte da poboación reproba esa violencia e a miúdo resulta impresionada38. Pero hai poucas voces que se ergan para denuncialo, as igrexas por exemplo, non realizan ningunha protesta pública. O réxime nazi decídese a non seguir por esta vía cando se conciencia da repercusión nacional e internacional do acontecemento. Así, a “Noite de Cristal” anuncia a escuridade do proceso legal, burocrático e discreto que ha ser a “solución Final”. Sen embrago, a “Noite de Cristal” provoca unha reacción querida polo poder dende 1933, a saber, a expulsión. Foxen de Alemaña, entre 1933 e 1938, cento cincuenta mil xudeus (dos cincocentos mil censados en 1933), deste xeito chegado 1939, xa emigrara preto da metade da comunidade xudía ... 37 Destes trinta mil internos, de idades comprendidas entre os dezaseis e os oitenta anos, van perecer uns dous mil das sevicias sufridas durante os meses seguintes. 38 Un documento das SS de Austria rexistra inmediatamente despois dos feitos: “O coñecemento en detalle destas agresións tivo unha mala influencia sobre o ambiente xeral. Deste xeito, a boa acollida que inicialmente se lle reservou á acción foise cuestionando logo progresivamente” (citado en G. Botz, La politique nazie d’extermination, op. Cit., p. 217). © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 22
  23. 23. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com Despois das primeiras persecucións emigran trinta e sete mil xudeus. Entre 1934 e 1937, rexístranse arredor de vinte e cinco mil saídas anuais: a metade destes exiliados refúxianse en Europa Occidental (en Francia sobre todo) e un cuarto atopa asilo en Palestina. A política de emigración que preconiza o Reich acelérase coa Anschluss en marzo de 1938. No mes de abril créase en Viena o centro de emigración xudía, á fronte do cal se atopa o axudante-xefe SS Adolf Eichmann, quen en seis meses organiza a semi- expulsión de preto de corenta e cinco mil xudeus, isto é, un cuarto da comunidade39. A consigna é “provocar a saída”. Despois da “Noite de Cristal”, Hitler confíalle a Göring a responsabilidade da “cuestión xudía”. Éste encárgalle a Frick, ministro de Interior, o 24 de xaneiro de 1939, que “organice por todos os medios posíbeis a emigración dos xudeus fóra de Alemaña”. O mes de xaneiro dese mesmo ano, fúndase en Berlín unha oficina similar á de Viena, a “Oficina central para a emigración dos xudeus” que ha ser dirixida por Heydrich, xefe da policía de seguridade. Co terror reinante, despois da “Noite de Cristal”, aceléranse as saídas e así, entre 1938 e 1939, abandonan Alemaña cento vinte mil xudeus. 39 A día 30 de novembro de 1939 abandonan Austria máis de cento vinte e seis mil xudeus (de cento noventa e un mil). No transcurso da guerra, aínda conseguen emigrar uns vinte e tres mil cincocentos. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 23
  24. 24. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com Capítulo III POLÍTICA CAÓTICA: 1939-1941 I.- As vacilacións 1. O acoramento programado no Reich e en Polonia.- A empresa de destrución do xudaísmo europeo é unha mestura de racionalidade burocrática e de improvisación constante. Os seus funcionarios rara vez ven máis aló da etapa en curso. Nada máis comezada a guerra, planifícase o racionamento e organízase a fame segundo unhas formas esaxeradamente exhaustivas. A partir de decembro de 1939, os xudeus alemáns son excluídos das distribucións especiais de alimentos e logo, en marzo de 1949 dáse a orde de seren identificados marcando cun “J” nas tarxetas de racionamento40. Só poden mercar nas tendas nunhas horas determinadas (en Berlín, dende as 16 ás 17 horas). En setembro 1939, élles imposto un toque de queda dende as oito da tarde e sonlles confiscadas as radios. En novembro, engádense as restricións de desprazamento, tanto no que atinxe a horarios como a lugares, ao tempo que se lles prohibe o uso de transportes comúns en setembro de 1941, e máis adiante, calquera tipo de transporte público (marzo de 1942). En setembro de 1941, o goberno obrígalle a levar a estrela de David a todo xudeu alemán maior de seis anos cosida no lado dereito da roupa e onde se destaque a palabra JUDE en caracteres negros sobre o fondo amarelo41. Nese mesmo momento, e este feito non é casual, prohíbeselles aos xudeus que abandonen o seu lugar de residencia. Un mes máis tarde, a Europa alemá féchase definitivamente á emigración xudía. A política de exclusión é aínda máis brutal en Austria (Ostmark). A partir de outono de 1939, os cento cinco mil xudeus de Viena son reagrupados e amoreados nuns cantos barrios da cidade. Instálase a miseria: a comunidade distribúelles unha comida diaria a máis de trinta e tres mil 40 Logo, a partir de marzo de 1942, a palabra JUDE en diagonal. 41 Prodúcese a coincidencia simbólica de que é o mesmo día en que os xudeus alemáns teñen que devolver as medallas e as condecoracións. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 24
  25. 25. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com persoas42. O proceso de destrución progresiva experiméntase en Viena con máis intensidade, cada etapa prepara e reforza a seguinte. Trátase dunha preparación psicolóxica que abre a vía cara a unha radicalización violenta. Polonia capitula o 25 de setembro e desaparece como Estado despois da invasión realizada por Alemaña o día 1 de setembro e despois de ser tamén invadida pola Unión Soviética o 17 de setembro de 1939. Queda dividida en catro zonas: unha parte é anexionada por Alemaña (Warthegau)43, outra é anexionada pola Unión Soviética, a zona de Vilna anexiónaa Lituania e queda un resto que ocupan os alemáns e que bautizan co nome de “Goberno Xeral”. En outono de 1939, quedan baixo o control alemán un millón novecentos mil xudeus: douscentos mil no Warthegau e un millón trescentos mil no “Goberno Xeral”. Nada máis ocuparen o país, as condicións que os alemáns estabelecen para a poboación xudía están marcadas por unha violencia inaudita. Os máis vellos, que aínda lembran a ocupación alemá de 1914, séntense derrotados. A partir de novembro de 1939, no “Goberno Xeral”, os xudeus son constrinxidos a levar un brazal branco no que debe ir inserido unha estrela de David de cor azul. No Warthegau, deben lucir dúas estrelas na roupa, unha no peito e outra nas costas. Prohíbese calquera cambio de domicilio a partir do 11 de decembro de 1939 e quedan sometidos ao toque de queda dende as 21 horas ás cinco da mañá. Tamén se lles prohíbe o uso dos trens a partir de xaneiro de 1940, téñense que censar obrigatoriamente e nos documentos de identidade debe figurar unha marca especial. As comunidades xudías pequenas (menos de cincocentas persoas) quedan disoltas, as vilas nas que residen son arrasadas e incendiadas, e as “operacións de reagrupamento” dan lugar a brutalidades sistemáticas. Os bens que deixan os xudeus son declarados “abandonados”. Os talleres, as tendas e as empresas téñense que traspasar aos alemáns “étnicos” por un prezo módico. No “Goberno Xeral”, en fin, legalízase o traballo forzado a través do decreto de 26 de outubro de 1939, que en realidade, consiste nunha explotación ilimitada dos xudeus. 2. Emigración e arredamento.- Entre 1933 e 1939 a través da acumulación errática de decisións, a Alemaña nazi busca a saída masiva dos xudeus alemáns. Mais o soño dunha nación judenrein afástase conforme se reforza o III Reich: a Anschluss en marzo de 1938, a anexión dos Sudetes en outubro do mesmo ano e despois do Protectorado de Bohemia e Moravia en marzo de 1939, provoca que tan só nun ano o 42 Basicamente, a poboación dunha idade avanzada: os menores de corenta anos só representan un 15 % da comunidade xudía vienesa. 43 A Alemaña anexiona dous territorios coa calidade de Reichgaue, Dantzig e Wartheland. Este último territorio, situado arredor de Poznan (Posen) e de Lodz (Litzmannstadt), desígnase co termo de Warthegau. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 25
  26. 26. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com “problema xudeu”, polo menos dende o punto de vista numérico, se convirta para o Reich en algo tan importante como en 1933. Co estouramento da Segunda Guerra Mundial, a “cuestión xudía” adquire unha envergadura excepcional. En setembro de 1939, a data é simbólica, Himmler, xefe supremo da policía e das SS, funda a RSHA44 (Reichssicherheitshauptamt, Oficina central para a seguridade do Reich) e coloca a Reinhard Heydrich na súa dirección. Dentro desta, a oficina IV ten un departamento para a “cuestión xudía” que dirixe Adolf Eichmann, anteriormente responsábel da “emigración” xudía en Viena. Ao someter Polonia como un Estado vasalo (setembro de 1939), Alemaña controla un dos dous centros vitais do xudaísmo europeo e mundial. Ao mesmo tempo, redúcense as posibilidades de emigración masiva conforme se vai prolongando a guerra co Reino Unido (1940-1941). Os responsábeis alemáns intentan en dúas ocasións, polo menos, poñer en marcha un proxecto de “reserva xudía”. En setembro de 1939, un primeiro proxecto de Heydrich prevé expulsar os xudeus en masa das rexións xermano-falantes cara ao distrito de Lublin situado no “Goberno Xeral”. O seu gobernador, Hans Frank, non quere que a súa colonia modelo se convirta nunha “reserva xudía”. Göring, como responsábel da economía alemá non ten mentes de privar os territorios incorporados ao Reich dunha man de obra sometida. Esas dúas resistencias xuntas explican, cada unha no que lle corresponde, o abandono do proxecto de “reserva xudía” en Polonia chamado “proxecto Nizkor”. De feito, en marzo de 1940 prohíbense as deportacións cara ao “Goberno Xeral”. O 25 de maio de 1940, Himmler envíalle a Hitler un memorando que trata da “emigración de todos os xudeus cara a África ou outros lugares das colonias”. Despois da derrota francesa, Eichmann estuda un proxecto de emigración para catro millóns de xudeus cara á illa francesa de Madagascar (50 000 km2) que se realizaría en catro anos, previamente evacuaríanse os vinte e cinco mil colonos franceses... Tal é en substancia o segundo proxecto de emigración masiva coa finalidade de crear unha reserva xudía á cabeza da cal habería un gobernador alemán que á súa vez estaría baixo as ordes de Himmler. A idea non é nova. Polonia xa o tentara en 1937 e comunicárallo ao goberno francés. A convención de armisticio franco-alemán de 1940 prevía a cesión de Madagascar ao Reich, pero a contínua guerra contra os británicos desbarataba os planos iniciais: cómo se traslada a catro millóns de xudeus por vía marítima? Hitler collido entre a espada e a parede (a guerra no Oeste e o “problema xudeu”) escolle a fuxida cara a adiante na única guerra que vale 44 O RSHA está formado pola policía de seguridade, órgano do Estado do que dependía a Gestapo, e a SD, órgano do partido. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 26
  27. 27. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com para el, a invasión da Unión Soviética. Pero a “cuestión xudía”, duplícase en intensidade, porque Alemaña ten daquela, no verán de 1941, o control da meirande parte do xudaísmo europeo. Ademais, a natureza da guerra iniciada contra o bolxevismo, criatura dos xudeus a ollos do antisemitismo europeo, implica a destrución do xudaísmo soviético, é dicir, unha “guerra de exterminio” como puntualiza varias veces Hitler (Vernichtungskrieg). Neste contexto, o proxecto Malgaxe, aparcado dende o outono de 1940, fica oficialmente abandonado en febreiro de 1942. En outubro de 1941, Alemaña cambia totalmente de política e decide prohibir todo tipo de emigración. Con todo, calcúlase en cincocentos trinta e sete mil o número de xudeus que puideron saír de Europa: trescentos sesenta mil do “antigo Reich”, cento corenta e sete mil de Austria e trinta mil de Bohemia-Moravia. II.- Traslados e confinamentos: A morte programada do gueto Durante os primeiros meses da ocupación, a comunidade xudía polaca segue a crer que a tempestade é pasaxeira. Ninguén albisca, nin de lonxe, a “Solución Final”. “E cando tomaron Levenberg45, produciuse unha grande traxedia. O fillo berrou: “deixade o meu pai e collédeme a min no seu lugar!” e ao final colleron aos dous (...) e disparáronlles cadansúas balas na cabeza” (decembro de 1939).” A partir de 1939, conforme ás ordes dadas por Hans Frank, os xudeus son reunidos e amoreados nun barrio da cidade, completamente amurallado e sometido a toque de queda dende as sete da tarde até as sete da mañá do día seguinte. Oficialmente, trátase de controlar o tifo e erradicar o mercado negro xudeu. Oficiosamente, o gueto debe supor a representación da “selección natural” a través da fame, do esgotamento e das epidemias. En Lodz (rebautizado Lizmannstadt) inaugúrase o primeiro gueto en abril de 1940. Axiña virían o de Varsovia (outubro de 1940), o de Cracovia (marzo de 1941) o de Lublin (abril de 1941) e o de Lwow (Lemberg, decembro de 1941), o terceiro en importancia despois do de Varsovia é Lodz. Non existen nin planos de conxunto, nin modelo único para imitar, pero en todos eles o contacto co mundo está moi limitado (o teléfono é case inexistente, féchanse a meirande parte das sucursais bancarias), mentres que dentro, contrariamente á ilusión dos primeiros tempos, a presenza alemá é poderosa grazas á Gestapo e á Kripo (policía penal). A finais de 1941, case todos os xudeus do “Goberno Xeral” están choídos nos guetos e na Unión Soviética xa levan seis meses de asasinatos en masa. 45 Declaración de Zvi Pachter, xuízo a Eichmann, Xerusalén, maio de 1961. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 27
  28. 28. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com 1. Lodz e Varsovia.- O gueto de Lodz é un barrio infecto no que se amorean sesenta e dous mil xudeus. Trasládanse alí uns cen mil máis algunhas semanas despois, facendo que a densidade de ocupación nos apartamentos aumentase até seis persoas por cuarto. Dende outubro de 1941, o gueto serve de centro de tránsito para os xudeus deportados do Reich, así como para un certo número de xitanos, constituíndo a última etapa antes do seu asasinato. O amoreamento, a fame e as epidemias producen os efectos que se contaban. En 1941, o gueto recibe 2438 t de fariña, en agosto recibe 1210 t e as racións redúcense46 paulatinamente até a liquidación final en agosto de 1944. Por se non abondase, hai dous organismos que realizan o reparto de alimentos e os “filtran”: primeiro os alemáns e logo, o Consello Xudeu. Este percorrido fomenta favoritismos e corrupción e non é raro que os paquetes de alimentos que chegan intramuros sexan a miúdo consumidos pola policía o gueto. Un cuarto da poboación recluída (duascentas mil) morre no gueto, outras cincuenta e cinco mil desaparecen nas deportacións dos cinco primeiros meses do ano 1942. As deportacións máis masivas teñen lugar entre o 5 e o 12 de setembro de 1942. Shloyme Frank comenta unha destas “Aktion” alemás: “as nais tremían de angustia polo medo que tiñan de que lles arrincasen os fillos, e toleaban subitamente. Os nenos pegábanse ás nais, abrazábanse ás súas pernas e imploraban piedade (...). Descubriron todos os agochos, e os nenos foron abatidos diante dos ollos de seus pais”. No terceiro día da “Aktion”: “O sangue manchaba as rúas. Mortos, mortos e máis mortos. (...) Un terceiro asasino (un tal Schmidt) xuntou a catro nenos, obrigounos a axeonllarse e mandoulles abrir a boca. Os nenos, abriron a boca albos de medo e disparou consecutivamente en cadansúa boca. (...) Non houbo quen botase un berro. Quedaron estendidos no chan, tesos de morte, na beirarrúa da rúa Lagewnicka” 47. A finais de 1942, Lodz devén por defecto, e por razóns económicas (a SS véndelles man de obra xudía servil a numerosas empresas alemás locais) o maior gueto polaco: hai oitenta mil persoas que teñen dereito a racións alimentarias semellantes ás dun prisioneiro e traballan doce horas ao día. O gueto liquídase en 1944, e o seus superviventes son deportados a Auschwitz. 46 “O presidente convocou hoxe os dirixentes de todos os talleres: “Tendes que saber, declarou o presidente, que no gueto xa non queda nada que comer. A razón é que todos os transportes por tren están destinados aos militares, e que cando intento intervir para que nos envíen algúns vagóns de fariña ou de patacas, respóndenme que os alemáns tamén padecen fame. Os militares teñen a prioridade, despois vén a poboación civil alemá, logo os polacos e en último lugar, en caso de que quede algún vagón, nós obteríamos algo” (Shloyme Frank, “Diario do gueto de Lodz”, o 14 de xullo de 1942, en Le Monde juif, núm. 154, maio de 1995, p. 62). 47 En Le Monde juif, maio de 1995, p.79. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 28
  29. 29. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com Antes da guerra vivían en Varsovia trescentos noventa e tres mil xudeus. En agosto de 1940, os alemáns dividen a cidade en tres barrios (alemán, polaco e xudeu) e o 2 de outubro deciden crear o gueto ao que non van volver chamar “barrio xudeu”. Féchase o 16 de novembro de 1940 despois de ser rodeado por muros altos, encarréirase cara a alí cento trinta e oito mil xudeus a un espazo extremadamente reducido. En 1941, o gueto conta con preto de catrocentos setenta mil xudeus e malia fame omnipresente e as doenzas, a vida é extraordinariamente viva. Esta “sociedade libre de escravos48” desprega unha intensa actividade social. En xaneiro de 1942, as cantinas distribúen setenta mil comidas a mediodía. Os comités dos inmóbeis xestionan os problemas cotiáns, ponse en marcha un ensino clandestino, abeirándose nos yeshivot49 e nos oficios relixiosos. A vida cultural continúa: móntanse obras de teatro e, arredor do historiador Emmanuel Ringelblum existe todo un equipo (Oneg Shabbath, a ledicia do Shabbath...) encargado do arquivo dos documentos que relatan día a día o esmagamento dunha comunidade de preto de medio millón de seres humanos. O mercado negro prospera porque a comida chega en cantidades irrisorias. O gueto morre a modiño grazas á vontade alemá e á pasividade cando non á complicidade polaca. O presidente do Consello Xudeu, Czerniakow, anota en maio de 1941: “Nenos morrendo de fame”. A ración de pan cae a 700 gramos á semana, morren de inanición nas rúas, e triplícase a mortalidade en dous meses. A comezos de 1942, a ración de base cae a 500 gramos de pan á semana. Calcúlase que non baixa do 40 % o número de enfermos que existen permanentemente, dezmados pola tuberculose, a gripe e sobre todo polo tifo. A principios de 1942, o gueto ten un nacemento por cada corenta e cinco mortes. Antes do comezo da “grande acción” de xuño de 1942, o acoramento programado asasinou a oitenta e tres mil persoas. 2. Os Consellos Xudeus.- Os Consellos Xudeus nacen dunha iniciativa alemá50 procedente do “Goberno Xeral” e recollido polo decreto de 28 de novembro de 1939. O fin que persegue é que a propia comunidade xudía se encargue das tarefas administrativas e burocráticas esenciais e específicas como son o censo, o espolio e posteriormente a súa deportación. Xa que logo, o Consello Xudeu é un intermediario entre as autoridades alemás e as comunidades xudías. Dito doutra maneira, os xudeus por entremedias do Consello que lles é imposto teñen que facerse cargo, etapa tras etapa do seu asasinato, pensando sempre que aceptando unha catástrofe 48 E. Ringelblum, en Chronique du ghetto de Varsovie, Paris, Payot, 1995. 49 Escola de estudos relixiosos. 50 E isto despois da creación o 4 de xullo de 1939 da Reichsvereinigung der Juden in Deutschland até a Asociación dos xudeus húngaros do 19 de abril de 1944. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 29
  30. 30. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com pode evitar a seguinte, que sempre semella aínda peor. Unhas veces o Consello51 é nomeado directamente polos alemáns, e outras, que é o caso máis frecuente, está organizado dentro da comunidade a través dos seus xefes tradicionais tanto laicos como relixiosos. Na maior parte dos casos, recolócanse os notábeis xudeus de pre-guerra nas súas funcións que, evidentemente, xa non teñen nada que ver coas da vida comunitaria de antes. O Consello Xudeu cae na trampa: convértese nunha administración municipal de facto, pídeselle que resolva os problemas da autarquía imposta sen darlles os medios que precisan, e facendo que dependa do exterior simplemente para sobrevivir. O abraio organizado polos alemáns favorece o clientelismo e a corrupción. O Consello de Varsovia conta con preto de seis mil empregados, á súa cabeza está o enxeñeiro Adam Czerniakow (1880-1942), antigo presidente da kehilla (comunidade). Ten que xestionar a distribución das tarxetas de racionamento, o reparto da comida nas cantinas populares, o destino dos apartamentos, recadar os impostos e administralos, organizar os medios sanitarios e o traballo interno e externo baixo o control dos alemáns en todos os eidos citados. Mais, o Consello tamén ten para o ocupante a función de desviar a cólera das vítimas contra a xente da súa propia comunidade, uns teñen unha devoción militante admirábel, mentres que outros actúan como verdadeiros oportunistas. A Alemaña nazi destrúe prioritariamente as elites das “nacións escravas” que someten (Polonia, Rusia etc.). Porén, as elites xudías son as últimas en seren eliminadas: o aparello de Estado alemán precisa das instancias comunitarias até o último momento para controlar mellor a unha poboación destinada á aniquilación física na súa totalidade. Os Consellos Xudeus, e a policía xudía máis aínda, suscitan unha reacción violenta porque facilitaron unha obra de destrución que ninguén, en 1940, nin tampouco en 1941, podía entrever na súa amplitude. Quizais Adam Czerniakow, unha das grandes figuras do gueto de Varsovia, comprendeu a magnitude da catástrofe, e por iso decide a finais de xuño de 1942, poñer fin aos seus días tragando unha cápsula de cianuro que levaba consigo. III.- A viraxe do verán de 1941: A primeira fase do xenocidio 1. A creación dos Einsatzgruppen.- Na primavera de 1941, no máis grande dos segredos, créanse catro comandos que cubrirían o espazo da fronte, operando na retagarda do exército e que se encargarían de asasinar a 51 A unha comunidade de menos de dez mil persoas correspóndelle un Consello de doce membros, se sobrepasa a cantidade anterior correspóndenlle vinte e catro membros. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 30
  31. 31. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com xudeus e a comisarios políticos da Unión Soviética52. Forman os Einsatzgruppen ou “grupos de acción especial”53 arredor de tres mil homes, todos voluntarios, mandados por oficiais de alta graduación, entre os cales se atopan algúns homes da igrexa e intelectuais brillantes. Cada un deles conta entre cincocentos e mil homes. O Einsatzgruppe A depende dos exércitos norte, o B depende do exército do centro, o C do grupo do exército do sur, e o D depende do XI exército (cfr. Mapa I). Xa non é cuestión de expulsións nin de campo de traballo. O asasinato en masa está programado nuns “operativos de matanza móbiles” (Hilberg). Dos tres millóns de xudeus que habitan nos territorios invadidos a partir do 22 de xuño de 1941, un millón e medio consegue escapar. Os masacres comezan en xuño, e adquiren carácter masivo a partir do mes de agosto. Richard Heydrich, ordena o 17 de xullo de 1941, que se 52 A “particular” natureza desta guerra vese reafirmada polo número de comandantes do exército regular. Así, esta orde do mariscal von Reichenau, comandante en xefe do 6º exército na fronte rusa, o 10 de outubro de 1941: “O fin máis importante da guerra contra o sistema xudeu-bolxevique é a destrución total dos seus medios de acción e a eliminación da influencia asiática na cultura europea. Nesta instancia, as tropas atópanse en presenza de tarefas que sobrepasan a simple rutina militar. O que combate nos territorios do Leste non é só un soldado segundo as normas da arte militar, senón tamén o portador dunha despiadada ideoloxía nacional e o vingador das brutalidades das que foron vítimas os alemáns e os países racialmente vencellados con ela. Por iso o soldado debe comprender as necesidades de vinganza severa pero xusta contra esta humanidade inferior que é a xudería” (en Procès des grands criminels de guerre devant le Tribunal militaire international de Nuremberg, 1947-1949, vol. 4, p. 476). 53 Os Einsatzgruppen non son cousa nova. Foron visíbeis en marzo de 1938 en Austria, en outubro de 1938 nos Sudetes, en marzo de 1939 no resto de Checoslovaquia, transformada en Protectorado de Bohemia-Moravia. Pero é verdade que daquela aínda non se trataba dunha política de asasinatos en masa. © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 31
  32. 32. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com identifiquen entre os prisioneiros de guerra soviéticos aqueles que tivesen responsabilidades dentro do partido bolxevique ou dentro do Estado e, en segundo lugar, que se identifiquen os xudeus. Os primeiros teñen que clasificarse, segundo as súas funcións, en once categorías, e os segundos deberán ser executados sen xuízo. 2. Os “Operativos de matanza móbiles”.- A partir de finais do mes de xuño de 1941, na retagarda da fronte soviética, sucédense os fusilamentos sen interrupción. E contrariamente ao que ocorrerá despois en que vai prevalecer a prudencia, estes masacres aínda non se realizan en segredo. Os Einsatzgruppen capturan a unha poboación xudía composta na maior parte dos casos por mulleres, nenos e vellos, porque a maioría dos homes están servindo no exército vermello e logo agrúpana nos arrabaldes ou en lugares arredados das cidades. Antes de que actúen estes comandos, os invasores organizan un destacamento de “traballadores xudeus” que empregan para cavar os foxos comúns e ao mesmo tempo preparan un cordón policial arredor da vila ou do barrio. A maior parte dos xudeus acoden ao lugar en que son convocados, algúns agóchanse, pero se son descubertos fusílanos in situ ou quéimanos vivos54 nas súas casas. Dende o lugar de concentración e en grupos de cincuenta a cen persoas, a pé ou en camión, conducen ás vítimas ao lugar do masacre sen que entre elas medie moita distancia. Unha vez que chegan ao lugar, íspense e colócanse na beira do foxo, reciben sucesivas raxadas de disparos, caen enriba dos corpos dos primeiros caídos e van agonizando baixo o peso dos seguintes, por veces, algúns quedan horas enteiras respirando mentres se desangran. O símbolo desta destrución en masa está representado polos fusilamentos de Babi Yar en setembro de 1941. O exército alemán entra en Kiev o 19 de setembro de 1941, dez días despois (entre os días 29 e 30 de setembro), o comando do Einsatzgruppe C masacra a trinta e tres mil setecentos setenta e un xudeus, non moi lonxe desa cidade ucraína, na canteira de Babi Yar. Os einsatzkommandos alemáns vixían e colocan en ringleiras os xudeus, teñen como axudantes aos ucraínos que destacan pola súa brutalidade, condúcenos ao lugar e fórzanos a espirse e a entregarlles os seus obxectos de valor. Logo lévanos, sempre espidos, a unha canteira de 150 m de lonxitude, 30 m de ancho e 15 m de profundidade. Kurt Werner, membro do comando especial SK 4a descríbeo así : “ (...) Despois de chegar ao lugar da execución, tiven que baixar inmediatamente ao fondo da foz cos meus camaradas. Non houbo que agardar moito para que fosen conducidos alí os primeiros xudeus e baixasen a aba. Os xudeus tiñan que deitarse e coa cara pegada á terra. No fondo do foxo, os executadores foron 54 Como o caso de Minsk. Outros foron afogados (Mar Negro). © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 32
  33. 33. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com divididos en tres grupos duns doce homes. Todos os xudeus foron conducidos ao mesmo tempo perante os pelotóns de fusilamento. Os seguintes tiñan que deitarse enriba dos corpos dos que acababan de ser executados. Os verdugos púñanse detrás deles e abatíanos cunha bala na caluga. Aínda hoxe me lembro que sentaban co arreguizo que lles producía veren os cadáveres ao chegaren á beira do foxo. Moitos deles daban en berrar arrepiados”55. Masacres a gran escala tamén as perpetra o exército romanés cando ocupa Odessa o 16 de outubro de 1941. Once días máis tarde, os partisanos soviéticos fan estourar o seu cuartel xeral. As represalias romanesas abátense sobre os xudeus que deben entregar un refén por familia no mesmo momento. O 28 de outubro de 1941, nos días seguintes ao atentado, fusilan a dezanove mil persoas en Odessa, mentres que a algúns quilómetros de alí, amorean a outros trinta mil dentro duns inmensos almacéns e ametrállanos para finalmente queimalos vivos. Estas matanzas esporádicas non afectan unicamente ao territorio soviético, de xeito que moitas pequenas comunidades xudías de Polonia son aniquiladas da mesma maneira entre 1942 e 1943 : por exemplo, a matanza de Jozefow, unha aldea situada ao sudeste de Lublin no “Goberno Xeral” perpetrada o 13 de xullo de 1942, polo 101 batallón de reserva da policía alemá. Un destes policías, Wilhem G. describe a acción : “Comezábamos a disparar á altura da vista. Cando algún de nós apuntaba moi alto, estouraba todo o cranio e saían voando por todos os lados miolos e ósos. Daquela dixéronnos que colocásemos a punta da baioneta na caluga.”56. Outro verdugo precisa: “Disparando así, a queimarroupa, a bala daba na cabeza da vítima e collía unha traxectoria de tal que se levaba por diante o cranio enteiro, ou polo menos, a parte de atrás da caixa cranial: o sangue, as lascas de ósos e os miolos esparexíanse por todos lados e mesmo salpicaba aos que disparaban”57. Dos cincocentos homes que formaban a tropa de Josefow, rexeitaron formar parte daquela matanza unha ducia deles e iso que o comandante do batallón lle deu esa posibilidade a todos. Foron poucos e raros os casos nos que se produciu o rexeitamento a obedecer as ordes, e dos casos coñecidos, en situacións como estas, non houbo sancións. “(...) No entanto, o suboficial de artillería Kosar atopoume neste lugar e ordenoume que participase na execución como previamente se decidira. E eu negueime, porque non podía abrir fogo sobre uns homes sen defensa, eu non quería ser un asasino (...) Eu non sufrín ningún tipo de 55 En Pour eux, “c’était le bon temps”. La vie ordinaire des bourreaux nazis, Ernest Klee, Willy Dressen, Volker Riess, Plon, 1990, p.61 (1º edición alemá 1988, traducido do alemán ao francés por Catherine Métais-Bührendt). 56 En Christopher Browning, Des hommes ordinaires, Les Belles Lettres, 1994, p. 90. 57 ibídem, p.90-91 © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 33
  34. 34. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com represalia, como consecuencia da miña negativa a formar parte do pelotón de execución.” 58. A “caza do xudeu” (a expresión pertence a un dos asasinos) prosegue en 1942 e 1943, “era o pan de cada día”59. O exército regular non só asiste ás matanzas, senón que moitas veces lles ofrece un grande apoio aos asasinos tal e como se produce en Serbia, en Bielorrusia, en Rusia, en Ucraína e nos Países Bálticos: “Mesmo chegou a ocorrer que un dos membros da Wehrmacht nos quitase das mans a carabina e el mesmo disparase en vez nosa no pelotón de execución”60. Dende finais de xuño de 1941 ao mes de xaneiro de 1942, os Einsatzgruppen asasinan a oitocentas mil persoas61. Até finais de 1942, o resultado en número de mortos dos Einsatzgruppen acada a cantidade dun millón trescentas mil vítimas xudías. Pero as testemuñas son moitas e molestas, comezando polas do exército regular. Ás veces aos asasinos dáselles por falar, sobre todo, cando están demasiado bébedos para continuar abatendo xente. O método aínda 58 Un testemuño entre outros tantos, como o dun membro do 3º escuadrón do II destacamento da policía montada que conta as execucións dos xudeus perpetradas en Hrubieszow, na URSS, en 1941... (en Pour eux..., op. cit., p.72). 59 En Browning, Des hommes ordinaires, op. cit., p. 169. Velaquí unha lista, incompleta polas carencias que presentan os arquivos, extraída dos informes secretos e diarios dos batallóns de policía que operan na Rusia Meridional (en Des hommes ordinaires, p. 32-33): - 19 de agosto de 1942: o 314 batallón fusilou vinte e cinco xudeus. En Slavuta, o 45 batallón fusilou cincocentos vinte e dous xudeus; - 22 de agosto: o 45 batallón fusilou sesenta e seis xudeus na primeira acción e catrocentos setenta e un na segunda. - 23 de agosto: o 314 batallón fusilou trescentos sesenta e sete xudeus nunha “acción de limpeza”. - 24 de agosto: o 314 batallón fusilou douscentos noventa e catro xudeus, o 45 batallón fusilou sesenta e un xudeus, o “escuadrón de policía” (policía a cabalo) cento trece xudeus; - 25 de agosto: o rexemento de policía da rexión Sur fusilou mil trescentos vinte e catro xudeus; - 27 de agosto: segundo un informe, o rexemento de policía da rexión Sur fusilou cincocentos corenta e nove xudeus e o 314 batallón fusilou sesenta e nove xudeus. Un segundo informe apúntalle na conta do rexemento de policía da rexión Sur un total de novecentos catorce xudeus fusilados. - 28 de agosto: o reximento de policía da rexión Sur fusilou trescentos sesenta e nove xudeus, etc. 60 Erich Heidborn, membro do comando especial 4a (citado en Pour eux..., op. cit., p.116). 61 Exemplo do balance do Einsatzgruppe A que operaba nos Países Bálticos e na Rutenia branca, a primeiros de febreiro de 1942. Execucións: - xudeus: 229 063 (95’3%) - comunistas e partisanos: 9 400 (3’9%) - enfermos mentais: 1 635 (0,7%) - “Especiais”: 312 (0’1%) (en H. Krausnick e H.-H. Wilhelm, Die Truppe des Weltanschauungs-krieges. Die Einsatzgruppen der Sicherheitspolizei und des SD 1938-1942, Stuttgart, DVA, 1981, p.607). © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 34
  35. 35. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com non está preparado de todo, estima Himmler cando visita62 Minsk cara ao 15 de agosto de 1941. Cómpre que o proceso de asasinato masivo sexa máis rápido, máis discreto e menos desmoralizante. De aí que naza a idea por experimentar cos camións de gas uns meses máis tarde. Sen embargo, dende o punto de vista dos asasinos, a operación constituía un éxito grazas á colaboración do exército regular, á actitude da poboación local que, por veces, actuou como unha axudante dos alemáns (tal é o caso dos países Bálticos e de Ucraína) e, grazas tamén á parálise que sufrían as vítimas civís, composta maioritariamente por mulleres, nenos e vellos que estiveron mal informados durante moito tempo da realidade nazi por causa da propia censura soviética, e que, en fin, foron abandonados por todos. IV.- A decisión do xenocidio63? Mentres se producen estas carnicerías, Alemaña fecha as fronteiras do continente e comeza a aplicar ao conxunto do xudaísmo europeo a política do asasinato masivo. Desta decisión64, que tomou Hitler, e da que quedaría unicamente unha mostra verbal, consérvase un documento do ministro de Interior Göring, redactado por Eichmann con data de 31 de xullo de 1941, e dirixido a Heydrich, xefe do RSHA: “(...) Polo presente, trasládolle a encomenda de que se tomen todas as medidas preparatorias necesarias, sexan estas de carácter organizativo, de aplicación ou de medios materiais, conducentes a obter unha solución total para a cuestión xudía na zona de influencia alemá en Europa (...)”. Estaba previsto que a guerra contra a Unión Soviética durase uns meses, e así o exército de terra fixara o remate da mesma para mediados de setembro. A comezos de 1941, escurécense estes horizontes porque xa non hai posibilidade de estar en Moscova o 15 de agosto e terminar a guerra o 1 de outubro como Hitler desexara e predicira. Nos seus monólogos de agosto e de setembro de 1941, a Hitler vólvelle a remoer a lembranza da desfeita de 191865. 62 Despois desta visita, Himmler encárgalle a Nebe, xefe do Einsatzgruppe B, que busque un medio de execución “máis humano” (para quen?). 63 A palabra forxouse a finais da guerra (cfr. cap. VI). 64 Hai que falar dunha única decisión ou máis ben dun proceso de decisión complexo como preconiza Marlis Steinert? (en Hitler, Hachette, col. “Pluriel”, 1992, p. 482). 65 En presenza de Heydrich e de Himmler o 25 de outubro de 1941: “Esta raza criminal ten na conciencia os dous millóns de mortos na Primeira Guerra Mundial e agora a centos de miles. Que non se me diga que non podemos envialos ás lameiras. Quen se ocupa dos nosos homes?” (citado por Marlis Steinert, op. cit., p. 488). © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 35
  36. 36. Historia da Shoah, Georges Bensoussan - http://www.bivir.com Quizais sexa sobre finais do mes de setembro de 1941, sobre este fondo de angustia psicótica característica do panxermanismo66, cando Hitler, obsesionado polo medo dunha derrota, toma a decisión de aniquilar masivamente os xudeus de Europa. A guerra do Leste permítelle poñer en práctica a política que levaba degorando dende había tempo. Coa viraxe que experimentaron os Einsatzgruppen na segunda quincena de agosto de 1941 confírmanse os alicerces ideolóxicos e militares da decisión. Entre o 22 de xuño e o 15 de agosto de 1941, os Einsatzgruppen asasinan arredor de cincuenta mil persoas a razón de vinte e cinco mil persoas ao mes. Pero dende mediados de agosto a mediados de decembro de 1941, acada un total de catrocentas cincuenta mil execucións, isto é, a razón de cento dez mil ao mes. Os xudeus “pagan”o fracaso da guerra lóstrego. Podemos, pois, ver que se producen dous momentos “nas” decisións que conducen ao xenocidio: o primeiro, a mediados de agosto de 1941, determina o asasinato de todos os xudeus soviéticos. E o segundo, probablemente despois do 20 de setembro de 1941, que decide o masacre de todos os xudeus de Europa. De feito, entre mediados de setembro e mediados de outubro de 1941, a trampa vaise tecendo sobre os xudeus de Europa. O 23 de outubro de 1941, prohíbese a emigración dos xudeus en todos os países de Europa (e non unicamente aos xudeus do Reich). A finais do mesmo mes comeza a construción do campo de exterminio de Belzec, en Polonia. Estamos a 18 de novembro de 1941, Rosenberg recibe a prensa e declara “confidencialmente” que a “cuestión xudía” pasa polo “exterminio biolóxico de todos os xudeus de Europa”. Once días máis tarde, Heydrich envía a convocatoria para a conferencia de Wannsee prevista inicialmente para o 9 de decembro de 194167. O destino do xudaísmo europeo quedou selado coa invasión da Unión Soviética. Da mesma maneira, o destino dos exércitos alemáns ditaba o dos xudeus de Europa. Fose cal for o resultado da guerra armada, se fose desfavorábel, evitaríase a “puñalada” de 1918, acabando polo menos co pobo xudeu. E se fose favorábel, existiría a posibilidade de rematar co problema non só porque as posibilidades de emigración fosen inexistentes, senón e sobre todo, porque o control da case totalidade dos xudeus de Europa ofrecía a ocasión68 de eliminalos definitivamente. 66 O 26 de xullo de 1941, Hitler arenga con novas directivas propagandísticas: “O pobo ten que saber que Alemaña combate nestes momentos pola súa simple existencia e que nós temos que escoller entre unha liquidación absoluta da nación alemá e a dominación do mundo.” 67 Durante o xuízo en que estaba sendo xulgado en Xerusalén, Eichmann declara que fora informado dunha orde de exterminio dos xudeus para “dous ou tres meses despois do 22 de xuño de 1941”. Convocado por Heydrich, oíu a seguinte frase: “O Führer ordenou o exterminio físico dos xudeus, isto díxomo así. E como se quixese agora controlar o efecto das súas notas, fixo unha longa pausa, contrariamente ao que adoitaba facer. Aínda hoxe me lembro” (en Das Eichmann Protokoll, Frankfurt, Ullstein, 1984). 68 En marzo de 1942, o especialista da “cuestión xudía” no Ministerio de Asuntos Exteriores do Reich, Franz Rademacher, solicita un axudante máis para o departamento de “Asuntos Xudeus” por causa do aumento do traballo: “Canto máis inminente semella a vitoria alemá, máis importante e urxente se fai a © desta edición electrónica, Asociación de Tradutores Galegos, 2005 36

×