Declaración institucional día holocausto 2012
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Declaración institucional día holocausto 2012

on

  • 594 views

Declaración Institucional do Parlamento de Galicia co gallo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto...

Declaración Institucional do Parlamento de Galicia co gallo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto
Texto da Declaración Institucional do Parlamento galego aprobada e lida en solemne sesión plenaria hoxe 15 de febreiro de 2012. (o retraso en relación co día oficial é debido a imposibilidade polo calendario parlamentar de celebrar Pleno da Cámara ate hoxe)/

Santiago de Compostela, 15 de Febreiro de 2012

Statistics

Views

Total Views
594
Views on SlideShare
594
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Declaración institucional día holocausto 2012 Declaración institucional día holocausto 2012 Document Transcript

    • Declaración institucional do Parlamento de Galiciaen relación co Día Internacional de Recordo dasVítimas do HolocaustoO 27 de xaneiro conmemórase un ano máis o Día Internacional enMemoria das Vítimas do Holocausto. A decisión de designar unhadata que anualmente lembre as atrocidades dunha traxedia comoa da Shoáh foi tomada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas unprimeiro de novembro do 2005.Despois de aprobar a resolución, a Secretaría Xeral das NaciónsUnidas denominou este día especial como «un recordatoriofundamental das leccións do Holocausto, unha desgraza sen igualque non pode, simplemente, relegarse ao pasado e esquecerse». Oshorrores da Segunda Guerra Mundial foron sen dúbida uncatalizador para a creación das Nacións Unidas, e non podemos nindebemos esquecer que un dos mandatos fundamentaisconsiderados na súa Carta son os dereitos humanos para todos, sendistinción de raza, sexo, idioma ou relixión.Foi un 27 de xaneiro o escollido como Día Internacional para aRecordación do Holocausto, xa que tal día coma ese de 1945 oexército soviético liberou aquela porta do inferno que foi o campode exterminio de Auschwitz-Birkenau.Non é posible ollar cara a outro lado diante da traxedia sen igual doHolocausto. Desde o Parlamento de Galicia, como representantesdo pobo galego, queremos e debemos lembrala. Porque lembrar é,tamén, unha salvagarda para o futuro, para que nunca máis áprofunda perversión dos campos de exterminio, nunca máis ábarbarie e á degradación dos seres humanos, nunca máis ásideoloxías que só causan destrución e degradación moral.Xa que logo, lembramos hoxe e por sempre:Ás vítimas da Shoáh, aos seis millóns de xudeus de toda Europa que
    • foron perseguidos e aniquilados nos campos de exterminio polosimple feito de seren xudeus.Ao millón e medio de menores, que coa mesma crueldade foronasasinados.Ás decenas de miles de persoas xitanas que correron igual sorte,baixo a delirante idea de non pertenceren a unha suposta razasuperior.Aos miles de demócratas asasinados por combateren a ideoloxíatotalitaria enfrontándose aos designios criminais do III Reich.Ás vítimas que conseguiron sobrevivir ao xenocidio, de quenaprendemos a súa lección de enteireza e de loita.Aos que arriscando a súa propia existencia axudaron a salvar a vidadoutras moitas persoas cuxo destino de morte os criminais xapreviran.E lembramos hoxe tamén de xeito especial, pola súa proximidade,aos galegos e ás galegas que sufriron o exilio e o exterminio noscampos do horror.Por iso, manifestamos o noso máis firme compromiso cos dereitosinalienables da persoa, coa liberdade e co máis pleno respecto ádignidade humana, para que nunca xamais poida repetirse unhatolemia semellante á que agora recordamos.O Parlamento de Galicia non escatimará esforzos en contribuírdesde Galicia a construír unha orde internacional xusta baixo orespaldo da legalidade internacional, un mundo no que a forzafique sempre sometida ao dereito.Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2012