Convertinme nunha vasilla esnaquizada
                         Xoán Paulo II




Texto da mensaxe pronunciada polo papa Xo...
executar o exterminio de todo un pobo.

 O honor que o Estado de Israel conferiu aos quot;xentiles xustosquot; en Yad Vash...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Convertinme Nunha Vasilla Esnaquizada

366 views
344 views

Published on

Texto de Xoán Paulo II.

Published in: Spiritual, Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
366
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
20
Actions
Shares
0
Downloads
9
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Convertinme Nunha Vasilla Esnaquizada

  1. 1. Convertinme nunha vasilla esnaquizada Xoán Paulo II Texto da mensaxe pronunciada polo papa Xoán Paulo II durante a súa visita ao monumento de Yad Vashem en Israel: As palabras do antigo Salmo elévanse dende os nosos corazóns: quot;Convertinme nunha vasilla esnaquizada. Escoito as calumnias de moitos, ¡O terror circúndame!, cando conspiran no meu contra, cando traman para quitarme a vida. Pero confío en ti, Señor. E digo, Ti és o meu Deusquot;. Neste lugar de lembranza, a mente, o corazón e o alma senten unha necesidade extrema de silencio. Silencio no que lembrar. Silencio no que tratar de dar algún sentido ás memorias que chegan en torrente. Silencio porque non hai palabras o bastante fortes coma para deplorar a terríbel traxedia do Shoah. Os meus propios recordos persoais remóntanse a todo o sucedido cando os nazis ocuparon Polonia durante a Guerra. Recordo aos meus amigos e veciños xudeus, algúns dos cales morreron, mentres que outros sobreviviron. Vin a Yad Vashem a render homenaxe aos millóns de xudeus que, desposuídos de todo, en especial da súa dignidade humana, foron asasinados no Holocausto. Pasou máis de medio século, pero a lembranza persiste. Aquí, coma en Auschwitz e en moitos outros lugares de Europa, asobállanos o eco dos estremecedores queixumes de tantos. Homes, mulleres e nenos claman cara a nós dende o abismo dos horrores que coñeceron. ¿Como podemos desoír os seus berros? Ninguén pode esquecer ou ignorar o acontecido. Ninguén pode diminuír as súas enormes dimensións. Desexamos lembrar. Pero desexamos lembrar cun obxectivo, especificamente, co de garantir que a maldade xamais prevalecerá de novo, como fíxoo no caso dos millóns de vítimas inocentes do nazismo. ¿Como é posíbel que o home teña tanto desprezo polo home? Porque chegara ao momento de desprezar a Deus. Só unha ideoloxía sen Deus pode planificar e
  2. 2. executar o exterminio de todo un pobo. O honor que o Estado de Israel conferiu aos quot;xentiles xustosquot; en Yad Vashem, por actuar heroicamente para salvar aos xudeus, en ocasións ate o punto de ofrecer as súas propias vidas, é un recoñecemento de que nin sequera nas horas máis sombrías extínguense todas as luces. É por iso que os Salmos, do mesmo xeito que a Biblia enteira, aínda que ben ao tanto da capacidade humana para o mal, tamén proclaman que non será a maldade a que terá a derradeira palabra. Dende o máis profundo do sufrimento e a dor, o corazón dos crentes clama: quot;Confío en ti, Señor. Digo, Ti és o meu Deusquot; (Salmo 31:14). Os xudeus e os cristiáns comparten un inmenso patrimonio espiritual, derivado da mesma autorrevelación de Deus. As nosas ensinanzas relixiosas e a nosa experiencia espiritual demandan que superemos a maldade co ben. Recordamos, mais non con desexo algún de vinganza ou de incentivo para o odio. Para nós, recordar significa orar pola paz e a xustiza e comprometernos coas súas causas. Só un mundo en paz, con xustiza para todos, pode evitar a repetición dos erros e dos terríbeis crimes do pasado. Coma bispo de Roma e sucesor do apóstolo Pedro, asegúrolle ao pobo xudeu que a Igrexa Católica, motivada polas leis evanxélicas de verdade e amor, non por consideracións políticas, está profundamente entristecida polo odio, os actos de persecución e as manifestacións de antisemitismo dirixidos en contra dos xudeus por parte de cristiáns, en calquera período e en calquera lugar. A Igrexa rexeita o racismo en calquera das súas manifestacións, coma unha negación da imaxe do Creador intrínseca en cada ser humano. Neste lugar de solemne lembranza, oro ferventemente porque a nosa dor pola traxedia sufrida polo pobo xudeu no Século XX conduza cara unha nova relación entre cristiáns e xudeus. Construamos un futuro novo no cal non haxa máis sentimentos antixudeus entre cristiáns ou sentimentos anticristiáns entre os xudeus, senón máis ben o respecto mutuo requirido de quen adora a un único Creador e Señor e volven a vista cara a Abraham como un pai común na fe. O mundo debe escoitar a advertencia que provén das vítimas do Holocausto e do testemuño dos sobreviventes. Aquí, en Yad Vashem, a memoria persiste e arde nos nosos corazóns. Fainos berrar: quot;Escoito as calumnias de moitos, ¡O terror circúndame!... Pero confío en ti, Señor. E digo, 'Ti és o meu Deusquot; (Salmo 31:13-15).

×