Your SlideShare is downloading. ×
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
O HOME NO SEU MUNDO-
OS YANOMAMI
Beltrán Fernández López 2º de ESO E IES de Ames Curso 2...
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
1
A raza humana evolucionou por camiños moi diversos ao longo da
historia: uns atopámono...
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
2
Debemos centrarnos tamén para orientarnos ao falar da etnia
yanomami, de números, é di...
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
3
atopan en ningún outro lugar do planeta. Entre elas destacan os mamíferos,
coma os tap...
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
4
entre 25 e 27 ºC, que non sufre grandes variacións estacionais nin entre o día
e a noi...
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
5
shabono en concreto. Estas familias poden ser monógamas ou polígamas, e
neste último c...
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
6
parda chamada curare, que é fabricado polos chamanes cociñando raíces e
talos dunhas e...
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
7
O pobo yanomami elabora os seus propios utensilios de caza e pesca,
coma arpóns e lanz...
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
8
Por último, as historias do pobo yanomami ocupan un lugar
primordial nesta exposición....
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
9
A súa creación explícana a partir de “O mito do sangue da Lúa”.
Segundo este, a Lúa er...
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
10
Algunha que outra curiosidade da súa cultura é que, a pesar de
defender que a muller ...
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
11
BIBLIOGRAFÍA:
-www.monografias.com/trabajos81/yanomami/yanomami2.shtml
-es.wikipedia ...
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Os yanomami. Beltrán Fernández

489

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
489
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
7
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Transcript of "Os yanomami. Beltrán Fernández"

  1. 1. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami O HOME NO SEU MUNDO- OS YANOMAMI Beltrán Fernández López 2º de ESO E IES de Ames Curso 2012-2013
  2. 2. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 1 A raza humana evolucionou por camiños moi diversos ao longo da historia: uns atopámonos entre enormes masas de cemento e formigón, sometidos á vontade e complexidade das grandes cidades, mais coa valiosísima axuda da tecnoloxía; outros encóntranse nun estado de avance menor, pero quizais a súa situación sexa máis desexable ca nosa. Estoume referindo ás etnias que nós, despectivamente ás veces, chamamos primitivas, a aquelas que viven gobernadas polas tradicións e as crenzas, tal e como vivían os seus antepasados hai miles de anos. Que se encontran eles mellor, quen o sabe, pero como mínimo, as súas vidas merecen ser motivo de estudo pola nosa parte. Hoxe voume referir a unha destas últimas etnias <<primitivas>>, en concreto: os yanomami. O pobo yanomami debe o seu nome aos misioneiros salesianos, de orixe italiana, que chegaron á Amazonia para rexentar as misións católicas da zona. Isto débese a que en italiano, o plural de “yanomamo” sería “yanomami”, e de aí veñen as distintas variantes deste nome en idioma yanomami: <<yąnomamö>> e <<yąnomami>>. Xeralmente, o nome dado polos italianos é traducido ao galego literalmente así: “ser humano” ou “a xente”. Son unha etnia indíxena de orixe suramericana, que provén ao parecer da mesma familia ca outros indios indíxenas da zona, coma os “guajiros”. Están divididos en tres grandes grupos segundo criterios lingüísticos, que son os yanomam ou waiká, habitantes de Brasil; os sanumá/tsanuma/sanima, que habitan en Bolívar, no país de Venezuela; e os yanam/ninam/yanm-ninam, que están asentados entre o estado de Bolívar e algunhas zonas do Brasil. Esta etnia fala un conxunto de dialectos propios chamados linguas yanomami, que parecen non estar relacionada con ningunha das outras familias lingüísticas establecidas ata o momento, polo que é considerado polos expertos un dialecto cuasi-aislado. Fálase nas Guaianas e na zona fronteiriza de Brasil (estado de Roraima) con Venezuela (estados de Bolívar e Amazonas). Os seus principais dialectos son o yanam, con 570 falantes, aprox., o sanumá, que ten 4610 falantes aprox., e o yanomam. Este último se divide en dous subdialectos, o waiká, con aproximadamente 9000 falantes e o yanomamö, que posúe 17.640 falantes. As súas linguas caracterízanse por presentar determinantes, nomes, adxectivos e verbos e por ter unha estrutura bastante simple. Unha curiosidade é que os verbos varían a súa forma segundo se o falante presenciou os feitos, os deduciu, os asumiu ou os escoitou. Posúe vogais tanto orais coma nasais, e presenta sete calidades vogais básicas. O seguinte é un exemplo de transcrición da súa lingua: <<wäro-n shama shyra-wei ware-ma>> (o home que cazou o tapir, comeuno).
  3. 3. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 2 Debemos centrarnos tamén para orientarnos ao falar da etnia yanomami, de números, é dicir de demografía. Arredor de 20.000 individuos esparexidos por aldeas de toda a selva amazónica integran o pobo yanomami. Cerca dun 70% vive en Venezuela, e o resto distribúese polos distintos territorios do Brasil. Outro asunto importante no estudo de calquera etnia é a clasificación do tipo humano, é dicir, as características antropométricas. Presentan as mesmas características básicas ca o resto dos indios da Amazonia: posúen unha altura media menor ca a europea, de 166,6 cm aprox. nos homes e de menos nas mulleres, arredor de 153 cm. A súa cor corporal é morena pero non excesivamente, digamos que entre dourada e marrón. Os seus cabelos son negros nunha inmensa porcentaxe da poboación, e os seus ollos de cores escuras, principalmente negros e marróns. Os seus ollos contan cun pequeno rasgo de brida mongólica na súa maioría, o que comunmente é chamado ollos achinados, e polo xeral teñen un tamaño maior ca os dos europeos. Posúen o abdome lixeiramente avultado e saído cara a fóra e, nas mulleres, os peitos están máis caídos e son máis grosos do que é habitual entre as europeas. Fixémonos agora nun aspecto importantísimo da vida dos yanomami, o territorio no que viven. Esta etnia habita tradicionalmente nos actuais estados de Amazonas, en Venezuela, e Amazonas e Roraima en Brasil, no interior da selva tropical da Amazonia. A selva amazónica é un inmenso territorio de América do Sur, con cerca de 7,3 millóns de quilómetros cadrados. Este territorio divídese entre nove países, entre os que destacan Brasil, cun 63% da superficie total, e Perú, cun 13%. As poboacións yanomami concéntranse arredor do río Mavaca, un dos afluentes do Orinoco, situado na Serra Parima. Esta Serra é un lugar parcialmente inexplorado no que viven, na súa gran maioría e desde antes da colonización europea, soamente individuos da etnia yanomamö. É unha cadea montañosa que divide as concas dos ríos Orinoco e Amazonas e forma a fronteira natural entre Brasil e Venezuela, discorrendo en sentido sur-sudeste arredor duns 320 km de lonxitude. Esta zona caracterízase por posuír unha vexetación tupida, exuberante e sempre verde, na que se dan as condicións necesarias para que haxa unha enorme cantidade de distintas especies de seres vivos, incluso se chega a pensar que é a zona con máis biodiversidade de todo o planeta, xa que posúe milleiros de tipos de animais e plantas aínda sen identificar. A flora e a fauna deben ocupar un lugar destacado se falamos da selva tropical amazónica. Millóns de especies animais viven nas grandes extensións da Amazonia, algunhas tan únicas e características que non se
  4. 4. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 3 atopan en ningún outro lugar do planeta. Entre elas destacan os mamíferos, coma os tapires, unha parte importante da dieta yanomami; os monos, os xaguares, os pumas e unha especie única deste lugar: o absolutamente excepcional delfín rosado, sobre o que circulan tantas lendas nas terras do Perú. Tamén abundan os réptiles, como a tartaruga, os caimáns, os crocodilos ou as serpes, entre as que destaca a anaconda, o maior ofidio do mundo e característico da selva do Amazonas; existe tamén unha inmensa variedade de aves e a maior parte de especies de peixes que hai no noso planeta, preséntanse na Amazonia. Todas estas clases de animais son moi abundantes no bosque amazónico, pero sen dúbida, os animais máis comúns de atopar na Amazonia son os insectos, que voan e se arrastran por toda a superficie do “pulmón verde”, asombrándonos coas súas variedades e cores. Toda esta diversidade de animais é moi destacada, pero se falamos da selva amazónica, o primeiro que nos vén á mente son xigantescas árbores e plantas. Non sen razón, a Amazonia é chamada o pulmón do planeta. Unha gran cantidade do osíxeno que se produce día a día na Terra provén deste inmenso bosque tropical, no que tamén hai unha importante actividade de procesamento de CO2. Estas especies vexetais que todas as xornadas nos axudan a manter a vida no planeta, destacan polo seu gran tamaño, con árbores de arredor de 60 metros. Tamén hai gran cantidade de lianas, sotobosque e maleza, orquídeas, manglares, tilandisias, tulipáns e ollos de león, unha especie recentemente descuberta. A pesar de todo isto, as especies propias e características da Amazonia son as plantas epífitas e epífilas, que viven sobre outras plantas pero sen parasitalas nin facerlles mal, e que se caracterizan tamén por non ter raíces que vaian ata o chan. Estas son as auténticas raíñas do bosque amazónico. En relación co tema anterior, o aspecto do clima conta cunha grande importancia. Como na maior parte de selvas tropicais, o territorio yanomamö presenta abundantes precipitacións e unha temperatura media elevada. Goza dun característico clima tropical húmido ou monzónico, que destaca por ser temperado ao longo de todo ano e por unha duración dos días máis ou menos igual en todas as estacións debido á súa proximidade ao Ecuador terrestre. As precipitacións, a pesar de ser de réxime estacional, poucas veces baixan dos 1500 mm. Mantéñense entre 1500 e 2000 mm e son regulares ao longo de todo o ano, polo que hai unha forte humidade constante. Hai polo xeral dúas estacións moi húmidas no ano, marcadas pola chegada da Terra aos equinoccios, e outras dúas algo máis secas e nas que se poden dar ventos fortes e algunha que outra tormenta. As temperaturas non son extremas, cun máximo aproximado de 35 ºC, pero si son constantes, cunha media anual de
  5. 5. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 4 entre 25 e 27 ºC, que non sufre grandes variacións estacionais nin entre o día e a noite, por exemplo, as diferencias entre a etapa máis fría e a máis cálida do ano non pasan de 2 ºC. A exposición solar é un tema complicado, xa que por enriba da foresta, o Sol dá de cheo, pero máis abaixo, as enormes estruturas vexetais, tápano. Por esta razón, moitas veces atopamos loitas de crecemento entre plantas por conseguir raios de Sol. A vestimenta, un tema moi condicionado polo aspecto anterior, é moi característica no pobo yanomami. As roupaxes yanomami non presentan moitos compoñentes e son máis ben sinxelas, cunha fin máis ornamental e tradicional que protectora, debido ao clima extremadamente favorable en canto a temperaturas que acabamos de mencionar. As roupas tradicionais dun varón adulto ben vestido son unicamente unhas cordas atadas nos pulsos, nos nocellos e na cintura, co prepucio suxeito a esta última. Aparte, usan tamén unha especie de ramas enroladas no corpo chamadas guayucos para adornarse. A vestimenta das mulleres é igualmente sinxela, pero elas adoitan levar outros engadidos como plumas de aves incrustadas na cabeza, na cara ou no nariz, brazaletes, cordas atadas en brazos e pernas, pendentes e, sobre todo, teñen a costume de facer pintadas por todo o seu corpo, principalmente en negro e vermello con intención protectora e decorativa, xa que esas pinturas teñen un significado relixioso e simbólico para eles. Moi importante e curiosa tamén é a súa sociedade tribal, á que nos referiremos agora. Os yanomami basean a súa sociedade nos principios de tribo tradicionais: a supremacía do parentesco e de provir duns mesmos antepasados sobre outras relacións, tales como o valor matrimonial e a dirección da tribo por parte dun xefe ou autoridade recoñecido. A dirección do grupo adoita estar vinculada ao antes citado, por exemplo, o fillo dun líder, ten máis posibilidades de ser xefe ca un curmán. Aos mandatarios da comunidade chámanlles xefes ou homes grandes, e proceden normalmente de familias numerosas e poderosas da aldea. O seu deber é manter a orde no grupo e establecer relacións con outras comunidades yanomami. Algúns xefes se converten nunha especie de autócratas, mais a maioría se conforma con actuar como superiores frente aos seus iguais. Non están exentos doutras labores, coma a de limpar as hortas, recolectar, cazar e outros traballos propios da súa sociedade. As familias yanomami agrúpanse en casas comunais ou shabonos nos que poden convivir entre 20 e 200 persoas. É común nos yanomamö que se constrúan shabonos múltiples, que están formados por un espazo central aberto rodeado de numerosas casiñas con formas cónicas ou rectangulares cubertas por folla de palma. Cada familia posúe un área propia dentro do
  6. 6. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 5 shabono en concreto. Estas familias poden ser monógamas ou polígamas, e neste último caso, cada muller ocupará o seu propio fogón cos seus fillos no interior do shabono, sen mesturar nunca a dúas agrupacións de fillos de distintas mulleres. Os fogóns, entre outras moitas cousas, simbolizan a unión familiar, e para eles sería case un sacrilexio unir nun mesmo fogón a dúas subfamilias distintas. No caso de que exista un problema interno nunha familia, esta escíndese por consenso en dous grupos que pasarán a vivir separados en zonas preferiblemente lonxanas unha da outra. Un dato curioso nas familias yanomami é que non existe un membro dominante que tome as decisións e se impoña ao resto, senón que estas se toman mediante unha especie de debates interfamiliares. Isto débese a que a cultura yanomami cre firmemente na igualdade de dereitos entre todas as persoas, sexan do sexo que sexan. Facendo un pequeno inciso, ao mellor as persoas dos países supostamente civilizados deberíamos dirixir a mirada cara estas tribos e aprender algo deles, que cos seus principios de vida básicos e tradicionais, e nun mundo distinto completamente do noso, se mostran máis coherentes ca os amantes da xustiza que nós dicimos ser á hora de falar de cuestións tan importantes para o funcionamento dunha sociedade como a toma de decisións. Retomemos agora o tema anterior. A grande comunidade yanomami está formada por tres grandes grupos, os sanumá, os yanam e os yanomam. Estes, á súa vez, se dividen en innumerables shabonos, que son as agrupacións de casas que forman poboados, ao longo de toda a selva amázonica. As relacións entre distintas aldeas son tarefa do xefe do poboado, mais o comercio non está apenas desenvolvido neste grupo humano, polo que as relacións non adoitan ser moi firmes. A consecuencia disto, non se establecen xerarquías entre os distintos grupos yanomami, e os xefes só teñen autoridade no interior do seu shabono. Para facerse unha idea de como é a existencia destes individuos, é necesario referirnos ao seu modo de vida. A economía baséase en principios básicos de autoconsumo, é dicir, que se consume o que se produce. Practican principalmente a agricultura, a recolección, a caza e a pesca. As tarefas neste caso divídense segundo o sexo: os varóns son os encargados de cazar. Para iso, utilizan un extracto vexetal letal de cor marrón
  7. 7. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 6 parda chamada curare, que é fabricado polos chamanes cociñando raíces e talos dunhas especies concretas de plantas velenosas mesturados con velenos de serpe. O produto final gárdase en cabazas ou canas de bambú, e déixase fermentar durante algúns días nunha cova con animais mortos, de maneira que o cheiro destes se mesture coa substancia do curare. Este veleno, aplicado na cantidade que sexa, é letal, xa que ao entrar en contacto co sangue, o curare libera unha serie de aminoácidos sintetizados chamados alcaloides, o que provoca unha parálise muscular progresiva que afecta tamén ao corazón e aos pulmóns, producindo finalmente a morte do animal por asfixia. Maioritariamente, as presas dos yanomami son tapires, para eles un manxar exquisito; distintas clases de monos; pecaríes e unha especie de cérvidos propios da Amazonia chamados venaditos ou pudús. Esta actividade non lles produce máis que un 10% da súa comida total, mais goza dun gran prestixio entre os yanomamö. Esta tribo ten unha norma que goza de moita importancia para eles respectar en relación coa caza: un cazador nunca comerá a carne que el mesmo cazou, senón que a repartirá entre os seus amigos e familiares e esperará a que outro cazador lle dea parte do que el conseguiu. O incumprimento desta norma traería desgrazas sobre o cazador e a súa familia, segundo di a tradición. As encargadas das tarefas de recolección de froitos e de organizar os cultivos son as mulleres. Debido á pouca produtividade do solo amazónico, os yanomami son nómades, e se ven obrigados a construír shabonos na súa marcha en busca de alimento. Os cultivos duran aproximadamente entre dous e tres anos, e cando se acaban, os yanomamö vense obrigados a talar outra zona da selva para poder utilizala, e a mudarse alí. Principalmente cultivan plátanos, ocumo, yuca dulce, cana de azucre, millo, batata, ñame, malanga, cambur, aguacate, pijiguao, tabaco, algodón e arredor de 60 tipos distintos de gran. Tamén aprecian moito o mel silvestre, do que colleitan ata 15 variedades. Os vexetais gozan dunha grande importancia na vida nos shabonos, xa que os yanomami viven rodeados de árbores e outras plantas, o que inflúe en que no seu día a día utilicen máis de 500 especies distintas de vexetais para facer cousas como hamacas, as súas vivendas e outras ferramentas. A pesca é considerada unha ocupación tanto masculina coma feminina, e para levala a cabo, botan na auga timbó, outro extracto vexetal elaborado con vide machucada que se esparexe pola auga e aturde aos peixes, que nese momento flotan ata a superficie. Unha vez alí, os yanomami utilizan cestos para recollelos e levalos ata o shabono.
  8. 8. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 7 O pobo yanomami elabora os seus propios utensilios de caza e pesca, coma arpóns e lanzas rudimentarias, arcos, frechas, machadas primitivas... Tamén constrúen recipientes, por exemplo unha especie de olas ou cestas, que se fabrican trenzando ou unindo ramiñas, lianas, follas e outros produtos vexetais. Ás veces fabrican estes instrumentos tamén con barro seco. Os individuos deste pobo só traballan unha media de catro horas e media ao día, pero aínda así posúen todos os produtos necesarios para vivir comodamente dentro das súas posibilidades. Ademais, ao ter tanto tempo libre, gozan dunha animada e activa vida social entre eles e, menos frecuentemente, entre xente doutros poboados. Dentro do seu modo de vida, non destacan polas súas composicións artísticas, pero tamén posúen mostras moi belas de arte coma as características pinturas que realizan sobre a súa pel con pigmentos vexetais ou os numerosos elementos ornamentais que levan no corpo, como poden ser plumas e lianas decorativas, pendentes, brazaletes, colares feitos con dentes de presas... Os seus chamanes destacan na arte de curar e librar de supostos meigallos. Tamén din que, consumindo unha planta alucinóxena chamada epená machucada e en pequenas cantidades que introducen nas fosas nasais do chaman por medio dun pau oco polo que se sopra, son capaces de ver e falar cos espíritos e influír neles para que curen a alguén ou para obter algún beneficio. Despois de falar do modo de vida desta etnia tan especial, parece unha boa idea que dedicásemos un momentiño ao lugar onde habitan, das súas vivendas: os shabonos. Como xa dixen anteriormente, os yanomami viven en pequenas aldeas xeralmente de entre 40 e 50 habitantes, pero que poden chegar ata os 200. As vivendas teñen formas cónicas ou rectangulares e nelas agrúpanse os individuos por familias. Están construídas mediante ramas de distintas árbores da selva e lianas como elementos de unión entre unhas e outras. Ás veces, as estruturas refórzanse con barro que se deixa secar, o que o volve resistente. As aldeas adoitan construírse en círculo e cun espazo aberto no medio, mais tamén se poden dispoñer simplemente en filas. Estas pequenas casiñas forman unha casa comunal ou shabono, que se organiza en torno á praciña descuberta da que falabamos antes, que é o símbolo de unión e o lugar de reunión do poboado. Tamén é esta praza o lugar onde polas noites os habitantes do shabono se reúnen arredor da fogueira e conversan, comen, fabrican os seus instrumentos e contan as súas historias, mitos e lendas aos máis pequenos. Todos os habitantes do poboado se axudan entre si, colaboran nas tarefas de supervivencia e teñen o deber de aprender aos nenos as tradicións e métodos da súa cultura.
  9. 9. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 8 Por último, as historias do pobo yanomami ocupan un lugar primordial nesta exposición. Estes mitos e tradicións son transmitidas, como xa dixen antes nas fogueiras comúns dos shabonos, onde os máis sabios e expertos da tribo as comparten cos máis xoves. Agora falaremos dalgúns costumes e mitos moi característicos desta etnia. Un rito moi primitivo e interesante é, por exemplo, a comida funeraria que se celebra comendo as cinzas dos seus mortos mesturadas cunha especie de salsa de plátano chamada pijiguao. Ao morrer un individuo, hai unha serie de rituais que se deben cumprir para que este pase ben á outra vida. As mulleres da familia e do poboado deben chorar todo o día do seu falecemento na súa honra, e máis tarde quéimanse os restos do defunto xunto cos seus obxectos persoais. Se o corpo non se queima ben, considérase que o morto realizou algunha mala acción en vida e que por iso non é capaz de chegar ao “máis alá”. Á mañá seguinte á defunción, as mulleres deben aparecer coas meixelas ennegrecidas como símbolo de pena, xa que o negro é a cor da pena e a tristura para os yanomami, e comezan as lamentacións polo morto. Tras ese día, o poboado volve á súa actividade normal. Sen embargo, ao pasar un mes da defunción, organízase a famosa comida funeraria das cinzas do individuo mesturadas con pijiguao da que estamos a falar. Esta celebración é moi característica deste pobo, xa que durante ela se agasalla aos visitantes que vaian a darlle o seu último adeus ao corpo do morto, e se establecen alianzas e ligazóns entre familias. Esta práctica é chamada rehao. Posúen tamén un mito moi curioso sobre como está establecido o mundo. Din que o cosmos está formado or catro capas independentes, con forma de prato e preto unhas das outras. Seica nestas rexións se producen cousas anómalas e están habitadas por espíritos e seres fantásticos. A capa superior non ten un papel importante na vida dos yanomami; dela simplemente e segundo a historia, <<caen>> cousas, e é chamada DUKU KÄMISI. A seguinte, chamada HEDU KÄMISI, é parecida á Terra, cunha capa superior invisible para nós, onde viven os defuntos en aldeas con árbores, cultivos, animais, plantas... Segundo eles, cada elemento que existe no noso mundo terreal, existe nesta capa tamén pero dunha maneira distinta. Consideran que a súa parte inferior é o ceo que nós vemos desde abaixo. Os yanomami viven supostamente na capa HEI KÄMISI, nivel que se creou a partires dun cacho de HEDU KÄIMISI que caeu. A capa inferior, a HEI TÄBEBI, é unha zona estéril na que se supón que vive unha variante dos yanomami: caníbales malévolos que capturan as almas dos nenos e as comen. Este parece ser o seu equivalente ao “inferno” cristián.
  10. 10. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 9 A súa creación explícana a partir de “O mito do sangue da Lúa”. Segundo este, a Lúa era un home malvado que comera á súa filla e se transformara en Lúa. Os homes bos que vivían na Terra lanzaron unha frecha ao peito da malvada Lúa. Das gotas do sangue desta naceron os feros guerreiros yanomami. Un bo día, un yanomamö que se atopaba só colleu unha fruta chamada wabu, e esta, inmediatamente, se transformou en muller. Tiveron xuntos moitos fillos e fillas, e por iso agora hai tantos yanomami esparexidos por todo o HEI KÄMISI . Outra lenda que lles contan aos seus descendentes é a dos homes xaguar, que explica a desaparición ocasional de nenos nas tribos yanomami e os ataques ocasionais e repentinos que teñen lugar por parte doutros indios coma os caribes e que comen vivos aos habitantes dos poboados. Segundo as súas historias, na Terra hai unha especie de monstros chamados “homes xaguar”, que nun pasado foran yanomami, pero que foron moi crueis na súa vida e que agora están condenados a vagar polo HEI KÄMISI raptando e comendo a outros yanomami para manterse con vida. Os yanomami afirman que toda persoa que nace posúe un dobre animal na natureza. Polo tanto, as persoas ás veces se ven influenciadas polo seu dobre. Por exemplo, cando estás nunha encrucillada e atopas por casualidade o camiño correcto, eles pensan que o que pasa é que o teu espírito animal correspondente xa pasou por ese camiño, e que intenta axudarte mandando a información en forma de pensamento. Pero para eles, non todo o relacionado cos seus dobres é bo, se o teu animal equivalente sofre unha enfermidade, a persoa correspondente verase afectada tamén por ese mal. Unha figura importantísima na vida e na cultura yanomami é o shaman. Este é o encargado de expulsar aos malos espíritos do seu territorio e de manter en bo estado aos habitantes do seu poboado e as relacións cos espíritos. Tamén se ocupan de curar as enfermidades, que segundo a tradición poden estar causadas por catro factores: que una chamán veciño lle lance a alguén un meigallo; polo mal de ollo que che pon enriba outro home; que os malos espíritos lle queiran danar á persoa en concreto; ou que o teu dobre animal estea sufrindo dor ou maltrato. Os chamanes intentan mellorar o estado das persoas mediante cantos, feitizos diversos, unha especie de pocións curativas e variedade de mesturas vexetais que se aplican en forma de emplastos.
  11. 11. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 10 Algunha que outra curiosidade da súa cultura é que, a pesar de defender que a muller pode traballar tan ben coma o home, afirman que no proceso de elaboración e destilación do curare, que é o veleno letal ao que nos referiamos antes, non deixan que participe ningunha muller, xa que consideran que o veleno se <<destemplaría>> e non serviría para a caza. Outro dato un tanto curioso é que para eles é tabú pronunciar o seu nome propio. Por raro que pareza, o nome verdadeiro de cada persoa é o seu maior segredo, e educan desde pequenos aos nenos para que soamente o digan en situacións moi especiais a xente de extrema confianza, como pode ser a súa parella ou os seus fillos. Chegan a respectar a tradición ata tal punto, que nin despois de morto se atreven a pronunciar o nome lexítimo da persoa. Hai que dicir que o repertorio de historias, mitos, lendas e costumes curiosos e particulares dos yanomami é amplísimo debido á grande cantidade de tempo que o levan elaborando e a todas as xeneracións que o transmitiron, mais eu só seleccionei as historias que me pareceron máis importantes e que diferencian a cultura yanomamö doutras culturas indíxenas sudamericanas. Facendo unha pequena síntese de todo o mencionado antes, cabe destacar que os yanomami son unha etnia moi pouco avanzada no sentido que ten para nós esta palabra, pero que son perfectamente capaces de convivir coas difíciles situacións que lle pon por diante o seu medio. Non penso que eles sexan os primitivos, soamente se comportan e teñen unha forma de entender o mundo distinta á nosa. E baseo esta afirmación en que superaron todas as dificultades que a evolución lles puxo de por medio e seguiron o seu camiño cara o desenvolvemento, chegando así a ser hoxe en día os verdadeiros reis da Amazonia, os primates a dúas patas que constitúen neste momento a representación dos humanos neste territorio onde a lei principal é a da nai Natureza. Hoxe son considerados primitivos polas grandes civilizacións postindustriais modernas, incluso ás veces inferiores. Son de verdade inferiores? Non o creo. Hoxe están así, pero quen sabe o que farán mañá. A historia do home escribiuse por distintos camiños, e cada camiño ten as características que ten, pero non por ir nós a Casalonga e eles a Balcaide son peores. Eles son, simplemente, diferentes. Eles son, simplemente, os yanoamami.
  12. 12. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 11 BIBLIOGRAFÍA: -www.monografias.com/trabajos81/yanomami/yanomami2.shtml -es.wikipedia .org/wiki/Pueblo_yanomami -www.survival.es/indígenas/yanomami -es.wikipedia.org/wiki/Curare -es.wikipedia.org/wiki/Pueblo_yanomami#subsistencia -venciclopedia.com/index.php?title=yanomami -es.wikipedia.org/wiki/Lenguas_yanomami -es.wikipedia.org/wiki/Selva_tropical -es.wikipedia.org/wiki/Amazonia -es.wikipedia.org/wiki/Estatura

×