8 anexo
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

8 anexo

on

  • 785 views

Obradoiro de corresponsabilidade

Obradoiro de corresponsabilidade

Statistics

Views

Total Views
785
Views on SlideShare
493
Embed Views
292

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

1 Embed 292

http://educandoenigualdade.wordpress.com 292

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

8 anexo 8 anexo Document Transcript

  • Obradoiros de CORRESPONSABILIDADE8 ANEXO
  • BIBLIOGRAFÍAAlbéniz Ascorbe, Loren, “La cultura de la corresponsabilidad” en A. Aparisi eBallesteros, J. (eds.): Por un feminismo de la complementariedad.Barraff, A. (1992): Hablan los hombres. Buenos Aires, Vergara.Bourdieu, P. (2000): La Dominación Masculina. Barcelona, Anagrama.Brullet Tenas, Cristina; “Roles e identidades de género”, en García De León, MªAntonia; García De Cortázar, Marisa; y Ortega, Félix (coord.) (1996); Sociología delas mujeres españolas, Editorial Complutense, Madrid, pp. 273-307.De Andrés Del Campo, S. (2002): Estereotipos de género en la publicidad de laSegunda República, Tese de doutoramento non publicada.Dennis Rivers (2003): Los siete retos de la comunicación mejor. Un manual para lacomunicación más cooperativa, con ejercicios y lecturas. California, Instituto paraa Comunicación Cooperativa.Doménec Melé, C. (Coord.) (2004); Conciliar trabajo y familia: un reto para el siglo XXI.Pamplona. Eunsa.Familia y Reparto de Responsabilidades. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.Instituto de la Mujer, 1998.Fernández De Quero, J. (2000): Hombres sin temor al cambio. Salamanca, Amarú.Garcia Marin, J. (2003): “Territorios semiotizados en Publicidad: Nuevos roles deGénero en el Mundo-Rem”; en Porto Castro (coord): Estudios sobre muller eeducación, Universidade de Santiago de Compostela.Gil Calvo, E. (1997). El nuevo sexo débil. Los dilemas del varón postmoderno.Temas de hoy, Madrid.Gilmore, D. (1994). Hacerse hombre. Concepciones culturales de la masculinidad,Paidós, Barcelona.González Huelva, P. (Coord.) (2004): Responsabilidad igual compartir: reparto detareas y responsabilidades doméstica y familiares, propuesta didáctica. Madrid:Ayuntamiento de Alcobendas, D.L.I CONGREGO INTERNACIONAL DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL.Xunta de Galicia, 2001.
  • BIBLIOGRAFÍAInstituto De La Mujer (1996): Familia y reparto de responsabilidades. Madrid.Instituto De La Mujer (2005): Estudio sobre la Conciliación de la vida laboral yfamiliar. Madrid.Kirk, G. S. (2002). La naturaleza de los mitos griegos. Paidós, Barcelona.Menchu Barba (2002): “Hombres en busca de igualdad”, en Periódico Urbana, maio.Larrañaga, I (2004): El Trabajo Reproductivo o Doméstico. Universidad del PaísVasco. Gac Sanit, maio 2004, vol. 18 supl.1, p.31-37.López Méndez, I (2002): Conciliar la vida, tiempo y servicios para la igualdad.Consejo de la Mujer de la Comunidad de Madrid.Morilla, B. (2001): El valor de ser hombre. Historia oculta de la masculinidad.Oberon Anaya, Madrid.Mosse George L. (2001): La imagen del hombre: La creación de la modernamasculinidad. Madrid, Talasa Ediciones.Murillo, S. (2004): Tiempo de trabajo y tiempo personal: Un conflicto de intereses.Emakunde. Gobierno Vasco/FSE.Nuevas perspectivas para la familia y el trabajo. Navarra. EUNSA. 2001.Nuñez Mallo et al. (1993): La imagen de la mujer a través de los programas infantiles.Unión de Consumidores de España, Madrid.Orenstein, C. (2003): Caperucita al desnudo, Ed. Ares y Mares, Barcelona.PROXECTO AUREKA. Talleres de Intercambio de Tareas y Responsabilidades entrehombres y mujeres en el ámbito doméstico. Guía de buenas prácticas. Instituto Vascode la Mujer (EMAKUNDE) 1999.SERVICIO MUNICIPAL DE LA MUJER DEL AYUNTAMIENTO DE BILBAO. Compartir,repartir, distribuir. 2002.SERVIZO GALEGO DE IGUALDADE (1993): A Muller Galega no Mercado de Traballo.Unha perspectiva 1981 a 1992.Sánchez Aragón, R. e Diaz Loving, R. (2003): “Patrones y estilos de comunicaciónde la pareja: Diseño de un inventario” en Anales de psicología, vol. 19, nº 2 (diciembre),257-277. Murcia, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Murcia.
  • RECURSOS NA INTERNEThttp://www.fundaciongsr.es/pdfs/1cifras.pdf¿Que modelos para as nenas? Unha investigación sobre os libros ilustradospor Sylvie Cromer e Adela Turín coa axuda da Comisión Europea.http://www.fundaciongsr.es/pdfs/2encuesta.pdf¿Que ven os nenos nos libros de imaxes? Respostas sobre os estereotipos por SylvieCromer e Adela Turín coa axuda da Comisión Europea.http://www.hombresigualdad.com/default.htm.Homes pola igualdade.http://hombresconstruyendoigualdad.ahige.org/Homes construíndo a igualdade é unha innovadora iniciativa da Área de Igualdad deOportunidades de la Mujer en colaboración coa Asociación de Hombres por laIgualdad, AHIGE, para seguir avanzando no logro da igualdade entre mulleres ehomes. O obxectivo fundamental do programa é favorecer o cambio nos homes deMálaga cara a posicións máis identificadas con valores igualitarios e non sexistas,en aspectos como a corresponsabilidade no espazo familiar, a paternidaderesponsable, a educación afectiva e sentimental dos homes e a prevención daviolencia de xénero.http://www.mtas.es/mujer/mujeres/igualdad/index.htmObservatorio pola Igualdade do Instituto de la Mujer.http://europrofem.orgRede de homes profeministas en Europa.http://www.heterodoxia.net/Rede de homes profeministas.http://www.fundacionmujeres.es/mercurio/Homes contra a violencia doméstica.http://www.mujereshoy.com/secciones/1319.shtml“Los hombres y las tareas domésticas”. Artigo de Luisa Cruz Heftis no que analizaa conciliación laboral e familiar en Latinoamérica. 2003.http://www.hombresigualdad.com/respon_familiar.htm“Reparto de las responsabilidades familiares”. José Ángel Lozoya Gómez, do Colectivode Salud Speculum. Relatorio realizado nas Jornadas de Mujeres Vecinales. Madrid 2003.http://www.lavozdegalicia.es/monograficos/formacion/Monográficos sobre conciliación e igualdade de oportunidades en Galicia.http://www.ine.es/daco/daco42/empleo/dacoeet.htmEnquisas sobre o uso do tempo do INE. Ano 2003.
  • RECURSOS NA INTERNEThttp://www.unavarra.es/puresoc/pdfs/c_ponencias/Sampedro.pdfEstudo da Universidade de Navarra sobre a conciliación no medio rural.http://www.ahige.orgAsociación de Hombres por la Igualdad de Género.http://www.mujereshoy.com/secciones/1319.shtmlhttp://www.lavozdegalicia.es/monograficos/formacion/http://www.ine.es/daco/daco42/empleo/dacoeet.htmhttp://www.ub.es/geocrit/sn/sn119-28.htmhttp://www.redfeminista.org/Homes cara a paridade no doméstico.http://www.eurowrc.orgCampaña do Lazo Branco Europea.http://www.europrofem.orgRed Europea de Hombres Pro-Feministas.
  • PELÍCULAS DE INTERESE PARA TRABALLARÁs cinco da tarde (Samira Makhmalbaf - Irán, 1980) Sinopse: Tras a caída do réxime talibán en Afganistán, reabríronse escolas paraas mulleres. Unha delas desexa ser presidenta da República... Profesora: Todas as alumnas deberían levar uniforme negro e pano branco. Por que levas un vestido de cor? Nogreh: Señorita, se levase uniforme o meu pai non me deixaría vir. Profesora: Por que? Nogreh: Pensa que as rapazas non deberían estudar.Só miña (Javier Balaguer - España, 2001) Sinopse: Ánxela e Xoaquín coñecéronse no lugar de traballo e pouco despoiscasaron. Tiñan plans de fundar unha familia e non tardaron en ter o seu primeirofillo. Xoaquín era cariñoso e servicial; Ánxela, amante da súa casa e esposa ideal.Pero pronto comezan os malos tratos, o inferno para Ánxela que non se atreve aabandonar o seu marido.Tomates verdes fritos (Jon Aynet - EE.UU, 1991) Sinopse: A vida dunha muller de mediana idade dexenerou nun exercicio diariode monotonía. A súa vida conxugal transcorre entre a apatía e o aburrimento. O seuúnico refuxio son as historias de Ninny Threadgoode, unha singular octoxenaria.Estas historias desatan en Evelyn unha forte crise. Rompe con moldes anteriores,busca traballo e reclama o respecto do seu marido.Osama (Siddiq Barmak - Afganistán, Xapón, Irlanda, 2003) Sinopse: Unha nena de doce anos e a súa nai vense abocadas á miseria cando,coa chegada dos talibáns ao poder en Afganistán, perden o seu dereito a traballarene a posibilidade de saíren soas á rúa, dado que non teñen ningún home na familia quevele por elas. A nai e a avoa da nena deciden facela pasar por un neno, o que atemorizaa rapaza, angustiada polo que lle poida pasar se descobre a súa verdadeira identidade.Douche os meus ollos (Icíar Bollaín- España, 2003) Sinopse: Unha noite de inverno, unha muller, Pilar, foxe da súa casa. Leva consigoapenas catro cousas e o seu fillo Xoán. Antonio non tarda en ir buscala. Pilar é o seusol, di, e ademais “deulle os seus ollos”... Ao longo da película, os personaxes iránreescribindo ese libro de familia no que está escrito quen é quen e qué se esperaque faga, pero no que todos os conceptos están errados e onde di fogar lese inferno,onde di amor hai dor e quen promete protección produce terror.
  • GLOSARIO DE TERMOSAndrocentrismo: Enfoque nas investigacións e estudos dende a única perspectivado xénero masculino. Nunha sociedade androcéntrica, o masculino tómase comomodelo que cómpre imitar.Acción positiva: Medidas dirixidas a un grupo determinado coas que se pretendesuprimir e previr unha discriminación ou compensar as desvantaxes resultantes deactitudes, comportamentos e estruturas existentes.Análise de xénero: Estudo das diferenzas de condicións, necesidades, índices departicipación, acceso aos recursos e desenvolvemento, control de activos, poder detoma de decisións, etc., entre homes e mulleres, debidas aos roles que tradicional-mente se lles asignaron.Barreiras invisibles: Obstáculos para o pleno desenvolvemento dos dereitos dasmulleres fundamentados nas estruturas e costumes sociais.Boas prácticas: Accións positivas realizadas para conseguir igualdade de oportuni-dades para as mulleres. A súa aplicación e resultados sérvenlles de modelo aorganismos e entidades para futuras planificacións e actuacións.Coeducación: Unha educación centrada nas alumnas e nos alumnos, considerandoambos os colectivos como grupos en igualdade de dereitos e oportunidades.Conflito familiar: É un episodio que aparece fronte ás situacións familiares novas(nacemento dos fillos, ingreso dos fillos no colexio, cambio de emprego, enfermidade,etc.) e obriga os seus membros a usaren destrezas e habilidades para adaptarse aelas. Non se debe confundir con violencia familiar, xa que esta se refire a todos osactos abusivos que teñen lugar nas relacións cotiás entre os membros da familia.Cota: Proporción de postos, escanos ou recursos que deben ser atribuídos a uncolectivo específico. Con esta medida preténdese corrixir un desequilibrio, xeralmenteen canto ao acceso a posicións de toma de decisións, oportunidades de formaciónou postos de traballo.Democracia paritaria: Concepto de sociedade integrada a partes iguais por mullerese por homes, na que a representación equilibrada de ambos os dous xéneros nasfuncións decisorias da política é condición previa ao aproveitamento pleno e enigualdade da cidadanía.Discriminación directa: Situación na que se trata a unha persoa -en razón do seusexo- dun modo desfavorable.Discriminación indirecta: Situación na que unha lei, unha política ou unha acciónaparentemente neutrais teñen un impacto desproporcionadamente adverso sobreos membros dun ou doutro xénero.Empoderamento: Concepto cunha dobre dimensión, unha individual, de recuperaciónda propia dignidade de cada muller como persoa; e outra colectiva, de carácterpolítico, que pretende que as mulleres estean presentes nos lugares onde se tomanas decisións, é dicir, que exerzan o poder.
  • GLOSARIO DE TERMOSEquidade entre homes e mulleres: Pode tratarse de igualdade no trato ou dun tratodiferente, pero supón a equivalencia en termos de dereitos, beneficios, obrigas eoportunidades.Espazo público: Identifícase co ámbito produtivo, co espazo da actividade ondeten lugar a vida laboral, social, política e económica; é o lugar de participación nasociedade e do recoñecemento. Neste espazo é onde tradicionalmente foroncolocados os homes.Espazo doméstico: Identifícase co ámbito reprodutivo, co espazo da “inactividade”onde ten lugar a crianza, os afectos e o coidado das persoas dependentes, é dicir,onde se cobren as necesidades persoais. Espazo ligado tradicionalmente ás mulleres.Estereotipos:Representacións xeneralizadas e culturalmente aceptadas sobre asfuncións sociais e os comportamentos que homes e mulleres deben amosar.Feminización da pobreza: Tendencia ao aumento da incidencia e prevalencia dapobreza entre as mulleres.Igualdade entre os sexos: Situación na que todas as persoas son libres de desen-volveren as súas capacidades persoais e de tomaren decisións, sen as limitaciónscausadas polos roles tradicionais. Ter en conta, valorar e potenciar por igual asdistintas condutas, aspiracións e necesidades de homes e de mulleres.Mainstreaming: Relativo á organización, mellora, desenvolvemento e avaliación dosprocesos políticos, de xeito que a igualdade de xénero se incorpore a todas as políticas,en todos os niveis e en todas as etapas por parte das persoas involucradas na adopciónde decisións.Perspectiva de xénero: Tomar en consideración e prestar atención ás diferenzas entremulleres e homes en calquera actividade ou ámbitos dunha política promotora daigualdade de oportunidades.Políticas de igualdade: Marcos referenciais de actuación política que consideran oprincipio de igualdade de trato e, a través da elaboración de estratexias baseadasno dereito das mulleres a seren tratadas como cidadás, propoñen solucións pararesolver as desigualdades por razón de sexo.Responsabilidade dun tarefa: Consiste en ter a obriga de realizar unha tarefa e deque se cumpra; é dicir, ter a obriga última da súa realización.Segregación horizontal: Concentración de mulleres e de homes en sectores eempregos específicos.Segregación vertical: Concentración de mulleres e de homes en graos e niveisespecíficos de postos ou responsabilidades.
  • GLOSARIO DE TERMOSSexismo: Conxunto de métodos empregados no seo da sociedade androcéntrica quedeterminan unha situación de inferioridade, subordinación e explotación para ocolectivo feminino ou masculino. O sexismo abrangue todos os ámbitos da vida edas relacións humanas; a linguaxe é un factor importante na súa superación.Teito de cristal: Barreira invisible resultante dunha complexa trama de estruturas enorganizacións dominadas polo colectivo masculino, que lles impide ás mulleresaccederen a postos destacados socialmente.Tempo propio: Tempo dedicado a un/unha mesmo/a.Tempo libre ou de ocio: É aquel que ocupamos as persoas nunha actividade pracenteirae libremente elixida, e que está fóra do traballo habitual.Tempo de produción: É o tempo que se dedica a tarefas remuneradas, o tempo doemprego; lévase a cabo no ámbito público, ten horario, salario, condicións laborais,etc. Tradicionalmente está ligado aos homes.Tempo de reprodución: É o tempo que se dedica ao coidado persoal, ao domésticoe ao coidado de familiares, ao sono, á alimentación, etc. Desenvólvese no ámbitoprivado e non ten remuneración económica. Tradicionalmente está ligado ás mulleres.Transversalidade: Incorporación do principio de igualdade de oportunidades a todotipo de proxectos públicos ou privados nos diferentes ámbitos: educativo,económico, cultural, político, social...Sexo/Xénero: O concepto xénero fai referencia ás diferenzas sociais, por oposición ásbiolóxicas entre homes e mulleres (sexo). Estas diferenzas foron aprendidas, mudanco tempo e presentan grandes variacións tanto entre diversas culturas como dentrodunha mesma cultura.Uso non sexista da linguaxe: Consiste na utilización de expresións lingüisticamentecorrectas substitutivas doutras, correctas ou non, que invisibilizan o feminino ou ositúan nun plano secundario con respecto ao masculino.educativo.Violencia de xénero: A sociedade androcéntrica, fundamentada nunha relación dedesigualdade entre os xéneros masculino e feminino, asentou tradicionalmentemodos de relación entre as persoas, inxustificables pero evitables, como a violenciade xénero. A violencia de xénero sustentada na relación descrita amósase exercidamediante ameazas, a forza física ou a chantaxe emocional, adoptando diferentesmanifestacións, entre as que se inclúen a violación, o maltrato a mulleres, o acososexual, o incesto ou a pederastia.Violencia doméstica: Fai referencia a agresións contra as persoas que conviven baixoun mesmo teito. Esta violencia considérase un problema de estado e afecta moiparticularmente ás mulleres.Visibilizar/visualizar: Facer visibles as mulleres e as súas contribucións á cultura eá ciencia no ámbito educativo.