Obradoiros de CORRESPONSABILIDADE7         OBRADOIROS DE    SUPERVIVENCIA DOMÉSTICA
ÍNDICEA    COMO COCIÑARB    RECEITAS PARA NON MORRER     RECEITAS1    ARROZ CON LEITE2    BACALLAU CON FEIXÓNS3    BISCOIT...
SOLUCIÓN DE EMERXENCIAS DOMÉSTICASA   COMO COCIÑAR    Na cociña de supervivencia só usaremos dúas técnicas:    1 Fritir: a...
SOLUCIÓN DE EMERXENCIAS DOMÉSTICASB   RECEITAS PARA NON MORRER    1   A pasta e o arroz: sen dúbida é a mellor opción, tan...
RECEITAS1   ARROZ CON LEITE    Tempada: Todo o ano    Persoas: 3    Ingredientes:    • 100 gr. de arroz    • 1 litro de le...
RECEITAS2   BACALLAU CON FEIXÓNS    Tempada: Todo o ano    Persoas: 2    Ingredientes:    • 2 tacos de bacallau desalgado ...
RECEITAS3   BISCOITO DE CASTAÑAS    Tempada: Outono    Persoas: 4    Ingredientes:    • 500 grs de puré de castañas    • 5...
RECEITAS4   CALAMARES GUISADOS    Tempada: Todo o ano    Persoas: 4    Ingredientes:    • 1 kg. de calamares limpos e troc...
RECEITAS5   CALDEIRADA DE PEIXE SAPO    Tempada: Todo o ano    Persoas: 2    Ingredientes:    • 750 grs. de peixe sapo    ...
RECEITAS6   CALDO DE CASTAÑAS DA TÍA ANXELA    Tempada: Outono    Persoas: 4    Ingredientes:    • 500 grs. de castañas   ...
RECEITAS7   CHULAS    Tempada: Todo o ano    Persoas: 6    Ingredientes:    • 2 ovos    • 170 grs. de fariña    • Vaso de ...
RECEITAS8   COELLO Ó RIBEIRO TINTO    Tempada: Todo o ano    Persoas: 2    Ingredientes:    • 1 coello enteiro    • 2 cebo...
RECEITAS9   CREMA DE GRELOS    Tempada: Todo o ano    Persoas: 2    Ingredientes:    • 300 grs de grelos    • 180 grs de p...
RECEITAS10   EMPANADA DE GRELOS E XAMÓN     Tempada: Todo o ano     Persoas: 6     Ingredientes:     • Vaso de leite     •...
RECEITAS11   EMPANADA DE ZAMBURIÑAS     Tempada: Todo o ano     Persoas: 6     Ingredientes:     Para a masa:             ...
RECEITAS12   FIDEOS CON AMEIXAS     Tempada: Todo o ano     Persoas: 2     Ingredientes:     • 500 grs. de ameixas     • 2...
RECEITAS13   FLAN DE QUEIXO     Tempada: Todo o ano     Persoas: 5     Ingredientes:     • 450 grs. de leite     • 8 quesi...
RECEITAS14   GUISO DE POLBO     Tempada: Todo o ano     Persoas: 4     Ingredientes:     • 1 polbo cocido     • 400 grs. d...
RECEITAS15   OVOS CON CHÍCHAROS E XAMÓN     Tempada: Todo o ano     Persoas: 1     Ingredientes:     • 2 ovos     • 40 grs...
RECEITAS16   PESCADA CON BERBERECHOS     Tempada: Todo o ano     Persoas: 2     Ingredientes:     • 4 rodas de pescada cor...
RECEITAS17   SETAS Ó ALLO     Tempada: Outono / Inverno     Persoas: 2     Ingredientes:     • 400 grs. de Pleurotus     •...
RECEITAS18   TERNEIRA GALEGA GUISADA     Tempada: Todo o ano     Persoas: 4     Ingredientes:     • 500 grs. de terneira g...
RECEITAS19   TORRADAS     Tempada: Todo o ano     Persoas: 4     Ingredientes:     • 1 barra de pan     • Leite     • Azuc...
RECEITAS20   VIEIRAS Ó ALBARIÑO     Tempada: Inverno     Persoas: 2     Ingredientes:     • 4 vieiras limpas     • litro d...
RECEITAS21   TRUFA DE CASTAÑA     Ingredientes:     • 500 gr de castañas     • 1/2 vaso de leite     • 200 gr de manteiga ...
RECEITAS22   PASTEL DE PESCADA Á MODA A TROITA ARMADA     Ingredientes:     • Medio quilo de pescada     • 100 Gramos de b...
RECEITAS23   TALLARINES AO SALMÓN     Ingredientes:     • 300 gr de tallarines     • 100 gr de salmón fresco por persoa   ...
RECEITAS24   POLBOS TIPO CEA DO 24     Ingredientes:     Para cachelada     • Un polbo enteiro para cada tres xóvenes     ...
RECEITAS25   PATACAS "A LA IMPORTANCIA"     Ingredientes:     • 1 Kg. de patacas     • Perexil     • Azafrán     • 4 ovos ...
RECEITAS26   BONITO EN ESCABECHE     Ingredientes:     • 1 Kg. de bonito en toros     • 4 cebolas     • 6 dentes de allo  ...
RECEITAS27   PASTEL DE CENORIAS     Ingredientes:     • 16 galletas rectangulares (“cuétara” ou semellante)     • 1 sobre ...
NOTAS
NOTAS
7 obradoiros de supervivencia doméstica
7 obradoiros de supervivencia doméstica
7 obradoiros de supervivencia doméstica
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

7 obradoiros de supervivencia doméstica

466

Published on

Obradoiros de corresponsabilidade

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
466
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Transcript of "7 obradoiros de supervivencia doméstica"

  1. 1. Obradoiros de CORRESPONSABILIDADE7 OBRADOIROS DE SUPERVIVENCIA DOMÉSTICA
  2. 2. ÍNDICEA COMO COCIÑARB RECEITAS PARA NON MORRER RECEITAS1 ARROZ CON LEITE2 BACALLAU CON FEIXÓNS3 BISCOITO DE CASTAÑAS4 CALAMARES GUISADOS5 CALDEIRADA DE PEIXE SAPO6 CALDO DE CASTAÑAS DA TÍA ANXELA7 CHULAS8 COELLO Ó RIBEIRO TINTO9 CREMA DE GRELOS10 EMPANADA DE GRELOS E XAMÓN11 EMPANADA DE ZAMBURIÑAS12 FIDEOS CON AMEIXAS13 FLAN DE QUEIXO14 GUISO DE POLBO15 OVOS CON CHÍCHAROS E XAMÓN16 PESCADA CON BERBERECHOS17 SETAS Ó ALLO18 TERNEIRA GALEGA GUISADA19 TORRADAS20 VIEIRAS Ó ALBARIÑO21 TRUFA DE CASTAÑA22 PASTEL DE PESCADA Á MODA A TROITA ARMADA23 TALLARINES AO SALMÓN24 POLBOS TIPO CEA DO 2425 PATACAS "A LA IMPORTANCIA"26 BONITO EN ESCABECHE27 PASTEL DE CENORIAS
  3. 3. SOLUCIÓN DE EMERXENCIAS DOMÉSTICASA COMO COCIÑAR Na cociña de supervivencia só usaremos dúas técnicas: 1 Fritir: acción equivalente para un home á depilación con cera. Debedes evitalo sempre que poidades, consiste en poñer aceite nunha tixola e ir botando cousas dentro para que salpique o aceite quente por enriba. De ahí que se diga que as cousas a prancha son máis sás. 2 Ferver: é unha das mellores opcións para cociñar. Tan só debes quentar auga ata que se fajan burbulliñas, entón botas dentro o que queres cociñar. Só nos servirá para a pasta, o arroz e os ovos. Non metades ningún apéndice na auga, iso non e un jacuzzi. ACCIDENTES DOMÉSTICO NA COCIÑA A cociña e sen dúbida o sitio máis perigoso da casa así que sempre hai que ter moito tino. Evita sempre que poidas os coitelos afiados, as frituras e calqueira receita que inclúa whisky (todos coñeceredes o pavo o whisky). Pasemos a ver os accidentes mais cotias: • ¡Mamaaaa! ¡Corteime un dedo!: existen dous tipos de cortes, o corte propiamente dito e a amputación. Se o teu e un mero corte non te preocupes demasiado, tarde ou cedo deixará de sangrar. Sen embargo se o que tes e unha amputación e o teu día de sorte. Aproveita o dedo, estan moi ternos. • ¡Mamaaa! ¡ Queimeime!: o mellor nestos casos e recurriren a algunha pomada aposta para queimaduras. Endexamais botar pasta de dentes, só os dentes necesitan fluor. • ¡Mamaaa! ¡ Isto está a queimarse¡: algo habitual e que cando estas fritindo algo salga una ráfaga inmensa, en ese caso non te preocupes, quedará mellor feito. Sen embargo se é a túa casa o que está prendendo lume deixa da leer esto e chama aos bombeiros.
  4. 4. SOLUCIÓN DE EMERXENCIAS DOMÉSTICASB RECEITAS PARA NON MORRER 1 A pasta e o arroz: sen dúbida é a mellor opción, tan só necesitan ferver durante uns minutos. O problema ben coa salsa, normalmente recurrese o tomate fritido (aínda que vin xente que lle mete ketchup...). Podes comer un día macarróns, outro spaghetis e outro arroz á cubana. Acabarás cansándote do tomate, nestes casos o mellor é pasar a outro plato. Nunca intentes facer unha salsa “secreta” e se o fas non a fagas con mel, avecrem, auga e fariña (está noxenta). Nota: espero que os que se comeron esa salsa, ahora que saben o que contiña, denlle a culpa a Luís non a min. 2 A tortilla: prato español por excelencia. bátense os ovos (os de galiña) e frítense nunha tixola. Se o que queres e facer unha tortilla de patatas recorda que as patatas deben fritirse antes de botalas na tortilla. 3 As fritiduras (só para masoquistas): simplemente friteas e desfruta. 4 La pizza de casa tarradellas: ¡ fanse no forno e sen o plástico! ¡ non as fagades no microondas e/ou co plástico! 5 Despois de cociñar: Se NON conseguiches cociñar algo con éxito: mellor que non volvas a consultar este manual e te marches a un restaurante de comida rápida. Se conseguiches cociñar algo con éxito: noraboa. Agora, despois de ver como deixaches a cociña, comprenderás porque é mellor ir a un restaurante.
  5. 5. RECEITAS1 ARROZ CON LEITE Tempada: Todo o ano Persoas: 3 Ingredientes: • 100 gr. de arroz • 1 litro de leite • 100 gr. de azucre • 1 corteza de limón • Canela en rama • Canela en pó Instrucións: Pónse a coce-lo leite coa corteza dun limón, un pao de canela e o azucre. Ó ferve- lo leite, incorpórase o arroz. Cócese, sen deixar de remexer, ata que estea brando. Retírase do lume e sácanse a canela e a cáscara do limón. Se é necesario pódese utilizar máis leite xa que ten que quedar caldoso e, ó enfriar, o arroz segue absorbendo o líquido. Sérvese cuberto de canela en pó.
  6. 6. RECEITAS2 BACALLAU CON FEIXÓNS Tempada: Todo o ano Persoas: 2 Ingredientes: • 2 tacos de bacallau desalgado • 400 grs de feixóns cocidos • 2 dentes de allo • 1 pemento vermello • 1 pemento verde • 1 cebola • 2 tomates pelados • Ourego • 1 folla de loureiro • Caldo de peixe • Pemento doce • Leite • Aceite de oliva Instrucións: Escáldase o bacallau en auga quente cun pouco de leite durante uns segundos para facilitar o desmigado. Resérvase o bacallau desmigado e as peles. Nun fondo de aceite douranse os allos laminados coas peles do bacallau. Cando os allos estean listos retíranse as peles e engádese a cebola picada e os pementos cortados en tiras. Cando a verdura estea lista engádense os tomates pelados e cortados en dados, a folla de loureiro, un pouco de ourego, unha cullerada de pemento doce e un pouco de caldo de peixe. Logo de 10 ou 15 minutos egádense os feixóns cocidos e o bacallau desmigado dándolles un golpe de calor e sérvese.
  7. 7. RECEITAS3 BISCOITO DE CASTAÑAS Tempada: Outono Persoas: 4 Ingredientes: • 500 grs de puré de castañas • 500 grs de nata líquida • 250 grs de azucre branca • 250 grs de azucre morena • 1 copa de anís • raiadura de limón • 500 grs de farina • 9 ovos • 2 sobres de lévedo Instrucións: Pélanse as castañas e cócense en auga cun chorro de anís ou anís en grao e un chisco de sal. Unha vez frías retíraselle-la pel interior e tritúranse con medio vaso de leite. Ó puré de castañas agréganselle os ovos, a nata líquida e os dous tipos de azucre. Bátese todo xunto e engádese o lévedo e a fariña tamizadas, a raiadura de limón e o anís. Vértese todo nun molde previamente engraxado e empoado con fariña. Enfórnase o biscoito durante 30 minutos a 220ºC.
  8. 8. RECEITAS4 CALAMARES GUISADOS Tempada: Todo o ano Persoas: 4 Ingredientes: • 1 kg. de calamares limpos e troceados • 1 cebola mediana • 3 tomates pelados (cortados en dados) • 1 dente de allo picado • 1 pemento verde grande • Viño branco /Sal Instrucións: Cúbrese con aceite o fondo dunha pota en el refóganse o allo picado moi fino e a cebola cortada en xuliana. Antes de comenzaren a coller cor, engádese o pemento troceado en anacos non moi grandes e déixase refogar todo xunto uns minutos. Incorpóranse os tomates pelados e cortados en cadradiños moi pequenos e, cando empecen a desfacerse, engádense os calamares limpos e cortados en anacos deixán- doos dourar. Bótase o viño branco, o xusto case para o cubrir, e déixase cocer ata que os calamares estean tenros. Pode acompañarse con patacas fritas ou arroz branco.
  9. 9. RECEITAS5 CALDEIRADA DE PEIXE SAPO Tempada: Todo o ano Persoas: 2 Ingredientes: • 750 grs. de peixe sapo • 1 cebola • 2 dentes de allo • kgr. de patacas • Caldo de peixe • Pemento doce • Aceite de oliva • Sal Instrucións: Nunha pota póñense a doura-la cebola e os allos picados nun pouco de aceite. Cando estean dourados engádense o pemento doco e as patacas cortadas en rodas e cúbrese todo con caldo de peixe. Sazónase. Cando ás patacas lles falten uns 10 minutos incorpórase o peixe sapo. Déixase facer todo ata que as patacas estean listas e sérvese.
  10. 10. RECEITAS6 CALDO DE CASTAÑAS DA TÍA ANXELA Tempada: Outono Persoas: 4 Ingredientes: • 500 grs. de castañas • 1 manoxo de verzas ou grelos • 1 trozo de unto (aprox. 50 grs.) • 300 grs. de fabas cocidas • 1 litro de caldo de cocido Instrucións: Monda-las castañas, escaldalas en auga fervendo e quitarlle-la segunda pel. Reservar. Lavar ben a verdura, troceala e escorrela. Reservar. Nuha pota poñer a coce-lo caldo co unto. Cando rompa a ferver, bota-las castañas e a verdura e deixar cocer ata que estean feitas. Retir-lo unto cun pouco de caldo a un prato e incorpora-las fabas cocidas. Mentres coce o resto, faise o rustrido do unto, machacándoo cun garfo. Cando estea ben desfeito, retíranse os anacos de tripa e o resto incorpórase á pota. Déixase cocer uns minutos e sérvese.
  11. 11. RECEITAS7 CHULAS Tempada: Todo o ano Persoas: 6 Ingredientes: • 2 ovos • 170 grs. de fariña • Vaso de leite • 50 grs. de azucre • Aceite para fritir • Azucre para empoar Instrucións: Bátense os ovos co azucre. Engádese o leite, mesturando ben, e vai incorporándose a fariña, sen deixar de bater ata conseguir unha masa semilíquida. Vánse botando pequenas cantidades de masa nunha tixola con abundante aceite quente, fritíndoas ata que estean douradas. Sácanse e escórrense nun papel de cociña para quitar o exceso de graxa e empóanse con azucre. Utilizando unha culler (sopeira) como medida para botar a masa na tixola, con estas cantidades saen unhas 40 chulas.
  12. 12. RECEITAS8 COELLO Ó RIBEIRO TINTO Tempada: Todo o ano Persoas: 2 Ingredientes: • 1 coello enteiro • 2 cebolas • 2 follas de loureiro • Tomiño • Ourego • Allo picado • 1 botella de ribeiro tinto • Brandy • Aceite de oliva • Sal Instrucións: O día anterior trocease o coello, reservando o fígado libre de fel, e sazónase. Alíñase coa pementa, o allo picado, o tomiño e o ourego e cúbrese cun pouco de brandy e co ribeiro tinto. Engádese ó aliño media cebola troceada e dúas follas de loureiro. O día seguinte escórrense os trozos de coello e cóase o adobo, que se reserva. Dourase en aceite ben quente o coellos, retírase do lume e, nese mesmo aceite, a lume lento, refógase o resto da cebola cortada en xuliana. Unha vez dourada a cebola incorpórase de novo o coello e cúbrese co caldo coado do adobo. Déixase cocer ate que estea tenro, engadíndolle, a media cocción, o fígado previamente machacado. Pódese acompañar de arroz branco.
  13. 13. RECEITAS9 CREMA DE GRELOS Tempada: Todo o ano Persoas: 2 Ingredientes: • 300 grs de grelos • 180 grs de patacas • 100 grs de cebola • 50 grs de aceite de oliva • litro de auga • Pementa • Sal Instrucións: Pícase a cebola e refógase en aceite de oliva. Cando a cebola estea lista engádense as patacas troceadas e os grelos, cúbrense coa auga, salpeméntase e déixase cocer ata que os grelos estean tenros. Tritúrase todo, pásase por un coador fino e sérvese.
  14. 14. RECEITAS10 EMPANADA DE GRELOS E XAMÓN Tempada: Todo o ano Persoas: 6 Ingredientes: • Vaso de leite • Vaso de viño branco • Un pouco menos de vaso de aceite de oliva • 400 grs. de fariña aproximadamente • Sal • 250 grs. de grelos cocidos • 2 dentes de allo • 200 grs. de xamón serrano Instrucións: Nun bol mestúranse o leite, o viño e o aceite de oliva e engádese un pouco de sal. Vai incorporándose a fariña ata que a masa se despegue, momento no que se pasa a unha superficie lista e continúase amasando ata que non admita máis fariña. Debe quedar unha masa suave e elástica. Divídese en dúas mitades, extendendo unha delas sobre unha fonte de forno engraixada ou cuberta cun papel d forno para que non se pegue. Unha vez feito isto, dóuranse os allos nun pouco de aceite de oliva e incorpóranse os grelos cocidos ben escorridos e o xamón cortado en lascas non moi grosas refogándoos uns momentos. Retíranse os allos poñendo os grelos e o xamón sobre a masa extendida. Tápase coa outra mitade da masa, tamén extendida, e sélase polos bordes facendo un burato no medio a modo de cheminea. Píntase con ovo batido e enfórnase a 180ºC durante 35-40 minutos aproximadamente.
  15. 15. RECEITAS11 EMPANADA DE ZAMBURIÑAS Tempada: Todo o ano Persoas: 6 Ingredientes: Para a masa: Para o recheo: • kgr. de fariña • 1,5 kgr. de zamburiñas con cuncha • 1 vaso de auga morna con sal • 1 tomate • 1 noz de lévedo de panadería • 2 cebolas • Vaso de aceite do guiso • 3 dentes de allo • 1 culleradiña de pemento doce • 1 pemento vermello • 2 sobres de azafrán • Aceite • Sal Instrucións: Primeiro prepárase o recheo. Faise un sofritido co aceite (abondo para poder utilizar logo medio vaso na masa), a cebola e o allo picados e o pemento troceado. Cando estea todo refogado, retírase o medio vaso de aceite e resérvase. Entón, engádese ó sofritido o tomate troceado, as zamburiñas limpas e retiradas das cunchas, o xamón en tacos pequeniños e o azafrán, deixando que se refogue todo xunto uns minutos. Retírase do lume e déixase arrefriar. Mentres, prepárase a masa. Nunha cunca ponse a fariña e faise un buraco no medio. Dentro bótanse a auga morna coa sal, o aceite de prepara-lo recheo, o lévedo esmiuzado e unha culleradiña de pemento doce. Mestúrase e trabállase todo ben ata que a masa se despegue facilmente das máns (uns 10 minutos). Deixase reposar unha hora para que suba e logo vólvese a amasar. Para monta-la empanada divídese a masa en dous anacos e estíranse de forma rectangular. Nunha bandeixa de forno previamente engraxada con aceite e enfariñada, colócase unha das metades da asa e sobre ela o recheo. Tápase coa outra metade e sélase polos polos bordes dobrando a parte inferior sobre a superior, sobre a que debe facerse, no centro, un buraco a modo de cheminea. Cos restos da masa pódense facer uns adornos. Píntase con ovo batido e métese no forno, con calor por arriba e por abaixo, a 180-200º durante 35-45 minutos.
  16. 16. RECEITAS12 FIDEOS CON AMEIXAS Tempada: Todo o ano Persoas: 2 Ingredientes: • 500 grs. de ameixas • 250 grs. de fideos • 2 dentes de allo • 1 cebola mediana • 4 tomates • 1 papeliño de azafrán • Auga • Sal • Aceite de oliva Instrucións: Unha vez limpas as ameixas, ábrense en auge e resérvanse. O caldo de abrilas cóase e tamén se reserva. Nunha pota, con aceite de oliva, póñense a sofriti-los allos, a cebola e o tomate, todo moi picadiño. Sazónase. Cando estea todo ben sofritido, engádese o caldo que reserváramos, os fideos e o papeliño de azafrán. Rectifícase de sal se é necesario. Cando os fideos estean listos e o caldo case evaporado na súa totalidade, engádense as aeixas e déixase cocer todo xunto de 2 a 3 minutos.
  17. 17. RECEITAS13 FLAN DE QUEIXO Tempada: Todo o ano Persoas: 5 Ingredientes: • 450 grs. de leite • 8 quesiños • 1 sobre de callada • 90 gr. de azucre • Azucre para caramelizar Instrucións: Caramelizar un molde e reservar. Nun robot de cociña, tipo thurmix, mesturar todos os ingredientes ata que estean ben integrados, convén ir botando os quesiños de un en un para que se desfagan ben. Verquer a mestura sobre o molde caramelizado e cocer no forno ao baño maría ata que estea callada. Comprobar cunha agulla que debe saír limpa.
  18. 18. RECEITAS14 GUISO DE POLBO Tempada: Todo o ano Persoas: 4 Ingredientes: • 1 polbo cocido • 400 grs. de patacas • 2 tomates • 1 cebola pequena • 1 pemento vermello • Aceite de oliva • Auga ou caldo de coce-lo pulpo • Sal Instrucións: Nunha tarteira sofrítense a cebola picada, o pemento troceado e os tomates cortados en dados pequenos, deixando que se fagan uns minutos. A continuación incorpóranse as patacas troceadas. Cúbrense con auga ou caldo de coce-lo pulpo e sazónase. Cando falten uns minutos para terminar de facer as patacas engádese o pulpo cortado, mesturando ben, e déixase cocer todo xunto ata que as patacas estean listas.
  19. 19. RECEITAS15 OVOS CON CHÍCHAROS E XAMÓN Tempada: Todo o ano Persoas: 1 Ingredientes: • 2 ovos • 40 grs. de xamón serrano • 40 grs. de chícharos en conserva • 100 grs. de salsa de tomate • Sal Instrucións: Cubrir coa salsa de tomate unha fonte ou recipiente resistente ó forno e dispoñer sobre ela os chícharos e o xamón serrano cortado en taquiños. Cascar os ovos un a un nun vaso para evitar sorpresas desagradables e poñelos na fonte, encima da salsa. Meter no forno a 180º ata que callen os ovos. Sazonar os ovos ó sacalos do forno.
  20. 20. RECEITAS16 PESCADA CON BERBERECHOS Tempada: Todo o ano Persoas: 2 Ingredientes: • 4 rodas de pescada cortadas finas • 1 dente de allo • 1 cebola pequena • 200 grs. de berberechos • Un pouco de viño branco (mellor Albariño) • Auga • Sal • Aceite • Perexil picado Instrucións: Lavar ben os berberechos e deixalos unhas horas en auga con sal para que solten as areas. Nunha pota poñer a quentar auga con sal e abrir nela os berberechos. Unha vez abertos, retirar e reservar. Filtra-lo caldo resultante e reservar tamén. Nunha tarteira tipo paella ou nunha cazola de barro poñer a dourar nun fondo de aceite a cebola e o allo moi picados. Cando estean, incorpora-lo caldo de abri-los berberechos e a pescada. Sazonar. Deixar coce-la pescada e cando casi estea feita, regar cun pouco de viño branco e incopora-los berberechos. Acabar de facer, botarlle un pouco de perexil picado e servir.
  21. 21. RECEITAS17 SETAS Ó ALLO Tempada: Outono / Inverno Persoas: 2 Ingredientes: • 400 grs. de Pleurotus • Guindilla (opcional) • 4 dentes de allo • Aceite de oliva • Sal Instrucións: Nunha tixola, ou cazola de barro, póñense a dourar en aceite os allos fileteados. Cando estean dourados, engadi-la guindilla, as setas troceadas e sazonar. Face-las setas, remexendo, ata que estean tenras. Sérvese axiña.
  22. 22. RECEITAS18 TERNEIRA GALEGA GUISADA Tempada: Todo o ano Persoas: 4 Ingredientes: • 500 grs. de terneira galega • Cebola • 4 cenorias • 1 taza de tomate fritido • 4 patacas • 200 grs. de chícharos cocidos • Aceite de oliva • Auga • Azafrán • Ourego Instrucións: Córtase a carne en dados e ponse a dourar en aceite oliva coa cebola picada. Unha vez dourada, cúbrese de auga e déixase cocer a lume lento ata que empece a estar tenra. Entón engádense as cenorias, cortadas en dados, e déixanse cocer coa carne. Logo de cinco minutos engádense as patacas (cortadas un pouco máis grandes que as cenorias), o tomate fritido, ourego ó gusto e unha pizca de azafrán. Cando as patacas e as cenorias estean tenras incorpóranse os chícharos cocidos e o prato está listo para comer.
  23. 23. RECEITAS19 TORRADAS Tempada: Todo o ano Persoas: 4 Ingredientes: • 1 barra de pan • Leite • Azucre • Ovos • Aceite • Canela Instrucións: Córtase o pan en rebanadas de 2 a 3 cm. de grosor. É mellor que sexa do día anterior para que non se desfagan as torradas. Somérxense uha mestura de leite, previemente quentada cunha ramiña de canela, e azucre, deixando que se empapen ben. Logo escórrense, pasámolas por ovo batido e fritímolas en aceite de oliva. Sérvense salferidas de azucre.
  24. 24. RECEITAS20 VIEIRAS Ó ALBARIÑO Tempada: Inverno Persoas: 2 Ingredientes: • 4 vieiras limpas • litro de viño Albariño • 1 culleradiña de fariña • Uns anaquiños de xamón do país • 1 cebola pequeniña • Sal Instrucións: Nunha tixola poñer a doura-la cebola picada moi fina. Salgar. Cando estea transparente engadir unha culleradiña de fariña refogándoa para que non saiba a crú. Agrega-lo viño Albariño e deixar reducir ata que espese un pouquiño a salsa. Engadi-los taquiños de xamón e cubri-las vieiras, previamente sazonadas, coa salsa. Enfornar durante 15-20 minutos a 180º.
  25. 25. RECEITAS21 TRUFA DE CASTAÑA Ingredientes: • 500 gr de castañas • 1/2 vaso de leite • 200 gr de manteiga • Fideos de chocolate • 2 culleradas de mel • 100 gr de azucre en pó • 1/2 copa de brandi • Cacao en pó • 1 tableta de chocolate de repostería Instrucións: Antes de nada dicir que esta receita é para forno microondas, pero dada a súa sinxeleza é moi doado convertir os tempos para un forno normal. Lávanse as castañas e fáiselles unha incisión, póñense nunha cunca grande e cóbrense con auga fervendo.. Introdúcense durante seis minutos no forno, conectado ao 100% de potencia. Despois escórrense e pélanse en quente. Logo bótanse nun recipiente e cóbrense de leite cociñándoas outra vez durante outros seis minutos. Unha vez feitas faise unha masa, engádese o mel e resérvase. Noutra cunca ponse o chocolate troceado e a manteiga, quentándoo no forno ao 100% durante un minuto. Bátese ben e bótaselle ó puré de castañas que temos feito. Despois engádese o brandi e mailo azucre, facendo unha mistura que deixaremos enfriar na nevera. Unha vez fría fanse as trufas e rebózanse primeiro nos fideos de chocolate, logo no cacao e... ñam!
  26. 26. RECEITAS22 PASTEL DE PESCADA Á MODA A TROITA ARMADA Ingredientes: • Medio quilo de pescada • 100 Gramos de bonito en aceite • Cuarto litro de salsa bechamel • Tres culleiradas de salsa de tomate • Tres ovos • Sal • Pementa • Unha culleiriña de mostaza Instrucións: Cócese a pescada e desfaise xunto co bonito. Bátense os ovos e engadense ó peixe. Salpeméntase. Engadese e mostaza, a bechamel e o tomate. Reméxese todo ben remesido e métese nun molde untado con manteiga (xa sabedes, quentade a manteiga e pasádea por todo o molde). Cocédeo primeiro 15 minutos ó estilo "baño María" e segundo 20 minutos no forno. Gárdase no frigorífico ata o momento de comelo. Sérvese cuberto con salsa de tomate ou maionesa. Se queredes que quede bonito podédelo servir nun leito de leituga.
  27. 27. RECEITAS23 TALLARINES AO SALMÓN Ingredientes: • 300 gr de tallarines • 100 gr de salmón fresco por persoa • Sal, pementa • Romero ó gusto • Unha copa de tona líquida • Un chorriño de coñac Instrucións: Poñer a cociña-la pasta. Asemade, corta-lo salmón en anacos pequenos e sofritilos nunha tixola. Flamear cun pouco de coñac e apagar cunha copa (das de viño) de tona líquida. Engadi-los tallarines e remexer para mesturalos ben co salmón. Dificultade mínima. Tempo aproximado 20 minutos.
  28. 28. RECEITAS24 POLBOS TIPO CEA DO 24 Ingredientes: Para cachelada • Un polbo enteiro para cada tres xóvenes • 200 Gr. De patacas por persoa • Media cebola por persoa • Loureiro • Sal e pementón picante • Un chorriño de aceite de oliva Para caldeirada • Igual cantidade de polbo • Unha cebola por persoa • Allo • Pementón doce • Medio pemento roxo por persoa • 250 Gr. De tomate triturado por persoa Instrucións: Para cachelada Coce-lo polbo uns 45 minutos con cebola e loureiro. Na mesma auga coceremos despois as patacas. Picamos o polbo, as patacas e cebola cruda. Botámoslle pementón picante e aceite de oliva. Así de sinxelo. Para caldeirada Cocémo-lo polbo igual que o anterior e gardámo-la áuga. Nunha tixola sofritimos a cebola e o allo, cando estea a cebola transparente botámoslle un pouco de pimentón doce, o tomate e o pemento en tiras. Deixámolo facendo durante 45 minutos co lume suave e engadimos a áuga de coce-lo polbo se vemos que seca. Despois botámolo enriba do polbo xa cortado e misturamos.
  29. 29. RECEITAS25 PATACAS "A LA IMPORTANCIA" Ingredientes: • 1 Kg. de patacas • Perexil • Azafrán • 4 ovos • Fariña • 1 cebola • Aceite • 1 dente de allo • Sal Instrucións: Lavamos, mondamos e curtamos as patacas en toros un pouco grosos. Botámoslles sal, rebozámolas na fariña e nos ovos e fritímolas nunha tixola. Nun morteiro esmagamos o allo picado, o azafrán, un pouco de sal e un pouco de auga. Cubrimos unha pota co aceite que nos sobrou de friti-las patacas e douramos a cebola picada moi pequena, engadimos unha cullerada de fariña, o do morteiro, un litro de auga, sal e remexémolo. Mesturamos este mollo coas patacas, botamos o perexil picado,e deixámolo que coza a lume manso media hora e xa están prontas.
  30. 30. RECEITAS26 BONITO EN ESCABECHE Ingredientes: • 1 Kg. de bonito en toros • 4 cebolas • 6 dentes de allo • Pementa negra • Loureiro • Vinagre • Auga • Aceite • Sal Instrucións: Cóllese unha pota ancha e no fondo bótase unha capa de cebola, enriba unha capa de bonito en toros e así sucesivamente ata acabar co bonito. Bótanse os dentes de allo en láminas, pementa ó gusto, sal e unhas follas de loureiro. Cóbrese con auga, vinagre e aceite en partes iguais e cócese de 20 a 25 minutos a lume manso. Deixase repousar mínimo 12 horas e xa se pode tomar. Dura varios días, e canto máis tempo estea máis rico. Aproveitade agora que é a época do bonito. (da miña tía Isabel)
  31. 31. RECEITAS27 PASTEL DE CENORIAS Ingredientes: • 16 galletas rectangulares (“cuétara” ou semellante) • 1 sobre pequeno de coco • 1/4 kg de cenorias • Xerez doce. • 7 culleradas de sucre Instrucións: Cocer as cenorias e esmagar coa batedeira. Mesturar co sucre e o coco reservando un pouco de coco para adornar. Mollar a metade das galletas co xerez para preparar a base. Nunha bandexa colocamos as galletas ata cubrir o fondo. Enriba, colocar unha capa da mestura feita, por riba, outra capa de galletas co xerez e por riba outra capa da mestura. Salferir co coco que deixamos apartado, meter no frigorífico e xa!
  32. 32. NOTAS
  33. 33. NOTAS

×