1. INTRODUCCIÓN A PAPIROFLEXIA
A papiroflexia é unha arte de orixe xaponesa que se
coñece co nome de origami. É unha gran axuda para a
educación, non só xa para os nenos senón tamén para
os adultos. As súas calidades son en grao sumo positivo
para a mente humana. As persoas que desenvolven a
arte da papiroflexia exercitarán a súa concentración e
atención. Porán a proba a súa destreza e exactitude, o
que leva a un fortalecemento da autoestima a través da
creación dun obxecto. Ademais desenvolverán a súa
coordinación e a súa imaxinación.
A papiroflexia é unha das actividades máis aconsellables para os nenos porque
mantén activa a súa intelixencia e axuda a desenvolver a súa memoria. Os expertos
aseguran que se un neno comeza unha actividade manual a idade temperá alcanzará
unha maior madurez cerebral, o que incrementará o seu desenvolvemento
intelectual. Ademais os nenos que estean en contacto con tarefas artísticas desde
pequenos distinguirán mellor entre realidade e arte, é dicir, a localización dun
obxecto no espazo.
A papiroflexia é unha tarefa sinxela que só require de paciencia e imaxinación. Para
introducir aos nenos nesta curiosa actividade, empeza por cousas fáciles para eles.