Uploaded on

 

More in: Education
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
633
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0

Actions

Shares
Downloads
2
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. A LARACHA
  • 2. Información:
    • Municipio español pertencente a provincia da Coruña, situado na comarca
    • de Bergantiños.
    • Asentase a 22km o suroeste da capital provincia
    • HABITANTES:
    LISTAXE POR PARROQUIAS ANO 2007 (actualizado a mes de marzo) GRÁFICO LISTAXE POR IDADES ANO 2007 (actualizado a mes de marzo) O Concello da Laracha conta con 10.943 habitantes , segundo o padrón municipal a día 8-3- 2007 . É o segundo máis poboado da bisbarra de Bergantiños. Hai 248 entidades de poboación , cifra que presenta unha porcentaxe moi elevada respecto á bisbarra. A meirande concentración sitúase no val do Río Anllóns e ao longo da estrada C-552 , onde se atopan os principais núcleos urbanos: A Laracha , Paiosaco e a parroquia de Cabovilaño , destacando na zona costeira o núcleoe Caión . Nas zonas altas, o hábitat é moito máis espallado que nas zonas máis baixas. A emigración e a caída da natalidade son as dúas circunstancias máis importantes da regresión da poboación no Concello . O máximo número de habitantes rexistrouse en 1960 , con 12.708 habitantes.
  • 3. Capital e parroquias
    • A súa capital e A Laracha. E as suas parroquias son as seguintes:
    Vilaño Torás Soutullo Soandres Montemaior Lestón Lendo Lemaio Golmar Erboedo Coiro Caión Cabovilaño
  • 4. Economía VIVEN PRINCIPALMENTE: DA GANDEIRIA LANAR E VACUNA DOS CULTIVOS DE MAÍZ, REMOLACHA, PATACAS … DA INDUSTRIA MADEREIRA
  • 5. Monumentos e lugares de interese CAIÓN A VILA O PASEO MARÍTIMO ÁREA RECREATIVA DE GABENLLE PASEO FLUVIAL PASEO FLUVIAL PRAIA DE CAIÓN SOANDRES PRAZAS E PARQUES MILLADOIRO DE SANTA MARTA MILLADOIRO DE SANTA MARTA PATRIMONIO(IGREXAS,HÓRREOS...)
  • 6. Festas gastronómicas e ferias FEIRA DE PAIOSACO O primeiro e terceiro domingo de cada mes. FESTA DAS CEREIXAS Celébrase o primeiro domingo de xullo na Parroquia de Lestón, concretamente no campo da feira de Paiosaco, cadrando coa primeira feira do mes. FESTA DA FABADA Esta festa gastronómica , que se celebra o primeiro domingo de outubro no campo da feira na parroquia de Lestón A súa celebración cadra coa primeira feira do mes FESTA DO ROXÓN Celébrase en Golmar, o venres seguinte ao 30 de novembro, cadrando coa época da matanza do porco < SARDIÑADA EN COIRO Esta cita gastronómica que realiza a Comisión de Festas no contorno da escola do Rapadoiro non ten data fixa de celebración xa que se nas dúas semanas seguintes ás festas patronais. ENTROIDO A data de celebración é variable, xa que uns anos cadra no mes de febreiro e outros no mes de marzo. Destaca &quot;O Entroido&quot; da Laracha como unha das principais festas populares e gastronómicas do municipio. Celébrase o domingo e o martes de &quot;entroido
  • 7. Festas relixiosas
    • Cabalgata de reis
    Celébrase o 5 de xaneiro e está organizada polo Concello. Os tres Reis Magos e os seus paxes saen en carrozas desde a Praza do Concello para percorrer as rúas. Entón diríxense a Caión e ao campo da feira de Paiosaco, para finalizar o seu percorrido no polideportivo, onde lles esperan centos de nenos. Durante o traxecto obsequian aos presentes con bombóns e caramelos. SAN GREGORIO Celébrase o 12 de marzo na Igrexa de Santa Margarita de Montemaior É o patrón dos labradores e a súa festividade é o 15 de maio. Celébrase o domingo máis próximo a ese día. SAN ISIDRO LABRADOR CORPUS CHRISTI A súa data é variable. Uns anos cadra no mes de maio e outros no de xuño. Ten lugar nas parroquias de Cabovilaño e Caión. FESTAS PATRONAIS DE LENDO A parroquia de Lendo celebra as súas festas patronais a fin de semana seguinte a Corpus Christi. FESTAS PATRONAIS DE COIRO A parroquia de Coiro celebra as súas festas patronais para honrar ao Corpus Christi, a Santa Rita e ao Santísimo Sacramento, a mediados do mes de xuño. SAN PEDRO A de San Pedro é a festa patronal da Parroquia de Soandres. Celébrase no Mosteiro de San Pedro os días 29 e 30 de xuño para honrar a este santo e ao Santísimo Sacramento. SAN BIEITO O 11, 12 e 13 de xullo hónrase a San Bieito e ao Sacramento na parroquia de Golmar. A festa popular celébrase no lugar de Lamas. FESTA DA NOSA SEÑORA DO CARMEN EN CAIÓN Celébrase na vila de Caión o día 16 de xullo se se dá a circunstancia de que cadre en fin de semana. De non ser así, pasa a ter lugar o sábado seguinte. SANTA MARIÑA A parroquia de Lemaio celebra as súas festas patronais en honra a Santa Mariña os días 18 e 19 de xullo .
  • 8. Festas relixiosas
    • A festividade do Corpus Christi celébrase na parroquia de Caión
    • o día anterior á festa do Carmen (normalmente, o sábado ),
    • sendo típica a confección dunha alfombra floral con sal e pétalos de flores,
    • pola Rúa do Carmen
    FESTA DE CORPUS CHRISTI EN CAIÓN FESTAS DO SANTÍSIMO SACRAMENTO DE LESTÓN As festas patronais do Santísimo Sacramento celébranse na parroquia de Lestón, no campo da feira de Paiosaco, en xullo, a fin de semana seguinte ao Corpus Christi. ROMARÍA DE SANTA MARGARIDA Na parroquia de Montemaior, no lugar de Santa Margarida, atópase a igrexa do mesmo nome, na que se celebra a popular romaría o día 20 de xullo, Os días 22,23 e 24 de xullo son as festas patronais da parroquia de Montemaior. A celebración relixiosa corresponde á Igrexa de Santa María Magdalena, situada no Igrexario, onde o día 22 se honra a Santa María Magdalena, o día 23, a San Antonio, e o día 24 é a festividade do Santísimo Sacramento . FESTAS PATRONAIS DE MONTEMAIOR FESTAS PATRONAIS EN VILAÑO Celébrase os días 25, 26 e 27 de xullo na honra de Santiago Apóstolo e o Sacramento Outra coñecida romaría da parroquia de Soandres é a de Santa Marta . SANTA MARTA Actualmente se atopa no Mosteiro, lugar no que se celebra a romaría cada 29 de xullo. FESTAS PATRONAIS NA LARACHA, capital do municipio O 15, 16 e 17 de agosto celébranse as festas patronais do concello FESTAS PATRONAIS DE ERBOEDO E SOUTULLO Son, tamén, os días 15 e 16 de agosto, en honor á Nosa Señora e ao Sacramento SAN RAMÓN (FESTAS PATRONAIS DE CABOVILAÑO) Vén sendo tradición celebrar estas festas na última fin de semana de agosto. SAN MIGUEL celébrase o 29 de setembro na Igrexa Parroquial de Soutullo SANTA LUCÍA Son varias as parroquias do municipio que honran a Santa Lucía o 13 de decembro
  • 9. ROMARÍA
    • Romaría DOS MILAGRES DE CAIÓN
    • Celébrase o 8 de setembro e é unha das romarías máis importantes do municipio larachés. É moi coñecida, tanta na bisbarra de bergantiños como nos concellos limítrofes.
    • O domingo anterior ao 8 de setembro, a imaxe da Virxe trasládase en peregrinación desde a Igrexa parroquial da Nosa señora do Socorro ata a Igrexa dos Milagres, acompañada dunha multitude de xente. A partir da tradicional suba da Virxe o domingo seguinte (no que volve), os camiños que nos levan ao Outeiro se enche de peregrinos.
    • Un arraigado costume daqueles devotos que acuden a visitar á Virxe é de a tocar ou colocarlle billetes no manto para que se lle cumpran as ofrendas.
    • Tamén é caracteristico ver aos peregrinos achenganse á Fonte Santa, posto que a crenza popular lle atriúe propiedades curativas.
    • Os días 8, 9e10 de setembro celébranse as festas populares con verbenas e diversas actividades.
  • 10. HISTORÍA
    • Acudindo á historia da bisbarra de Bergantiños coñeceremos as orixes do que hoxe é A Laracha . Nalgunhas épocas o noso concello aparece, mesmo, na primeira liña da historia da bisbarra debido á existencia dun importante mosteiro beneditino na parroquia de Soandres , actualmente coñecido como o Convento de Soandres
    Os restos históricos máis antigos que se conservan nas terras da Laracha corresponden ao período megalítico , aínda que a maioría deles son do neolítico Coñecemos a alta densidade de poboación da Laracha na época dos castros polo importante número deles que aínda se poden atopar e estudar. Actualmente conservamos un total de 19 recintos castrenses distribuídos por todo o territorio . Hai indicios de que poden existir restos da presenza romana e, ademais, consérvase algún tramo e ruínas da Via Per Loca Marítima . Na Igrexa de Santiago de Vilaño atopouse un miliario no ano 1987 que data de mediados do século IV , época do emperador Magnentio. No Mosteiro de Soandres existiu unha antiga inscrición que aludía a un templo dedicado a Hércules Xónico . A Ara Votiva deste edificio atópase na Catedral de Santiago de Compostela. Os capiteis prerrómanicos , que se usan na actualidade como pía de auga bendita na Igrexa de Santa Mariña de Lemaio , pertencen aos primeiros séculos da idade media . A finais do S.XIII e principios do S.XIV, a parroquia de Lendo foi, segundo apunta o escritor-historiador Carlos Martínez Pereira, unha encomenda templaria, é dicir, unha sede na que os monxes soldados estableceron a súa base, o que se deduce ao contemplar as pegadas que os cabaleiros templarios deixaron na Igrexa de San Xiao de Lendo .
  • 11. HISTORÍA O resto histórico medieval máis significativo da bisbarra é a Igrexa de San Pedro de Soandres . Móstranos a importancia que tivo o mosteiro na súa época, xa que a el pertencían a meirande parte das terras. A documentación máis antiga na que aparece este edificio relixioso data de finais do século X , onde é citado como cenobio beneditino , aínda que a súa fundación foi anterior. Nos primeiros anos recibiu importantes doazóns, tanto da nobreza laica como eclesiástica. Durante os últimos séculos da era medieval, a nobreza local fíxose dona de boa parte dos seus bens, feito que denunciaron os monxes que o habitaban. As súas posesións eran tan grandes (tres millas á redonda), que os monxes foron obxecto dun espectacular roubo a finais do século XVIII , cando unha banda armada se levou 9.200 reais de vellón en diñeiro e xoias, o que nos dá unha idea da riqueza do cenobio. En 1418 a parroquia de Carballo pertenceu a este influente mosteiro e, xa no ano 1495 , Soandres únese a San Martiño Pinario de Santiago , converténdose así en priorado. Actualmente consérvase o escudo de San Martiño Pinario no Altar Maior do Convento. Non só os eclesiásticos exerceron o señorío nas terras da Laracha.Tamén o fixeron os cabaleiros, especialmente a familia dos Mariñas ,a cal dominou, desde o século XIV , boa parte do territorio que hoxe é o noso Concello. Desta época son as desaparecidas Torres de Cillobre , que nun principio eran unha construción defensiva e se converteron, posteriormente, en casa señorial. As Torres de Cillobre e os seus donos, a familia Pardo das Mariñas , xogaron un papel determinante na historia medieval e moderna da bisbarra. As Torres de Cillobre e os seus donos, a familia Pardo das Mariñas , xogaron un papel determinante na historia medieval e moderna da bisbarra. O primeiro señor de Cillobre do que temos constancia foi Martín Sánchez das Mariñas , que aparece nun documento de 1416, cando o rei Juan II tomou baixo a súa protección ao mosteiro de Soandres a petición do seu abade Fernán García . A intención do rei era que tanto este nobre como o seu fillo, Ares Pardo das Mariñas , deixasen a encomenda dos bens que tiñan do mosteiro polos abusos cometidos. Isto pon de manifesto a antigüidade das Torres de Cillobre, aínda que na actualidade só fiquen en pé parte dos muros da casa-pazo -cercada por unha parede de pedra-, e a capela de San Roque , que foi restaurada recentemente. Un dato histórico a mediados do século XIX había unha poboación de 1336 veciños
  • 12. RELEVO
    • Esta acolledora praia, situada nun marco de gran beleza paisaxística, é o único areal do municipio da Laracha. Caracterízase polas súas augas limpas e tranquilas e por unha area branca e fina. Esténdese ao longo do Paseo Marítimo, desde &quot;Punta das Ondas&quot; ata &quot;A Furna da Auga Redonda&quot;. O principal obxectivo é conseguir que os moitos veraneantes e visitantes que acoden a esta praia poidan gozar
    • A implantación da recollida selectiva eo feito de que estea rodeada polo Paseo Marítimo que permite ao visitante gozar de agradables paseos ao longo do mar e de impresionantes vistas, fixo que esta praia obteña o galardón de Bandeira Azul . É o principal río da bisbarra de Bergantiños
    PRAIA DE CAIÓN RÍO ANLLÓNS Divide a bisbarra de Bergantiños en dúas partes : á dereita, as terras costeiras e, á esquerda, as terras altas ou de montaña. Desde o seu nacemento, o Río Anllóns descende 9 quilómetros para chegar a Santa Baia, parroquia de Soandres. A partir de aquí recibe pequenos afluentes, moitos deles de carácter torrencial. Que o fai moi paisaxístico e atractivo para a práctica de actividades.
  • 13. MiToS e LeNdAs Aquí, onde os continentes acábanse e comeza o océano infinito, extremo incomprensible da vida, vén cada noite Helios, o señor sol, a esconderse máis aló do horizonte mariño e das néboas, todo isto esta escrito na alma do peixe, é non hai que asustarse. É o que viñeramos a buscar. Costa da Morte, Caion ritos de contos, lendas e misterios, un océano hegemónico e o balance de moitísimos naufraxios deron á escarpada costa atlántica coruñesa unha enrarecida fama, coñecida como Costa da Morte. Aquí, onde os continentes acábanse e comeza o océano infinito, extremo incomprensible da vida, vén cada noite Helios, o señor sol, a esconderse máis aló do horizonte mariño e das néboas. Din que, cando se afunde no mar, os seus raios restallan como unha inmensa fogueira apagada pola auga e hai quen pode oír o estrondo desde esta costa galega caionesa. Caion , o Mar, historia, Mitos, Lendas , todo dentro do Caldeiro
  • 14. O CLIMA
    • O Clima
    • O clima do municipio larachés é océanicoe, polo tanto con temperaturas suaves, frecuentes precipitacións, escasa oscilación termica e elevada humidade. Existen pequenas variacións entre as terras altas do sur, o val do río Anllóns e o litoral.
    • Así as terras do sur (Soandres e Montemaior)presentan un clima oceánico que experimenta unha certa continentalidade, con temperaturas máis baixas e unha maior oscilación térmica(algún día ao ano podemos ver as súas montañas cubertas de neve).
    • Non obstante, o litoral caionés e as zonas máis baixas (as do val do anllóns)presentan un clima máis suave.
    • En síntese, o clima larachés caracterizase por uns invernos suaves (arredor de 10ºC), veráns pouco calorosos (uns 20ºC) e abundantes precipitacións, principalmente entre os meses de novenbro e xaneiro.
  • 15. A VEXETACIÓN
    • Vexetación
    • Ao longo do tempo a vexetación autóctona ( carballeira ) foi substituída por diversas especies de repoboación, como piñeiros e eucaliptos. A zona de monte ocupa un terzo da superficie total do municipio. A pesar de todo, atópanse algunhas zonas de bosque autóctono, como carballeiras (carballo), soutos (castiñeiro) ou, nas ribeiras dos ríos ameneiros e vidueiros.
    • Nas áreas de onde as “carballeiras” manteñen un bo estado de conservación podemos observar “carballos” de de gran porte e idade, como ocorre na “carballeira” de Santa Margaridas, na “carballeira” de San Fins e nos arredores da Capela de Comiáns, lugares pertencentes á parroquia de Montemaior.
    • Nas terras máis altas, a vexetación arbórea foi substituída por matogueiras, moi abundantes no municipio, e que forma, en moitas ocasións, un mosaico con outras unidades ambientais que teñen un importante valor ecolóxico.
  • 16. Bandeira e escudo
    • A BANDEIRA
    • O 17 de xullo de 1985 foi aprovada a Bandeira Municipal proposta por D. Felipe Llopis Planell.
    • Sobre o fondo azul céntrase un cruceiro, un dos símbolos máis íntimos, próximos e profundos de Galicia.
    • · O ESCUDO
    • Os elementos que compoñen o escudo do Concello da Laracha fan referencia aos momentos máis significativos do seu pasado e proporcionan unha información relevante para coñecer mellor a cultura do municipio. Toda a súa historía faise presente nos diferentes elementos ao emblema oficial, só hai que saber ler oseu significado.
    A torre que ocupa o centro do escudo fai honra ás Torres de Cillobre e ás Torres do Viso (Montemaior). Baixo a súa representación atópase unha balea sucando o mar que rememora a importancia que en épocas pasadas tivo o Porto baleeiro de Caión , un dos de maior actividade na captura de baleas na provincia. A cada lado da torre aparecen duas espigas , símbolo do carácter agrícola do municipio
  • 17.
    • Resulta sinxelo e rápido o acceso ao municipio. Atópase a 20
    • minutos da Coruña e podemos chegar a través da AG-55 ,
    • ou ben pola estrada C-552 A Coruña-Fisterra que atravesa
    • o Concello polas parroquias de Lestón, Torás, Cabovilaño e
    • Lemaio. A capital municipal, &quot;A Laracha&quot; , dista 22 quilómetros
    • da cidade herculina. Para chegar á Laracha desde Santiago existen varias opcións
    • de acceso: pola ruta da estrada de Santiago, Portomouro, Val
    • do Dubra e Carballo, cunha distancia de 56 quilómetros, ou
    • pola estrada de Santiago, Ordes, Cerceda e A Coruña ( N-550 )
    • cunha distancia de 59 quilómetros. Tamén existe unha boa comunicación coa capital española,
    • Madrid e, en xeral, con toda a meseta, debido ao enlace da
    • autoestrada AG-55 coa A-6 . No municipio destacan as diversas vías de comunicación exis
    • tentes entre as distintas parroquias e cos municipios limítrofes.
    • Así, desde o núcleo da Laracha existen dúas bifurcacións: Cara ao sur :
    • A de Cerceda, por Meirama, con 18 quilómetros de percorrido
    • (CP-1913).
    • A do cruce da Silva (13 Km.) (CP-2404), desde onde é posible
    • seguir o camiño de Ordes (32 km.) e de Santiago (59 km.)
    • Cara o norte , dirección Caión:
    • A estrada que, partindo da avenida de Caión, atravesa as
    • parroquias de Torás, Lendo, Baldaio e Caión. (CP-1913)
    • A estrada que, desde Paiosaco (Campo da Feira), nos leva
    • ata Caión atravesando os núcleos de Cachada, Barreira,
    • Estramil, Escurido, Corteo e Xermaña. (CP-0513)
    mapa-como chegar A LARACHA
  • 18. IMAXES 1
    • PAZOS CASAS
    Centro Social de Caión
  • 19. IMAXES 2 MUIÑOS FONTES
  • 20. IMAXES 3 HÓRREOS
  • 21. IMAXES 4 CRUCEIROS
  • 22. IMAXES 5 IGREXAS,CAPELAS,SANTUARIO E MONASTERIO