Tema 2. Organización política e actividade económica Lección 2. Conxuntos xeopolíticos e culturais do mundo
2.1. Espazos xeopolíticos e culturais
A xeografía política é a que estuda a organización política das sociedades, ademáis de coñecer as relacións que existen entre os espazos que teñen poder e aqueles espazos que están baixo a súa influencia.
A xeografía cultural é a que analiza a distribución e as características dos grupos culturais que comparten unha mesma lingua, relixión (...), e cómo estas características fan que se organice o seu territorio dun modo ou doutro.
Dependendo se estudamos as distintas rexións do mundo dende o punto de vista da xeografía poítica ou cultural, podemos agrupalas en distintos conxuntos rexionais.
2.2. O Mundo Occidental
¿Qué países forman parte do Mundo Occidental?
Europa Occidental y Central.
Estados Unidos.
Canadá.
Australia.
Nova Zelandia.
Todos estos países teñen en común que, xunto con Xapón, conforman o centro da organización política e económica do mundo.
Estados Unidos e Canadá :
Son grandes territorios con unha enorme variedade xeográfica.
A súa poboación é cultural e étnicamente moi variada.
A súa forma de vida:
Implica altos niveis de consumo.
Se exporta ao resto do mundo, a través dos medios de comunicación de masas.
Nestas dúas zonas (EEUU e Canadá) se concentra a maior parte da riqueza do mundo, sen embargo, tamén existen grandes desigualdades. ¿Cal é o motivo? Mentres que as grandes empresas xerar a maior parte dos recursos, o estado non garante a seguridade social dos habitantes.
CANADÁ
Australia e Nova Zelandia :
Comparten relacións políticas e culturais con Europa e Norteamérica.
Europa :
Debido a que conta con unha forte diversidade, tanto cultural e lingüística, como demográfica e económica, se viu na necesidade de realizar un proxecto de unión política e económica, baseado na existencia dun pasado común e que pretendese cubrir as necesidades dos diferentes Estados da Unión Europea.
2.3. América Latina
América Latina comprende os territorios gobernados por españois entre os séculos XV e XIX, concretamente América do Sur, México e Centroamérica.
Destaca pola súa uniformidade cultural , tanto na relixión (católica), como na lingua (portugués e español maioritariamente). Sen embargo existe unha gran desigualdade social entre estas rexións que compoñen América Latina: Existen elites de ascendencia europea que teñen moitas terras e poder político, mentres que a maioría da poboación ten graves problemas económicos.
O proceso de mestizaxe (cruce de razas) a través do tempo fixo que variase a poboación dependendo das diversas rexións:
Nos Estados do Sur (Arxentina, Chile e Uruguai) predomina a poboación de orixe europea .
Na zona de Centroamérica e os países andinos (Bolivia, Colombia, Ecuador, Perú), destaca a poboación indíxena.
En Brasil e nas illas do Caribe destaca a mestizaxe entre a poboación autóctona e a de orixe africana.
Políticamente estas rexións foron gobernadas por dictaduras militares durante a segunda metade do século XX, sen embargo, na actualidade trátase de evolucionar, moi pouco a pouco, cara sistemas democráticos.
2.4. África
A pesares da súa riqueza en paisaxes naturais e multitude de recursos cos que conta, é o espacio mundial con maiores dificultades económicas; a poboación está continuamente castigada por períodos de fame, guerra e pestes, así como a dificultade que supón non acadar unha democracia.
¿Cómo tratan de vencer os habitantes destas rexións esta miseria e mais a inestabilidade política? A través da emigración cara Europa.
É un continente con grande diversidade de linguas e culturas, sen embargo, na zona norte teñen un punto en común: a cultura islámica.
2.5. Oriente Próximo e Oriente Medio
Está situado entre a beira oriental do Mediterráneo e o río Indo.
Conforman as súas sociedades persoas con culturas, linguas e relixións moi diversas.
A pesares de que a relixión máis extendida é a relixión islámica, a convivencia con outras relixións e sistemas políticos xeran numerosos conflictos (palestinos e israelíes).
Ademáis destes problemas, en ocasións algunhas poboacións minoritarias foron marxinadas dos Estados ou ben quedaron divididas entre varios países, como por exemplo:
Os k urdos , que viven en Irán, Iraq, Siria e Turquía.
Os a cerís , que viven en Siria.
Os pastúns , que viven en Afganistán.
Destacan as formas de goberno autoritarias , nas que o papel da muller é mínimo.
Os Estados que conforman o Oriente Próximo e o Medio son de vital importancia económica a nivel mundial , debido a que nestas zonas se encontran as maiores reservas petrolíferas e de gas natural do mundo.
¿Qué implica isto? Que as grandes potencias mundiais están interesadas nestas reservas, polo que os seus intereses económicos motivaron a existencia de guerras nos últimos anos.
Oriente Próximo (Egipto, Líbano, Israel, Turquía, Jordania, Siria, Iraq y Arabia).
Medio Oriente (Irán, Afganistán, Pakistán "y sus países limítrofes").
Extremo o Lejano Oriente (India, China, Corea, Japón y países del Pacífico).
2.6. O espazo postsoviético
No ano 1991 produciuse a desintegración da URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas) e as súas repúblicas declaráronse independentes. A máis importante sería Rusia.
As novas repúblicas tiveron problemas co a súa estructura económica e política debido a que costou desaferrarse da estratexia do réxime comunista na que estaban inmersas.
As diferenzas culturais ademais do potencial en recursos naturais fixo ademais que tivesen lugar numerosos conflictos, como o de Chechenia.
Ver: http://es.wikipedia.org/wiki/Chechenia
1. Armenia;
2. Azerbaiyán;
3. Bielorrusia;
4. Estonia;
5. Georgia;
6. Kazajistán;
7. Kirguistán;
8. Letonia;
9. Lituania;
10. Moldova;
11. Russia;
12.Uzbequistán;
2.7. Asia Meridional y Oriental
Estes espazos acollen a meirande parte da poboación mundial, que viven en zonnas como China, India, Xapón ou Pakistán.
Existe un contraste económico moi grande , xa que, mentres Xapón é unha das maiores potencias económicas mundiais, Nepal ou Bangladesh son das máis pobres. Polo tanto, a semellanza de África, existe unha drepartición moi desigual da riqueza, posto que hai zonas con concentración de capital e infraestructuras modernas que conviven con otros espazos moi pobres e modos de vida tradicionais. Non obstante, o crecemento económico dalgunhas rexións, marcou certa unidade entre estes Estados.
Políticamente existen zonas conflictivas, como o caso do Tibet ou Caxemira. En xeral, en toda Asia conviven sistemas democráticos e réximes autoritarios.
En canto as relixións máis practicadas destacan o hinduismo, o confucionismo e o islamismo.
0 comments
Post a comment