A hidrosfera

190 views
120 views

Published on

Coñecemento do Medio 6º Primaria

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
190
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

A hidrosfera

  1. 1. TEMA 9 A HIDROSFERA E A ATMOSFERA
  2. 2. A hidrosfera....  É a capa formada por toda a auga do planeta Terra, agás o vapor de auga que formaría parte da atmosfera. Ocupa 2/3 do planeta.  Nela podemos distinguir: • 1. Augas oceánicas: océanos e mares. • 2. Augas continentais:son as que cobren parte dos continentes ( formando parte dos ríos, lagos, xeo dos polos...), ou están baixo a superficie destes formando as augas subterráneas.
  3. 3. A hidrosfera móvese...  A auga dos ríos son correntes de auga que desembocan no mar.  A auga de mares e océanos móvese debido a:  - As ondas: ondulacións da superficie do mar provocadas polo vento.  - As correntes mariñas: masas de auga que se desprazan dun lugar a outro dentro dun océano. Son como ríos dentro do mar.  - As mareas: movementos de ascenso e descenso do nivel do mar. Prodúcense cada seis horas.
  4. 4. A hidrosfera...
  5. 5. A hidrosfera é moi importante...  Apórtanos a auga que necesitan os seres vivos.  É o medio no que viven os organismos acuáticos.  Usámola para beber, regar, cociñar, limpar...  Realizamos actividades como navegar ou bañarnos.  Realizamos traballos como pescar ou transportar mercancías.
  6. 6. A atmosfera  É a capa de aire que rodea a xeosfera e a hidrosfera.  Ten un espesor duns 1000 km.  Está composta por unha mestura de gases:  - 78% de nitróxeno.  - 21% de osíxeno.  - 1% de outros gases como vapor de auga, dióxido de carbono e ozono.
  7. 7. As capas da atmosfera  A atmosfera componse das seguintes capas:  - A troposfera  - A estratosfera  - Outras capas superiores:  .Mesosfera  .Termosfera  .Exosfera
  8. 8. A troposfera  Ocupa os 12 primeiros kilómetros de altura.  Contén o 75% dos gases atmosféricos.  Nela atópanse as nubes e fórmanse  as precipitacións.
  9. 9. A estratosfera  Comprende entre os 12 e os 50 km de altura.  A temperatura é moi baixa e hai pouco osíxeno.  Nela atópase a capa de ozono que nos protexe das radiacións solares.
  10. 10. A mesosfera, a termosfera e a exosfera  Son as capas máis frías  Hai poucos gases.  Nelas prodúcense fenómenos como as estrelas fugaces.
  11. 11. A atmosfera e os seus cambios  Na atmosfera prodúcense:  - Ventos  -Precipitacións  - Fórmanse as nubes  Todos estes cambios reciben o nome de FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS.
  12. 12. A importancia da atmosfera  A atmosfera é importante porque:  - Filtra as radiacións solares prexudiciais, sobre todo a capa de ozono.  - Mantén o calor do planeta.  - Contén gases necesarios para a fotosíntese e a respiración.
  13. 13. O clima  O tempo atmosférico é o estado da atmosfera dunha zona, nun momento determinado ou nun periodo de tempo curto (un día ou unha semana).  O clima, é o conxunto das condicións atmosféricas (precipitacións, temperatura, vento,...) dunha zona durante varios anos.
  14. 14. O clima dunha zona depende de...  A latitude:  - As zonas que están máis  próximas ao ecuador da Terra,  son máis cálidas.  - As zonas que están máis  próximas aos polos son  máis frías. Ademais as  diferenzas entre verán e  inverno, son maiores.
  15. 15. O clima dunha zona depende de ...  A altitude respecto ao mar:  - Nas zonas montañosas fai máis frío que a nivel do mar. Isto ocorre porque a temperatura da atmosfera diminúe coa altura.  A proximidade ao mar:  - Nas rexións costeiras hai máis humidade, ventos frecuentes,... por iso as temperaturas son máis suaves que nas zonas do interior.
  16. 16. O estudo do clima  A METEOROLOXÍA, é a ciencia que estuda a atmosfera e as súas variacións. Intenta realizar predicións meteorolóxicas.  Para realizar estas predicións usa estacións meteorolóxicas, formadas por: pluviómetros, barómetros e anemómetros.  Con estes aparatos recóllense datos que nos informan sobre o estado da atmosfera. Con eses datos elabóranse mapas meteorolóxicos que nos informan da situación actual. Tamén se elaboran climogramas, que representan o clima dunha zona determinada.
  17. 17. O climograma  Trátase duns gráficos nos cales aparecen recollidas as precipitacións e as temperaturas medias dunha zona determinada ao longo dun ano.

×