Programacion administracion de sistemas operativos

  • 146 views
Uploaded on

 

More in: Education
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
146
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0

Actions

Shares
Downloads
7
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. PROGRAMACION DIDÁCTICA :ADMINISTRACION DE SISTEMAS OPERATIVOS. PROFESOR: JOSE FRANCISCO LAGO REY. CURSO: 2011 / 2012. ÍNDICE 1. CONTEXTUALIZACION. 2. CRITERIOS XERAIS NA ELABORACION DA PROGRAMACION. 3. UNIDADES DIDÁCTICAS DE TRABALLO. 4. SECUENCIA E TEMPORIZACION DAS UNIDADES DIDÁCTICAS. 4.1. DISTRIBUCION HORARIA DAS SESIONS LECTIVAS. 5. METODOLOXÍA DIDÁCTICA A APLICAR. 5.1. RECURSOS DIDÁCTICOS E MATERIAIS. 6. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS E MATERIAIS. 7. CONTIDOS. 8. ATENCION Á DIVERSIDADE. 9. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACION. 9.1. AVALIACION DOCENTE. 9.2. AVALIACION DO ALUMNADO. 9.2.1. PROCESO DE AVALIACION. 9.2.1.1 SISTEMA DE AVALIACION PARA O ALUMNADO CON PERDA DE AVALIACION CONTINUA. 9.2.2. CRITERIOS DE CUALIFICACION. 9.2.2.1 SISTEMA DE AVALIACION PARA O ALUMNADO CON PERDA DO DEREITO Á AVALICACION CONTINUA. 10. CONSIDEREACIONS ADICIONAIS SOBRE A ASISTENCIA A CLASES.
  • 2. 11. CRITERIOS DE PROMOCION. 12. PLAN E ACTIVIDADES DE RECUPERACION. 12.1 ACTIVIDADES. 13. ANEXOS. 13.1. ANEXO I. RESULTADOS DA APRENDIZAXE, E OS SEUS CRITERIOS DE AVALIACION. 13.2. ANEXO II. MARCO LEXISLATIVO. 13.3. ANEXO III. CRITERIOS DE AVALIACION ESPECÍFICOS DE CADA UNIDADE DIDÁCTICA DE TRABALLO. 13.4. ANEXO IV. MATERIAIS E FERRAMENTAS ESPECÍFICAS DE CADA UNIDADE DIDÁCTICA DE TRABALLO. 13.5. ANEXO V. ENQUISA DE AVALIACION DOCENTE. 13.6.ANEXO VI. CUESTIONARIO DE AVALIACION INICIAL DO ALUMNADO. 13.7.ANEXO VII. FICHA DE VALORACION DOS ASPECTOS ACTITUDINAIS DO ALUMNADO. 13.8. ANEXO VIII. FICHA DO PLAN INDIVIDUALIZADO DE RECUPERACION. 13.9. ANEXO IX. CRONOGRAMA DAS SESIONS LECTIVAS DO CURSO ACADÉMICO.
  • 3. 1. Contextualización. Módulo profesional: Administración de sistemas operativos. Código: MP0374 . Nivel: Formación profesional de grao Superior. Familia Profesional: Informática e comunicacións. Ciclo Formativo: Técnico superior en administración de sistemas informáticos en rede Referente europeo: CINE – 5b (Clasificación Internacional Normalizada Educación). Unidades de UC0484_3: Administrar os dispositivos de hardware do sistema. Competencia UC0485_3: Instalar, configurar e administrar o software de base do sistema. Asociadas: UC0486_3: Asegurar equipamentos informáticos. (Cualificación profesional IFC152_3: Xestión de sistemas informáticos. Duración do ciclo: 2 cursos (5 trimestres FCE e 1 FCT). Trimestres do módulo:1º, 2º curso. Horas totais do ciclo: 2.000. A competencia xeral deste título: Consiste en configurar, administrar e manter sistemas informáticos, garantindo a funcionalidade e a integridade dos recursos e dos servizos do sistema, coa calidade exixida e conforme a regulamentación. Duración do módulo: 140 horas. 8 horas semana. Idade do alumnado: Dende os 18 anos en adiante. Acceso ó ciclo Bacheralato, Técnico doutro ciclo de grao superior, ou formativo: mediante proba de acceso ó ciclo formativo.
  • 4. Acceso a outros estudos : Calquera outro ciclo formativo de grao superior. óu estudios Universitarios. ó desenvolvemento curricular desde módulo profesional toma como referencia o Centro educativo IES ISIDRO PARGA PóNDAL de CARBALLO que cumpre as condicións establecidas pola L.O.E.,e os Reais Decretos e Decretos que a desenvolven en canto a espazos,instalacións,alumnado,etc. Se o contextualizamos para a cidade de Carballo, no entorno do Centro encóntranse varias empresas de servicios informáticos que acollen á gran maioría do alumnado do ciclo para Formacion en Centros de Traballo e onde é previsible que poidan desenvolve-la súa carreira profesional estes/as alumnos/as. O módulo de Implantación de sistemas operativos , encádrase no primeiro curso do Ciclo Formativo de Grao Superior, corespondente ó Técnico superior en administración de sistemas informáticos en rede A duración do módulo é de 140 horas e desenvólvese ó longo dos dous trimestres do segundo curso. Decreto 177/2010, do 1 de outubro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en administración de sistemas informáticos en rede . dispón as directrices xerais desta titulación ,especificando seus contidos e ordenación e concretando o contorno profesional no que os/as titulados/as exercerán a súa actividade e os postos de traballo máis habituais. No Anexo II indícase o marco lexislativo correspondente a estes estudos. Estas persoas exercen a súa actividade nomeadamente en empresas do sector de servizos dedicadas á comercialización, á montaxe e á reparación de equipamentos, redes e servizos microinformáticos en xeral, como parte do soporte informático da organización,
  • 5. ou en entidades de calquera tamaño e calquera sector productivo que utilicen sistemas microinformáticos e redes de datos para a súa xestión. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes: _ Técnico/a en administración de sistemas. – Responsable de informática. – Técnico/a en servizos de internet. – Técnico/a en servizos de mensaxaría electrónica. – Persoal de apoio e soporte técnico. – Técnico/a en teleasistencia. – Técnico/a en administración de base de datos. – Técnico/a de redes. – Supervisor/ora de sistemas. – Técnico/a en servizos de comunicacións. – Técnico/a en contornos web. Esta programación didáctica do módulo, forma parte da programación xeral do Proxecto Curricular de Ciclo, que os profesores do Departamento deben elaborar có fin de dar unidade e coherencia ás ensinanzas dos módulos do ciclo formativo, tendo en conta as directrices establecidas no Proxecto Curricular do Centro. 2. Criterios xerais na elaboración da programación. Partindo dunha análise detida do Decreto do currículo, elaborouse unha estrutura de contidos da que obtívose unha serie de unidades didácticas de traballo que foron organizadas e secuenciadas en torno a varios supostos prácticos por unidade, en base ós cales xustificase o estudo dos contidos permitindo relaciona-los coa súa aplicación práctica.
  • 6. Por último, concretáronse os elementos curriculares de cada unidade didáctica de traballo, isto é: . Os obxectivos que deben acadarse. . Os contidos que deben desenvolverse. . As actividades do proceso de ensinanza-aprendizaxe que deben realizarse. . Os recursos que se precisan (Anexo IV). . A metodoloxía a empregar. . Os criterios de avaliación que permitan medi-lo nivel de aprendizaxe obtido. (Anexo III). 3. Unidades didácticas de traballo. Unidade didáctica Configuración de servidores virtuais . Obxectivos 1. Coñece-los principais compoñentes dun servidor virtual. 2. Instalar un servidor virtual. 3. Utilizar de forma eficaz e segura dos servidores virtuais. 3. Realizar clons dos servidores. 4. Identifica-los instrumentos dun servidor. 5. Identifica-los distintos xestores dos servidores virtuais. Contidos 1. Conceptos de servidores virtuais. 2. Compoñentes dos servidores. 3. Cómo instalar Xenserver. 1 24 SESIÓNS 20 Horas
  • 7. 4. Cómo instalar Vmware Server. 5. Cómo instalar un sistema operativo Windows hiper-v en 2008. 6. Cómo instalar as Vmware tools. 7. Cómo traballar con carpetas compartidas. Actividades de ensino-aprendizaxe 1. Cuestionarios e supostos prácticos. 2. Investigación por internet. 3. Instalar un servidor virtual Xenserver. 4. Instalar un sevidor virtual en Vmware. 5. Instalar un sevidor virtual Windows 2008 Hiper-V. Unidade didáctica O sistema e volúmenes. 2 24 SESIÓNS 20 Horas Obxectivos 1.Coñece-la importancia da administración do sistema. 2.Coñece-las diferentes tarefas que realiza o administrador do sistema. 3.Ve-los elementos e estructura dun sistema informático . 4.Coñece-los diferentes tipos de sistemas RAID. 5.Selecciona-las características hardware do servidor máis axeitadas. 6.Coñece-los diferentes sistemas operativos para servidores. Contidos 1. Particións.
  • 8. 2. Volúmens. 3. Raid. 4. Discos básicos e dinámicos. 5. Utilidade administración de discos. 6. Traballando con discos básicos. 7. Convertir un disco básico a dinámico e viceversa. 8. Traballando con discos dinámicos. 9. Comprobación de erros da unidade. 10. Desfragmentación de arquivos. 11. Métodos para facer copias de seguridade. 12.- Cómo establecer cuotas de discos. Actividades de ensino-aprendizaxe 1. Cuestionarios e supostos prácticos. 2. Investigación por internet. Unidade didáctica Administración de servizo de directorio. 3 12 SESIÓNS 10 Horas Obxectivos 1.Identifica-la función, os elementos e as estruturas lóxicas do servizo de directorio. 2.Determinar e crea-lo esquema do servizo de directorio. 3.Realiza-la instalación do servizo de directorio no servidor. 4.Realiza-la configuración e a personalización do servizo de directorio. 5.Integra-lo servizo de directorio con outros servizos. 6.Aplicaranse filtros de busca no servizo de directorio. 7.Utiliza-lo servizo de directorio como mecanismo de acreditación centralizada dos usuarios nunha rede. 8.Realiza-la configuración do cliente para a súa integración no servizo de directorio.
  • 9. 9.Utilizar ferramentas gráficas e comandos para a administración do servizo de directorio. 10.Documenta-la estrutura e a implantación do servizo de directorio. Contidos 1.Servizo de directorio: definición, elementos e nomenclatura. LDAP. 2.Esquema do servizo de directorio. 3.Controladores de dominio. 4.Instalación, configuración e personalización do servizo de directorio. 5.Creación de dominios. 6.Obxectos que administra un dominio: usuarios, grupos, equipamentos, etc. 7.Ferramentas gráficas de administración do servizo de directorio. Actividades de ensino-aprendizaxe 1. Cuestionarios e supostos prácticos. 2. Investigación por internet. 3. Administración do servicio de directio Activo. Unidade didáctica Administración de procesos do sistema . 4 24 SESIÓNS 20 Horas Obxectivos 1.Describi-lo concepto de proceso do sistema, os tipos, os estados e o ciclo de vida. 2.Empregaranse interrupcións e excepcións para describir os eventos internos do procesador. 3.Diferenciar entre programa, proceso e fío. 4.Realizar tarefas de creación, manipulación e terminación de procesos. 5.Utiliza-lo sistema de ficheiros como medio lóxico para o rexistro e a identificación dos procesos do sistema.
  • 10. 6.Utilizar ferramentas gráficas e comandos para o control e o seguimento dos procesos do sistema. 7.Comproba-la secuencia de arranque do sistema, os procesos implicados e a relación entre eles. 8.Tomar medidas de seguridade ante a aparición de procesos non identificados. 9.Documentáronse os procesos habituais do sistema, a súa función e a relación entre eles. Contidos 1.Procesos: tipos, estados e estrutura. 2.Fíos de execución. 3.Transicións de estados. 4.Prioridades. 5.Procura de información do sistema. 6.Sistema de ficheiros virtual. 7.Xestión dos procesos do sistema. Liña de orde. Contorno gráfico. 8.Secuencia de arranque do sistema. Demos. Actividades de ensino-aprendizaxe 1. Cuestionarios e supostos prácticos. 2. Investigación por internet. Unidade didáctica Automatización de tarefas do sistema. Obxectivos 5 12 SESIÓNS 10 Horas
  • 11. 1.Describi-las vantaxes da automatización das tarefas repetitivas no sistema. 2.Utiliza-los comandos do sistema para a planificación de tarefas. 3.Establecer restricións de seguridade. 4.Realiza-la planificacións de tarefas repetitivas ou puntuais relacionadas coa administración do sistema. 5.Automatiza-la administración de contas. 6.Instar, configurar e utilizar ferramentas gráficas para a planificación de tarefas. 7.Documenta-los procesos programados. Contidos 1.Comandos de planificación de tarefas. 2.Restricións de seguridade. 3. Administración de contas. 4.Ferramentas gráficas e de texto para a planificación de tarefas. Actividades de ensino-aprendizaxe 1. Cuestionarios e supostos prácticos. 2. Investigación por internet. Unidade didáctica 6 12 SESIÓNS Instalación, configuración e uso de servizos de acceso e administración remota . 10 Horas Obxectivos 1.Describi-los métodos de acceso e administración remota de sistemas. 2.Diferenciar entre os servizos orientados a sesión e os non orientados a sesión. 3.Utilizar ferramentas de administración remota subministradas polo propio sistema operativo. 4.Instalar servizos de acceso e administración remota. 5.Utilizar comandos e ferramentas gráficas para xestionar os servizos de acceso e administración remota.
  • 12. 6.Crear e configurar contas de usuario para o acceso remoto. 7.Realizar probas de acceso e administración remota entre sistemas heteroxéneos. 8.Utilizar mecanismos de encriptación da información transferida. 9.Documenta-los procesos e os servizos do sistema administrados de xeito remoto. Contidos 1.Terminais en modo texto. 2.Escritorio remoto. 3.Protocolos de acceso remoto e portos implicados. 4.Servizos de acceso remoto do propio sistema operativo. 5.Ferramentas gráficas para a administración remota. 6.Administración remota encriptada. Actividades de ensino-aprendizaxe 1. Cuestionarios e supostos prácticos. 2. Investigación por internet. 3. Identificar e clasifica-los escritorios remotos. 4. Configurar ferramenta de conexión remota. Unidade didáctica Administración de servidores de impresión. 7 24 SESIÓNS 20 Horas Obxectivos 1.Describi-la funcionalidade dos sistemas e dos servidores de impresión. 2.Identifica-los portos e os protocolos utilizados. 3.Utiliza-las ferramentas para a xestión de impresoras integradas no sistema operativo.
  • 13. 4.Compartir impresoras en rede entre sistemas operativos diferentes. 5.Instalar e configurar un servidor de impresión en contorno web. 6.Crear e clasificar impresoras lóxicas. 7.Crear usuarios e grupos de impresión. 8.Xestionar impresoras e colas de traballos mediante comandos e ferramentas gráficas. 9.Documenta-la configuración do servidor de impresión e das impresoras creadas. Contidos 1.Sistemas de impresión. 2.Portos e protocolos de impresión. 3.Impresoras en rede. 4.Servidores de impresión. 5.Usuarios e grupos de impresión 6.Ordes para a xestión de impresoras e traballos. 7.Ferramentas para a xestión de impresoras e traballos. Actividades de ensino-aprendizaxe 1. Cuestionarios e supostos prácticos. 2. Investigación por internet. 3. Instalar e configurar unha impresora pola rede. Unidade didáctica Integración de sistemas operativos en rede libres e propietarios. 8 24 SESIÓNS 20 Horas Obxectivos 1.Identifica-las necesidades de compartir recursos en rede entre diferentes sistemas operativos. 2.Establecer niveis de seguridade para controla-lo acceso do cliente aos recursos compartidos en rede. 3.Comproba-la conectividade da rede nun escenario heteroxéneo.
  • 14. 4. Describi-la funcionalidade dos servizos que permitan compartir recursos en rede. 5.Instalar e configurar servizos para compartir recursos en rede. 6.Comproba-lo funcionamento dos servizos instalados. 7.Traballar en grupo para acceder a sistemas de ficheiros e impresoras en rede desde equipamentos con diferentes sistemas operativos. 8.Documenta-la configuración dos servizos instalados. Contidos 1.Descrición de escenarios heteroxéneos. 2.Instalación, configuración e uso de servizos de rede para compartir recursos. 3.Configuración de recursos compartidos en rede. 4.Uso de redes heteroxéneas. 5.Seguridade de acceso por rede. Actividades de ensino-aprendizaxe 1. Cuestionarios e supostos prácticos. 2. Investigación por internet. 3. Integrar Windows e Linux. Unidade didáctica 9 12 SESIÓNS Aplicación de linguaxes de guións en sistemas operativos libres e propietarios . Obxectivos 1.Utilizar e combina-las estruturas da linguaxe para crear guións. 10 Horas
  • 15. 2.Utilizar ferramentas para depurar erros sintácticos e de execución. 3.Interpretrar guións de configuración do sistema operativo. 4.Realizar cambios e adaptacións de guións do sistema. 5.Crear e probar guións de administración de servizos e de tarefas. 6.Implantar guións en sistemas libres e propietarios. 7.Consultar e utilizar librarías de funcións. 8.Documenta-los guións creados. Contidos 1.Estruturas básicas das linguaxes de guións. 2.Ferramentas para a creación e a depuración de guións. 3.Creación e depuración de guións. 4.Interpretación de guións do sistema. Adaptacións. 5.Uso de extensións de comandos para tarefas de administración. 6.Librarías de funcións. 7.Guións para a administración de contas de usuario, procesos e servizos do sistema operativo. Actividades de ensino-aprendizaxe 1. Cuestionarios e supostos práctico. 2. Investigación por internet. 3. Elaborar guións en Windows e Linux. 4. Secuencia e temporización das unidades didácticas. A secuenciación e temporización dos contidos detallada no anterior apartado (esquema e cronograma no Anexo X) debe ser flexible e revisable, atendendo ó ritmo de aprendizaxe do alumnado, circunstancias escolares imprevistas e ás dificultades ou
  • 16. intereses formulados. Ademais as capacidades e actitudes do alumnado resulta decisiva no ritmo e desenvolvemento da materia. É por todo elo que a duración asignada a cada Unidade debe tomarse como unha estimación de referencia baseada na experiencia, pero suxeita a adaptacións debidas ás circustancias anteriormente citadas. 4.1. Distribucións horaría das sesións lectivas. A duración do módulo, segundo o currículo, é de 140 horas. As sesións de clase establecidas no centro teñen unha duración de 50 minutos cada unha. Polo tanto, o número de sesións totais é de 168 sesións. 140 horas * (60 min) / (50 min) =168 sesións As actividades lectivas correspondentes ó curso 2011/2012 realízanse de Luns a Venres entre os días 16 de septembro de 2011 e o 23 de xuño de 2012, ambos os dous inclusive. Na planificación das sesións téñense en conta os días non lectivos do período do curso escolar (cronograma no Anexo X), o que da un total de 140 horas (168 sesións). 5. Metodololoxía didáctica a aplicar. A estratexia metodolóxia consiste basicamente en que o profesor explica na aula os contidos, con variedade de recursos didácticos, para que posteriormente o alumnado aplique os coñecementos adquiridos, nas tarefas de aula que se lle encomenda e/ou os leve á práctica no taller, respectando as normas de funcionamento, materiais, ferramentas e a orde existente no mesmo. A metodoloxía didácticas utilizada favorece no alumnado a capacidade de aprender por si mesmo e para taballar en grupo. Asemade, o enfoque centrarase en “para que serve cada concepto estudando”, o que axuda á motivación e á introdución do
  • 17. alumnado no mundo laboral. 5.1. Recursos didácticos e materiais. O eixo central ó redor do que xiran as actividades da clase é a utilización dun portal web como medio no que o profesor e alumnado van introducindo progresivamente e de xeito organizado tanto os contidos, como os exercicios, traballos e demais recursos necesarios para cada Unidade. O uso do portal web e de internet non só permite ó alumnado personalizar e adaptar totalmente o material de estudo e traballo preparado polo profesor, e dispoñer en calquera intre en lugar do mesmo; senón que ademais facilita a comprensión rápida dos aspectos teóricos da unidade e a súa aclaración ou ampliación. Deste xeito, en clase pódese adicar máis tempo ás actividades prácticas así como á educación das actitudes. ós espazos formativos utilizados consistirán nun taller de instalación e reparación de equipamentos informáticos e/ou unha aula técnica informática cun ordenador por persoa. Cada ordenador debe poder acceder a Internet e a unha impresora en rede de uso común. ó software necesario son os sistemas operativos Linux e Windows en cada equipo, e diverso software especificado no Anexo IV. Tamén serán necesarios instrumentos que faciliten a tarefa de exposición do profesor, p.e., encerado, canón de exposición, ordenador do profesor, software de control e administración de aulas (tipo VNC e Italc) e emuladores de máquinas (tipo VirtualBox). No Anexo IV específicas para cada unidade didácticas de traballo, todo o software e material que o alumnado necesitará. 6. Obxectivos. Ós obxectivos xerais do ciclo formativo concretanse nos resultados da
  • 18. aprendizaxe dos diferentes módulos profesionais, ós que correspondan uns criterios de avaliación, expresados tamén en termos de capacidades. No Anexo I detállanse os obxectivos e resultados da aprendizaxe deste módulo. Por resultado da apredizaxe enténdese o comportamento esperado do alumnado que lle permite acada-la cualificación profesional e o nivel de formación acreditado polo título. ós criterios de avaliación correspondentes a cada resultado de aprendizaxe permiten comproba-lo nivel de adquisición da mesma e constitúen a guía e o soporte para defini-las actividades propias do proceso de avaliación. ós obxectivos do módulo profesional, expresados en termos de resultados da aprendizaxe e definidos no Decreto do currículo, son unha peza clave do currículo e definen o comportamento do alumnado en termos dos resultados avaliables que se requiren para acada-los aspectos básicos da competencia profesional. ós obxetivos xerais deste módulo definen as competencias profesionais, persoais e sociais que o seu alumnado debe acadar. No Anexo V, detállanse os obxectivos e competencias correspondentes ó módulo, descritos no propio decreto do currículo. De acordo con eles, no Apartado 4 desta Programación, especificáronse os obxectivos concretos que en cada unidade didáctica deste módulo contribúen a acada-la capacitación do alumnado. 6.1. Obxectivos mínimos. No Decreto do currículo establécense os resultado da aprendizaxe que deben ser acadados polo alumnado na súa etapa formativa, e especifícanse os seus correspondentes criterios de avaliación (Anexo I), que serán os que determinen se o alumnado acada a competencia requirida para a superación do módulo.
  • 19. Para a obtención dunha avaliación positiva será preciso que o alumnado acade eses resultados da aprendizaxe especificados no citado Decreto da titulación, cuantificados de acordo cos sistemas de avaliación e criterios de cualificación indicados máis adiante nesta mesma programación. 7. Contidos. Os contidos do currículo, establecidos no Decreto do título, son os necesarios para acada-las capacidades terminais e teñen, polo xeral, un carácter interdisciplinar derivado da natureza da competencia profesional asociada ó título. ós contidos concretos deste módulo espeficáronse xa no Apartado 4 no que se detallan para cada unidade didáctica. 8. Atención á diversidade. Como consecuencia da heteroxeneidade do alumnado e da natureza individual do proceso de ensino-aprendizaxe, faise necesario establecer unha serie de pautas por parte do profesorado, aparte do apoio persoal especializado cando se requira, que ofrezan ó alumnado a posiblidade de acada-los obxectivos marcados para o módulo a un ritmo acorde ás súas aptitudes. As medidas que nesta programación se propoñen e que deberanse adaptar cada curso ás necesidades específicas e o diferentes perfís do alumnado, son as seguintes: ● Segundo os casos, poderán establecer grupos de traballo heteroxéneos compostos por alumnado/a con coñecementos previos e alumno/a sen eles, co obxetivo de que o alumnado que está máis avanzado na materia axude e comparta os seus coñecementos có que posúe menos. Nalgún caso o criterio será o contrario, xuntando alumnado que presente condicións similares, se existise unha boa sintonía entre eles, co obxectivo de favorece-lo traballo colaborativo. ● Evitarase o desfase que se produce entre o alumnado que non ten equipo
  • 20. informático na casa e o que ten, desenvolvéndose a totalidade dos traballos na aula. ● Terase atención especial co alumnado que amose deficiencias de compresión e seguimento dos contidos, impartíndose explicacións particulares de aqueles conceptos que, sendo básicos non sexan entendidos con facilidade por este tipo de alumnado. No caso dos aspectos procedimentais, consistirán fundamentalmente na solución de problemas prácticos utilizando un método distinto ó proposto en principio e coa axuda do profesor. No caso dos aspectos conceptuais consistirán no repaso dos contidos por parte do alumando, e a proposta de novas probas de avaliación por parte do profesor. ● Para o alumnado que adquira máis rapidamente os conceptos, apoiarase a súa ensinanza con actividades complementarias e de ampliación e coas pautas que se indiquen dende o departamento. 9. Procedementos e instrumentos de avaliación. O modelo de avaliación baséase nunha análise continua e formativa do proceso de ensino-aprendizaxe. Así atenderemos tanto ós logros e adquisicións do alumnado, como a reflexión sobre o porpio traballo docente. 9.1. A valiación docente. Aplícanse tanto técnicas de autoavaliación, como enquisas de avalición docente (Anexo VI). Estas enquisas faranse de forma periódica o longo do curso (unha por trimestre), de xeito que todos aqueles aspectos do proceso de ensino-aprendizaxe que se consideren, poidan ser modifcados para o mellor funcionamento deste, e poida levarse a cabo a avaliación docente sen que remate o proceso. 9.2. Avaliación do alumnado. ós tipos de avaliación que se realizan son: inicial, continua e final do módulo e asemade, dende o punto de vista da función no proceso de ensino-aprendizaxe, a formativa (se se acadan os obxectivos) e a sumativa (cuantifica-los resultados). Nas primeiras sesións lectivas ó inicio do curso, o alumnado cubrirá un cuestionario
  • 21. (Anexo VII) co fin de coñecer de primeira man as características, as capacidades e a formación previa do grupo-clase. Tendo en conta que o/a axente principal do proceso de ensino-aprendizaxe é o/a alumno/a, se levarán a cabo un o varios controis de autoavaliación que se reflectirá nunha proposta de exercicios e cuentións durante, e/ou ó remate, de cada unidade didáctica de traballo. A avaliación será continua e tratará de comprobar o grao de consecución dos obxectivos e capacidades terminais deste módulo profesional. En consecuencia avaliaranse e cualificaranse todas as actividades levadas a cabo polo alumnado durante o proceso de aprendizaxe; avaliaranse tanto as tarefas de aula/taller, individuais e colectivas, así como a actitude de respecto polos demais e o bo facer no traballo en grupo. O alumnado debera entrega-los resultados das actividades propostas no prazo e no formato correspondente. O longo do proceso de ensino-aprendizaxe levaranse a cabo, mediante a observación directa, diferentes rexistros (caderno do profesor) para avalia-la marcha do proceso, o funcionamento dos diferentes talleres e das actividades propostas, así como a disposición ante o traballo do alumnado: aspectos actitudinais e de colaboración e coordinación (Anexo IX). Tódolos factores observados iranse tendo en conta ó longo do proceso de ensino-aprendizaxe, co fin de ir establecendo as modificacións que se consideren oportunas para o mellor desenvolvemento do mesmo. O alumnado para acada-la avaliación positiva polo procedemento de avaliación continua debera ter unha asistencia regular ás clases, que en ningún caso superara o 10% de faltas de asistencia (xustificadas e non xustificadas), entendidas estas como
  • 22. sesións lectivas de 50' (no caso de días lectivos nos que se teñan dúas sesións, computaranse como dúas faltas de asistencia). Asemade, para que sexa viable practicalo sistema de avaliación continua o/a alumno/a debe participar de forma satisfactoria en tódolos proxectos a realizar. A nota mínima dunha avaliación é de 1, e a maxima de 10, sendo un 5 o minimo esixible para a superación da mesma. 9.2.1. Proceso de avaliación. Sistema de de avaliación continua: Alumnado que perdera ou non Ile sexa posible aplicar o sistema de avaliación continua. Avaliación Inicial. No inicio das actividades do ciclo formativo realizarase unha enquisa estruturada, (Anexo VII) para avalia-los coñecementos, ideas previas e expectativas do alumnado respecto do módulo e do ciclo, conforme o artigo 5° da órde do 30 de 1 xullo de 2007, DóG do 9 de agosto. Avaliación Parciais. Dende o momento en que perda o dereito a serlle aplicado o sistema de avaliación continua, será cualificado como: PD. Non procederá en ningún caso ningún tipo de proba nin cualificación, pero o alumno poderá seguir asistindo as clases e a tódalas actividades programadas. Avaliación Final ordinaria. Cando se perde o dereito a ser avaliado continuamente, o/a alumno/a ten dereito a unproceso de avaliación extraordinario ó remata-lo módulo, sempre antes da avaliación final do mes de xuño. Consistirá na realización dunha proba de coñecementos e procedementos, inspirada no 100 % dos obxectivos do módulo e servirán, asemade, como referencia as actividades de ensino-aprendizaxe realizadas durante o desenvolvemento da formación do módulo.
  • 23. Avaliación Final extraordinaria. Tras un proceso de recuperación que se deseñará individualmente para cada alumno/a, tendo en conta as capacidades e os obxectivos non acadados no proceso de avaliación ordinaria do módulo, o/a alumno/a disporá finalmente dunha proba individual de coñecementos e de procedementos baseada nos contidos minimos do módulo e inspirada nos aspectos básicos das capacidades terminais para acadar unha avaliación positiva que suporá o 100% da cualificación. Aplícase a mesma valoración, con independencia de que o/a alumno/a asistira ou non a clase, ou fose avaliado ou non, polo procedemento de avaliación continua na sesión de avaliación final ordinaria do módulo. ó alumnado repetidor aplicaránselle os criterios xerais empregados en cada unha das situacións da 1 a matricula e seralles de aplicación o establecido no artigo 10°.4 da órde do 30 de xullo de 2007, DóG do 9 de agosto, debendo estes repetir tódalas actividades programadas do módulo. 9.2.1.1. Sitema de avaliación para o alumnado con perda de avaliación contiua. 0 proceso de avaliación para aquel alumnado que perda o dereito avaliación continua, (que faltou mais do 10% das 140 horas asignadas o módulo), levarase a cabo antes da avaliación final, segundo un calendario que sera elaborado coa suficiente antelación e que terá en conta a compatibilidade temporal coas probas extraordinarias correspondentes o resto dos módulos. Para valora-lo módulo positivamente, o/a alumno/a debe demostra-la súa capacidade de aplica-los coñecementos requiridos. ó sistema de avaliación constara das seguintes probas: . Unha proba escrita que consistira nunha serie de cuestións teóricas que o/a alumno/a debe respostar e razoar. ós temas sobre os que versarán estas cuestións estan incluidos nos contidos especificados na programación do módulo.
  • 24. . Unha proba no taller que consistirá en desenvolver unha serie de supostos prácticos baseados nos contidos incluídos na programación. Adicionalmente, poderase solicitar ó alumnado a realización de determinados traballos, relacionados cos contidos procedimentais do módulo. . Consíderarase superado o módulo, se logra superar a totalidade das probas anteriores, e a súa cualificación final dependerá do resultado obtido en cada unha delas. 9.2.2. Criterios de cualificación. Contidos Elementos avaliables Puntuación máxima Actitudinais 15% da cualificación . Asistencia (2,5%) 0,25 . Comportamento 0,25 (2,5%) . Disposición ante o 1 traballo: rigor, interese, responsabilidade (10%) . A expulsión da clase restará toda a nota do apartado. Cada chamda á orde restará 0,05. . Esta nota resultará das actividades de ensinoaprendizaxe a realizar no trimestre. Conceptuais / procedimentais 85 % da cualificación . Controis termedios (35 %) . Examen fin de trimestre (35%) . Incluirá cuestións de desenvolmento, supostos prácticos e de cálculo relativas ó temario impartido en cada trimestre. . Incluirá os datos, resultados, rexistros e conclusións das actividades de ensinoaprendizaxe realizadas polo alumno en cada trimestre. Esta nota resultará das actividades realizadas. 3.5 3.5 1.5 . Sitio web do alumno/a (15%) Baremación dos contidos e observacións
  • 25. Cálculo da nota final da A nota final da avaliación será numérica enteira entre 1 e 10 e avaliación correspoderá á suma dos apartados anteriores, tendo en conta á hora do arrendondeo a influencia positiva dos contidos actitudinais, así coma as anotacións feitas no caderno do profesor. Para supera-la avaliación é preciso obter un 5 como mínimo. Non se farán recuperacións, polo tanto unha avaliación suspensa recuperarase ao aprobar unha proba ó final do curso, antes da avaliación final. Así, se un/unha alumno/a non supera unha avaliación parcial terá que facer un exame final que consistirá na realización dunha proba, inspirada nos obxectivos mínimos do módulo. Asemade, usarase como referencia para dita proba, as actividades de ensino-aprendizaxe realizadas durante o desenvolvemento da formación do módulo. Para o arredondeo teranse en conta os contidos actitudinais. - Nas probas prácticas valorarase a sinxeleza, claridade, rapidez, e sobre todo a funcionalidade. - ós traballos e exercicios soamente serán avaliados se son entregados nas condicións e prazos fixados. - Poderán realizarse controis sen aviso previo, durante o desenvolvemento dunha unidade, con actividades similares ás que se fan na clase, ou relativas ós contidos da mesma. A data e temario dos exames comunicarase previamente. - Para supera-lo módulo na avaliación parcial ordinaria, débense ter aprobadas as avaliacións parciais trimestrais, das que consta o curso. Só nese caso, a nota final do/a alumno/a na avaliación continua obterase coa media aritmética das notas finais obtidas nas 2 avaliacións. - En tódalas puntuacións ó longo da avaliación aplicaranse decimais; o profesor ó final da avaliación redondeara os decimais para a determinación final da nota. ó redondeo farase, se o decimal é igual ou está por riba do 0,5 a alza e se o decimal está por baixo do 0,5 a baixa. P.e., un alumno cun 5,47 terá de nota dun 5; e un alumno con nota de 5,58 terá un 6. En ningún caso a aplicación desta regra permitirá superar unha avaliación no caso de que a cualificación da mesma non acade o minimo de
  • 26. 5,00; é dicir, se a nota correspondente a, p.e., a 2a avaliación parcial é de 4,97 o arredondeo faríase á baixa en lugar de á alza, co que a nota final seria de 4. 9.2.2.1. Sistema de avaliación para o alumnado con perda do dereito á avaliación contiua. Para poder supera-lo módulo terá que: 1° Solicitar ó seu profesor a lista de traballos e exercicios a desenvolver. 2° Presentar ó seu profesor os traballos propostos e a solución dos exercicios prácticos plantexados, nos prazos que se indiquen para elo. A cualificación dos traballos e exercicios supora o 15% da nota. 3° Presentarse a unha proba individual (teórica e práctica), que no seu momento se estableza nunha data anterior a avaliación final do mes de xuno. 4 Somentes superará o módulo o alumnado que acade unha valoración positiva no descrito nos dous puntos anteriores (traballos e proba individual). 5 Quen non se presente á proba de avaliación final extraordinaria, cualificarase cun 1. 10. Consideracións adicionais sobre a asistenica a clases. Retomando o indicado no apartado "Avaliación do alumnado" e co fin de orientar a este dos aspectos previstos na normativa, acláranse as seguintes cuestións legais: . Perda do dereito á avaliación continua. 1. Conforme se determina no artigo 2 da órde do 30 de xullo de 2007, pola que se regula a avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de formación profesional inicial, o número de faltas que implica a perda do dereito á
  • 27. avaliación continua nun determinado módulo será do 10% respecto da súa duración total, con independencia de que estas faltas sexan ou non xustificadas. Para tales efectos e con carácter previo, o centro enviará un apercibimento ó/á alumno/a cando as faltas de asistencia nun determinado módulo superen o 6% respecto da súa duración total. Nel indicarase que perderá o dereito á avaliación continua no módulo se acumulase un 10% de inasistencias con respecto á súa duración total. Cando as faltas de asistencia alcancen a citada porcentaxe, comunicarase a perda do dereito á avaliación continua. Na secretaría do centro deberá quedar constancia do apercibimento e da comunicación da perda do dereito á avaliación continua. 2. No caso do alumnado matriculado unha vez iniciadas as actividades lectivas, non se terán en consideración as sesións previas á formalización da matrícula. . Baixa de oficio da matrícula: 15 dias lectivos consecutivos ou 25 dias lectivos descontinuos. Apercibimiento: Perda do dereito á avaliación superada a perda do 6% da continua: superando o 10% da duración do módulo. duración do módulo. ó alumno/a será apercibido/a ou perderá o dereito a avaliación continua, cando 7 asistencia faltas de 10,7 faltas de asistencia supere o número de faltas equivalente a: 11. Criterios de promoción. De acordo co establecido no artigo 5° 2 da órde de 23 de abril de 2007 pola que se regulan o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional (D.ó.G.
  • 28. de 7 de maio de 2007), o alumnado poderá acceder a FCT cando se cumpra algún dos requisitos de promoción seguintes: 1.Ter superados tódolos módulos de segundo. 2.Ter recuperados os módulos pendientes de primeiro curso antes do acceso a FCT. 12. Plan e actividades de recuperación. ó alumnado que no acade os obxectivos do módulo deberá realiza-las actividades de recuperación no terceiro trimestre do curso académico seguinte, durante o período ordinario de realización da F.C.T. Logo de coñece-los resultados da cualificación para a sesión final ordinaria do módulo e como proposta para a devandita sesión/xuntanza da comisión de avaliación e equipo docente do ciclo, establecerase un plan individualizado de recuperación nos termos e condicións establecidas no Art. 7.1º da orde do 30 de Xullo de 2007. A estrutura e características do devandito plan de avaliación individualizado seguirá o esquema da ficha do Anexo IX. Nesa ficha figurará especificado de xeito concreto: . Información suficiente sobre as capacidades non acadadas que a xuízo do profesor/a impediron que obtivese unha avaliación positiva no proceso ordinario de avaliación. . Listaxe das competencias e obxectivos acadados e non acadados. . Ó plan de actividades proposto terá como finalidade verifica-los resultados da aprendizaxe adquiridos polo alumnado. Para a súa realización terán un novo horario de aula que se fará coas horas que libera o equipo docente do segundo curso no terceiro trimestre.
  • 29. 12.1. Actividades. Levaranse a cabo durante os meses de marzo a xuño (logo da avaliación previa a FCT) do segundo curso en horario que determinará a xefatura de estudios xunto co titor do ciclo. Estarán baseadas nos criterios de avaliación dos resultados da aprendizaxe (Anexo I) especificados polo currículo. A avaliación final farase durante o desenvolvemento das actividades de recuperación sempre antes do remate do curso. 0 profesor entregará ó alumnado a listaxe de enunciados das actividades de recuperación. As actividades de recuperación seran as mesmas ou analogas as realizadas durante o desenvolvemento do módulo. Terán un carácter de síntese, incluíndo aquelas actividades que precisen reincidencia, a modo de recuperación. A variedade de actividades irá en función das necesidades de formación e repaso dos alumnos/as que non acadaran os mínimos esixibles para unha avaliación positiva, ó longo do curso. Asemade debera superar unha proba global, que podera ser dividida en varias probas, na que se pedira resolver un/uns problema/s de caracteristicas analogas ós realizados durante as actividades do módulo e de recuperación. ós criterios de avaliación durante este periodo seran os mesmos cos aplicados o longo do curso anterior, rexendo tamén a valoración da asistencia a clase e da actitude dentro da aula. No caso de non realizarse controis intermedios a nota asignada a eles acumularase á nota do exame ou proba global. 13. Anexos.
  • 30. 13.1. Anexo I. Resultados da aprendizaxe, e os seus criterios de avaliación. Como referencia para concreta-los obxectivos do módulo tomáronse os resultados da aprendizaxe que segundo o Decreto do currículo deben ser acadados polo alumnado na súa etapa formativa. De seguido especifícanse os resultados da aprendizaxe e os seus correspondentes criterios de avaliación, tal e como se indican no citado Decreto. Módulo profesional: administración de sistemas operativos Equivalencia en créditos ECTS: 8. Código: MP0374. Duración: 140 horas. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación RA1. Administra o servizo de directorio, interpreta especificacións e intégrao nunha rede. – CA1.1. Identificáronse a función, os elementos e as estruturas lóxicas do servizo de directorio. – CA1.2. Determinouse e creouse o esquema do servizo de directorio. – CA1.3. Realizouse a instalación do servizo de directorio no servidor. – CA1.4. Realizouse a configuración e a personalización do servizo de directorio. – CA1.5. Integrouse o servizo de directorio con outros servizos. – CA1.6. Aplicáronse filtros de busca no servizo de directorio. – CA1.7. Utilizouse o servizo de directorio como mecanismo de acreditación centralizada dos usuarios nunha rede. – CA1.8. Realizouse a configuración do cliente para a súa integración no servizo de directorio. – CA1.9. Utilizáronse ferramentas gráficas e comandos para a administración do servizo de directorio. – CA1.10. Documentouse a estrutura e a implantación do servizo de directorio. RA2. Administra e describe procesos do sistema, aplicando criterios de seguridade e eficiencia. – CA2.1. Describiuse o concepto de proceso do sistema, os tipos, os estados e o ciclo de vida. – CA2.2. Utilizáronse interrupcións e excepcións para describir os eventos internos do procesador. – CA2.3. Diferenciouse entre programa, proceso e fío. – CA2.4. Realizáronse tarefas de creación, manipulación e terminación de procesos. – CA2.5. Utilizouse o sistema de ficheiros como medio lóxico para o rexistro e a identificación dos procesos do sistema. – CA2.6. Utilizáronse ferramentas gráficas e comandos para o control e o seguimento
  • 31. dos procesos do sistema. – CA2.7. Comprobouse a secuencia de arranque do sistema, os procesos implicados e a relación entre eles. – CA2.8. Tomáronse medidas de seguridade ante a aparición de procesos non identificados. – CA2.9. Documentáronse os procesos habituais do sistema, a súa función e a relación entre eles. RA3. Xestiona a automatización de tarefas do sistema, aplicando criterios de eficiencia e utilizando comandos e ferramentas gráficas. – CA3.1. Describíronse as vantaxes da automatización das tarefas repetitivas no sistema. – CA3.2. Utilizáronse os comandos do sistema para a planificación de tarefas. – CA3.3. Establecéronse restricións de seguridade. – CA3.4. Realizáronse planificacións de tarefas repetitivas ou puntuais relacionadas coa administración do sistema. – CA3.5. Automatizouse a administración de contas. – CA3.6. Instaláronse, configuráronse e utilizáronse ferramentas gráficas para a planificación de tarefas. – CA3.7. Documentáronse os procesos programados. RA4. Administra de xeito remoto o sistema operativo en rede aplicando criterios de seguridade. – CA4.1. Describíronse métodos de acceso e administración remota de sistemas. – CA4.2. Diferenciouse entre os servizos orientados a sesión e os non orientados a sesión. – CA4.3. Utilizáronse ferramentas de administración remota subministradas polo propio sistema operativo. – CA4.4. Instaláronse servizos de acceso e administración remota. – CA4.5. Utilizáronse comandos e ferramentas gráficas para xestionar os servizos de acceso e administración remota. – CA4.6. Creáronse e configuráronse contas de usuario para o acceso remoto. – CA4.7. Realizáronse probas de acceso e administración remota entre sistemas heteroxéneos. – CA4.8. Utilizáronse mecanismos de encriptación da información transferida. – CA4.9. Documentáronse os procesos e os servizos do sistema administrados de xeito remoto. RA5. Administra servidores de impresión, describe as súas funcións e intégraos nunha rede. – CA5.1. Describiuse a funcionalidade dos sistemas e dos servidores de impresión. – CA5.2. Identificáronse os portos e os protocolos utilizados. – CA5.3. Utilizáronse as ferramentas para a xestión de impresoras integradas no sistema operativo. – CA5.4. Compartíronse impresoras en rede entre sistemas operativos diferentes. – CA5.5. Instalouse e configurouse un servidor de impresión en contorno web. – CA5.6. Creáronse e clasificáronse impresoras lóxicas. – CA5.7. Creáronse usuarios e grupos de impresión. – CA5.8. Xestionáronse impresoras e colas de traballos mediante comandos e ferramentas gráficas. – CA5.9. Documentouse a configuración do servidor de impresión e das impresoras creadas. RA6. Integra sistemas operativos libres e propietarios, con garantía da súa interoperabilidade. – CA6.1. Identificouse a necesidade de compartir recursos en rede entre diferentes sistemas operativos.
  • 32. – CA6.2. Establecéronse niveis de seguridade para controlar o acceso do cliente aos recursos compartidos en rede. – CA6.3. Comprobouse a conectividade da rede nun escenario heteroxéneo. – CA6.4. Describiuse a funcionalidade dos servizos que permitan compartir recursos en rede. – CA6.5. Instaláronse e configuráronse servizos para compartir recursos en rede. – CA6.6. Comprobouse o funcionamento dos servizos instalados. – CA6.7. Traballouse en grupo para acceder a sistemas de ficheiros e impresoras en rede desde equipamentos con diferentes sistemas operativos. – CA6.8. Documentouse a configuración dos servizos instalados. RA7. Utiliza linguaxes de guións en sistemas operativos para administrar os seus servizos. – CA7.1. Utilizáronse e combináronse as estruturas da linguaxe para crear guións. – CA7.2. Utilizáronse ferramentas para depurar erros sintácticos e de execución. – CA7.3. Interpretáronse guións de configuración do sistema operativo. – CA7.4. Realizáronse cambios e adaptacións de guións do sistema. – CA7.5. Creáronse e probáronse guións de administración de servizos e de tarefas. – CA7.6. Implantáronse guións en sistemas libres e propietarios. – CA7.7. Consultáronse e utilizáronse librarías de funcións.CA7.8. Documentáronse os guións creados. Contidos básicos BC1. Administración de servizo de directorio Servizo de directorio: definición, elementos e nomenclatura. LDAP. Esquema do servizo de directorio. Controladores de dominio. Instalación, configuración e personalización do servizo de directorio. Creación de dominios. Obxectos que administra un dominio: usuarios, grupos, equipamentos, etc. Ferramentas gráficas de administración do servizo de directorio. BC2. Administración de procesos do sistema Procesos: tipos, estados e estrutura. Fíos de execución. Transicións de estados. Prioridades. Procura de información do sistema. Sistema de ficheiros virtual. Xestión dos procesos do sistema. Liña de orde. Contorno gráfico. Secuencia de arranque do sistema. Demos. BC3. Automatización de tarefas do sistema Comandos de planificación de tarefas. Restricións de seguridade. Administración de contas. Ferramentas gráficas e de texto para a planificación de tarefas. BC4. Instalación, configuración e uso de servizos de acceso e administración remota Terminais en modo texto.
  • 33. Escritorio remoto. Protocolos de acceso remoto e portos implicados. Servizos de acceso remoto do propio sistema operativo. Ferramentas gráficas para a administración remota. Administración remota encriptada. BC5. Administración de servidores de impresión Sistemas de impresión. Portos e protocolos de impresión. Impresoras en rede. Servidores de impresión. Usuarios e grupos de impresión Ordes para a xestión de impresoras e traballos. Ferramentas para a xestión de impresoras e traballos. BC6. Integración de sistemas operativos en rede libres e propietarios Descrición de escenarios heteroxéneos. Instalación, configuración e uso de servizos de rede para compartir recursos. Configuración de recursos compartidos en rede. Uso de redes heteroxéneas. Seguridade de acceso por rede. BC7. Aplicación de linguaxes de guións en sistemas operativos libres e propietarios Estruturas básicas das linguaxes de guións. Ferramentas para a creación e a depuración de guións. Creación e depuración de guións. Interpretación de guións do sistema. Adaptacións. Páxina 60 de 112 Uso de extensións de comandos para tarefas de administración. Librarías de funcións. Guións para a administración de contas de usuario, procesos e servizos do sistema operativo. 13.2. Anexo II. Marco lexislativo. Decreto 177/2010, do 1 de outubro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en administración de sistemas informáticos en rede. O Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia o regulamento e a administración do ensino en toda a súa extensión, nos seus niveis e graos, nas súas modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, a desenvolvan. A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional,
  • 34. ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificacións e acreditación que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das modalidades formativas. A devandita lei establece que a Administración xeral do Estado, de conformidade co que se dispón no artigo 149.1, 30ª e 7ª da Constitución española, e logo da consulta ao Consello Xeral de Formación Profesional, determinará os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade que constituirán as ofertas de formación profesional referidas ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, creado polo Real decreto 1128/2003, do 5 de setembro, e modificado polo Real decreto 1416/2005, do 25 de novembro, cuxos contidos poderán ampliar as administracións educativas no ámbito das súas competencias. Establece así mesmo que os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade terán carácter oficial e validez en todo o territorio do Estado e serán expedidos polas administracións competentes, a educativa e a laboral respectivamente. A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu capítulo III que se entende por currículo o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas reguladas pola citada lei. No seu capítulo V establece as directrices xerais da formación profesional inicial e dispón que o Goberno, logo da consulta ás comunidades autónomas, establecePáxina rá as titulacións correspondentes aos estudos de formación profesional, así como os aspectos básicos do currículo de cada unha delas. O Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, estableceu no seu capítulo II a estrutura dos títulos de formación profesional, tomando como base o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, as directrices fixadas pola Unión Europea e outros aspectos de interese social. No seu capítulo IV, dedicado á definición do currículo polas administracións educativas en desenvolvemento do artigo 6.3 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as administracións educativas, no ámbito das súas competencias, establecerán os currículos correspondentes ampliando e contextualizando os contidos dos títulos á realidade socioeconómica do territorio da súa competencia, e respectando o seu perfil profesional. O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da
  • 35. formación profesional do sistema educativo de Galicia, determina nos seus capítulos III e IV, dedicados ao currículo e a organización das ensinanzas, a estrutura que deben seguir os currículos e os módulos profesionais dos ciclos formativos na comunidade autónoma de Galicia. Publicado o Real decreto 1629/2009, do 30 de outubro, polo que se establece o título de técnico superior en administración de sistemas informáticos en rede e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e de acordo co seu artigo 10.2, correspóndelle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecer o currículo correspondente no ámbito da comunidade autónoma de Galicia. Consonte o anterior, este decreto desenvolve o currículo do ciclo formativo de formación profesional de técnico superior en administración de sistemas informáticos en rede. Este currículo adapta a nova titulación ao campo profesional e de traballo da realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo canto a especialización e polivalencia, e posibilita unha inserción laboral inmediata e unha proxección profesional futura. Para estes efectos, e de acordo co establecido no citado Decreto 114/2010, do 1 de xullo de 2010, determínase a identificación do título, o seu perfil profesional, o contorno profesional, a prospectiva do título no sector ou nos sectores, as ensinanzas do ciclo formativo, a correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención, así como os parámetros do contexto formativo para cada módulo profesional no que se refire a espazos, equipamentos, titulacións e especialidades do profesorado, e as súas equivalencias para efectos de docencia. Así mesmo, determínanse os accesos a outros estudos, as modalidades e as materias de bacharelato que facilitan a conexión co ciclo formativo, as validacións, exencións e equivalencias, e a información sobre os requisitos necesarios segundo a lexislación vixente para o exercicio profesional, cando proceda. O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta o perfil profesional do título a través dos obxectivos xerais que o alumnado debe alcanzar ao finalizar o ciclo formativo e os obxectivos propios de cada módulo profesional, expresados a través dunha serie de resultados de aprendizaxe, entendidos como as competencias que deben adquirir os alumnos e as alumnas nun contexto de aprendizaxe, que lles han permitir conseguir os logros profesionais necesarios para desenvolver as súas funcións con éxito no mundo laboral.
  • 36. Asociado a cada resultado de aprendizaxe establécese unha serie de contidos de tipo conceptual, procedemental e actitudinal redactados de xeito integrado, que han proporcionar o soporte de información e destreza precisos para lograr as competencias profesionais, persoais e sociais propias do perfil do título. Neste sentido, a inclusión do módulo de formación en centros de traballo posibilita que o alumnado complete a formación adquirida no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades de produción e/ou de servizos en situacións reais de traballo no contorno produtivo do centro, de acordo coas esixencias derivadas do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional. O módulo de proxecto que se inclúe neste ciclo formativo permitirá integrar de forma global os aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordaron no resto dos módulos profesionais, con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial. A formación relativa á prevención de riscos laborais dentro do módulo de formación e orientación laboral aumenta a empregabilidade do alumnado que supere estas ensinanzas e facilita a súa incorporación ao mundo do traballo, ao capacitalo para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención. De acordo co artigo 10 do citado Decreto 114/2010, do 1 de xullo, establécese a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración, coa finalidade de facilitar a formación ao longo da vida, respectando, en todo caso, a necesaria coherencia da formación asociada a cada unha delas. De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada polas Leis 11/1988, do 20 de outubro, 2/2007, do 28 de marzo e 12/2007, do 27 de xullo, conforme os ditames do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día un de outubro de dous mil dez. 13.3. Anexo III. Criterios de avaliación específicos de cada Unidade Didáctica de Traballo. Unidade didáctica 1 . Configuración de servidores virtuais.
  • 37. 1. Coñece-los principais compoñentes dun servidor virtual. 2. Instalar un servidor virtual. 3. Utilizar de forma eficaz e segura dos servidores virtuais. 3. Realizar clons dos servidores. 4. Identifica-los instrumentos dun servidor. 5. Identifica-los distintos xestores dos servidores virtuais. Unidade didáctica 2 . O sistema e volúmenes. 1.Coñece-la importancia da administración do sistema. 2.Coñece-las diferentes tarefas que realiza o administrador do sistema. 3.Ve-los elementos e estructura dun sistema informático . 4.Coñece-los diferentes tipos de sistemas RAID. 5.Selecciona-las características hardware do servidor máis axeitadas. 6.Coñece-los diferentes sistemas operativos para servidores. Unidade didáctica 3. Administración de servizo de directorio. 1.Identifica-la función, os elementos e as estruturas lóxicas do servizo de directorio. 2.Determinar e crea-lo esquema do servizo de directorio. 3.Realiza-la instalación do servizo de directorio no servidor. 4.Realiza-la configuración e a personalización do servizo de directorio. 5.Integra-lo servizo de directorio con outros servizos. 6.Aplicaranse filtros de busca no servizo de directorio. 7.Utiliza-lo servizo de directorio como mecanismo de acreditación centralizada dos usuarios nunha rede. 8.Realiza-la configuración do cliente para a súa integración no servizo de directorio.
  • 38. 9.Utilizar ferramentas gráficas e comandos para a administración do servizo de directorio. 10.Documenta-la estrutura e a implantación do servizo de directorio. Unidade didáctica 4 . Administración de procesos do sistema . 1.Describi-lo concepto de proceso do sistema, os tipos, os estados e o ciclo de vida. 2.Empregaranse interrupcións e excepcións para describir os eventos internos do procesador. 3.Diferenciar entre programa, proceso e fío. 4.Realizar tarefas de creación, manipulación e terminación de procesos. 5.Utiliza-lo sistema de ficheiros como medio lóxico para o rexistro e a identificación dos procesos do sistema. 6.Utilizar ferramentas gráficas e comandos para o control e o seguimento dos procesos do sistema. 7.Comproba-la secuencia de arranque do sistema, os procesos implicados e a relación entre eles. 8.Tomar medidas de seguridade ante a aparición de procesos non identificados. 9.Documentáronse os procesos habituais do sistema, a súa función e a relación entre eles. Unidade didáctica 5. Automatización de tarefas do sistema. 1.Describi-las vantaxes da automatización das tarefas repetitivas no sistema. 2.Utiliza-los comandos do sistema para a planificación de tarefas. 3.Establecer restricións de seguridade. 4.Realiza-la planificacións de tarefas repetitivas ou puntuais relacionadas coa administración do sistema. 5.Automatiza-la administración de contas. 6.Instar, configurar e utilizar ferramentas gráficas para a planificación de tarefas. 7.Documenta-los procesos programados. Unidade didáctica 6. Instalación, configuración e uso de servizos de acceso e administración remota . 1.Describi-los métodos de acceso e administración remota de sistemas. 2.Diferenciar entre os servizos orientados a sesión e os non orientados a sesión. 3.Utilizar ferramentas de administración remota subministradas polo propio sistema
  • 39. operativo. 4.Instalar servizos de acceso e administración remota. 5.Utilizar comandos e ferramentas gráficas para xestionar os servizos de acceso e administración remota. 6.Crear e configurar contas de usuario para o acceso remoto. 7.Realizar probas de acceso e administración remota entre sistemas heteroxéneos. 8.Utilizar mecanismos de encriptación da información transferida. 9.Documenta-los procesos e os servizos do sistema administrados de xeito remoto. Unidade didáctica 7. Administración de servidores de impresión. 1.Describi-la funcionalidade dos sistemas e dos servidores de impresión. 2.Identifica-los portos e os protocolos utilizados. 3.Utiliza-las ferramentas para a xestión de impresoras integradas no sistema operativo. 4.Compartir impresoras en rede entre sistemas operativos diferentes. 5.Instalar e configurar un servidor de impresión en contorno web. 6.Crear e clasificar impresoras lóxicas. 7.Crear usuarios e grupos de impresión. 8.Xestionar impresoras e colas de traballos mediante comandos e ferramentas gráficas. 9.Documenta-la configuración do servidor de impresión e das impresoras creadas. Unidade didáctica 8. Integración de sistemas operativos en rede libres e propietarios 1.Identifica-las necesidades de compartir recursos en rede entre diferentes sistemas operativos. 2.Establecer niveis de seguridade para controla-lo acceso do cliente aos recursos compartidos en rede. 3.Comproba-la conectividade da rede nun escenario heteroxéneo. 4. Describi-la funcionalidade dos servizos que permitan compartir recursos en rede. 5.Instalar e configurar servizos para compartir recursos en rede. 6.Comproba-lo funcionamento dos servizos instalados. 7.Traballar en grupo para acceder a sistemas de ficheiros e impresoras en rede desde equipamentos con diferentes sistemas operativos. 8.Documenta-la configuración dos servizos instalados. Unidade didáctica 9. Aplicación de linguaxes de guións en sistemas operativos
  • 40. libres e propietarios . 1.Utilizar e combina-las estruturas da linguaxe para crear guións. 2.Utilizar ferramentas para depurar erros sintácticos e de execución. 3.Interpretrar guións de configuración do sistema operativo. 4.Realizar cambios e adaptacións de guións do sistema. 5.Crear e probar guións de administración de servizos e de tarefas. 6.Implantar guións en sistemas libres e propietarios. 7.Consultar e utilizar librarías de funcións. 8.Documenta-los guións creados. 13.4. Anexo IV. Materiais e ferramentas específicas de cada Unidade Didáctica de Traballo. Unidade Didáctica 1. Configuración de servidores virtuais. . Servidor Vmware Server. .Servidor KVM. .Servidor Windows Server 2008 – Hyper-v. . Acceso a Internet. Unidade Didactica 2. O sistema e volúmenes. .Freenas. .Lvm Linux. .Administración de discos en Windows. . Acceso a Internet.
  • 41. Unidade Didáctica 3. Administración de servizo de directorio. .Windows Server 2008. .Windows Server core. .Linux. .Acceso a Internet. Unidade Didáctica 4. Administración de procesos do sistema . .Windows Server 2008. .Linux. Unidade Didactica 5. Automatización de tarefas do sistema. .Windows Server 2008. .Linux. .Software xenérico. Unidade Didáctica 6..Windows Server 2008. .Xming/ssh. .Terminal Server. .Vnc. .Acceso a Internet. Unidade Didáctica 7. Administración de servidores de impresión. .Acceso a Internet. .Servidor Impresoras.
  • 42. .Sistema operativo windows e linux. Unidade Didáctica 8. Integración de sistemas operativos en rede libres e propietarios .Acceso a Internet. .Servidor Linux – Ubuntu. .Servidor windows 2003 e 2008. Unidade Didáctica 9. Aplicación de linguaxes de guións en sistemas operativos libres e propietarios . .Acceso a Internet. .Scripting en Windows e Linux.
  • 43. 13.5. ANEXO VI. ENQUISA DE AVALIACION DOCENTE.
  • 44. 13.6.ANEXO VII. CUESTIONARIO DE AVALIACION INICIAL DO ALUMNADO.
  • 45. 13.7.ANEXO VIII. FICHA DE VALORACION DOS ASPECTOS ACTITUDINAIS DO ALUMNADO.
  • 46. 13.8. ANEXO IX. FICHA DO PLAN INDIVIDUALIZADO DE RECUPERACION.