Programación dppe cs 2010 2011

505 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
505
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Programación dppe cs 2010 2011

  1. 1. PROGRAMACIÓN DO MÓDULODESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE PRODUTOS ELECTRÓNICOS correspondente ao segundo ano do ciclo de grao superior DESENVOLVEMENTO DE PRODUTOS ELECTRÓNICOSDuración do ciclo: 2.000 horasDuración do módulo: 180 horasSesións semanais: 10Profesor: Pablo Lado LópezCurso académico: 2010 - 2011ÍNDICE páxA. Presentación do ciclo Obxectivos xerais do ciclo formativo .............................................................. 2 Perfil profesional ............................................................................................ 4 Competencia xeral ............................................................................................ 4 Capacidades profesionais.............................................................................. 4 Capacidades técnicas ....................................................................................... 4 Capacidades para afrontar continxencias........................................................... 4 Capacidades para a dirección de tarefas ........................................................... 5 Capacidades para adaptarse ao medio .............................................................. 5 Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.............................. 6 Unidades de competencia ............................................................................. 7B. Programación do módulo Capacidades terminais elementais ................................................................ 8 Unidades didácticas ...................................................................................... 9 Desenvolvemento das unidades didácticas .................................................. 10 Secuencia e temporalización ....................................................................... 17 Metodoloxía................................................................................................. 17 Materiais e recursos didácticos .................................................................... 18 Organización de espazos ............................................................................ 18 Criterios de avaliación ................................................................................. 19 Procedementos e instrumentos de avaliación .............................................. 20 Criterios de cualificación .............................................................................. 20 Avaliación da práctica docente .................................................................... 20 Mínimos exixibles ........................................................................................ 21 Actividades de recuperación ........................................................................ 21 Atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo ............................................................................................. 21Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011
  2. 2. OBXECTIVOS XERAIS DO CICLO FORMATIVO Os obxectivos xerais deste ciclo son os que se establecen no seu currículo (decreto 30/2000 do 20 de xaneiro): I. Idear, a partir de especificacións concretas, a solución “hardware” e/ou “software” de pequenas aplicacións electrónicas analóxicas, dixitais e/ou microprogramables, construíndo a maqueta correspondente mediante a aplicación dos procedementos axeitados, realizando as comprobacións, medidas e axustes necesarios para a posta a punto. II. Realizar o deseño físico das placas electrónicas de circuíto impreso, mediante a axeitada utilización das ferramentas informáticas de deseño asistido por ordenador específicas, elaborando a documentación técnica necesaria para a súa posterior construción, no soporte e formatos normalizados. III. Elaborar os programas informáticos correspondentes a pequenas aplicacións electrónicas utilizando as linguaxes de alto e/ou baixo nivel máis axeitadas en cada caso, empregando os procedementos e estruturas máis idóneas co fin de optimizar o funcionamento da aplicación e asegurar a súa fiabilidade e seguridade. IV. Construír e pór a punto prototipos electrónicos de aplicacións realizadas con tecnoloxías analóxicas, dixitais e/ou microprogramables, utilizando os equipos e ferramentas axeitadas e aplicando os procedementos máis idóneos en cada caso. V. Realizar, coa precisión requirida, os ensaios de calidade e fiabilidade de prototipos electrónicos, mediante a utilización axeitada dos instrumentos, equipos e ferramentas máis idóneas e aplicando os procedementos documentados correspondentes. VI. Elaborar a documentación técnica de instalación, posta en marcha e mantemento de produto correspondente ás aplicacións electrónicas, mediante a axeitada utilización das ferramentas informáticas precisas.VII. Realizar o mantemento dos equipos electrónicos baseados en tecnoloxías analóxicas, dixitais e/ou microprogramables, operando destramente cos instrumentos e ferramentas “hardware” e “software” máis idóneas en cada caso, actuando coa calidade e fiabilidade requiridas e no tempo previsto.VIII. Determinar procedementos de actuación para o diagnóstico e localización de avarías en equipos electrónicos baseados en tecnoloxías analóxicas, dixitais e/ou microprogramables, propondo e deseñando útiles “hardware” e/ou “software” específicos, documentando eses procedementos coa precisión requirida e no formato e soporte máis axeitados. IX. Comprender e aplicar a terminoloxía, métodos e técnicas necesarias para a organización e a xestión do mantemento de equipos electrónicos e da loxística asociada a eles. Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 2
  3. 3. X. Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade de deseño e mantemento dos equipos electrónicos, identificando os dereitos e as obrigas que deriven das relacións laborais, adquirindo a capacidade de seguir os procedementos establecidos e de actuar con eficacia ante as anomalías que poidan presentarse nos mesmos. XI. Buscar, seleccionar e valorar diversas fontes de información relacionadas co exercicio da profesión, que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe no sector da fabricación e mantemento de equipos electrónicos que lle posibiliten a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.XII. Dominar estratexias que lle permitan participar en calquera proceso de comunicación coas demais áreas da empresa, con clientes e provedores.XIII. Analizar, adaptar e, no seu caso, xerar documentación técnica imprescindible na formación e asesoramento dos profesionais ó seu cargo. Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 3
  4. 4. PERFIL PROFESIONALCompetencia xeralOs requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema produtivo para este técnicoson:  Realizar o estudo, definición, concepción e desenvolvemento de pequenas tarxetas e equipos electrónicos.  Organizar, xestionar e controlar a fabricación e posta a punto de prototipos electrónicos coa calidade e fiabilidade requiridas e cos custos acordados.  Manter equipos electrónicos profesionais, utilizando os medios e técnicas de mantemento adecuadas, dando o soporte e asesoramento necesarios aos técnicos que o demanden.Este técnico actuará, en todo caso, baixo a supervisión xeral de arquitectos, enxeñeiros oulicenciados e/ou arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos ou diplomados.CAPACIDADES PROFESIONAISCapacidades técnicas.  Analizar os anteproxectos, especificacións técnicas e, en xeral, toda a documentación asociada a proxectos de equipos e aplicacións electrónicas, interpretando axeitadamente os parámetros, símbolos e requirimentos, extraendo as conclusións e datos necesarios para o desenvolvemento do traballo.  Elaborar informes de factibilidade do produto, así como elaborar a documentación técnica de aplicacións electrónicas, realizando aplicacións de cálculo e simulación dos circuítos electrónicos, aportando as solucións construtivas correspondentes.  Participar na definición das especificacións de calidade e fiabilidade de prototipos electrónicos e para a fabricación dos equipos, preparando e executando as probas e os ensaios prescritos, elaborando a documentación requirida e dictaminando os resultados dos ensaios e medidas obtidas.  Posuír un amplo coñecemento e dominio das tecnoloxías e dos dispositivos analóxicos, dixitais e microprogramables que configuran os equipos electrónicos profesionais e das técnicas e medios utilizados para as medidas dos seus parámetros característicos.  Participar no establecemento e/ou mellora de procesos de mantemento de equipos electrónicos, colaborando no desenvolvemento de instrumentos específicos que optimicen eses procesos.Capacidades para afrontar continxencias:  Diagnosticar e reparar avarías en equipos electrónicos profesionais coa fiabilidade, pulcritude e precisión requiridas, interpretando a súa documentación técnica e operando destramente cos instrumentos, equipos e ferramentas “hardware” eProgramación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 4
  5. 5. “software” axeitadas, respectando as precaucións e normas de seguridade oportunas.  Actuar en condicións de posible emerxencia, transmitindo con celeridade os sinais de alarma, dirixindo as actuacións dos membros do seu equipo e aplicando os medios de seguridade establecidos para previr ou corrixir posibles riscos causados pola emerxencia.  Resolver problemas e tomar decisións sobre a súa propia actuación e a dos outros, identificando e seguindo as normas establecidas precedentes, dentro do ámbito da súa competencia e consultando esas decisións cando as súas repercusións na coordinación con outras áreas sexan importantes.Capacidades para a dirección de tarefas.  Organizar e controlar a construción, montaxe e funcionalidade de prototipos electrónicos, establecendo as instrucións escritas requiridas (métodos, procedementos, tempos, especificacións de control, ...).  Dar o soporte, formación e asesoramento técnico requirido a técnicos que dependen organicamente del.  Xerar instrucións claras con rapidez, informando e solicitando axuda a quen proceda, cando se produzan continxencias na operación.  Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que se está integrado, responsabilizándose da consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación de dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.  Organizar e dirixir o traballo doutros técnicos de nivel inferior, dando instrucións sobre o control de procesos de mantemento en caso de modificacións derivadas dos programas establecidos e decidindo actuacións en casos imprevistos nos procesos de mantemento.  Administrar e xestionar un pequeno taller de construción e/ou mantemento de equipos electrónicos, coñecendo e cumprindo as obrigas legais que lle afectan.Capacidades para adaptarse ao medio.  Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos polas técnicas, a organización laboral e os aspectos económicos relacionados coa súa actividade profesional e co sistema de produción da empresa.  Posuír unha visión clara e integradora dos procesos de fabricación, montaxe e mantemento dos equipos electrónicos profesionais, nos seus aspectos humanos, tecnolóxicos, técnicos, de organización e económicos que lle permita organizalos e optimizar a súa aplicación.Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 5
  6. 6.  Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do traballo e, en especial, en operacións que esixan un elevado grao de coordinación con outras áreas da empresa e entre os membros do equipo que as acomete, interpretando ordes e información cando xurdan situacións imprevistas.RESPONSABILIDADE E AUTONOMÍA NAS SITUACIÓNS DE TRABALLO.A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superiorao seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades deautonomía en:  Achega de solucións construtivas de tipo "hardware" e/ou "software" no desenvolvemento de proxectos de aplicacións electrónicas.  Elaboración de documentación técnica (esquemas, resultados de simulación de circuítos,...) mediante a utilización de ferramentas informáticas de deseño asistido.  Elaboración dos programas de control para os equipos baseados en dispositivos microprogramables, mediante a utilización de linguaxes e ferramentas de programación de alto e/ou baixo nivel.  Construción e posta a punto de prototipos electrónicos mediante a aplicación de procedementos e medios manuais e/ou automáticos.  Execución de ensaios de homologación, de calidade e fiabilidade, para os prototipos electrónicos.  Aplicación das técnicas de diagnóstico e reparación de equipos electrónicos profesionais, mediante a operación destra de instrumentos de medida e ferramentas para o mantemento dos equipos.  Proposta de procedementos e útiles específicos para a mellora dos procesos e procedementos de traballo.  Organización e control do traballo realizado polo persoal ao seu cargo. Emisión de instrucións escritas sobre procedementos e secuencias de operación e control dos procesos.  Programación e control das cargas de traballo para a obtención dos obxectivos predeterminados.  Xestión da documentación e dos aprovisionamentos de materiais empregados no mantemento de equipos electrónicos, así como dos requiridos no laboratorio de montaxe e posta a punto de prototipos.  Elaboración de informes, ao seu nivel, dos ensaios de homologación de prototipos electrónicos, aportando solucións que permitan a corrección dos defectos atopados e, en xeral, a emisión de informes técnicos por requirimento dos seus superiores.  Elaboración de estatísticas de mantemento e obtención de conclusións para a mellora dos procedementos de reparación e optimización dos procesos.Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 6
  7. 7.  Coordinación, ó seu nivel, das funcións de construción de prototipos, fiabilidade e calidade, innovación e melloras.UNIDADES DE COMPETENCIA- (aplicadas a este ciclo) 1. Deseñar/desenvolver pequenos produtos electrónicos analóxicos. 2. Deseñar/desenvolver pequenos produtos electrónicos dixitais e microprogramables. 3. Realizar e ensaiar prototipos electrónicos. 4. Realizar o mantemento de equipos electrónicos. 5. Realizar a administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 7
  8. 8. MÓDULO: DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE PRODUTOS ELECTRÓNICOSMódulo transversal de segundo curso do ciclo de grao superior Desenvolvemento deProdutos Electrónicos, non asociado por tanto a ningunha unidade de competencia.Duración: 180 horas (10 sesións semanais)CAPACIDADES TERMINAIS ELEMENTAISAs capacidades terminais elementais asociadas a este módulo son as que se enumeran acontinuación, e que contribúen a acadar os obxectivos de ciclo numerados como I, II, III, IV,V, VI, VII, VIII, IX, X, XI, XII e XIII.Capacidades terminais: 1. Establecer respostas técnicas de aplicacións electrónicas por medio de especificacións funcionais, empregando manuais e catálogos, escollendo os materiais e compoñentes máis axeitados e seguindo a fiabilidade e os custos establecidos. 2. Establecer convenientemente as especificacións técnicas de aplicacións electrónicas partindo das especificacións funcionais seguindo os criterios de precisión requiridos. 3. Elaborar diagramas de bloques de aplicacións electrónicas por medio das especificacións técnicas e funcionais, determinando os circuítos electrónicos que poidan solucionar adecuadamente cada bloque funcional. 4. Efectuar os cálculos precisos para dimensionar os compoñentes por medio dos esquemas, as especificacións e o grao de fiabilidade, facéndoo manualmente ou mediante aplicacións informáticas. 5. Seleccionar convenientemente os compoñentes mediante documentación e manuais técnicos, tendo en conta a dispoñibilidade e os custos no mercado. 6. Simular por medios informáticos os esquemas electrónicos, comprobando o funcionamento coa fiabilidade esixida, a partir da documentación do proxecto. 7. Confeccionar os esquemas necesarios no soporte e coa representación normalizada, e a lista de materiais precisos para a construción dunha maqueta, optimizando o espazo e a distribución de compoñentes 8. Elaborar os programas de control de aplicacións resoltas con dispositivos microprogramables utilizando a linguaxe adecuada. 9. Confeccionar o programa con comentarios en liña para garantir un adecuado mantemento. 10. Montar as maquetas de aplicación electrónica, seleccionando os materiais necesarios, preparando a ferramenta, distribuíndo os compoñentes, realizando os cableados e interconexións e aplicando os procedementos adecuados.Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 8
  9. 9. 11. Seleccionar a instrumentación común e específica necesarias para facer as verificacións funcionais no banco de probas e medidas por medio das especificacións e procedementos establecidos. 12. Establecer as probas de fiabilidade precisas para realizar nos prototipos de produtos electrónicos especificadas no proxecto e no tipo de aplicación. 13. Elaborar a documentación técnica do proxecto incluíndo os planos, a lista de materiais, os programas debidamente comentados, as probas, axustes e cálculos e demais elementos precisos para a construción do prototipo da aplicación electrónica desenvolta. 14. Establecer a asignación de tempos, custos, recursos materiais e humanos, instrumentación e ferramentas necesarias en cada fase para a realización do proxecto.UNIDADES DIDÁCTICASPara acadar estas capacidades terminais o módulo organízase nas seguintes Unidadesdidácticas:U1.- O proxecto electrónico. EspecificaciónsU2.- Recollida de información. NormativaU3.- Selección de compoñentesU4.- Valoración de tempos e custos. Desenvolvemento dos esquemasU5.- Simulación electrónica de circuítosU6.- Construción da maqueta electrónica. Técnicas de montaxe rápidaU7.- Simulación de equipos microcontrolados. Equipos de desenvolvementoU8.- Probas e posta a punto dun equipo electrónicoU9.- Elaboración da documentación técnica e entrega de proxectosU10.- Xestión e planificación de proxectosU11.- Xestión de custosU12.- Control de compras e materiaisU13.- Desenvolvemento dun proxecto electrónico de aplicación industrialU14.- Desenvolvemento dun proxecto de aplicación electrónica no ámbito das telecomunicaciónsProgramación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 9
  10. 10. DESENVOLVEMENTO DAS UNIDADES DIDÁCTICASU1.- O proxecto electrónico. Especificacións (8 horas – 10 sesións)Obxectivos:  Coñecer as características fundamentais dun proxecto.  Coñecer e entender as fases intermedias do proxecto.  Coñecer os distintos documentos dos que consta o proxecto.Contidos:  Especificacións do proxecto.  Características dun proxecto electrónico.  Fases de planificación e de execución dun proxecto.  Documentación do proxecto.Criterios de avaliación:  Estrutura correctamente un proxecto, seguindo as fases adecuadas na súa planificación.  Coñece os distintos documentos do proxecto e o seu contido.U2.- Recollida de información. Normativa (5 horas – 6 sesións)Obxectivos:  Coñecer a normativa aplicable a un proxecto electrónico.  Coñecer os organismos reguladores principais.  Recompilar información sobre a regulamentación aplicable.Contidos:  Regulamento de baixa tensión.  Regulamento de telecomunicacións.  Asociacións reguladoras nacionais e internacionais.Criterios de avaliación:  Identifica os regulamentos aplicables a un proxecto.  Recompila a información necesaria acudindo as asociacións reguladoras correspondentes.U3.- Selección de compoñentes (8 horas – 10 sesións)Obxectivos:  Coñecer as características principais das familias tecnolóxicas dixitais.  Coñecer as características principais dos compoñentes analóxicos.  Utilizar manuais para comparar as características de distintos produtos electrónicos.  Seleccionar os elementos do proxecto atendendo á súa idoneidade.Contidos:  Compoñentes pasivos e as súas característicasProgramación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 10
  11. 11.  Compoñentes activos. Características  Sistemas de alimentación.  Circuítos dixitais. Características.  Microcontroladores. Características e criterios de selección.Criterios de avaliación:  Selecciona os compoñentes analóxicos, dixitais e microprogramables axeitados atendendo ás súas características e á natureza do proxecto.U4.- Valoración de tempos e custos. Desenvolvemento dos esquemas (5 horas – 6 sesións)Obxectivos:  Realizar a análise temporal do proxecto.  Realizar a análise de custos do proxecto.Contidos:  Valoración de tempos.  Análise de custos.  Desenvolvemento de esquemas. Diagramas de PERT e Gantt.Criterios de avaliación:  Divide o proxecto nas etapas necesarias.  Especifica os tempos, custos e recursos necesarios para cada etapa.  Elabora e interpreta esquemas de análise de tempos e custos.U5.- Simulación electrónica de circuítos (12 horas – 15 sesións)Obxectivos:  Valorar a necesidade da simulación de circuítos para comprobar o correcto funcionamento.  Manexar programas de simulación de circuítos analóxicos, dixitais e microprogramados.  Interpretar correctamente os resultados da simulación para comparalos cos desexados.  Modificar o deseño para adecuar o funcionamento aos parámetros requiridos.Contidos:  Simulación de circuítos analóxicos.  Simulación de circuítos dixitais.  Simulación de circuítos microprogramables.Criterios de avaliación:  Elabora os esquemas de circuítos utilizando os programas de simulación.  Analiza o funcionamento de circuítos analóxicos mediante programas informáticos de simulación.Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 11
  12. 12.  Analiza o funcionamento de circuítos dixitais mediante programas informáticos de simulación.  Analiza o funcionamento de circuítos microprogramados mediante programas informáticos de simulación.  Interpreta os resultados da simulación para modificar o deseño do proxecto.U6.- Construción da maqueta electrónica. Técnicas de montaxes rápida (4 horas – 5 sesións)Obxectivos:  Coñecer as diversas formas de montaxe de prototipos electrónicos.  Montar circuítos electrónicos sobre placas de orificios.  Montar circuítos electrónicos sobre placas tradeadas.  Coñecer as técnicas de elaboración das placas de circuíto impreso.  Montar circuítos electrónicos sobre placas de circuíto impresoContidos:  Montaxe sobre placas de orificios.  Montaxe mediante wire-wrapping.  Montaxe en circuíto impreso.  Técnicas de elaboración de circuítos impresos.Criterios de avaliación:  Monta e conecta correctamente os compoñentes utilizando placas de orificios.  Utiliza diversas técnicas para elaborar as placas de circuíto impreso.  Solda e fixa correctamente os compoñentes nas placas de circuíto impreso.  Utiliza correctamente a ferramenta axeitada.  Observa as medidas de seguridade necesarias para a elaboración das placas de circuíto impreso.U7.- Simulación e emulación de sistemas microcontrolados. Equipos de desenvolvemento (38 horas – 45 sesións)Obxectivos:  Coñecer distintas arquitecturas de microcontroladores.  Seleccionar o microcontrolador apropiado para unha aplicación.  Elaborar os programas necesarios para desenvolver un proxecto.  Programar microcontroladores utilizando linguaxe ensambladora e linguaxes de alto nivel.  Simular mediante o software adecuado o funcionamento dos proxectos microprogramados.  Gravar os elementos programables.  Utilizar os equipos de desenvolvemento para a emulación dos proxectos realizados.Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 12
  13. 13. Contidos:  Arquitectura Harvard e arquitectura von Newman.  Microprocesadores CISC e RISC.  Microcontroladores PIC.  Gamas dos microcontroladores PIC.  Programación de PIC de gama media.  Programación de PIC de gama alta.  Programación de PLD.  Simulación de dispositivos programables.  Equipos de desenvolvemento para dispositivos programables.Criterios de avaliación:  Diferenza as arquitecturas e filosofías de construción dos dispositivos microprogramables.  Selecciona o dispositivo programable adecuado para unha aplicación.  Elabora os programas necesarios utilizando linguaxes de alto e/ou baixo nivel.  Simula o comportamento dos dispositivos programables utilizando as ferramentas software necesarias.  Utiliza programadores universais e/ou específicos para programar os dispositivos programables.  Manexa os equipos de desenvolvemento de dispositivos microprogramados para comprobar o seu funcionamento.U8.- Probas e posta a punto dun equipo electrónico (10 horas – 12 sesións)Obxectivos:  Realizar as probas necesarias para verificar o correcto funcionamento do equipo.  Manexar adecuadamente o instrumental necesario para realizar as medidas.  Interpretar correctamente as medidas obtidas.  Elaborar informes de comprobación dos equipos.Contidos:  Métodos de medida en equipos electrónicos.  Instrumentación: polímetros, osciloscopios, analizadores lóxicos, xeradores de sinal, frecuencímetros, medidor de campo, analizadores de espectro, …  Errores de medida. Calidade e fiabilidade.  Elaboración de informes de conformidade.Criterios de avaliación:  Identifica os puntos de control para garantir o funcionamento correcto dos equipos.  Identifica o elemento de medida axeitado para cada caso.Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 13
  14. 14.  Utiliza correctamente a instrumentación electrónica, realizando as medidas coa precisión requirida.  Interpreta os resultados obtidos en relación coas características de calidade e fiabilidade exixibles aos produtos.  Elabora informes de conformidade dos produtos.U9.- Elaboración da documentación técnica e entrega de proxectos (6 horas – 7 sesións)Obxectivos:  Coñecer a documentación que debe acompañar o proxecto.  Elaborar a memoria descritiva do proxecto.  Facer os cálculos xustificativos dos custos.  Presentar os orzamentos.  Elaborar os planos e esquemas necesarios para o proxecto.Contidos:  Documentación técnica do proxecto.  Memoria descritiva (obxecto, motivación, xustificación, normas e regulacións, análise e descrición).  Cálculos xustificativos.  Prego de condicións (obxecto, aplicación, organización do traballo).  Orzamentos.  Planos e esquemas.Criterios de avaliación:  Estrutura adecuadamente o proxecto no seus apartados principais.  Elabora correctamente a memoria descritiva.  Realiza os cálculos dos dispositivos empregados utilizando as expresións axeitadas.  Elabora o orzamento tendo en conta todos os elementos do proxecto.  Elabora os planos e esquemas necesarios tendo en conta os formatos normalizados.U10.- Xestión e planificación de proxectos (8 horas – 10 sesións)Obxectivos:  Coñecer as fases necesarias para desenvolver un produto electrónico.  Coñecer as especificacións que se deben definir no desenvolvemento dun proxecto electrónico.  Coñecer a secuencia de fabricación dun proxecto electrónico.  Descompoñer nas actividades necesarias o proceso de desenvolvemento dun produto electrónico.  Establecer correctamente a orde de execución das distintas actividades.  Utilizar o método PERT para a planificación de tempos e a avaliación de custos.Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 14
  15. 15.  Utilizar os diagramas de Gantt como método de planificación.Contidos:  Ciclo de desenvolvemento dun proxecto.  Definición e secuenciación das actividades.  Método PERT de planificación.  Diagramas de Gantt.Criterios de avaliación:  Planifica correctamente a fabricación dun produto electrónico atendendo ás fases e secuenciación correctas.  Define as especificacións que debe cumprir o proxecto.  Realiza a planificación de tempos e custos mediante o método PERT.  Elabora diagramas de Gantt tendo en conta os tempos e os recursos.U11.- Xestión de custos (8 horas – 10 sesións)Obxectivos:  Coñecer a clasificación dos custos de fabricación dun produto electrónico.  Coñecer as técnicas para establecer o custo de fabricación dun equipo electrónico.  Avaliar a rendibilidade da fabricación dun determinado equipo electrónico.Contidos:  Clasificación dos custos.  Elementos que integran o custo dun equipo electrónico.  Técnicas de determinación do custo dun produto.  Rendibilidade de proxectos.Criterios de avaliación:  Calcula o custo final dun proxecto electrónico aplicando as técnicas axeitadas.  Estuda e avalía a rendibilidade dun proxecto electrónico.U12.- Control de compras e materiais (8 horas – 9 sesións)Obxectivos  Coñecer as características que debe posuír un provedor.  Realizar os controis de calidade necesarios sobre os compoñentes adquiridos.  Seleccionar os provedores adecuados atendendo ás súas características.Contidos  Características dos provedores.  Control de calidade de compoñentes.Criterios de avaliación  Selecciona os mellores provedores para o proxecto.  Realiza os controis de calidade necesarios aos compoñentes adquiridos.  Xestiona adecuadamente o almacén de compoñentes e produto final.Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 15
  16. 16. U13.- Desenvolvemento dun proxecto electrónico de aplicación industrial (30 horas – 36 sesións)Neste proxecto reflectiranse todas as aprendizaxes das unidades anteriores, intervindo neltecnoloxías analóxicas, dixitais e de dispositivos microprogramables. Trátase dunharecompilación dos procedementos das unidades didácticas anteriores, e é polo tanto un dosobxectivos finais do módulo.Criterios de avaliación  Elabora un proxecto electrónico tendo en conta os pasos necesarios e coa documentación e grao de precisión esixido.U14.- Desenvolvemento dun proxecto de aplicación electrónica no ámbito das telecomunicacións. (30 horas – 36 sesións)Nesta unidade englobaranse as aprendizaxes das unidades anteriores para elaborar un proxecto relativo ao entorno das telecomunicacións, que englobe tecnoloxías analóxicas, dixitais e sistemas microprogramables.Criterios de avaliación  Elabora un proxecto electrónico tendo en conta os pasos necesarios e coa documentación e grao de precisión esixido.Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 16
  17. 17. SECUENCIA E TEMPORALIZACIÓNA maioría das unidades didácticas deste módulo correspóndense con outras pertencentes aoutros módulos do ciclo, e teñen polo tanto un carácter de recordatorio dos coñecementos edestrezas adquiridas. Son propiamente deste módulo as relativas á documentación eelaboración do proxecto, tanto nos aspectos de planificación temporal como de xestión decustos. Como consecuencia, a secuencia das unidades didácticas non ten por quecorresponderse coa orde na que se presentan, agás naquelas relativas ao xa exposto deplanificación e documentación do proxecto. A unidade U7 relativa a sistemas microcontrolados trátase en gran profundidadecomo consecuencia da crecente penetración e utilización destes na electrónica. É unhaampliación dos contidos do módulo de primeiro ano Lóxica dixital e microprogramable, epode abordarse en primeiro lugar dentro da secuenciación. As unidades 13 e 14,plantexadas como proxectos, poden desenvolverse paralelamente ao desenvolvemento doresto de unidades, crecendo a medida que se adquiren as capacidades necesarias paradesenvolvelas. No referente á temporalización, dado que o módulo corresponde ao segundo cursodo ciclo, divídese en dous trimestres: No primeiro trimestre incluiríanse as unidades didácticas 1 a 8, completando unbloque no que se tratan sobre todo os aspectos tecnolóxicos do proxecto. No segundo trimestre as unidades 9 a 14 tratarían os aspectos de planificación,xestión e elaboración da documentación relativa a un proxecto, ademais da posta enpráctica mediante os proxectos correspondentes. Para cada unha das unidades didácticas dáse unha duración que é puramenteestimativa, posto que os tempos de aprendizaxe son distintos para os distintos grupos dealumnos/as, e dentro de cada un destes, para cada alumno/a individualmente.METODOLOXÍAA metodoloxía de traballo estará orientada a que os/as alumnos/as sexan capaces deaprender por si mesmos/as, a potenciar a súa motivación e a conseguir a participación noproceso de ensino-aprendizaxe. A orientación do módulo á construción dos proxectos finais fai posible a utilizacióndeses proxectos como fío condutor para o desenvolvemento das unidades. Malia iso,algunhas das unidades necesitan unha exposición de contidos por parte do profesor paralogo realizar actividades exemplificadoras, sempre con carácter práctico e en relación coobxectivo final do desenvolvemento do proxecto. As actividades realizaranse en grupos pequenos ou individualmente, dependendo dasúa complexidade, pero os resultados serán presentados individualmente.Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 17
  18. 18. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOSOs materiais utilizados podemos dividilos en tres grupos principais:  Materiais para a obtención de información  Materiais para realización de actividades  Materiais para a construción, comprobación e simulación de circuítosMateriais para a obtención de información Os principais serán as explicacións e os apuntamentos elaborados polo profesor e os libros de apoio recomendados para cada unidade didáctica. Ademais utilizaranse os manuais dos fabricantes para obter a información necesaria sobre os compoñentes necesarios e outros manuais e guías relacionados. Cando sexa posible utilizarase unha versión informática destes materiais.Materiais para a realización de actividades Principalmente boletíns de problemas para a resolución e presentación individual e as guías para a realización das prácticas.Materiais para a construción, comprobación e simulación de circuítos Para a montaxe dos circuítos utilizaremos os adestradores e equipos de desenvolvemento específicos para cada caso, ou ben elaboraremos unha maqueta co circuíto. Para a comprobación do funcionamento empregaremos os instrumentos de medida e comprobación normalmente utilizados en electrónica: polímetros, osciloscopios, analizadores lóxicos, xeradores de sinal, frecuencímetros, medidor de campo, analizadores de espectro, ... Para a simulación de circuítos utilizaremos distintas ferramentas informáticas, e tamén os equipos de desenvolvemento para elementos microprogramables.Os recursos didácticos máis utilizados serán o ordenador e o canón proxector, para asexposicións dos contidos das unidades didácticas e como ferramenta de uso individual paraa busca de información (mediante acceso a internet, por exemplo) e para a elaboración deesquemas e a simulación de circuítos.ORGANIZACIÓN DE ESPAZOSO espazo idóneo para impartir este módulo é a aula-taller de electrónica, con amplitudeabonda para que cada alumno poida desenvolver as prácticas propostas utilizando todo oinstrumental necesario (adestrador, xeradores de funcións, instrumentos de medida),ademais de espazo para almacenaxe de todos os equipos, materiais e ferramentasnecesarios. Debe posuír tamén un canón proxector para seguir as explicacións do profesore un ordenador por alumno, para a utilización das diversas ferramentas informáticasnecesarias para o desenvolvemento do módulo. Debe haber tamén unha conexión a Internetpara a busca de información na rede.Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 18
  19. 19. CRITERIOS DE AVALIACIÓNOs criterios de avaliación establécense para cada unidade didáctica e teñen por obxectocomprobar que os/as alumnos/as conseguen os obxectivos de cada unidade. Para oconxunto do módulo os criterios son os que permiten comprobar que se acadan ascapacidades terminais elementais asociadas ao módulo:  Establecer respostas técnicas de aplicacións electrónicas por medio de especificacións funcionais, empregando manuais e catálogos, escollendo os materiais e compoñentes máis axeitados e seguindo a fiabilidade e os custos establecidos.  Establecer convenientemente as especificacións técnicas de aplicacións electrónicas partindo das especificacións funcionais seguindo os criterios de precisión requiridos.  Elaborar diagramas de bloques de aplicacións electrónicas por medio das especificacións técnicas e funcionais, determinando os circuítos electrónicos que poidan solucionar adecuadamente cada bloque funcional.  Efectuar os cálculos precisos para dimensionar os compoñentes por medio dos esquemas, as especificacións e o grao de fiabilidade, facéndoo manualmente ou mediante aplicacións informáticas.  Seleccionar convenientemente os compoñentes mediante documentación e manuais técnicos, tendo en conta a dispoñibilidade e os custos no mercado.  Simular por medios informáticos os esquemas electrónicos, comprobando o funcionamento coa fiabilidade esixida, a partir da documentación do proxecto.  Confeccionar os esquemas necesarios no soporte e coa representación normalizada, e a lista de materiais precisos para a construción dunha maqueta, optimizando o espazo e a distribución de compoñentes  Elaborar os programas de control de aplicacións resoltas con dispositivos microprogramables utilizando a linguaxe adecuada.  Confeccionar o programa con comentarios en liña para garantir un adecuado mantemento.  Montar as maquetas de aplicación electrónica, seleccionando os materiais necesarios, preparando a ferramenta, distribuíndo os compoñentes, realizando os cableados e interconexións e aplicando os procedementos adecuados.  Seleccionar a instrumentación común e específica necesarias para facer as verificacións funcionais no banco de probas e medidas por medio das especificacións e procedementos establecidos.  Establecer as probas de fiabilidade precisas para realizar nos prototipos de produtos electrónicos especificadas no proxecto e no tipo de aplicación.Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 19
  20. 20.  Elaborar a documentación técnica do proxecto incluíndo os planos, a lista de materiais, os programas debidamente comentados, as probas, axustes e cálculos e demais elementos precisos para a construción do prototipo da aplicación electrónica desenvolta.  Establecer a asignación de tempos, custos, recursos materiais e humanos, instrumentación e ferramentas necesarias en cada fase para a realización do proxecto.Co obxecto de garantir unha avaliación continua e formativa dividimos a avaliacióntemporalmente en tres períodos:  Avaliación inicial, ao principio de curso, mediante unha proba básica e mediante entrevista ou coloquio, para determinar o punto de partida de cada alumno/a.  Avaliación procesual, ao longo do curso, que permite ver a evolución individual e tomar medidas correctivas para lograr os obxectivos.  Avaliación final, ao final do curso, no que se valoran os resultados obtidos tendo en conta todo o proceso.PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓNPara realizar a avaliación teranse en conta as actividades individuais realizadas, o informe-memoria sobre as montaxes feitas, a desenvoltura realizando as actividades prácticas, asprobas individuais escritas e os proxectos finais obxecto do módulo. Tamén se valoraránaspectos actitudinais de respecto aos compañeiros, interese por aprender, coidado domaterial, cumprimento das normas, cooperación cos compañeiros…CRITERIOS DE CUALIFICACIÓNA ponderación dos instrumentos de avaliación para a consecución da cualificación final é aseguinte:  As probas escritas valóranse nun 20%  As actividades individuais e montaxes realizadas valóranse nun 30%  Os proxectos finais valóranse nun 40%  As actitudes valóranse nun 10%AVALIACIÓN DA PRÁCTICA DOCENTECo obxecto de mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe valoraremos tamén o labordocente e a propia programación. Para o labor docente podemos ter en conta:  Análise e aproveitamento das unidades didácticas  Relacións entre alumnado e docente Para avaliar a programación:  Grao de aproveitamento e seguimentoProgramación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 20
  21. 21.  Grao de adecuación ao currículo oficial  Adecuación á realidade socio-produtiva do entorno  Grao de adecuación ás características do grupoMÍNIMOS EXIXIBLESOs mínimos exixibles son os que se indican como obxectivos para as unidades didácticasque desenvolven o currículo do módulo.ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓNDistinguiremos dous tipos de actividades de recuperación:Antes da avaliación final de móduloA aqueles alumnos que, na evolución das unidades didácticas, non acaden os obxectivosmínimos propostos, se lles proporán actividades de reforzo para lograr os obxectivos e selles permitirá facer unha proba escrita de recuperación para as dúas primeiras avaliacións.Logo da avaliación final de móduloAos alumnos que non superen o módulo facilitaráselle material para que poidan traballar oscontidos e procedementos necesarios para conseguir unha avaliación positiva, facendofincapé naqueles nos que amosaban máis carencias. Durante os períodos de recuperación establecidos, os alumnos poderán asistir ásclases programadas para esa finalidade, onde se lles darán os apoios e materiaisnecesarios para poder superar o módulo. En calquera caso manteranse os mesmos criterios de avaliación, criterios decualificación e contidos mínimos exixibles para superar o módulo que se estableceron conanterioridade.ATENCIÓN DO ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIOEDUCATIVONeste apartado temos que ter en conta que, para o alumnado con necesidades educativasespeciais, unha vez comezado o curso e realizada a sesión de avaliación inicial, a direccióndo centro pode presentar, coa conformidade dos pais ou titores e xunto cun informe dodepartamento de orientación, unha solicitude de flexibilización modular para cursar os ciclosformativos en réxime ordinario de xeito fragmentado por módulos e cunha temporalizacióndistinta á establecida con carácter xeral. O servizo Provincial de Inspección remitiralle toda adocumentación ao delegado provincial, a quen corresponderá a autorización ou denegaciónde dita flexibilización. Á parte disto, para os alumnos que presenten necesidades educativas especiais, ouque ben por outras circunstancias non acadasen os obxectivos mínimos propostos para asunidades didácticas, actuarase da seguinte maneira:Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 21
  22. 22.  Observación e valoración individual das deficiencias e os motivos que as provocaron.  Adaptación das actividades naqueles aspectos concretos en que non foron acadados os obxectivos.  Adaptación do ritmo de aprendizaxe para aqueles alumnos que non sexan capaces de seguir o do resto da clase.Programación Desenvolvemento de Proxectos de Produtos Electrónicos Curso 2010-2011 22

×