Programación dixital cs 2010 2011

376
-1

Published on

0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total Views
376
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Programación dixital cs 2010 2011

  1. 1. PROGRAMACIÓN DO MÓDULO LÓXICA DIXITAL E MICROPROGRAMABLE correspondente ao primeiro ano do ciclo de grao superior DESENVOLVEMENTO DE PRODUTOS ELECTRÓNICOSDuración do ciclo: 2.000 horasDuración do módulo: 240 horas + 26 horas de libre disposiciónSesións semanais: 9+1Profesor: Pablo Lado LópezCurso académico: 2010 - 2011ÍNDICE páxA. Presentación do ciclo Obxectivos xerais do ciclo formativo .............................................................. 2 Perfil profesional ............................................................................................ 4 Competencia xeral ............................................................................................ 4 Capacidades profesionais.............................................................................. 4 Capacidades técnicas ....................................................................................... 4 Capacidades para afrontar continxencias ........................................................... 4 Capacidades para a dirección de tarefas ........................................................... 5 Capacidades para adaptarse ao medio .............................................................. 5 Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.............................. 6 Unidades de competencia ............................................................................. 7B. Programación do módulo Capacidades terminais elementais ................................................................ 8 Unidades didácticas ...................................................................................... 9 Desenvolvemento das unidades didácticas .................................................. 10 Secuencia e temporalización ....................................................................... 18 Metodoloxía................................................................................................. 18 Materiais e recursos didácticos .................................................................... 18 Organización de espazos ............................................................................ 19 Criterios de avaliación ................................................................................. 20 Procedementos e instrumentos de avaliación .............................................. 21 Criterios de cualificación .............................................................................. 21 Avaliación da práctica docente .................................................................... 21 Mínimos exixibles ........................................................................................ 22 Actividades de recuperación ........................................................................ 23 Atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo ............................................................................................. 24Programación Lóxica Dixital e Microprogramable Curso 2010-2011
  2. 2. OBXECTIVOS XERAIS DO CICLO FORMATIVO Os obxectivos xerais deste ciclo son os que se establecen no seu currículo (decreto 30/2000 do 20 de xaneiro): I. Idear, a partir de especificacións concretas, a solución “hardware” e/ou “software” de pequenas aplicacións electrónicas analóxicas, dixitais e/ou microprogramables, construíndo a maqueta correspondente mediante a aplicación dos procedementos axeitados, realizando as comprobacións, medidas e axustes necesarios para a posta a punto. II. Realizar o deseño físico das placas electrónicas de circuíto impreso, mediante a axeitada utilización das ferramentas informáticas de deseño asistido por ordenador específicas, elaborando a documentación técnica necesaria para a súa posterior construción, no soporte e formatos normalizados. III. Elaborar os programas informáticos correspondentes a pequenas aplicacións electrónicas utilizando as linguaxes de alto e/ou baixo nivel máis axeitadas en cada caso, empregando os procedementos e estruturas máis idóneas co fin de optimizar o funcionamento da aplicación e asegurar a súa fiabilidade e seguridade. IV. Construír e pór a punto prototipos electrónicos de aplicacións realizadas con tecnoloxías analóxicas, dixitais e/ou microprogramables, utilizando os equipos e ferramentas axeitadas e aplicando os procedementos máis idóneos en cada caso. V. Realizar, coa precisión requirida, os ensaios de calidade e fiabilidade de prototipos electrónicos, mediante a utilización axeitada dos instrumentos, equipos e ferramentas máis idóneas e aplicando os procedementos documentados correspondentes. VI. Elaborar a documentación técnica de instalación, posta en marcha e mantemento de produto correspondente ás aplicacións electrónicas, mediante a axeitada utilización das ferramentas informáticas precisas.VII. Realizar o mantemento dos equipos electrónicos baseados en tecnoloxías analóxicas, dixitais e/ou microprogramables, operando destramente cos instrumentos e ferramentas “hardware” e “software” máis idóneas en cada caso, actuando coa calidade e fiabilidade requiridas e no tempo previsto.VIII. Determinar procedementos de actuación para o diagnóstico e localización de avarías en equipos electrónicos baseados en tecnoloxías analóxicas, dixitais e/ou microprogramables, propondo e deseñando útiles “hardware” e/ou “software” específicos, documentando eses procedementos coa precisión requirida e no formato e soporte máis axeitados. IX. Comprender e aplicar a terminoloxía, métodos e técnicas necesarias para a organización e a xestión do mantemento de equipos electrónicos e da loxística asociada a eles. Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 2 Curso 2010-2011
  3. 3. X. Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade de deseño e mantemento dos equipos electrónicos, identificando os dereitos e as obrigas que deriven das relacións laborais, adquirindo a capacidade de seguir os procedementos establecidos e de actuar con eficacia ante as anomalías que poidan presentarse nos mesmos. XI. Buscar, seleccionar e valorar diversas fontes de información relacionadas co exercicio da profesión, que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe no sector da fabricación e mantemento de equipos electrónicos que lle posibiliten a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.XII. Dominar estratexias que lle permitan participar en calquera proceso de comunicación coas demais áreas da empresa, con clientes e provedores.XIII. Analizar, adaptar e, no seu caso, xerar documentación técnica imprescindible na formación e asesoramento dos profesionais ó seu cargo. Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 3 Curso 2010-2011
  4. 4. PERFIL PROFESIONALCompetencia xeralOs requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema produtivo para este técnicoson:  Realizar o estudo, definición, concepción e desenvolvemento de pequenas tarxetas e equipos electrónicos.  Organizar, xestionar e controlar a fabricación e posta a punto de prototipos electrónicos coa calidade e fiabilidade requiridas e cos custos acordados.  Manter equipos electrónicos profesionais, utilizando os medios e técnicas de mantemento adecuadas, dando o soporte e asesoramento necesarios aos técnicos que o demanden.Este técnico actuará, en todo caso, baixo a supervisión xeral de arquitectos, enxeñeiros oulicenciados e/ou arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos ou diplomados.CAPACIDADES PROFESIONAISCapacidades técnicas.  Analizar os anteproxectos, especificacións técnicas e, en xeral, toda a documentación asociada a proxectos de equipos e aplicacións electrónicas, interpretando axeitadamente os parámetros, símbolos e requirimentos, extraendo as conclusións e datos necesarios para o desenvolvemento do traballo.  Elaborar informes de factibilidade do produto, así como elaborar a documentación técnica de aplicacións electrónicas, realizando aplicacións de cálculo e simulación dos circuítos electrónicos, aportando as solucións construtivas correspondentes.  Participar na definición das especificacións de calidade e fiabilidade de prototipos electrónicos e para a fabricación dos equipos, preparando e executando as probas e os ensaios prescritos, elaborando a documentación requirida e dictaminando os resultados dos ensaios e medidas obtidas.  Posuír un amplo coñecemento e dominio das tecnoloxías e dos dispositivos analóxicos, dixitais e microprogramables que configuran os equipos electrónicos profesionais e das técnicas e medios utilizados para as medidas dos seus parámetros característicos.  Participar no establecemento e/ou mellora de procesos de mantemento de equipos electrónicos, colaborando no desenvolvemento de instrumentos específicos que optimicen eses procesos.Capacidades para afrontar continxencias:  Diagnosticar e reparar avarías en equipos electrónicos profesionais coa fiabilidade, pulcritude e precisión requiridas, interpretando a súa documentación técnica e operando destramente cos instrumentos, equipos e ferramentas “hardware” eProgramación Lóxica Dixital e Microprogramable 4 Curso 2010-2011
  5. 5. “software” axeitadas, respectando as precaucións e normas de seguridade oportunas.  Actuar en condicións de posible emerxencia, transmitindo con celeridade os sinais de alarma, dirixindo as actuacións dos membros do seu equipo e aplicando os medios de seguridade establecidos para previr ou corrixir posibles riscos causados pola emerxencia.  Resolver problemas e tomar decisións sobre a súa propia actuación e a dos outros, identificando e seguindo as normas establecidas precedentes, dentro do ámbito da súa competencia e consultando esas decisións cando as súas repercusións na coordinación con outras áreas sexan importantes.Capacidades para a dirección de tarefas.  Organizar e controlar a construción, montaxe e funcionalidade de prototipos electrónicos, establecendo as instrucións escritas requiridas (métodos, procedementos, tempos, especificacións de control, ...).  Dar o soporte, formación e asesoramento técnico requirido a técnicos que dependen organicamente del.  Xerar instrucións claras con rapidez, informando e solicitando axuda a quen proceda, cando se produzan continxencias na operación.  Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que se está integrado, responsabilizándose da consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación de dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.  Organizar e dirixir o traballo doutros técnicos de nivel inferior, dando instrucións sobre o control de procesos de mantemento en caso de modificacións derivadas dos programas establecidos e decidindo actuacións en casos imprevistos nos procesos de mantemento.  Administrar e xestionar un pequeno taller de construción e/ou mantemento de equipos electrónicos, coñecendo e cumprindo as obrigas legais que lle afectan.Capacidades para adaptarse ao medio.  Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos polas técnicas, a organización laboral e os aspectos económicos relacionados coa súa actividade profesional e co sistema de produción da empresa.  Posuír unha visión clara e integradora dos procesos de fabricación, montaxe e mantemento dos equipos electrónicos profesionais, nos seus aspectos humanos, tecnolóxicos, técnicos, de organización e económicos que lle permita organizalos e optimizar a súa aplicación.Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 5 Curso 2010-2011
  6. 6.  Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do traballo e, en especial, en operacións que esixan un elevado grao de coordinación con outras áreas da empresa e entre os membros do equipo que as acomete, interpretando ordes e información cando xurdan situacións imprevistas.RESPONSABILIDADE E AUTONOMÍA NAS SITUACIÓNS DE TRABALLO.A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superiorao seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades deautonomía en:  Achega de solucións construtivas de tipo "hardware" e/ou "software" no desenvolvemento de proxectos de aplicacións electrónicas.  Elaboración de documentación técnica (esquemas, resultados de simulación de circuítos,...) mediante a utilización de ferramentas informáticas de deseño asistido.  Elaboración dos programas de control para os equipos baseados en dispositivos microprogramables, mediante a utilización de linguaxes e ferramentas de programación de alto e/ou baixo nivel.  Construción e posta a punto de prototipos electrónicos mediante a aplicación de procedementos e medios manuais e/ou automáticos.  Execución de ensaios de homologación, de calidade e fiabilidade, para os prototipos electrónicos.  Aplicación das técnicas de diagnóstico e reparación de equipos electrónicos profesionais, mediante a operación destra de instrumentos de medida e ferramentas para o mantemento dos equipos.  Proposta de procedementos e útiles específicos para a mellora dos procesos e procedementos de traballo.  Organización e control do traballo realizado polo persoal ao seu cargo. Emisión de instrucións escritas sobre procedementos e secuencias de operación e control dos procesos.  Programación e control das cargas de traballo para a obtención dos obxectivos predeterminados.  Xestión da documentación e dos aprovisionamentos de materiais empregados no mantemento de equipos electrónicos, así como dos requiridos no laboratorio de montaxe e posta a punto de prototipos.  Elaboración de informes, ao seu nivel, dos ensaios de homologación de prototipos electrónicos, aportando solucións que permitan a corrección dos defectos atopados e, en xeral, a emisión de informes técnicos por requirimento dos seus superiores.  Elaboración de estatísticas de mantemento e obtención de conclusións para a mellora dos procedementos de reparación e optimización dos procesos.Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 6 Curso 2010-2011
  7. 7.  Coordinación, ó seu nivel, das funcións de construción de prototipos, fiabilidade e calidade, innovación e melloras.UNIDADES DE COMPETENCIA- (aplicadas a este ciclo) 1. Deseñar/desenvolver pequenos produtos electrónicos analóxicos. 2. Deseñar/desenvolver pequenos produtos electrónicos dixitais e microprogramables. 3. Realizar e ensaiar prototipos electrónicos. 4. Realizar o mantemento de equipos electrónicos. 5. Realizar a administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 7 Curso 2010-2011
  8. 8. MÓDULO: LÓXICA DIXITAL E MICROPROGRAMABLEMódulo de primeiro curso do ciclo asociado á unidade de competenciaDeseñar/desenvolver pequenos produtos electrónicos dixitais e microprogramables.Duración: 240 + 26 horas de libre disposición (9 + 1 sesións semanais)CAPACIDADES TERMINAIS ELEMENTAISAs capacidades terminais elementais asociadas a este módulo son as que se enumeran acontinuación, e que contribúen a acadar os obxectivos de ciclo numerados como I, III, IV, V,VI, VII, VIII, XI e XIII.Capacidades terminais: 1. Analizar os circuítos electrónicos dixitais cableados combinacionais e secuenciais, interpretando, a partir da súa simboloxía e das leis da álxebra de Boole, o seu funcionamento e características técnicas. 2. Interpretar as características técnicas e funcionais de esquemas utilizados en aplicacións electrónicas dixitais por medio dos catálogos técnicos e comerciais. 3. Analizar as características técnicas e funcionais dos dispositivos convertedores de información analóxica-dixital (A/D) e dixital-analóxica (D/A) interpretando os esquemas e describindo o seu funcionamento. 4. Realizar simplificacións de funcións lóxicas de sistemas dixitais, partindo da aplicación de métodos estandarizados manuais ou informatizados. 5. Diferenciar técnica e funcionalmente os sistemas dixitais cableados dos sistemas dixitais programables. 6. Interpretar as características técnicas e funcionais dos distintos tipos de memorias e de matrices programables utilizados nas diferentes aplicacións de electrónica dixital incorporadas nos catálogos técnicos e comerciais. 7. Interpretar os parámetros e características fundamentais dun sistema microprogramable por medio do esquema e da documentación técnica específica, relacionando o fluxo de información no programa de control cos sinais de entrada- saída do circuíto e periféricos asociados. 8. Elixir as solucións programables ou cableadas adecuadas ás aplicacións electrónicas, atendendo a criterios técnicos, económicos e de dispoñibilidade dos compoñentes. 9. Realizar diagramas de fluxo en solucións dixitais programables, seguindo técnicas estruturadas e por medio de algoritmos definidos, utilizando programas en linguaxes axeitadas e procedementos estandarizados. 10. Realizar a posta a punto dun programa, con técnicas de depuración estándar, optimizando o cumprimento das especificacións funcionais do sistema.Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 8 Curso 2010-2011
  9. 9. 11. Verificar mediante simulación o funcionamento do circuíto por medio de ferramentas informáticas específicas, realizando as probas, medidas, modificacións e axustes necesarios para o adecuado funcionamento do circuíto. 12. Construír o esquema correspondente a un circuíto electrónico dixital cableado e/ou programable, dispondo a conexión dos compoñentes adecuadamente e utilizando a simboloxía normalizada. 13. Compor maquetas de circuítos electrónicos dixitais cableados e/ou programables, utilizando soportes e técnicas de montaxe rápido, enumerando os equipos, ferramentas e materiais utilizados e a función de cada un no proceso. 14. Realizar medidas en circuítos dixitais e programables, utilizando a instrumentación e os procedementos normalizados, con rigor e seguridade, relacionando os estados lóxicos calculados coas medidas realizadas. 15. Elaborar informes-memoria das actividades desenvoltas nas diferentes fases e procesos que se poden realizar cos circuítos electrónicos dixitais e microprogramables e dos resultados logrados, estruturándoos nos apartados precisos para unha adecuada documentación.UNIDADES DIDÁCTICASPara acadar estas capacidades terminais o módulo organízase nas seguintes Unidadesdidácticas:U1.- Fundamentos de electrónica dixitalU2.- Sistemas combinacionais con portas lóxicasU3.- Bloques funcionais combinacionaisU4.- Aritmética nos códigos binariosU5.- Sistemas secuenciais básicosU6.- Métodos de deseño de circuítos secuenciaisU7.- Circuítos complementarios en electrónica dixitalU8.- Circuítos de conversión analóxica-dixital e dixital-analóxicaU9.- Memorias electrónicas e matrices programablesU10.- Sistemas microprogramablesU11.- Métodos de programación de circuítos realizados con dispositivos microprogramablesU12.- Análise dun microcontrolador PICU13.- Procedementos en electrónica dixital e microprogramableProgramación Lóxica Dixital e Microprogramable 9 Curso 2010-2011
  10. 10. DESENVOLVEMENTO DAS UNIDADES DIDÁCTICASU1.- Fundamentos de electrónica dixital (15 horas – 18 sesións)Obxectivos:  Diferenciar entre as formas dixital e analóxica de representar información.  Establecer as vantaxes de utilizar sistemas de tratamento dixital da información.  Representar datos nos sistemas de numeración máis frecuentes, realizando cambios entre eles.  Empregar os códigos de numeración binarios máis utilizados para almacenar e transmitir información, coñecendo as características e vantaxes de cada un.  Coñecer e utilizar a base matemática aplicable aos sinais dixitais binarios, as operacións básicas e as súas propiedades.  Coñecer os circuítos dixitais que realizan as operacións lóxicas básicas.  Analizar o funcionamento de circuítos dixitais construídos a partir de portas lóxicas.Contidos:  Tratamento analóxico e dixital da información.  Sistemas e códigos de numeración: binario, octal, hexadecimal, alfanumérico.  Álxebra de Boole. Definicións. Postulados. Variables. Operacións. Táboas de verdade.  Portas lóxicas: tipoloxía, funcións e características. Símbolos lóxicos normalizados.Criterios de avaliación:  Recoñece os sinais dixitais e valora as súas vantaxes.  Emprega correctamente os códigos binarios de representación da información.  Coñece e utiliza as propiedades dos sistemas dixitais binarios.  Identifica e opera correctamente coas portas lóxicas, utilizando a simboloxía normalizada.  Obtén a función lóxica resultante da interconexión de varias portas lóxicas.U2.- Sistemas combinacionais con portas lóxicas (35 horas – 42 sesións)Obxectivos:  Realizar funcións lóxicas con portas lóxicas.  Simplificar funcións lóxicas para realizalas con portas lóxicas, minimizando o custo.  Coñecer as distintas técnicas de fabricación dos circuítos integrados dixitais e as características de cada unha.  Elixir a familia lóxica adecuada para unha realización práctica.  Localizar e reparar avarías en circuítos realizados con portas lóxicas.Contidos:  Deseño de sistemas combinacionais con portas lóxicas.Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 10 Curso 2010-2011
  11. 11.  Métodos de análise e simplificación de funcións lóxicas.  Diferentes técnicas utilizadas na construción de circuítos dixitais integrados e familias lóxicas. Escalas de integración.  Localización de avarías.Criterios de avaliación:  Deseña sistemas combinacionais sinxelos mediante portas lóxicas, utilizando a simboloxía normalizada.  Simplifica os sistemas deseñados, manualmente e mediante ferramentas informáticas.  Utiliza ferramentas informáticas para simular o funcionamento do circuíto.  Selecciona a familia lóxica adecuada para a montaxe, dentro das posibilidades de cada unha.  Monta e comproba o funcionamento do sistema.  Localiza e resolve as avarías que producen un mal funcionamento.U3.- Bloques funcionais combinacionais (35 horas – 42 sesións)Obxectivos:  Explicar o funcionamento e a aplicación dos principais circuítos combinacionais comercializados como bloques funcionais.  Analizar sistemas dixitais complexos construídos con estes bloques, identificando a función de cada un dos módulos e a función xeral do conxunto.  Utilizar manuais para escoller o bloque comercial máis axeitado para unha determinada aplicación, identificando as súas características e forma de funcionamento.  Deseñar sistemas dixitais complexos nos que interveñen diferentes bloques comerciais, partindo da descrición do seu funcionamento, utilizando a simboloxía normalizada.  Utilizar ferramentas informáticas para simular o comportamento dos sistemas deseñados.  Localizar e reparar/substituír elementos defectuosos en circuítos realizados con bloques funcionais comerciais.Contidos:  Bloques funcionais combinacionais. Codificadores. Decodificadores. Multiplexores. Demultiplexores. Comparadores. Convertedores de código.  Símbolos lóxicos normalizados. Representación normalizada dos sistemas combinacionais.  Métodos de deseño de sistemas combinacionais.Criterios de avaliación:Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 11 Curso 2010-2011
  12. 12.  Comprende o funcionamento dos bloques funcionais básicos.  Identifica o funcionamento de circuítos máis complexos formados por bloques funcionais básicos.  Deseña circuítos máis complexos conectando bloques funcionais básicos.  Utiliza ferramentas informáticas para simular o funcionamento dos circuítos deseñados.U4.- Aritmética nos códigos binarios (15 horas – 18 sesións)Obxectivos:  Coñecer as formas principais de representación de números binarios con signo.  Manexar representacións de números binarios en punto flotante.  Realizar operacións de suma e resta con números binarios nos códigos máis frecuentes.  Coñecer os circuítos electrónicos que realizan as operacións de suma e resta.  Deseñar sumadores/restadores para distintos códigos binarios.  Coñecer o funcionamento e utilidade de unidades aritmético-lóxicas.  Utilizar ferramentas informáticas para comprobar o funcionamento dos circuítos realizados.  Localizar e substituír elementos defectuosos en circuítos aritméticos.Contidos:  Sistemas de representación de números binarios con signo.  Formatos de representación dos números fraccionarios.  Operacións aritméticas nos códigos binarios: binario natural, complemento a un, complemento a dous e BCD.  Unidades aritmético-lóxicas (ALU).Criterios de avaliación:  Realiza correctamente sumas e restas no códigos binarios máis frecuentes.  Coñece os circuítos electrónicos que realizan as sumas e restas binarias e é capaz de modificalos para adaptalos a outros códigos.  Coñece o funcionamento das unidades aritmético-lóxicas e opera adecuadamente con elas.U5.- Sistemas secuenciais básicos (35 horas – 42 sesións)Obxectivos:  Coñecer e explicar o funcionamento dos distintos tipos de biestables.  Explicar o funcionamento e a aplicación de circuítos básicos realizados con biestables: contadores e rexistros.  Realizar o deseño simplificado de contadores partindo de biestables de calquera tipo.Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 12 Curso 2010-2011
  13. 13.  Analizar sistemas dixitais formados por módulos secuenciais comerciais, obtendo a función de cada módulo e a función do conxunto.  Interpretar e utilizar a simboloxía normalizada.Contidos:  Circuítos biestables dixitais.  Contadores con biestables. Deseño e análise.  Rexistros.  Circuítos contadores integrados.  Símbolos lóxicos normalizados.Criterios de avaliación:  Coñece o funcionamento dos biestables básicos.  Analiza o funcionamento e deseña contadores utilizando biestables.  Explica correctamente o funcionamento de contadores e rexistros fabricados como módulos funcionais, utilizando os manuais.  Interpreta os símbolos lóxicos normalizados.U6.- Métodos de deseño de circuítos secuenciais (10 horas – 12 sesións)Obxectivos:  Coñecer a descrición funcional dos circuítos secuenciais.  Deseñar sistemas dixitais secuenciais a partir da definición da función que deben cumprir.  Construír circuítos secuenciais utilizando o número mínimo de biestables e portas lóxicas.Contidos:  Descrición dos sistemas secuenciais. Máquinas de Moore e de Mealy.  Representación de sistemas secuenciais.  Métodos de deseño e simplificación de sistemas secuenciaisCriterios de avaliación:  Realiza a representación do sistema secuencial a partir das especificacións da función que debe cumprir.  Deseña e constrúe o sistema secuencial utilizando o mínimo número de biestables e portas lóxicas.U7.- Circuítos complementarios en electrónica dixital (25 horas – 30 sesións)Obxectivos:  Coñecer e elaborar distintos tipos de circuítos temporais utilizados en electrónica dixital.  Estudar os circuítos de introdución e presentación da información dixital.  Coñecer os funcionamento dos motores paso a paso.Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 13 Curso 2010-2011
  14. 14. Contidos:  Circuítos dixitais temporais:  Monoestables.  Temporizadores.  Xeradores de impulsos.  Dispositivos optoelectrónicos e de visualización.  Teclados.  Motores paso a paso.Criterios de avaliación:  Deseña circuítos de temporización adecuándose ao funcionamento requirido.  Deseña sinais de reloxo e comproba a súas características.  Utiliza os dispositivos de entrada de datos e visualización de resultados adecuados para cada aplicación.  Manexa adecuadamente motores paso a paso para realizar movementos precisos.U8.- Circuítos electrónicos de conversión analóxica-dixital e dixital-analóxica (25 horas – 30 sesións)Obxectivos:  Coñecer os elementos necesarios para o procesamento dixital de sinais analóxicos.  Entender a función dos circuítos convertedores analóxico-dixitais e dixital-analóxicos.  Coñecer os pasos necesarios para a conversión analóxica-dixital.  Analizar e utilizar circuítos para a conversión dixital-analóxica.  Analizar e utilizar circuítos para a conversión analóxica-dixital.Contidos:  Sistemas de adquisición de datos.  Conversión analóxica-dixital. Pasos.  Convertedores dixital-analóxicos. Tipos e características de funcionamento.  Convertedores analóxico-dixitais. Tipos e características de funcionamento.  Circuítos integrados de aplicación específica.Criterios de avaliación:  Identifica os elementos e secuenciación necesarios para o procesamento dixital de sinais analóxicos.  Comprende a función que realizan os convertedores A/D e D/A.  Utiliza os circuítos integrados de conversión A/D e D/A adecuados para unha aplicación específica.U9.- Memorias electrónicas e matrices programables (20 horas – 24 sesións)Obxectivos:  Identificar os diferentes tipos de memorias de semicondutores e o seu campo de aplicación.Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 14 Curso 2010-2011
  15. 15.  Deducir a capacidade e estrutura interna das memorias de semicondutores.  Ampliar a capacidade de memoria ata o valor desexado.  Coñecer os distintos tipos de dispositivos lóxicos programables.  Utilizar os dispositivos lóxicos programables para realizar funcións de lóxica combinacional e secuencial.  Utilizar o programador universal para a programación de dispositivos lóxicos programables.Contidos:  Estruturas lóxicas de memorias. Aplicacións combinacionais.  Dispositivos e estruturas de memoria. Tipoloxía e características.  Matrices programables. Aplicacións combinacionais e secuenciais.  Procedementos de deseño de aplicacións combinacionais e secuenciais con memorias e/ou matrices programables.  Técnicas e aplicacións informáticas para a programación de memorias e matrices programables.Criterios de avaliación:  Identifica os distintos tipos de memorias e dispositivos lóxicos programables.  Conecta correctamente varias memorias para ampliar a súa capacidade.  Utiliza dispositivos lóxicos programables para realizar funcións de lóxica combinacional e secuencial, seleccionando os máis axeitados.  Utiliza ferramentas software para realizar a programación de memorias e dispositivos lóxicos programables.U10.- Sistemas microprogramables (17 horas – 20 sesións)Obxectivos:  Recoñecer a estrutura de bloques dun sistema dixital microprogramable.  Identificar as partes dun sistema microprogramable realizado con microprocesadores.  Distinguir entre as filosofías de fabricación de microprocesadores.  Identificar os bloques dos que consta un microprocesador básico, e a súa función.Contidos:  Estrutura dun sistema microprogramable.  Hardware dun sistema microprogramable con microprocesador.  Filosofías de deseño de microprocesadores.  Arquitectura dun microprocesador básico.  Clasificación das unidades de entrada/saída.Criterios de avaliación:  Enumera os bloques que constitúen un sistema microprogramable.Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 15 Curso 2010-2011
  16. 16.  Identifica os bloques dun sistema microprogramable con microprocesador e explica a súa función.  Clasifica segundo a súa aplicación os diferentes tipos de periféricos e sistemas de control existentes nos sistemas microprogramables.  Realiza un esquema de bloques sinxelo da arquitectura interna dun microprocesador básico.  Clasifica as unidades de entrada/saída.U11.- Métodos de programación de circuítos realizados con dispositivos microprogramables (17 horas – 20 sesións)Obxectivos:  Distinguir entre os distintos tipos de linguaxes de programación utilizados nos sistemas microprogramables.  Obter o algoritmo de resolución dun programa.  Elaborar o diagrama de fluxo a partir do algoritmo.  Realizar o programa fonte a partir do diagrama de fluxo.  Utilizar programas ensambladores comerciais.  Obter o código final a partir de linguaxes de alto nivel.Contidos:  A linguaxe ensambladora. Instrucións. Características e funcións.  Técnicas de programación coa linguaxe ensambladora.  Enlazadores. Utilización e elaboración de librerías.  Desenvolvemento de programas en linguaxes de aplicación de alto e baixo nivel para dispositivos microprogramables.  Documentación dos programas.  Sistemas simuladores e emuladores.Criterios de avaliación:  Distingue os distintos tipos de linguaxes de programación utilizados en sistemas microprogramables.  Elabora o código final a partir das especificacións de funcionamento, utilizando as ferramentas informáticas adecuadas.U12.- Análise dun microcontrolador PIC (17 horas – 20 sesións)Obxectivos  Identificar a estrutura e propiedades dun microcontrolador PIC  Identificar a función de cada bloque e liñas externas do microcontrolador.  Utilizar ferramentas informáticas para obter o programa máquina a partir de programas de alto nivel.  Utilizar ferramentas informáticas para simular o funcionamento do programa.Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 16 Curso 2010-2011
  17. 17.  Utilizar o programador universal para programar microcontroladores PIC.Contidos  Filosofía dos microcontroladores de arquitectura RISC.  Arquitectura do PIC 16F84.  Introdución ao xogo de instrucións.  Utilización da linguaxe C para programar PIC.  Programas de simulación e programación para PIC.Criterios de avaliación  Explica as características dun microprocesador con arquitectura RISC.  Comprende a arquitectura do microcontrolador PIC 16F84.  Utiliza as ferramentas informáticas necesarias para obter o programa en código máquina.  Utiliza as ferramentas informáticas necesarias para simular o funcionamento do programa.  Programa o microcontrolador e comproba o funcionamento correcto.U13.- Procedementos en electrónica dixital e microprogramableOs contidos desta unidade son tratados nas unidades anteriores, e teñen que ver cosprocedementos necesarios para desenvolvelas correctamente, o manexo de informacióntécnica, a selección e utilización do material axeitado e a comprobación e posta a punto dasmontaxes realizadas.Son polo tanto contidos transversais que se tratan dentro de máis dunha das unidadesanteriores. Os obxectivos e criterios de avaliación están polo tanto incluídos nascorrespondentes unidades didácticas nas que se utilizan.Contidos  Interpretación de esquemas electrónicos dixitais e microprogramables.  Métodos e técnicas de medida de circuítos dixitais.  Deseño de sistemas dixitais.  Selección de compoñentes utilizando catálogos e manuais técnicos.  Utilización de programas de aplicación informáticos para simulación e emulación.  Montaxe e posta a punto de sistemas dixitais.Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 17 Curso 2010-2011
  18. 18. SECUENCIA E TEMPORALIZACIÓNA secuencia das unidades didácticas correspóndese coa orde na que se presentan, polapropia dificultade crecente de contidos e a necesidade de ter asimilados contidos eprocedementos de unidades anteriores para poder afrontar con proveito as seguintes. Aunidade 13, como xa se indicou, é transversal e os seus contidos son introducidos eaplicados nas unidades anteriores. No referente á temporalización, dado que o módulo corresponde ao primeiro cursodo ciclo, divídese en tres trimestres. No primeiro trimestre incluiríanse an unidades didácticas 1, 2, 3 e 4, completando obloque básico de circuítos combinacionais e aritméticos. O segundo trimestre daría cabida ás unidades 5, 6, 7 e 8, completando a partecorrespondente a sistemas secuenciais e a circuítos complementarios e auxiliares (incluíndonestes últimos tamén aos convertedores A/D e D/A). Para o último trimestre quedan as unidades 9, 10, 11 e 12, que forman un bloquerelativo aos sistemas programables. Para cada unha das unidades didácticas dáse unha duración que é puramenteestimativa, posto que os tempos de aprendizaxe son distintos para os distintos grupos dealumnos/as, e dentro de cada un destes, para cada alumno/a individualmente.METODOLOXÍAA metodoloxía de traballo estará orientada a que os/as alumnos/as sexan capaces deaprender por si mesmos/as, a potenciar a súa motivación e a conseguir a participación noproceso de ensino-aprendizaxe. O módulo é principalmente práctico, polo que o obxectivo principal será que oalumnado saiba aplicar correctamente os contidos conceptuais. Na maioría das unidades o profesor presentará os contidos conceptuaiscorrespondentes, aclarando as dúbidas que poidan xurdir, para de seguido realizar algunhasactividades exemplificadoras da utilización deses contidos, xeralmente circuítos deaplicación. Tamén se proporá a realización de exercicios relacionados e a montaxe ousimulación de circuítos de aplicación. Cando sexa posible presentarase inicialmente unha aplicación realizada coselementos obxecto de estudo, para, partindo da súa análise, chegar a deducir a forma defuncionamento de ditos elementos. As actividades realizaranse en grupos pequenos ou individualmente, dependendo dasúa complexidade, pero os resultados serán presentados individualmente.MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOSOs materiais utilizados podemos dividilos en tres grupos principais:Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 18 Curso 2010-2011
  19. 19.  Materiais para a obtención de información  Materiais para realización de actividades  Materiais para a construción, comprobación e simulación de circuítosMateriais para a obtención de información Os principais serán os apuntamentos elaborados polo profesor (que terán os alumnos antes de impartir os seus contidos) e os libros de apoio recomendados para cada unidade didáctica. Ademais utilizaranse os manuais dos fabricantes para obter a información necesaria sobre os circuítos integrados utilizados e outros manuais e guías relacionados. Cando sexa posible utilizarase unha versión informática destes materiais.Materiais para a realización de actividades Principalmente boletíns de problemas para a resolución e presentación individual e as guías para a realización das prácticas.Materiais para a construción, comprobación e simulación de circuítos Para a montaxe e comprobación dos circuítos utilizaremos un adestrador para electrónica dixital, cos elementos de entrada, saída, xeración de funcións e alimentación necesarios. Utilizaremos tamén os circuítos integrados necesarios e materiais auxiliares diversos (resistencias, condensadores, díodos, visualizadores…). Para a comprobación do funcionamento dos circuítos empregaremos os instrumentos propios de medida e comprobación da electrónica dixital: sonda lóxica, polímetro, analizador de estados lóxicos e osciloscopio, principalmente. Para a simulación de circuítos utilizaremos distintas ferramentas informáticas, e tamén ferramentas de axuda no deseño e minimización de sistemas combinacionais e secuenciais.Os recursos didácticos máis utilizados serán o ordenador e o canón proxector, para asexposicións dos contidos das unidades didácticas e como ferramenta de uso individual paraa busca de información (mediante acceso a internet, por exemplo) e para a elaboración deesquemas e a simulación de circuítos.ORGANIZACIÓN DE ESPAZOSO espazo idóneo para impartir este módulo é a aula-taller de electrónica, con amplitudeabonda para que cada alumno poida desenvolver as prácticas propostas utilizando todo oinstrumental necesario (adestrador, xeradores de funcións, instrumentos de medida),ademais de espazo para almacenaxe de todos os equipos, materiais e ferramentasnecesarios. Debe posuír tamén un canón proxector para seguir as explicacións do profesore un ordenador por alumno, para a utilización das diversas ferramentas informáticasnecesarias para o desenvolvemento do módulo. Debe haber tamén unha conexión a Internetpara a busca de información na rede.Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 19 Curso 2010-2011
  20. 20. CRITERIOS DE AVALIACIÓNOs criterios de avaliación establécense para cada unidade didáctica e teñen por obxectocomprobar que os/as alumnos/as conseguen os obxectivos de cada unidade. Para oconxunto do módulo os criterios son os que permiten comprobar que se acadan ascapacidades terminais elementais asociadas ao módulo:  Analizar os circuítos electrónicos dixitais cableados combinacionais e secuenciais, interpretando, a partir da súa simboloxía e das leis da álxebra de Boole, o seu funcionamento e características técnicas.  Interpretar as características técnicas e funcionais de esquemas utilizados en aplicacións electrónicas dixitais por medio dos catálogos técnicos e comerciais.  Analizar as características técnicas e funcionais dos dispositivos convertedores de información analóxica-dixital (A/D) e dixital-analóxica (D/A) interpretando os esquemas e describindo o seu funcionamento.  Realizar simplificacións de funcións lóxicas de sistemas dixitais, partindo da aplicación de métodos estandarizados manuais ou informatizados.  Diferenciar técnica e funcionalmente os sistemas dixitais cableados dos sistemas dixitais programables.  Interpretar as características técnicas e funcionais dos distintos tipos de memorias e de matrices programables utilizados nas diferentes aplicacións de electrónica dixital incorporadas nos catálogos técnicos e comerciais.  Interpretar os parámetros e características fundamentais dun sistema microprogramable por medio do esquema e da documentación técnica específica, relacionando o fluxo de información no programa de control cos sinais de entrada- saída do circuíto e periféricos asociados.  Elixir as solucións programables ou cableadas adecuadas ás aplicacións electrónicas, atendendo a criterios técnicos, económicos e de dispoñibilidade dos compoñentes.  Realizar diagramas de fluxo en solucións dixitais programables, seguindo técnicas estruturadas e por medio de algoritmos definidos, utilizando programas en linguaxes axeitadas e procedementos estandarizados.  Realizar a posta a punto dun programa, con técnicas de depuración estándar, optimizando o cumprimento das especificacións funcionais do sistema.  Verificar mediante simulación o funcionamento do circuíto por medio de ferramentas informáticas específicas, realizando as probas, medidas, modificacións e axustes necesarios para o adecuado funcionamento do circuíto.Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 20 Curso 2010-2011
  21. 21.  Construír o esquema correspondente a un circuíto electrónico dixital cableado e/ou programable, dispondo a conexión dos compoñentes adecuadamente e utilizando a simboloxía normalizada.  Compor maquetas de circuítos electrónicos dixitais cableados e/ou programables, utilizando soportes e técnicas de montaxe rápido, enumerando os equipos, ferramentas e materiais utilizados e a función de cada un no proceso.  Realizar medidas en circuítos dixitais e programables, utilizando a instrumentación e os procedementos normalizados, con rigor e seguridade, relacionando os estados lóxicos calculados coas medidas realizadas.  Elaborar informes-memoria das actividades desenvoltas nas diferentes fases e procesos que se poden realizar cos circuítos electrónicos dixitais e microprogramables e dos resultados logrados, estruturándoos nos apartados precisos para unha adecuada documentación.Co obxecto de garantir unha avaliación continua e formativa dividimos a avaliacióntemporalmente en tres períodos:  Avaliación inicial, ao principio de curso, mediante unha proba básica e mediante entrevista ou coloquio, para determinar o punto de partida de cada alumno/a.  Avaliación procesual, ao longo do curso, que permite ver a evolución individual e tomar medidas correctivas para lograr os obxectivos.  Avaliación final, ao final do curso, no que se valoran os resultados obtidos tendo en conta todo o proceso.PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓNPara realizar a avaliación teranse en conta as actividades individuais realizadas, o informe-memoria sobre as montaxes feitas, a desenvoltura realizando as actividades prácticas e asprobas individuais escritas (mínimo dúas por avaliación). Tamén se valorarán aspectosactitudinais de respecto aos compañeiros, interese por aprender, coidado do material,cumprimento das normas, cooperación cos compañeiros…CRITERIOS DE CUALIFICACIÓNA ponderación dos instrumentos de avaliación para a consecución da cualificación final é aseguinte:  As probas escritas valóranse nun 60%  As actividades individuais e montaxes realizadas valóranse nun 30%  As actitudes valóranse nun 10%AVALIACIÓN DA PRÁCTICA DOCENTECo obxecto de mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe valoraremos tamén o labordocente e a propia programación.Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 21 Curso 2010-2011
  22. 22. Para o labor docente podemos ter en conta:  Análise e aproveitamento das unidades didácticas  Relacións entre alumnado e docente Para avaliar a programación:  Grao de aproveitamento e seguimento  Grao de adecuación ao currículo oficial  Adecuación á realidade socio-produtiva do entorno  Grao de adecuación ás características do grupoMÍNIMOS EXIXIBLESPara poder superar o módulo os/as alumnos/as ao finalizar o curso deberán ser capacespolo menos de:  Describir as funcións lóxicas fundamentais utilizadas en circuítos electrónicos dixitais, empregando as táboas de verdade correspondentes e operando correctamente con elas.  Aplicar as leis e teoremas fundamentais da álxebra lóxica e procedementos derivados para o cálculo e deseño de circuítos electrónicos dixitais cableados.  Explicar as funcións combinacionais básicas (codificación, decodificación, multiplexación, demultiplexación, conversión de códigos) utilizadas nos circuítos electrónicos dixitais, así como a tipoloxía e características dos compoñentes empregados na súa realización.  Realizar circuítos de aplicación interconectando bloques coas funcións combinacionais básicas.  Explicar as funcións secuenciais básicas (memorias RS, T, D, LATCH, JK, contadores, descontadores, rexistros de desprazamento) utilizadas nos circuítos electrónicos dixitais, así como a tipoloxía e características dos compoñentes utilizados na súa realización.  Realizar o deseño de circuítos secuenciais utilizando as funcións secuenciais básicas.  Explicar as diferenzas entre os circuítos electrónicos dixitais cableados e os circuítos programados.  Explicar os principios básicos e as características da conversión de sinais analóxicos a dixitais e viceversa para o seu tratamento en sistemas dixitais e microprogramables.  Explicar a tipoloxía e as características dos dispositivos convertedores A/D y D/A, describindo as funcións que realizan e os procedementos de interconexión entre eles.Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 22 Curso 2010-2011
  23. 23.  Explicar a tipoloxía e as características dos dispositivos periféricos utilizados en sistemas microprogramables, describindo as funcións que realizan e os procedementos de interconexión entre eles.  Explicar os parámetros e características fundamentais dun sistema microprogramable (buses e a súa tipoloxía, memoria, interrupcións, reloxo, reset, entradas/saídas -paralelo e serie-, etc.).  Realizar a posta a punto dun programa, con técnicas de depuración estándar, optimizando o cumprimento das especificacións funcionais do sistema.  Verificar mediante simulación o funcionamento do circuíto por medio de ferramentas informáticas específicas, realizando as probas, medidas, modificacións e axustes necesarios para o adecuado funcionamento do circuíto.  Construír o esquema correspondente a un circuíto electrónico dixital cableado e/ou programable, dispondo a conexión dos compoñentes adecuadamente e utilizando a simboloxía normalizada.  Compor maquetas de circuítos electrónicos dixitais cableados e/ou programables, utilizando soportes e técnicas de montaxe rápido, enumerando os equipos, ferramentas e materiais utilizados e a función de cada un no proceso.ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓNDistinguiremos dous tipos de actividades de recuperación:Antes da avaliación final de móduloA aqueles alumnos que, na evolución das unidades didácticas, non acaden os obxectivosmínimos propostos, se lles proporán actividades de reforzo para lograr os obxectivos e selles permitirá facer unha proba escrita de recuperación para as dúas primeiras avaliacións.Logo da avaliación final de móduloAos alumnos que non superen o módulo facilitaráselle material para que poidan traballar oscontidos e procedementos necesarios para conseguir unha avaliación positiva, facendofincapé naqueles nos que amosaban máis carencias. Durante os períodos de recuperación establecidos, os alumnos poderán asistir ásclases programadas para esa finalidade, onde se lles darán os apoios e materiaisnecesarios para poder superar o módulo. Cando sexa posible, os alumnos de segundo curso co módulo suspenso poderánpresentarse ás probas escritas de cada avaliación, co obxecto de facilitarlle a tarefa derecuperación. En calquera caso manteranse os mesmos criterios de avaliación, criterios decualificación e contidos mínimos exixibles para superar o módulo que se estableceron conanterioridade.Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 23 Curso 2010-2011
  24. 24. ATENCIÓN DO ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIOEDUCATIVONeste apartado temos que ter en conta que, para o alumnado con necesidades educativasespeciais, unha vez comezado o curso e realizada a sesión de avaliación inicial, a direccióndo centro pode presentar, coa conformidade dos pais ou titores e xunto cun informe dodepartamento de orientación, unha solicitude de flexibilización modular para cursar os ciclosformativos en réxime ordinario de xeito fragmentado por módulos e cunha temporalizacióndistinta á establecida con carácter xeral. O servizo Provincial de Inspección remitiralle toda adocumentación ao delegado provincial, a quen corresponderá a autorización ou denegaciónde dita flexibilización. Á parte disto, para os alumnos que presenten necesidades educativas especiais, ouque ben por outras circunstancias non acadasen os obxectivos mínimos propostos para asunidades didácticas, actuarase da seguinte maneira:  Observación e valoración individual das deficiencias e os motivos que as provocaron.  Adaptación das actividades naqueles aspectos concretos en que non foron acadados os obxectivos.  Adaptación do ritmo de aprendizaxe para aqueles alumnos que non sexan capaces de seguir o do resto da clase.Programación Lóxica Dixital e Microprogramable 24 Curso 2010-2011

×