• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Configuracion de redes virtuais
 

Configuracion de redes virtuais

on

  • 390 views

 

Statistics

Views

Total Views
390
Views on SlideShare
328
Embed Views
62

Actions

Likes
0
Downloads
1
Comments
0

3 Embeds 62

http://electronicaciclosuperior.blogspot.com.es 53
http://electronicaciclosuperior.blogspot.mx 6
http://electronicaciclosuperior.blogspot.com 3

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Configuracion de redes virtuais Configuracion de redes virtuais Document Transcript

    • Configuración de Redes Virtuais Planificación e Administración de Redes 1 Por que usar Redes Locais Virtuais (VLANs)? Na unidade anterior apreciabamos os cambios que supoñen a inclusión dos Conmutadores, quepermiten ter un equipo onde se centralizan todas as liñas dos distintos equipos dunha empresa dexeito que, como vimos na unidade anterior, todos os equipos da mesma rede poden intercambiartramas sen que se produzan colisións. Pero tamén pode ser necesario dividir as redes dunhaorganización en subredes distintas que funcionan de xeito independente. As vantaxes de dividir as redes son principalmente dúas: • Seguridade, xa que os equipos que están en redes distintas non son accesibles desde o equipo veciño. Os Conmutadores xa ofrecen unha protección maior que Hubs e que as redes de cable coaxial primitivas, pero as mensaxes de Broadcast e algunhas técnicas de captura de tramas poden ser aínda empregadas. • Redúcese a carga da rede, xa que hai protocolos que empregan de xeito masivo a difusión, facendo chegar mensaxes a todos os equipos da rede. Se separamos as redes en anacos máis pequenos, cada equipo que mande unha mensaxe a todos os seus veciños ocupará menos liñas de conexión, xa que os destinatarios son menos. Unha primeira solución sería empregar un switch por cada subrede, pero esta solución tamén tenos seus problemas. Para empezar significa ter máis equipos, e ademais tamén pode crear problemasen caso de que os equipos situados nesas subredes non estean localizados fisicamente en zonashomoxéneas, xa que habería que duplicar o cableado da rede e tal vez manter varios conmutadoresnunha zona cando con un sería suficiente para dar servizo a todos os equipos desa zona. Outroproblema desta solución é que un cambio de localización física dun equipo ou un departamentoobrigaría a replanificar o cableado, e unha das cousas que se busca evitar sempre a toda costa naplanificación dunha rede é a necesidade de cambiar a forma física da mesma a causa derequirimentos de tipo lóxico. A solución a estes problemas son as Redes Locais Virtuais (VLANs). Trátase de redes nas que osconmutadores permiten o intercambio de información entre grupos de equipos conectados a eles,mentres que os equipos de grupos distintos son tratados como se pertencesen a redes independentessen conexión entre elas, ou ben con conexión a nivel de protocolo de rede. Deste xeito a divisiónentre as distintas redes é lóxica en lugar de física, unha das condicións que establecíamos conanterioridade. Ademais, podemos facer que por un mesmo cable físico circule información de dúasredes lóxicas, ou que un mesmo equipo pertenza a mais dunha rede. Temos que saber que non todos os conmutadores permiten a realización de VLANs, polo queantes de planificalas debemos saber se os que temos á nosa disposición o permiten. 1
    • Configuración de Redes Virtuais Planificación e Administración de Redes 2 Funcionamento das redes virtuais. O que desexamos cando se crean VLANs é que os equipos poidan pertencer a redes distintasindependentemente do conmutador empregado. Un exemplo podemos velo nas subredes W (White)e G (Grey) da seguinte figura: Como vemos na figura anterior cada equipo forma parte dunha subrede. O primeiro problemasería ver como decidimos a que subrede pertence cada equipo. As solucións tipicamente son 3: • Cada protocolo ou dirección da capa de rede se corresponde con unha VLAN. Este método supón varios problemas. Un deles, o máis importante, é que estamos diferenciando en función dun protocolo de capa superior, o que infrinxe a regra de independencia entre as capas do modelo de rede. • Asignar a VLAN dependendo da dirección MAC de orixe. Neste caso non hai problema de dependencia de outras capas, pero ten o problema de xestionar as correspondencias. Non esquezamos que uns dos obxectivos da capa de enlace é a transparencia, mentres que a creación da táboa MAC-Identificador de VLAN require o traballo do administrador. Isto 2
    • Configuración de Redes Virtuais Planificación e Administración de Redes supón que cada novo equipo que apareza na rede terá que ser asignado a súa VLAN, algo que pode non resultar aceptable en moitos casos. • Asignar unha VLAN a cada porto do switch. É o sistema máis empregado ata a aparición do estándar IEEE 802.1Q, xa que podemos asignar unha serie de portos, que se corresponderán con certas rosetas de comunicacións do sistema de cableado estruturado, coas correspondentes VLANs. As modificacións da localización dun equipo supón unicamente un cambio lóxico, tal e como desexábamos, e podemos introducir un novo equipo na rede adecuada con colocalo na roseta adecuada. O problema neste caso xorde cando se pretende unir a través de varios conmutadores equipos a VLANs distintas, como é o caso da figura anterior no enlace entre os dous switches. Cando un equipo conectado a S1 envía unha trama a outro equipo conectado a S2 non hai maneira de saber a que VLAN corresponde a mensaxe. Con este sistema será necesario un cable por cada VLAN compartida por ambos conmutadores. Outra solución é a ofrecida polo estándar 802.1Q antes mencionado. 3
    • Configuración de Redes Virtuais Planificación e Administración de Redes 3 O estándar IEEE 802.1Q O estándar IEEE 802.1Q aparece como resposta aos problemas que tratábamos no apartadoanterior. Cando se foron xeneralizando as VLANs o IEEE decidiu atopar unha solución quepermitise identificar as redes virtuais a que pertence cada trama. Deste xeito, cada equipo podeindicar a que rede pertence cada trama que envía, encargándose os conmutadores de xestionar oenvío desas tramas. A solución foi a modificación da cabeceira de trama Ethernet para que cumpriseos novos requirimentos. No campo Lonxitude/Tipo da trama Ethernet a trama 802.1Q leva sempre o identificador 0x8100,que ao ser superior á lonxitude máxima da trama Ethernet identifícase como tipo, en concreto o tipode trama que nos ocupa. O campo etiqueta ten 2 Bytes dos que 4 bits se empregan por temas derendemento e compatibilidade con outros tipos de rede, e o verdadeiramente interesante son os 12bits de Identificador de VLAN. A partir de ese campo pódese saber a que rede pertence cada trama. O problema deste esquema está na migración, dado que as tarxetas de rede antigas non entenden oprotocolo 802.1Q, e polo tanto temos que deseñar a rede de xeito que os conmutadores poidanreconstruír a trama orixinal cando lla entregan ao equipo final que non entende a nova cabeceira. Osconmutadores deberán ser capaces de inserir a identificación da VLAN axeitada, normalmentedependente do porto ao que está conectado o equipo. Na figura seguinte podemos ver un esquemado que ocorre cando se mesturan switches que empregan este protocolo con equipos con tarxetasque en algún caso coñecen o 802.1Q e noutros casos empregan unicamente a trama Ethernetestándar. 4
    • Configuración de Redes Virtuais Planificación e Administración de Redes Cando un equipo que non dispón de tarxeta con identificador de VLAN, ou ben cando queremosque sexa o switch o que defina o identificador correcto, a trama enviada polo equipo será unhatrama Ethernet normal. Ao chegar ao switch este recompoñerá a cabeceira para inserir os 4 Bytes do802.1Q, o primeiro co valor 0x8100 e o seguinte co identificador da VLAN que corresponda,tipicamente dependente do porto ao que está conectado o equipo. Cando o que ocorre é que a tramachega ata un equipo sen soporte de 802.1Q o switch fará a operación inversa, eliminando os 4 Bytesmencionados. 5
    • Configuración de Redes Virtuais Planificación e Administración de RedesÍndice1 Por que usar Redes Locais Virtuais (VLANs)?................................................................................12 Funcionamento das redes virtuais....................................................................................................23 El estándar IEEE 802.1Q..................................................................................................................4 6