1. Mary Shelley (1797-1851) Mary Wollstonecraft Shelley naceu o 30 de agosto de 1797 na cidade de Londres, Inglaterra. O seu pai foi o filósofo británico William Godwin, e a súa nai foi Mary Wollstonecraft, escritora e unha das primeiras feministas. Mary recibiu unha educación privada, que complementou ao entrar en contacto co círculo de intelectuais amigos do seu pai. Publicou o seu primeiro poema aos dez anos. Co seu matrimonio co poeta Percy Shelley, entrou a formar parte dun grupo de escritores británicos entre os que se encontraba o tamén poeta romántico Lord Byron. Nunha das súas reunións, tras ler contos de terror, Byron propuxo a varios amigos a escritura dunha historia de terror; Mary aceptou o reto. Inspirándose nun soño, dedicouse a escribir o que chegaría a ser un dos clásicos da literatura de terror, e no ano 1818 deuse a coñecer ó público a súa novela Frankenstein ou o Moderno Prometeo . En 1818 os Shelley establecéronse en Italia, onde Mary padeceu terribles desgracías: a morte de dous dos seus fillos e a do seu esposo. De todos os seus fillos, soamente o pequeno Percy Florence sobreviviu á infancia. Tras regresar a Inglaterra, adicouse a educación do seu fillo, e a continuar a súa carreira como escritora. Otras das súas obras máis importantes son Valperga, un romance ambientado no século XIV, e The last man, na que describe a extinción da especie humana por unha terrible praga no século XXI. Abandonou a escritura de novelas de ficción cando o realismo empezou a gañar popularidade en Inglaterra. Escribiu numerosas obras curtas para ser publicadas en varios xornais; difundiu ademais a obra do seu home Percy Shelley. Faleceu mentres durmía en febreiro de 1851.