Slideshare.net (beta)

 
Post: 
Myspace Hi5 Friendster Xanga LiveJournal Facebook Blogger Tagged Typepad Freewebs BlackPlanet gigya icons



All comments

Add a comment on Slide 1

If you have a SlideShare account, login to comment; else you can comment as a guest


Showing 1-50 of 0 (more)

Proxecto Ríos. O río Loira

From crisix, 2 months ago

Actividade de Ciencias Naturais. Estudio do estado das augas do r more

159 views  |  0 comments  |  0 favorites  |  1 download  |  2 embeds (Stats)
 
 
 

Groups/Events

Not added to any group/event

 
 

Privacy InfoNew!

This slideshow is Public

 
Embed in your blog
Embed (wordpress.com)
custom

Slideshow Statistics
Total Views: 159
on Slideshare: 147
from embeds: 12* * Views from embeds since 21 Aug, 07

Slideshow transcript

Slide 1: PROXECTO RÍOS RÍO LOIRA. I. E. S “CHAN DO MONTE” MARÍN PONTEVEDRA

Slide 2: obxectivos didácticos da actividade Fomentar nos alumnos o interese polo seu entorno como vía para comprender a importancia do respecto e conservación do medio ambiente Desenvolver a capacidade de observación Aplicar o método científico na realización da actividade Aprender o manexo de material de laboratorio e de claves dicotómicas de determinación ● Adquiri-la conciencia de que un traballo individual, por sinxelo que sexa, pode ter unha grande importancia cando se suma a outros no mesmo senso

Slide 3: ¿por que escollimos o río Loira? Os alumnos do I.E.S. Chan do monte proceden das parroquias de Seixo, Ardán, San Tomé de Piñeiro e Santa María do campo. O río Loira, que atravesa de este a oeste a península do Morrazo, rega parte desta zona antes de desembocar na praia de Loira, na ría de Pontevedra. Pertenece, por tanto á cunca do Lérez

Slide 4: O río Loira é un pequeno río cunha anchura que non soe superar os 5 metros, pero ten pozas, illotes, pequenas cascadas, ........

Slide 5: Nas súas ribeiras abundan os ameneiros e as avelairas, ainda que como veremos máis adiante, nalgúns casos está bastante alterada, ainda así ten fermosos rincóns

Slide 6: Dende sempre, o río Loira foi aproveitado para as moendas polo que abundan os muiños, algúns deles en total estado de abandono ainda que outros están recuperados

Slide 7: localización do treito de río inspeccionado Escollimos un tramo de río na parroquia de San tomé de Piñeiro, o redor dun lugar chamado “a Pradeira” por ter bo acceso e ser coñecido polos alumnos A Pradeira é propiedade da igrexa evanxélica. Dispón dunha pista deportiva e unha zona con barbacoas baixo un bosquete de ameneiros á beira do río

Slide 8: O primeiro paso é o de caracterizar o tramo de río a inspeccionar O primeiro paso é a caracterización do tramo de río que se vai inspeccionar e confeccionar un croquis que mostre as características máis suliñables, tanto do propio río como das zonas aledañas Este croquis representa o tramo do río escollido para facer a inspección

Slide 9: A inspección do río Os parámetros que medimos son: ● caudal ● ph ● turbidez ● temperatura ● nitratos e nitritos Tamén facemos inventarios de flora e fauna

Slide 10: Medición do caudal Para calcular o caudal, delimitamos un tramo do río e medimos a súa anchura e profundidade medias. Logo votamos unha laranxa, e medimos o tempo que tarda en percorrelo, así obtemos a velocidade, que multiplicada pola anchura e a profundidade, danos o caudal en m3/s. Isto facémolo tres veces como mínimo e obtemos a media dos valores, estes oscilaron entre 1,08 m3/s en outono de 2006 e 2,52 m3/s en xuño de 2007

Slide 11: medimos a temperatura e a turbidez Medimos a temperatura da auga cun termómetro. Os seus valores oscilan entre os 13 e 16 ºC aproximadamente As augas do río Loira teñen moi pouca turbidez xa que conseguimos ver os catro cadrantes do disco

Slide 12: medimos o Ph e os nitritos e nitratos O pH medímolo mediante tiras indicadoras e tamén cun peachímetro. O valor do pH nestas augas oscila entre 5.8 e 6.0 A presencia de nitritos e nitratos, que son indicadores da contaminación orgánica, medímola mediante tiras indicadoras, e sempre deron negativo

Slide 13: Facemos tamén inventario da flora de ribeira Mediante as fichas do Proxecto Ríos e claves dicotómicas elaboradas no instituto, tratamos de determinar as especies de vexetais máis representativos do río e as súas ribeiras.

Slide 14: Algunhas das especies máis representativas da flora Son frecuentes a lentella de auga, o pe de boi, os lirios, etc. As árbores que máis abundan son os ameneiros e as avelairas, ainda que tamén hai salgueiros, loureiros carballos,... Chama a atención a presencia de fermosas matas de fento real

Slide 15: Preto da pista deportiva da “Pradeira” existe unha área de lecer É un bosquete de ameneiros preto da pista deportiva da “Pradeira”, no que se intalaron barbacoas

Slide 16: Facemos inventario da fauna Os invertebrados mellor representados son os insectos e as larvas destes, que recollemos no fondo do río. Como é o caso desta larva de libeliña De vertebrados atopamos troitas e anguías entre os peixes, e rás e limpafontes entre os anfibios

Slide 17: Levamos mostras ó laboratorio para a súa observación detida. As mantemos un par de días en auga, que é oxixenada mediante un compresor para peceiras e un difusor. Unha vez observadas e identificadas son devoltas ó río

Slide 18: Có material recollido seguimos o desenvolvemento de anfibios e tivemos sorte cos efemerópteros Unha das larvas de efemerópteros sufriu metamorfose e transformouse en adulto. Ademáis seguimos o desenvolvemento dos cágados ata o estado adulto

Slide 19: Estado de saude do río Entre a fauna recolectada durante as tres inspeccións que realizamos neste treito do río atópanse especies bioindicadoras de augas de boa calidade como son: planarias, tricópteros con estoxo, larvas de libeliña, larvas de efemerópteros, zapateiros, etc, o que nos indica que, polo menos neste tramo, as augas ro río gozan de boa saude, ainda que este ano a abundancia e variedade de especies recolectadas foi moito menor que nas dúas saídas anteriores

Slide 20: Estado do bosque de ribeira Os marxes do río neste tramo están moi modificados, especialmente na súa marxe ezquerda, na zona da “Pradeira”, aínda que se respetou o bosquete de ameneiros Por outra banda en moitos treitos ddo río, os marxes teñen muretes de contención en pedra

Slide 21: Agresión ó río Nesta primavera descubrimos que unha parte do treito inspeccionado, está a sufrir unha forte agresión, especialmente na súa marxe ezquerda, na que non se respecta nin a beira do río No espacio que antes ocupaba un prado estase botando unha gran cantidade de terra, non sabemos con que intención

Slide 22: Actividades complementarias Como complemento, e para sensibilizar ós alumnos da importancia de preservar a calidade das augas, os Seminarios de F e Q e CCNN organizamos certas actividades que desenvolvemos ó longo do curso: Simulación no laboratorio do proceso de depuración de augas Visita á planta potabilizadora de auga de Pontevedra Visita á EDAR de Pontevedra (estes dous últimos anos non foi posible, xa que está en obras) Fabricación de xabón utilizando aceites usados de cociña.