"A señorita perditil", de Laxeiro - Presentation Transcript
Pedro Ortigueira Seijo
Nº5 4ºA
As Vangardas Artísticas
Xosé Otero Abeledo “Laxeiro” Eiquí unha das súas obras chamada “Señora Perditil”.
Quen é Laxeiro?
Xosé Otero Abeledo, alcuñado como Laxeiro , foi un dos pintores máis representativos de Galicia.
Naceu en Lalín, en febreiro de 1908. Ata os seis anos vive coa súa familia. A súa aptitude para o debuxo chama a atención ós seus mestres e a súa imaxinación e fantasía. En 1936 estoura a guerra e Laxeiro incorpórase ao bando franquista; destínano á fronte asturiana, onde coincidirá co escritor Celso Emilio Ferreiro.
En 1951, pintor xa recoñecido, trasládase a Buenos Aires para presentar unha exposición colectiva. O éxito anímao a permanecer alí ata 1960. Alí expón con frecuencia e aparece como escritor de contos e relatos.
O ano 1968 sería decisivo para Laxeiro. De volta a España, a súa exposición na Galería Biosca, coas súas obras máis destacadas, obtén notable éxito.
Chegan exposicións, homenaxes e o recoñecemento da obra deste pintor universal, que pode recoller en vida. As súas obras colgan en importantes museos e acadan unha elevada cotización. Doa ao pobo de Lalín unha importante colección de cadros que exporán no Museo de Fillos Ilustres e recibe numerosas homenaxes populares. O seu nome figura nunha das rúas da vila lalinense. Tamén en Vigo, inaugúrase en 1985 a Casa de Laxeiro, un museo onde ademais dalgunhas das súas mellores obras.
No ano 1989, recibe a Medalla Castelao da Xunta de Galicia. O 21 de xullo de 1996, Laxeiro morre na súa casa de Vigo, sendo soterrado no Cemiterio de Lalín.
“ A Señora Perditil”, de Laxeiro Título da Obra: “A Señora Perditil (Retrato)”. Movemento Artístico: s urrealismo Comentario da obra: neste cadro vemos o retrato de medio corpo dunha muller, con sombreiro e unha boneca entre as mans. Esta ten o rostro desfigurado: na parte da esquerda, o corpo desta muller ten unha cor normal, con saúde e tenrura mentres que o lado dereito aparenta enfermo, maligno… Pola contra, o fondo semella bastante rupturista xa que son cores bastante vivas. As cores que emprega son os azuis, vermellos, ocres e negros. Pola vestimenta, semella unha persoa de clase social alta. Valoración Persoal: paréceme un cadro con bastante expresión mais con este retrato non queda á vista a boa man do pintor, que si atopo moi reflectida noutros cadros. Este está debuxado de forma pouco coidadosa, xa que amosa uns trazos que non son nada finos.
Máis cadros de Laxeiro Este cadro chámase “Carnavalada”
0 comments
Post a comment