Protocolo seminarios de experiencias profesionais ca

434 views
401 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
434
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
278
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Protocolo seminarios de experiencias profesionais ca

  1. 1. PROTOCOLO RELATIVO Á MATERIA “SEMINARIO DE EXPERIENCIAS PROFESIONAIS” DO GRAO EN COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO (Aprobado pola Xunta de Facultade o 6 de julio de 2012)PREÁMBULOO Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dasensinanzas universitarias oficiais establece no seu artigo 12 a posibilidade de introducirprácticas externas para enriquecer a formación dos estudantes das ensinanzas de graona medida en que lles proporcionará un coñecemento máis profundo sobre ascompetencias que necesitarán no futuro. Dita posibilidade debe axustarse asdirectrices da Agencia Nacional para la Evaluación y la Acreditación (ANECA) que indicaque as prácticas só poderán ofertarse con carácter obrigatorio naqueles casos nos quepoida garantirse as prazas de prácticas para a totalidade dos matriculados no título. Deste xeito, as indicacións da ANECA sobre a Memoria do Grao enComunicación Audiovisual propiciaron a creación de dúas materias optativas: unhaprimeira denominada “Proxecto de prácticas profesionais” nas que se poderíanmatricular aqueles estudantes que quixeran realizar prácticas en institucións públicas,empresas e entidades non lucrativas no segundo semestre de cuarto cursoatribuíndolle un máximo de 12 ECTS; e unha segunda denominada “Seminario deexperiencias profesionais” tamén do segundo semestre e tamén de 12 créditos ECTS. Oestudante poderá, polo tanto, elixir entre estas dúas materias que, de xeito distinto, lledan cobertura ás competencias profesionais do título. A Xunta de Facultade aprobou o 6 de julio de 2012 a normativa específica paraxestionar as prácticas profesionais conforme o establecido nos regulamentossuperiores polo que, ademais, é necesario establecer un protocolo para a xestión damateria optativa que os alumnos e alumnas pode seleccionar como alternativa ásprácticas profesionais. 1
  2. 2. 1.- Obxecto O presente protocolo ten como obxecto organizar o funcionamento da materia“Seminarios de experiencias profesionais” durante o segundo semestre do cuarto anodo título de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo. Esta materia foiconsiderada unha proposta fundamental na materia do Grao para garantir a “conexiónentre a formación académica e profesional, a parte de constituír un canle adecuadopara a permanente conexión coas distintas tendencias do mercado da comunicación,contando para iso coa asistencia de profesionais de recoñecido prestixio”.2.- Definición da materia 1. A materia “Seminarios de experiencias profesionais” contémplase no planode estudios do Grao en Comunicación Audiovisual como unha materia optativa de 12créditos ECTS 2. A mencionada materia será xestionada mediante a aprobación duncalendario de seminarios e obradoiros que se celebrarán durante todo o segundosemestre do cuarto ano do título ata completar un total de 12 créditos ECTS 3. O deseño do calendario deberá garantir a atención a totalidade decompetencias ás que da cobertura esta materia3.- Requisitos 1. Poderán matricularse na materia aqueles alumnos e alumnas que teñansuperado a lo menos o 50% dos créditos do título de Grao en ComunicaciónAudiovisual da Universidade de Vigo. 2. A materia ten carácter presencial polo que, como requisito mínimo, deberágarantirse a asistencia ó 80% dos seminarios e talleres programados.4.- Organización da materia 1. O programa de de seminarios e talleres será organizado durante o primeirosemestre do curso, sendo aprobado pola Xunta de Facultade (previa información ósdocentes do Grao) durante o mes de xaneiro. 2
  3. 3. 2. O calendario será deseñado polo coordinador/a do Seminario deExperiencias Profesionais en colaboración co Coordinador/a do Grao en ComunicaciónAudiovisual, un representante do Decanato do centro e un alumno/a 3. Para a organización do programa o coordinador/a do Seminario contará coapoio do persoal administrativo do Decanato do centro e de a lo menos un estudante. 4. O programa definitivo deberá incluír un listado de profesionais derecoñecido prestixio, o tipo de actividade que se vai realizar (conferencia, seminario ouobradoiro), a duración da actividade, data e horario e lugar de celebración. Cadaactividade ira acompañada dunha memoria na que se indique, ademais da informaciónindicada, un breve curriculum do convidado e unha relación das competencias ás quelle dea cobertura. 5. A celebración das actividades poderá ter horario de mañá ou de tarde,sempre atendendo á dispoñibilidade dos profesionais convidados. Debe realizarseunha programación que cubra o cento por cento de horas necesarias para darcobertura ós 12 créditos ECTS (100 horas presenciales de alumno/a) 6. A avaliación da materia realizarase atendendo a tres criterios: - Asistencia. A asistencia é obrigatoria para a cualificación de calquera dasactividades programadas. Naqueles casos nos que a actividade teña unha duraciónigual ou inferior a unha hora, a asistencia será o único criterio de valoración,outorgando 10 puntos ós asistentes a totalidade da actividade e 0 ós non asistentes. - Puntuación profesional. Naqueles casos nos que se programen seminariosou obradoiro de máis de unha hora de duración e requira a presentación de traballosou informes por parte dos alumnos/os, será o profesional responsable do mesmo oque outorgue a puntuación desa actividade - Puntuación académica. En casos excepcionais de actividades que teñan máisde unha hora de duración pero non requiran de presentación de traballos ou informespor parte do alumnado (conferencias), o coordinador da materia pode solicitar apresentación de informes sobre a actividade e puntuar en función dos mesmos A cualificación final da materia será resultante da media do total deseminarios ós que teña que asistir o alumno/a. Deste xeito a media deberá incluíraquelas actividades ás que o alumno non asistira pero que formen parte do total daprogramación da materia 3
  4. 4. Poden xustificarse as faltas de asistencia ata un 5% das horas totais porcuestións médicas e laborais entregando (no prazo dunha semana) o xustificantecorrespondente. Neste casos as horas xustificadas non serán tidas en conta para ocálculo da media final de cualificación6. Coordinador do Seminario de experiencias profesionais 1. O coordinador de Seminario de Experiencias profesionais será nomeado polaXunta de Facultade a proposta do Coordinación de Titulación entre os profesores doTítulo de Grao en Comunicación Audiovisual 2. Son funcións do coordinador do Seminario de Experiencias Profesionais: - Cubrir a Guia Docente da mesma - Propoñer ó profesional ou profesionais encargados de impartir os seminarios e obradoiros de traballo - Elaborar unha ficha cos obxectivos, contidos, calendario, número máximo de alumnos/as (nunca inferior a 8) e avaliación do Obradoiro, dándoa a coñecer ós alumnos e alumnas e profesores/as. - Levar ó cabo as labores de coordinación e protocolo para a estancia do invitado - Facer labores de titor dos alumnos/as que realicen o seminario - Coordinar os espazos e o material necesario para a posta en práctica do obradoiro - Planificar, no seu caso, actividades paralelas do invitado dirixidas a outros/as alumnos/as da Facultade, á comunidade educativa ou ó público en xeral - Avaliar ós alumnos/as participantes no seminario, tendo en conta o informe do profesional convidado, a asistencia e o traballo realizado por cada alumno inscrito - Recoller información, a través de enquisas, do grao de satisfación do alumnado - Redactar un informe, ó final da actividade, para darlle conta ó Coordinador da Titulación do desenvolvemento e conclusións da actividade e unha valoración da utilidade da mesma. 4
  5. 5. Disposición adicionalO Decanato do centro dará a correspondente publicidade as actividades do Seminariode tal xeito de que outros alumnos/as do centro que previamente o soliciten ócoordinador poidan participar. Neste casos deberá terse en conta a limitación deprazas e no caso de que non poidan atenderse á totalidade das solicitudes teránprioridade os alumnos por curso e expediente académico.Disposición finalEste Protocolo comezará a rexer ao día seguinte da súa aprobación pola Xunta daFacultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. *** 5
  6. 6. ANEXO I. CALENDARIO DE PROCEDEMENTOS DA MATERIA “SEMINARIO DE EXPERIENCIAS PROFESIONAIS”Período do curso Procedemento académico* Prazo de matrícula oficialXullo - setembro Nomeamento do coordinador de seminarios de experiencias profesionaisXaneiro - febreiro Publicación do calendario de actividades Celebración das actividades Febreiro- xuño Contacto co coordinador para resolución de incidencias Presentación de memorias finais. Cálculo da media de cualificación en función das valoracións establecidas (ver protocolo). Xuño Período de reclamación de cualificacións (cinco días hábiles) Revisión de cualificacións. Publicación das cualificacións definitivas. *Datas aproximadas que deben adaptarse ó calendario oficial da Universidade de Vigo 6

×