• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Protocolo practicas externas ca
 

Protocolo practicas externas ca

on

  • 228 views

 

Statistics

Views

Total Views
228
Views on SlideShare
228
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Protocolo practicas externas ca Protocolo practicas externas ca Document Transcript

    • REGULAMENTO DE PRÁCTICAS EN EMPRESAS DO GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL Aprobado pola Xunta de Facultade na xuntanza de XX de xxxxxx de XXXXPreámbuloO Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece aordenación das ensinanzas universitarias oficiais establece no seuartigo 12 a posibilidade de introducir prácticas externas paraenriquecer a formación dos estudiantes das ensinanzas de grao namedida en que lles proporcionará un coñecemento máis profundosobre as competencias que necesitarán no futuro. Con este obxectivo,o referido artigo dispón máis concretamente que “se se programanprácticas externas, estas terán unha extensión máxima de 60créditos e deberán ofrecerse preferentemente na segunda metade doplano de estudos”. As Directrices Propias da Universidade de Vigo sobre a estruturae organización académica dos plans de estudos de grao (aprobadasen Consello de Goberno de 5 de marzo de 2008) recolle entre osprincipios xerais de elaboración de grao o “impulso nas relacións coámbito socio-laboral que promova a realización de prácticaspreprofesionais que faciliten a inserción laboral dos egresados”. Conmaior precisión o punto 3 (“Estrutura Xeral dos Plans de Estudo deGrao”) recomenda o establecemento de prácticas externas e, de selocaso, a previsión de mecanismos de asignación de prácticas. O Plano de Estudos do Grao en Comunicación Audiovisualcontempla, con carácter optativo, a realización de prácticas enempresas audiovisuais, e de comunicación en xeral, no segundosemestre de cuarto curso e atribúe un máximo de 12 ECTS. Este 1
    • novo programa de prácticas será xestionado conforme o establecidono Sistema de Garantía Interno de Calidade – máis concretamentesegundo o recollido no procedemento de Xestión e Revisión dePrácticas Externas Integradas no Plano de Estudios (PC 10) doManual de Garantía Interna de Calidade. A correcta xestión das prácticas require, por tanto, dunhanormativa interna que se adapte ó estipulado nas directrices daUniversidade de Vigo. Non se debe perder de vista que o obxectivodestas prácticas é buscar fórmulas que garantan unha correctaadaptación dos egresados ó mercado laboral, permitindo que osestudantes desenvolvan adecuadamente as competenciasprofesionais que faciliten a empregabilidade. Para dar cumprimento ao anterior, apróbase este Regulamentoco seguinte contido.C AP Í T U L O I: N OR M A S XE R A I SArt. 1 Obxecto 1. Este Regulamento ten por obxecto cumprir coa esixencia fixada no plano de estudos do Grao en Comunicación Audiovisual que establece a realización de prácticas en empresas, con carácter optativo ata un máximo de 12 ECTS. 2. O ámbito de aplicación deste Regulamento limítase exclusivamente ás practicas dos alumnos/as do Grao en Comunicación Audiovisual.Art. 2: Definición 1. Aos efectos desta regulamentación, considéranse prácticas as actividades realizadas polos alumnos/as do Grao en Comunicación Audiovisual en empresas ou entidades que teñen 2
    • como obxectivo complementar a súa formación universitaria, desenvolver as competencias profesionais e favorecer a experimentación na contorna profesional. 2. A súa realización conforme o fixado neste Regulamento outorgará ao alumno o dereito ao recoñecemento dun máximo de 12 ECTS de carácter optativo. 3. Serán susceptibles de recoñecemento como prácticas: a. As realizadas ao abeiro da normativa da Universidade de Vigo e, especificamente, do presente Regulamento. b. As realizadas no estranxeiro baixo a cobertura de convenios vixentes ou programas internacionais concretos da Universidade de Vigo. c. As realizadas na propia Universidade de conformidade coa Normativa que regula a realización de prácticas na Universidade de Vigo, recoñecidas nos planos de estudos, por parte dos alumnos/as da propia Universidade. 4. A realización de prácticas non implica ningunha relación contractual coa entidade ou empresa, nin supón por parte desta ningún compromiso de incorporación do alumno/a en prácticas á plantilla. 5. En ningún caso, poderán levarse a cabo prácticas en institucións, empresas ou entidades coas que o alumno/a manteña algunha relación laboral.Art. 3: Suxeitos das prácticas 1. Poderán solicitar a realización de prácticas os alumnos/as que superaran, alomenos, o 50% dos créditos necesarios para obter o Título de Grao en Comunicación Audiovisual e que no intre da asignación non estean en disposición de obtelo. 3
    • 2. Os alumnos/as deberán estar matriculados na materia de “Prácticas profesionais” durante o curso académico no que pretendan realizar o período de prácticas, as cales deberán ser completadas ao longo do segundo semestre do curso académico. 3. Excepcionalmente, o Coordinador de Prácticas poderá autorizar a súa realización sen o anterior requisito. Dita excepcionalidade deberá ser aplicada dun xeito moi limitado e case en exclusiva para estudantes que durante ese ano estean participando en programas de mobilidade.CAPÍTULO II: ORGANIZACIÓNArt. 4: Coordinador/a de Prácticas do Grao de Dirección eXestión Pública 1. Será un profesor/a con docencia maioritaria na titulación nomeado pola Xunta de Facultade, a proposta do Coordinador/a da Titulación. 2. Correspóndenlle ao Coordinador/a de prácticas as seguintes funcións: - Xestionar activamente as prácticas externas en estreita coordinación cos servizos centrais da Universidade de Vigo; - Actuar como enlace coas entidades asinantes de convenios de prácticas e cos Coordinadores; - Difundir ofertas de prácticas entre os alumnado do Grao; - Asesorar e orientar aos alumnos/as nesta materia; - Elaborar a proposta de selección do alumnado.Art. 5: Titor externo 4
    • 1. A empresa ou entidade non lucrativa onde se realicen as prácticas deberá nomear a un titor ou responsable da acollida e seguimento do alumno/a durante a duración das prácticas. 2. Ao remate do período de prácticas deberá emitir un informe final no que valorará a actividade do alumno/a en prácticas.CAPÍTULO III: PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE ALUMNADO ENPRÁCTICAS.Art. 6: Convocatoria de prazas 1. A xestión das prácticas comezará coa difusión da convocatoria prazas entre o alumnado do Grao. Para esta difusión empregarase tanto a web da Facultade como o taboleiro específico de prácticas. 2. O listado de prazas ofertadas incluirá necesariamente unha breve descrición das actividades a realizar, lugar de realización, calendario e horario, horas totais, titor e bolsa, se fose o caso. 3. Os alumnados poderán propor o establecemento de convenios de prácticas con institucións públicas ou privadas. Para isto, remitirán unha solicitude na que figurarán os datos persoais, os datos da identificativos da entidade e do seu representante legal. O Coordinador de Prácticas decidirá sobre a idoneidade da sinatura do convenio. 4. Dentro do prazo habilitado ao efecto, os alumnos/as presentarán a correspondente solicitude na que manifestarán os seus destinos preferidos. 5. Todo o anterior queda condicionado á sinatura dun convenio de cooperación que regula as relacións entre as partes como documento imprescindible para a incorporación dos/as estudantes á empresa/institución. 5
    • Art. 7: Criterios de selección 1. A selección realizarase en función da nota media do expediente académico dos alumnos matriculados en máis do 50% dos créditos de cuarto curso do Grao en Comunicación Audiovisual 2. Cada alumno/a realizará unha solicitude das prazas ofertadas indicando a lo menos tres empresas da súa preferencia. O Coordinador de Prácticas realizará a adxudicación en función da nota media do expediente. 3. No proceso de selección e en casos excepcionais poderá tomar parte a entidade conveniada. No caso de que esta entidade solicite unha preselección o selección de alumnado, nomearase unha comisión paritaria Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación-empresa. Se fose necesario a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación facilitará as instalacións para a realización de entrevistas. 4. Realizada a selección, comunicaranse os datos do alumnos/as seleccionados (nome, apelidos, DNI, forma de contacto, función que desempeñará, período e xornada de estancia, axuda de desprazamento e locomoción) á entidade na que se realizarán o período de prácticas ó tempo que se fará público un listado de adxudicación na web e no taboleiro do centro. 5. As prácticas deberán rematar no intre no que o alumno/a perda a condición administrativa de alumno da Universidade de Vigo.Art. 8: Dereitos e obrigas do alumno/a seleccionado O alumno/a seleccionado/a contará cos dereitos recoñecidos dexeito xeral na normativa da Universidade de Vigo para todos osestudantes. Unha vez seleccionado o alumno/a asume as seguintes obrigas: 6
    • 1. Incorporación á institución pública, empresa ou entidade non lucrativa na data sinalada. 2. En materia de seguro escolar, os beneficiarios maiores de 28 anos que non entren dentro da cobertura do seguro escolar subscribirán un seguro de cobertura análoga. 3. Realizar con dilixencia e aproveitamento as actividades propias das prácticas de conformidade coas condicións especificadas. 4. Comunicar ao Coordinador de Prácticas calquera incidencia relativa ao desenvolvemento das actividades de prácticas ou ao cumprimento das súas obrigas. 5. Gardar sixilo respecto de informacións internas de calquera natureza referentes á institución pública, empresa ou entidade non lucrativa na que realice as prácticas. 6. Presentar a memoria final ao remate do período de prácticas.CAPÍTULO IV: AVALIACIÓN DO PERÍODO DE PRÁCTICASArt. 9: Memoria final 1. Rematado o período de prácticas, o alumno/a queda obrigado a remitir ao Coordinador de prácticas do Grao unha memoria final que responda, alomenos, ao seguinte esquema básico: a. Descrición das tarefas e traballos desenvolvidos; b. Análise das características e o perfil profesional do posto; c. Contribución ao aprendizaxe; d. Grao de satisfacción; e. Certificación da entidade na que conste o horario de prácticas e nivel de aproveitamento do alumno. 7
    • 2. O Coordinador de Prácticas poderá convocar aos alumnos/as para realizar unha exposición pública da memoria presentada.Art. 10: Criterios de avaliación e cualificación 1. A avaliación do período de prácticas realizado polo alumno/a resultará dos seguintes elementos: a. Informe do Coordinador de prácticas b. Informe titor externo. c. Memoria final presentada polo alumno/a referida no art. 11. 2. A cualificación final da materia responderá ao fixado no R. D. 1125/2003. Art. 11: Convalidacións1 - Os alumnos do Grao en Comunicación Audiovisual que cumpranos requisitos pra matricularse da materia de prácticas externaspoderán solicitar a convalidción da mesma nos seguintes casos: 1a – Cando teñan un Título de Ciclo Superior de FP con prácticas recoñecidas nas Táboas de Validación entre Ciclos de FP e Formación Universitaria que nise momento esten vixentes e publicadas pola Xunta de Galicia 1b - Cando aporten experiencia profesional acreditada, dacordo o Protocolo de recoñecemento de créditos por a experiencia profesional aprobado pola Xunta de Facultade 1c – Despois de ter realizadas outras prácticas externas o abeiro do Regulamento de Prácticas Académicas Externas do Alumnado da Universidade de Vigo, particularmente as Prácticas Externas Extracurriculares 8
    • 1d – Despois de ter realizadas prácticas o abeiro dos diferentes Convenios de Intercambio de Estudantes que, en cada caso, teña asinado a Universidade de Vigo 2 – A decisión sobre o Recoñecemento de Créditos por Prácticas Externas a que se refire iste Artigo, corresponderalle a Comisión de Docencia da Facultade, co Informe obrigatorio, pero non vinculante, do Coordinador de Prácticas Art. 12: Protección de datosEn todo o previsto neste Regulamento, será de aplicación o dispostona Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datosde Carácter Persoal (BOE de 14 de decembro de 1999).Disposición final Este Regulamento entrará en vigor ao día seguinte da súa aprobación pola Xunta de Facultade. *** 9
    • ANEXO I. CALENDARIO DE PROCEDEMENTOS DA MATERIA “PRÁCTICAS PROFESIONAIS”Período do curso Procedemento académico* Prazo de matrícula oficialXullo - setembro Nomeamento do coordinador de prácticas profesionais Publicación de listado de prazas ofertadas Decembro Solicitude de prazas por parte do alumnado Asignación de prazas Publicación de listado de prazas Xaneiro Período de reclamación das prazas (cinco días hábiles) Comunicación da asignación definitiva ás empresas e institucións Nomeamento dos titores profesionais. Período de prácticas en empresas Febreiro- xuño Contacto co coordinador de prácticas para resolución de incidencias Presentación de memorias finais. avaliación das prácticas. Xuño Período de reclamación de cualificacións (cinco días hábiles) revisión das cualificacións Publicación das cualificacións definitivas.*Datas aproximadas que deben adaptarse ó calendario oficial da Universidade de Vigo 10