Ferramentas tradicionais da agricultura galega

2,744 views
2,454 views

Published on

Traballo de Inés Barbeito para xeografía de 3º ESO

0 Comments
3 Likes
Statistics
Notes
• Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
2,744
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
46
Comments
0
Likes
3
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Ferramentas tradicionais da agricultura galega

1. 1. FERRAMENTAS TRADICIONAIS GALEGAS
2. 2.

ÍNDICE:

Portada (diapositiva 1) · Fouciño (diapositiva 15)

Índice (diapositiva 2) · Lagareta (diapositiva 16)

Gadaña (diapositiva 3) · Ferrado (diapositiva 17)

Serrón (diapositiva 4) · Grade (diapositiva 18)

Peneira (diapositiva 5) · Pa (diapositiva 19)

Cribo (diapositiva 6) · Martabela (diapositiva 20)

Arado de millo (diapositiva 7) · Mazo (diapositiva 21)

Arado de man (diapositiva 8) · Raño (diapositiva 22)

Romana (diapositiva 9) · Zadón (diapositiva 23)

Serra (diapositiva 10) · Azada (diapositiva 26)

Martelo (diapositiva 11) · Rañeta (diapositiva 27)

Pico (diapositiva 12) · Rañeta da terra (diapositiva 28)

Cesta de mercar (diapositiva 13)

Cesta da feira (diapositiva 14)

3. 3. A GADAÑA

Medidas: ten 1,20 metros de largo e 65 centímetros de ancho.

Material: posúe madeira no mango, aceiro no corte e ferro na folla..

Uso: emprégase usualmente para cortar a herba no momento da sega se esta herba está seca, se pola contra, está verde, emprégase todo o ano. Aínda que antigamente se empregaba moito , agora hai maquinaria que pode suplir a súa función, por iso o seu emprego diminuíu.

Presenza desta ferramenta en contos:

“ Contoume un home de Cambás, aldea que se atopa no concello de Aranga, que unha noite cando ía para a casa, viu polo camiño que vai ata a igrexa un enterro. El parouse para deixalo pasar e moi asustado recoñeceu ós seus veciños que ían acompañando ó morto. Pensou, isto non pode ser real, pois son as nove da noite e a estas horas non enterran a ninguén. Así que seguíu ata a casa pero non dixo nada. Ó día seguinte contouno na casa do meu avó e confesou que sentira moito medo, pois chegara a pensar que vira o seu propio enterro. Pois aquela semana aparecéuselle o dono da gadaña, é dicir , a morte, e non se volveu saber nada máis del.”

Como se ve, a gadaña é o símbolo da morte.

“ [...] Armada de guadaña, en esqueleto,

la Parca se le ofrece en aquel punto;

pero el Viejo, temiendo ser difunto,

lleno más de terror que de respeto,[...]”

Fragmento do poema “ El viejo y la muerte”, onde o vello lle fai un eloxio á vida.

4. 4. O SERRÓN

Medidas: posúe 70 centímetros de lonxitude e 12,5 centímetros de ancho.

Material: ten unha asa de madeira, unha folla de ferro e un corte de aceiro.

Uso: emprégase sobre todo para cortar os troncos de madeira das árbores e logo usalas para facer lume. Antigamente empregábase para traballos de carpintería.

Presenza desta ferramenta en refráns:

“ Labrador sen serrón e sen horta, frío e fame á porta.”

Aquí alúdese a que o serrón serve para cortar a madeira dos árbores, que logo servirá para facer lume na lareira da casa e estar quente.

5. 5. A PENEIRA

Medidas: ten 18 cm de raio.

Material: está feita de madeira no aro exterior e arame no círculo interior.

Uso: é o método tradicional para limpar a fariña. Antigamente era moi útil esa fariña para facer o pan no forno de pedra.

Presenza desta ferramenta en refráns:

“ Desta maneira, o que non ten fariña escusa peneira.”

Refírese a que se non hai fariña para limpar, non che fai falta esta ferramenta porque o seu emprego é, como xa dixen antes, limpala.

6. 6. O CRIBO

Medidas: 18 cm de raio.

Material: madeira no aro exterior e arame no círculo interior.

Uso: con el límpanse de pó e de partículas diminutas as fabas, as sementes dos nabos, trigo, aveas...

Presenza desta ferramenta nalgunha adiviña:

“ Redondo, redondo,

fila por fila,

o que saiba ler,

o meu nome escriba.”

O cribo.

7. 7. O ARADO DE MILLO

Medidas: ten 1,20 metros de lonxitude e 1 metro de altura.

Material: ferro en todo o seu corpo.

Uso: traballar a terra para movela e logo plantar millo.

Presenza desta ferramenta en refráns:

“ Se queres ter pan abondo, ara ben e dalle fondo.”

“ Cando a garza vai pró’ mar, colle os bois e ponte a arar”.

No primeiro refrán refírese a que nada se consegue non facendo nada, por iso hai que traballar, por exemplo, co arado.

No segundo fala da época na que normalmente se ara para plantar o millo.

8. 8. O ARADO DE MAN

Medidas: posúe 70 cm de altura e 2,60 m de lonxitude.

Material: madeira no primeiro caso de arado e ferro en todo o corpo dos outros dous exemplos.

Uso: facersucos na terra para plantar ou amontear as patacas. Por iso, é o que remove as capas máis fondas do chan. Rompe e voltea a terra para a súa mellor plantación. Ademais, o arado de discos, a parte de facer todo isto, tamén desfai a terra.

Presenza desta ferramenta en refráns:

“ Poda curto e ara fondo, terás viño e pan abondo.”

“ Ara por enxoito ou mollado e non lle bicarás ó teu veciño o rabo.”

Nos dous casos alude a que se traballas, obterás o que queres, neste exemplo comida e bebida. Ademais, non terás que ir pedindo á xente comida para que te manteña.

9. 9. A ROMANA

Medidas: posúe 45 cm de longo.

Material: ferro en todo o seu corpo.

Uso: tradicionalmente, logo de matar o porco, pesábase a súa carne. Aínda que o seu uso fundamental era ese, a xente tamén o empregaba para pesar outras cousas como os sacos...

Presenza desta ferramenta en refráns:

“ Non se sabe o que pesa a carne en canto non o dí a romana.”

Aquí falase claramente do emprego tradicional da romana, é dicir, que, como xa dixen antes, o seu uso era pesar a carne.

10. 10. A SERRA

Medidas: posúa 70 centímetros de longo e 21 centímetros de ancho.

Material: está feita de ferro no mango e aceiro no corte.

Uso: igual que o serrón, emprégase para cortar madeira ou leña. Diferéncianse en que o serrón é máis duro e resistente na folla.

Presenza desta ferramenta en refráns:

“ Madeira de serra e pan de cazola, nunca sobran.”

Este refrán refírese a que, como hai moito tempo facía bastante frío no inverno en Galicia, o único que se pretendía era estar ó recollido na casa á beira do lume, que se fai coa madeira que corta a serra, e, ó mesmo tempo ter de comer dabondo.

11. 11. O MARTELO

Medidas: ten 34 cm de longo e 15 cm de ancho na punta.

Material: está feito de madeira no mango e ferro na punta.

Uso: é unha das ferramentas que aínda se segue utilizando na actualidade na vida cotiá, pois serve para cravar puntas ou para sacalas, dependendo do lado do martelo que se empregue.

Presenza desta ferramenta en contos:

“ Contan que unha vez un señor estaba paseando polo monte, preto da súa casa, e atopouse cunha vella. Ela preguntoulle de que vivía, de auga ou de aire, e el contestoulle de aire, daquela a vella díxolle que tomara aire. O home quería volver á súa casa, pero oía aire e aire e non atopaba o camiño para voltar, aínda que tamén oía o ruído do martelo contra o ferro, que facía o seu pai que era ferreiro, pero aínda así non atopaba o camiño. Pasou así a noite intentando atopa-lo camiño, pero non o conseguíu. Ó día seguinte apareceu na casa cheo de mazaduras, e sen saber o que ocorrera, só acordándose daquel ruído que producía o martelo de seu pai contra o ferro.”

12. 12. O PICO

Medidas: 70 cm de longo e na punta, 55cm de ancho.

Material: ten madeira no mango e ferro na punta.

Uso: Antigamente empregábase para derrubar solos ou paredes de pedra. Agora emprégase sobre todo en oficios como a minería.

Presenza desta ferramenta en poemas:

“ Criado fuese entre damas

y avezado a la razón,

que me lleve una embajada

a mi esposa Leonor,

que me envíe una empanada,

no de truchas ni salmón,

sino de una lima sorda

y de un pico tajador;

la lima para los hierros

y el pico para el torreón.

Oídolo había el Rey:

Mandóle quitar prisión!”

Este fragmento de romance pertence ó “Romancero Viejo” da lingua española.Trata dun home que está en prisión e que se sente desesperado, pois non sabe cando é de día nin de noite, se non fose por un paxariño que lle vai cantar tódolos días. Un deses días pídelle a unha persoa que traicione ó seu amo, é dicir, ó rei que o ten en prisión, levándolle unha empanada con un pico e unha lima dentro e así poder escapar e poder ir ver á súa esposa Leonor. O rei oíu isto e liberóuno.

Aquí refírese a que o pico podería romper a pedra das paredes do cárcere e así poder escapar.

13. 13. A CESTA DE MERCAR

Medidas: ten 50 cm de de longo e 30 cm de ancho.

Material: está feito de mimbre, e un peche de aceiro.

Uso: Antigamente, levábanse os ovos aquí para mercar ou vender na feira.

Presenza desta ferramenta en lendas:

“ Unha muller ía á feira cunha cesta de ovos, e como era moi vella, a cada pouco tiña que parar, deixar a cesta e descansar. Unha vez, cando quería coller a cesta, non era capaz de levantala. De súpeto, diante dela apareceu un mozo como saído de ningures. O mozo tiña aspecto de ser vello, a pesar de que o seu rostro era novo, estaba moi pálido. Axudou á vella a subir a cesta e cando esta se deu a volta para darlle as gracias ó mozo, este xa desaparecera. A vella marchou para a feira cavilando na misteriosa desaparición do mozo, e cando chegou case morre co susto. Na cesta dos ovos achou unha man dunha cor pálida. A mesma palidez daquel mozo. Sería cousa de que a cesta estaba maldita?”

14. 14. A CESTA DA FEIRA

Medidas: posúe 55 cm de largo e 55 cm de ancho, pois é de forma cadrada.

Material: está feita de mimbre.

Uso: neste instrumento sóese, aínda agora, levar productos de alimentación (cebolas, queixos...) á feira para vender.

Presenza desta ferramenta en refráns:

“ Cebolas mestas, moitas na terra, poucas na cesta.”

Este refrán refírese a que se plantamos as cebolas “de maneira moi espesa” ou moi xuntas, haberá moitas na terra de cultivo, pero como teñen moi pouco sitio para desenrolarse, moitas delas acabarán morrendo, por iso hai poucas cebolas na cesta á hora de ir vendelas á feira. Por iso o que nos quere dicir é que non sexamos tan aproveitadores nin tan tacaños, porque logo obteremos menos beneficio.

15. 15. O FOUCIÑO

Medidas: o fouciño pequeño ten 43 cm de longo e o grande, 60 cm.

Material: está feito de aceiro no corte, ferro na folla e madeira no mango.

Uso: serve para cortar os fieitos e a maleza, ademais de para segar.

Presenza desta ferramenta en refráns:

“ Quen ao sementar é mesquino, prá’ seitura escusa fouciño.”

“ O que sementa sen semente, sega sen fouciño.”

O primeiro dos refráns cóntanos que o que non pon sementes dabondo para que os cultivos nazan, logo non lle fará falta a ferramenta que corta a maleza porque non lle fará falta sacala no momento da sega.

O segundo dos refráns refírese a que se non plantamos nada, non nos fará falta o fouciño logo para segar.

16. 16. A LAGARETA

Medidas: ten 30 cm de raio e 65 cm de alto.

Material: está feita de madeira en todo o corpo e ten unhas cintas de ferro ó redor para suxeitala.

Uso: emprégase para que, unha vez fermentado o viño na tinalla e soltan as uvas todo o seu zume, collese o bagazo (pelas das uvas) e esprémese todo o posible para sacar os restos de zume que queden.

Presenza desta ferramenta en refráns:

“ O que non bima, non vindima.”

“ Poda curto e ara fondo, terás viño e pan dabondo.”

O primeiro dos refráns cóntanos que se non podas as ramas da vide para logo sacarlle a uva, é imposible que poidas vendimar despois.

O segundo deles alude a que se traballas ben, obterás o que queres, neste caso comida e bebida.

17. 17. O FERRADO

Medidas: ten 55 cm de longo e 20 cm de ancho.

Material: madeira en todo o seu corpo.

Uso: é a ferramenta que nos permite coñecer unha medida estándar de superficie (o ferrado), pois esta ferramenta recolle unha cantidade de millo, centeo, aveas ou outros legumes fixa. Dependendo da productividade da terra, un ferrado de superficie medirá máis ou menos.

Presenza desta ferramenta en refráns:

“ O millo raxado enche a cesta e o ferrado.”

Este refrán alude claramente á utilidade do ferrado, meterlle legumes, grans ou froitos secos dentro ata enchelo para saber a medida da superficie de terreo na que se sementou esa cantidade de legumes, millo... que enche o ferrado (ferramenta) , por iso o ferrado de superficie varía dunhas zonas a outras de Galicia, dependendo da productividade do terreo no que se sementou.

18. 18. A GRADE

Medidas: ten 1,5 metros de longo e 60 centímetros de ancho.

Material: madeira en todo o corpo.

Uso: remover a terra para a súa posterior plantación. A corda á que vai enganchada a grade ía no pescozo dos bois, e unha persoa ía encima da grade mentres os bois se movían e esta “alisaba” a terra. Emprégase para achairar a terra e desfacer os cadullos, hoxe este labor faise con grades metálicas ou con rotocultivadores.

Presenza desta ferramenta en lendas:

“ Fai tempo había un rapaz que ía tódolos días remover a terra coa grade. No prado ó que ía había unha cobra á que o rapaz sempre lle falaba dos seus problemas e desafogábase con ela. Ó final a cobra esperaba sempre polo rapaz, e incluso algún día esta envolvíase na grade facendo sinais de querer traballar ela tamén. Un día o rapaz foi facer o Servizo Militar e non foi falar máis coa cobra dos seus problemas. Cando volveu seguíu a falarlle, pero cando a cobra o víu, empezou a subirlle polo corpo do rapaz confiado, e terminou por esganalo. O rapaz caeu no chan e soltou a grade, á que se subíu a cobra. Non se sabe se a cobra o esganou pola ledicia, ou se foi por xenreira, pois era a primeira vez que tiña un amigo e aínda por riba, a primeira vez que se víu valorada no seu traballo removendo a terra coa grade, por iso agora estes animais aparecen nas terras de cultivo, intentando non volver cometer o mesmo erro que cometeu a súa antecesora e, por iso tamén, o ser humano lle ten tanto medo a esa especie animal.”

19. 19. A PA

Medidas: ten 20 m de lonxitude e 30 cm de ancho na pa ou parte ovalada.

Material: está feita de madeira no mango e ferro na pa.

Uso: recoller terra, semente, area, semente... dun lugar para outro.

Presenza desta ferramenta en lendas e refráns:

“ Collantres é un pobo do concello de Coirós, preto de Betanzos, á beira da estrada N. VI.

Sabedes por que Collantres se chama Collantres?

Ían un pai, unha nai e o seu fillo famentos por un camiño no concello de Coirós, atopáronse cun labrego traballando na súa horta coa súa pa na que tiña unha laranxeira chea de laranxas maduras. O pai preguntoulle se podía coller unha laranxa para o seu fillo, e o labrego díxolles:

-Non collan unha, collan tres (unha para cada un). Esa laranxeira é máxica, plantouna o meu tataravó coas súas mans e coa súa pa, que me foi pasada por herdanza. Esta debe ter unha bendición, pois dende iso bota laranxas tódolos anos e en tódalas tempadas, xa xíe, rocíe ou non haxa auga, sempre hai froita.

E de aí ven o nome de Collantres, que, indirectamente, procede dunha misteriosa pa que facía milagres.”

“ Caves ben, caves mal, cava ben no carreiral.”

Este refrán refírese a que aínda que non saibas cavar moi ben, que poñas todo o teu esforzo en facelo.

20. 20. A MARTABELA

Medidas: ten 65 cm de lonxitude e 20 cm de ancho.

Material: latón nas aspas.

Uso: espantar os paxaros co seu peculiar son que produce en cada xiro.

Presenza desta ferramenta en refráns:

“ Falar como unha martabela.”

Este refrán emprégase cando unha persoa é moi faladora e díselle iso.

21. 21. O MAZO

Medidas: posúe 90 cm de lonxitude e 10 cm de ancho na punta (na parte de ferro).

Material: está feito de madeira no mango e de ferro na punta.

Uso: escachar a pedra dándolle golpes con el.

Presenza desta ferramenta en refráns:

“ A Deus rogando e có mazo dando.”

“ Quien da todo lo suyo antes de su muerte merece que le den con un mazo en la frente.”

O primeiro dos refráns (é un refrán cristián) danos a entender que por un lado presumes de ser moi bo, pero polo detrás fas cousas malas.

O segundo deles é un refrán sacada do “Romancero Viejo” da lingua española. É o encabezamento dunha historia que trata dun señor que casa ás súas fillas e dálle todo o que ten ós seus xenros. Mentres que aínda tiña cousas para darlles, coidábano e portábanse moi ben con el, pero así que se lle acabou a fortuna non o atendían nin o coidaban. Así que o señor fixolles unhas cantas trampas aos seus xenros e así eles creron que aínda tiña cartos, así que o coidaron ata que morreu. Cando morreu ese señor foron ó cofre onde este lles dixera que estaban os cartos e o que atoparon foi unha nota que tiña escritos eses versos.

22. 22. O RAÑO

Medidas: posúe 110 cm de lonxitude e 15 cm de ancho na parte metálica.

Material: madeira no mango, ferro na folla e aceiro na punta.

Uso: remover a terra e facer os sucos para plantar as patacas.

Presenza desta ferramenta en refráns:

“ Quen sexa labrego honrado e teña un raño, ten que vivir do seu traballo.”

Este refrán quere dicir que o que non sexa avaro nin tacaño, é dicir, que sexa honrado, con un pouco de esforzo e con unha soa ferramenta (ou con poucas), vivirá do que produza na súa horta honradamente e gañará máis que o que ten moitas ferramentas e maquinaria pero, pola contra, é avaro e truán.

23. 23. O ZADÓN

Medidas: ten de lonxitude 1,20 m e de ancho na parte metálica, 23 cm.

Material: ten madeira no mango e ferro na parte metálica.

Uso: emprégase para cavar.

Presenza desta ferramenta en contos:

“ [...] Los indios lanzaron un espantoso grito, arrojaron hachas, picos y azadones y echaron a correr aterrorizados.

Existía entre ellos la tradición de que no quedaría piedra en sus hogares si con mano sacrílega tocaba algún mortal el cadáver del cacique.

Los ruegos, las amenazas y las dádivas fueron durante muchos días impotentes para vencer la resistencia de los indios [..].”

Este é un fragmento da obra “Tradiciones peruana” en lingua castelá.

24. 24. A AZADA

Medidas: ten 1,40 m de longo e 26 cm de ancho na parte metálica.

Material: está feita de madeira no mango e ferro na parte metálica menos na punta desta, que ten aceiro.

Uso: facer pequenos regos para logo plantar legumes.

Presenza desta ferramenta en refráns:

“ Coa azada súa o labrego mentres outros non queren vir ó rego.”

Este refrán quere dicir que un só labrego traballador pode facer de maneira honrada todo o que non fan os demais.

25. 25. A RAÑETA

Medidas: posúe 120 cm de lonxitude e 25 cm de ancho na parte metálica.

Material: está feita de madeira no mango e ferro en toda a parte metálica menos na punta desta, que ten aceiro.

Uso: arrancar o esterco das cortes e estendelo polas leiras.

Presenza desta ferramenta en refráns:

“ Horta sen rañeta e sen abono, é como se lle comesen os ratos todo.”

Este refrán quere dicir que unha horta sen abonar, non lle nace o que se plantou.

26. 26. A RAÑETA DA TERRA

Medidas: ten 1,20 m de lonxitude e 25 cm de ancho.

Material: está feita de madeira no mango e ferro en toda a parte metálica menos na punta, que é de aceiro.

Uso: serve para mover a terra.

Presenza desta ferramenta en refráns:

“ Á terra movida con rañeta, non lle fai falta outra ferramenta.”

Este refrán alude claramente ó emprego desta ferramenta, pois fala de que para mover a terra, chega só con ter unha rañeta.

27. 27.

BIBLIOGRAFÍA:

A memoria dos meus avós.

“ Refraneiro galego”

“ Romancero viejo”

Enciclopedia “Encarta, 2003”.

28. 28. Inés Barbeito Cal 3ºA. Nº5.