A Pervivencia de símbolos franquistas en Betanzos

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    1 Favorite

    A Pervivencia de símbolos franquistas en Betanzos - Presentation Transcript

    1. A pervivencia de símbolos franquistas en Betanzos
    2. ¿Que é a Lei de Memoria Histórica?
      • O proxecto de Lei pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas a favor de quen padeceu persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a Dictadura, máis coñecido como Lei de Memoria Histórica, é unha proposta de lei en España, aprobada polo Consello de Ministros en xullo de 2006, en virtude dun compromiso do Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, pero aínda pendente de aprobación no Congreso dos Deputados.
    3. Estas son algunhas das medidas que inclúe a lei:
      • Recoñecemento e declaración do carácter inxusto das condenas, sancións e calquera forma de violencia persoal producidas, por razóns políticas ou ideológicas, durante a Guerra Civil, calquera que fora o bando ou a zona na que se encontraran quen as padeceu, así como as sufridas polas mesmas causas durante a Dictadura.
      • Por primeira vez, condena expresa do franquismo. Para isto, asúmese un acordo que adoptou o Congreso en 2002 e outro europeo de 2006.
      • Mellora das prestacións recoñecidas en 1979 ós familiares dos falecidos durante a Guerra Civil e amplíase o colectivo de persoas con dereito a ser indemnizado por sufrir represión no franquismo.
      • Autorización da “ocupación temporal de terreos” para que as Administracións públicas se impliquen na localización e identificación das persoas enterradas en fosas comúns.
      • Derogación do Bando da Guerra Civil de 28 de xullo de 1936 e outras leis da Dictadura usadas para dictar condenas.
      • Declaración da ilexitimidade dos tribunais da Guerra Civil que se crearoon para impór condenas por motivos políticos, ideolóxicos ou relixiosos. Recoñécese o carácter inxusto destas condenas.
      • Retirada de símbolos
      • Os concellos, institucións e particulares terán a obriga de retirar os símbolos franquistas. Así, trátase de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Dictadura.
      • Considérase que están exentos da retirada os obxectos que sexan de estricto recordo privado sen exaltación dos enfrentados, ou por razóns artísticas ou arquitectónicas.
      • No caso de o non cumprimento da lei, prevense sancións como a retirada de subvencións e axudas públicas, tanto para as administracións como para os propietarios privados.
      • Na vila de Betanzos, como en outros moitos lugares, aínda se conservan algúns símbolos que recordan a época franquista, e que serán retirados como consecuencia da aprobación desta nova lei.
      • Destaca a placa na fachada do edificio situado na confluencia das rúa do Rollo e a rúa Emilio Romay, que indica que eses edificios foron construidos polo sindicato do réxime.
      • Inclúe o emblema do xugo e as frechas, que non ten a súa orixe no franquismo, posto que xa fora empregado polos Reis Católicos, collendo cada un a inicial do outro (Y de Isabel e F de Fernando).
      • Tódalas casas deste grupo teñen ó lado do seu correspondente número outro emblema de reminiscencias franquistas.
      • Esta placa do Instituto Nacional de Vivenda pode atoparse no inmoble de vivendas protexidas da rúa José Alguero Penedo, no barrio de Bellavista.
      • Outra placa idéntica na rúa San Francisco, no casco antigo de Betanzos, co correspondente emblema do xugo e as frechas.
      • No cemiterio dos Remedios atópase esta cruz en homenaxe ós caídos polo bando franquista. O seu anterior emprazamento era a praza colindante á igrexa de Santiago.
      • Tamén foi eliminada unha placa colocada na parte inferior da cruz, posiblemente coa inscripción “caídos por Dios y por España”.
      • Así, a Praza da Constitución foi denominada durante o réxime “Plaza del Generalísimo”.
      Anteriormente tamén había nomes de rúas que estaban asociados ó franquismo .
      • A Rúa Travesa chamábase oficiamente “Calle de José Antonio”, e, en consecuencia, o líder falanxista tamén nomeaba ás numerosas travesías que ten esta rúa.
      • Non obstante, no referente ó rueiro, aínda conserva o nome asignado polos dirixentes franquistas o grupo Martín Ballesteros, quen fora un gobernador civil de Logroño e Vitoria na década de 1940.
    4. Opinión persoal A Lei de Memoria Histórica é unha lei que era necesaria, xa que as medidas que se tomaron durante a transición acerca da dictadura non foron suficientemente contundentes co réxime franquista, pero esa postura moderada era a única vía posible para alcanzar un acordo dunha democracia que satisfacera, en maior ou menor medida, a tódolos pensamentos políticos e ideoloxías. Agora, para conseguir unha democracia plena, hai que dar un paso máis na condena ó franquismo, e esta lei é un bo instrumento para logralo. Moita xente defende que desta forma se reabren vellas feridas, pero é que as feridas aínda están abertas, e deben ser cicatrizadas definitivamente.
      • No referente ós símbolos, é un acerto eliminar todos aqueles emblemas, placas, insignias… que serven para honrar ós que defenderon e participaron na dictadura franquista. Nunha democracia non se poden conservar elementos que dignifiquen a memoria de golpistas que, durante a guerra e o seu mandato, cometeron infinidade de atentados contra os dereitos humanos, como os fusilamentos e torturas que realizaron a quen non tiña os seus mesmos ideais.
      • O bando republicano, durante a Guerra Civil, tamén cometeu asasinatos, non foi só víctima, pero eles xa pagaron sobradamente por iso, xa fora coa súa propia vida, o cárcere ou o exilio. Ademais, durante 40 anos foron demonizados pola dictadura, na súa propia visión maniquea da sociedade española, e xa é hora de que se rinda homenaxe a toda esta xente que, ata o momento, caera no esquecemento dos diferentes gobernos e administracións.
      • Coa retirada dos símbolos non se borra unha parte da nosa historia, porque co ensalzamento das figuras franquistas que se realiza neles só se logra coñecer parte da mesma, e é unha verdade manipulada. Este é o momento de intentar, na medida do posible, restablecer unha xustiza negada en corenta anos de represión.
      • Raquel Vázquez Díaz
      • 2ºD Nº19

    + contemporanea07contemporanea07, 2 years ago

    custom

    681 views, 1 favs, 2 embeds more stats

    Traballo de Raquel Vázquez para 2º BAC do IES Fra more

    More Info

    © All Rights Reserved

    Go to text version
    • Total Views 681
      • 629 on SlideShare
      • 52 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 1
    • Downloads 8
    Most viewed embeds
    • 34 views on http://garelia.blogspot.com
    • 18 views on http://xiztoriadores.blogspot.com

    more

    All embeds
    • 34 views on http://garelia.blogspot.com
    • 18 views on http://xiztoriadores.blogspot.com

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as innappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel