Your SlideShare is downloading. ×
Eusonhenrique
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Eusonhenrique

803
views

Published on


0 Comments
2 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total Views
803
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
5
Comments
0
Likes
2
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. índice un rapaz da aldea 3 un campesino campión 4 a terra é nosa 5 ¡canto cambiou isto! 6 temos unha explotación 7 o sector leiteiro galego 8 ¿pero que é iso da globalización? 9 xúntase a fame ... 10 a vaquiña polo que vale 11 ¡coa saúde non se xoga! 12 a saúde do Planeta 13 a agricultura galega 14 un lugar para vivir 15 ¿que é ser moderno? 16 temos futuro no campo 17 prensa agraria 18 índice
  • 2. un rapaz da aldea Ola, eu son Henrique, un neno de 14 anos que estudo 2º de ESO no IES As Pontes, aínda que eu vivo en Xermade, un concello da provincia de Lugo, máis concretamente en Cabreiros. Os meus pais dedícanse á gandeiría, teñen unha granxa de vacas de leite, con arredor de 40 vacas; a miña irmá Xandra e mais eu botámoslles unha man no traballo cando volvemos da escola. É mágoa que a miña escola quede tan lonxe da casa, moitos dos meus amigos e amigas son das Pontes e non os vexo (fóra da escola) até a fin de sem - ana que soio baixar a dar unha volta os sábados. Ás veces tamén veñen eles por aquí e meu pai lévanos no coche a Lugo ou imos á Coruña ver o Dépor. A primeira vez que fun á Coruña quedei abraiado vendo que a penas a 1 km. do campo de futbol hai unha chea de leiras nas que se plantan patacas, grelos, tomates... Os ollos case me saen do cacho ao ver unhas cantas vacas pacendo tranquilamente a 100 metros dunha vía ateigada de coches. A paisaxe péchaa ¡unha grande superficie comercial! De volta á casa decateime que pouco me separaba daqueles cativos e cativas coruñeses cos que nos xuntaban na mesma bancada de Riazor. actividades ““ 1. Xogo de presentación: Se eu fose Cada un de vós terá que cubrir unha ficha que conterá os seguintes elementos: Se eu fose: Un lugar (aldea, parroquia, vila, cidade): Un alimento: Un animal: 3 Un oficio: Unha árbore: Xuntades as fichas e vanse lendo en alto e deberedes tentar de adiviñar por algún dos dados quen é o autor.
  • 3. un campesino campión ¡Que hai de novo, amigos! Hoxe tivemos clase de lingua (¡o galego é a miña materia preferida!). A profesora contounos historias de palabras. ¡Eu quedei coa boca aberta despois de escoitala! Resulta que a palabra campo vén do latín e neste idioma significaba "chaira". Até aí dirédesvos, ¿e que ten de extraordinario? ¡Agardade! Con ela están relacionadas campesino, escampar e champiñón. O campo non era só o que se cultivaba, era tamén o campo de batalla, e de aí xorde a palabra CAMPIÓN (CHAMPION). ¿Qué son, pois, meus pais, campesinos ou campións? ¿Será o Dépor campión da Champions por xogar nun campo? ¡Iso non foi todo! A profe, Paula, contounos que os primeiros que se consideraron ricos en Europa eran os que tiñan gando, que en indoeuropeo se dicía peku; de aí que teñamos hoxe palabras en galego como pecunia (riqueza) ou pecuaria (arte de criar o gando). ¡Cando lle diga a meus pais que os campesinos son campións e os gandeiros ricos, non sei se mo van crer! actividades 1. Imos facer un traballiño escrito, reflexionando sobre o traballo no campo. Para facelo, algúns partiredes do que coñecedes, porque é onde vivides e no que traballan as vosas “ “ familias; outros supoño que tedes unha pequena idea do que significa ese tipo de vida. Cada un faráo atendendo ás súas circunstancias. Trátase dunha redacción que ten o seguinte título: ¿Que pasaría se eu de maior traballase e vivise no campo? (como pensas que vivirías, que terías que facer, como reaccionarían os teus familiares e amigos, etc.) 2. Buscade nos dicionarios todas as palabras da familia léxica de campo, champiñón, pecunio. Copiade os seus significados. 4
  • 4. a terra é nosa ¡Merda! Cheguei tarde á sala e estaba miña nai vendo a tele. ¡Mamá, non che impor- taría deixarme ver a serie esta de UPA Dance? Para a miña desgracia dixo que si, que si que lle importaría e que se eu non tiña nada que facer para o colexio. Ante tal alterna- tiva pareceume moi interesante o programa que estaba a ver miña nai. Era un documen- tal destes da 2 de National Geographic. Trataba das protestas dos Sen Terra de Brasil, que son labregos que reivindican o dereito a ter unha propiedade que traballar. ¿Ves, neno? -dixo miña nai- mira que sorte temos aquí que a nosa terra é nosa. Eu, todo fachendoso, retruqueille que iso era dende había pouco, porque a profe de historia explicáranos que antes en Galiza había unha cousa que se chamaban foros e que os campesinos tiñan que pagar por cultivar as terras. Iso non pode ser así -dixo miña nai- eu non acordo tal cousa. ¡Como se ela vivise desde sempre! actividades 1. ¿Qué representan as catro figuras que com- poñen a estampa: o home coa machada ao lombo, a nena e o neno que el protexe e o meniño do primeiro plano? 2. Explica o significado do adxectivo posesivo "nosa" as dúas veces que aparece. Caricatura de Castelao , "A nosa 3. Terra non é nosa, rapaces" ““ Le atentamente o seguinte texto: O movimento agrário ou agrarismo galego foi a maior mobilización social da Galiza contemporánea, sen rival e só equiparábel ao movimento Irmandiño (Século XV). No aspecto organizativo comezou coa criazón de "Mútuas gandeiras", 1886, de sociedades de agricultores, 1896 e das sociedades agrárias, 1899, que a partir de 1906, se transformaron en grande parte en sindicatos agrários. As "agrárias" formaron variadas federacións desde 1907 até 1936. Os seus obxectivos eran a loita pola desaparición do "foro", a distribución xusta dos "consumos" e a defensa do labrego ou mellora da produción e con- tra os males endémicos do caciquismo político. O foro centrou estas loitas: primeiro para lograr formas de "redimir" esta renda centenária; máis tarde para "abolila". Francisco Carballo, O movimento agrário galego 4. Procura no dicionario as palabras do texto que descoñezas. 5. Imos á biblioteca buscar información sobre os seguintes personaxes e institucións de re-levancia no agrarismo galego: Mutuas gandeiras; Basilio Álvarez; Lugris 5 Freire; Acción Gallega; Comisións Labregas.
  • 5. ¡canto cambiou isto! Hoxe tiven bronca co meu pai na casa, supoño que vós tamén tedes as vosas desputas cos vosos pais. O sábado quería ir xogar a partida de futbol matinal cos meus compañeiros, pero resulta que teño traballo, pois meu pai ten que ir a unha feira de gando e eu debo atender as súas tarefas co gando. Protestei tanto, que me dixo a típica frase dos pais, "vós que protestades, se non sabedes o que é traballar, se chego ter eu a oportunidade que tes ti de estudar!". Eu repliqueille coa típica dos adolescentes: "Eu non pedín por nacer e, se me fixeches, é a túa obri- ga darme de comer e pagarme unha educación. Ademais non se pode explotar aos menores". ¡Explotar?, dixo el, e tiven sorte que lle era tarde porque coido que estaba a piques de estoupar e eu non ía saír nada ben parado. actividades 1. “ Le atentamente o seguinte texto: Da feira meus pais traíanme uns iogures bonitos. Cando aínda empezaba a haber iogures no mercado de Curtis. “ Eran da marca Clesa e do sabor fresa. E eran grandes, preciosos. A min gustábanme moito e facíanme ilusión. Eran unha cousa nova no meu mundo pequeno de nena. No meu mundo monótono de aldea. Traíanme pouquiños, non era como agora, pero chegábanme ben. Aqueles iogures eran un bonito agasallo de meus pais, que eu agradecía moito. Gustábame descubrir cousas. Cando nos facemos maiores imos perdendo esa gran curiosidade pola vida e polas cousas descoñecidas que temos de pequenos. Unha curiosidade intacta, forte, viva, grande. Tamén lembro que máis tarde apare- ceron no mundo da aldea os Petit Suisse. Traíaos miña irmá maior, Maritina. Viña no seu coche e traía as novidades. Lupe Gómez, Fisteus era un mundo 2. A partir deste texto ides facer un inquérito nas vosas familias para descubrirdes cales foron as novidades que máis cambiaron as súas vidas ou que lles fixeron máis ilusión: Máquinas: tractor, lavadora, televisión... Alimentos: iogur, refrescos Roupa: ... Casa: ordenador... Xoguetes: 3. Facede un mural cos apeiros que se utilizaron tradicionalmente na agricultura gale- ga e coas máquinas que os substituíron. 6
  • 6. temos unha explotación Esta fin de semana vén á miña casa, Xaquín, un compañeiro da clase. O seu pai tra - balla en Endesa, na mina, e a súa nai é policía municipal. A pesar de vivir tan próximo ao campo, Xaquín descubriu unha chea de cousas falando comigo. El non sabía que as vacas que se destinan á produción de carne non se moxen, ou que hai vacas que se orientan a producir leite. Claro que quedou aínda máis sorprendido cando soubo que tiñamos un límite de litros de leite na granxa e que se nos pasábamos nos multaban. ¡Pero se hai xente no mundo que non ten que comer!, dixo. Eu expliqueille que iso era o que chama - ban a cota láctea. Un día rin tanto del pola súa ignorancia que lle dixen que sabía máis cousas de Marte que do que era a agricultura. ¡Pois convídame á túa casa e ensíname!, retoume. E nesas estamos, agardando a que apareza o coche da súa nai. actividades 1. Realizade un pequeno traballo de Agro Act investigación en grupos. Ímosvos dar bliblilaifklalfdk alñdamskl ñdmbliblilaifkl ual alfdkalñda msklñdmblibli Diario laifklalfdkalñda unha información xeral sobre o sector gan - msklñdmblibli nº1 de Galiza deiro en Galiza. A partir deste informe bliblilaifkla lfdkalñdam cada grupo centrarase nun dos subsec- A activid sklñdmblib lilaifklalfdk alñdamskl ñdmbliblilaifkla lfdkalñdam ade sklñdmblib lilaifklalfdk agraria ga gandeira achega un alñdamskl ñdm tores gandeiros e fará un traballo sobre as lega e con súas características. conómica stitúe a pri 56% da producción do medio ncipal acti final das superf ag rogandeir vid ade socio icies está o, posto qu e- n dedicad e máis do Nº de ex as a forrax 67% Nº de va plotación s leiteira es. c % de exp as de leite s Nº de explotacións con m 29.430 Nº de va lotacións de v áis de 20 vacas le 461.451 Nº de va cas de carne acas de carne iteiras Nº de va cas por explota 23% 40.597 Producc cas sometidas a ión en control le c 241.479 ción med c ia por va ontrol leiteiro iteiro 34,04 ca en co ntrol leite iro (Kg) 158.198 7.426 2. A partir destes debuxos de Xosé Lois e do voso traballo definide o que é a cota láctea e que incidencia tivo a súa aplicación no campo galego. 7
  • 7. o sector leiteiro galego AgrocActua Estes días o meu pai está un pouco máis l enfadado do normal, Diario nº1 de eu non sabía moi ben Galiza por que até que collín o xornal que tiña O futuro de máis da met enriba da mesa cunha ade das explotac Unhas 12.00 ións depend e noticia remarcada: da súa adap 0 granxas tación a novo s productos industriais. lácteas en G A verdade é que a despois de ler esta desaparece licia poderían noticia tampouco teño eu moitas ganas A producció r n de leite te un peso m n Comunid de bromas, ¿teremos cultura ga oi alto na agri- Seg ade. undo o Lib que marchar do económicos, lega en te rmos da ro Branco Agricultura campo e cambiar o toriais. Trá sociais e terri- Desen e o tase dun se v noso modo de vida? que achega ctor Min olvemento Rural do isterio de A máis do 30 gricultura, ción fóra de Galicia Tampouco compren- cento á pro po ducción agra r Pesca e Alim Un dato pre . final galeg ria (MA entación o do perfectamente a. Pese a esta preto PA), estím ase que se agudiza cupante que importanci se temos todo o que di a non escapa a estratéx ica, leite p do 30 por cento do conta que as explo en roducido en tacións noticia, cando derivados d ós problem as enviado Galicia é de leite con stitúen a m volva meu pai e refrixerad aior formación a escasa tr ans - a súa o para parte das moderniza que se fai transforma o se g m en das, e pedireille que ma na - to d e m a io r dimensión" aclare. actividades 1. Exercicio de comprensión: Resume coas túas palabras o que quere dicir a noticia. 2. Explica as seguintes expresións: "adaptación a novos productos industriais" "importancia estratéxica" "enviado e refrixerado (o leite) para a súa transformación fóra de Galicia" 3. Averigua que produtos se poden obter coa transformación do leite. Busca cales son as marcas que fabrican estes produtos e mira no seu 8 etiquetado cales se fan en Galiza. ¿Sabes que son as marcas brancas?
  • 8. Pero que é isto da globalización Normalmente non me soio meter nas conversacións dos maiores. Hoxe é domingo e viñeron comer á nosa casa o tío Suso, irmán do meu pai e a súa compañeira María. Suso tamén é gandeiro e estaba que botaba lume pola boca porque un grupo americano quería comprar outra empresa leiteira galega. "Así non imos a ningures" repetía. Meu pai dicíalle que sempre é mellor iso que non ter a quen lle vender o leite. Fíxate en Zara, dicía, fab- rica a roupa en China, Marrocos ou Taiwán, onde lle sae máis barato, éche isto da glob- alización, afirmaba meu pai. Si, si e cando non queden máis que dúas ou tres multina- cionais - dicía Suso -, verás a canto nos pagan o litro de leite. Mentres eles seguían a discutir, eu levantei da mesa e collín a miña camiseta de deportes preferida (made in China) para xogar á consola (made in Taiwan) na habitación. actividades 1. “ “ Le atentamente o seguinte texto: Hai poucos anos no Bierzo os fruticultores déronse conta de que no Continente de Ponferrada non vendían unha soa froita do Bierzo, que case todo era francés, así que foron alí e dixéronlle ao xerente que tirirí, que ou vendía mazás, peras e outros productos hortofrutícolas locais ou o boicoteaban. Continente, claro, achantou. Os labregos bercianos demostraron que tiñan forza, pero o Continente consolidouse como o máis poderoso da comarca, pois quizais só se reivindique diante do poderoso. Lonxe do Bierzo, en Francia, outros agricultores decidiron berrar ben forte e dicir que todos os pobos teñen dere- ito a se alimentar a si mesmos, viron que a uniformidade os negaba e decidiron defender a súa identidade. Por iso asaltaron un MacDonalds. Eles veno vir. Revista Animal +, nº 8, inverno 2000 2. Define coa axuda dun dicionario ou enciclopedia as seguintes palabras dos textos anteriores: Globalización; Multinacional; Boicotear; Reivindicar; Uniformidade; 3. Inventade eslogans que animen aos consumidores a comprar produtos propios de Galiza. 4. Analisade a seguinte gráfica da pro- dución leiteira en Galiza no ano 2003: 5. 9 Busca en Internet que marcas se corresponden con cada grupo e identifica a súa nacionalidade (galega, francesa, española, holandesa, suiza, norteamericana, danesa,...)
  • 9. xúntase a fame ... O mércores na aula mareouse María, a rapaza que senta diante miña. Parece ser que non almorzara nada. Está fraca como unha palliña, mais seica quere adelgazar. Cando vexo cousas así, sempre penso no mal repartido que está o mundo: nos países ricos viven un montón de gordos querendo adelgazar. Claro, temos desde nenos tantas larpeiradas para comer e ademais todo iso que chaman comida rápida (hamburguesas, pizzas...). Porén, nos países do 3º mundo a xente pasa fames terribles, e nos anuncios da tele saen todos eses nenos coas barrigas hinchadas pola fame. Por iso digo que neste Planeta xún- tase a fame coas ganas de comer. actividades 1. Analisa este mapa do mundo e busca aqueles países que tiveron fames nas últimas décadas e aqueles que teñen unha porcentaxe de xente máis obesa. Quita conclusións. 1 2. Anota 20 palabras que che suxira a fame e empregáas para escribir unha carta aos gobernantes do mundo para que tomen medidas que poñan fin a este problema. 0
  • 10. a vaquiña polo que vale Esta fin de semana é especial, rapaces, vou saír p o r Lugo. Iso si, antes de mar- char tiven que pelexar con miña nai como sempre. ¡Ela pretende que saia con 20 miserables euros! Eu expliqueille todo con rotundidade: "Mamá, poñamos que imos ao cine, a entrada case me custa 6 euros; se levamos algunhas larpeiradas para comer mentres vemos a peli, gasto outros 3 euros. Xa case vai a metade, sen contar o bus e aínda non merendamos." Mais ela nunca queda calada: "¿Sabes cantos litros de leite temos que vender para poder darche a ti os 20 euros?". "Sei , aínda fun o outro día cos pais de Xaquín ao súper, e valía cada cartón 70 céntimos; así que tes que vender uns 30 litros". "Ti es parvo, dixo ela, nós non a vendemos a ese prezo, hai que transportala, hai que pagar impostos, o súper tamén quere beneficios...". Eu mantívenme firme e marchei cos 20 euros para Lugo. actividades 1. Imos facer un traballo telefónico, ¿qué vos parece? Tentaremos averiguar como chega un alimento ao supermercado desde que se produce. Tamén procuraremos saber cal é a diferencia de prezo entre o que se lle paga ao agricultor e o prezo que paga o consum- idor. Buscade nunha guía telefónica o teléfono de cadeas de alimentación, sindicatos de agricultores, cooperativas, etc. Antes de nada, teredes que preparar as preguntas. 2. Neste exercicio tedes que buscar canto valen os seguintes produtos: 1 kg de tomates 1 xelado de cucurucho 1 crema corporal hidratante de medio l. 1 lapis 3. A seguir tedes que ordenar os produtos do anterior exercicio de maior a menor prezo e xustificar con 10 razóns por que ten cada un ese valor. 4. Finalmente, ponlles ti o prezo que consideras debería ter cada un e xustifica o porqué. 1 1
  • 11. coa saúde non se xoga Estiven pasando uns días na casa do meu amigo Xaquín. O martes á tarde fun cos seus pais ao superme- rcado. O seu pai estaba metendo unha caixa de cartóns de leite no carro cando lle preguntei por que compraba esa marca en concreto. "Porque me parece que é o máis nat - ural", díxome Raúl, que así se chamaba o pai do Xaquín. E a seguir ensinoume a etiqueta que viña en cada envase. Eu fiquei pampo, traía absolutamente todos os datos sobre o leite envasado, ¡mesmo en que granxas se com- praba en orixe e con que tipo de alimento se criaba o gando! "A min preocúpame aforrar no que compro, dixo Raúl, mais tamén a saúde, e por iso ten moita importancia saber o que comemos. Por iso compro sempre produtos de temporada e, por suposto, nada de tran- sxénicos". Eu xa non lle facía caso ao que dicía, só pensaba en se o nome da granxa de meu pai, "A breixa", aparecería nalgunha etiqueta do leite. actividades 1. Recollede etiquetas de diferentes produtos de alimentación e comprobade se con- teñen os seguintes datos que estipula o Real Decreto (1334 do 31 de xullo de 1999) sobre etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios: Nome do produto. Lista de ingredientes e aditivos. Cantidade de determinados ingredientes. No caso das bebidas cando o seu contido alcólico sexa superior ao 1´2% en vo- lume debe figurar na etiqueta. A cantidade neta do produto. A data de caducidade ou de duración mínima. Condicións especiais de conservación e utilización. Modo de emprego (cando sexa necesario). Identificación da empresa e domicilio. O lote. Lugar de orixe ou procedencia. 2. Collede etiquetas dun mesmo produto (iogur, queixo, leite...) e comparade o seu contido. 3. Localizade, identificade e clasificade os diversos aditivos que aparecen nas etique- tas. A seguir elaborade varios murais coas categorías dos aditivos alimentarios: col - orantes, emulxentes, edulcorantes, etc. 1 4. Buscade nunha enciclopedia información sobre dous conceptos: 2 Trazabilidade: Transxénicos:
  • 12. a saúde do planeta Despois de xantar sempre vexo na televisión Os Simpson; gústame moito o personaxe de Lisa, tan preocupada ela polos temas ecolóxicos. Ás veces acompáñame meu pai e comentamos algo dos debuxos. El discrepa con Lisa, pensa que nunca houbo tanta pre- ocupación pola terra: "agora xa non se pode tirar nada no campo nin nos ríos, cada vez utilízanse pesticidas que contaminan menos, hai depuradoras en case todos os sitios, repóboanse os bosques...". Cando di iso último é cando me encendo, "si, como fixeches ti plantando eucaliptos". E entón é cando me sae co discursiño ese de que algún día os eucaliptos pagarán os meus estudos na Universidade. Pero se eu o que quero é ser gan- deiro, e como todos se dediquen a plantar eucaliptos, ¿onde vai pacer o meu gando? actividades 1. Imos facer un mural de graffitis desexándolle boa saúde ao noso Planeta: engadídelle un cada un. ¿Que vos parecen estes?: 2. Ponlles o pé texto que consideres axeitado ás seguintes bandas deseñadas ou enche os globos baleiros: 1 3
  • 13. a agricultura galega Eu teño fama de tímido entre os meus amigos e de que penso moito as cousas, pero é que ás veces ocorren feitos que nos fan reflexionar. Tiven un pequeno encontrona- zo con Miguel, un cativo da miña clase e non se lle ocorreu outra cousa para faltarme que chamarme aldeán, e cando lle dixen que a moito orgullo vai e replícame que ulo a bosta de vaca. Eu é que teño moita educación, pero púxome dun xenio, que porque... Non, non pensedes que estou ofendido polo que me dixo, o que máis me amola é que aínda haxa xente que pensa que me insulta por me chamar aldeán ou gan- deiro. ¿É ou non é para pensar? actividades 1. A literatura popular galega foi pasando de xeración en xeración, conservada funda- mentalmente polos labreg@s e mariñeir@s. Xoguemos un pouco con ela: a ) Resolve estas adiviñas: Dúas torres altas, O Lico-lico, dous miradores, non ten óso nin pelico; un espantamoscas Solución: e a nai do Lico-lico, Solución: e catro andadores. ten ósos e mais pelico. b ) Une a primeira parte de cada refrán co seu correspondente: A vaca é ouro... ...peido no rabo Leite mazado... ...non fai queixo nin manteiga Uvas con queixo... ...o porco tesouro O que non moxe marela... ...ben muxida e mal mantida Vaca de moitos... ...saben a beixo c ) Explica o que queren dicir os seguintes ditos e escribe un diálogo en que os empregues: Ter as vacas no millo As cabras sempre tiran ao monte Ovella que berra bocado que perde Ser máis carneirán que os carneiros 2. “ Lede atentamente o fragmento do relato "Unha vida" de Agustín Fernández Paz: 1 “ ¿E dis que aquí os nenos falaban castelán? A Rosalía contesteille que si, pero non sei por que lle mentín, xa que non era verdade. Falábano comigo, pero logo, cando xogaban no recreo, o que máis se lles escoitaba era galego. Que habían falar, a maioría eran fillos de familias que viñeran a traballar na Citroën. Foi naqueles anos 4 3. cando as aldeas de Ourense quedaron medias despoboadas, de tanta xente como veu traballar aquí. Organizade un debate no que se cuestione a identificación da lingua galega co rural.
  • 14. un lugar para vivir Se hai un tipo de xente ao que non soporto son os rapaces e rapazas que eu chamo "asfálticos". Naceron e criáronse nas cidades, moitos deles son fillos ou netos de xente do campo, e cando vai chegar a fin de semana din frases tan coñecidas como "me voy pa la paila", ou ben, "no puedo salir que voy con los viejos a la ghaña". Unha destas é a miña compañeira de clase Paula Díaz que para se meter comigo esta mañá díxome "Pero si tú eres de la argolla". Sinto tanta pena cando vexo os poucos mozos e mozas que vivimos no campo. Na miña parroquia a xente é cada vez máis maior e, a verdade, excepto nas fes- tas é moi difícil que aquilo se encha de vida. ¿E se enchemos isto de "asfálticos"? Mañá mesmo invito a Paula á miña casa, poida que se lle cure a ignorancia. actividades 1. “ “ Lede con atención o seguinte texto: non é o mesmo, pero eu recordaba cando o meu pai me levaba da man e me daba a probar o anís que nacía entre as silvas. Vai para vinte anos que viñen vivir á cidade. Eu fixera soldador e saíume curre nun taller de chapa botei noiva, ela traballa no Aldi de caixeira a media xornada. Tivemos unha filla hai seis anos. Chámase Escarcha a semana pasada o seu colexio levouna de excursión ó campo firmei o permiso imaxinando que o facía coas mans do meu pai, as súas mansque recendían a mazá e me daban a chuchar o anís cando voltou pregunteille o que vira: - un norit branquiño, coma o da caixa de lavar de mamá Jaureguizar, Fridom spik a ) ¿Cal é o tema que trata o texto? b ) ¿Coñecedes algunha anécdota similar? Se é así contádea na aula c ) Poñédevos por grupos e anotade 10 cousas que espera encontrar a xente que marcha do campo á cidade. Facede unha posta en común para ver cales son as que máis se repiten. Realizade o mesmo proceso co que espera obter quen marcha da cidade a vivir e traballar no campo. 2. Interpreta esta banda deseñada de Xaquín Marín 1 5
  • 15. ¿que é ser moderno? Hai compañeiros que pensan que a modernidade aínda non chegou ao campo. Tal vez pensen que ser moderno é ter unha televisión na habitación, ou un hipermercado preto da casa, ou andar con roupa de marca. Pouco a pouco esas cousas tamén están chegando ao campo, a pesar de que se nos vaia a luz frecuentemente, ou que os telé- fonos que nos puxeran non nos vallan para acceder a Internet. A miña nai non está moi pola "modernidade"; di que cade vez que falan de modernizar algo no campo o que nos queren dicir é que sobran moitos labregos, iso si, despois de gastarmos un montón de cartos en maquinaria para aumentar a produción e pagar despois por producir de mais. ¿Alguén entende isto? actividades 1. “ Lede atentamente o seguinte poema de Carlos Negro: puxeron farolas nos lugares da parroquia asfaltaron a pista e xa teñen o teléfono pero sen xente o mundo non val un peso triste e o teléfono é un can doente con cheiro a frío “ maría ten oitenta anos só é unha pantasma reza o rosario e non dorme nunca polas noites cuando amanezca, será ya siempre invierno nubes mudas sobre nichos vivos de silencio a ) Facede unha lista con 10 elementos que simbolicen a modernidade para vós: b ) A seguir, realizade un plaxio do poema de Carlos Negro, no que aparezan eses 10 elementos. c ) ¿Cantos deses 10 elementos son fáciles de encontrar no lugar onde vives? ¿Consideras que é un lugar moderno? 2. Analisa a gráfica que aparece a continuación en relación coa evolución da poboación no campo galego dedicada ao traballo agrícola e gandeiro: 1 6
  • 16. temos futuro no campo A miña prima Sara acaba de rematar 4º de ESO e non sabe moi ben que facer o próx- imo ano, se seguir o Bacharelato ou coller un ciclo formativo. Estivo co tío Suso na casa e mostrounos un folleto coas posibilidades que tiña. Eu fiquei pampo, non pensaba que houbese tantos ciclos e carreiras relacionadas co traballo no campo, ¡e iso que non esta - ban todas! Ela teno moi claro e iso que meu pai lle dicía que era mellor que fixese outra cousa, que o futuro no campo era moi negro. Ela, a pesar de ser tan nova, replicoulle contundente: Mira, tío, eu non quero vivir co cheirume e o ruído das cidades, traballar encerrada nunha oficina deixándome os ollos na pantalla do ordenador e aínda por riba cun contrato de merda. ¡Que aquí tampouco o terei fácil, xa o sei! ¿E quen o ten fácil? actividades 1. Mostra de estudos que se poden facer en relación co sector lácteo ESTUDOS E CENTROS RELACIONADOS CO SECTOR LÁCTEO Ciclos profesionais: Centros de Capacitación Agraria (CECA) dependentes da Subdirección Xeral de Extensión e Ca-pacitación Agraria, impártense distintas especialidades agrarias: Guísamo (Bergondo, A Coruña): Ciclo Medio de Explotacións Agrícolas intensivas. Sergude (Boqueixón, A Coruña): Ciclo Medio de Explotacións Agrícolas extensivas. Monforte (Lugo): Ciclo Medio de Explotacións Agrícolas intensivas e Explotacións Agrícolas extensivas. “Pedro Murais”, Ribadeo (Lugo): Ciclo Medio de Explotacións Agrarias extensivas. IES Castro de Rei (Lugo): Ciclo Medio de Explotacións Agrícolas extensivas. IES “Poeta Manuel Leiras Pulpeiro”, Lugo: Ciclo Superior de Industria Alimentaria. IES “A Granxa”, Ponteareas (Pontevedra): Ciclo Medio de Explotacións Agrícolas intensivas. Especialidades universitarias. Ciencias e tecnoloxía dos alimentos: Lugo e Ourense (2º ciclo). Enxeñeiro agrónomo: Lugo (1º e 2º ciclo). Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialista en Explotacións Agro- pecuarias: Lugo (1º ciclo). Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialista en Industrias Agrarias e Alimentarias: Lugo e Ourense (1º ciclo). Licenciado en Veterinaria: Lugo (1º e 2º ciclo). Licenciado en Ciencias e tecnoloxía dos alimentos: Lugo e Ourense (2º ciclo). “ “ 2. Despois de traballarmos nesta unidade didáctica , escribe unha redacción co seguinte título: ¿Gustaríame traballar no campo de maior? 1 7
  • 17. prensa agraria Esta semana é a "Semana da prensa" e a titora pediunos que levásemos á escola algún xor- nal dos que lemos habitualmente na casa. Meu pai ten costume de comprar o periódico só na fin de semana, el sempre di que "total a penas traen noticias sobre o campo, se eles poden pre- scindir de nós, eu tamén deles". Iso si ten unha chea de revistas especializadas en agricultura e gandería, de organizacións sindicais, de cooperativas, de asociacións profesionais...: Fouce, La Tierra, Afriga, Xóvenes Agricultores, Feiraco,... Mesmo ten revistas e xornais de informa- ción xeral que lle adicaron algún número ao agro: Tempos Novos, especiais do semanario A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego,.... Estaba seguro que os meus com- pañeiros levarían prensa deportiva na súa maioría, así que eu ía ser do máis orixinal. actividades 1. Busca en diferentes xornais os espazos e os días que se dedican a informar sobre a agricultura e a gandería. Copiade os titulares de toda a semana e buscade cales son os temas que máis lles interesan. 1 2. Analisar os nomes de diferentes xornais agrarios 6
  • 18. Edita: Asociación Socio-Pedagóxica Galega Cámara Agraria Provincial Ilustracións: Carlos Silvar. Maquetación: Chus Freire. Autor: Anxo Gómez Sánchez ISBN: 84-89679-73-8 Depósito Legal: C-2187 / 2004
  • 19. Cámara Agraria Provincial de Lugo

×