Your SlideShare is downloading. ×
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

A Ría de Pontevedra

874

Published on

A Ría de Pontevedra. Unidade Didáctica

A Ría de Pontevedra. Unidade Didáctica

Published in: Education, Technology
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
874
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
7
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. +- Unidade Didáctica 3o ciclo de Primaria A Ría de Pontevedra José Ramón Hermida A sociación P ola D efen sa da R ía
  • 2. LIMIAR Subindo ata os seiscentos metros de altura do Castrove, aos cincocentos trinta e un de Cotorredondo, na outra banda da ría, ou aos catrocentos trinta de Cuspedriños, e mirando para calquera recanto da Ría de Pontevedra, sentirás o pracer de marabillarte polo espectáculo natural que contemplas... Isto chámase altura de miras. Se ademais, es posuidor ou posuidora de saberes básicos de Ciencias Naturais, o nivel de marabilla aumenta porque con un mínimo de coñecementos a mirada é máis profunda e pode acontecer que queiras: • transmitir a outros e outras o que acabas de disfrutar e/ou • integrar na túa conduta cotiá, hábitos de conservación desa realidade que acabas de admirar. A ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA (APDR) pon nas túas mans esta discreta ferramenta de transmisión de coñecementos, hábitos e actitudes de conservación e sostibilidade do medio que nos rodea aos que vivimos no contorno da Ría de Pontevedra. Agardamos que a uses, transformes, transmitas e amplíes. O obxectivo desta unidade didáctica é sensibilizar medioambientalmente ás novas xeracións e contribuír a extensión dunha conciencia cidadá que actúe guiada pola idea do desenvolvemento sostíble como modelo de xestión da nosa sociedade. As serias advertencias dos organismos internacionais fan que a sostibilidade sexa una necesidade, non unha opción entre outras. Pensemos que a sostibilidade non é algo que poidamos elixir, é un modelo que estamos obrigados a practicar. Escomecemos polo máis próximo a nós: “Temos unha cita” sostible e urxente coa Ría de Pontevedra. Ponte en marcha
  • 3. A RÍA A ría de Pontevedra é un espazo natural é xeográfico que abarca dúas zonas ben diferenciadas: ● Zona terrestre ● Zona marítima (a ría propiamente dita) A zona terrestre abarca a terra firme que rodea a auga. Ten moita máis extensión que a zona marítima. É o lugar de asentamento da poboación, dos campos de cultivo, da industria e a enorme extensión de montes recubertos de árbores e matogueiras. Os concellos que rodean a ría son: Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Marín, Bueu e Cangas. O resto da cunca da ría ocupa os concellos por onde discorren os ríos e regatos que recollen a auga da chuvia. Son: Barro, Campolameiro, Cerdedo e Forcarei.
  • 4. A zona marítima, o que propiamente lle chamamos ría, é unha grande masa de auga salgada aberta ó océano Atlántico e que recibe as augas doces de todos os ríos e regatos que á súa vez recollen as augas de chuvia da zona terrestre. A aportación máis importante destas augas é o río Lérez que as ven recollendo desde 60 km terra adentro. Así que a ría non é só a ría, é tamén o final do val do Leréz. Hai outros ríos como o Gafos e o Rons pero levan moita menos auga. Esta zona marítima semella unha gran bañeira chea de auga salgada con entrada de auga doce por un extremo e aberta ó océano polo outro. Este gran recipiente de auga salgada formouse hai moitos millóns de anos cando por movementos internos da terra o chan de aquel entón, afundiuse pouco a pouco, penetrando o mar entre o Castrove e o Morrazo, dando lugar ó que hoxe chamamos Ría de Pontevedra. Poderiamos dicir que a Ría é unha gran extensión de auga, de 25 km de longo, rodeada de terra por todas partes menos por unha chamada boca da ría.
  • 5. * * Hai otros modelos e teorías
  • 6. A Ría: unha casa limpa e ben acondicionada A nosa ría é un espazo moi especial. Ten unhas condicións óptimas para que nela vivan unha gran cantidade e variedade de seres vivos (biodiversidade). É unha casa ben acondicionada por: Ter temperatura temperada da auga Caldo para todos Xa sabemos que a temperatura media da ría é de 14º (en agosto 20º). Isto é debido a que a Corrente do Golfo achega ata aquí as augas cálidas dos mares tropicais. En inverno, a enorme extensión de auga temperada da ría, non deixa que o aire baixe de temperatura, funciona coma un enorme radiador horizontal. Pola contra, en verán, non deixa subir moito a temperatura. Funciona coma un grande emisor de aire acondicionado. En consecuencia a cantidade de microorganismos que viven en suspensión nestas augas e moi alta. Estes seres minúsculos que son arrastrados polos movementos da auga (plancto) son o prezado alimento de outras moitas especies de animais acuáticos. O alimento é abundante. A ría semella unha grande pota de caldo. Na ría de Pontevedra, o alimento está asegurado. Estar situada nunha zona temperada Nin o frío do norte de Europa, nin o calor de África. A ría de Pontevedra está situada nunha zona temperada do noso planeta Terra. O clima que se disfruta aquí é temperado. As aves que viven no norte e centro de Europa como as garzas reais veñen pasar o inverno aquí (algunhas viven con nós todo o ano), buscan temperaturas máis altas. As aves que viven en Africa, como o cuco veñen pasar o verán, buscando temperaturas máis baixas. Outras, coma o carrán, paran aquí nas súas viaxes migratorias bianuais do norte ártico ó sur antártico. A temperatura da ría, e o seu contorno, é ideal para a vida
  • 7. Mover e renovar as augas do seu interior Augas sempre limpas Tanto polo movemento sen descanso das mareas, co seu sobe e baixa, como polas ondas, como pola auga doce que corre procedente de todos os ríos e regatos, a auga da ría nunca está estancada. Circula constantemente, e así renova as súas augas, manténdoas limpas e con moito osíxeno. Augas con moita luz Ambiente ilimunado A ría ten pouca profundidade, a máxima é de 40 metros na boca. Isto favorece que a luz penetre ata os fondos. As algas, como as plantas terrestres, producen osíxeno mediante a luz do sol. Nos fondos e por zonas, forman verdadeiros bosques, ou verdadeiras praderías, produtores de inmensas cantidades de osíxeno. As augas da ría están suficientemente osixenadas como para dar respiración a todos os seres vivos que habitan nela. Abundante osíxeno para respirar Repartir ben os alimentos e o osíxeno Na ría prodúcese un fenómeno moi curioso. As augas móvense lentamente desde o fondo ata a superficie. Chámase afloramento. Non todos os seres vivos da ría viven á mesma profundidade. O congro vive nos fondos e tamén a centola. O camarón e a sardiña viven máis cara a superficie. A auga que se eleva desde o fondo trae alimento e vaino repartindo entre todos os niveis de profundidade e polo tanto a todos os seres vivos da ría. O mesmo reparto sucede co osíxeno que producen a enorme cantidade de algas que viven nos fondos da ría.
  • 8. A RI T M O D E M A RE A Como levamos visto ata aquí, as augas da ría están en movemento constante: • As ondas • O afloramento, • A entrada e saída das augas da ría, • A corrente de auga doce producida pola desembocadura do Lérez e outros ríos... Hai outro movemento de augas que é máis visible: as mareas. A marea é a subida e baixada sucesiva do nivel de augas no mar. A subida de nivel, ata chegar ó punto máximo, chámase abalo. Tarda, aproximada- mente, seis horas. A ría énchese de auga. Todo queda cuberto. A partir dese momento, e durante a seis horas seguintes, comeza a descender o nivel de auga. A ría baléirase ata chegar ó punto máis baixo. Chámase devalo. Todo queda descuberto. Esta zona sen auga que queda “seca”, é riquísima en seres vivos adaptados a este subir e baixar continuo das mareas. Chámase zona intermareal. Aí, as plantas e os animais pasan horas sen auga e as veces soportan moito sol ata que de novo son cubertos pola subida da marea. A subida e baixada de nivel de augas, que ten lugar en todos os mares do planeta, é debida a atracción combinada do Sol e a Lúa. Mexillóns e arneiróns, dúas especies da zona intermareal. Aliméntanse, cando sube a marea, filtrando o plancto. Podes velos nas rochas que están á beira das praias.
  • 9. Nas pozas que quedan entre as rochas ó baixar a marea, descubrimos moitos organismos: • O camarón • O lorcho • A nécora e o queimacasas • A estrela de mar • Os ourizos de mar • As actinias • Os caramuxos, mexillóns e lapas. • Os arneiróns • Moitos tipos de algas En zonas de pouca pendente ou de moita area, a marea baixa deixa grandes superficies ó descuberto, momento en que moitas aves aproveitan para alimentarse de organismos que viven na area ou na lama. Aquí viven enterrados na area: Os berberechos, as navallas, as ameixas, os longueiróns,... Podemos ter así unha nova imaxe da ría coma un ser vivo que respira. Pasa seis horas enchendo o seu peito de auga e outras seis baleirándoo. Respira catro veces ó día. A ría toca a súa melodía de vida a ritmo de marea.
  • 10. O patio traseiro da Ría: Os montes Case sempre que se fala de ría imaxinamos unha grande extensión de auga. Pero esa auga está sobre un fondo e ese fondo non estivo sempre aí nin desa maneira. A ría ten varias clases de fondos. Na cabeceira, onde a auga é mais doce, abundan as xunqueiras e os fondos lamacentos. Na parte media e exterior os fondos son de tipo areoso. Cando baixa a marea, descobre unha enorme superficie de area desde a cidade de Pontevedra ata Lourido e Lourizán. Orixinalmente esa area non estaba aí. Non é só unha capa superficial. Fixádevos que houbo que instalar uns muros de pedra (escolleiras) para reservar unha zona máis profunda que faga posible a navegación. É tanta a cantidade de area porque foi depositándose no fondo ó longo de miles de anos. De onde ven a area? Dos montes. Lentamente a erosión da auga da chuvia foi baixando a terra das encostas dos vales ata os regatos, e de aí ós ríos e logo a ría. E segue baixando e depositándose cada día. Os montes xogan un papel importantísimo na vida da ría. O MONTE ...DESPOIS DUN ANTES E... INCENDIO a. As raíces abs orven moita auga e agarran a terra b. As árbores morreron. As raíces non abs orben do s olo. A eros ión é mínima. auga nin agarran a terra do s olo. A eros ión é Cas e non hai trans porte de areas . A auga é máxima. trans parente. A auga do río Lérez vólves e cas e marrón. Non aumentará tanto a area, nin nas praias nin Aumentará a area nas praias e nos areais da ría. nos areais da ría. Ben mirado, as árbores do val coidan da nosa ría.
  • 11. Quen vive aquí, na ría? Quen nos visita? Na ría viven moitos seres vivos. Uns habitan sempre aquí, son os residentes. Outros veñen pasar o inverno, son os invernantes. Outros veñen pasar aquí o verán porque nos seus lugares de residencia vai moita calor ou falta alimento, son os estivais. Outros paran para descansar e alimentarse nas súas longas viaxes de Europa a África ou de polo norte a polo sur como o carrán, son os migrantes en paso. Destes animais que tanto se moven a maioría son aves. Dos animais que nos visitan por mar destaca o arroaz. É un animal bioindicador, é dicir, onde el está as augas están limpas. Cando avistamos un grupo, sabemos que debaixo hai bancos de peixe. Entran na ría perseguindo as xardas, os xurelos, as sardiñas ou as luras. Súa forma, abundante en curvas suaves, é fermosísima. Seu sorriso e os seus brincos constantes fano moi simpático. A súa intelixencia é prodixiosa... É o rei da ría. Arroaz
  • 12. Proceso evolutivo dos golfiños En negro móstrase a silueta do cranio e na parte inferior a escala en metros 0 m. 1 m. 2 m. 3 m. 4 m. Os ósos da aleta dianteira, que formaban os brazos, os restos da pelve e a respiración por pulmóns, amosan que hai uns trinta millóns de anos os golfiños eran, aínda, animais terrestres, como se pode ver no gráfico de enriba.
  • 13. Outros mamíferos son: Lontra Lobo MAMÍFER OS Corzo
  • 14. Raposo Teixugo Esquío MAMÍFER OS Xabarín
  • 15. Alavanco Garza Garzota AVE S Mazaricos Corvo mariño
  • 16. Carrán Bilurico AVE S Gavita Pato cristado
  • 17. Gabián Miñato Azor AVE S Bufo Curuxa
  • 18. Xílgaro Merlo AVE S Lavandeira branca Ferreiriño abelleiro Paporrubio
  • 19. Pimpín Bubela AVE S Peto real Picapeixes Cirrio Na ría e arredores, hai miles de especies máis. Tanto animais como vexetais. Tan fermosas e sorprendentes como as fotografadas, pero non temos espazo. Anímate e descúbreas pouco a pouco.
  • 20. ... e chegaron os humanos A ría xa estaba formada e levaba decenas de millóns de anos funcionando, máis ou menos como funciona hoxe. Entón chegaron, ó seu espazo, uns seres vivos novos: os homes. Non sabemos con exactitude cando chegaron aquí os primeiros poboadores. O que si estamos seguros e que lles gustou tanto que xa non abandonaron este lugar. Se en Atapuerca, que está aí ó lado (Burgos), xa se instalaran humanos hai uns 800.000 anos, e lóxico pensar que nesas datas tamén poderían andar polo contorno da ría. Os primeiros restos que atopamos foron uns machados tipo achelense, que se amosan no Museo de Pontevedra e de Quiñones de León (Vigo), de hai 90.000 anos (nas Gándaras de Budiño). Sabemos que ocuparon todo o territorio de arredor da ría. Hai abundantes restos dese poboamento na prehistoria en forma de : • enterramentos: mámoas ou dolmens • marcas nas pedras: petroglifos • restos de comida de mariscos: cuncheiros (amoreamentos de cunchas de ameixas, berberechos, mexillóns..) • construcións: castros Logo viñeron os romanos e construíron calzadas, pontes, termas e demais elementos da nova civilización.... Homes prehistóricos mámoas/dolmens petroglifos castros romanos Desde entón os humanos dámoslle á ría e ó seu contorno todos os usos imaxinables para satisfacer as nosas necesidades de seres vivos: • Alimentarse: ◦ Pesca ◦ Marisqueo ◦ Cultivo • Conseguir madeira para os seus mobles, máquinas e casas; e leña para se quentar en inverno. • Construír aldeas, vilas e cidades para vivir. • Transporte e comercio (pontes, portos e camiños). • Establecer industrias (conserveiras e de todo tipo). • Lecer. Ó longo de toda a súa historia, miles e miles de anos, o home viviu da ría. 0 h. O seu número foi aumentando 180.000 habitantes (hoxe)
  • 21. Aprendemos a convivir con ela, a extraer dela o que precisabamos para vivir. Cada xeración deixou a Ría en condicións de que a seguinte puidese usala do mesmo xeito e cos recursos sen destruír para ser usados tamén polas xeracións futuras. A iso chámase: DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE A ONU (Organización de Nacións Unidas) díxoo así en 1987 “Sustentabilidade é satisfacer as necesidades das xeracións presentes sen comprometer as posibilidades das do futuro para atender as súas propias necesidades”. Todo mudou hai uns 70 anos Os avós e avoas lémbranse perfectamente dalgunhas destas cousas que imos describir. Outras estámolas vendo no presente con demasiada frecuencia. • Reforestación con árbores non atlánticas aumento de incendios aumento de sedimentación. • Eliminación de xunqueiras. Alguén chegou a elaborar un proxecto de recheo das últimas que quedan (as de Alba) coa fin de construír un campo de fútbol e edificios de oficinas. • Recheos sobre as beiras dos ríos e a ría. • Instalación de dúas fábricas moi contaminantes: Tafisa (hoxe trasladada) e Ence- Elnosa. Estas últimas contaminan o aire, a auga do mar e os fondos mariños. En 2002 foron condenadas por delito ecolóxico por un tribunal de Pontevedra. • Construción masiva e desordenada. • Verquidos incontrolables de orixe industrial aos ríos e a ría. • Portos, portos deportivos e peiraos feitos sen criterios medioambientais: a base de recheos e impedindo o movemento natural das augas da ría máis sedimentación. • Verquidos masivos de dragados de portos no exterior da Ría. • Agricultura con praguicidas, herbicidas e fertilizantes artificiais que provocan un aumento inxustificado de substancias que consomen osíxeno da auga. Hoxe semella que o home vive contra a Ría.
  • 22. Recheo de xunqueiras Instalación de empresas contaminantes
  • 23. Sustitución de bosques autóctonos por especies exóticas
  • 24. Os números 1.000, 700, 250, 100, 23 e 3 Sabías que: • Cando te bañas nalgunha das praias da ría e tragas un grolo de auga, estás metendo no corpo, aproximadamente, 1.000 microorganismos de plancto. Pero tranquilidade! Non afecta a túa saúde. • Na zona intermareal (a que queda sen auga, “seca”, entre a preamar e a baixamar) pódense atopar ata 1.000 especies diferentes de animais e plantas. • Cando, na túa man, colles area desa mesma praia, estás collendo miles de grans que antes (hai miles ou millóns de anos) estiveron nos montes: en Forcarei, en Soutelo, en Cerdedo, en Pedre, en Cuspedriños, en Tenorio, en Figueirido, en Campañó, no Castrove ou en Domaio. • No Centro de Recuperación de Fauna Silvestre en Cotorredondo tratan e atenden a uns 700 animais salvaxes ó ano, a maioría aves. Cando atopes un animal salvaxe ferido ou en perigo de morrer, chama ó teléfono: 986 680 390 e xa che dirán o que tes que facer con el. • O emisario submarino (gran tubo) mide de lonxitude 3.000 metros. Bota os residuos contaminantes, supostamente depurados, de Ence- Elnosa, Concello de Pontevedra e parte do concello de Poio, directamente na ría. • A ostra aliméntase filtrando o plancto da auga do mar. Pode filtrar 250 litros diarios de auga. Un mexillón filtra arredor dos 100 litros. E unha batea enteira de mexillóns? • Sobre o río Lérez, os humanos construíron 23 pontes. • Un gran de area pode tardar 360.000 anos en percorrer 60 km de río.
  • 25. Decálogo de comportamento medioambiental da Ría 1. Non botes refugallos nin lixo, nin na ría nin nos ríos. Especialmente bolsas de plástico e aneis de plástico dos paquetes de latas de refresco. 2. Cando vaias á praia, deixa limpo o sitio que ocupaches. Se hai dunas ao fondo, non as pises. 3. Se tes un xardín ou unha horta, non uses herbicidas, nin abonos artificiais. 4. Cando esteas a carón do mar, non o uses como papeleira. 5. Non deixes bolsas nin lixo preto da beira, o vento e a chuvia pode levalos á auga. 6. Non fagas lume nos montes se non está permitido. Sen querer, podes provocar un incendio. 7. Cando disfrutes do monte, recolle o lixo que produciches e lévao nunha bolsa para casa. Nunca o deixes abandonado polo monte. 8. Se vives no rural, non tires os refugallos en calquera sitio orixinando vertedoiros incontrolables. 9. Cando andes polo monte respecta ós animais e as plantas, aínda que sexan de pequeno tamaño. 10. Non agardes a ser adulto para coidar e conservar a ría.
  • 26. Grazas a: Diego Sousa por iniciar os grafismos, Manolo pola súa guía e enorme documentación, Antón por estar sempre aí, Luís Losada polas fecundas suxestións, Xermán pola corrección lingüística María polos consellos de deseño. Bibliografía:  O río dos Gafos é o noso río (Unidade didáctica. Nº 1).- José Carlos Otero.- Concello Pontevedra.- 2005.  A vexetación de ribeira (unidade didáctica).- Teixugo e Ventos .- Consellería de Medio Ambiente.- 2008.  A costa de Galiza.- Mon Daporta Padín e outros.- A Nosa Terra.- 2007.  Xeografía de Galicia.- Tomo I: O medio.- Augusto Pérez Alberti e outros.-Sálvora.- 1982.  Un futuro Sustentable, Social e de Calidade para a Ría de Pontevedra e a súa cidadanía. Alberto de Coo e outros.- APDR .- 2005.  Aprendendo na natureza (bioloxía experimental de campo).- Xurxo Pérez e outros.- E. Xerais.- 1983.  Guía de Aves de Galicia.- X. M. Penas Patiño e outros.- Bahía.- 1991.  A enseada do Umia – O Grove.- Candea .- Consellería de Pesca Marisqueo e Acuicultura.- 1992.  O medio mariño.- Candea.- Consellería de Pesca Marisqueo e Acuicultura.- 1994.  Auga + Mar .- Programa de educación e promoción do voluntario ambiental sobre o litoral e o medio mariño.- Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.- Consellería de Pesca.- Consellería do Medioambiente.- Acquarim-Galicia.- C.e.m.m.a.- 2006.  Las rías de Galicia.- Augusto Pérez Alberti e outros.- E. La Capital.  Investigando a la orilla del mar.- María Pilar Jiménez Alexandre.- Teide.- 1986 Enlaces:  Meteogalicia.- http://www.meteogalicia.es/galego/informacion/prediccion/maritima/xeralidades/xeral.htm  Analizando la costa (Unidad didáctica 3º ciclo de Primaria) Azterkosta.- CEIDA.- Gobierno Vasco.- 2006 http://www.ingurumena.ejgv.euskadi.net/r49- 6172/es/contenidos/libro/carpeta_azterkosta1/es_9358/azterkosta1.html  La ría de Pontevedra.- http://www.geocities.com/capecanaveral/1259/ria.htm.- 1996.  Origen y evolución geomorfológica de las rías atlánticas de Galicia.- J.L. Pagés Valcarlos.- http://www.sociedadgeologica.es/archivos/REV/13(3-4)/Art01.pdf Videografía:  Baixo as ondas das rías (As cores do mar de Galicia) .- Manuel Uhía.- Caixanova.- 2001  Os nosos ríos (Miño, Lérez, Umia, Ulla, Verdugo e Oitavén) .- Salvador Dasilva.- Deputación de Pontevedra.

×