Manual producion audiovisual parte 2

  • 166 views
Uploaded on

 

  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
166
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0

Actions

Shares
Downloads
3
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. PROGRAMA DE FORMACIÓN MULTIMEDIAE AUDIOVISUAL 2012 DA REDE CEMITCURSO DE PRODUCIÓNAUDIOVISUAL Capítulo 2
  • 2. INDICE DÍA 2  DESENVOLVEMENTO DE PRODUCIÓN o EN QUE CONSISTE O DESENVOLVEMENTO DE PRODUCIÓN? o TIPOS:  Propia  Por encargo o IDEA o ARGUMENTO o SINOPSE o TRATAMENTO o DOSSIER o PITCH o DEREITOS o COPRODUCIÓN o FINANCIAMENTO o SUBVENCIÓNS ESTATAIS o PRÉSTAMOS E CRÉDITOS o INVERSOR o PATROCINIOS o TELEVISIÓNS o GUIÓN LITERARIO
  • 3.  Idea inicial Trama principal Personaxes Estrutura Narrativa Forma CELTX
  • 4. 1. DESENVOLVEMENTO DE PRODUCIÓNE a etapa previa a calquera produción audiovisualpropiamente dita e caracterízase polo estudio, avaliación edefinición do proxecto a levar a cabo.Hai dous tipos de produción audiovisual: 1. A produción propia: Cando se produce para despois vender as diferentes canles de exhibición. Os dereitos de explotación da obra son propiedade da produtora, tamén entran dentro deste concepto as coproducións, aínda que a coprodución sexa con unha canle de televisión a dona dos dereitos son as produtoras, polo que a produción e a comercialización son responsabilidade destas. 2. A produción por encarga: Cando unha canle de televisión contrata a unha produtora para levar a cabo o que se chama “produción externa”, e dicir, un proxecto determinado do cal os dereitos serán da canle de televisión, xa fora a produtora a que presentara a idea do proxecto a canle de televisión, ou o contrario, pagando a TV a totalidade dos gastos de produción. Isto levará un minucioso control por parte da canle de televisión do guión, as imaxes filmadas, os gastos,.. así como da montaxe final do produto. Sucede o mesmo con produtos institucionais ou cos spots publicitarios.A partir de unha idea, tratamento ou guión, que chega a unprodutor, este valora o interese que ten para sertransformado en imaxes e son.Unha vez establecido o interese no manuscrito, o produtor contrata aun produtor executivo que será o encargado de facer unha primeiravaloración orzamentaria aproximada do costo da película, e comeza abusca de financiamento elaborando un dossier do proxecto, parapodelo presentar a posibles coprodutores e financiadores mediante unpitch.Tamén soe ser este o momento no que o produtor vincula o director eo guionista para establecer a relación entre o narrativo e a produción
  • 5. e definir os obxectivos do proxecto. Ademais de completar o guióndefinitivo.En canto o produtor da a súa aprobación ao guión, contratase aodirector de produción, quen fará un desgrego xeral do guión paradeterminar as necesidades do guión en relación co director. Pasandoá seguinte fase da produción.ACTIVIDADES E DOCUMENTOS  IDEAA idea é o punto de arranque e escríbese nun par de liñas.Exponse sobre o que quere falar o autor.As ideas poden ser de moi variada índole, un feito que presenciamos,unha personaxe histórica, unha anécdota que oímos, unha nova noxornal, un pensamento que nos ven a cabeza, etc.  ARGUMENTOConsiste en desenvolver a idea ata chegar á narración concisade unha historia completa. Sóense narrar en tempo presente,aparecen os acontecementos esenciais da historia e as personaxesprincipais.  SINOPSEÉ o desenvolvemento esquemático e completo do argumento;non se trata da sinopse publicitaria que soe vir nas recensión derevistas ou DVDs e programacións de televisión. A sinopse ten queconter as personaxes, o conflito, o nó, o clímax e o desenlace dahistoria, sen entrar en detalles técnicos.  TRATAMENTOÉ o desenvolvemento e posterior situación da acción contidano argumento ou na sinopse. A acción xa se refire a lugaresmáis concretos e a unhas personaxes que quedan definidaspolo seu comportamento e as súas relación. Ocupa case ametade de paxinas que un guión, está escrito en presente e empregaa terceira persoa. Está dividido en escenas e pode incluír partes dodiálogo.
  • 6.  DOSSIERO dossier ou “package” é un conxunto de documentos quemostran a información máis importante para vender oproxecto, na busca de inversión. O principal contido destepaquete de documentos soe ser: - Xustificante da posesión dos dereitos de autor do guión - Sinopse - Carta de intención do director (proposta estética) - Ficha técnica do persoal clave (xefes de equipo) - Ficha artística do reparto principal - Principais localizacións - Cronograma provisional de obxectivos - Presuposto estimativo - Plan financeiro - Historial da produtora - Fotografías e Avance (Teaser)No caso de que sexa para o ámbito gobernamental (subvencións eaxudas), adóitase requirir tamén documentación de constitución daprodutora así como algún xustificante de estar ao corrente nas contascoa administración pública.É importante que este dossier conte con unha boa presentación, distodependerá en gran medida o interese que lle dediquen e causaráunha boa impresión do proxecto.  PITCHO pitch ou pitching non é mais que un breve discurso oral dunproxecto. É a maneira de presentarse ante un posiblefinanciador, un coprodutor, unha canle televisiva, un
  • 7. produtor,.. Alguén a quen queremos contarlle o noso proxectocoa intención de obter algo deles.É moi diferente contar unha historia que vendela. Facer un pictch noné narrar unha película ou un programa, é vender unha idea, unconcepto. Para isto temos que estar convencidos de que o nosoproxecto é único, debemos estar comprometidos e apaixonados porlevalo a cabo ou do contrario no poderemos esperar que os demais seinteresen nel.Debe de ser moi breve, en ocasións teremos que contar o nosoproxecto nun par de minutos, aínda que o normal establecido son 7minutos. Se se interesan polo proxecto, serán eles os que odemostren facéndonos preguntas concretas ou pedíndonos maisdatos.Debemos mencionar a información imprescindible: de que se trata, oporqué lle interesará á audiencia, a quén irá dirixido e cal é a nosaproposta de financiamento, así como o xénero, o formato e aatmosfera.É conveniente facer unha labor previa de escritura do pitch, traballaros argumentos que utilizaremos e pensar con antelación o quepoderían preguntarnos. Saber canto podemos contar do proxecto,coñecer a fondo o guión, ter claro o plan de financiamento, adistribución que queremos darlle.Tamén é importante saber moi ben o que queremos obter da persoacoa que falaremos e facer un previo recoñecemento do terreo ó quenos achegamos. Noutras palabras: que compran, como o fan, cantose canto pagan.Hai quen opinan que para preparar un pitch é bo ensaiar con algúnamigo ou fronte a un espello. É verdade que as posicións corporais ea nosa aparencia inflúen na percepción de quen nos escoita, pero euprefiro pensar que o qué é realmente importante é estar convencidosde que queremos facelo e coñecer o noso proxecto á perfección. Senós creemos nel ¿Por que os demais non o farían?En un pitching debe coidarse especialmente o peso persuasivo dodiscurso, que pasa por dous factores fundamentais:
  • 8.  Fondo: o que seleccionamos como información. Existen criterios básicos para ordenar calquera presentación: Definir – Discriminar – Dominar  Forma: a maneira en que transmitimos a información. O sumatorio de tres factores outorga credibilidade ó orador: Empoderamiento – Estilo – EnerxíaSon erros frecuentes nun discurso (pitching) as contextualizaciónslargas ou sen gancho. Estar preparados por se o oínte comeza aaburrirse, ter alternativas, cambiar o ton e a forma.Non se debe responder negativamente a un comentario: dicir que xates pensado en iso e mostrar interese polas distintas percepcións.Pensa que é posible que volvas con outro proxecto, polo que hai quecoidar de non pechar ningunha porta.O esquema que utilizan os americanos consta dos seguintes puntos: 1. Cortesías: saúdos pertinentes. 2. Presentación: dicir o noso nome e o da produtora que representamos, o país desta en caso de falar con empresas estranxeiras e ofrecerlle a nosa tarxeta de presentación. 3. Credenciais: dicir algo sobre nos, o que fixemos con anterioridade. En ocasións a nosa persoa pode ser un aliciente para quen escoita. 4. Obxectivo: anunciarlles que queremos deles, o porqué da entrevista. 5. Enunciar os puntos clave: os dous ou tres temas que lle vamos a mencionar. Marcar cando empeza e cando acaba cada punto. 6. Desenvolver o primeiro punto. 7. Desenvolver o segundo punto. 8. Desenvolver o terceiro punto.
  • 9. 9. Resumo dos puntos: remarcar o falado para concretar a entrevista. 10. Espero lograr o meu obxectivo: “espero que esta oferta lles interese e poidamos chegar a un acordo….” 11. Invitación a facer preguntas. 12. Despedida: deixar currículo e proposta escrita.  DEREITOSA obra audiovisual é considerada unha obra orixinal,independente das apartacións de diferentes autores de obrasincluídas nela, o produtor é o titular dos dereitos patrimoniaisdesta no seu conxunto, considerando ao produtor como a persoafísica ou moral que ten a iniciativa, a coordinación e aresponsabilidade da realización da obra audiovisual.Por outra parte as obras audiovisuais son obxecto depropiedade intelectual. Xeralmente considéranse autores destaao director e/ou realizador, o guionista, o director defotografía e o músico, en función das leis que rexan no pais deprodución e dos seus participantes. Tamén se considera a propiedadeintelectual do argumento, os diálogos, as traducións e adaptacións,obras de teatro, poemas, debuxos, esculturas, debuxos animados oulibros utilizados dentro do proxecto.Para realizar unha obra audiovisual é indispensable contar co permisoexplícito de todos e cada un dos autores das obras incluídas no nosoproxecto. Isto reflíctese na firma de contratos, onde os titulares dosdereitos patrimoniais se comprometen a participar no proxecto eceder ao produtor o dereito de reprodución, distribución, exhibición,etc… é dicir, o seu dereito de explotación económica. Se o proxectose base nunha obra existente deberemos preguntar quen é o donodos dereitos de explotación, que en moitos casos é o propio autor enoutros moitos é a editorial da obra orixinal. Tamén é importantecoñecer o país de publicación da obra orixinal para saber por que leisse rexen os dereitos de propiedade.
  • 10. O dereito de autor son o conxunto de dereitos, prerrogativas eprivilexios de carácter individual e patrimonial que recoñece a Lei enfavor do autor ou autores dunha obra, dende o momento mesmo noque é fixada ou plasmada nun soporte material e polo feito de serunha creación. Basicamente divídense en dous grupos: Dereitosmorais (autoría, son intransferibles e irrenunciables) e Dereitospatrimoniais (propiedade de explotación, son transferibles)  COPRODUCIÓNÉ a unión de unha ou máis produtoras co fin de levar a cabo unproxecto audiovisual concreto. As razóns para a coproduciónspoden ser económicas, para pedir subvencións de diversaslocalidades, reparto de traballo, compartir riscos, porbeneficios legais, para a distribución ou exhibición, etc.A coprodución implica moitos factores artísticos, económicos e legaisdo produto audiovisual, en dependencia dos intereses e aparticipación de cada produtora que se integra no proxecto. Debemosanalizar e avaliar con coidado cada punto de negociación e decidir serealmente nos interesa facer esa coprodución.Para coproducir é moi importante ter un bo entendemento coa outraprodutora xa que faremos un traballo en equipo. Temos que estarabertos á forma de traballar noutros sitios, así como adaptarse ásnormas e lexislacións dos nosos compañeiros e entender osdiferentes mercados.Nos contratos de coprodución debese de aclarar baixo que lexislaciónse realizará a película e en qué tribunal se discutirá en casonecesario. Se non se estipula con precisión a lei a seguir en cadaparte do desenvolvemento da produción, a lexislación que rexerá seráa do lugar onde se produzan os feitos. As diferentes cláusulas docontrato poden ser modificadas sempre e cando tódalas partes esteanen común acordo. Tódalas partes da coprodución son copropietariasda película e polo tanto teñen libre acceso a utilización do negativo ea nacionalidade do filme será a de cada país coprodutor.Tódalas partes deben firmar e estar de acordo con: - Orzamento - Plan financeiro
  • 11. - Guión definitivo - Plan de rodaxe - Equipo técnico - Equipo artístico  FINANCIAMENTOUnha vez confeccionado o dossier de presentación do proxectodebemos investigar a quén lle poderá interesar o nosoproxecto. Debemos analizar as posibilidades de coprodución,investigar o mellor posible os diferentes Fondos de Axudagobernamentais, a programación das múltiples cadeas detelevisión, etc.Hai diferentes fontes de financiamento dun produto audiovisual: - Subvencións gobernamentais a desenvolvemento de guión, produción, finalización, exhibición, etc. - Prevendas a cadeas de televisión ou distribuidores cinematográficos - Compañías aéreas, cadeas de hoteis, compañías ferroviarias e de autobuses... - Empresas na busca de promoción e publicidade - Entidades bancarias - Mecenados ou inversores privados - Crowdfunding (produción colectiva)O noso obxectivo debe ser conseguir o maior número delas xa quenon soen ser excluíntes, a menos que os contratos con algunha delasespecifique o contrario. Cando as producións son pequenas soe sermais complicado conseguir bos contratos de distribución, aínda quecon paciencia e un proxecto atractivo é probable que poidamosnegociar con distribuidoras pequenas ou independentes e cadeas detelevisión de baixo presuposto.
  • 12. Para falar de financiamento dun produto audiovisual será necesariofalar do sistema de recuperación económica da inversión. O mercadocinematográfico está marcado por unha serie de regras que se debenseguir, non é habitual que un produto audiovisual rompa a ordecronolóxica de exhibición, aínda que as novas prestacións de Internetcon respecto os produtos audiovisuais desestabilizaron en certamedida a cadea tradicional de presentación ao público: 1. Sas de cine 2. TVs pechadas (cable ou antena, agora tamén IP TVs) 3. TVs en aberto, agora TDT 4. Vídeo e DVD, agora aluguer por InternetEsta cadea tiña a súa lóxica, xa que un espectador non paga aentrada a un cine para ver unha película que xa viu por televisión ouarrendou no videoclub. Sen embargo, ultimamente, coa revolucióntecnolóxica das comunicacións, encabezada pola capacidade caseilimitada que parece ter a transmisión de datos a través de Internet,estamos sendo testemuñas de produtos audiovisuais que rompen conéxito esta cadea de comercialización e exhibición, quetradicionalmente estaba instaurada no medio audiovisual.  SUBVENCIÓNS DE ORGANISMOS DO ESTADOAs subvencións institucionais son apoios a fondo perdido, edicir, que non esixen a devolución do monto financiado, aíndaque si soen reclamar a relación de xustificantes, facturas, quese correspondan co orzamento presentado a hora de aplicar aditas axudas. Pódense encontrar subvencións para a maiorparte das fases dunha produción e poden ser a nivel nacional,rexional ou municipal.Estas institucións polo xeral a cambio destas axudas soen conservaros dereitos de exhibición con propósitos culturais e educativos senanimo de lucro, ademais do recoñecemento de tal axuda nos títulosde crédito iniciais do produto.A documentación requirida para a solicitude soe barallar a seguinterelación:
  • 13. - Acreditación de posesión dos dereitos de propiedade intelectual sobre o guión, ou no seu caso, acordo de opción de compra sobre a obra preexistente (contrato de cesión o produtor e Rexistro da Propiedade Intelectual do guión) - Guión - Sinopse - Proposta estética do director - Ficha técnica do persoal clave (xefes de equipo) - Ficha artística do reparto principal - Principais localizacións - Cronograma provisional da produción - Orzamento provisional - Plan financeiro - Comprobantes de acreditación de estar o corrente nas obrigas fiscais e outros impostos do Estado - CV da produtora - Plan económico especificando os aportes de capital, bens e servizos que conforman o orzamento - Estudo de mercado para a comercialización do produto - Contrato ou carta de intención de un distribuidor ou unha canle de televisión - Orzamento de inversión no lanzamento comercial, prensa e promoción, especificando o número de copias.  PRÉSTAMOS E CRÉDITOSSolicitar un préstamo a unha entidade bancaria ten moitorisco, xa que non só nos obriga a devolver a cantidade integrasenón que tamén temos que pagar altos intereses,independentemente do resultado final do produto. Oincumprimento das condicións do crédito, pódennos deixar
  • 14. sen o noso produto, sen a empresa produtora e sen calqueraoutro ben que nos poidan embargar.Tamén hai estados que facilitan unha liña de crédito a través deentidades bancarias concertadas, para incentivar a IndustriaCinematográfica. Estes tamén teñen a obriga de ser devoltos, aíndaque con intereses menores.A documentación que nos esixen os bancos para concedernos estescréditos soe ser moito máis especifica e extensa: - Especificación do monto de crédito solicitado - Inscrición da produtora no Instituto de Cine do país - CV da produtora - Guión definitivo - Sinopse - Acreditación de posesión dos dereitos intelectuais do guión - CV do produtor e do director - Carta de compromiso dos actores principais e dos xefes de departamento. - Presuposto desagregado - Cronograma de produción - Plan financeiro mensual - Plan económico con especificación dos aportes de capital, bens e servizos que conforman a inversión así como as expectativas desenvolvidas para a recuperación nos mercados, axuntando contratos, cartas de compromiso, etc. - Carta de compromiso dun distribuidor ou canle de TV - Seguro de Bo Fin ou avales e garantías variasNormalmente non se libera o crédito concedido a menos que oprodutor poida acreditar que conta co financiamento necesario para
  • 15. cubrir a totalidade dos costos do presuposto. Unha vez outorgado ocrédito, o produtor verase obrigado a entregar informes,comunicados e relacións de gastos durante toda a produción.  INVERSORO inversor pode ser unha persoa ou unha empresa, relacionada ounon coa Industria Cinematográfica. Un inversor comparte osriscos da produción, se non se recupera a inversión non temosque devolver nada e se hai beneficios a súa ganancia seráproporcional a inversión realizada con respecto o custo total.O inversor non pode tomar decisións no proceso de realización dapelícula. Este non pode tomar decisións no proceso de realización ecomercialización, se non se estipulou o contrario no contrato inicial.Hai países onde se contempla legalmente a participación económicade persoas ou empresas privadas nun proxecto cinematográfico,promovendo así unha política de protección cinematográfica condeducións fiscais nos impostos que deben pagar ó Estado.  PATROCINADORESOs patrocinadores ou sponsors son xeralmente empresasprivadas dispostas a ofrecernos un produto a cambio da súapublicidade dentro do noso produto audiovisual. Dificilmentepoderemos financiar o noso proxecto exclusivamente a través depatrocinadores, pero se nos movemos acertadamente é probable queconsigamos parte do financiamento e practicamente sen ningúnsacrificio artístico ou económico, reducindo costos en algunhaspartidas da produción. É importante pensar ben qué é o quenecesitamos antes de pasearnos por tódalas empresas para pedirllesalgo.  TELEVISIÓNUnha canle de televisión pode comprar os dereitos de antenapara a emisión da nosa película esixindo xeralmente aexclusividade da súa emisión neste sistema de difusión a nivelnacional. É indispensable ter o visto bo da censura para podernegociar con eles.Se a televisión compra os dereitos de antena por un número deemisións determinadas nun tempo limitado (xeralmente dous anos),
  • 16. soe pagar unha cantidade moi reducida ó produtor, o que provocaque este deba vendela a outras canles en diferentes países paracompensar un pouco a inversión.Son patrocinadores ou coprodutores (en dependencia deporcentaxe de inversión) cando fan unha compra anticipadada película, é dicir, que dan un pago por adiantado para ser utilizadona produción e a suma é maior que si compraran os dereitos deexplotación da obra e por tanto un alto porcentaxe de recuperación,pero todo dependerá do contrato e a negociación feita.Polo xeral esixen que a película estea no idioma da televisión ou queesta sexa dobrada, resérvanse o dereito a emitila con cortes parapublicidade ou pasala fragmentariamente en días diferentes segundoos intereses da canle, así como facer publicidades da películaeditando fragmentos da cinta sen ter que pagar por elo.
  • 17. 1.1 GUIÓNGUIÓN LITERARIO.- É un instrumento que non está concibido paraque sexa lido por un público, se non para que sexa estudado portécnicos e para posteriormente ser levado as mans do director. É oeslavón fundamental para a realización da película. O director debetraducir o guión literario en guión técnico que será a guía para que ostécnicos traballen.A narrativa literaria utiliza os mesmos elementos que a narrativacinematográfica, pero existen unha serie de diferenzas: 1. O cine mostra, mentres que a literatura explica. 2. O cine vai de fora cara dentro e a literatura constrúe en sentido contrario. 3. A escritura cinematográfica emprega o tempo presente, o que se mostra é o que acontece mentres o espectador observa. A narrativa literaria constrúese con todo tipo de tempos verbais. 4. El guión utiliza una escritura técnica, la literatura utiliza una escritura emocional.IDEA DE INICIOCando alguén se pon a escribir un guión debe ter en mente tres ideasesenciais: 1) QUE? De que queremos falar neste guión? Un TEMA, expresado a través dunha idea que se nos puido ocorrer. 2) QUEN? PERSONAXES, xa sexan abstractos ou concretos, mediante os que expresar a nosa idea. 3) POR QUE? Que MOTIVACIÓN teñen esas personaxes para facer o que fan e como o fan, para conseguir un fin. 4) COMO? A través de que ACCIÓNS terán que pasar ou propiciar as personaxes para tentar levar a cabo os seus obxectivos.
  • 18. “A habilidade de expresar unha idea é tan importante como aidea mesma” Aristóteles.Por moi novidosa que sexa a nosa idea, se non sabemos comocontala non terá valor algún porque non chegará o receptor.TRAMA PRINCIPALÉ a que guía ó espectador o longo da historia, polo tanto debemos termoi en conta que en ningún intre perda esta función. Sen embargo,son moi importantes as tramas secundarias que lle aportan a tramaprincipal volume, acción, ritmo, contidos… o mesmo que aspersonaxes secundarias ás personaxes principais.Unha película ten que ser VEROSÍMIL. Isto non quere dicir que sexareal, conforme a realidade na que nos vivimos e coñecemos, se noncon respecto a realidade que creamos para situar a historia do guiónque escribimos. Se lle presentamos ao espectador un universo creadopola nosa imaxinación, debemos respectar o longo de toda a historiaas regras ás que atende ese universo, ten que ser coherente en todomomento: se as personaxes cando lles disparan morren no universono que se moven, de repente por conveniencia non debemosperdoarlle a vida a unha personaxe illadamente sen motivo aparente,porque estariamos derrubando toda a credibilidade da nosa historia.PERSONAXESSon o corazón, o alma e o sistema nervioso dun guión. Osespectadores experimentan as emocións en función de cómo as vivanas personaxes na historia. A creación de boas personaxes resultaesencial para o éxito do guión: sen personaxe non hai acción, senacción non hai conflito, sen conflito non hai historia e sen historia nonhai guión.Na creación de personaxes debemos ter moi en conta catroelementos: 1. A necesidade dramática: o que a personaxe quere gañar, adquirir, obter ou lograr non transcurso do guión. 2. O punto de vista: cómo ve o mundo unha personaxe, que opinión lle merece o mundo no que vive. Unha boa personaxe sempre transmitirá un punto de vista ben definido que lle dará solidez a súa forma de actuar ante os eventos.
  • 19. 3. A actitude: Ao coñecer a actitude da personaxe permítelle darlle mais profundidade. Isto define a maneira de transitar unha personaxe polo mundo e como actúa fronte aos acontecementos que o arrodean. 4. O cambio: sempre resulta mais interesante o cambio que a estabilidade ou a quietude. Cando unha personaxe transita dun estado a outro diferente ó longo da historia está facendo participe o espectador desa viaxe persoal, aparte do resto da acción na que se centre o guión.Todo isto e valido para tódalas personaxes dende a que está todo otempo en pantalla a que intercambia un par de frases en toda apelícula, pero debemos lembrar que toda historia ten que ter unprotagonista, sempre hai unha personaxe sobre a que recae o pesoda historia, e todo o anteriormente dito é fundamental que se vexareflectido nesa personaxe protagonista.Ademais, é importante que nunca esquezamos que as personaxesdeben fundamentarse no que fan e non no que din: “as palabraslevas o vento, as accións perduran” e este dito tamén se cumprecompletamente na ficción. Son as accións das personaxes as quemoven a historia, as que lle imprimen ritmo e as que nos chegan conmais intensidade os espectadores.ESTRUCTURA NARRATIVAA estrutura está considerada o elemento mais importante dunguión, xa que é o que mantén unido tódolos elementos queconflúen na obra e o que os fai fluír dunha maneira ou doutra,ademais de outorgarlle un ritmo ou outro a nosa historia.Cando se escribe un guión, estase describindo o que acontece; esa éa razón pola que os guións se escriben en presente. O lector ve o queve a cámara, unha descrición da acción situada no contexto daestrutura dramática: principio, medio e fin.Un guión o mesmo que unha novela funciona en base a estruturaclásica da literatura en xeral:  PRIMEIRO ACTO: PLANTEXAMENTO Ocupa en torno ó primeiro 25% da obra. É onde se presenta ás personaxes principais, o medio no que se moven, a situación na que se encontran e a historia que as ocupa neste intre. Defínese o problema principal que moverá o protagonista ata o 1º nó ou xiro dramático da trama.
  • 20.  SEGUNDO ACTO: CONFRONTACIÓN Ocupa arredor do segundo 50% da obra. E onde se desenvolve toda a acción que levará as personaxes ata o 2º nó da historia que desembocará no desenlace final. Entre estes dous nós ou puntos de inflexión principais na historia, encontrase un punto medio, un feito que empuxe a situación da personaxe cara o 2º nó. Os sucesivos conflitos imprímenlle interese a historia ao mesmo tempo que avanza. O problema vai aumentando nunha dirección que se inicia no 1º nó e que volverá a cambiar de dirección no 2º nó.  TERCEIRO ACTO: DESENLACE Ocupa sobre o terceiro 25% da obra. Nesta parte é onde se encontra o clímax da película, o punto de máxima intensidade do guión, onde o protagonista se enfrontará cara a cara co seu problema, resolvendo este no seu favor ou na súa contra. Ao final terá que ser consecuencia de tódalas accións que se foron desenvolvendo, deixando concluída a trama principal. Pode quedar o final aberto a unha continuación con outra trama principal, pero a da presente historia debe de quedar concluída.É importante que o guionista teña en conta cara quén vai dirixido unguión: unha persoa encargada de ler guións durante todo o día nabusca de algún que lle sorprenda para recomendarllo os seussuperiores, os produtores.Segundo o reputado guionista Syd Field é fundamental o que seescriba nas 10 primeiras páxinas para que o teu guión teña algunhaoportunidade, polo que é de gran importancia que se escriban concoidado, habilidade e precisión co obxectivo de enganchar ao lector.O primeiro no que se fixa un lector é no “estilo” da escriturado guionista, o segundo é de “qué” e de “quén” trata ahistoria e o terceiro se se desenvolve nun “contextodramático” potente.Polo tanto debe quedar claro nestas dez páxinas: - ¿Quén é o protagonista? - ¿De que trata a súa historia? - ¿Cales son as circunstancias que enmarcan a acción?Todo isto que vos ofrezo sobre a escrita de guión é unha pequenaguía, coa idea de que vos sirva de orientación na vosa primeiraexperiencia como guionistas. De todas maneiras ei de recalcar que
  • 21. non tódolos guións que acaban realizándose e tendo éxito, secínguese as regras estandarizadas dende os clásicos, e que cadaescritor debe crear o seu propio ideario de regras é mecánica deescritura. De feito hai estruturas de vangarda ou minimalistas querompen a sucesión normal dos acontecementos, mesturandoestruturas de historias independentes ou conectadas entre si deforma orixinal e outras que son partícipes dunha antiestrutura porquenon se prega a ningunha norma ou recomendación.aínda que por outro lado teño que sinalar, que de unha maneira oude outra a maioría de guións de éxito agochan baixo a súa estruturainterna, xa sexa máis común ou máis transgresora, os mecanismosbásicos que veñen funcionando dende os clásicos gregos.Existe tamén unha estrutura externa que ten que ver coas fórmulasnormalizadas para a presentación de guións. En xeral, o modelo maisestendido é o modelo a unha columna (modelo americano), na que sesitúa a acción, descríbese esta e transcríbense os diálogos o largo daspáxinas. O formato ideal de grafía é Courrier New, tipo 12. Cadaescena está sinalada por unha cabeceira en maiúscula, unha liña dereferencia na que se pon o nº de escena, se a acción é interior ouexterior, a localización e se é de día ou noite.Por exemplo: 1. EXT. MONTE. NOITEA acción descríbese despois dun espazo, sen xustificar, e ao ancho dapáxina. Os diálogos ocupan unicamente o terzo central da folla eserán precedidos polo nome en maiúscula da personaxe que ospronuncie. As anotacións a cada personaxe póñense debaixo donome, antes do dialogo e entre parénteses. Normalmente non se fanindicacións técnicas de movementos de cámara ou encadres, asícomo o modo de transitar entre secuencias ou planos, sen embargose o guionista o considera axeitado para expresar mellor unha ideanon hai nada que lle impida utilizar este tipo de tecnicismos, aíndaque iso e labor do director coa confección do guión técnico.A normalización dos guións permite un bo traballo de produción, éfundamental para que o director de produción poida organizar o plande traballo e dividir as sesións.Cada páxina de guión está estipulado que correspondeaproximadamente a un minuto de ficción, e para cada minutode ficción presupóñense polo menos dúas horas de rodaxe.aínda que para escribir guións podemos utilizar calquera procesadorde texto, existes programas especializados que xustifican e tabulanautomaticamente a escritura conforme os estándares comoMovieMagic Screenwriter, ScriptThing, Sophocles, Final Draft… que
  • 22. ademais de escribir o guión literario soen ter outras ferramentas paraconfeccionar outras tarefas da pre-produción como son story-boards,plans de gravación, guión técnico, etc. Nós vamos a afondar noprograma CELTX, que é un software libre para escritura de guións,fácil de utilizar e moi completo.Exemplo de guión literario:SEC.11 EXT. PARQUE, TARDEAtopamos a unha parella de nenos, xogando nun parque sensituación exacta, que dende a máis tenra inocencia xatratan de escapar ó incesante axexo da soidade confesándoseos seus anhelos. NENO Toma. Rejalocha. NENA Gracias! La vamos a plantar aquí...y así tendremos un árbol nuestro. NENO Vale! NENA Tu te vas a casar cuando séas mayor? NENO SÍ. E ti? NENA Sí. Voy a tener un marido muy bueno y muy guapo que me va a cuidar mucho, mucho. NENO E a miña muller vai a ser unha muller moi guapa coma miña nai, e farame de comer e eu vouna querer moito e viviremos sempre felices! NENA Yo tambien voy a ser muy feliz... MULLER (off)
  • 23. Mar! Mar, nos vamos! NENA Tengo que irme... mañana vas a venir al parque? NENO Non o sei, é a primeira vez que me traen a este sitio. NENA A mi también es la primera vez que me traen. Yo le voy a dicir a mi madre que me traiga mañana aquí. NENO Eu tamén llo vou a decir. Chámaste Mar?.. MULLER (off) Venga niña que es tarde y tenemos que irnos. Vamos!.. NENA (levantándose) Me tengo que ir. Mañana si vienes al parque te lo digo.( a nena achegase o neno e dalle un bico na meixela) Hasta mañana!O neno quedase mirando como a nena se afasta, levantase emarcha correndo. A folla queda ocupando o centro da imaxe,ven un refacho de vento e lévaa consigo, a cámara ségueaata que vate cun aramado e cae ó chan, quedando en plano oaramado.