• Save
DíA Escolar Da Paz E Da Non
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

DíA Escolar Da Paz E Da Non

on

  • 832 views

Mulleres premio nobel da paz

Mulleres premio nobel da paz

Statistics

Views

Total Views
832
Views on SlideShare
801
Embed Views
31

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

5 Embeds 31

http://www.edu.xunta.es 16
http://gavieira.blogspot.com 7
http://gavieira.blogspot.com.es 4
http://centros.edu.xunta.es 2
http://www.gavieira.blogspot.com 2

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

DíA Escolar Da Paz E Da Non DíA Escolar Da Paz E Da Non Presentation Transcript

  • ‘ DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA’ 30 DE XANEIRO Mulleres Premio Nobel da Paz
  • 1903. Bertha von Suttner (1843-1914) ‘ “ Pola divulgación das ideas pacifistas e a creación da Unión Lombarda para a Paz e a Arbitraxe''
    • Publicou a novela  ¡Abaixo as armas! (1889), obra clásica do pacifismo.
    • Comprometida no movemento internacional pola paz, difundiu ideas pacifistas dando conferencias por toda Europa e creando unha asociación no seu país, Austria.
    Departamento de Filosofía – IES Elviña
  • 1931. Jane Adams ( 1860 – 1935) “Polo seu activismo a favor dos marxinados e como Presidenta da Liga Internacional de Mulleres para a Paz e a Liberdade”
    • Creou unha institución, a Hull House para acoller e educar a aos orfos e para impartir cursos de formación profesional de adultos aos que lles buscaba traballo.
    • Foi promotora de reformas sociais a favor dos dereitos das mulleres e o progreso da poboación de cor.
    • Fundou a Liga Internacional das Mulleres para a Paz e a Liberdade . Defendendo a non intervención dos EEUU na I Guerra Mundial e participou no movemento sufraxista feminino.
    Departamento de Filosofía – IES Elviña
  • 1946. Emily Greene Balch (1867 - 1961) “Pola súa labor na Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade"
    • Foi das primeiros/as graduados/as do Bryn Mawr College, no 1889. Converteuse en profesora de economía e socioloxía.
    • Durante a Primeira Guerra Mundial axudou a fundar a Liga Internacional de Mulleres para a Paz e a Liberdade e fixo campaña contra a entrada de Estados Unidos no conflito armado. Continuou a labor de J. Adams ao fronte da Liga.
    • Foi despedida do seu traballo como profesora polas súas actividades pacifistas e converteuse en editora de "The Nation", unha revista liberal moi coñecida.
    Departamento de Filosofía – IES Elviña
  • 1976. Betty Williams / Máiread Corrigan (1943 - ...) ' 'Polo compromiso en favor da paz en Irlanda do Norte''
    • Iniciaron o Movemento pola Paz en Irlanda do Norte. Esforzáronse por lograr a reconciliación das dúas comunidades relixiosas en conflito: os católicos e os protestantes.
    • En 1976 crearon a organización pacifista norirlandesa Xente da Comunidade pola Pa z.
    Departamento de Filosofía – IES Elviña
  • 1979. Madre Teresa (1910 – 1997) ''Pola súa labor caritativa entre os indixentes do mundo''
    • En 1929 chegou a Calcuta como monxa. Impresionada pola pobreza da poboación creou a congregación das Misioneiras da Caridade para o coidado e a atención dos máis desfavorecidos.
    • Grazas ao seu entusiasmo e capacidade de traballo, ata o final da súa vida, a orde estendeuse por 123 países do mundo.
    • Á súa morte, o Goberno de India mandou celebrar un funeral de Estado na súa honra, sendo enterrada na casa matriz da orde. A tumba convertéuse rapidamente nun lugar de peregrinación para xente de fe de diferente orixe social (ricos e pobres indistintamente).
    Departamento de Filosofía – IES Elviña
  • 1982. Alva Myrdal ( 1902 - 1986 ) ' 'Polos seus esforzos para conseguir o desarme e a paz e o seu traballo na Conferenza de Xenebra en 1972/1973”
    • Pertenceu ao partido socialdemócrata sueco e foi a encargada de elaborar un proxecto de reconstrución do seu país, ao finalizar a Guerra Mundial, que transformou a Suecia dun estado de pobreza e atraso a unha situación de benestar que a converteu en modelo para outras moitas nacións europeas.
    • A finais dos anos cuarenta implicouse en temas internacionais traballando nas Nacións Unidas en apoio dos procesos de desarme.
    Departamento de Filosofía – IES Elviña
  • 1991. Aung San Suu Kyi (1940 - ...) “Polo seu traballo a favor da reconciliación e da democracia en Birmania”
    • En 1988, despois de anos de estudo e traballo no estranxeiro, regresou a Birmania, o seu país, para loitar pola democracia e a liberdade, inspirándose no exemplo de loita pacífica de Gandhi
    • A pesar de gañar as eleccións, en 1990, como dirixente da Liga Nacional para a Democracia , as autoridades militares negáronse a recoñecer os resultados electorais e a condenaron a arresto domiciliario, someténdoa a estreita vixilancia. Aínda que podía abandonar o seu país a cambio do seu silencio, preferiu permanecer en Birmania co seu pobo.
    • En 1995, as presións internacionais conduciron á súa "liberación" parcial. Dende a súa vivenda, cada fin de semana, falaba á poboación animándoa a seguir a loita. O réxime militar ordenou en 2003 de novo o seu arresto domiciliario En 2007 foi trasladada a un novo recinto penal acusada de promover as manifestacións que se realizan en todo o país esixindo a democracia .
    Departamento de Filosofía – IES Elviña
  • 1992. Rigoberta Menchú Tum “Polo seu traballo a favor da xustiza social e a reconciliación entre os diferentes grupos étnicos, baseada no respecto dos dereitos humanos dos pobos aboríxenes"
    • Guatemalteca, indíxena maia-quiché, de orixe moi humilde. Loitou contra a discriminación e a violenta represión dos indíxenas no seu país.
    • Varios membros da súa familia foron torturados e asasinados. Mentres que os seus irmáns se uniron á guerrilla, ela iniciou unha campaña pacífica de denuncia da violación dos dereitos humanos dos indíxenas, así como da situación da muller indíxena en Hispanoamérica.
    • Percorreu o mundo coa súa mensaxe e conseguiu ser escoitada nas Nacións Unidas. Volveu ao seu país para continuar denunciando as inxustizas, e actuou como mediadora no proceso de paz entre o Goberno e a guerrilla
    Departamento de Filosofía – IES Elviña
  • 1997. Jody Williams (1950 - ...) ''Por conseguir a aprobación do Tratado contra as Minas Antipersoas''
    • Desenvolveu tarefas de cooperación con varias ONGs, en América Latina.
    • En 1992 ingresou n a campaña internacional para prohibir las minas antipersoas (ICBL), denunciando as terribles consecuencias, en mortes e mutilacións, do uso das minas.
    • A campaña mundial contra as minas, fixo que en 1997 se firmara o Tratado de Otawa, que prohibía este tipo de armas. Aínda que foi ratificado pola maioría dos Estados do mundo, algúns -Estados Unidos, Rusia e China- negáronse a ratificalo.
    Departamento de Filosofía – IES Elviña
  • 2003. Shirín Ebadi (1947-...) “Pola súa loita pola democracia e os dereitos humanos en Irán”
    • Foi a primeira muller xuíz de profesión en Irán. Defensora da igualdade de dereitos das mulleres no Islam.
    • Loita tamén contra a tradición do seu país que considera aos nenos como simples propiedades dos pais.
    • Actualmente traballa como abogada, defendendo aos presos políticos contra o Estado iraniano que prohíbe a liberdade de expresión.
    Departamento de Filosofía – IES Elviña
  • 2004. Wangari Muta Maathai (1940 - ...) ” Pola súa contribución ao desenvolvemento sostible, a democracia e a paz"
    • Muller keniata, preocupada polo medio ambiente, fundou o movemento ‘Cinturón Verde’ que contribuíu a plantar 20 millóns de árbores para evitar a desertificación do seu país.
    • Ademais, conseguiu mellorar a calidade de vida de 50.000 mulleres pobres, que colaboraron nos traballos de reforestación.
    • Foi encarcerada varias veces pola defensa da democracia en Kenia.
    Departamento de Filosofía – IES Elviña
  • Este traballo foi realizado polo alumnado de Ética e Filosofía do Dereito de 2º de Bacharelato
    • Estudantes:
      • Vanesa Y. Brancher
      • Estéfano Carballido Amarelle
      • David García
      • Rodrigo García Mejuto
      • Alma López Guerra
      • Roberto Montero Vázquez
      • Aitor Ortiz Díaz
      • Alberto Varela Rey
      • Brais Vázquez García
      • Adrián Villarino López
    • Profesora:
      • Mª Rosario Guerrero Pérez
    Departamento de Filosofía – IES Elviña
  • Fontes de información utilizadas:
    • Wikipedia
    • Nobelprize.org
    • Imaxes tomadas de ‘Google imaxes’
    • Música: Banda sonora da película: ‘Leyendas de Pasión’.
    Departamento de Filosofía – IES Elviña