• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Anuncio g2018 041213-0002-gl
 

Anuncio g2018 041213-0002-gl

on

  • 280 views

 

Statistics

Views

Total Views
280
Views on SlideShare
280
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
0
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Anuncio g2018 041213-0002-gl Anuncio g2018 041213-0002-gl Document Transcript

    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48394 IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2013 pola que se convocan probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a de grao medio de teleformación (e-learning), grupo II, unha pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade. O reitor, en uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como nos estatutos desta universidade, e en execución do previsto na Resolución do 7 de decembro de 2010 (DOG do 20 de decembro) pola que se aproba a oferta pública de emprego para o ano 2010, resolve convocar probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a de grao medio de teleformación (e-learning), grupo II, vacantes no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria: 1. Normas xerais. 1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo dúas prazas vacantes na categoría profesional de técnico/a de grao medio de teleformación (e-learning), do grupo II, do Convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008), unha pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre. CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 1.2. Os procesos de selección de promoción interna e de acceso libre realizaranse separadamente e será en primeiro lugar o de promoción interna. De non cubrirse a vacante por promoción interna, acumularase á de acceso libre. 1.3. As persoas aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso. 1.4. O sistema de selección das persoas aspirantes será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións, axustaranse ao que se especifica no anexo I desta convocatoria. 1.5. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida segundo o establecido no anexo I. 1.6. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48395 1.7. Na realización destas probas selectivas aplicaranse as seguintes normas e os seus desenvolvementos regulamentarios: Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público; Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública; Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social; Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia; os estatutos da USC, aprobados polo Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro, da Xunta de Galicia; o Convenio colectivo do persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008) e as bases desta convocatoria. 2. Requisitos das persoas aspirantes. 2.1. Para ser admitidas á realización das probas selectivas, as persoas aspirantes deberán posuír no día de remate do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento de formalización do contrato os seguintes requisitos: a) Ser español ou nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado ao cal, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente tratado, o dos nacionais dalgún Estado ao cal en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España lle sexa de CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de 21 anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Quen, non sendo español nin nacional dun Estado membro da Unión Europea, se encontre en España en situación de legalidade e sexa titular dun documento que o habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral. b) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter acadada a idade de xubilación. c) Estar en posesión do título de diplomado, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou equivalentes. No caso de que as persoas aspirantes posúan unha titulación académica estranxeira, para poder participar no proceso selectivo deberán ter homologado previamente o título de acordo co previsto na lexislación española. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48396 d) Será requisito indispensable para o ingreso ter acreditada a aptitude médica para o desempeño. Para estes efectos forma parte da solicitude a declaración responsable contida nela de que a persoa aspirante nesa data posúe a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto e que non padece enfermidade física nin psíquica que lle impida realizar o traballo propio da categoría a que pretende incorporarse. e) Non estar separado de servizo de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado por sentenza firme para o exercicio da función pública. f) Non estar sancionado coa suspensión do dereito de concorrer a probas selectivas, segundo o artigo 70 do Convenio colectivo para persoal laboral da USC. g) Aboar as taxas por dereitos de exame, agás o previsto no número 3.4.2. desta convocatoria para as persoas discapacitadas, para os membros de familias numerosas e para os demandantes de emprego. 2.2. As persoas aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos: a) Ter a condición de persoal laboral fixo da USC. b) Estar prestando servizos con carácter definitivo ou en adscrición provisional. CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 c) Pertencer a unha categoría distinta que á da praza ofertada nesta convocatoria. d) Ter unha antigüidade efectiva de polo menos seis meses como persoal laboral fixo na categoría a que pertenzan o último día do prazo de presentación de solicitudes. 3. Solicitudes. 3.1. Quen desexe participar nestas probas selectivas deberá solicitarllo ao reitor da USC en solicitude segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria, no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. As persoas aspirantes deberán facer constar na súa solicitude a quenda pola cal se inscriben, libre ou promoción interna, segundo corresponda. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48397 A solicitude presentarase xunto coa seguinte documentación: – Fotocopia do DNI ou do pasaporte. – Fotocopia do certificado de coñecemento de lingua galega (Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega). As persoas aspirantes que non presenten esta acreditación deberán realizar a proba de lingua galega prevista no anexo I. – Fotocopia do anexo V a que se fai referencia na base 11 desta convocatoria. As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar: – Dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado con que teñan o dito vínculo. – Declaración ou promesa da persoa aspirante de que non está separada de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que vive ás súas expensas ou está ao seu cargo. – De conformidade co disposto na base 6.5 da convocatoria, as persoas aspirantes que CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 estean exentas da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán xuntarán para tal efecto fotocopia compulsada dos diplomas de español como lingua estranxeira (nivel B2 ou nivel C2) ou equivalente. De non achegar esta certificación, non poderán ser declaradas exentas e deberán realizar a proba a que se refire a base 6.5. Os antigos diplomas de español nos seus niveis intermedio e superior serán equivalentes, para todos os efectos, aos diplomas previstos no Real decreto 264/2008, nos seguintes termos: a) O diploma de español (nivel intermedio) será equivalente ao diploma de español (nivel B2). b) O diploma de español (nivel superior) será equivalente ao diploma de español (nivel C2). ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48398 3.2. A documentación xustificativa dos méritos que se valoran na fase de concurso achegarase no momento de presentar a solicitude, e non serán valorados méritos que non estean suficientemente acreditados documentalmente nin os presentados fóra do prazo establecido para a presentación de solicitudes. A acreditación farase da seguinte maneira: 3.2.1. Certificado acreditativo dos servizos prestados, en que conste a categoría e os períodos en que se prestaron, expedido pola unidade de persoal da Administración pública correspondente. Así mesmo, deberase indicar na epígrafe correspondente da solicitude se os servizos foron prestados na USC ou noutras administracións públicas. 3.2.2. Fotocopia dos diplomas dos cursos de formación e cualificación profesional. 3.2.3. O certificado acreditativo dos aspectos indicados nos anteriores números 3.2.1. e 3.2.2. (certificaranse os cursos que constan no expediente) expedirase de oficio para as persoas aspirantes que presten ou prestasen servizos na USC e engadirase á solicitude da persoa aspirante. 3.2.4. Os méritos da fase de concurso valoraranse con referencia á data do peche do prazo de presentación de solicitudes. 3.2.5. En calquera momento a Universidade poderá requirir das persoas aspirantes os orixinais ou copias debidamente compulsadas dos documentos que se correspondan coas CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 simples presentadas. 3.3. A presentación de solicitudes e da documentación indicada nos puntos anteriores farase no Rexistro Xeral da Universidade, situado na Reitoría da USC (Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela), no Rexistro do Campus de Lugo, situado no Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros (avda. Bernardino Pardo Ouro, polígono de Fingoi, 27002 Lugo), ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes. 3.4. Os dereitos de exame serán de 35,08 €, que se ingresarán na conta de Novagalicia Banco “oposicións”, número 2080-0388-20-3110000646. Para realizar o ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura como anexo IV. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48399 En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude. 3.4.1. Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non aboen os dereitos de exame dentro do prazo habilitado para a presentación de solicitudes, e non se concederá ningún prazo adicional para o seu aboamento. 3.4.2. Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame aquelas persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e tamén as persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando orixinal ou copia compulsada da cualificación do grao de discapacidade ou do carné de familia numerosa, segundo corresponda. Tamén se aplicará unha bonificación do 50 % á inscrición no proceso selectivo solicitada por persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data de publicación desta convocatoria e que non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego. O certificado relativo á condición de demandante de emprego, cos requisitos sinalados no parágrafo anterior, solicitarase nas oficinas do Servizo Público de Emprego e presentarase coa solicitude. CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 3.4.3. Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas. Para tal efecto o reintegro realizarase de oficio, para o cal terán que facer constar a entidade bancaria e o número de conta no recadro que figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame. 3.5. Co fin de garantir a participación en condicións de igualdade, aquelas persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % indicarán na súa solicitude as necesidades de adaptacións específicas e o seu motivo. 4. Admisión de persoas aspirantes. 4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor da USC ditará resolución en que se declare aprobada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. Nesta ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48400 resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicarase o lugar no cal está exposta ao público a listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, na cal constará o nome e apelidos das persoas excluídas, o número de DNI, así como as causas que motivasen a exclusión e o prazo para reparalas. 4.2. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da citada resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivasen a exclusión. 4.3. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas. 4.4. Na resolución que aprobe a listaxe definitiva, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicarase o día, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio. Esta resolución esgotará a vía administrativa e poderase interpor contra ela recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou recurso potestativo de reposición ante do reitor no prazo dun mes, de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 4.5. O feito de figurar na listaxe de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión dos requisitos exixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 8 desta convocatoria. 5. Tribunal. 5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo III desta convocatoria e terá a categoría segunda das recollidas no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48401 5.2. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Reitoría da USC. 5.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir e notificaranllo ao reitor da universidade cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando se realizasen tarefas de preparación de persoas aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. O/a presidente/a poderá solicitar dos membros do tribunal declaración escrita expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no dito artigo. Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias antes citadas. 5.4. Antes do inicio das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomean os novos membros do tribunal que vaian substituír os que teñan perdida a súa condición por algunha das causas previstas na base 5.3. 5.5. Logo da convocatoria do/a presidente/a constituirase o tribunal, coa asistencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes. Na dita sesión o tribunal acordará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 selectivas. 5.6. A partir da súa constitución o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes. 5.7. Dentro da fase de oposición o tribunal resolverá todas as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deberá facer nos casos non previstos. 5.8. O órgano convocante, por proposta do tribunal, poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes aos exercicios que coide pertinentes, que se limitarán a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. Os ditos asesores deberán posuír titulación de igual ou superior nivel ca a exixida nesta convocatoria. O seu nomeamento farase público e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación, ao igual que aos restantes membros do tribunal. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48402 Así mesmo, o tribunal poderá dispor a incorporación con carácter temporal doutros funcionarios para colaborar no desenvolvemento do proceso selectivo, tal e como se prevé no artigo 12.4 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. 5.9. O tribunal adoptará as medidas precisas para que as persoas aspirantes a que se refire o número 3.5. participen en condicións de igualdade. Para tal efecto, o órgano de selección poderá requirir un informe e, se é o caso, a colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou de asuntos sociais. Para os efectos de valorar a procedencia da concesión das adaptacións solicitadas, requirirase da persoa aspirante o correspondente certificado ou información adicional. A adaptación non se outorgará de forma automática, senón unicamente naqueles casos en que a discapacidade garde relación directa coa proba que se vaia realizar. 5.10. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes. O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes que consignen nas follas de exame o seu nome, trazos, marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade. 5.11. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superou as probas selectivas un número superior de persoas aspirantes que prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito. 6. Desenvolvemento dos exercicios. CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 6.1. A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola primeira da letra X, de conformidade co establecido na Resolución do 15 de xaneiro de 2013 da Consellería de Facenda. 6.2. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal para que acrediten a súa identidade. 6.3. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio en único chamamento, e serán excluídas da oposición as que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e considerados polo tribunal. 6.4. A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuarase nos locais onde se realizase o primeiro deles, así como na Reitoría da Universidade, na páxina web http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html ou por cal- ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48403 quera outro medio que se considere conveniente para asegurar a súa máxima divulgación, cunha antelación de, polo menos, 24 horas á sinalada para o seu inicio. 6.5. Persoas aspirantes con nacionalidade estranxeira. Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, as persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar o coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, na cal se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua. O contido desta proba axustarase ao disposto no artigo 3 do Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro (BOE do 8 de novembro), para acreditar o nivel de competencia lingüística do diploma de español correspondente ao nivel intermedio. A proba cualificarase de apto ou non apto e será necesario obter a valoración de apto para pasar a realizar os exercicios da fase de oposición. Quedan eximidas de realizar esta proba as persoas aspirantes que acrediten mediante fotocopia compulsada estaren en posesión do diploma de español como lingua estranxeira (nivel B2 ou nivel C2) e as persoas estranxeiras nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español. De non achegaren esta documentación, non poderán ser declaradas exentas e, en consecuencia, deberán realizar a proba descrita anteriormente. 6.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algunha das persoas aspirantes carece dos requisitos exixidos por esta convocatoria, CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 logo de audiencia á persoa interesada, deberá proporlle a súa exclusión ao reitor da USC, e comunicaralle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas pola persoa aspirante na súa solicitude para os efectos procedentes. Contra esta exclusión poderase interpor recurso ante a mesma autoridade indicada no parágrafo anterior, no prazo dun mes contado a partir da notificación da exclusión. 7. Listaxe de persoas aspirantes aprobadas. 7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública, no lugar ou lugares da súa realización, na sede do tribunal, na páxina web http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html e naqueloutros que coide oportunos, a relación de persoas aspirantes que acadasen o mínimo establecido para superalo, con indicación da puntuación obtida e do documento acreditativo da identidade. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48404 7.2. As persoas aspirantes disporán de tres días hábiles, contados a partir do día seguinte á realización de cada exercicio, para presentar reclamacións ás preguntas formuladas polo tribunal no correspondente exercicio. 7.3. Así mesmo, as persoas aspirantes disporán de sete días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das puntuacións do exercicio correspondente, para presentar reclamacións ás cualificacións. 7.4. A listaxe coa valoración de méritos da fase de concurso farase pública unha vez que teña o derradeiro exercicio da fase de oposición. 7.5. A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma aritmética das puntuacións correspondentes á fase de oposición máis a obtida na fase de concurso de méritos, na forma establecida no anexo I. No caso de empate, a orde de prelación será a seguinte: maior puntuación na fase de oposición, maior puntuación na fase de coñecementos específicos, maior idade e orde alfabética. 7.6. O tribunal fará pública, para cada quenda de acceso, a listaxe das persoas aspirantes que, segundo a orde da puntuación total acadada por cada unha delas, fosen seleccionadas e que en ningún caso poderá conter un número de persoas superior que o de prazas convocadas. A dita relación, que será elevada polo tribunal ao reitor da Universidade xunto coa proposta de contratación a favor das persoas aspirantes que figuren nela, será publicada no taboleiro de anuncios da Reitoría. CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 8. Presentación de documentos. 8.1. No prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que se fixese pública a relación definitiva de persoas aprobadas na Reitoría da Universidade, as persoas aspirantes que figuren nela deberán presentar no Servizo de Planificación e Programación de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela) a seguinte documentación: a) Fotocopia compulsada do DNI ou do documento que acredite a súa nacionalidade. b) Documento que acredite, de ser o caso, a residencia legal en España. c) Fotocopia compulsada da titulación exixida. d) Declaración xurada de non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración pública e de non estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48405 públicas nin realizar actividade ou actividades suxeitas a incompatibilidades. As persoas aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar que non están sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública. e) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións. 8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito. 8.3. Quen dentro do prazo fixado, e salvo o caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2 non poderá ser contratado/a como persoal laboral fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial. 9. Contratación como persoal laboral fixo. 9.1. Concluído o proceso selectivo, as persoas aspirantes que o superasen serán contratadas como persoal laboral fixo. A súa contratación efectuarase no prazo dun mes con- CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 tado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. 9.2. O período de proba será de seis meses, durante os cales o/a traballador/a terá os dereitos e obrigas correspondentes ao posto de traballo que desempeñe, agás os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso. Este período de proba non será aplicable a quen estivese con anterioridade desenvolvendo funcións similares na USC. 10. Adxudicación do posto de traballo. 10.1. O persoal con discapacidade igual ou superior ao 33 % poderá pedir a adaptación do posto de traballo correspondente. Á solicitude deberá xuntarse un informe expedido polo órgano competente na materia que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teña atribuídas o posto. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48406 11. Listaxes de espera. 11.1. Elaboraranse listaxes de espera, tanto para promoción interna como para acceso libre, coas persoas aspirantes que superen algún exercicio da fase de oposición distinto do de galego. Para estes efectos, e co fin de determinar a opción por campus, as persoas aspirantes presentarán a solicitude que figura como anexo V desta convocatoria, xunto coa solicitude de admisión ás probas selectivas. 12. Norma derradeira. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2013 CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 Juan José Casares Long Reitor da Universidade de Santiago de Compostela ANEXO I Denominación das prazas: técnico/a de grao medio de teleformación (e-learning) O sistema selectivo será o de concurso-oposición e constará das fases, probas e cualificacións que a continuación se indican: I. Fase de oposición: consistirá na realización dos exercicios que a continuación se indican para as quendas de promoción interna e de acceso libre, agás as exencións previstas na descrición do primeiro e cuarto exercicios. Todos os exercicios terán carácter obrigatorio e eliminatorio, agás o cuarto, que será obrigatorio e non eliminatorio para as persoas que se presenten pola quenda de acceso libre. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48407 As persoas aspirantes deberán presentarse para a realización de cada proba co DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis do número 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test. – Primeiro exercicio: estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acreditasen documentalmente xunto coa solicitude estar en posesión do certificado Celga 4 ou do certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega. Este exercicio terá a seguinte estrutura: Primeira proba. Comprensión escrita ou comprensión oral + expresión escrita. As persoas aspirantes deberán redactar un texto seguindo unhas indicacións que se lles facilitarán por escrito. A elaboración do texto deberá basearse na comprensión dun texto escrito ou na comprensión dun fragmento de audio ou audio-vídeo. A duración máxima desta proba será de noventa minutos. CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 Segunda proba. Comprensión escrita ou comprensión oral + expresión oral. As persoas aspirantes deberán ler un texto ou escoitar un fragmento de audio ou audiovídeo e a seguir, nunha entrevista co examinador, pediráselles que resuman o input e que manteñan un diálogo ao respecto do input recibido, de modo que poida ser avaliada a súa produción oral. A duración máxima desta proba será de quince minutos por persoa aspirante. Para superar este exercicio será necesario acadar o resultado de apto. – Segundo exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 120 preguntas tipo test, con tres respostas alternativas das cales só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes ao bloque de coñecementos específicos que figura no programa que se relaciona no anexo II. O tempo para a realización deste exercicio será de dúas horas. Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e será necesario para superalo obter un mínimo do 60 % do total das respostas correctas. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48408 – Terceiro exercicio: proba práctica. Constará de dúas partes eliminatorias: Primeira parte: as persoas aspirantes deberán responder á demanda de apoio dun usuario para o deseño dun curso utilizando a ferramenta Moodle 2.5 e as ferramentas dispoñibles, respondendo ás características da docencia universitaria e ás demandas que se soliciten (aprendizaxe activa, prácticas obrigatorias de laboratorio etc.). Deberán ter en conta como mínimo os seguintes aspectos: – Explicar a proposta con que se resolve a demanda e xustificala en relación cos distintos compoñentes da programación docente do caso. – Deseñar e estruturar a materia. – Asesorar o docente en como facer uso da proposta. – Achegar solucións a outras posibles cuestións que formule o tribunal. O tempo máximo para a realización desta parte será de 4 horas e puntuarase de 0 a 25 puntos. Para aprobar é necesario obter un mínimo de 12.5 puntos. Segunda parte: a partir dunha programación docente e dunha serie de materiais que lle proporcione o tribunal as/os aspirantes deberán elaborar materiais dixitais de calidade aplicando as estratexias e metodoloxías identificadas no temario, e xustificarán en cada CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 caso as decisións adoptadas. O tempo máximo para a realización desta parte será de 2 horas e puntuarase de 0 a 10 puntos. Para aprobar é necesario obter un mínimo de 5 puntos. O tribunal porá a disposición das persoas aspirantes todos os medios técnicos precisos para o desenvolvemento deste exercicio. – Cuarto exercicio: obrigatorio e non eliminatorio. Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que se presenten pola quenda de promoción interna. Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 30 preguntas tipo test, con tres respostas alternativas das cales só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes ao bloque de coñecementos non específicos do programa. O tempo para a súa realización será de 40 minutos e valorarase de 0 a 5 puntos. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48409 Antes da realización de cada exercicio, o tribunal deberá ter aprobados e publicados os criterios de avaliación e corrección. II. Fase de concurso. Quenda de promoción interna: máximo 35 puntos. Experiencia: máximo 30 puntos. • Na mesma categoría ou categoría equivalente nas administracións públicas: valorarase 0,40 puntos/mes, ata un máximo de 20 puntos. Non se valorará o tempo traballado en categoría superior por atribución temporal de funcións. • Noutras categorías nas administracións públicas: valorarase 0,08 puntos/mes, ata un máximo de 10 puntos. Formación: valoraranse cursos de formación dispensados por centros e organismos oficiais e aqueles que estean debidamente homologados e que garden relación coas funcións da praza convocada, ata un máximo de 5 puntos, do seguinte xeito: Cursos de formación relacionados coa praza: • Cursos impartidos: 0,03 puntos/hora. CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 • Cursos de aptitude recibidos: 0,02 puntos/hora. • Cursos de asistencia recibidos: 0,01 puntos/hora. Cursos de formación de lingua galega: • Celga 5: 0,75 puntos. • Outros cursos de galego impartidos: 0,03 puntos/hora. • Outros cursos de galego con aptitude: 0,02 puntos/hora. • Outros cursos de galego con asistencia: 0,01 puntos/hora. Cando existan distintos niveis do mesmo curso, só se valorará o de maior nivel. Os Celga valoraranse a partir do nivel superior ao exixido na convocatoria para o acceso. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48410 Nos cursos en que non figure o número de horas a puntuación farase polo mínimo de 10 horas. Quenda de acceso libre: máximo 30 puntos. Experiencia: máximo 25 puntos. • Na mesma categoría ou categoría equivalente na USC: valorarase 0,40 puntos/mes. • Na mesma categoría ou categoría equivalente noutras administracións públicas: valorarase 0,10 puntos/mes. • Noutras categorías da USC: valorarase 0,10 puntos/mes. Formación: valorarase igual ca para promoción interna, ata un máximo de 5 puntos. Para a valoración da experiencia acreditada en categorías equivalentes noutras administracións públicas prevista na fase de concurso e para a baremación das listaxes de espera, as dúbidas que xurdan serán resoltas por unha comisión composta por dous representantes da Xerencia e dous en representación do Comité Intercentros. Esta comisión intervirá por petición do tribunal ou da unidade encargada da baremación das listaxes e poderá solicitar información complementaria ás persoas aspirantes en relación coas funcións CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 e tarefas das categorías en cuestión, co fin de adoptar os acordos que procedan. ANEXO II Denominación das prazas: técnico/a de grao medio de teleformación (e-learning) Programa Coñecementos específicos: Bloque I: conceptos xerais do proceso de ensinanza, aprendizaxe e uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). 1. As TIC no proceso de ensinanza-aprendizaxe: impacto nas institucións educativas e na ensinanza. Funcións dos medios TIC. 2. As modalidades de ensinanza: presencial, semipresencial e a distancia. 3. Bases pedagóxicas da teleformación (e-learning). Tipos de teleformación (e-learning): e-learning, blended learning, m-learning. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48411 4. O marco lexislativo das TIC: Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal: títulos I, II, III e VII. Real decreto 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei da propiedade intelectual: libro I, títulos I, II, III, V e VI. Creación e distribución de contidos baixo licenzas Creative Commons. 5. A estrutura e organización das ensinanzas universitarias no Espazo Europeo de Educación Superior. A docencia universitaria: deseño da ensinanza, os roles do docente e discente. Innovación na docencia universitaria coas TIC. 6. A utilización das TIC polo profesorado: usos, percepcións, actitudes e factores condicionantes. 7. Formación en competencias do docente para o uso das TIC: estándares UNESCO de competencias en TIC para docentes. 8. Estratexias, modalidades e recursos de apoio no desenvolvemento da formación do profesorado universitario. O asesoramento pedagóxico para o profesorado. 9. Formación en competencias TIC para o estudantado: o ámbito do ordenador e os seus periféricos, o ámbito da instalación e uso de programas, e o ámbito da rede e uso da internet. Bloque II: contornos virtuais de formación. CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 10. A función docente nos contornos virtuais de formación. A titoría nos espazos virtuais de formación. 11. O deseño de contornos virtuais de formación. Deseño da ensinanza nos contornos virtuais de formación. A accesibilidade nos contornos virtuais de formación. 12. Metodoloxías para a aprendizaxe en rede. Enfoques metodolóxicos. Técnicas didácticas. 13. Estratexias didácticas centradas no alumnado para a docencia virtual. Estilos de aprendizaxe e docencia virtual. 14. Metodoloxía e ferramentas de comunicación para a docencia virtual: síncronas e asíncronas. A comunicación interpersoal. Estratexias verbais e non verbais. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48412 15. A aprendizaxe colaborativa mediada por tecnoloxías. Fundamentos. Modalidades. Rol docente. 16. Deseño da avaliación nos contornos virtuais de formación. Ferramentas TIC para a avaliación: xestores de tarefas, formularios, rúbricas, ferramentas de autoavaliación/creación de exames. 17. O concepto de portafolio electrónico (e-portfolio) na ensinanza: obxecto, funcións e características básicas no contexto da ensinanza universitaria. 18. A aprendizaxe aberta e a educación flexible coas TIC. Propostas formativas flexibles: contornos persoais de aprendizaxe (Personal Learning Enviroment ou PLE), o coñecemento técnico pedagóxico dos contidos (Technological Pedagogical Content Knowledge ou TPCK), modelo de integración da tecnoloxía na educación substitución - enriquecemento - modificación - redefinición (Susbtitution - Augmentation - Modificaction - Redefinition ou SAMR), modelos de ensinanza á inversa (Flip teaching), modelos de cursos en liña masivos e abertos (Massive Open Online Course ou MOOC). Bloque III: plataformas e ferramentas no campus virtual. 19. Plataformas de formación e colaboración para a docencia virtual. Os campus virtuais universitarios: concepto e xestión. 20. Proposta de ensinanza-aprendizaxe na plataforma institucional da USC, baseado nun contorno Moodle 2.5 estándar. Características dos perfís de usuarios nunha plataforCVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 ma de ensinanza virtual. Integración de ferramentas/módulos para a docencia compatibles coa plataforma institucional da USC. 21. Xestión de arquivos, copias de seguridade, procesos de migración na plataforma institucional da USC. 22. Supervisión do fluxo de actividade de usuarios na plataforma institucional da USC. A xestión do grupo, o seguimento e rexistro da actividade formativa na plataforma institucional da USC. 23. A xestión da comunicación e a interacción da actividade formativa na plataforma institucional da USC. 24. Os sistemas de cualificacións e procedementos de avaliación da actividade formativa na plataforma institucional da USC. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48413 25. A xestión de recursos da actividade formativa na plataforma institucional da USC. 26. O deseño de actividades na plataforma institucional da USC. Bloque IV: materiais didácticos e actividades nos contornos virtuais de formación. 27. Bases xerais para o deseño/produción de medios e materiais didácticos. Criterios de calidade para a creación de materiais didácticos multimedia. Deseño de e-actividades. A accesibilidade na rede e nos materiais formativos. A interface dos materiais dixitais como mediadora do proceso formativo. 28. Criterios e ferramentas para a selección e avaliación de materiais didácticos dixitais. 29. Edición de textos, deseño de materiais impresos e presentacións colectivas para a docencia. 30. Edición de imaxe, son e animación dixital: obxectivos dos procesos e funcións básicas de edición. Elaboración de materiais multimedia para a formación: edición básica de imaxe con GIMP 2.6. 31. Deseño específico de materiais para a rede: webquest, blogs, wikis. Simuladores e aprendizaxe baseada en videoxogos. 32. Recursos e servizos en rede para a distribución e publicación de contidos dixitais: repositorios institucionais e agregadores de contidos. O repositorio de contidos da USC CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 http://dspace.usc.es/. Iniciativas de agregación de contidos no ámbito universitario: Europeana e Hispana. 33. Uso da internet para a busca de información. Bloque V: outras tecnoloxías para a docencia virtual: ferramentas e uso didáctico. 34. Sistemas audiovisuais multimedia e de proxección de apoio á docencia: sistemas de videoconferencia, emisión de vídeo en continuo (streaming), sistemas de videoproxección en aula e encerados interactivos: características básicas e orientación de cada sistema e elementos diferenciadores. 35. Tecnoloxías web 2.0, software social, web semántica. Tecnoloxías ubicuas, tecnoloxías 3D, Cloud Computing. Aplicación na formación. Usos das redes sociais con fins educativos. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48414 Coñecementos non específicos. 1. A Constitución de 1978: estrutura e contido. 2. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Requisitos e eficacia dos actos administrativos. Motivación e notificación, nulidade e anulabilidade dos actos administrativos. 3. O procedemento administrativo común. Iniciación, ordenación, instrución e terminación. A revisión dos actos en vía administrativa: revisión de oficio. O silencio administrativo. 4. Os recursos administrativos. 5. A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades. 6. Estatuto básico do empregado público: clases de persoal ao servizo das administracións públicas. Dereitos e deberes. Código de conduta do empregado público. 7. Texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores: dereitos e deberes laborais básicos. Clasificación profesional e promoción no traballo. Mobilidade funcional e xeográfica. Dos dereitos de representación colectiva e de reunión dos traballadores na empresa. Da negociación dos convenios colectivos. CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 8. Convenio colectivo do persoal laboral da USC. 9. Estatutos da USC (1): réxime económico e financeiro. 10. Estatutos da USC (2): órganos de goberno unipersoais e colexiados. Clases e réxime xurídico do PAS. 11. Estrutura das ensinanzas universitarias oficiais. As ensinanzas universitarias oficiais: grao, máster e doutoramento. 12. Lei de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas. 13. Dereitos e deberes lingüísticos na USC. 14. Políticas públicas para a igualdade efectiva de homes e mulleres. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48415 15. A calidade na universidade española. Organismos que xestionan a mellora da calidade nas universidades. Instrumentos utilizados para a xestión, mellora e avaliación da calidade universitaria: conceptos básicos. Nota: as referencias normativas deste programa poden verse afectadas polas modificacións que se produzan ata a data do exame, caso en que se deben entender referidas á lexislación en vigor. ANEXO III Denominación das prazas: técnico/a de grao medio de teleformación (e-learning) – Tribunal titular. Presidente: Ceferino López Sandez, profesor titular de universidade da USC. Vogais: Julio Seijas Vázquez, catedrático de universidade da USC. María Isabel Vaquero Quintela, persoal laboral fixo da USC. Elena Pérez Carrillo, persoal laboral fixo da USC. Secretario: José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da USC, que actuará con voz CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 e voto. – Tribunal suplente. Presidenta: Carmen Varela Prado, funcionaria de carreira da USC. Vogais: María Isabel Casal Reyes, funcionaria de carreira da USC. María del Carmen Espiñeira Regueiro, persoal laboral fixo da USC. Roberto Castro Sieiro, persoal laboral fixo da USC. Secretario: Xosé Delfín Pérez González, funcionario de carreira da USC, que actuará con voz e voto. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48416 ANEXO IV (POR TRIPLICADO) UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA SOLICITUDE DE ADMISIÓN A PROBAS SELECTIVAS PARA PERSOAL LABORAL 1. CONVOCATORIA. 1. DENOMINACIÓN DAS PRAZAS CONVOCADAS 2. DATA PUBLICACIÓN ANUNCIO BOE: 3. SISTEMA DE ACCESO: LIBRE Técnico/a de grao medio de teleformación (e-learning) PROMOCIÓN INTERNA 4. GRAO DE DISCAPACIDADE: 5. RESERVA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE: 6. TAXAS: Importe dos dereitos de exame ---------------% SI 35,08 € Exención de taxas discapacidade NON Exención de taxas familia numerosa especial Bonificación 50 % familia numerosa xeral Bonificación 50 % desempregado 7. NO CASO DE DISCAPACIDADE, ADAPTACIÓN QUE SOLICITA E MOTIVO: 2. DATOS PERSOAIS. 2.1. NIF 2.2. PRIMEIRO APELIDO 2.5. DATA DE NACEMENTO Día Mes  2.9. ENDEREZO  2.4. NOME 2.6. PROVINCIA DE NACEMENTO Ano 2.3. SEGUNDO APELIDO 2.7. LOCALIDADE DE NACEMENTO 2.8. TELÉFONO/CORREO E.  2.10. CÓDIGO POSTAL 2.11. MUNICIPIO 2.12. PROVINCIA 2.13. NACIONALIDADE CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 3. TÍTULOS ACADÉMICOS OFICIAIS. EXIXIDOS NA CONVOCATORIA 4. SERVIZOS PRESTADOS. SERVIZOS PRESTADOS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO: SERVIZOS PRESTADOS NOUTRAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS: SI SI NON NON De proceder o reintegro de oficio dos dereitos de exame, transferiranse á seguinte conta: DATOS BANCARIOS (imprescindible cubrir os 20 díxitos) CÓD. BANCO CÓD. SUCURSAL D.C. NOME ENTIDADE BANCARIA NÚMERO DE CONTA LOCALIDADE BANCO OFICINA OU SUCURSAL CÓDIGO POSTAL Se non figuran estes datos, entenderase que renuncia á devolución dos dereitos de exame. O/A abaixo asinante solicita ser admitido/a ás probas selectivas a que se refire esta solicitude e DECLARA seren certos os datos consignados nela, e que reúne as condicións exixidas para o ingreso na función pública e especialmente os requisitos sinalados por esta convocatoria, e comprométese a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude. , de de 2013 (Sinatura) Este formulario non é válido sen o selo ou impresión mecánica ou xustificante de pagamento da entidade bancaria. Ingreso na conta nº 2080-0388-20-3110000646. Novagalicia Banco. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
    • DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48417 ANEXO V UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA LISTAXE DE ESPERA DERIVADA DO PROCESO SELECTIVO CONVOCADO POR RESOLUCIÓN REITORAL DO 3 DE DECEMBRO DE 2013 1. DENOMINACIÓN DA LISTAXE DE ESPERA DERIVADA DE PROCESO SELECTIVO: ACCESO LIBRE Técnico/a de grao medio de teleformación (e-learning) PROMOCIÓN INTERNA 2. OPCIÓN PARA CONTRATOS DE TRABALLO POR CAMPUS: Marque cun X o cadro da súa opción Campus de Compostela Campus de Lugo Campus de Compostela e Lugo 3. DATOS PERSOAIS. 3.1. NIF 3.2. PRIMEIRO APELIDO 3.5. TELÉFONO 3.3. SEGUNDO APELIDO 3.4. NOME 3.6. CORREO ELECTRÓNICO 3.7. ENDEREZO 3.8. CÓDIGO POSTAL 3.9. MUNICIPIO 3.10. PROVINCIA ……………………………………., ……….. de …………… de 2013 CVE-DOG: obhptsn8-yo59-gkp8-tmm4-z6egeql7dho8 (Sinatura) Reitor da Universidade de Santiago de Compostela ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia