Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Galega No Ensino

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    Favorites, Groups & Events

    Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Galega No Ensino - Presentation Transcript

    1. Enviamos o texto consensuado entre as organizacións abaixo asinantes sobre a posición que mantemos en relación á consulta que a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria vai realizar nos centros educativos para determinar o uso do galego, coa intención de que lle transmitades como vexades máis efectivo ( equipo directivo, equipo de normalización de dinamización lingüística, titor...) á comunidade educativa, especialmente pais, nais e titores legais, a nosa posición en referencia ao rigor metodolóxico e certas garantías para a intimidade dos datos persoais, así como coa intención de aclarar o que significa marcar unha ou outra casa no inquérito. Prégase a difusión deste escrito ao equipo directivo, profesorado, consello escolar e ANPA. Grazas. _________________________________________________________________________ As organizacións abaixo asinantes, ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queren transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións: 1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal. 2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán. 3. O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía aos centros o mantemento desta porcentaxe só se garantiría marcando a resposta “en galego” ou “todo en galego”, pois esta opción non fai referencia á totalidade do ensino, senón soamente ás materias que habería que impartir hoxe en galego –o 50%-, xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.
    2. 4. Por termos en conta as consideracións anteriores, propoñemos marcar a opción “galego” (en Infantil e FP) e “todo en galego” (en Primaria e Secundaria), porque desta maneira estariamos a indicar que queremos en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e como indica o decreto en vigor. Non significaría, por tanto, que optemos por todo o ensino en galego, pois esta opción non se considera. 5. Igualmente xulgamos preciso transmitir a nais e pais a necesidade de incluíren no apartado de observacións da enquisa peticións semellantes a que expresamos a continuación: Desexaría que o ensino fose en galego, unha opción que non recolle esta enquisa. Estou a favor da aplicación do decreto actual de promoción e uso do galego no ensino, realizado co consenso da comunidade educativa e que emana do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento Galego. Todo o anterior fai que os resultados desta consulta non me parezan lexítimos. A Mesa pola Normalización Lingüística AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega Asociación de Directores e Directivos de IES AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega) CIG-Ensino (Confederación Intersindical Galega) Comités (Estudantes) Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra Coordenadora de Equipas de Dinamización e Normalización Lingüística de Compostela NEG (Nova EscolaGalega) STEG (Sindicato dos/as Traballadores/as do Ensino de Galicia) FEDERACIÓN DE ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra.

    + cenlfcenlf, 5 months ago

    custom

    275 views, 0 favs, 1 embeds more stats

    Texto consensuado entre as organizacións abaixo as more

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 275
      • 273 on SlideShare
      • 2 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 0
    • Downloads 1
    Most viewed embeds
    • 2 views on http://www.blogoteca.com

    more

    All embeds
    • 2 views on http://www.blogoteca.com

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories