Escrito Do Cml A Sxpl

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    Favorites, Groups & Events

    Escrito Do Cml A Sxpl - Presentation Transcript

    1. Sr. secretario xeral, O Concello de Ferrol conta desde hai anos cun órgano asesor en materia de política lingüística, o Consello Municipal da Lingua (CML), que eu teño a honra de presidir. Está composto por 23 membros representantes dos distintos sectores da sociedade ferrolá; é un Consello activo e dinámico que, na súa función de órgano asesor, está a colaborar actualmente no desenvolvemento e activación do Plan de normalización lingüística de Ferrol en determinados sectores da sociedade ferrolá. O pasado 21 de maio, en sesión ordinaria, o CML acordou por maioría absoluta transmitirlle a vostede, como secretario xeral de Política Lingüística, a nosa preocupación ante a nova situación da política lingüística en Galicia, reflectida nas últimas declaracións e accións dos máis altos representantes da Xunta de Galicia. A nosa preocupación vén precedida por outras manifestacións como o recente informe da Real Academia Galega ou o informe do Consello de Europa do pasado ano en que advertía que non se daban garantías para un uso normal do galego na educación, na xustiza, nos medios de comunicación ou nos servizos públicos de Galicia. Os avances no proceso de normalización social do noso idioma nos últimos anos son innegables, mais están moi lonxe de garantir a plena igualdade social e xurídica do galego e o castelán; moi lonxe de garantir que en Galicia se poida vivir en galego con normalidade, sen ter que esixir. Por todo isto, o Consello Municipal da Lingua de Ferrol manifesta o seu rexeitamento á posibilidade de que se produza a primeira regresión na protección legal da lingua galega, o seu rexeitamento á situación de conflito que se está a xerar coa nova política lingüística e esixe que desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística se traballe para acadar a igualdade xurídica do galego e o castelán. Atentamente, O presidente Manuel Santiago Pérez Ferrol, 8 de xuño de 2009 Don Anxo Lorenzo Suárez Secretario xeral de política lingüística Consellería De Educación e O.U. Xunta de Galicia

    + cenlfcenlf, 5 months ago

    custom

    81 views, 0 favs, 0 embeds more stats

    Escrito dirixido dende o Consello Municipal da Ling more

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 81
      • 81 on SlideShare
      • 0 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 0
    • Downloads 0
    Most viewed embeds

    more

    All embeds

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories