Comunicado ConstitucióN Queremos Galego

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    Favorites, Groups & Events

    Comunicado ConstitucióN Queremos Galego - Presentation Transcript

    1. Comunicado de imprensa Comeza a súa andaina a plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO Nela participan inicialmente máis de 40 entidades sociais de todo tipo, xunto con persoas a título individual Nace coa vontade de presentar unha ILP “para garantir os dereitos lingüísticos”, que se dará a coñecer en setembro A plataforma tamén prepara unha gran manifestación en defensa da lingua para o outono en Santiago Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2009.- O pasado 14 de xullo ficou formalmente constituída no Museo do Pobo Galego a plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO, a partir dun grupo inicial formado por máis de 40 entidades sociais tanto de ámbito nacional como de ámbito local e comarcal, así como de persoas a título individual que se quixeron sumar á mesma. Entre as entidades de carácter nacional que fan parte da plataforma neste seu momento constituínte están A Mesa, a CIG, o BNG, Esquerda Unida, o Sindicato Labrego Galego, os Comités, Galiza Nova, AS-PG, ADEGA, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Coordinadora de Traballadoras/es de Normalización Lingüística ou as fundacións Castelao e Pedrón de Ouro. Con todo, QUEREMOS GALEGO prevé que “nun breve prazo” sexan moitas máis as entidades e persoas que se vaian sumando, dado “o interese” que, segundo indican, espertou a iniciativa, nun momento caracterizado “polos profundos e continuos ataques que está a padecer a nosa cultura”. Esta plataforma cidadá nace coa pretensión de unir persoas, colectivos e institucións da máis diversa natureza baixo tres premisas básicas: 1.- A lingua galega é patrimonio e ferramenta de comunicación do pobo galego, e as institucións públicas teñen a responsabilidade e obriga de protexela e promocionala. 2.- A normalización lingüística ten que ser un proceso progresivo, polo que desde as institucións públicas non se poden tomar medidas que desprotexan ou reduzan a presenza do galego en ningún ámbito. 3.- Os acordos asinados por todos só poden ser substituídos por acordos asinados por todos, e o consenso para a lingua galega está no fixado no Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado por unanimidade no Parlamento galego en 2004, así como na Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, ratificado por unanimidade polo Congreso en 2001. A plataforma QUEREMOS GALEGO comeza a súa andaina sobre dúas propostas de
    2. traballo concretas: o impulso e desenvolvemento dunha Iniciativa lexislativa popular (ILP) para garantir os dereitos lingüísticos das galegas e galegos e a convocatoria dunha gran mobilización nacional en Santiago de Compostela para o outono. Ambas as iniciativas serán dadas a coñecer publicamente no ecuador do mes de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar. Até ese momento, as persoas e entidades promotoras da nova plataforma cidadá en defensa da lingua “continuarán afortalando e alargando” a estrutura da mesma, facendo “un traballo social intenso” que estará centrado no contacto con todo tipo de entidades, da tipoloxía máis diversa, así como persoas individuais, para as convidar a sumarse ao que queren que sexa un “espazo común aberto á participación” no que converxan “todas aquelas persoas, sectores e propostas que hoxe están a responder á agresiva e regresiva política lingüística do goberno do Partido Popular”.
    SlideShare Zeitgeist 2009

    + cenlfcenlf Nominate

    custom

    153 views, 0 favs, 0 embeds more stats

    Comeza a súa andaina a plataforma cidadá QUEREMOS more

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 153
      • 153 on SlideShare
      • 0 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 0
    • Downloads 0
    Most viewed embeds

    more

    All embeds

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories