Album seres fantasticos
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

Like this? Share it with your network

Share

Album seres fantasticos

on

  • 1,148 views

Álbum de seres fantásticos, creado polo alumnado de 5º B do CEIP San Roque de Darbo, Cangas. Maio 2011.

Álbum de seres fantásticos, creado polo alumnado de 5º B do CEIP San Roque de Darbo, Cangas. Maio 2011.

Statistics

Views

Total Views
1,148
Views on SlideShare
1,050
Embed Views
98

Actions

Likes
0
Downloads
15
Comments
0

4 Embeds 98

http://unmontedeideas.blogspot.com 72
http://unmontedeideas.blogspot.com.es 21
http://www.unmontedeideas.blogspot.com 3
https://www.google.es 2

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as OpenOffice

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

Album seres fantasticos Presentation Transcript

  • 1.
      Creado polas alumnas e alumnos de 5º B do CEIP San Roque. Cangas
      curso 2010/11
      ÁLBUM
               SERES          FANTÁSTICOS
  • 2.
      GOLEM 
      Un  golem  é un ser animado fabricado a partir de materia inanimada. De momento só se coñecen os golems feitos a partir dos materiais terrestres. A forza impulsora dun golem é un espírito elemental da terra, cuxa natureza é descoñecida. Este espírito queda ligado ao corpo inerte do golem para darlle  "vida".
  • 3.
      HARPÍA
      As harpías son fillas de Electra e Taumante , e irmás de Iris . Fermosas na súa xuventude, logo trocáronse en bestas coa forma de mulleres aladas e con gadoupas. Vivían na illa de Esstrófade. As dúas harpías orixinais eran Aelo  (vento tempestuoso) e Ocípete  (voo rápido).
  • 4.
      AS SEREAS
      Son mulleres-peixe de gran beleza e preciosa voz. A parte superior do corpo é dunha muller de pel de seda e ton bronceado e cabelos verdosos. A parte inferior é a cola dun peixe  con escamas verdes-plateadas. Os mariñeiros que navegaban cerca dos seus lugares escoitaban a súa música encantadora (as voces das sereas) e naufragaban inevitablemente nas costas rochosas. A súa forma orixinal é un ser híbrido entre muller-ave. Por iso en moitas linguas non latinas distinguen a serea clásica, coa de cola de peixe.
  • 5.
      HOME LOBO
      Un lobishome é un home que se cre convertido en lobo e se comporta como tal. Os lobishomes son os protagonistas de moitas lendas populares galegas e de fóra. Tamén se denomina co termo culto licántropo. A palabra vén do latín "hominem lupum" (home lobo).
       
  • 6.
      O ENT
      É un gardián dos bosques, híbrido entre home e árbore. Os seus brazos están formados por ramas e os seus pés encaixan como un tronco da árbore. Teñen tamén largas follas que cambian de cor durante o inverno, aínda que rara vez se caen. Miden entre 4 e 5 m. A súa pel é unha grosa codia marrón que o fai case indistinguible das árbores.
  • 7.
      SANTA CLAUS
      Santa Claus,  Papá Noel, San Nicolás, Velliño (ou Vello) Pascuero ou Colacho son algúns nomes cos que se coñece a este personaxe que trae agasallos aos nenos polo Nadal.
  • 8.
      A MANTÍCORA
      Tratase dunha criatura non moi intelixente, pero moi fera e poderosa. A súa cabeza é a dun ser humano, con barba e densa cabeleira. As ás son as dun enorme morcego e o resto do seu corpo é o dun  león xigante, con cola rematada en púas de ferro. Pode medir uns 5 metros de longo e ata 3 de alto.
  • 9.
      O CONTEMPLADOR
      É un ser monstruoso e malvado de excepcional intelixencia, moi agresivo e avaricioso. Posúe un  ollo xigante e  uns 10 pedúnculos longos. O seu corpo esta recuberto de quitina, o que lle dá unha gran dureza . Os pedúnculos tamén teñen ollos, e están situados na parte superior. Ten unha enorme boca con dentes afiados.
  • 10.
      O LEVITIÁN
      É un ser monstruoso, mestura de serpe e balea. Ten o corpo con escamas xuntas que fan de escudo e uns dentes afiados. É de cor esmeralda ou turquesa. É capaz de soltar un vapor ácido pola boca e pode causar queimaduras corrosivas sobre as vítimas.  Os seus ollos están sempre incandescentes.  É un ser moi feroz e fero.
  • 11.
      MINOTAURO
      Na mitoloxía grega o Minotauro era unha criatura con corpo de home e cabeza de boi que comía carne humana. Vivía no Labirinto construído polo rei de Creta, Minos. O labirinto era tan grande que quen entrase non encontraba a saída. Teseo conseguiu matar ao Minotauro cunha espada máxica e saír do labirinto atando un nobelo de la á entrada.
  • 12.
      O UNICORNIO
      O unicornio é unha criatura mitolóxica representada decote coma un cabalo branco, con patas de antílope , barba de chibo , e un único corno na súa fronte. Trátase dun animal fabuloso protagonista de numerosas historias e lendas.
       
  • 13.
      O FÉNIX
      É unha criatura mitolóxica que ten o tamaño dunha aguia.  Aspecto parecido ao dunha garza, de plumaxe vermella , alaranxada  e amarelo incandescente , de forte pico e garras. As súas bágoas son curativas e ten dúas longas plumas a modo  de crista.
  • 14.
      O SLEIPNIR
      Na mitoloxía escandinava, Sleipnir ou Sleipner, é o cabalo gris de oito patas que pertencía a Odín. É capaz de ir velozmente dun extremo a outro do horizonte. Sleipnir simbolizaba os oito ventos que sopran dende os seus respectivos puntos cardinais, tiña runas gravadas nos seus dentes.
  • 15.
          A NAGA
      É unha especie de serpe e humana. A  parte inferior pertence a unha serpe e a superior a muller. Mide de 3 a 6 m. Ten un encanto e as fai poderosas sen a violencia. Son intelixentes. Hai 3 tipos: · Acuática: verde esmeralda, debuxos marróns e ollos verdes. Soen habitar en augas doces. Non atacan se non se ven ameazadas. · Gardiá: ten un aroma floral característico e ollos e escamas douradas. Cuspe veleno, pode usar a constrición. · Espírito: pelo e ollos castaños, escamas  negras e vermellas. Causan dano a quen encontran. A súa mirada paraliza .
  • 16.
        A NINFA
      Na mitoloxía grega, unha  ninfa é un ser mitolóxico membro dun grande grupo de espíritos femininos da natureza, ás veces unidos a un lugar ou orografía particular. As ninfas adoitaban acompañar a varios deuses e deusas, e eran con frecuencia o obxectivo de sátiros luxuriosos.
  • 17.
      PEGASO
      É un cabalo alado e moi tímido que só pode ser domado por alguén de bo corazón. Naceu cando Perseo lle cortou a cabeza a Medusa, conta a lenda. Detectan o mal e non serven a ninguén que intente domalos de mala forma. Son os inimigos naturais dos grifos.
  • 18.
      O HIPOGRIFO
      O hipogrifo é un animal fantástico híbrido, cuxa metade  dianteira é de ave e a metade traseira recorda a un cabalo. A súa representación varía ao longo da historia, sendo noutros casos máis exactamente identificado como media aguia na súa parte dianteira e como cabalo na traseira.
  • 19.
      AS FADAS
      Teñen o aspecto dunha diminuta muller, coas ás e unha pel case transparente. As súas ás son lixeiras e elegantes pero tamén fortes, para que poidan voar. Teñen un estreito vínculo coa natureza e prefiren vivir entre as flores. Coñecen moi ben as herbas medicinais. Teñen unha vida máis longa que os humanos e ademais teñen uns poderes extraordinarios.
  • 20.
      O DRAGÓN
      O dragón é unha criatura lendaria representada como unha clase de xigantesco réptil escamoso, xeralmente capaz de voar e que posúe a miúdo ás de coiro semellantes ás dos morcegos.
  • 21.
      AS XANAS
      As xanas, personaxes da mitoloxía asturiana e leonesa, son unhas ninfas benéficas de auga doce, de pequena estatura, de extraordinaria beleza física e longa melena loira. Habitan nas fontes, covas e ribeiras dos ríos. Algunhas xanas están encantadas e posúen grandes tesouros. A noite do 24 de xuño fanse visibles nos lugares que habitan, como fontes, ríos e lagos.
  • 22.
      HIDRA DE LERNA
      A Hidra Lerna era un desapiadado monstro acuático ctónico con forma de serpe policéfala (con 2 a 5 ou 100,  incluso 1.000 cabezas) e alento velenoso, á que Heracles matou no segundo dos seus 12 traballos. 
      Baixo as augas do lago Lerna a Hidra gardaba a entrada ao inframundo.
  • 23.
      GÁRGOLA
      O mito da Gárgola nace na antiga Greza, seres alados con cabeza de león que prestan ao home axuda e protección. Na Idade Media representáronse con formas grotescas (ridículas, burlescas) en tellados de igrexas para evacuar a auga.
  • 24.
      O BASILISCO
      O basilisco é un ser creado pola mitoloxía grega que se describía coma o rei das serpes. Ten escamas normalmente grises ou verdes e catro garras parecidas ás dos galos. A cabeza está coroada por unha crista, ten dúas ás e unha crin de plumas negras que lle recorre todo o dorso. É unha serpe extremadamente velenosa. Mata co olor e coa mirada. Dise que o sangue do basilisco ten calidades terapéuticas.
  • 25.
      O LEPRECHAUN
      É un tipo de duende que habita en Irlanda, dende antes da chegada dos Celtas. Ás veces adquiren o aspecto de anciáns aos que lles gusta realizar travesuras. O seu oficio é fabricar ou arreglar zapatos. Dise que son moi ricos e que ocultan o seu ouro en localizacións secretas. A lenda di que se mantés a vista fixa nun deles, non pode escapar.
  • 26.
      GORGONAS
      Pénsase que as gorgonas  son parte dunha raza de mulleres guerreiras. Teñen unha horrible cabeleira formada por  serpes, ademais teñen cairos de xabaril, ás de morcego e o corpo cuberto de escamas de bronce. Os seus pés e mans son bastante parecidos a unhas garras. A súa mirada convértete en pedra.
  • 27.
      O GRIFO
      É unha criatura mitolóxica. A súa parte superior é dunha aguia xigante, con plumas douradas, un afiado pico e poderosas garras. A parte inferior é a dun león, coa pelaxe amarela, musculosas patas e unha cola. Ten características dos animais dos que está formado. Por parte das aguias teñen unha vista e un olfacto moi  desenvolvidos. A súa parte de león lévalles a vivir en mandas, dentro das cales sempre hai un líder.
  • 28.
      ESCILA
      Escila é un monstro mariño. Ten doce patas pequenas, seis pescozos e outras seis cabezas. Ten triplos filas de dentes mortíferos. Antes Escila era unha fermosa ninfa filla de Forcis e Hécate.  
  • 29.
      Os xigantes son criaturas humanoides de tamaño e forza prodixiosa. Son seres violentos e dise con frecuencia que comen humanos, especialmente nenos. Outros, sen embargo, son simpáticos e intelixentes, como os xigantes de Óscar Wilde (poeta, escritor e dramaturgo irlandés. 1854-1900).
      XIGANTES
  • 30.
      ELFOS
      Os elfos son humanoides de aparencia fráxil e delicada, orellas puntiagudas, pel pálida e ollos amendoados. Viven centos de anos, incluso se pensa que son inmortais. Son moi áxiles e moi silenciosos ao camiñar. Son grandes coñecedores dos bosques nos que habitan. É famosa a habilidade dos elfos co arco, aínda que tamén manexan ben a espada. Hai 3 tipos de elfos:  - Elfos silvestres - Elfos grises. - Semielfos.
  • 31.
      OS GNOMOS
      Son seres fantásticos, miden entre 10 e 25 cm de estatura. Levan un gorro  que nunca o quitan, case sempre de cor vermella. Lévanse ben coa natureza menos cos Trols, aos que non poden combater. Os gnomos dedícanse a extraer minerais e pedras preciosas. A súa vida soe durar uns 400 anos. Cando morren por causas naturais nace unha árbore no lugar da morte.
  • 32.
      O ROC
      O roc é unha ave xigante que habita nos climas cálidos e montañosos. É como unha enorme aguia, cunha plumaxe marrón e dourada. Ten unha forza enorme coa que eleva as súas presas, incluso do tamaño dun elefante. Os seus niños encóntranse nas montañas máis altas e están construídos con árbores e ramas.
  • 33.
      Son duendes das árbores, de forma feminina, moi solitarias e moi guapas. Os seus ollos son violetas ou verdes escuros e o seu cabelo e a súa pel cambian de cor segundo a estación. No  inverno o seu pelo e a súa pel son brancos, en outono vermellos e en primavera e verán teñen a pel moi bronceada e o pelo verde.
      DRIADAS
  • 34.
      CANCERBERO
      Can de tres cabezas e serpes, de cola branca. Vixía a entrada do erebo prohibindo a saída de espectros e a entrada de mortais. Hércules, con poderosa forza, e Orfeo, con encanto musical, son os únicos mortais que traspasaron o portal vixiado polo Cancerbero.
  • 35.
      PÍNTEGA
      Ademais do anfibio de cor negro con manchas amarelas, a Píntega é tamén un espírito do lume. Os antigos gregos dividiron a materia en catro elementos: a terra, a auga, o aire e o lume, a cada un dos cales se lles fixo corresponder un espírito. Polo tanto, a píntega é o espírito do lume.
  • 36.
      SíLFIDE
      Unha sílfide é unha bela semihumana voadora e aparentemente delicada. Ten alas de libélula e son transparentes ou con manchas iridescentes Os seus cabelos son longos e da color típica dunha humana, aínda que tamén poden ser azuis, verdes ou violetas. Son amigables e falan nunha linguaxe musical .
  • 37.
      HIPOCAMPO
      Os hipocampos son criaturas pacíficas que viven nas profundidades do mar, onde serven de montura a outros seres, coma as sereas e os elfos mariños. Son criaturas híbridas, metade cabalo, metade peixe, aínda que superan a ambos en intelixencia e velocidade.
      Hipocampo xogando cunha tartaruga.
  • 38.
      ALICANTO
      Paxaro fabuloso que vive entre os minerais. Aliméntase de ouro ou de prata. Ten un tamaño mediano e unha beleza case máxica. Posúe grandes ás de cor metálico, unha delicada cabeza coma un cisne, un peteiro encurvado e patas alargadas con grandes garras. Cando se sente perseguido escurece as súas ás. Pon dúas clases de ovos, de ouro e de prata.
  • 39.
      SIMIOT
      É un ser híbrido medio animal e medio home. Vive nas fonduras dos bosques dos Pireneos É baixo, da cintura para arriba ten aparencia de home, cuns cornos na fronte. As súas vítimas preferidas son os nenos.
  • 40.
      AS FANTASMAS
      As fantasmas son espíritos ou almas descarnadas que se manifestan entre os vivos producindo sons, aromas ou desprazando obxectos principalmente nos lugares que frecuentaban na vida. 
       
  • 41.
      As Liminiades son moi pequenas, como unha esfera de luz. Crese que son os fogos fatuos que se ven no horizonte das noites sereas. Son os seres máxicos menos notables que as píntegas aínda que posúen algunhas características moi interesantes: carecen de corpo, son só unha esfera de luz.
      LIMINIADES
  • 42.
      DUENDES
      Son seres diminutos que segundo o folclore popular, viven entre as flores dos bosques. Non hai que confundilos cos gnomos, porque os duendes teñen poderes máxicos como as ninfas ou as fadas. A cor da súa pel pode variar: hainos azuis, verdes e vermellos pero os mais frecuentes son os que se parecen ao home.
  • 43.
      Andrea Vázquez Yasmin Aga Évora Parcero Lorena Piñeiro Ana de Sa Alfredo Costas Diego Lastra Alejandro Mariño Jorge Piñeiro Teresa Villamor Claudia Avilés Sofía Coya Óscar Fernández Roi Millán Paula Santos Lucía Veiga Tamara Vilas