Your SlideShare is downloading. ×
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
A fotografía
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

A fotografía

482

Published on

Traballo escolar de investigación sobre a fotografia realizado por alumnas de 5º curso de EP. Curso 2012-13. Ceip de Darbo. Cangas. Pontevedra

Traballo escolar de investigación sobre a fotografia realizado por alumnas de 5º curso de EP. Curso 2012-13. Ceip de Darbo. Cangas. Pontevedra

Published in: Education
0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total Views
482
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
8
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. AFOTOGRAFÍA Carla Iglesias Inés González Noa Soliño Candela Broullón
  • 2. ÍNDICE1º Historia das primeiras cámaras.2º Primeiras cámaras fotográficas.3º Negativo e positivo.4º Partes dunha cámara analóxica.5º Cámaras dixitais.6º Partes das cámaras dixitais.7º Beneficios das cámaras dixitais.8º Cámara escura.9º A fotografía e a arte.10º Glosario.
  • 3. HISTORIA DAS PRIMEIRAS CÁMARASO primeiro fotógrafo foi Joseph-Nicéphore Niépce en 1826, utilizando unhacámara feita de madeira fabricada por Charles e Vincent Chevalier en París.Sen embargo, aínda que se considera "oficialmente" que este foi onacemento da fotografía, a invención da cámara escura é moi anterior. Peronon foi ata a invención da fotografía que se puideron fixarpermanentemente as imaxes; mentres tanto tíñanse que debuxarmanualmente. Joseph-Nicéphore NiépceA primeira cámara que foi o suficientemente pequena como paraconsiderarse portátil foi construída por Johann Zahn en 1685. As primeirascámaras fotográficas eran similares en esencia ao modelo de Zahn, aínda quexeralmente cunha mellora no enfoque. Antes de cada exposición unha placasensibilizada era inserida. O popular daguerrotipo de Louis Daguerre, dado acoñecer en 1839, utilizaba placas de cobre prateado, sensibilizadas convapores de iodo; mentres que no procedemento do calotipo inventado porWilliam Fox Talbot formábanse as imaxes negativas sobre soporte de papel.
  • 4. DaguerrotipoA invención do proceso de placa húmida con colodión húmido inventado porFrederick Scott Archer en 1850 reduciu moito o tempo de exposición, perosempre requiría que o fotógrafo preparara artesanalmente as placas, nocuarto escuro dos estudos fotográficos, ou ben en laboratorios portátilesde campaña, na fotografía exterior de viaxes.No século XIX deseñáronse moitos tipos de cámaras fotográficas. Porexemplo, as cámaras aptas para obter fotografías estereoscópicas, cuxospares estereoscópicos finalmente se tiñan que mirar cun visor apropiado,para poder visualizar o seu efecto tridimensional ou de releve. Unha típicacámara estereoscópica tiña dous obxectivos, para obter simultaneamentedúas imaxes moi parecidas, pero non iguales, dende dous puntos de vista moipretos. En realidade, inspirábase na visión binocular humana.
  • 5. Antiga Cámara Estereoscópica KodakOutras cámaras diferentes eran algunhas cámaras de estudo da época enque se popularizaron os retratos en formato de tarxeta de visita (entre osanos 1860 e 1880). Esas cámaras podían ter catro ou máis obxectivos, paraobter varios retratos nun mesmo negativo de vidro. Desa maneira opositivado (por contacto) era máis rápido, pois nunha soa folla de papel seobtiñan os retratos realizados, que só debían ser cortados e montados endiferentes tarxetas individuais.En 1880 inventouse a técnica de impresión en medios tons, que é aantecesora do actual procedemento de offset e fotocromía. Sen embargo, ofotoperiodismo tamén se enfrontaba a problemas técnicos na tomafotográfica, xa que as emulsiones aínda tiñan sensibilidades moi baixas, poloque tomar fotos en interiores ou de noite se limitaba ao uso irremprazabledo flash (de magnesio, daquela). Sumado a esta dificultade, as cámaras degran formato e a frecuente necesidade de usar trípode facían que osfotoperiodistas estivesen moi limitados nas súas posibilidades de traballo.
  • 6. En 1947 fúndase a Axencia Magnum: unha cooperativa de fotógrafospreocupados pola manipulación da información fotográfica nos medios deprensa. Esta é unha mitolóxica axencia de fotografía fundada por cinco dosmáis afamados fotógrafos que existiron: Robert Capa, David "Chim"Seymour, Henri Cartier-Bresson, George Rodger e William Vandviea. Robert CapaEn 1950, novos procedementos industriais permiten incrementarenormemente a velocidade e a sensibilidade á luz das películas en color e enbranco e negro. A velocidade destas últimas elevouse dende un máximo de100 ISO ata outro teórico de 5.000 ISO, mentres que nas de cor semultiplicou por dez.É en 1960 que os primeiros VTR, Video Tape Recorder, (que en 1951 xa erancapaces de capturar imaxes de televisión, convertelas nun sinal eléctrico e
  • 7. gardalas en soportes magnéticos) son utilizados pola NASA, para captar asprimeiras fotografías electrónicas de Marte.1969 é considerado o inicio da carreira dixital. Willard Boyle e GeorgeSmith deseñan a estrutura básica do primeiro CCD (acrónimo de ChargeCouple Device ou Dispositivo de Carga Acoplada). Sensor CCDA aparición da primeira cámara dixital en 1990 constitúe a base da creacióninmediata de imaxes. A pesar de que nas súas orixes o prezo destas cámarasera elevado e facíaas inaccesibles para moitos, co tempo non só seabarataron senón que aumentou a súa calidade técnica.
  • 8. PRIMEIRAS CÁMARAS FOTOGRÁFICAS NEGATIVO E POSITIVOO negativo denomínase así porque as luces e sombras aparecen invertidasrespecto da realidade, aparecen como sombras as partes máis iluminadas eviceversa, as partes máis iluminadas da realidade aparecen como sombras nonegativo.
  • 9. Positivar é inverter novamente esta situación, facendo que as partes máisiluminadas da realidade (partes máis escuras do negativo), volvan a aparecercomo as máis iluminadas, esta vez en papel fotográfico.Noutras palabras, unha vez revelada a película, o termo "positivado" refíresea todo o proceso mediante o cal a imaxe é transferida a un soporte de papel.
  • 10. PARTES DAS CÁMARAS ANALÓXICASLENTE: O lente é o compoñente dunha cámara fotográfica que serve paraenfocar e regular o foco (as cámaras que teñen zoom son capaces de acercare alonxar a imaxe) e captar a luz: o lente capta os feixes de luz e os ordenado outro lado de forma converxente.DISPARADOR: Despois da execución deste botón obtense na superficiesensible a imaxe que se logrou capturar polo ollo visor.OBXECTIVO: Sistema óptico composto por varias lentes, que canaliza a luzque reflicten os obxectos situados ante el.
  • 11. DIAFRAGMA: Sistema mecánico ou electrónico que gradúa a maior oumenor intensidade da luz que debe pasar durante o tempo que está aberto oobturador.O diafragma encóntrase dentro da lente, está composto por laminiñas e tendistintas aberturas. Serve para regular a cantidade de luz que chega ápelícula, que é distinta á que chega ao visor, agás que o diafragma esteatotalmente aberto. DiafragmaPENTAPRISMA: É un grupo de espellos que fan volver a imaxe a súa posiciónreal, unha vez que está invertida en ambos eixes. Cando se dispara o espellolevántase e deixa chegar a luz á película, se non a luz rebotaría.O pentaprisma é un bloque de vidro cunha forma especial. Actúa como unconxunto de espellos, que reflicten a luz dende a pantalla de enfoque ata oocular, desta forma mirase a fotografía que se vai realizar.
  • 12. ESPELLO: O espello protexe a película da luz que pasa polo lente. Cando sedispara a máquina para sacar unha foto, o espello levántase e deixa que a luzpase para a película permitindo que se conforme a imaxe nela.PANTALLA DE ENFOQUE: A pantalla de enfoque é o compoñente dacámara polo cal se proxecta a imaxe. A inclinación da cuña partida axuda apoñer en foco a imaxe.VISOR: É por onde se mira a imaxe. Dependendo da cámara pode verse o:fotómetro, o círculo de enfoque, o diafragma, a velocidade, se se necesitamáis luz (flash), etc. O visor non mostra a escena a través do lente peroaproxímase bastante á imaxe real. O punto de mira do lente non coincide codel, o que provoca que a maiores distancias o efecto sexa insignificante,pero a distancias máis curtas pódese apreciar un pouco máis.OBTURADOR DE PLANO FOCAL: O obturador está ubicado no corpo dacámara. Está composto de dúas cortinas, unha que tapa a abertura e impideo paso da luz e a outra que está enrolada. Cando se dispara unha cortinaenrólase e permite que pase a luz á película. Cando termina o tempo deexposición péchase a segunda cortina e dá por concluído o tempo. Cando secorre a película as cortinas volven a súa posición inicial. O tempo deexposición ou velocidade é o período que tarda en chegar a luz á película,
  • 13. polo tanto é outro dos compoñentes que vai controlar a luz. Todas ascámaras teñen un indicador de velocidades.ANEL DE ENFOQUE: Permite mover o obxectivo cara adiante ou caraatrás para regular a distancia entre o obxectivo e a película e conseguirunha imaxe nítida ou enfocada. O enfoque pode ser manual ou automáticocomo nas cámaras autofocus.CARRETE: Este cilindro enrola a superficie sensible cada vez que se corre odeslizador da película. Película fotográficaDESLIZADOR DA PELÍCULA: Esta panca utilízase para facer avanzar apelícula despois de que se fixo a fotografía. Ao facer isto libérase odisparador e deixa a cámara preparada para a seguinte fotografía.SOPORTE PARA O FLASH: É onde se insire o flash na parte superior dacámara, pode ter os contactos para activar o flash ou só servir de soporte,como nas antigas.
  • 14. BOTÓN DE REBOBINADO: Este serve para rebobinar a película despoisde que o carrete a enrolase.CONTADOR DE VISTAS: Mostra a cantidade de fotos sacadas.CONEXIÓN PARA O CABLE DO FLASH: É a conexión que permite áscámaras antigas que non teñen conexión directa desde a zapata do flash,conectarse á cámara. Algunhas cámaras teñen ademais a inserción para ocable, o que fai posible que a cámara utilice dúas unidades de flash.CAIXA: Estoxo hermético á luz que contén todos os elementos anteriores econstitúe o corpo da cámara. QUE É UNHA CÁMARA DIXITAL?As cámaras dixitais permiten tomar fotografías, pero albergándoas nunhamemoria dixital, ao contrario das cámaras convencionais nas cales a imaxequeda finalmente nun papel, por medio dun proceso químico.Nas cámaras dixitais as imaxes quedan rexistradas nunha placa que posúemillóns de sensores, a cal traspasa a información, á memoria.Na maioría das cámaras dixitais pódese decidir, de maneira inmediata, se afotografía é do gusto de un ou non. Xa que de non selo, pódese borrar da
  • 15. memoria de maneira instantánea. Por outra parte, coas cámaras dixitais undispón de maneira inmediata das fotografías tomadas.PARTES DAS CÁMARAS DIXITAISA resoluciónDefine a calidade da imaxe que podes captar. A maior resolución mellor seráa cámara, pero tamén resultará máis cara. Debes fixarte na resolución real,non interpolada.A memoriaCondiciona a cantidade de fotos que podes facer a unha determinadaresolución. Existen distintos tipos de tarxetas de memoria, cada fabricantesoe usar un distinto.O visorÉ unha pequena pantalla de 1,5 ou 2 pulgadas para visualizar a imaxe antes edespois de facer a foto.
  • 16. O obxectivoÉ o elemento da cámara polo que atravesa a luz antes de “ impresionar” osensor e, xunto a este, o principal condicionante da calidade das fotos.Trátase dun conxunto de lentes que, ademais de deixala pasar fai algunhasmodificacións na luz. Un bo obxectivo debe permitir fotografar tantoobxectos cercanos como os situados a gran distancia. Por desgracia, estacondición só a cumpren os modelos de gama media alta.Zoom: Son obxectivos de distancia focal variable. Isto permite aumentar detamaño as imaxes para que pareza que os obxectos están máis preto. Ascámaras dixitais máis baratas non acostuman ter máis de dous aumentos, adiferenza dos modelos máis caros, que dispoñen de ata dez. Non hai queconfundilo co zoom dixital.Macro: Función que axusta o obxectivo para permitir capturar obxectossituados a menos de 50 cm.As baterías: As cámaras dixitais necesitan enerxía para funcionar, máisque as de película. Case todas contan cunhas baterías recargables ou, no seudefecto, pilas. Antes de adquirir unhas, asegúrate de que o dispositivoempregado para recargalas, xa sexa un cargador, transformador ou base,está incluído no equipamento da cámara.Conexións: Todas necesitan un medio para ”enchufalas” a un PC e descargaras fotos. O mellor é que sexa unha conexión UBS 2.0 ou Firewire, cunhaelevada velocidade de transferencia de datos que permiten “baleirar” acámara en poucos segundos.
  • 17. Axustes da cámara: Tamén hai que ter en conta todas as funcións queincorpore o dispositivo. Valora positivamente todas as que teñan que ver coaconfiguración da cámara e que conduzan a facilitar a obtención de boasfotos. Outras funcións como os efectos visuais, non son tan importantes, esempre podes facelos posteriormente no ordenador.Cuberta: Protexe os circuítos internos e dá estética ao produto.Flash: ilumina de maneira momentánea o lugar no que se toma a foto. BENEFICIOS DAS CÁMARAS DIXITAISAs cámaras dixitais son dispositivos electrónicos que capturan e almacenanimaxes dixitalmente, remprazando así á película fotográfica. CÁMARA ESCURAA cámara escura pode ser un recipiente ou unha caixa coa que se podentomar imaxes e facer fotografías. Se lle dá o nome de cámara escura polofeito de que no seu interior está pintada de negro, e ademais non entra nadade luz por ningunha parte, excepto por onde se queira (o burato pequenocomo exemplo, que tamén se chama “estenopo”).Esta cámara ten que ter como mínimo un burato para servir como estenopo ese se quere, aínda que é recomendado, outro burato para servir como visor.
  • 18. E grazas ao principio físico da propagación rectilínea da luz, a través doestenopo no interior da cámara prodúcese unha imaxe.Nota: a imaxe sairá invertida e débil na iluminación respecto ao que seenfocase. Cámara escura A FOTOGRAFÍA E A ARTEAta finais do século XIX a fotografía é valorada pola capacidade de captarimaxes coa maior fidelidade posible. En ningún momento se propón o valorartístico que esta pode conter.O exceso de cámaras fotográficas converte a fotografía nun feitoinsignificante e vulgar sen valor artístico ningún, e por iso os fotógrafoscansos xa da clásica forma de composición, traballan en novas técnicasfotográficas.Os fotógrafos buscan un toque artístico imitando o debuxo e a pintura. Afotografía artística busca a súa diferenciación na composición baseada nasregras da pintura.
  • 19. O impresionismo inflúe na fotografía fundamentando os seus contidos nocontraste de luces e sombras. A fotografía pretende imitar a pinturaimpresionista e esta tamén utiliza a fotografía para o estudo da color.O modernismo tamén inflúe na fotografía. Dende 1900 ata 1920considerouse a etapa da fotografía artística. Durante este períodomaniféstanse tres actitudes artísticas: impresionismo, realismo esurrealismo. A súa vez, dentro destas tres tamén están: o pictorialismo, afotografía pura, a fotografía obxectiva, o novo realismo, etc.O IMPRESIONISMO: O impresionismo é considerado o movemento máisimportante na pintura das últimas décadas do século XIX. O acontecementodecisivo non ocorreu ata 1869, cando Renoir e Claude Monet pintaron xuntosen A Grenouillère -"ranería" ou estanque, en francés, neste caso o principaldo Bois de Boulogne-, sen dúbida o ano máis importante para o movementoimpresionista.O REALISMO: O realismo é unha corrente que abrangue moitas artes,entre as que destacan a pintura, a fotografía, o cine, a literatura e afilosofía.Como corrente literaria europea deuse entre 1850 e 1900. Caracterízasepola observación rigorosa da realidade (de aí o nome).
  • 20. O SURREALISMO: O surrealismo ou superrealismo é un movementoartístico e literario xurdido en Francia no primeiro cuarto do século XX entorno á personalidade do poeta André Breton. O surrealismo tomou dodadaísmo algunhas técnicas de fotografía e cinematografía así como afabricación de obxectos.O PICTORIALISMO: O pictorialismo é unha corrente fotográfica depretensións artísticas que se desenvolve a nivel mundial (aínda queprincipalmente en Europa, Estados Unidos e Xapón) entre finais dos anos1880 e o final da Primeira Guerra Mundial. O nome do movemento deriva dotermo inglés picture (imaxe). Para o grupo de fotógrafos que o conformaron,o pictorialismo supón falar dunha imaxe máis dentro do existente, dunhaimaxe simple captada/separada dun mero rexistro da realidade. O seu lemaé “a busca da beleza coa intención de reivindicar os valores propios dafotografía”.A FOTOGRAFÍA PURA: A fotografía pura foi un movemento no que sebuscaba reivindicar a fotografía como medio artístico, sen preparar ouintervir no tema ao representalo nas imaxes. A fotografía comezou a serconsiderada como un medio artístico en si mesma e non como una forma deimitar a pintura artística (Fotografía pictorialista). Non só a forma defotografar era o que cambiaba, senón tamén o tema fotografado, buscábasea espontaneidade, o natural, sen poses nin manipulacións.
  • 21. A FOTOGRAFÍA OBXECTIVA: A fotografía obxectiva é o novo realismoxurdido en 1920 para romper co pictorialismo. Os temas que trata son: vidacotiá, pedras, madeiras, plantas.As imaxes non se manipulan durante o revelado. Na fotografía obxectivabúscase a riqueza dos tons, a nitidez de detalles, etc. Esta corrente foiabsorbida pola publicidade.O NOVO REALISMO: O Novo realismo é un movemento artístico dapintura fundado en 1960 polo crítico da arte Pierre Restany e o pintor YvesKlein, durante a primeira exposición colectiva na galería Apollinaire de Milán.O Novo Realismo foi, xunto con Fluxus e outros grupos, unha das numerosastendencias da vangarda dos anos sesenta do século XX.O DADAÍSMO: O Dada ou Dadaísmo foi un movemento artístico xurdido enEuropa (Suíza) e en Norteamérica en 1915, que se caracterizou por acenos emanifestacións provocadoras en que os artistas pretendían destruír todasas convencións con respecto á arte, creando unha anti-arte.As intencións do grupo eran basicamente a internacionalización da arte e apropagación da arte abstracta.
  • 22. GLOSARIO-DAGUERROTIPO: É un invento precursor da fotografía moderna. Foi unha ponte entre acámara escura e a cámara obxectiva.-IODO: É un elemento químico situado no grupo dos halóxenos. Pode encontrarse enforma molecular como iodo diatómico.-CALOTIPO: É un método fotográfico baseado nun papel sensibilizado.-COLODIÓN HÚMIDO: É un procedemento fotográfico creado no ano 1851. Chámasecolodión húmido porque a placa ha de permanecer húmida durante todo o procedementode toma e revelado das imaxes.-ESTEREOSCÓPICO: Refírese a calquera técnica de gravación da información visualtridimensional.-O ESTEREOSCOPIO: É un dispositivo moi simple que consta de catro pequenos espellos.Este aparello substitúe o cruzar os ollos para ver fotos ou vídeos estereoscópicos, quepara moitos é algo difícil ou incómodo.-TRIDIMENSIONAL: En xeometría ou análise matemática, un obxecto é tridimensionalcando ten tres dimensións.-BINOCULAR: Un binocular é un prismático. Son uns instrumentos ópticos que se utilizanpara ampliar a imaxe dos obxectos distantes observados.-OFFSET: Método de reprodución de documentos ou imaxes sobre papel ou materiaissimilares.-FOTOCROMÍA: Sistema de imprenta en cor.-FOTOPERIODISMO: Periodismo gráfico ou reportaxe gráfica.-EMULSIÓN: Substancia xelatinosa que contén sales de prata sensibles á acción da luz.-TRÍPODE: Utensilio con tres patas que se emprega como soporte.-COOPERATIVA: Sociedade formada por traballadores ou consumidores para producir,comprar ou vender produtos en común.-INCREMENTAR: Facer maior (unha magnitude, certa cousa que se pode cuantificar).
  • 23. -VTR (VIDEO TAPE RECORDER): É un aparello utilizado para gravar imaxes enmovemento en cinta magnética. Tamén é coñecido como magnetoscopio.-VICEVERSA: Indica que, ademais do que se predica na oración, tamén se afirma omesmo ao inverter os seus termos.-SIMULTÁNEAMENTE: De maneira simultánea, que sucede ao mesmo tempo.-FEIXE DE LUZ: É o conxunto de partículas ou raios luminosos dunha mesma orixe, quese propagan sen dispersión.-FOTÓMETRO: Instrumento que serve para medir a intensidade da luz.-EIXE: Liña imaxinaria arredor da que xira algo.-OCULAR: Lente ou sistema de lentes dun instrumento óptico, situadas na parte á que seachega o ollo, para poder observar a imaxe proporcionada polo obxectivo.-CUÑA: Peza de madeira ou de ferro, consistente en dúas caras rectangulares que se vanunindo ata formaren un ángulo agudo, que serve para cortar, fender e suxeitar algo.-CONVERXENTES: Que converxen, que se unen nun punto.

×