Your SlideShare is downloading. ×
0
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Fascismo
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Fascismo

591

Published on

Presentación sobre o Fascismo …

Presentación sobre o Fascismo
Unidade didáctica: 19145-1945 O Mundo en Guerra
Alumn@s de 4ºB IES de Meaño (Pontevedra)
M.S.F.C. / J.L.G.M. / F.G.V. / L.D.V.P.

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
591
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. O FASCISMO
    -Francisco García Vázquez
    -José Luís García Méndez
    -Luís David Varela Pérez
    -Miguel Severino Frieiro Curra
  • 2. O Fascismo
    Definición: O fascismo é unha ideoloxía totalitaria na que que se busca exercer un poder absoluto sobre os individuos que compoñen o Estado, é o movemento oposto a democracia liberal.
    O fascismo foi creado por Bieito Mussolini en 1919 en Italia. As súas características son:
    -Primacía do Estado e a Nación: A nación esta por encima de todo, e as accións dos individuos están restrinxidas e sometidas á vontade da nación (todo debe elevar a grandeza da nación, é dicir, exaltación patriótica).
    -Concentración do poder nun único líder: todas as institución están baixo control do líder.
    Franco MussoliniHitler
  • 3. -Existencia dun único partido político: Había un partido que tiña o poder e os demais tiñan que ser perseguidos e eliminados para asegurarse o poder.
    -Eliminación da igualdade entre persoas: destacando o machismo onde se consideraba ao home totalmente superior a muller (que tiña que ocuparse da casa e os nenos). Tamén destaca a defensa da superioridade dun pobo sobre outro (unha das causas da 2ª Guerra Mundial)
    -Control ideolóxico: Empregando maioritariamente a violencia para eliminar calquera oposición ou critica ao réxime. Os medios de comunicación, as escolas e organizacións xuvenís tiñan que estar ao servizo da causa fascista.
    -Intervención do Estado na economía: Mediante a autarquía (mantemento do Estado cos seus recursos). O Estado controla completamente o mercado, e prohibe as folgas e sindicatos (razóns pola que burguesía estivera a favor do fascismo).
    Símbolo fascista Carteis de propaganda fascistas
  • 4. Ficha Biográfica
    Personaxe:BieitoAmilcare Andrea Mussolini
    Cronoloxía: 1883-1945
    Contexto Histórico
    O seu poder chega despois da primeira Guerra Mundial onde pouco a pouco se converte no líder da ditadura fascista italiana. En España e xunto con Hitler axudou a Franco a conseguir o poder e a gañar a guerra civil. A súa alianza con Hitler desembocou na Segunda guerra Mundial.
    Datos Biográficos mais salientables
     Primeiramente participou no Partido Socialista Italiano pero despois da súa participación na Primeira Guerra Mundial o seu pensamento mudou ata chegar ao fascismo. Pouco a pouco foi collendo poder (Grupo de combate --- Partido Fascista ---- Ditadura) ata chegar a ditadura. Tivo gran trascendencia a Marcha sobre Roma onde amosaba o seu poder e onde empezou a crecer. Participou na Guerra fronte a Etiopía e firmou un tratado con Hitler de apoio mutuo. Despois da Guerra Mundial foi arrestado aínda que foi protexido polos alemáns ata a súa derrota en 1945 o que provocou o seu novo arresto e posterior morte.
     Curiosidades
     Pasou de ter un dos principais cargos do Partido Socialista Italiano a creación do fascismo que é totalmente de dereitas.
     Xustificación (por que)
    Foi o personaxe principal da época dado que foi o creador do fascismo que serviu de exemplo para outros países.
  • 5. Logo da Primeira Guerra Mundial Mussolini chegou ao poder seguindo as etapas e as causas aquí expostas:
    -Crise en Italia: Provocada pola primeira Guerra Mundial que orixinou unha grave crise política e económica. Existía tamén un forte resentimento xeral acentuado polos ex-combatentes entre outras cousas porque aínda que Italia fora un dos aliados gañadores da primeira Guerra Mundial non se levou nada do “botín”.
    -Nacemento do fascismo: Exaltación patriótica e nacionalista. Mussolini creo os fascios no 1919 (grupo de combate que disolvían protestas e folgas). No 1921 creouse o PNF (Partido Nacionalista Fascista)
    Logo do PNF Os fascios
     
    A chegada de Mussolini ao poder
  • 6. -Mussolini como xefe de goberno: O rei apoiou a Mussolini observando as fraquezas do partido liberal. En 1922 Mussolini organiza a Marcha sobre Roma (onde 100.000 homes dos grupos de combate fixeron unha marcha por Roma mostrando así o poder que tiña Mussolini) . A marcha marca o principio do réxime fascista e o final do réxime parlamentario precedente, pero a maneira da cal Bieito Mussolini converteuse en xefe do goberno estaba paradóxicamente de acordo co StatutoAlbertino (constitución italiana). A ditadura entrou en vixencia máis adiante, co asasinato de GiacomoMatteotti (quen explicaremos máis adiante) e a prohibición dos partidos da oposición (como vimos nas características principais do fascismo).
    Marcha sobre Roma
     
  • 7. Ficha Biográfica
    Personaxe: Víctor Manuel III
    Cronoloxía: 1868-1947
    Contexto Histórico
     Este personaxe foi o rei de Italia entre o período das grandes guerras. Primeira Guerra Mundial e a Segunda Guerra Mundial. O seu reinado coincide despois da unificación italiana.
    Datos Biográficos máis salientables
    Durante o seu reinado participou na Primeira Guerra Mundial(bando dos aliados) na Guerra de Etiopía e na Guerra Civil ( bando franquista).Foi sancionado varias veces pola Sociedade das Nacións pola conquista de Etiopía e como resposta autoexclueuse dela. Tamén destaca no seu reinado chamados Pactos de Letrán co papa Pío XI polo que se creaba o estado soberano da Cidade do Vaticano (no poder da Igrexa) co que se cerraba o conflito aberto en 1870 coa toma de Roma por parte das tropas do novo reino de Italia. Ao final vendo a presión de Mussolini non dubidou en concederlle o poder nin intentou evitalo . Durante a ditadura cambiaron a corte a Bari (Roma ocupada polos Alemáns). O seu papel na ditadura de Mussolini explica a súa impopularidade pola que en 1946 abdicou dándolle o poder ao seu fillo Humberto II.
     Curiosidades
    Tras a súa abdicación, Víctor Manuel de Savoia partiu ao exilio baixo o nomedeConte di Pollenzo e morreu un ano despois en Alexandría, Exipto, en cuxa iglesia de Santa Catarina foi e continua sepultado.
     Xustificación
    Eliximos a este personaxe pola súa importancia na chegada de Mussolini ao poder dado que coa súa pasividade provocou que Mussolini fixera a súa ditadura.
  • 8. Despois da chegada de Mussolini ao poder modificou a estrutura e organización política de Italia.
    -Imposición do fascismo : No que Mussolini exercía unha ditadura persoal (converténdose no duce) e no que conseguía o control total a través dun Estado Corporativo (formado por corporacións que son organizacións profesionais comúns de obreiros e empresarios) mediante a carta de Lavoro,a censura e o control sobre os medios de comunicación.
    -Desenvolvemento da exaltación nacionalista coa construción de numerosas obras públicas, o proteccionismo, educación do desemprego, axudas agrícolas que lle axudaron a conseguir o favor popular. Mussolini serviu de exemplo para outros países.
    O DuceCarta de Lavoro
    A Italia Fascista
  • 9. -Ampliación do imperio colonial mediante a ocupación de Libia e Absinia, desobedecendo a (S.N.) Sociedade de Nacións (antecedente da O.N.U.).
    -Pacto de aceiro: alianza da Italia de Mussolini coa Alemaña de Hitler que se asinaría en 1939, tratado de alianza e de apoio mutuo. Este pacto careceu de valor xa que Mussolini negaríase a prestar axuda a Alemaña en caso de guerra coas nacións occidentais. Non seria ata a derrota francesa en 1940 ata que Mussolini declarase a guerra a Gran Bretaña e a xa derrotada Francia. Xa houbera unha alianza anterior a este pacto para prestarlle axuda a Franco na Guerra Civil española.
    -A caída de Mussolinien 1943 causada polas derrotas e a conquista de Sicilia polos Aliados.
    Pacto de aceiro Mussolini morto Mussolini con Franco
  • 10.  Ficha Biográfica
    Personaxe: GiacomoMatteotti
    Cronoloxía: 1885-1924
    Contexto Histórico
     Estamos no período das grandes guerras Mussolini esta acadando poder en Italia (de feito morre polo seu poder). En Italia reina Víctor Manuel III aínda que con pasividade. En España vívese as tensións que desembocan no golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera.
       Datos Biográficos máis salientables
     Procedente da burguesía terratenente do nordeste, Matteotti entrou na política como socialista reformista, e en 1921 integrouse no Partido Socialista Italiano. Foi un personaxe moi importante e representante da democracia en Italia. Foi o responsable de que Italia non participara na Primeira Guerra Mundial e ademais criticou ao goberno pola súas fraquezas fronte ao terrorismo. Tras a Marcha sobre Roma (que levou ao poder a Mussolini) el seguiu criticando a ditadura o que provocou que despois de un discurso en 1924 anti-Mussolini foi asasinado por uns sicarios fascistas.
    Curiosidades
      Na súa homenaxe, as brigadas do Partido Socialista da Resistencia italiana recibiron o nome de BrigateMatteotti («Brigadas Matteotti»)
    Xustificación (por que)
    Eliximos a este personaxe porque é un dos principais combatentes de Mussolini é o único que podía haber cambiado as cousas en Italia.
  • 11. A ditadura de Miguel Primo de Rivera
    A ditadura de Primo de Rivera comezou no 1923 e prolongouse ata 1930. Miguel primo de Rivera recibiu o apoio de Afonso XIII e de Mussolini.
    Períodos da ditadura :
    1. O directorio militar (1923 ata 1925): No que destacou un goberno só formado por militares. Este período rematou coa finalización da guerra de Marrocos. Nesta etapa enfrontáronse ó goberno: republicanos, anarquistas e comunistas.
    2. O directorio civil (1925 ata 1930): Este goberno estivo totalmente dirixido por civís vinculados á unión patriótica. Destacou nesta etapa Calvo Sotelo que intentou imitar o modelo de Mussolini. Potenciouse o desenvolvemento económico mediante a creación de monopolios telefónicos (ITT) e de combustibles (CAMPSA) ademais de construír obras públicas como: ferrocarrís, estradas…. En Galiza hai que destacar a lei de redención dos foros que permitiu que os campesiños puideran apropiarse destas.
    Directorio Civil Directorio militar José Calvo Sotelo
  • 12. A fin da ditadura: En 1930 primo de Rivera presentou a súa dimisión ó rei. As causas principais foron a forte oposición e a oposición dalgúns militares ó réxime.
    A fin da monarquía: Logo da dimisión de Primo de Rivera encargou a formación dun novo estado a Berenguer. Republicanos, socialistas e nacionalistas cataláns reuníronse no Pacto de San Sebastián para derrocar a monarquía e proclamaron a República. Esta proclamouse o 14 de abril de 1931 e nomeouse como presidente a Aznar
    Bandeira Republicana
    Berenguer Aznar
  • 13.  Ficha Biográfica
    Personaxe: Miguel Primo de Rivera
    Cronoloxía: 1870-1930
    Contexto Histórico
     España vive unha decadencia acrecentada por varios incidentes como o desastre de Annual, a crise…. O que provocou que o Monarca Afonso XIII permitira o golpe de Estado de Primo de Rivera.
     Datos Biográficos mais salientables
    Participou na Guerra de Marrocos. Foi capitán xeneral de Barcelona no que se gañou o favor da Liga Rexionalista. En 1923 deu un golpe de Estado como resposta ao Desastre de Annual (onde había morto o seu irmán). Dirixiu a Ditadura 7 anos e despois dimitiu dando paso a República.
     Curiosidades
      Moitos dos seus familiares foron grandes e personaxes dende heroes ata personaxes con altos cargos.O seu bisavó virrei , o seu irmán heroe, o seu tío marques, o seu avó heroe.
     Xustificación (por que)
    Eliximos a este personaxe porque e o principal protagonista destes anos en España ao ser o responsable da ditadura que desembocaría na Segunda República.
  • 14. Con este video podemos ver de forma resumida o s acontecementos relacionados co fascismo pero dunhamaneiramáis directa.
  • 15. Ficha do libro:
    Título En Torno Del Fascismo Italiano. 
     
    Ano de edición 1925 Barcelona
    Nº de páxinas 219 
    Autor Cambo, Francisco
    Contexto histórico Expansión del fascismo y
    el bolchevismo. Mussolini xa se había feito
    co poder en Italia.
    Sinopse Ensayo que compara o Fascismo co
    Bolchevismo.
     
    Xustificación (por que) Grazas a este libro podemos comparar os dous movementos políticos máis importantes da época, ademais dos seus principais protagonistas Mussolini e Lenin.
  • 16. Ficha do libro
    Título A miña autobiografía.
     
    Ano de edición 1928.
    Nº de páxinas 249
    Autor Child, RichardWashburn (frw)
    Contexto histórico 1883-1945. Os anos de
    Vida de Mussolini.
    Sinopse O libro narra toda a vida de Bieito
    Mussolini: a súa infancia, o tempo no que foi
    Xornalista e soldado, a organización da marcha
    sobre Roma…
     
     
    Xustificación (por que) Mediante esta obra pódese observar toda a vida e as etapas de Mussolini, os seus pensamentos, o seu ascenso social e a súa caída e morte.
  • 17. Ficha de cine
    Título Novecento (1900)
    Ano de edición 1976
    Director Bernardo Bertolucci
    Reparto principalGérardDepardieu, Robert De Niro,
     StefaniaSandrelli,  Dominique Sanda
    DonaldSutherland,BurtLancaster, SterlingHayden,
     FrancescaBertini, LauraBetti,
     WernerBruhns, StefaniaCasini,Anna Henkel 
    EllenSchwiers, AlidaValli, RomoloValli
    Contexto histórico A Italia do século XX
    Sinopse No ano 1900, nunha finca no norte de Italia,
    nacen o mesmo día o fillo de un terratenente e o fillo dun braceiro.
    A película narra a vida de ambos e as súas respectivas familias
    durante oitenta anos. A amizade dos protagonistas verase nubrada
    polas súas diferentes actitudes fronte ó fascismo.
    Famoso drama que fai un complexo percorrido político e social pola Italia do século XX.
     Xustificación (por que) Nesta película móstranse as diferenzas de cómo a clase social inflúe sobre as ideoloxías das persoas. A demais pode observarse perfectamente a dureza e crueldade do fascismo e a diferenza existente entre a poboación que vive na miseria e a poboación rica e adiñeirada.
  • 18. Video sobre Novecento donde podemos ver refletido a pobreza da época.
  • 19. Ficha de cineTítulo Mussolini and I (Mussolini e eu)
    Ano de edición 1985
    DirectorAlbertoNegrin
    Reparto principalBobHoskins, 
    SusanSarandon,AnthonyHopkins, AnnieGirardot,
     Barbara De Rossi,
     Dietlinde Turban, VittorioMezzogiorno, FabioTesti
     
    Contexto histórico O fin da ditadura de
    Mussolini.
    Sinopse A Segunda Guerra Mundial foi
    o conflito máis encarnizado do mundo. Para Mussolini, un dos máis notorios ditadores de Europa, eran tempos difíciles, pois presenciaba como o poderoso imperio polo que tanto conspirou, escapaba das súas mans. Xa non pode confiar nos seus amigos e colegas, só na súa muller e a súa amante permanecen fieis protexendo ó enfermizo Mussolini das intrigas que ameazan destruílo...
    Xustificación (por que) Eliximos esta película porque reflexaba o personaxe de Mussolini e a fin da súa ditadura.
  • 20. Puxemos este vídeo sobre Mussolini e Eu porque nos mostra o esencial da película unha especie e tráiler.

×