• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Cuadernillo Desire
 

Cuadernillo Desire

on

  • 859 views

Breve del proyecto Desire 1

Breve del proyecto Desire 1

Statistics

Views

Total Views
859
Views on SlideShare
698
Embed Views
161

Actions

Likes
0
Downloads
4
Comments
0

3 Embeds 161

http://ecoleccion.wordpress.com 149
http://www.slideshare.net 6
http://www.linkedin.com 6

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Cuadernillo Desire Cuadernillo Desire Document Transcript

    • Desenvolvemento dun sistema para repositorio on line (con licenza GPL) de obxectos de aprendizaxe ligados a certificados de profesionalidade Acción Complementaria e de Acompañamento á Formación. Convocatoria 2008-2009 (Orde 6 de novembro de 2008) 1
    • 2
    • INTRODUCIÓN Para Forem-Galicia, no actual modelo de sociedade caracterizado pola chegada e implantación da sociedade do coñecemento e acelerado progreso científico e tecnolóxico, a incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) á docencia non é unha opción, senón unha obriga das institucións e entidades educacionais e formativas. Obxectivamente, aumentan as necesidades de incrementar a oferta de actualización e formación permanente dispoñible nas máis variadas condicións e circunstancias, para unha poboación cada vez máis ampla e que aprende de xeito continuo, en constante interacción coa sociedade do coñecemento na que está inmersa. 1.- POR QUE? Os motivos que subxacen para que Forem Galicia centre a súa atención no desenvolvemento dun repositorio de obxectos de aprendizaxe (ROA) ligado aos certificados de profesionalidade son múltiples e de diversa natureza. Poderiamos distinguir entre factores que lles demos en chamar “tanxibles”, directamente vinculados ao mercado da formación no momento presente, e o noso posicionamento ao respecto, e factores “intanxibles”, vinculados á filosofía e política da nosa organización e ao seu sistema de calidade, máis concretamente á visión estratéxica que definimos para a Fundación. O tanxible: Porque non hai elección, o “e-learning” é inevitable Porque cómpre adoptar un enfoque curricular por competencias Porque debemos aumentar e diversificar a oferta de recursos formativos e optimizalos Polo deseño dun mapa de coñecementos convertido en elemento dun contorno de aprendizaxe baseado en obxectos Pola importancia de conformar redes de colaboración con outras institucións e persoas para compartir experiencias e coñecementos Porque nos equipamos e preparamos para iso O intanxible: Os fins de Forem Galicia aprobados nos seus estatutos son: Colaborar no desenvolvemento dunha sociedade democrática e sostible baseada no coñecemento, o pleno emprego, a igualdade de oportunidades e a integración social Promover a utilización das TIC no ámbito produtivo e na vida cotiá. O sistema de calidade de Forem Galicia establece: A visión estratéxica de Forem Galicia é a dunha organización que aprende mediante a evolución e a adaptación 3
    • Organización que aprende é aquela capaz de xestionar o coñecemento e fomentar a aprendizaxe das persoas que a compoñen. Xestión do coñecemento e e-learning establecen entre si unha sinerxía que cómpre explorarmos: ambos son procesos internos que utilizan a tecnoloxía para compartir e acceder á información axeitada no momento xusto e no contexto máis oportuno, mellorando a eficiencia da organización e o uso de procesos e contidos. Xestión do coñecemento, formación permanente, tendencia no desenvolvemento de sistemas formativos apoiados polas TIC e carencia de contidos e actividades soportados por formatos axeitados, xunto á misión e visión que Forem Galicia se impón da nosa sociedade determinan que o actual proxecto se constitúa en centro de interese e motivo de ocupación para nós. 2.- QUE? Á hora de falarmos de obxectos de aprendizaxe (OA) e repositorios, cómpre partir dunha aclaración terminolóxica destes e outros termos asociados que permitan contextualizar axeitadamente o enfoque adoptado para a creación de Desire. A.- A web e o sistema e-learning Se a tecnoloxía web deu orixe ao modelo coñecido como e-learning, na práctica para levar a cabo un programa de formación baseado en e-learning bótase man de plataformas ou sistemas de software que permiten a comunicación e interacción entre profesores, alumnos e contidos. Téñense en conta dous tipos de plataformas: (infraestrutura e-learning ) LMS (learning management systems) Desire emprega Moodle Encárgase dos procesos administrativos e de seguimento (organizar calendarios, rexistro de alumnos, lanzamento de cursos e-learning, facer o seguimento do progreso do alumno) LCMS (learning content management systems) Desire emprega Drupal Encárgase da xestión de contidos formativos (creación, publicación, almacenamento, recompilación e envío personalizado de contidos e-learning en forma de obxectos de aprendizaxe e cursos en liña. A proposta da incorporación dun modelo e-learning non é doada e require especial atención o desenvolvemento de contidos tanto dende a perspectiva pedagóxica como tecnolóxica. Así xorde o concepto de obxecto de aprendizaxe. B.- Obxecto de aprendizaxe Definición “Calquera recurso autocontido, cunha intención formativa, composto dun ou varios elementos dixitais, descrito con metadatos, que poida ser utilizado e reutilizado dentro dun contorno e-learning”. Os obxectos de aprendizaxe posúen certas características como son tratarse de recursos dixitais, a granularidade ou ser autocontidos. 4
    • Compoñentes internos: Obxectivo instrucional Contido Actividade ou estratexia de aprendizaxe Avaliación Atributos: Reutilizables Accesibles Interoperables Durables Portables Unha das posibilidades de produción de OA propón un modelo centrado no docente. Este traballa de xeito autónomo na elaboración do seu material e constitúese no actor principal no deseño, construción e implementación do obxecto. Coa chegada da web 2.0 e as ferramentas de autor, as posibilidades de innovación pedagóxica amplíanse expoñencialmente, así como a apropiación das TIC no contexto formativo. Estas ferramentas facilítanlles a deseñadores instrucionais, docentes e alumnos o deseño de ambientes de aprendizaxe e OA sen necesidade de coñecementos da linguaxe de programación. Desire é un claro exemplo dos resultados do seu emprego. C.-Estándares e especificacións O manexo de diferentes tipos de recursos, para diferentes aplicacións e con distintas tecnoloxías-realidade na que se move o contorno e-learning- fai que a estandarización se volva un tópico clave para seguir operando ou crecendo as actuais aplicacións. Fan falla recursos dixitais, pero para atopalos e poder usalos é preciso clasificalos previamente. Unha vez se fai, convértense en obxectos de aprendizaxe. Os obxectos de aprendizaxe deben estar recollidos e organizados en metadatos, de tal xeito que o usuario poida identificalos, localizalos e utilizalos. LOM-es é o estándar elixido para Desire. Metadatos: Os metadatos son un conxunto de atributos ou elementos necesarios para describir un recurso. LOM: Learning Object Medatada (LOM) especifica a semántica e a sintáctica dun conxunto mínimo de metadatos necesario para, completa e axeitadamente, identificar, administrar, localizar e avaliar un OA. Contempla 9 categorías, 76 elementos e é expandible. O seu propósito é facilitar sistemas automáticos na tarefa de buscar, compartir e intercambiar OA. 5
    • D.-Repositorios Coa aparición do e-learning e dos OA xorden necesidades particulares para xestionar os contidos formativos e os ROA posiciónanse como ferramentas que teñen como función almacenar recursos, facelos dispoñibles e compartilos con outras aplicacións, facilitando o fluxo de contidos e a expansión de servizos. Isto é posible grazas á estandarización. Definición: É un lugar central no que a información se almacena e mantén. Un repositorio pode ser un lugar onde múltiples bases de datos ou ficheiros están localizados para seren distribuídos sobre unha rede de ordenadores. Aspecto para destacar é que os ROA non necesariamente recollen fisicamente o obxecto que conteñen, abóndalles con “apuntar” a eles. Tipos: Repositorios de metadatos Conteñen só os metadatos dos obxectos Repositorios de recursos Conteñen tanto os obxectos co seu contido como os seus metadatos Desire pretende ser un repositorio mixto no que se fai unha combinación destes dous tipos mencionados. 6
    • 3.- FASES DO PROXECTO As fases do proxecto están deseñadas de xeito que os resultados de cada actividade son utilizados como punto de partida para a actividade seguinte, establecendo desta maneira unha conexión que permite o aproveitamento dos resultados obtidos. Análise documental e deseño de bases de datos Xeración das ferramentas de actualización e busca Experiencia piloto Presentación e difusión da xornada técnica Elaboración de informes finais FASE 1 - ANÁLISE DOCUMENTAL E DESEÑO DAS BBDD 1.- Estándar LOM-ES Os recursos desenvolvidos para o proxecto etiquetaranse para a súa adaptación aos estándares recoñecidos na aprendizaxe electrónica. A información LOM-ES estrutúrase en categorías, dentro de cada unha hai campos obrigatorios, recomendables e opcionais. Estudo e determinación das etiquetas do estándar LOM-ES • Borrador da proposta do estándar IEEE-SA 1484.12, traducido e aprobado polo Comité Revisor do IEEE o 12 de xuño de 2002 • GT9 / GT8 - SC 36/AENOR Perfil de aplicación LOM-es v.1.0. Esquema base de metadatos Ficha Metadatos proposta 7
    • 2.- Definición de prestacións e procedementos de actuación Determinación das prestacións finais do sistema: • Sistema de repositorio de obxectos de aprendizaxe baseado nas unidades de competencia do sistema nacional de cualificacións • Permite publicar recursos e compartilos mediante un sistema de etiquetaxe simple e deseño das bases de datos Determinación dos procedementos de actuación do sistema por parte dos usuarios que colaboren nel REPOSITORIO se incorpora DESIRE é un conxunto de etiquétanse ESTÁNDAR ESPECIFICACIÓN segundo LOM-ES SCORM 2OO4 RECURSOS DIDÁCTICOS revísase aceptado achegados administrado PROCESO DE RECURSO por por rexeitado VALIDACIÓN NON PUBLICABLE entre ADMINISTRACIÓNS E PROVEDORES USUARIOS poden ser IGUAIS DOCENTE CREADOR COORDINADOR REVISOR 8
    • 3.- Deseño da estrutura da base de datos Debe recoller: • Información sobre os OA (obxecto de aprendizaxe) e os propios recursos Debe facilitar: • Respostas rápidas a consultas Punto clave: • Relación entre os OA e o SNC (sistema nacional de cualificacións) Modelo E-R: • Recolle as entidades relevantes no noso sistema de repositorios, as súas relacións e propiedades • Todas as entidades ‘xiran’ arredor do obxecto de aprendizaxe • Análise documental e deseño das bases de datos 9
    • CMS 1 INSTALAR . S.... CM E PROBAR CMS 1 CMS 2 . CM S.... S.. ... CM CMS 2 CMS 1 CM S2 . S.... CARACTERÍSTICAS CMS 2 CMS 2 CM ANÁLISE CMS..... IMPRESCINDIBLES +POPULARIDADE CM FINA S.... CM . S1 . CM S.... MS..... S.... .C CM CM CMS 1 .. S.... CMS... . CMS 2 PRIMEIRO FILTRO SEGUNDO FILTRO CM CM S1 S2 CM CM S.... S2 . MÁXIMO 10 MÁXIMO 3 4.- Sistema de xestión de contidos Selección do CMS (Content Management System, Sistema de Xestión de Contidos): • Exame de informes dispoñibles • Características críticas para eliminar moitos CMS Factores principais: Requisitos Seguridade Facilidade de uso Rendemento / Administración Interoperatividade 15% 15% 20% 10% Servidor web Captchas Arrastrar e Administración en RSS colocar liña Sistema operativo SSL Soporte FTP URL amigables Xestión de Licenza Sesións Soporte CGI temas/estilos Redimensionado Última Autenticacións Enquisas de imaxes Estatísticas web actualización externas (LDAP, Accesibilidade Kerberos, etc) Xestión de perfís Blog 10
    • 5.- Propostas de interfaces gráficas Proposta gráfica de identificación do proxecto FASE 2 - XERACIÓN DAS FERRAMENTAS DE ACTUALIZACIÓN E BUSCA Deseño dos formatos visuais de presentación de datos, recollida e presentación de obxectos e de todos os sistemas de interrogación e actualización do servizo de repositorio. 1.- Deseñar as pantallas e formatos visuais de presentación dos datos Busca obxectos de aprendizaxe Consulta da ficha do obxecto de aprendizaxe Xeración das ferramentas de actualización e busca 11
    • Votación do obxecto de aprendizaxe Xeración das ferramentas de actualización e busca Valoración do obxecto de aprendizaxe Cambio do estado do obxecto de aprendizaxe 12
    • 2.- Xeración das ferramentas de actualización e busca Implementación modular dos sistemas de interrogación, formularios e todas as ferramentas que se van utilizar no repositorio • Probas de introdución de obxectos • Probas de formularios de avaliación propostos Guía de estilo de Desire 3.- Deseño da páxina: interfaces gráficas, follas de estilo e determinación dos apartados específicos 13
    • Xeración das ferramentas de actualización e busca Interfaces gráficas Follas de estilo Apartados específicos: FASE 3 - EXPERIENCIA PILOTO Introdución no sistema de obxectos de aprendizaxe Busca e incorporación de obxectos dispoñibles • Elaboración propia • Deseñados para a ocasión - Encerado dixital interactivo - Ferramentas de autor baseadas no software libre • Terceiros Concurso para ‘taskforces’ CURSO OBXECTO DO CERTAME PDI Rotafolios e vídeo do lector para sesión presencial de 5 horas FERRAMENTAS DE AUTOR Paquete SCORM para 10 horas de teleformación AMBOS OS DOUS CURSOS EN CONXUNTO Avaliación dixital para unha unidade de competencia completa 14
    • Certame de obxectos de aprendizaxe 4.- ONDE? DESCRICIÓN Descrición breve do sitio: bloques públicos, privados Inicio de sesión/rexistro/recuperar contrasinal • Bloques públicos - Cabeceira - Desire - Demos e proxecto • Bloques privados - Usuario do repositorio - Administradores/editores 15
    • OBXECTOS DE APRENDIZAXE Cómo subir obxectos • Subida de obxectos • Estados dun obxecto Cómo descargar obxectos Outras operacións con obxectos WEB 2.0 E DESIRE Elementos 2.0 e web colaborativa desire • Moodle • Twitter • Blogs • RSS Cara a onde camiña desire Tecnoloxía/licenzas empregadas en Desire • code.proxectodesire.eu • php, mysql, javacripts, gnu/linux, gpl, cc, cvs Distribución LIVE-DVD • Cómo se distribúe Desire • Qué é un LIVE-DVD 16