A PIRÁMIDE
             07
             08


                           A
                           N
                   ...
CHARLA
       OUTRA NOVA                           A GAITA E OUTROS INSTRUMENTOS
        PIRÁMIDE                         ...
Conferencia de Carlos Ruíz Miguel
O día 3 de novembro o profesor Carlos Ruíz Miguel catedrático de
Dereito Constitucional ...
Seguindo con temas sanitarios e da saúde , dende Vicedirección invitouse á Oficina de
Coordinación de Transplantes da Auto...
Charla: Blanca Álvarez                                                  CICLOS
                                       En f...
Concurso: Redacción - Coca Cola

Trátase dun concurso de relatos no que participan alumnos de 2º
da ESO. Só poden ir dous ...
Concurso: IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
                               Os gañadores deste concurso foron:

        ...
VISITA: ARTEIXO - INDITEX                                   VISITA: BARRIÉ -PICASSO
                                  Outr...
CONCURSO: 7º Premio de Pintura Escolar

                                                            O Concello de Lalín or...
VISITA: PONTEVEDRA. GARCÍA ALIX

O 8 de novembro, Manuel Darriba e Carlos Miguez levaron a
Pontevedra a 3º da ESO para ver...
VISITA: A CORUÑA. PLANETARIO-
DOMUS-ACUARIO
Tamén foron á Coruña os rapaces e rapazas de
1º da ESO, acompañados dos profes...
VIAXE: RUTAS LITERARIAS POLO MUSEO
Cambiamos de provincia e imos cara Lugo. Os de 3º da ESO
tiveron un día ben completiño ...
ACTIVIDADE: PELI. ERAGÓN            CONCERTO: NADAL
     Xusto antes das vacacións de
Nadal, houbo unha Proxección no
saló...
Viaxe a Cabeza de Manzaneda




Un gran grupo de rapaces de 1º de ESO viaxou ata Cabeza de Manzaneda para pasar uns días
c...
VIAXE A MALLORCA




Na primeira semana de abril, 42 alumnos de 4º estiveron en Mallorca celebrando o seu derradeiro
curso...
horas entre outras cousas visitando o pobo ou comendo xeados nunha fabrica artesanal
que aí había (que estaban moi ricos)....
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Piramide0708a

814 views
743 views

Published on

Published in: Travel, Technology
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
814
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
12
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Piramide0708a

  1. 1. A PIRÁMIDE 07 08 A N U A R I O I.E.S. RAMÓN r MARÍA ALLER ULLOA
  2. 2. CHARLA OUTRA NOVA A GAITA E OUTROS INSTRUMENTOS PIRÁMIDE A instancias do Departamento de Música, a Alá vai un curso máis; ao Escola de Gaitas da principio parece longo pero logo Deputación de Pontevedra pasa. realizou unha charla No centro vivistes informativa ao alumnado de diferentes experiencias e 1º e 2º da ESO sobre a algunhas delas podedes gaita e outros instrumentos recordalas neste anuario que populares galegos. O obxectivo é motivar aos tedes na man. Olládeo e veredes rapaces e rapazas para que todas as actividades que se se apunten a clases dos foron realizando, e sobre todo instrumentos en cuestión no fixádevos nas fotos, algunhas auditorio de Lalín. delas ben divertidas, por certo. O curso pasado rematámolo con obras e como “as cousas de CHARLA : A SIDA palacio van despacio”, tamén comezamos con obras, e alá ata O voluntariado da Cruz Ver- o Nadal convivimos con elas. Na mella acudiu ao Centro para portada podedes ver parte da informar ós de 3º da ESO so- remodelación. E aínda que non bre o virus da SIDA. Despois hai unha visión unánime dos da charla informativa os resultados, o certo é que alumnos e alumnas iniciaron serviron para mellorar. unha quenda de preguntas Disfrutade deste novo sobre cuestións referentes á número de A Pirámide e, como sexualidade polas que senten non, tamén dun bo verán. ¡Ata inquietude. setembro!
  3. 3. Conferencia de Carlos Ruíz Miguel O día 3 de novembro o profesor Carlos Ruíz Miguel catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Santiago, falou aos de 1º de bacharelato, organizado polo Departamento de Filosofía, sobre os conflitos territoriais e os dereitos humanos en Palestina e o Sahara. A conferencia foi ilustrada coa proxección dun vídeo que reflectía os aspectos históricos do conflito do Sahara e Palestina. Posteriormente houbo un interesante debate entre o alumnado e o catedrático. Charla sobre O Mercado de Valores A profesora de Economía Olga Jorge organizou para os de 1º bacharelato B,C e D unha charla sobre o mercado de valo- res. Dende a Fundación Caixa Galicia enviaron ao Centro un es- pecialista en mercado de valores para ofrecer uns conceptos básicos ao alumnado desta materia cos que puidesen parti- cipar no xogo da Bolsa, que tamén organiza Caixa Galicia. Charla sobre Lesión medulares A Asociación de discapacitados da zona do Deza enviou a dúas persoas para que falaran cos de 3º da ESO sobre le- sións medulares. Nesta ocasión un tetrapléxico explicoulles a súa experiencia a raíz dun accidente de moto e o seu acompañante fixo unha exposición sobre as lesións medula- res en xeral.
  4. 4. Seguindo con temas sanitarios e da saúde , dende Vicedirección invitouse á Oficina de Coordinación de Transplantes da Autonomía de Galicia ( OCT ) a que visitaran o noso Centro para falarlles ao alumnado de 1º de bacharelato sobre doazón e transplantes. Xunto cos especialistas viñeron dúas persoas , unha señora transplantada de medula ósea e unha ex -alumna con transplante de páncreas; ámbalas dúas deixaron o seu testemuño e a súa experiencia vital. Charla: Charla: Julio Alberto e as drogas Máis temas de saúde. O ex–xogador do Barça, Julio Alberto, desde a súa experiencia traumática no mundo das drogas, foi invitado pola peña do citado clube a visitar Lalín e ofrecer aos escolares do noso centro unha charla sobre drogadicción.
  5. 5. Charla: Blanca Álvarez CICLOS En febreiro, a escritora Blan- No Hotel ca Álvarez achegouse o Sa- Katiusca, en lón de Actos para charlar co S i l l e d a , alumnado de 2º de ESO. Inda fíxose a que as cousas non saíron co- presentación mo a todos nos gustaría que dos Ciclos saísen, certo é que non Formativos deixou de ser un privilexio o para o poder contar coa presenza alumnado da dunha das autoras máis sa- comarca. lientables de literatura xuve- nil que publican hoxe en día. Charla: Víctor Omgbá O escritor camerunés Victor Omgbá tivo un encontro co alumnado de 3º da ESO, no salón de actos do Centro. Autor da novela Calella sen saída, completou a lectura feita da mesma por parte do alumnado cunha charla na que a súa experiencia como inmigrante foi o tema principal. Concurso: O xogo da Bolsa Patrocinado por Caixa Galicia, participa o alumnado de 1º de bacharelato da materia de Economía. Con- siste en que lles entregan 50.000 euros ficticios para investir na compra de accións de empresas en Ma- drid, Londres, Viena e Frankfurt. O xogo dura tres meses e gaña o equipo que máis revalorice o capital. Hai que dicir que este ano o noso centro non tivo sorte xa que non logrou clasificarse dentro dos cin- cuenta primeiros postos, polo que non obtivo ningún premio, como si sucedeu o curso pasado.
  6. 6. Concurso: Redacción - Coca Cola Trátase dun concurso de relatos no que participan alumnos de 2º da ESO. Só poden ir dous rapaces/as por grupo a Santiago, que foi o lugar escollido para a celebración da proba. Alí, e nun máximo de catro folios, deben crear un relato sobre un tema escollido pola organización e que eles descoñecen até ese momento. Deste primeiro encontro saen seleccionados os gañadores autonómicos. Os participantes do noso Instituto, previa selección dos mellores traballos, foron: -Miguel Costa e Andrea Justos de 2º C -Santiago Medina, Diego Areán e Antía Carral de 2ºA -Manuel Justicia de 2ºD PRESENTACIÓN: ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS ACTIVIDADE: CINE - Violen- cia de xénero O 22 de outubro tivo lugar a presentación da sección en Promovido pola Direc- Lalín da Escola Oficial de ción Xeral Idiomas de Pontevedra. de Saúde Presidiu o acto o Sr. Pública da Director Xeral de Formación Consellería Profesional e Ensinanzas de Sanida- Especiais e O Sr. Delegado de de, o alum- Educación de Pontevedra, nado de 4º Cristóbal Fernández. da ESO foi invitado ao cine Pontiñas para ver “Ciudades de silen- cio”. 2ºA ESO
  7. 7. Concurso: IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA Os gañadores deste concurso foron: -1º premio para Xandra Quiroga Álvarez de 1º B da ESO coa foto que leva por título “Xeometría con cafeína” (na foto, enriba) -2º premio para Borja Vázquez de 2º de bacharelato B coa foto “Límite de ventá cando tende o infinito” (na foto, no medio) -No 3º premio houbo un empate entre Aldara Quiroga Álvarez de 3º ESO B, coa foto titulada “Pi”, e Borja Vázquez, que titulou o seu traballo como “Conxunto baleiro”. CONCURSO: CANGURO MATEMÁTICO Olimpiada matemática de Este é un concurso a nivel na- 2º de ESO cional, organizado pola Asociación A esta olimpíada po- Canguro Matemático Europeo, den- den ir dous alumnos por de a Xunta de Castela e León. Cele- grupo e no noso Centro brouse no propio Instituto o 9 de só quixo participar o abril e participaron 35 rapaces/as de 1º da ESO, 6 de 2º, 10 de 3º e 1 alumnado de 2ºC e D. de 1º de Bacharelato. Foron seleccionados estes catro ra- No curso pasado José Antonio Blanco Moa, paces: Iván Losón e Miriam Isidro de 2º de 4º da ESO, obtivo os mellores resultados do C ; Ramón Gil e Adrián Fernández de 2º Centro e foi obsequiado cun lote de libros. Neste D. curso nos se coñecerán os resultados ata o mes de xuño.
  8. 8. VISITA: ARTEIXO - INDITEX VISITA: BARRIÉ -PICASSO Outra saída foi a Arteixo, á fábrica de Inditex. En dúas xornadas diferentes, os grupos de 4º A e B acompañados dos profesores/as Mª Jesús Gracia, Enma Vedo, Juan José Cavado e Javier Enjamio, visitaron a planta de téxtil: deseñadores, comercialización, produción, etc. Fixeron un percorrido pola planta de patronaxe (hai que comentar que alí non se realiza a confección). Despois foron a unha superficie automatizada equivalente a seis No mes de xaneiro houbo varias saí- campos de fútbol onde se realiza a embalaxe. Logo das curtas. Unha delas foi á Coruña, mostráronlles as tendas que teñen de exposición, que se organizada polo Departamento de cambian cada 15 días con roupa nova . Historia para o alumnado de 4º B, D e os de 2º de Bacharelato de Arte. É unha industria que emprega enerxías alternativas como placas solares. Na Fundación Barrié visitaron unha exposición sobre a obra pictórica de E para rematar a visita obsequiáronos con cadansúa Picasso e logo, tamén visitaron o camiseta. Acuario. CONCURSO: CULTURA CLÁSICA ODISEA 2008 Durante tres días e a través de Internet, planteábanlles tres preguntas que tiñan que contestar en 24 horas. O cuarto día as preguntas eran doce e dábanlles día e medio de prazo. Neste Centro concursaron varios grupos de 3º ESO, 1º e 2º de Bacha- relato, en total uns dezanove rapaces e rapazas. Na fase autonómica houbo empate entre corenta e cinco grupos, que tiveron que desempatar contestando a outras doce preguntas. Do noso centro houbo dous alumnos, Daniel Cepeda e José Manuel Otero, de 3º A, que acadaron o 5º posto, o que non está nada mal.
  9. 9. CONCURSO: 7º Premio de Pintura Escolar O Concello de Lalín organizou o 7º Premio de Pintura Escolar, con motivo do centenario de Laxeiro. Do noso centro participaron, de forma voluntaria, rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO. Foron seleccionados por Paco Lareo e Armindo Salgueiro, dous artistas da zona, dez debuxos que pasaron ao concurso e se expuxeron no auditorio entre o 9 e o 30 de maio. Hai que felicitar a Rubén Gordedo de 3º D e polo 1º premio e a Antía López de 4ºD por un accesit. VISITA: SANTIAGO. CATEDRAL... Outra saída que non falta cada curso é a que prepara a profesora de Historia da arte, Felicidad Fraga, para o seu alumnado para explicarlles o románico e o barroco da catedral de Santiago, as cubertas e a igrexa de Santa Clara. 2ºD ESO
  10. 10. VISITA: PONTEVEDRA. GARCÍA ALIX O 8 de novembro, Manuel Darriba e Carlos Miguez levaron a Pontevedra a 3º da ESO para ver a exposición “Tres vídeos tristes” do fotógrafo Alberto García Alix. Trátase dunha serie de fotos que realizou en París, nun momento duro da súa vida, cando se estaba desintoxicando das súas adiccións ás drogas. Tamén se proxectaron vídeos con reflexións do autor e os rapaces puideron facer as súas propias curtametraxes. 3ºA ESO
  11. 11. VISITA: A CORUÑA. PLANETARIO- DOMUS-ACUARIO Tamén foron á Coruña os rapaces e rapazas de 1º da ESO, acompañados dos profesores de Ciencias Luís Pérez e Luís Viz. O día foi ben completo xa que tiveron ocasión de ver o Plane- tario, Domus e o Acuario; ¡vaia!, case non lles chegan as horas para tanto percorrido. Cristina González Abeledo, de 1º ESO D cónta- nos como pasaron ese día: “O pasado día 28 de febreiro fixemos os alumnos de 1º de Eso unha viaxe á Coruña. Alí fomos ver o Domus. o Acuario e a Casa das Ciencias. No Domus, que foi o primeiro lugar que visitamos, puidemos ver un vídeo que compa- raba os animais mariños coas galaxias. Estivemos un bo anaco porque había moitas cousas para ver e ademais eran moi interesantes. A nosa segunda visita foi ao Acuario, onde, antes de ver os peixes fomos xantar.No acuario unha guía explicounos o ambiente dos peixes, como comen, etc...e logo nós mesmos vímolos e puidemos xogar un pouquiño coas maquiniñas que alí había e que falaban dos peixes. Era todo moi bonito. Antes de vir para Lalín aínda fixemos outra parada na cidade da Torre de Hércules; neste caso foi á Casa das Ciencias, e o primeiro que vimos unha sesión no Planetario foi o movemento das estrelas, dos planetas ,etc e o que máis nos chamou a atención foi saber que a Estrela Polar nunca se move. Na segunda planta hai uns xogos que nos gustaron moito e xa, case na saída, hai unha incubadora e xusto nese mo- mento estaban nacendo uns pitiños. Todo foi moi bonito e pasámolo moi ben” 3ºB ESO
  12. 12. VIAXE: RUTAS LITERARIAS POLO MUSEO Cambiamos de provincia e imos cara Lugo. Os de 3º da ESO tiveron un día ben completiño comezando coa visita ao Museo provincial. Este é o terceiro curso que dende o Departamento de Lingua galega e Normalización se organiza esta actividade interdisciplinar promovida polo Museo de Lugo. Trátase das “Rutas literarias polo museo”. Os rapaces, previamente, realizaron a lectura duns contos que sitúan a súa acción no museo e logo, agrupados en equipos, teñen que resolver as cuestións que se lles plantean, buscando as respostas nas distintas salas. Completamos a mañá cun paseo pola muralla no que exerceu de guía o profesor Manuel Balea e pola tarde dirixímonos cara o castro de Viladonga. ACTIVIDADE: CLASES SEN FUME A Consellería de Sanidade xunto coa de Edu- cación organizan unha actividade que baixo o lema “clases sen fume “pretende concienciar aos de 1º da ESO sobre os riscos para a saú- de do consumo de tabaco. Nesta actividade os rapaces e rapazas comprométense a non fumar durante seis meses. Ademais, cada clase ten que realizar un traballo por trimestre : crear un slogan, un conto, un poema, teatro, etc. Despois, de cada clase seleccionase un traballo e envíase a Ponte- vedra e alí fan outra selección e premian os mellores traballos . 3ºC ESO
  13. 13. ACTIVIDADE: PELI. ERAGÓN CONCERTO: NADAL Xusto antes das vacacións de Nadal, houbo unha Proxección no salón de actos da película “Eragon”. Organizada por alumnos de 4º da ESO, a súa fin era recadar cartos para a excursión de fin de curso a Mallorca. Para festexar o remate do primeiro trimestre e a chegada das vacacións do Nadal, a banda de mú- sica do Instituto, ofreceu un concerto para os seus compañeiros. Nesta ocasión exerceu a dirección Bram Sniekers, actual director da banda de Lalín, xa que Severia- no, o profesor de Música, tiña que atender ese día unha cuestión moi importante, darlle a benvida a este mundo a Claudia, a súa primeira filla. 3ºD ESO
  14. 14. Viaxe a Cabeza de Manzaneda Un gran grupo de rapaces de 1º de ESO viaxou ata Cabeza de Manzaneda para pasar uns días cheos de experiencias e actividades. Acompañados por Carlos Malvar, Manuel Darriva e Astrid Fernández, Alicia Manso resúmenos aqueles tres días de maio. A excursión a Manzaneda foi unha excursión que moito dubido que alguén a esqueza: houbo de todo, choros, risas, gritos... Pola noite, os rapaces viñan ao bungalow das rapazas e pasabámolo pipa, montabamos un barullo... pero os profesores enfadáronse e deixáronnos sen discoteca aínda que ao final...perdonáronnos. Na discoteca bailamos case todos menos algúns aburridillos... Creo que a discoteca será a parte que mellor recordaremos debido aos líos que armamos e á multitude de xente que estaba a chorar. Estivemos con outro colexio chamado “Virxe do Monte”, que.... eran máis sosos... e pola noite oíaselles cantar. O día do partido Madrid vs. Barsa ninguén prestou atención aos xogos senón que todos prestaban atención ao partido que oiamos cuns auriculares escondidos. Houbo uns cantos enfermos cun virus de dor de barriga e todos pensabamos que fora culpa da sopa que, por certo, estaba sen sal. Tamén hai que destacar que as literas movíanse bastante e a ventá abríase soa...e non estou de broma... En Manzaneda tamén saboreamos novas especies de comidas como as waxas de Lucía, tropezamos..., bailamos Heidi...e, sobre todo, aprendemos o que é a convivencia. Rallye Matemático Competiron tres grupos de 3º da ESO (A, C, D ) e celebrouse no propio instituto o 31 de marzo. Temos que felicitar aos de 3º A xa que foron os segundos clasificados, dun total de corenta grupos de toda Galicia. Só había un premio, polo que nada máis recibiron un pequeno obsequio de Caixa Nova.
  15. 15. VIAXE A MALLORCA Na primeira semana de abril, 42 alumnos de 4º estiveron en Mallorca celebrando o seu derradeiro curso na ESO. Do que pasou aqueles días, fala a continuación A. Cacheda. Por fin se achegaba o día da tan esperada saída cara aquela pequena illa que a todos en maior ou menor medida nos deixaría experiencias fantásticas para contar e recordar de por vida, ese destino non é outro que Mallorca. Momentos fantásticos, divertidas ex- cursións (e tamén un pouco cansas), novas amizades, turbulencias no que para moitos foi a súa primeira viaxe en avión, en resumo unha semana para recordar. Preto da unha da mañá chegamos ó que sería o noso hotel acompañados doutro grupo de Santiago;eles pasaron primeiro e, aos vinte minutos entramos nós. Despois de pórnos unha pulseira amarela e de ter que poñer 20€ como fianza asignáronnos as habita- cións; houbo algún contratempo como dar unha chave dunha habitación xa ocupada e atoparte con xente durmindo dentro ou non meter a tarxeta na entalla e non ter luz pero houbo tamén un gran contratempo pois ás dúas da mañá aproximadamente cando o pro- fesor Carlos se deu conta de que lle roubaran a maleta,coa cámara fotográfica incluída. Esa noite ninguén durmiu antes das seis aínda que ó día seguinte levantámonos “cedo”.O primeiro día algunhas persoas foron con Carlos pola mañá, e quedáronse ata a tarde, ata Palma, xa que el tiña que facer compras e outros quedaron polo Areal, que era o sitio onde estabamos. O mércores xa si, fomos todos ata Palma, pola maña ó castelo de Bellver, dende o cal despois de subir unha chea de escaleiras puidemos observar unha marabillosa vista da cidade de Palma e da súa baía. Pola tarde despois de comer (ou non comer) un pícnic que nos preparou o hotel e de ir dar un paseo ou ir á praia fomos visitar a magnifica catedral de Palma que só vimos por fóra porque estaba pechada. Pola noite, igual que sucedería na maioría dos días, cada un fixo o que preferiu: saír ou quedarse no hotel. O seguinte día despois dunha mañá li- bre collemos un tren antigo en Palma que nos levou ata Sóller onde pasariamos dúas
  16. 16. horas entre outras cousas visitando o pobo ou comendo xeados nunha fabrica artesanal que aí había (que estaban moi ricos). O venres fomos a Valdemossa despois de ter unha mañá libre para recuperar forzas na que houbo xente que tamén aproveitou e foi á praia. Na fin de semana vimos as famo- sa covas do Drach e aproveitamos para ir de compras, saír por aí, ir á praia, ir a pisci- na....O último día fixemos as ultimas compras, as míticas ensaimadas (de tantas que le- vou Nacho xa tiña medo por se lle pesaban de máis e non llas deixaban levar no avión),e despedímonos dos amigos que fixeramos alá, coma o negriño da re- cepción ou os relacións públicas...sobre todo dos da discoteca Joy. Por ultimo, dicir que a comida do hotel para al- gúns ben e para outros non tanto,que este estaba un pouco cheo de pó, pe- ro en definitiva ben, a xente moi contenta todos os días (sobre todo un), romances por aí voando; todo estivo moi ben, nin- guén quería marchar pero Belas durmintes... había que facelo. 3ºE ESO

×