EDI - 4ª Parte
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×
 

EDI - 4ª Parte

on

  • 974 views

Cuarta parte do guión sobre o Encerado Dixital Interactivo.

Cuarta parte do guión sobre o Encerado Dixital Interactivo.

Statistics

Views

Total Views
974
Views on SlideShare
699
Embed Views
275

Actions

Likes
0
Downloads
5
Comments
0

6 Embeds 275

http://recursosabalar.blogspot.com.es 125
http://recursosabalar.blogspot.com 118
http://www.recursosabalar.blogspot.com.es 13
http://www.blogger.com 7
http://www.recursosabalar.blogspot.com 7
http://probasabalar.blogspot.com 5

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

CC Attribution-NonCommercial-ShareAlike LicenseCC Attribution-NonCommercial-ShareAlike LicenseCC Attribution-NonCommercial-ShareAlike License

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

EDI - 4ª Parte EDI - 4ª Parte Presentation Transcript

  • Encerado Dixital Interactivo PFAC ABALAR – IES O COUTO. MÓDULO 5 EDI - Cuarta Parte
    • Táboas.
    • Contido multimedia.
    • Adxuntos.
    • Ligazóns.
    • Galería. Smart Exchange.
  • Táboas.
    • Ó pulsar a icona aparece un cuadrícula onde, pinchando e arrastrando podemos escoller o número de filas e columnas.
    • Podemos cambiar a anchura/altura de filas/columnas pinchando e arrastrando as liñas.
    • Para escribir nas celas facemos dobre clic sobre elas. Podemos modificar o formato do texto como é habitual.
    • Para seleccionar toda a táboa, pechámola nun rectángulo pinchando e arrastrando coa ferramenta selección. Aparecen os controis:
      • Arriba a esquerda: mover a táboa.
      • Abaixo a dereita: redimensionala.
      • Arriba dereita: menú contextual (M.C.)
    4x3
    • Para seleccionar unha fila ou columna pinchamos coa ferramenta selección na cela dun extremo e arrastramos ata o outro.
    • Unha vez seleccionado o rango de celas, podemos cambiar as propiedades de recheo ou texto na pestana Propiedades.
    • Podemos arrastrar obxectos a unha cela dunha táboa.
    • Para inserir unha fila seleccionamos a fila anterior e facemos clic dereito escollendo “Inserir fila”. O mesmo coas columnas.
    • Facendo clic dereito nunha cela podemos dividila. Seleccionando varias e facendo clic dereito podemos combinalas (fusionalas).
    • Podemos pegar táboas de Word, Writer...
  • Inserir contido multimedia
    • Podemos agregar imaxes, animacións flash, vídeos e sons que teñamos almacenados no equipo co menú INSERIR (M.I.).
    • Imaxes: M.I. > Ficheiro de imaxe... Poden ser JPG, TIF, PNG, GIF
    • Animacións Flash: M.I. > Ficheiro Flash... Son arquivos SWF
    • Vídeos Flash: M.I. > Ficheiro de vídeo Flash... Arquivos FLV
    • Sons: Para engadir un son debemos asignarllo a un obxecto previamente creado. Arquivos MP3.
      • Seleccionar o obxecto.
      • No seu M.C. pinchar en Son...
      • Clic en Examinar para localizar o son, e abrir.
      • Escoller si se crea unha icona de son na esquina do obxecto para reproducir o son (recomendado) ou si o lanzador será o propio obxecto.
      • Para eliminar o son, M.C. > Son... e na xanela de son, clic en Quitar son.
    Para usar outros formatos de vídeo e audio (AVI, MOV, WMW, WAV..) se deben instalar codecs adicionais: descargar codecs
    • Podemos engadir contido (textos, imaxes...) visible en outros programas (como Firefox, Writer ou Word) usando Copiar/Cortar no programa e Pegar en Notebook.
    • Podemos “imprimir” un documento de calquera programa para transformalo nun arquivo de Notebook mediante a impresora virtual Smart:
      • No programa onde temos o documento seleccionar Imprimir.
      • Na lista de impresoras seleccionar a impresora Smart, e aceptar.
      • O arquivo ábrese en Notebook
    • Importar presentacións de Power Point: menú Ficheiro > Importar...
  • Adxuntar ficheiros e páxinas web
    • Na pestana Adxuntos pulsamos en Inserir. Posibilidades:
      • Copia de Ficheiro: Unha copia do ficheiro orixinal incrústase no proxecto Notebook. Localizámolo e abrímolo.
      • Hiperligazón: acceso directo a unha páxina web. Escribimos no primeiro campo a dirección URL da páxina e no segundo o nome que queremos visualizar.
      • Acceso directo ao ficheiro: crea un vínculo a un ficheiro pero non o incrusta no proxecto . Ocupa menos espazo pero non se poderá reproducir nun ordenador que non teña unha copia do ficheiro na mesma localización.
    • Para abrir calquera adxunto facemos dobre clic sobre el.
  • Ligazóns
    • Calquera obxecto pode ter unha ligazón a:
      • ● Unha páxina web. ● Outra páxina do proxecto.
      • ● Un arquivo do ordenador. ● Un adxunto.
    • Crear a ligazón:
      • Seleccionar o obxecto e no seu M.C. Escoller Ligazón. Aparece a xanela “Inserir ligazón”.
      • Escollemos a icona que nos interese.
      • Escribimos a dirección da páxina ou localizamos o ficheiro.
      • No caso de “Ficheiro neste computador” podemos escoller si adxuntamos o ficheiro ou só creamos un acceso directo (non funcionará noutro ordenador).
      • Escollemos si o lanzador da ligazón será o propio obxecto ou unha icona que se crea nunha esquina do obxecto.
    • Eliminar unha ligazón:
      • Seleccionar o obxecto. No seu M.C. escollemos Ligazón.
      • Na xanela que aparece seleccionamos Eliminar Ligazón.
  • A galería
    • Accédese a ela na pestana Galería.
    • Os contidos da mesma dependen do que escolleramos na instalación e do que descargamos despois.
    • Na sección superior da pestana temos as diferentes categorías, e na inferior os contidos do cartafol agrupados por tipos (ábrense pinchado na frecha lateral).
    • En “O meu contido” iranse almace-nando aqueles contidos (obxectos, páxinas...) que imos gardando nós.
    • Os contidos son moi diversos:
      • Imaxes, vídeos e sons.
      • Fondos de páxina, bordes, botóns
      • Actividades completas e páxinas soltas.
      • Arquivos flash e obxectos 3D...
    • Categorías:
      • “ Materiais esenciais” ou “Puntos fundamentais” da Galería: imaxes, contido multimedia, etc, organizados por tema.
      • Kit de ferramentas (Toolkit): ferramentas e plantillas persona-lizables para crear contido dun xeito atractivo.
      • Smart Exchange: sitio web de Smart con unidades, materiais...
    • Buscar contido : escribimos una palabra clave no campo “Introduza aquí os termas da busca”. (Moitos contidos están etiquetados en inglés)
    • Inserir un elemento da galería a unha páxina : unha vez localizado facemos dobre clic sobre a súa miniatura ou a arrastramos ata a páxina.
    • Organizar “O meu contido”: Pulsando sobre “O meu contido” (ou nunha subcate-goría) aparece unha frecha a dereita. Pulsámola, seleccionamos “Novo cartafol” e dámoslle un nome.
    • Mover un elemento a outro cartafol : arrastralo ata el.
    Novo cartafol
  • Engadir elementos á galería
    • Elementos existentes no equipo:
      • Pulsar na frecha de “O meu contido” (ou dunha subcategoría) e en “Engadir o meu contido”. Buscamos o arquivo e facemos clic en Abrir.
    • Elementos creados en Notebook:
      • Obxectos: arrastrámolos a categoría ou subcategoría desexada.
      • Páxinas: 1º) Menú Ficheiro > Gardar páxina como elemento da galería. 2º) Engadímola á galería como calquera elemento existente.
  • SMART EXCHANGE
    • É a páxina web de intercambio de contidos de Smart: http:// exchange . smarttech . com /
    • Coa ligazón “1” accedemos a páxina principal, e coa “2” lanzamos directa-mente a busca.
    • Require rexistrarse gratuitamente para poder descargar contido.
    • Unha vez descargado, as unidades se poden utilizar directamente, e o resto do contido se pode incorporar a biblioteca do Notebook
    1 2
  • Fin. GRAZAS POLA SÚA ATENCIÓN Blogue Abalar Publicado baixo licenza por: