• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Unidade 9 grecia
 

Unidade 9 grecia

on

  • 5,528 views

 

Statistics

Views

Total Views
5,528
Views on SlideShare
1,046
Embed Views
4,482

Actions

Likes
0
Downloads
13
Comments
0

1 Embed 4,482

http://www.edu.xunta.es 4482

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Microsoft PowerPoint

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Unidade 9 grecia Unidade 9 grecia Presentation Transcript

    • UNIDADE 9 A CIVILIZACIÓN GREGA
    • 1. O MUNDO GREGO
      • A civilización grega xurdiu no sur da Península dos Balcáns e extendeuse posteriormente por diversas terras, a través de colonias gregas:
      •  illas do Mar Exeo.
      •  costas de Asia Menor (actual Turquía).
      •  Sicilia e sur de Italia (“Magna Grecia”).
      •  outras zonas do Mediterráneo occidental (Ex: Ampurias en España).
      • Os gregos chamaban a todo este espazo a “Hélade” (= territorio dos gregos).
    •  
    •  
      • Debido ao seu relevo moi accidentado (vales illados por montañas, illas separadas entre sí) cada val e cada illa formaban un Estado independente (polis). Ex: Atenas, Esparta, Troia,…
      • A pesar desta división, todas as polis pertencían á civilización grega (helénica) porque compartían:
      •  Lingua: o grego.
      •  Relixión: grega, formada por varios deuses (politeísta).
      Relevo interior e costerio da Grecia actual
    • Principais polis gregas
    • 2. HISTORIA DOS GREGOS
      • A historia da antiga Grecia divídese en 6 grandes etapas :
      • α Civilización minoica (ou cretense):
      • - desenvolveuse na illa de Creta.
      • - a partir do terceiro milenio a.C.
      • - destacou a capital Cnossos polos seus palacios.
      • β Civilización micénica (ou aquea):
      • - xurdiu cara o 1400 a.C.
      • - fundada na Península dos Balcáns polos aqueos, pobo guerreiro procedente do norte.
      • - destacaban as súas cidades amuralladas, sobre todo a capital Micenas.
    • CIVILIZACIÓN MINOICA Imaxes do Palacio de Cnossos (Creta)
    • Máscara de Agamenón Porta dos Leóns do palacio de Micenas Cabeza de Esfinxe CIVILIZACIÓN MICÉNICA
    • A GUERRA DE TROIA
      • γ Época escura: desde o século XII a. C. ao IX a.C. Pouco se sabe desta etapa.
      • δ Época arcaica: entre os séculos IX e VI a.C.
      • ε Época clásica: época de esplendor entre o S. V a.C e primeira parte do IV a.C.
      • ζ Época helenística: desde mediados S.IV a. C ao I a.C.
    • 3 ÉPOCA ARCAICA (S.IX-VI a.C.).
      • Durante esta etapa os gregos foron agrupándose en polis = cidades-Estado independentes con goberno, leis e exército propios (Ex: Atenas, Esparta, Corinto, Tebas…).
      • O poder e o goberno destas polis recaía nunha minoría privilexiada de familias ricas ( aristoi = “os mellores”). De ahí provén a palabra aristocracia . (Ex: Esparta, era gobernada por un sistema aristocrático).
      • Nalgunhas polis producíronse cambios e apareceu unha nova forma de goberno, a democracia (goberno do pobo), no que os cidadáns reuníanse en asembleas para tomar decisións e elixir aos cargos públicos. (Ex: Atenas).
      Acrópolis de Atenas Institucións democráticas atenienses
      • Entre os séculos VIII e VI a. C. produciuse en Grecia unha época de crise , as causas eran as seguintes:
      •  A poboación creceu moito , pero a terra era pouco fértil e apenas producía alimentos para tanta xente.
      •  A maior parte das terras pertencía aos aristócratas , mentres a maioría da poboación era pobre e pasaba fame.
      • Como consecuencia moitos gregos abandonaron a península grega e emigraron a terras extranxeiras a través do Mediterráneo, onde fundaron colonias , (def páx 192) hacia o oeste (Sur de Italia, Sicilia, Sur de Francia e a Península Ibérica) e o leste (Libia, Exipto, Mar Negro).
    • Principais colonias gregas e fenicias
      • As colonias creábanse en lugares próximos á costa, fáciles de defender (outeiros), con auga e terreos fértiles
      • As colonias mantiñan as leis, costumes e deuses da polis de onde procedía a súa poboación. Pero eran comunidades independentes.
      • As colonias permitiron extender a civilización e a cultura grega por todo o Mediterráneo.
      Templo de Hera, colonia de Selinunte, Sicilia
    • 4. ÉPOCA CLÁSICA (S. V – ½ IV a.C.)
      • A época clásica = época de esplendor da cultura grega. Ten 3 etapas ben diferenciadas:
      • a) Guerras Médicas (500-440 a.C.).
      • b) Esplendor de Atenas.
      • c) Guerra do Peloponeso (431 a.C.- 404 a.C).
      • a) Guerras Médicas (500 -440 a.C.) = enfrontamento entre os persas e os gregos debido á invasión das polis gregas da costa xónica (Asia Menor) por parte do Imperio persa.
      • As polis gregas uníronse fronte aos persas.
      • 2 etapas principais:
      •  Primeira guerra médica : acabou coa vitoria dos hoplitas (soldados) gregos na batalla de Maratón (490 a. C.)
      •  Segunda guerra médica : 10 anos despois os persas volveron a invadir Grecia, venceron aos espartanos nas Termópilas , saquearon Atenas pero foron derrotados na batalla naval de Salamina .
    • Leónidas nas Termópilas (J.L.David)
      • b) Esplendor de Atenas.
      • - Tras as Guerras Médicas, Atenas convertiuse na polis máis rica e influinte.
      • A mediados do S. V a.C. creouse a Liga de Delos = unión de polis gregas para defenderse de novos ataques persas. Atenas pasou a liderar a Liga
      • Así, durante o S.V a.C. Atenas viviu un período de esplendor , especialmente na etapa de Pericles , gobernante que favoreceu a democracia, economía e cultura
      • c) A Guerra do Peloponeso (431 – 404 a.C.).
      • Enfrontamento entre polis gregas, plo excesivo poder acadado por Atenas.
      • As polis dividíronse en 2 bandos:
      •  Liga de Delos = Atenas e os seus partidarios.
      •  Liga do Peloponeso = Esparta e os seus partidarios.
      • - A guerra terminou coa vitoria de Esparta, que se converteu na polis máis poderosa, pero a guerra foi tan destructiva que provocou unha gran crise nas polis gregas ao longo do S.IV a.C.
    • 5. ÉPOCA HELENÍSTICA ( ½ S. IV – ½ I a.C.)
      • A guerra entre as polis gregas debilitounas provocando unha crise que foi aproveitada por Macedonia (extenso reino situado ao norte de Grecia), liderada polo rei Filipo II , para conquistar e unificar todo o territorio grego.
      • Tras o asasinato de Filipo II, sucedeuno o seu fillo Alexandre “Magno” (grande) que continuou as conquistas.
      • En dez anos, as falanxes macedonias de Alexandre conquistaron todo o imperio persa , chegando ata o río Indo.
    • Conquistas de Alexandre Magno Alexandre Magno na batalla de Issos.
      • Nos territorios conquistados Alexandre fundou numerosas cidades (Ex: Alexandría en Exipto) e a cultura grega extendeuse por todo Oriente.
      • Así, no imperio de Alexandre a cultura grega e a oriental fusionáronse, dando lugar ao helenismo .
      • Alexandre morreu en 323 a.C. (con 33 anos de idade), sen ter organizado aínda o seu imperio.
      • Alexandre non tiña descendencia, polo que o seu imperio dividíuse entre os seus xenerais , quenes adoptaron o título de reis, dando lugar ás monarquías helenísticas (Ex: Macedonia, Mesopotamia e Exipto)
      • A época helenística finalizou no S. I a.C coa conquista das monarquías helenísticas por Roma . Grecia perdeu a súa independencia e pasou formar parte da República romana