Unidade 7 Poboación

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    Favorites, Groups & Events

    Unidade 7 Poboación - Presentation Transcript

    1. UNIDADE 7 POBOACIÓN Borja Campos Seijo I.E.S. García Barbón (Verín)
    2. FONTES DEMOGRÁFICAS
      • - Xeografía da pob  estudio relacións pob e espazo, apoiándose noutras ciencias como a Demografía = estudio cuantitativo da pob a partir datos de fontes demográficas:
      •  Censo : reconto individualizado da pob dun país nun momento dado. Recolle datos demográficos, ec e soc: nº, sexo, idade, estado civil, lugar nacemento, características ec… Realizado cada 10 anos (en anos acabados en 1), o último en 2001 (40,8 millóns de residentes en España).
      •  Padrón municipal : rexistro de veciños de concellos, recollendo datos demográficos, ec e soc da pob. Documento dinámico que se actualiza o 1 de xaneiro de cada ano  Diverxencias co censo pola duplicidade de datos nos concellos (41,8 millóns en 2002).
      • - Outras fontes demográficas: estatísticas (Anuarios Instituto Nacional Estadística, INE) ou enquisas (EPA = Enquisa pob activa).
    3. DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN
      • Os + de 40 millóns de hab (40,8 no censo 2001) distribúense irregularmente polo territorio  densidade de pob (relación pob e espazo) = hab/Km ².
      • Densidade media española = 83 hab/Km ². Pero con claros desequilibrios territoriais entre zonas concentradas que superan a media (Madrid, periferia peninsular, Bal e Can), e outras que non a alcanzan (interior e áreas de montaña).
            • Evolución desta pob:
            •  Orixe : de desequilibrios remóntanse á Idade Moderna, ao S. XVI  densidades + altas no centro-norte peninsular. Crise ec e demográfica S.XVII afectou sobre todo a Castela  mov de pob hacia periferias.
            •  S.XIX : consolidación desequilibrios   Madrid (capital e centro ec) e periferias, por crec natural (Gal, And…), ou por industrialización (Ast, Eus e Cat…). Interior  efectivos.
            •  S. XX :  desequilibrios, sobre todo a partir 1960, por desenvolvemento áreas industriais da periferia e turísticas mediterráneas e insulares por migracións interiores (éxodo rural).
            •  1975-década 90 :  diferencias por crise ec  reestructuración industrial  desindustrialización de áreas desenvolvidas e diminución de migracións dende as áreas + atrasadas.
            •  Actualidade : primacía servizos, difusión espacial da industria, mecanización agricultura e desenvolvemento endóxeno  consolidación pob en Madrid, eixes mediterráneo e do Ebro. Forte descenso en áreas en crise por reestructuración (franxa cantábrica, Huelva…).
    4.  
    5. INDICADORES DEMOGRÁFICOS
    6.  
      • 1. RÉXIMES DEMOGRÁFICOS.
      • - Na evolución da pob. española distínguense diversas etapas ou réximes demográficos: antigo, transición demográfica e réxime demográfico moderno.
      • 1.1. Réxime demográfico antigo (ata principios S.XIX):
      • - Altas taxas de natalidade e mortalidade  crecemento natural baixo.
      • a) Natalidade : valores elevados( a pesar de certo descenso a finais do S.XIX). Causas:
      •  Predominio economía e sociedade rurais, nas que os fillos = riqueza, por baratos, comezaban a traballar axiña e mantiñan dos pais.
      •  Inexistencia sist anticonceptivos eficaces  + habitual = retraso idade matrimonio  acurtamento periodo fértil   nº fillos.
      • b) Mortalidade : elevada e oscilante (certo descenso a finais S.XIX). Causas:
      •  Baixo nivel de vida: dieta alimentaria escasa e desequilibrada por baixa productividade agraria de subsistencia  malnutrición da maioría da pob.
      •  Precarias condicións hixiénico-sanitarias: destacan enfermidades infecciosas (tuberculose, gripe, cólera, peste…), favorecidas por atraso mediciña e a falta de hixiene persoal e pública (tardío establecemento auga potable, sumidoiros…).
      •  Ademáis da mortalidade xeral había momentos de mortalidade catastrófica por epidemias, guerras e malas colleitas.
      •  Mortalidade infantil: valores elevados (200 ‰) tanto neonatais (- de 4 meses) por problemas parto ou defectos conxénitos ou postneonatais (entre 4 meses e ano) por infeccións e desnutrición.
      • c) Resultado: Crecemento natural = baixo por altas taxas de nat e mor, con oscilacións por periodos mortalidade catastrófica.
      • 1.2. Transición demográfica (1900-1975).
      • Transición demográfica = paso entre réxime demográfico antigo e actual. Inicio en España con retraso con respecto a Europa occ e con duración menor, pero maior intensidade  brusco descenso mortalidade e suave descenso natalidade  crecemento natural elevado.
      • A) Mortalidade : descenso considerable e constante, agás periodos de mortalidade catastrófica (gripe de 1918 e Guerra Civil 36-39). Causas:
      •  Avances médicos e sanitarios: vacinas, antibióticos (desaparición epidemias catastróficas e reducción infecciosas), nacementos en clínicas (   mortalidade en partos), extensión da sanidade pública (seguridade social) e mellora hixiene persoal e pública.
      •  Aumento nivel de vida  mellora da dieta a partir de 1960.
      •  Incremento nivel educativo e cultural  maior prevención.
    7.  
      • B) Natalidade: descenso suave e continuo, alternando periodos de decrecemento e outros de recuperación:
      •  Anos 20 : recuperación natalidade por prosperidade ec.
      •  1930-56 : descenso nat debido a crise ec (Gran Depresión a partir 1929), inestabilidade pol da IIª República (31-36), Guerra Civil (subnatalidade) e posguerra (1940-55) por exilio decenas de miles de persoas e dificultades ec da autarquía e illamento internacional. Pol pronatalista de Franco (prohibición anticonceptivos, apoio familia numerosa…) non foi suficiente para frear descenso.
      •  1956-65 : recuperación natalidade (baby boom) grazas a desenvolvemento ec e fin bloqueo internacional.
      •  1965-75: decenso nat por por final éxodo rural e problemas de escaseza de vivendas nas cidades.
      • C) Crecemento natural: alto por descenso considerable da mortalidade (sobre todo entre 1920-70), mentre natalidade descendeu lentamente (agás 2 máximos citados). Desde 1970  crecemento natural por en valores baixos e a natalidade diminuía + axiña.
    8.  
      • 1.3 Réxime demográfico actual.
      • - Características: baixas taxas mortalidade e natalidade  crecemento vexetativo escaso.
      • a) Natalidade : baixa desde 1975, descenso + tardío e brusco que no resto dos países europeos  taxa natalidade moi baixa (1% = 10 ‰ en 2001) e baixo índice sintético de fecundidade (1,24 fillos por muller). Nos últimos tempos recuperación grazas á inmigración (pob con taxas + altas). Causas da baixa natalidade:
      •  Situación ec tras crise de 1975 :  paro, precarización contratos laborais, alto prezo de vivenda e aluguer  redución nacementos, retraso idade matrimonio co acurtamento idade fértil da muller, imposibilidade de emancipación dos mozos/as, incompatibilidade para mulleres de fillo/traballo…
      •  Cambios nas mentalidades da sociedade española: dende transición á democracia (1975)   influencia relixiosa, legalización anticonceptivos, despenalización do aborto, incorporación da muller ao traballo (pospoñen maternidade por boa situación laboral), xurdimento formas familiares alleas á tradicional (cohabitación, homosexuais, monoparentais, maternidade en solitario).
      • Aumento nivel vida e nivel cultural : cambio na valoración dos fillos  xa non protección fronte á vellez por extensión protección social  importancia formación (obligatoria hasta 16 anos)   gastos. Formación e aspiración mellora calidade e nivel de vida compiten (e impoñense en moitos casos) a gastos e dedicación que requiren os fillos.
      • b) Mortalidade: mantense en cifras baixas (9 ‰ en 2001), a partir de 1981 ascende relativamente por avellentamento da pob, por aumento esperanza de vida  aumento número de anciáns (cada vez maior porcentaxe da pob española).
      •  Mortalidade xeral: cambio causas  xa non infecciosas, senón cardiovasculares, cancro e accidentes estrada (mozos/as). Maior esperanza de vida  maior incidencia enfermidades dexenerativas (Alzheimer, demencia senil).
      •  Mortalidade infantil: moi baixa, principalmente neonatal (complicacións parto, malformacións…).
      •  Descenso mortalidade, variable en función:
      • ♂♀ Sexos: esperanza de vida maior nas mulleres, por causas biolóxicas e socioculturais  estilo de vida distinto con menor risco (traballos menor desgaste físico e accidentes, menor incidencia hábitos nocivos como alcohol e tabaco…).
      •  Profesións: mortalidade é maior canto menor é nivel cualificacións e nivel social (maior perigo accidentes laborais e desgaste…).
      • c) Crecemento natural: moi baixo por baixas taxas nat e mor (1,1‰ en 2001).
      • 2. DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS NOS MOVEMENTOS NATURAIS.
      • - Diferencias na estructura por idades (grao de mocidade e avellentamento da pob  2 tipos de rexións.
      •  CCAA con taxas de natalidade superior á media:
      •  pob + nova por ter tradicionalmente taxas de nat altas (Andalucía, Mur, Bal, Can, cidades autónomas) ou por desenvolvemento ec  inmigración (Mad, Cat, Val…).
      •  Taxas de mortalidade inferiores á media (por predominio mozos)
      •  Crecemento natural positivo.
      •  CCAA con taxas de nat inferior á media:
      •  pob + avellentada por forte emigración (Galicia e interior) ou por forte reconversión industrial (cornixa cantábrica: Ast, Can…).
      •  Taxas de mort superiores á media (por predominio vellos).
      •  Crecemento natural negativo.
    9.  
    10. COMENTARIO DE PIRÁMIDE DE POBOACIÓN
      • Pirámide de poboación = gráfica que mostra estructura de pob por sexo e idade.
      • 1. COMENTARIO.
      • a) Comentario de estructura por sexo.
      • - Constatación de superioridade de homes ao nacer  taxa de masculinidade = (Nº homes x 100)/ Nº mulleres).
      • - Indicar momento en que maior mortalidade masculina  equiparación ambos sexos e superioridade de efectivos nas anciás.
      • - Explicar causas maior esperanza de vida de mulleres e maior mortalidade masculina (estlilo de vida, guerras…).
      • b) Comentario da estructura por idade.
      • Determinar a estructura por idades a partir de:
      •  Porcentaxe de mozos (0-14), adultos (15-64) e anciáns (+ de 65).
      •  Forma da pirámide: triangular, campá e bulbo.
      •  Triangular: indica poboación nova (os mozos superan o 35% e os anciáns menos do 5%)  base ancha por altas taxas de nat e cúspide estreita por altas taxas de mortalidade e baixa esperanza vida. Sinalar causas das altas taxas e consecuencias de predominio de mozos (forte demanda traballo  elevado paro  emigración.
      •  Campá: indica poboación adulta ou estancada. Base menos ancha por menor natalidade. Poboación diminúe lentamente cara a cúspide por taxas de mortalidade baixas  acumulación de adultos e porcentaxes non moi elevados de mozos (entre 25 e 35%) e de anciáns (de 5 a 12%). Indicar causas de recorte nat e baixa mort e consecuencias predominio adultos (predominio activos e pouca pob dependente
      •  Bulbo: poboación envellecida. Base estreita por natalidade baixa e en descenso. Porcentaxe elevada de anciáns (+ de 12%) por incremento esperanza de vida. Explicar causas do envellecemento e consecuencias (problemas nas pensións, pol de asistencia social).
      • c) Comentario de sucesos demográficos significativos.
      • - Sucesos demográficos (feitos históricos)  entrantes e saíntes no perfil da pirámide:
      •  Entrantes: indican perda de pob, por subnatalidade ou aumento da mortalidade por guerras, fames e epidemias, ou emigración.
      • Guerras  2 entrantes na pirámides:
      • a) mortos da guerra (entre 20 e 30 anos antes da guerra = poboación en idade de combater no momento da contenda).
      • b) non nacidos pola guerra = subnatalidade por morte de mozos en idade de procrear (entrantes que coinciden cos anos da guerra).
      • Entrantes  xeración pequena  reflexo en entrante 20 ou 30 anos (idade procrear) + abaixo, xa que como son unha xeración menos numerosa, o total de fillos é tamén menor.
      •  Saíntes: indican incremento da poboación, por diversas causas  baby boom posbélico, desenvolvemento ec, inmigración  provocan xeración “avultada” 20 ou 30 anos + abaixo, cando chegan a idade de casar e ter fillos: como son máis o nº de fillos é maior.
    11. MOVEMENTOS MIGRATORIOS
      • - Migracións = mov de poboación no espazo  2 tipos:
      •  Emigración: saída de pob desde lugar de orixe.
      •  Inmigración: chegada de pob a un lugar de destino.
      • - Saldo migratorio = Inmigración – Emigración. Se é positiva crece a pob, se é negativa decrece.
      • - En función do espazo, distinguimos outros 2 tipos:
      •  Interiores: dentro do propio país.
      •  Exteriores: cruzando fronteiras do país de orixe.
      • 1. MIGRACIÓNS INTERIORES.
      • Distinguimos tradicionais e actuais.
      • 1.1 Migracións interiores tradicionais.
      • - Entre fin S. XIX e crise 1975, protagonizadas por campesiños, que se dirixiron sobre todo ás grandes cidades industrializadas (éxodo rural).
      • - 2 tipos de migracións tradicionais:
      • a) Migracións estacionais e temporais:
      •  Auxe entre finais S. XIX e década de 1960.
      •  Protagonistas: campesiños/as.
      •  Desprazamentos estacionais a outras áreas rurais para realizar labores agrarias (vendima, sega…) ou desprazamentos á cidade en épocas de pouco traballo agrario para traballar noutros sectores (construción).
      • b) Éxodo rural:
      •  Entre 1900 e crise 1975.
      •  Migración desde áreas rurais a urbanas de longa duración ou definitivas.
      •  Emigrantes procedentes áreas atrasadas con predominio primario (Gal, And, interior peninsular)  zonas industriais de Cat, Eus e Mad, e despois ás áreas turísticas (Levante, arquipélagos…), en busca de traballo, mellores salarios e calidade de vida.
      •  Distinguimos 3 etapas no éxodo rural:
      •  1º ⅓ S. XX: enfermidades vexetais (filoxera en vides) e mecanización labores agrícolas  exceso de man de obra  éxodo rural, favorecido por oferta de traballo abundante nas zonas industriais.
      •  G. Civil e posguerra (1936-50):  éxodo rural por destruccións e dificultades ec na posguerra, ademáis de fomento permanencia no campo por autoridades franquistas.
      •  Entre 1950-75: máxima incidencia éxodo rural. Causas: crecemento pob (baby boom), mecanización agricultura, auxe da industria e turismo de sol e praia nos 60   demanda de man de obra  zonas inmigratorias = 2 eixes: Mediterráneo (Cat, Val e Bal), e Ebro (desde Eus a Cat) e Madrid. A partir 1975  éxodo rural.
      • 1.2 Migracións interiores actuais.
      • - A partir crise 1975  novo sistema migratorio. Trazos:
      •  Procedencia : xa non maioritariamente rural, senón de concellos urbanos, sobre todo grandes.
      •  Destino:
      •   migracións entre CCAA (maioría hacia arco Mediterráneo e Eixe do Ebro)
      •   migracións intracomunitarias e intraprovinciais, normalmente hacia as zonas + desenvolvidas da rexión.
      •   atracción de grandes concellos urbanos e industriais e  medianos e pequenos.
      •  Causas e tipos:
      • a) Residenciais: cambio de residencia, normalmente intraurbanas entre cidade e áreas metropolitanas, por búsqueda de vivendas baratas ou calidade ambiental.
      • b) Laborais: por traballo, protagonizadas por adultos novos. 2 tipos:
      • - Traballadores pouco cualificados desde áreas rurais atrasadas e cidades industriais en declive hacia zonas + desenvolvidas ec.
      • - Traballadores cualificados do terciario desde núcleos urbanos a grandes centros terciarios
      • c) Migracións de retorno rural: regreso de pob a municipios rurais, protagonizadas por antigos emigrantes xubilados e tamén por poboación que cambia a súa forma de vida urbana por rural (parellas mozas ou con fillos).
      • d) Movementos habituais de pob: desprazamentos periódicos por traballo ou lecer. Destacan mov pendulares entre lugar de residencia e traballo, sobre todo desde periferia a centro de cidades por suburbanización = traslado de residencia de centros urbanos a coroas metropolitanas ou áreas rurais grazas ás melloras en transportes e comunicacións.
      • 1.3 Consecuencias das migracións interiores.
      • - Migracións interiores  2 tipos de consecuencias:
      • a) Migracións interiores tradicionais :
      •  Pto de vista demográfico : migracións  desequilibrios rexionais de pob  baleirado no interior e grandes densidades na periferia. Migracións  variacións estructura por idade xa que emigran sobre todo mozos.
      •  Pto vista ec: nas áreas rurais nun 1º momento a emigración   aumento de recursos para pob. Pero co tempo   productividade. Nas áreas urbanas, a inmigración masiva  conxestión  problemas de solo, vivenda, circulación…
      •  Social: problemas de asimilación de valores urbanos para sociedade rural.
      •  Ambiental: nas zonas de procedencia  abandono e deterioro ecosistemas tradicionais. Nas zonas de chegada  crecemento acelerado  problemas ambientais.
      • b) Migracións interiores actuais :
      •  Residenciais : migracións  avellentamento das áreas urbanas centrais emisoras e  poboación nas periferias receptoras  dotacións de equipamentos e servizos.
      •  Laborais:  aumentan desequilibrios demográficos e ec no interior das provincias e CCAA.
      •  Retorno rural :  sobreavellentamento da pob nas zonas rurais receptoras (retorno xubilados), pero tamén efectos positivos = instalación de parellas neorrurais no campo con fillos (mantemento escolas…).
      •  Mov pendulares : por traballo  problemas de circulación nos accesos a grandes cidades en hora punta.
      • 2. MIGRACIÓNS EXTERIORES.
      • - Movementos de poboación fóra das fronteiras do propio país.
      • - Desde ½ S. XIX ata crise ec de 1975 España foi un país de emigrantes con destino hacia América e Europa occ. principalmente.
      • - A partir 1975, parálisis emigración exterior  España = país de inmigración.
      • 2.1 Emigración transoceánica.
      • Emigración transoceánica dirixiuse principalmente a América Latina e secundariamente a EEUU, Canadá…
      • 2 etapas de auxe e 2 de crise:
      • a) 1ª etapa de auxe (desde ½ S. XIX ata a 1ª GM):
      •  Causas : estructura agraria dos lugares de orixe (áreas atrasadas, minifundistas, alta densidade de pob)  ingresos e traballo insuficientes  emigración.
      •  Perfil do emigrante : home, adicado á agricultura e baixa cualificación.
      •  Procedencia : rexións atlánticas (Gal, Ast, Can…).
      •  Destino: América Latina (Arxentina, Cuba, Brasil…) para traballar en actividades agrícolas, sobre todo.
    12.  
      • b) 1ª etapa de crise (periodo entreguerras, 1914-1945):
      •  Causas:
      • - Inseguridade creada por IªGM.
      • - Crise ec de 1929  peche de fronteiras á inmigración  cotas anuais en América Latina.
      • - Guerra civil española (1936-1939) e posguerra  escaseza de transporte e dificultades para saír ao exterior polo bloqueo internacional a España e pol populacionista fomentada polo franquismo para conseguir reconstrución.
      • c) 2ª etapa de auxe (1945-1960):
      •  Causas:
      • - Autorización para saír libremente de España a partir de 1946.
      • - O levantamento do illamento internacional por parte da ONU en 1949 (grazas a EEUU e Vaticano).
      •  Procedencia: Galicia e Canarias. Descenso da emigración asturiana por industrialización da rexión.
      •  Destino: Venezuela (por postos de traballo relacionados co petróleo), Arxentina, Brasil.
      •  Perfil do emigrante: con maior cualificación que na etapa anterior (agricultores preparados, obreiros e técnicos industriais)   corrente migratoria.
      • d) 2ª etapa de crise (desde 1960):
      •  Causas:
      • - Competencia coa emigración a Europa  cifras baixas e predominio de retornos.
      • 2.2. A emigración a Europa.
      • - Emigración permanente a Europa (1 ano ou + duración)  3 etapas bien diferenciadas:
      • a) Ata mediados S.XX (IIª Guerra Mundial)  principalmente a Francia.
      •  Procedencia: rural levantino.
      •  Perfil inmigrante: agricultores estacionais, obreiros de construcción e servizo doméstico e refuxidos G. Civil.
      • b) 1950-1973  maior auxe da emigración.
      •  Causas:
      • - reconstrucción ec de Europa tras II GM  ampla oferta de emprego, para unha pob reducida polas mortes e baixa natalidade durante a guerra.
      • - Forte crecemento demográfico en España.
      • - Excedentes de pob no campo pola mecanización.
      • - Insuficiencia da industria española para absorber este excedente.
      •  Procedencia: todas as rexións, sobre todo de Gal, And e Ext...
      •  Destino: Francia, Alemaña, Suíza...
      •  Perfil: traballadores pouco cualificados (agricultores, peóns da construcción, obreiros) desempeñando traballos duros e mal pagados, que non querían os traballadores autóctonos (servizo doméstico, peóns, xornaleiros, construcción...).
      • c) A partir de 1973   emigración permanente a Europa  predominio retornos:
      •  Causas: debido a crise enerxética de 1973  aumento paro e descenso demanda de man de obra en Europa.
      •  Perfil: emigrante de tempada (ata 3 meses) e temporal (ata 1 ano) para traballar en tarefas agrarias, industria ou construcción.
      •  Procedencia: And, Gal, Ext…
      •  Destino: Francia e Suiza.
    13.  
    14.  
      • 2.3 Consecuencias das migracións exteriores.
      • a) Demográficas:  efectivos demográficos e cambios na súa distribución  desequilibrios da poboación (rexións desenvolvidas + poboadas e rexións atrasadas – poboadas).
      • b) Económicas: 2 tipos:
      •  Positivas:
      • - Saídas  aliviaron forte crecemento natural e paro.
      • - Divisas enviadas por emigrantes ( remesas )  financiación desenvolvemento ec español e reducción déficit comercial.
      •  Negativas:
      • - Moitos aforros non se investiron nas áreas de partida dos emigrantes, senón en áreas distintas (grandes cidades industriais e turísticas)   desequilibrios territoriais.
      • c) Sociais:
      • - Desarraigo dos emigrantes (incorporación sociedade con lingua e costumes diferentes).
      • - Malas condicións de vida iniciais (vivenda) e de traballo (salarios + baixos que a pob autóctona, maior frecuencia despidos).
      • - Regreso a España  problemas para encontrar traballo, vivenda e readaptación condicións de vida española.
      • 3. INMIGRACIÓN ACTUAL.
      • - Desde hai algúns anos España está recibindo un volume importante de inmigrantes.
      • - 3 tipos de inmigrantes:
      • a) Estranxeiros nacionalizados  tras varios anos de permanencia no noso país, pasan a ser españois a todos os efectos.
      • b) Inmigrantes legais  con permiso de residencia que manteñen a súa nacionalidade.
      • c) Inmigrantes ilegais  sen permiso de residencia. Moi difíciles de conabilizar.
      • - Procedencia: Europa (UE, sobre todo, e países Europa leste), África (Marrocos e África subsahariana), América Latina (Ecuador, Colombia, Arxentina,…), Asia (China, sobre todo…).
      • - Destinos: áreas desenvolvidas (secundario e terciario  Madrid, Cataluña, Val, Can…) e áreas agricultura desenvolvida (Andalucía,…).
    15.  
      • Causas e perfil do inmigrante:
      •  Inmigrantes comunitarios : xubilados europeos por clima e nivel de vida, ou adultos atraídos por negocios.
      •  Inmigrantes extracomunitarios : por motivos ec (moita pob e carencia recursos e traballo nos seus países de orixe) ou políticos (persecucións e falta dereitos)  mozos en traballos de baixa cualificación (minería, construcción, agricultura, hostaleria, pesca, servizo doméstico).
      • - Consecuencias da inmigración: varios tipos:
      •  Demográficas: inmigración  freno ao descenso natalidade por ter estructura demográfica + nova e menor control nat.
      •  Económicas:
      • - Inmigrantes son considerados por algúns sectores de pob competidores no mercado de traballo, sen embargo adoitan desempeñar as tarefas máis duras e peor remuneradas = menos desexadas por traballadores españois.
      • - Inmigrantes contribúen ao sistema de pensións e seguridade social, freando o descenso de pob activa actual (traballo inmigrantes  garantía pensións para 1 millón de españois).
      •  Sociais: inmigración  problemas sociais:
      •  Aumento inmigración   racismo e xenofobia  sectores de opinión favorables a devolución aos seus países, restrinxir dereitos, ou endurecer leis de estranxería para evitar efecto chamada de inmigracións ilegais.
      •  Moitos inmigrantes padecen discriminación laboral e duras condicións de traballo (non contratos, non seguridade social, baixos salarios, moitas horas de xornada,…), e de vida (barrios marxinais e vivendas de mala calidade, hacinamento, sist camas quentes ).
      •  Discriminación social dos inmigrantes  responsabilizados abusivamente de roubos, atracos, mafias, tráfico de drogas, prostitución…
      •  Diferencias culturais, lingüísticas e relixiosas (polémica do velo islámico…)  fan difícil integración e provocan tensións coa pob autóctona.
    16.  
    17.  
    18.  
    19. CRECEMENTO REAL DA POBOACIÓN
      • Crecemento real da pob = crecemento natural e saldo migratorio.
      • Desde inicios S. XX a pob española duplicouse, pero este crecemento non foi constante  3 etapas:
      •  Mediados S.XIX- Inicios S.XX: crecemento baixo por altas taxas natalidade e mortalidade (crecemento natural baixo) e emigración a ultramar.
      •  Inicios S. XX- 1975: alto crecemento (transición demográfica) por elevado crecemento natural, pero incremento estivo limitado por factores: epidemias (gripe, 1918), guerras (G. Civil, 36-39) e emigración a ultramar e a Europa.
      •  De 1975 en adiante: baixo crecemento por escaso crecemento natural actual (baixas taxas nat e mort). Retroceso demográfico sería maior, senón fora polo retorno de emigrantes e por chegada inmigrantes  crecemento baixo e incluso negativo nalgunhas provincias.
    20.  
    21. ESTRUCTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA
      • 1. ESTRUCTURA POR SEXO E IDADE.
      • Estructura por sexo = relación entre o número de homes e mulleres que compoñen a pob  taxa de masculinidade e feminidade.
      • Taxa de masculinidade = Nº homes x 100 / Nº mulleres.
      • Taxa de feminidade = Nº mulleres x 100 / Nº homes.
      • Sempre nacen + homes que mulleres (factores biolóxicos), pero co paso do tempo os dous sexos iguálanse en nº, e na idade anciá desequilíbranse a favor das mulleres por factores biolóxicos e hábitos de vida menos nocivos.
      • Estructura por idade  índice de avellentamento = porcentaxe de maiores de 65 anos nunha poboación. Se é maior a 12% = poboación envellecida.
      • Índice de avellentamento = Pob > 65 anos x 100/ Pob total.
      • España ten estructura por idades envellecida:
      • Mozos: (0-14 anos)  porcentaxe desde principios de século XX por descenso da natalidade  15% en España. A maior proporción atópse nas zonas de natalidade + alta (sur e arquipélagos) ou zonas anovadas por inmigración (Val, Mad, Cat…).
      • Adultos: (15-64) aumentaron  67% con poucas variación entre comunidades autónomas.
      • Anciáns: (+ 64) aumentaron  media de 17%. Maior proporción no norte peninsular, afectada por reconversión industrial e emigración (Ast, CL, Gal,…)  baixas taxas de fecundidade, alta esperanza de vida e sobreavellentamento causado polo retorno de antigos emigrantes.
    22.  
      • Causas do envellecemento:
      •  Descenso natalidade   nº mozos.
      •  Aumento esperanza de vida   nº vellos
      • Consecuencias de envellecemento:
      •  Financiamento pensións: dependen das cotizacións que realizan os traballadores en activo en cada momento.  activos e  xubilados  agravamento do problema.
      •  Sistema de saúde: anciáns consomen elevado número de recursos sanitarios (estancias en hospitais, receitas e visitas médicas)  necesidade de recursos crecentes  + gasto sanitario.
      •  Sociais: problemas de residencia, dependencia e de ocio  necesidade de + residencias públicas e privadas, axudas para actividad diaria e actividades de ocio (excursións, centros de día, cursos…).
      • 2. ESTRUCTURA ECONÓMICA DA POBOACIÓN.
      • - Estructura ec da poboación inclúe o estudio da poboación activa e o dos distintos sectores que contribúen a esa actividade (sectores ec).
      • 2.1 A poboación activa.
      • Pob activa = conxunto de persoas de 16 e + anos que subministran man de obra para a producción de bens e servizos ou que están dispoñibles para desempeñar esa actividade  pob activa = poboación activa ocupada, como a desocupada que está buscando traballo.
      • Pob inactiva = a que non ten traballo remunerado (pensionistas, rendeiros, estudiantes, amas de casa…)
      • Existen diversos índices para medir a actividade dunha pob:
      •  Taxa de actividade: porcentaxe de activos dunha pob  Taxa act = pob activa x 100/ pob total.
      •  Taxa de paro : porcentaxe de pob desocupada dunha pob total  Taxa paro = pob act desocupada x 100/ pob act.
      •  Taxa de dependencia : relación entre pob dependente (anciáns, mozos) e pob adulta en idade de traballar
      •  Taxa dep = pob dependente x 100/ pob en idade traballar.
      • a) Taxa de actividade: evolución e variacións.
      • 1. Evolución: 2 etapas:
      • - Descenso ata década 80, causado por emigración e aumento taxa de dependencia, debida a prolongación escolaridade obrigatoria (que atrasa entrada de mozos en mundo laboral), á xeneralización da xubilación pagada e anticipación de xubilacións nalgúns casos
      • - Aumento a partir 1987: por incorporación da muller ao mundo laboral, aínda que en nº menor que en outros países desenvolvidos.
      • 2. Variacións da taxa de actividade:
      • - En función do sexo: taxa actividade masculina descendeu ata datas recentes debido á crise ec e reconversión   xubilacións anticipadas e paro. Taxa femenina, foi aumentando a partir de cifras baixas, por razóns ideolóxicas (cambio mentalidade sobre papel muller na sociedade), demográficas (control natalidade) e económicas (terciarización ec)
      • - En función da idade: as maiores taxas de actividade danse entre 25 e 54 anos entre homes e 20-24 entre mulleres. Caida posterior por formación de familias  abandono de traballo plas mulleres en ocasións, por insuficiencia empregos a tempo parcial e garderías insuficientes e caras.
      • - En función do territorio: as taxas + altas corresponden a zonas con maior dinamismo ec (costa mediterránea, arquipélagos, Eus, Bar e Mad). Taxas baixas nas zonas con maior porcentaxe pob nova (And), envellecida (interior) ou afectadas por reconversión ind (Ast e Cantabria…).
      • b) Taxa de paro: evolución e variacións.
      • 1. Evolución: 3 etapas:
      • - Ata 1973 : problema pouco grave (apenas 3% pob act) por emigración parte de activos e escasa incorporación da muller ao mundo laboral.
      • - Entre 1973 e 1985 : aumento taxa de paro por crise ec, reconversión industrial, retorno emigrantes, incorporación muller ao traballo, e inicio da demanda de emprego da xeración do baby boom.
      • - Entre 1985 e 1995 : o paro retrocedeu ata 1990 por mellora da ec, para volver a medrar ata 1995 por crise ec de comezos dos noventa, que freou a oferta de emprego.
      • - A partir de 1995: descenso da taxa de paro (11% en 2002, 8,5% actual), debido á favorable coxuntura ec e a entrada no mercado laboral de xeración menos numerosas.
    23.  
      • - 2. Variacións:
      •  Idade: forte desemprego xuvenil.
      •  Sexo: maior paro feminino.
      •  Nivel de instrucción: maior paro canto menor é a cualificación profesional por maior competencia.
      •  Época do ano: paro estacional (inverno por menor demanda sector hoteleiro).
      •  CCAA: paro maior nas de menor desenvolvemento ec e nas que constan con maior proporción pob moza  altas taxas de paro en Andalucía, Est e baixas en Baleares, Nav, Mad…
    24.  
      • 2.2 Sectores económicos:
      • - Evolución sectores económicos  varias etapas:
      • A) Sector primario : actividades destinadas á obtención materias primas (agricultura, gandería…), etapas:
      •  Inicios S. XX : sector predominante (63% de activos). Desde entón reduciuse por éxodo rural.
      •  Guerra civil e posguerra (anos 30 e 40): recuperación por destrucción bélica, dificultades ec  permanencia de pob activa en campo ou retorno a él, favorecido por política de colonización rural franquista.
      •  Entre 1950-75 : reducción sector primario ao acelerarse éxodo rural por mecanización agricultura.
      •  Desde 1975 : desaceleración do descenso (segue baixando pero lentamente) por detención éxodo rural por crise ec e porque xa se atopa en niveis baixos (6% pob activa).
      • B) Sector secundario : actividades destinadas á transformación das materias primas (industria e construción). Etapas:
      •  Inicios S.XX: activos escasos (16%) debido ao insuficiente desenvolvemento industrial. Medrou considerablemente durante Ditadura Primo de Rivera por impulso á industria e obras públicas.
      •  Guerra Civil e posguerra : paréntese no crecemento debido ás destruccións de industrias e mantemento ou retorno da pob no campo.
      •  Década dos 60 : aumento do sector secundario, debido a impulso industrial franquista (plans de desenvolvemento).
      •  Desde 1975 : pob activa na industria diminuíu, por crise industrial  transvase pob activa hacia sector terciario e terciarización da industria (demanda de servizos á producción por parte da industria).
      • C) Sector terciario: act que proporcionan servizos (transporte, comercio…). Inicios S.XX con porcentaxes baixas (17,8%) pero medrou ao longo de todo o século, agás paréntese G. Civil  emprego de maioría da pob activa na actualidade (+ do 65%). Causas:
      •  Aumento nivel ec e nivel de vida.
      •  Cambios na industria (descenso pob activa na industria por crise e introdución novas tecnoloxías terciarización da industria).
      •  Incremento servizos públicos, por desenvolvemento administración das CCAA e do estado do benestar .
      • Distribución espacial da pob activa por sectores ec (ainda que o sector terciario é maioritario):
      • a) Importancia primario: interior peninsular, Gal e And.
      • b) Importancia secundario: Navarra, Cat e Eus.
      • c) Gran dominio do terciario: Madrid, áreas turísticas (Levante e arquipélagos)
    25.  

    + camposseijocamposseijo, 2 years ago

    custom

    459 views, 0 favs, 1 embeds more stats

    Galego

    More info about this presentation

    © All Rights Reserved

    • Total Views 459
      • 445 on SlideShare
      • 14 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 0
    • Downloads 8
    Most viewed embeds
    • 14 views on http://profesorborja.blogia.com

    more

    All embeds
    • 14 views on http://profesorborja.blogia.com

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories