2ª fase R.I = nova onda de innovacións nos decenios finais do século XIX mellora dos transportes, intercambios comerciais e migracións e industrialización novos países.
1.1 NOVAS FONTES DE ENERXÍA
- Petróleo : nun primeiro momento utilizado para iluminación. Avances en destilación novos usos (lubricante, combustible, calefacción,materia prima para industria petroquímica…). Melloras no motor de combustión (Daimler Benz, 1900) xeneralización do petróleo como combustible de automóbil.
- Electricidade : orixe en innovacións (pila de Volta, lampada de Edison…). Vantaxes: limpeza, flexibilidade, doada de transportar e converter en luz, calor ou movemento. Aplicacións masivas: iluminación, enerxía de máquinas electricas na industria, comunicación (teléfono, telégrafo, radio…), transporte (tranvía, metro…)…
1.2 NOVOS SECTORES PUNTEIROS
-2 novos sectores industriais punteiros impulsan desenvolvemento industrial:
Sector sidero-metalúrxico: medra e introduce novidades Ferro segue a ser “pan de industria” (maquinaria, construción, bélica, e sobre todo automóbil), perfeccionamento do aceiro e aparición novos metais (aluminio).
Sector químico productos novos e artificiais que desprazan a vellos recursos caros e escasos. Aplicacións: tintes para industria téxtil, fertilizantes químicos, tecidos e fibras artificiais, plásticos, medicinas, perfumes, dinamita (Nobel).
Dentro sector químico destaca o petroquímico (utiliza petróleo como mat prima) combustibles, derivados e outros (farmacia, plásticos, pinturas, téxtil…).
1.3 REVOLUCIÓN DOS TRANSPORTES
Avances no S.XIX:
- Ferrocarril : na 2ª ½ S.XIX concluironse as principais redes ferroviarias en Europa e Estados Unidos.
- Transporte urbano : electricidade tranvías e trens metropolitanos (metro, 1º en Londres en 1887).
- Navegación : melloras na construción (aceiro e maior potencia de motores) e aplicación vapor barcos + rápidos e seguros duración viaxes transoceánicos favorecendo migracións europeas e comercio, facilitados por construción canais interoceánicos: Suez, entre Mediterráneo e Vermello, 1869, e Panamá, entre Atlántico e Pacífico, 1904.
- Automóbil : resultado de combinar motor a explosión, neumático e petróleo como combustible verdadeira rev nos transportes. Primeiro automóvil (Peugeot) comezou a funcionar no ano 1891. Pero será nos EEUU co Ford T (inicios S.XX) cando automóbil se converta en producto de consumo masivo para amplas capas de poboación.
- Aviación : a finais do S XIX e inicios do S.XX, experimentación (primeiro voo, Irmáns Wright, 1903) explotación militar e comercial nas primeiras décadas S.XX.
1.4 AUMENTO DEMOGRÁFICO E MIGRACIÓNS.
- Melloras en hixiene, mediciña e alimentación, a comezos do S.XIX caida da mortalidade mentras natalidade permanecía estancada crecemento demográfico poboación europea duplicouse, de 190 a 400 millóns no S.XIX.
- Crecemento poboación millóns de europeos non puideron atopar emprego migracións transoceánicas 60 millóns de europeos abandonaron o continente entre 1815 e 1914 (sobre todo a EEUU, América Latina…).
- O maior grado de migracións deuse a partir dos anos 40 (fame en Irlanda) e acelerouse a finais do S.XIX (irlandeses, italianos, alemáns, españois…).
- Migracións non só fororn exteriores, senón tamén dentro dos propios estados hacia as zonas que se ían industrializando e urbanizando.
1.5 CAMBIOS NA ORGANIZACIÓN DO TRABALLO E NAS EMPRESAS
- Maduración do capitalismo vai acompañada de 2 procesos complementarios:
Sistemas intensivos de organización do traballo do obreiro + productividade:
$ Taylorismo : (Frederick Taylor) consiste en apurar o traballo do obreiro con mov simples, rápidos, eficaces, repetidos (“mecanicos”), eliminando os mov ineficaces e a perda de tempo.
$ Fordismo: (Henry Ford, no automóbil) cadea de montaxe (traer as pezas e material onde estan os obreiros para eliminar perdas de tempo) masifica e abarata produción Ford T = 1º coche para todos os bolsillos consumo masivo.
Concentración empresarial control mercado mediante alianzas ou fusións réxime de monopolio (1 sóa empresa controla todo o mercado dun producto) ou oligopolio (varias empresas poñense dacordo para controlar mercado impoñendo prezos, volume de produción…).
2 tipos de concentración:
Horizontal: agrupación de empresas do mesmo sector.
Vertical: agrupación de empresas complementarias dende materia prima a producto final.
- Resultado destas concentracións tres tipos de grandes empresas capitalistas:
Cartel : alianza horizontal de empresas independentes nun sector para repartirse mercado coma oligopolio (ex: OPEP).
Trust : fusión vertical de empresas complementarias que controlan proceso productivo dende materia prima a producto final. (ex: grupo Thyssen, Krupp…).
Holding: sociedade financieira que posúe capital (accións) en diversas e variadas empresas para controlar as súas actividades.
1.6 AUMENTO DA COMPETENCIA INTERNACIONAL
2ª fase Rev Industrial industrialización de outros países ec británica deixou de ser a única industrializada aparición competidores perda de posicións de productos británicos no mercado internacional.
Principal competidor en Europa de GB foi Alemaña, superando a finais do XIX a GB na produción de aceiro, carbón (Conca do Ruhr e Sarre), e na industria eléctrica, química, farmaceutica (Bayer) e de maquinaria.
2ª fase Rev Industrial aumento da producción incremento dos intercambios comerciais comercio internacional grazas tamén as melloras nos transportes expansión do librecambio ata crise ec de 1870-80 retorno ao proteccionismo (aranceis) para protexer economías nacionais (excepto GB).
No mercado interior. 2 transformacións:
a) aparición grandes almacéns = grandes superficies comerciais que ofrecían gran variedade de productos a prezos + baixos.
c) Difusión venda por correo e a prazos (automóviles e electrodomésticos). Tamén técnicas de venda modernas (publicidade, rebaixas e devolucións).
2. O IMPERIALISMO E AS SÚAS CAUSAS
1. FACTORES ECONÓMICOS E DEMOGRÁFICOS COMO EXPLICACIÓN INSUFICIENTE.
- No derradeiro ¼ do S. XIX os países capitalistas (Europa, EEUU e Xapón) inician un proceso de expansión imperialista = conquista e dominación colonial dos países menos desenvolvidos.
- ¿Cales son os factores explicativos do fenómeno? Varios factores parciais e insuficientes:
a) Desenvolvemento ec capitalista , que vese amenazado por unha crise finisecular (a partir de 1876), que provoca:
Problema : saturación e contracción dos mercados volta ao proteccionismo dificultades.
Alternativa : colonias que aseguren mat Primas e marcados para productos europeos.
Capitalismo transforma a economía das colonias en función dos intereses da metrópole destrución da produción local, explotación mat primas, instalación infraestructuras dependentes do estranxeiro.
Sen embargo esta explicación é insuficiente unha alta % do comercio internacional realízase entre as propias metrópoles.
b) Enorme acumulación e concentración de capitais, precisan novos lugares de investimento alternativa: colonias onde investir con maior nivel de beneficios.
Sen embargo, explicación insuficiente unha alta % do investimento realízase entre metrópoles.
c) Crecemento demográfico europeo supera á capacidade de emprego excedente de pob emigración alternativa : colonias de poboamento para inmigración branca.
Sen embargo, explicación insuficiente unha alta porcentaxe de emigración vai á America non colonial.
2. FACTORES POLÍTICOS E IDEOLÓXICOS.
- Sen negar o relevante papel desempañado polo interese ec (explotación de mat primas das colonias e a transformación destas en posibles mercados para productos europeos), a interpretación actual do imperalismo concédelle maior importancia á combinación destas razóns con outras de carácter político e ideolóxico:
a) Factores políticos :
- A expansión das potencias industriais estivo tamén provocada polo desexo de ampliar as zonas de influencia de cada unha delas = forma de aumentar o poder pol fronte ás demáis e obstaculizar ás competidoras interese dos gobernos en formar e ampliar o seu imperio colonial como demostración de capacidade de influencia na diplomacia internacional.
- Todo isto promoveu unha carreira por controlar novos territorios antes de que o fixesen as potencias rivais expansión colonial = necesidade dos gobernos para incrementar o seu poder militar e tratar de impedir a expansión dos rivais.
b) Factores ideolóxicos:
- Concepcións racistas e nacionalistas idea dunha raza branca superior (incluso con base científica = darwinismo social ) lexitimación para impoñerse sobre o resto de razas, ás que debe civilizar. Así mesmo impúxose a idea que para exercer este dereito lexítimo de civilizar a outras razas todos os medios eran válidos, mesmo a guerra.
- A xustificación de dominar a outras sociedades acadou unha importante difusión entre a opinión pública, xa que era considerada a forma de reafirmar a forza de cada país orgullo nacional.
- Desta forma extendeuse o convencemento de que os europeos tiñan o deber de espallar a súa civilización entre os pobos considerados inferiores, co uso da forza se era “necesario”.
- Pero tamén existen correntes anticolonialistas na opinión pública:
Conservadores: que se opoñen por alto custo da colonización, q non compensa os resultados obtidos.
Socialistas: (Segunda Internacional) condenan formalmente o imperialismo e denuncian unha explotación capitalista que se extiende a escala planetaria.
- Todas estas causas pol e ideolóxicas foron favorecidos por outros factores: desenvolvemento técnico no transporte (marítimo e fluvial), das armas lixeiras, do telégrafo ou da construción (apertura do Canal de Suez en 1869). Todos estes avances facilitaron comunicacións e control militar de zonas afastadas.
3. O REPARTO DO MUNDO
3.1 DO COLONIALISMO AO IMPERIALISMO.
Imperialismo do S.XIX = culminación dun proceso iniciado no S. XVI, cando as potencias atlánticas se botaron ao descubrimento do mundo, pero difiere moito do colonialismo anterior. Diferencias:
Situación: os vellos imperios coloniais (español, portugués,…) estaban situados en América, en gran parte emancipada no S.XIX. Pola contra, os novos imperios coloniais van a estar situados en África e Asia principalmente.
Tipo de colonias: antigas colonias = colonias de asentamento (creación polos colonos de sociedades semellantes á europea). As novas colonias = colonias de ocupación (peq minoría de europeos exerce o control pol e ec, mentres maioría de pob allea á europeización.
Ritmo de ocupación : lento e limitado na etapa anterior rápido no S.XIX ( os europeos pasan de dominar o 35% do mundo en 1800 ao 84% en 1914).
Conflictos : as posesións coloniais anteriores escasos conflictos entre potencias. Pero co imperialismo no S.XIX carácter belicoso guerras constantes, xa qe expansión colonial = obxectivo fundamental da ec e pol dos países industrializados.
2.3 O REPARTO DE ÁFRICA.
- Foi no continente africano (escasa poboación) onde de forma + evidente se levou a cabo este novo tipo de ocupación colonial.
- Pto de partida: inicios de S. XIX os europeos só dispoñían de factorías costeiras e peq colonias. Intereses ec, pol e afán de aventura desmembración de África en mans europeas.
- Primeiros pasos: sociedades científicas e misioneras exploración do interior do continente ao longo do S.XIX para coñecemento xeografía, flora e fauna ou para extender relixión cristiá. Destacan exploradores como Henry Stanley e David Livingstone.
- Principais zonas exploradas foron as cuncas dos ríos Níxer e Nilo, o Sáhara, Sudán e ríos Congo e Zambeze.
- Dende décadas 1870-80 aumento de expedicións e algunhas potencias (GB e Francia) xa non exploran senón que conquistan e dominan.
- Intervencións:
Británica : tenta unir o Norte e o Sur de África mediante ferrocarril O Cairo – O Cabo dominación fachada oriental e así controlar o Océano Índico (India = perla do imperio británico) obtención de bos territorios (Exipto, Sudán, Kenia, Sudáfrica…) ricos en mat primas e minerais (ouro, diamantes…) e de gran valor estratéxico para acceso ao Índico (Canal de Suez).
Francesa : Tenta dominar norte e oeste do continente. Desde posesións iniciais en Alxeria, Francia foi dominando o norte (Marrocos, Tunisia) e extenderse polo centro cara Sudán conflicto con GB (Faschoda, 1898).
Rei de Bélxica : Leopolodo II encarga a Stanley a exploración da cunca do Congo, entrando en conflicto con comerciantes alemáns Congo zona de conflicto.
- Tensión no Congo convocatoría dunha Conferencia internacional en Berlín polo chanceler Bismarck (1885) medidas acordadas:
Libre navegación polos ríos Congo e Níxer, asignando o territorio do Congo ao rei Leopoldo II de Bélxica Congo belga.
Acórdanse as regras do reparto de África control do litoral dá dereito a todo o territorio, pero só se hai unha ocupación efectiva carreira de ocupación de colonias polas grandes potencias reparto do mundo en vinte anos.
- A partir de ese momento outros estados europeos penetraron en África Alemania en África negra (Camerún, Tanganika e África sudoccidental), Portugal (Ángola e Mozambique), Italia (Libia e Somalia)…
- A partir deste punto as tensións e o enfrontamento fíxose inevitable conflictos:
Choque de intereses expansionistas entre GB e Francia : en 1898 encontro de exércitos en Faschoda (Alto Sudán) crise e guerra a piques de estoupar retirada francesa.
Guerras bóers en África do sur : inicialmente zona do Cabo (Sudáfrica) ocupada por colonos holandeses (bóers = campesiños) defensores do escravismo. A inicios S.XIX o territorio caeu baixo dominio británico expulsión dos bóers ás répúblicas veciñas de Oranxe e Transvaal. A aparición de diamantes nestas últimas interese británico en dominalas negativa bóer guerras bóers (1899-1902) victoria británica.
3.3 A OCUPACIÓN DE ASIA.
- Punto de partida: Tamén desde o S. XVI os europeos estableceron colonias en Asia pequenas colonias comerciais na franxa costeira dominio imperialista no XIX.
- Diferencias co caso africano:
No continente asiático interveñen novas potencias : ademáis de GB, Fra, aparecen outras como Holanda (Indonesia), Rusia, Xapón e EEUU (Filipinas).
Enfrontamentos e conflictos constantes : enfrontamento entre GB, Fra e Hol polo SE asiático, choque entre GB e Rusia en Asia central (Persia e Afganistán), EEUU con España por Filipinas, e Xapón e Rusia por parte de China.
Actuacións:
䎬 Británica : desenvolveuse principalmente en Asia central e meridional, sobre todo en torno á India, onde desde o século XVIII a Compañía inglesa das Indias posuía os portos de Madrás, Calcuta e Bombai. Grazas á axuda do goberno inglés a Compañía deu conquistado boa parte do territorio indio. A med do S XIX a revolta dos sipaios (soldados indios do exército británico) sustitución Compañía por goberno inglés, incorporando á colonia ao imperio británico (Acta de Goberno da India, 1876) India pasaba a depender directamente da Coroa británica a través dun vicerrei (reina Victoria de Inglaterra emperatriz da India).
India = principal mostra d poderío británico. Para garantir unha zona de seguridade arredor desta colonia, os ingleses anexionaron polo este Birmania (1886) tras conflicto cos franceses e polo oeste loitaron con Rusia polo dominio de Afganistán (1880).
䎬 Francesa : centro en Indochina (Cochinchina, rexión do Mekong, Camboxa) guerra con China anexión dos protectorados de Annam e Tonquín formación Unión Indochina francesa (1887), que incluía as actuais Vietnam, Laos e Camboxa. Para evitar conflictos con GB (presente na zona en Birmania, Malasia e Singapur) mantívose estado tapón de Siam (actual Tailandia) entre os 2 imperios.
- China, pola súa parte non foi dominada or ningún país, aínda que os europeos consegiron a comezos do XIX establecer enclaves comerciais, sobre todo os británicos, que compraban té e seda china a cambio de opio (moi consumido plos chineses) prohibición de entrada de opio polo gob chinés en 1839 Guerras do opio entre China e GB victoria británica Tratado de Nanking (1842) os británicos acadan a posesión de Hong Kong e a apertura de 12 portos chineses ao comercio británico.
Entre 1885 e 1911 produciuse un auténtico asalto á China por parte dos países europeos e Xapón Francia situouse ao SE, GB no Sur e centro, Rusia e Xapón arredor de Manchuria (NE), Alemaña na península de Shandong. Este expolio occidental de China reaccións e conflictos: levantamento dos Cen Días (1898) e a revolta popular dos bóxers (1900-1911) contra os occidentais. Finalmente no ano 1911, unha revolución puxo fin ao imperio chino e proclamou a república nun intento de liberarse da dependencia estranxeira e rexenerar o país.
4. NOVAS POTENCIAS IMPERIALISTAS
- A finais do S.XIX a mundialización do capitalismo favorece a 2 potencias extraeuropeas: EEUU e Xapón.
4.1 IMPERIALISMO NORTEAMERICANO.
- 2 fases:
a) 1ª etapa (ata década 1860): EEUU expándese pola súa fronteira occidental conquista do Oeste, de 2 formas:
colonizando territorios vendidos (Luisiana, Florida) ou cedidos (Oregón) por potencias europeas.
conquista militar de Texas e guerra con México, xustificada por destino manifiesto (destino a construir un gran país de costa a costa) derrota de México incorporación estados do oeste (Arizona, California, Nevada…).
Base ideolóxica para a expansión norteamericana = Doutrina Monroe (1823) dereito de EEUU a intervir en calquer lugar do mundo en defensa dos seus intereses.
b) 2ª etapa (a partir Guerra civil): EEUU desborda as súas fronteiras imperialismo 2 actuacións:
$ Ocupación efectiva : merca Alaska a Rusia e ocupa arquipélagos no Pacífico (Hawai, Filipinas…).
$ Intervención en Centroamérica = área preferente imperialismo americano ( patio de atrás) Guerra con España (1898) por Cuba e intervencións militares (Panamá…).
Imperialismo americano anexiona pouco, pero protexe intereses ec (compañías estadounidenses) con intervención política e ec sobre todo ( Diplomacia do dólar ) e militar puntual.
4.2 IMPERIALISMO NIPÓN.
- Era Meixi (1868-1912) final feudalismo e inicio modernización ec, impulsada polo Estado conversión de Xapón en potencia ec (e militar) mundial a inicios do S XX.
- Gobernos xaponeses presencia exterior na ribeira asiática do Pacífico, para alimentar crecente poboación xaponesa e obtener materias primas e mercados para industrias tensións e conflictos con China e Rusia (potencias tradicionais da zona).
- Principais obxectivos imperialismo nipón = Corea e Manchuria (NE de China) intervención xaponesa en Corea (1867), estado vasalo chinés Guerra chino-xaponesa (1894-95) victoria cómoda xaponesa incorporación de Formosa, Port Arthur,… e tutela sobre Corea.
- Interés por Manchuria enfrontamento coa Rusia tsarista Guerra ruso-xaponesa (1905) victoria nipona dominio sobre Corea e sur de Manchuria Xapón convertíase nunha gran potencia imperialista
5. ORGANIZACIÓN IMPERIOS COLONIAIS
5.1 ADMINISTRACIÓN DOS TERRITORIOS CONQUISTADOS
- Unha vez conquistadas, as colonias eran organizadas para ser controladas e administradas polas metrópoles, formas de organización:
COLONIA: non tiñan goberno propio e dependían directamente da administración metropolitana. A autoridade na colonia soía estar en mans dun gobernador, axudado por grupo de funcionarios elite dirixente.
PROTECTORADO: teóricamente tiña goberno propio, respetado aparentemente pola metrópole, pero está soía dominar certas competencias como defensa e relacións exteriores (Exipto, Marrocos…).
MANDATOS: naceron tras a Iª GM, creados pola Sociedade de Nacións para facerse cargo das colonias das potencias perdedoras (Alemaña, Imp Turco…) una potencia colonial vencedora facíase cargo dun determinado territorio en nome da SdN.
COLONIAS DE POBOAMENTO (DOMINIOS): Colonias con abundante poboación europea sobre unha escasa pob indíxena (abundantes no Imp Británico: Canadá, Australia…), moi axiña dispuxeron de goberno e parlamentos propios autogoberno.
5.2 CONSECUENCIAS DA COLONIZACIÓN CONSECUENCIAS 4 tipos: ECONÓMICAS: - Agás para a elite (nobreza e burguesía) a situación empeorou para toda pob. - Abandono terras e cultivos tradicionais monocultivo extensivo dominado polos europeos exportación (plantacións: caucho, café, algodón, cacao)
0 comments
Post a comment