Unidade 5

1,507 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,507
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
395
Actions
Shares
0
Downloads
28
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Unidade 5

  1. 1. UNIDADE 5 AS PAISAXES DA TERRA
  2. 2. 1. OS CLIMAS DA TERRA A Terra divídese en 5 zonas climáticas (en función da temperatura): 1 zona cálida. 2 zonas temperadas. 2 zonas frías. Dentro de cada unha destas zonas existen diversos tipos de clima.
  3. 4. A) Climas cálidos Entre o Trópico de Cáncer (23º N) e Capricornio (23º S). Temperaturas elevadas, debido a que os raios solares chegan moi perpendiculares. Temperaturas constantes durante todo o ano. 1 ou 2 estacións ao ano 3 climas: ecuatorial , tropical e desértico.
  4. 5. B) Climas temperados Entre os trópicos e os círculos polares. Temperaturas variables, porque a inclinación dos raios varía. 4 estacións. 3 climas: oceánico , mediterráneo , continental
  5. 6. 2 zonas: a) Entre os círculos polares e os polos. b) Montañas máis altas Temperaturas sempre frías, xa que os raios solares inciden con moita inclinación. 2 climas fríos: clima polar e clima de alta montaña. C) Climas fríos
  6. 7. Mapa dos climas do mundo
  7. 8. 2. CLIMA ECUATORIAL: A SELVA En torno ao Ecuador. TEMPERATURAS : sempre cálidas (media anual = 27º C). PRECIPITACIÓNS : abundantes e constantes ao longo do ano (máis de 2000 mm). Non hai estacións. RÍOS : caudalosos e regulares (Amazonas, Congo. ..)
  8. 9. VEXETACIÓN E FAUNA : Selva = bosque denso e sempre verde, con gran variedade vexetal e animal. A vexetación gradúase en altura. As árbores máis altas superan os 40 metros de altura e impiden que a luz chegue ao solo. (Exemplo: Amazonia). POBOACIÓN: o interior das selvas está case deshabitado (agás indíxenas), pola calor, humidade, vexetación e enfermidades infecciosas. A poboación concéntrase sobre todo na costa.
  9. 10. 3. CLIMA TRÓPICAL: SABANA En torno aos trópicos. TEMPERATURAS : elevadas todo o ano. PRECIPITACIÓNS: abundantes (entre 500 e 2000 mm), pero concentradas nunha época do ano. Así distínguense 2 estacións: seca e húmida. RÍOS: réxime irregular: augas baixas na estación seca e augas altas na húmida (Ex: Nilo, Zambeze, Níxer, Ganxes...)
  10. 11. VEXETACIÓN: sabana = enorme chaira cuberta de herbas que cambian de cor segundo a estación: verdes (estación húmida) e amarelas (estación seca). Hai algunhas árbores illadas de folla caduca (acacias, baobabs). FAUNA: gran variedade de animais hervívoros (cebras, ñus, xirafas...) e carnívoros (leóns, guepardos...). POBOACIÓN: concéntrase na beira dos ríos e nas costa. Na sabana hai algunhas cidades pero a maior parte da poboación vive no rural. Desta forma a maioría adícase á agricultura e a gandería. Polo tanto a paisaxe é principalmente agraria.
  11. 12. 4. CLIMA DESÉRTICO: DESERTO PRECIPITACIÓNS: moi escasas (inferiores a 250 mm) TEMPERATURAS: 2 tipos de desertos en función das temperaturas: Deserto cálido: en torno aos trópicos. Polo día temperaturas sempre elevadas. Polas noites temperaturas frías (ás veces por debaixo de 0º C). Deserto frío: situados na zona temperada, no interior dos continentes. Veráns cálidos e invernos moi fríos (temperaturas chegan a -10º)
  12. 13. Deserto cálido (Sahara, norte de África) Deserto frío (Gobi, Asia central)
  13. 14. PAISAXE: vexetación e fauna escasa, só especies adaptadas á aridez (cactos, camellos, dromedarios...). Nas zonas máis húmidas aparecen os oasis (palmeiras datileras). Gran variedade de paisaxes. Exemplos: Deserto de area: predominio das dunas (acumulacións de area). Deserto rochoso . RÍOS: case inexistentes. Os poucos que hai (uadis), permanecen secos case todo o ano e só levan auga cando chove. Deserto de area (Sahara, Libia) Deserto rochoso (Xordania)
  14. 15. POBOACIÓN: prácticamente inexistente. Só algúns grupos seminómadas (tuaregs, beduínos, bosquimáns, mongois...). Nos últimos tempos algunhas cidades creceron grazas á riqueza dos depósitos petrolíferos e de gas natural (Dubai, Abu Dhabi...). Partido Nadal-Federer sobre a auga (Dubai, 2010)
  15. 16. Mapa da vexetación mundial
  16. 17. 5. CLIMA MEDITERRÁNEO Entorno do Mar Mediterráneo e outras zonas de latitudes medias (Chile, California, Sudáfrica...). TEMPERATURAS: elevadas no verán e suaves no inverno. PRECIPITACIÓNS: non moi abundantes, concentradas na primavera e no outono. Mentres o verán é moi seco (seca estival = principal problema). RÍOS: caudal irregular = no verán apenas levan auga, mentras que no resto de estacións poden producirse inundacións.
  17. 18. VEXETACIÓN: bosque mediterráneo, con árbores adaptados a seca (aciñeiras, sobreiras, piñeiros), matogueiras e arbustos. POBOACIÓN: alterou moito a paisaxe mediterránea. Os bosques case desapareceron, substituidos por campos de cultivo (olivos, trigo, vides), pastos para o gando, hortas e invernadoiros (verduras, hortalizas, froitas...) e cosntrucións relacionadas co turismo (urbanizacións, campos de golf,...). Paisaxe de costa mediterránea Olivar (Xaén)
  18. 19. Cabo de Gata (Almería) Campo de golf (Málaga) Cabo de Gata (Almería) Cabo de Gata (Almería) Andratx (Mallorca) Mar de plástico ( Almería)
  19. 20. 6. CLIMA CONTINENTAL Interior e cota oriental dos continentes no Hemisferio Norte (Europa, Asia e América do Norte). TEMPERATURAS: inverno moi frío e verán caloroso. PRECIPITACIÓNS: concentradas sobre todo no verán . RÍOS: permanecen conxelados durante o inverno. Na primavera a neve desxéase e os ríos sofren grandes enchentes.
  20. 21. VEXETACIÓN: 2 zonas: ♧ Bosque boreal ou taiga: sucesión de árbores de folla perenne (abetos e piñeiros). ♣ Pradaría: chairas do interior dos continentes con herbas altas. Nas zonas máis cálidas aparece a estepa (herbas máis baixas). POBOACIÓN: 2 zonas: ☃ Taiga: pouco habitada (só cazadores e pastores de renos). ☞ Pradeira: máis poboada (cidades, campos de cultivo e explotacións gandeiras).
  21. 22. 7. CLIMA OCEÁNICO - Costas occidentais de zonas temperadas : Europa atlántica, O de Canadá, Sur de Chile, Sur de Australia, Tasmania e Nova Zelanda.  TEMPERATURAS: suaves todo o ano, debido á influencia moderadora do océano.  PRECIPITACIÓNS: abundantes e regulares todo o ano.  RÍOS: Caudal abundante e regular. Río Garona (Francia)
  22. 23.  VEXETACIÓN: abundante e moi verde. Diferentes tipos :  Prados: en costas e zonas montañosas.  Bosques de folla caduca (faia, carballos..).  Landa (=conxunto de arbustos e matogueiras): nas zonas con solos pouco fértiles.
  23. 24.  POBOACIÓN: medio moi poboado, e moi transformado. Moitos bosques desapareceron substituídos por cultivos, pastos, cidades, industrias, vías de comunicación. Zona rural atlántica (Galicia)
  24. 25. - Zona ártica e antártica = entre os Círculos (66º N e S) polares e so Polos (90º N e S).  TEMPERATURAS: o clima polar é o clima máis frío da Terra. Non existe verán e as temperaturas oscilan entre os -20º e -50º C de media. A noite e día polar duran 6 meses.  PRECIPITACIÓN: escasas (menos de 300 mm anuais). Casi a totalidade en forma de neve. Ventiscas e tormentas de neve moi frecuentes. 8. CLIMA POLAR
  25. 26.  VEXETACIÓN E PAISAXE: 2 zonas: a) Casquetes polares: case non hai vexetación pola neve e pola conxelación permanente do solo e subsolo (permafrost = solo permanentemente conxelado). Fauna adaptada ás baixísimas temperaturas (pingüins, osos polares, focas...) b) Tundra: áreas máis próximas ás zonas temperadas (Norte de Rusia, Finlandia e Canadá). Formada por musgos, liques e arbustos de pequeno tamaño. Fauna máis variada que nos casquetes (renos, raposos, lobos...).
  26. 28.  POBOACIÓN: case inexistente por condicións extremas (frío, escasez de auga e vexetación...). Excepción: saamis e inuits no Ártico e bases científicas na Antártida. Saami ou lapón (Norte de Noruega e Finlandia) Poboación inuit (Norte de Canadá) Bases científicas na Antártida
  27. 29. 9. CLIMA DE ALTA MONTAÑA - Grandes cordilleiras (Himalaia, Andes, Alpes, Pireneos, Rochosas,...) ou cumios altos illados (Ex: Kilimanjaro, Monte Fuji...). Monte Fuji (Xapón) Montañas Rochosas (EEUU)
  28. 30. - TEMPERATURAS: moi baixas durante o inverno e frescas no verán. A medida que ascendemos en altura as temperaturas son máis frías. - PRECIPITACIÓNS: moi abundantes ao longo do ano. En forma de neve durante os meses de inverno. A medida que se asciende en altura as precipitacións aumentan.
  29. 31. - VEXETACIÓN: varía moito en función de tres factores: a) A vexetación cambia co altitude (máis frío e precipitacións). b) A vexetación cambia en función da ladeira onde se atope. A ladeira exposta ao sol (solaina) ten unha vexetación diferente á ladeira que está menos exposta (avesío). c) A vexetación cambia en función do vento . Se os ventos son intensos a vexetación é escasa. - POBOACIÓN: varía, nas zonas temperadas e frías, as montañas están pouco poboadas e a os habitantes concéntranse nos vales. Na zona cálida as montañas están moi habitadas, xa que a altura refresca as temperaturas.
  30. 32. 1. Avesío. 2. Solaina. 3. Agullas escarpadas. 4. Glaciar. 5. Pedreiras. 6. Bosque de coníferas. 7. Bosque de folla caduca. 8. Pradaría. 9. Cultivos. 10. Explotación gandeira. 11. Serradoiro. 12. Estación de esquí. 13. Encoro. 14. Central hidroeléctrica. Esquema da paisaxe de alta montaña (zona temperada)

×