• Like
Unidade 2 Escultura Grega
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

Unidade 2 Escultura Grega

  • 1,150 views
Published

Galego

Galego

Published in Entertainment & Humor
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Be the first to comment
    Be the first to like this
No Downloads

Views

Total Views
1,150
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
0

Actions

Shares
Downloads
47
Comments
0
Likes
0

Embeds 0

No embeds

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
    No notes for slide

Transcript

  • 1. UNIDADE 2
    • ARTE GREGA 2: A ESCULTURA CLÁSICA
  • 2. 1. INTRODUCIÓN
    • Hoxe en día conservamos moi poucas obras orixinais gregas. A maioría das existentes son copias romanas realizadas en mármore ou en bronce.
    • A escultura grega ten moito en común coa arquitectura:
    • Þ Función : relacionadas cos templos como estatuas de culto.
    • Þ Criterios artísticos : proporción, canon, simetría, beleza…
    • Tema predominante: corpo humano idealizado (sen defectos)  Tipoloxías: atleta novo, home maduro vigoroso, muller xove… cada vez + perfectas.
  • 3. 2.FIGURACIÓN ARCAICA (S. VIII-VI)
    • - Asimilación influencias orientais (Exipto e Asia Menor, S. VIII-VII):
    •  Templo en pedra.
    •  Escultura monumental.
    • - 2 tipoloxías na escultura:
    • a)Nú masculino (kurós).
    • b) figura vestida feminina (koré).
    • - Función de ambas relixiosa  imaxes de culto (deuses ou héroes) ou votivas ou conmemorativas (representación doante) para inmortalizar victorias atléticas ou guerreiras  obedecen ao ideal heroico da aristocracia.
    • - Modelo da estatua-bloque = a peza era tallada ríxida e frontal dende as 4 caras do bloque de pedra.
  • 4.
    • - Lenta evolución: de figura convencional, ríxida, estilizada, con modelado anatómico plano e esquemático  a outra de modelado volumétrico (músculos) ata conquista orgánica da figura.
    • - Lentitude por pervivencia de convencionalismos xa que suxiren carácter sagrado da figura.
  • 5. 3. CLASICISMO DO S. V: Conquista da beleza
    • Ruptura no S. V a.C  eliminación dos convencionalismos arcaicos  inicio clasicismo.
    • Inicio co estilo severo ( Auriga de Delfos, Discóbolo …). Trazos:
    •  Severidade: expresión contida, introspectiva, segura de si mesma.
    •  Modelado que supera os arcaismos (mirada intensa, beizos cheos, forte anatomía), ainda que con simplicidade anatómica.
    •  Conquista o movemento (Discóbolo), captando o intre que resume e sintetiza a acción.
  • 6.
    • Clasicismo culmina con Policleto e Fidias  clasicismo idealizante:
    •  Policleto:
    • - Teórico que escribe o Canon = obra onde fixa un sistema de proporcións ideais entre as partes do corpo (1 corpo = 7 cabezas).
    • - Exemplifica este canon no Doríforo (copia romana) = nu en posición de avance, captado en postura que sintetiza movemento e equilibrio  contraposto (1 parte tensa e outra relaxada  Doríforo = modelo ideal.
    •  Fidias:
    • - Supervisor da construción da Acrópole e director escultórico do Partenón  3 grandes obras:
    • a) Friso interno : procesión de Panateneas.
    • b) Frontóns : esculturas que narran mitos en espazos triangulares (loita Atenea e Poseidón no W, e nacemento Atenea no E).
    • c) Metopas: escenas bélicas (centauros vs. Lapitas, caida de Troia, loita deuses vs xigantes e amazonas vs atenienses) = victoria intelecto contra forza bruta (gregos vs persas).
  • 7.  
  • 8. 4. A ESCULTURA “PERSOAL” DO S. IV:
    • A finais S. V a Guerra do Peloponeso  debilitamento e crise das poleis clásicas  conquista por Filipo II de Macedonia (med. S. IV).
    • Escultura  individualidade por crise dos valores políticos. A atención céntrase no individuo. Idealización cede paso á atención individual, e representación sentimentos e emocións. Varias aportacións:
    •  Praxiteles:
    • - Beleza hedonista.
    • - Composición figuras en S (curva praxiteliana).
    • - Deuses xa non son heroes míticos senón xoves graciosos e belos ( Hermes ).
    • - Principal obra: Venus de Cnido = 1º nú feminino na arte grega.
  • 9.
      •  Scopas :
      • - Esculturas + humanas que divinas. Figuras atormentadas de movementos nerviosos e ropas axitadas  violencia nas accións  desaparición serenidade olímpica.
      • - Principais obras: Démeter de Cnido e Ménade.
      •  Lisipo :
      • - Último grande da escultura grega.
      • - Novo ideal de heroe, con expresión segura pero mov tenso.
      • - Estira o canon de Policleto.
      • - Cultiva o retrato ( Alexandre Magno ).
      • - Principal obra: Apoxiomenos = atleta que se limpa o suor  extensión brazos  conquista do espacio diante del.
  • 10. 2. Koré arcaica
    • Koré de Antenor.
    • Mármore. 255 cm.
    • Orixinal grego. Atenas. C. 525 a.C.
    • Orixe: excavacións Acrópole.
    • Autor: ¿Antenor?
    • Tipoloxía: Koré= estatua votiva, con perna esquerda adiantada, man estendida con ofrenda, vestida con chitón (longa túnica) e himatión (manto ó hombro).
  • 11.
    • A escultura graga toma a Koré dos seus veciños asiáticos.
    • Vestidas e de pé, de tamaño natural ou maior. Son encargos da aristocracia como ofrendas votivas ou imaxes funerarias.
    • Pezas de pedra talladas según técnica estatua bloque = a partir dun bloque rectangular debuxábase fronte, dorso e perfís e tallábase dende os catro lados  figura ríxida e frontal.
    • Evolución: desde formas sumarias e planas primitivas ás imaxes brillentes e decorativas finais.
  • 12.
    • A pesar desto conserva convencionalismos: ollos amendoados, sorriso arcaico (inexpresividade), pelo en contas, frontalidade, rixidez, simetría, hieratismo, perna esquerda adiantada, man estendida con ofrenda.
    • Mínimo movemento = man suxetando vestido ou estendida con ofrenda  diálogo coa divinidade ou co espectador.
    • A túnica proporciona ao artista un campo ideal para compoñer un xogo de curvas e pregues con certa insinuación do corpo, pero mentendo convencionalismos.
  • 13.  
  • 14. 3. Kurós arcaico
    • Kurós de Anavyssos.
    • Marmore. 194 cm.
    • Orixinal Grego. Atenas c530 a.C.
    • Tipoloxía: Kurós = nú frontal, con perna esquerda adiantada, brazos caidos e pegados ao corpo.
  • 15.
    • Os gregos importan dende Exipto os elementos principais do Kurós = figura núa (carácter heroico), con perna adiantada e brazos pegados ao corpo.
    • Tamaño heroico (c. 2m), atopados nos santuarios con función votivas e conmemorativas de orgullosos aristoi ou de deuses  representan ideal heroico da nobreza helénica.
    • Ó igual que as korai, os kuroi seguen técnica de estatua bloque  figuras ríxidas e frontais, nunha dimensión temporal allea ao espacio físico do espectador, ignorándoo.
  • 16.
    • Anatomía esquemática e simetría lateral e horizontal.
    • Cheo de convencionalismos: ollos amendoados, sorriso arcaico, cabelo en contas, hieratismo, frontalidade, perna adiantada…
    • Xa que 1 cualidade dun perfecto aristócrata era o vigor físico non é estraño que os escultores gregos estudiaran anatomía  representación cada vez + exacta do corpo.
    • Así, formas estilizadas  detalles naturalistas. Modelado plano e esquemático  volumétrico e tridimensional (Kuros Anavyssos: robusto e cheo de vitalidade).
    • Sen embargo persisten arcaismos (ollos inexpresivos, sorriso e pelo artificial)  a figura está viva pero ríxida. Problemas resoltos no clasicismo.
  • 17. 4. Discóbolo Mirón
    • Copia romana en mármore. 153 cm.
    • Orixinal grego en bronce perdido. c. 470 a.C.
    • Tipoloxía: estatua de atleta lanzando disco.
  • 18.
    • Invento técnica baleirado en bronce abriu aos escultores gregos 1 campo de experimentación do momevento  Discóbolo = 1 dos seus primeiros logros.
    • Héroe ou atleta, o verdadeiro tema é a representación do movemento, mediante o chamado concepto grego de ritmo = o escultor descompoñe a acción nunha serie de posturas consecutivas  elección da + significativa que expresa o movemento  o espectador percibe o intre anterior e posterior á acción representada.
  • 19.
    • O Discóbolo racha coa frontalidade do kurós  cruce de 2 arcos simultáneos e contrapostos.
    • Sen embargo continua algún arcaismo: cada parte do corpo aparece representada dende o punto de vista máis claro (típico exipcio)  torso e brazos de fronte, pernas de perfil.
    • A figura só ten eficacia expresiva de fronte, no resto de puntos de vista reina a confusión de liñas.
    • Modelado leve e certa inexpresividade chocante coa tensión da acción (estilo severo). Desaparecen convencionalismos  volume nos músculos, beizos cheos, ollos rasgados…
  • 20.
    • Obra moi famosa no mundo antigo  multitude de copias romanas en mármore (+ económico que o bronce). A estatua de mármore en esta postura precisaba un apoio para equilibrala e non rachar  tronco detrás do atleta.
  • 21. 5. O Doríforo Policleto
    • Copia romana en mármore. 212 cm.
    • Orixinal grego en bronce, perdido. C. 430 a.C.
    • Función descoñecida.
    • Técnica baleirado en bronce.
    • Tipoloxía: estatua de atleta-xove portando lanza (Doríforo).
  • 22.
    • Policleto = broncista + destacado da escultura clásica.
    • Pretende recrear un modelo ideal da realidade sen imperfeccións  escribe Canon = tratado sobre as relacións numéricas das proporcións  exemplificación no Doríforo (bronce), reproducida en numerosas copias romanas de mármore.
    • Composición, a partir do contrapposto (alternancia membros distendidos e contraidos)  na esquerda, o brazo dobrado terma da lanza tenso, mentres a perna relaxase e cadeira caida  a metade esquerda espállase.
    • Mentres na metade dereita, o brazo relaxado co hombro caido, e perna apoia peso do corpo no chan que levanta a cadeira  metade dereita contraida. Contrapposto  vitalidade.
  • 23.
    • Algúns ven no Doríforo, ademáis de modelo perfecto, o ideal de héroe aristocrático.
    • Modelado volumétrico natural.
    • Cabeza sen arcaismos mostra beleza ideal, representando non a aguén determinado senón 1 modelo.
  • 24. 6. Esculturas do Partenón Fidias
    • Mármore, Relevos nas metopas e friso. Figuras exentas nos frontóns.
    • Museo Británico de Londres. C 447-438 a.C.
    • Orixinais gregos da decoración plástica do Partenón
  • 25.  
  • 26.
    • As esculturas do Partenón = conxunto + numeroso e apreciado de orixinais gregos conservados, eso si, bastante deteriorados.
    • Proxecto + importante da clasicismo pola cantidade e tamaño das imaxes, relizadas en pouco tempo.
    • Ainda que os textos antigos atribúen a Fidias todo protagonismo, debemos pensar en moitos autores diferentes, dirixidos por el mismo  “Estilo Fidias”.
    • A arquitectura e escultura do Partenón integran un programa político, a iniciativa de Pericles, que daba forma a conciencia colectiva da democracia ateniense, loubando os méritos e triunfos de toda a comunidade.
  • 27.
    • Os traballos principiaron polas 92 metopas que rodeaban o edificio e recollían escenas de catro mitos onde a civilización vence a barbarie (alusión gregos vs persas). Os centauros vs lapitas son as únicas conservadas.
    • Altorrelevos (case bulto redondo), que estarían pintadas e de calidade moi desigual (varias mans)  algunhas lineais e indecisas e outras máis logradas.
    • A continuación realizouse o friso interior (160 m) ao peristilo  procesión das Panateneas que subía á Acrópole para ofrecer vestido sagrado a xoanon de Atenea. Xinetes e carros prparan o desfile no lado W, éste discurre polos lados maiores ata a fachada oriental onde agradan os deuses.
    • Amósanos o mellor estilo Fidias, homoxéneo a pesar da participación de moitas mans; con ritmo sereno que evita a monotonía e recrea ilusión de tridimensionalidade polo bulto case enteiro das imaxes.
  • 28.  
  • 29.
    • Remate do conxunto polos frontóns  episodios míticos alusivos á cidade: Nacemento de Atenea (E) e disputa Poseidón e Atenea na orixe da polis.
    • Só conservamos fragmentos  hipóteses sobre a súa colocación.
    • Figuras de excepcional calidade. Percibimos a estructura orgánica dos corpos a través de unha tea finísima que se pega ao corpo ( técnica de paños mollados) .
    • O marco triangular  adaptación dos personaxes deitándose, sentándose, erguéndose cun hábil ritmo compositivo
  • 30. 7. Hermes de Olimpia Praxíteles
    • Orixinal grego ou copia romana do S. I a.C.
    • Mármore. 213 cm.
    • Olimpia (Grecia) 2ª½ S.IV a.C.
    • Iconografía (Tema): Hermes leva a Dioniso e xoga cun acio.
  • 31.  
  • 32.
    • Atopado nas ruinas de Olimpia no S. XIX foi identificado coma orixinal de Praxíteles, pero hoxe dubidamos desto, porque certos detalles (ropa enrugada, árbore…) apuntarían a unha posible copia de época helenística.
    • Iconografía: a obra trata con humor un vello mito: Hermes (deus mensaxeiro) debe esconder a Dioniso (producto das “aventuras” de Zeus) en Creta. No camiño, fai un alto e xoga co neno (futuro deus do viño) cun racimo de uvas.
    • Centro de interés = relación entre as 2 figuras, recreándose o artista nos aspectos máis emotivos e humanos do mito: a tenrura e o humor (pouco tratados en escultura grega), xa que cando o rapaz , revela a súa futura vocación, Hermes esboza un sútil sorriso.
    • Existe contraste marcado entre as 2 figuras: así Hermes ten un tratamento naturalista e proporcionada, en tanto Dioniso semella, + que un bebe, un home en miniatura  forma non cadra con tamaño.
  • 33.
    • Composición: parte do contrapposto  esaxeración  “curva praxiteliana” = ritmo en S do corpo que se acentúa nas cadeiras.
    • Lado esquerdo de Hermes está relaxado e apoiado no tronco, mentres o dereito se contrae e levanta a cadeira  “curva praxiteliana”.
    • Vemos contraste entre o modelado brando e suave da pel (músculos naturais) e enrugas do manto. Modelado con xogos de luces e sombras que deixan esvarar a luz polo corpo.
    • Caracterízase esta obra polo hedonismo (busqueda pracer e beleza)  deuses e heroes vólvense familiares, sentimentais e amables.
  • 34. 8. Afrodita de Cnido Praxíteles
    • Copia romana en mármore. 205cm.
    • Orixinal grego en mármore, perdido. C.360 a.C.
    • Museos Vaticanos.
    • Encargo rexeitado e adquirido por Cnido.
    • Obra máis famosa da Antiguidade.
    • Iconografía: Afrodita sorprendida no baño.
  • 35.
    • Estatua + famosa da Antiguidade. Só dispoñemos de copias romanas.
    • Obra escandalosa xa que Praxíteles esculpe o 1º nu feminino, a tamaño natural. Audacia maior por ser imaxe de deusa e destinada ao culto  inaugura un xénero com ampla profusión na arte occidental.
    • Rexeitada polo santuario de Cos, foi adquirida pola cidade de Cnido. O escándalo e a súa beleza  cambio de función, de culto a contemplación estética.
    • Situada no centro dun tholos (templo circular) para que os visitantes a contemplaran dende todos os puntos de vista, ainda que fora concebida para ser vista frontalmente.
  • 36.
    • Composición: contrapposto de Policleto adoptado maxistralmente á forma feminina  sensualidade por modelado suave, sutileza de curvas e proporcións.
    • O impacto da imaxe  ca pose e o xesto. A deusa, sorprendida polo espectador (voayeur), leva a man dereita á pube (fonte do seu poder) e coa outra colle 1 toalla  ambigüedade  combinación sagrado (relixión) con profano (naturalismo e sensualidade, por leve sorriso).
    • A postura en mármore precisaba soporte exterior  xarra de auga, integrada no tema pola tea que colle a deusa para cubrirse.
  • 37. 9. Ménade Scopas
    • Copia romana en mármore. 45 cm.
    • Orixinal grego en mármore, perdido. Mediados S. IV.
    • Tipoloxía: Ménade en éxtase.
  • 38.
    • Scopas representa no século IV a expresión do “pathos” (dimensión emotiva e irracional do ser humano)  anguria, crenza irracional e sentimento relixioso.
    • Escultor e arquitecto, Scopas participou na decoración do Mausoleo de Halicarnaso  fama por dramatismo e tensión psicolóxica dos personaxes  cabezas reviradas, beizos entreabertos e posturas forzadas.
    • Dioniso (Baco romano) = deus da festa e a fertilidade (viño), representa a irracionalidade e emocións  culto en forma de touro ou chivo con orxías desenfrenadas  éxtase na que o crente sentía air de si mesmo e vivir outra dimensión, liberándose da realidade.
  • 39.
    • Culto dionisíaco  fascinación entre as mulleres, tan marxinadas en outros aspectos  ménades = devotas de Dioniso, no culto tocan pandeiro e danzan frenéticamente ata caer extasiadas. Aparecen así en pintura e escultura pintadas con ropaxes revoltas en plena danza.
    • Copia romana moi estragada, conserva nembargantes a forza do orixinal. Representada en plena éxtase, liberada das súas ataduras (que simboliza a roupa entreaberta).
    • Composición concentra o dramatismo no violento xiro do corpo  movemento en espiral que tensa e curva o tronco e culmina na cabeza  mirada ao ceo.
  • 40.
    • A imaxe racha co equilibrio e a armonía da escultura clásica  composición dramática que continuará o helenismo ( Laoconte )
  • 41. 10. Apoxiomeno Lisipo
    • Copia romana en mármore. 205 cm.
    • Museos Vaticanos.
    • Orixinal grego en bronce, perdido.
    • 2ª metade S. IV a.C.
    • Función descoñecida.
    • Tipoloxía: atleta quitándose o aceite(Apoxiomeno)
  • 42.  
  • 43.
    • Lisipo marca fin escultura clásica e abre campo de experiencias que desenrolará o helenismo. Interésase por problemas e motivos do século pasado, pero aportando innovacións radicais.
    • No Apoxiomeno retoma a figura do atleta, pero sorprndido nun intre intrascendente, quitándose o aceite e suor cunha paleta tras 1 competición.
    • Experimenta cuestións formais de canon, composición, espacio e movemento  solucións inéditas. O orixinal en bronce, colocado nunha praza romana por Tiberio, perdeuse, polo que só conservamos copias romanas en mármore.
    • Aquí, Lisipo, alonga o canon de Policleto  exrtremidades longas e cabeza pequena  figuras máis esveltas, estilizadas e elegantes.
  • 44.
    • Movemento efímero e inestable. A composición parte do contrapposto de Policleto, pero esaxerado  torsión do tronco + atrevida que racha co repouso tanto frontal coma lateral  separa as pernas para equilibrar a postura  sensación de abaneo que suxire movemento instantáneo.
    • Modelado natural: músculos tensos e novos elementos: ollos xuntos e pequenos, beizos apretados.
    • Audaz é a invasión do espacio do espectador pola figura (brazos estirados)  estorbo frontal que nos obriga a xirar ó redor da figura descubrindo os diferentes puntos de vista  Lisipo crea a 1ª figura tridimensional, que conquista o espacio físico do espectador = novidade que desenrolará o helenismo.