UNIDADE 2 A DIVERSIDADE CLIMÁTICA Borja Campos Seijo I.E.S. García Brabón
FACTORES DO CLIMA
España goza de ampla diversidade de tempos atmosféricos, producidos por un amplo número de factores. 2 tipos:
1. xeográficos. 2. termodinámicos.
1. FACTORES XEOGRÁFICOS
a) Latitude : de España (zona temperada H. Norte) 4 estacións, dúas marcadas (verán e inverno) e dúas de transición (outono e primavera), agás Canarias, pola súa localización cerca de latitudes tropicais - contrastes.
b) Situación Península : entre 2 grandes masas de auga (Atlántico e Mediterráneo) e 2 continentes (Europa e África) cruce masas de aire diferentes.
c) Influencia marítima : escasa (agás illas), por anchura peninsular, meseta e cordilleiras cercanas e paralelas á costa continentalidade interior peninsular.
d) Relevo : por disposición, altura e orientación:
Disposición do relevo: de forma paralela ao mar, e a forma maciza da península, frea a influencia deste.
Altura: diminúe as temperaturas (6º por 1000 m) e produce precipitacións orográficas nas laderas de barlovento (efecto foehn) e precipitacións ocultas (rocío, escarcha…).
Orientación: produce contrastes entre solleiros e umbrías.
2. FACTORES TERMODINÁMICOS
Responsables da circulación xeral atmosférica = sucesión masas de aire que determinan o tempo e o clima. 2 tipos de circulación:
2.1 Circulación en altura (Jet Stream).
En latitudes medias, a circulación atmosférica está rexida pola corrente en chorro (Jet Stream) = forte corrente de aire entre 9 e 11 km de altura (separación tropopausa polar e tropical), e con dirección W-E.
Jet tempo da superficie en función da velocidade da corrente e dos seus desprazamentos estacionais.
Velocidade da corrente variable. Cando é rápida trazado zonal (horizontal) con suaves ondulacións. Cando é lenta profundas ondulacións, con 2 partes, dorsais e vaguadas.
Dorsal do Jet en altura Anticiclón dinámico en superficie.
Vaguada do Jet en altura Borrasca dinámica en superficie.
As ondulacións, poden chegar a desprenderse do Jet penetración de aire polar hacia o sur e aire tropical hacia o norte intercambio meridiano de enerxía.
- Desprazamentos estacionais do jet en latitude (Verán hacia N, Inverno hacia S) afecta a España sobre todo en Inverno, mentras en Verán desprázase hacia o norte de Europa.
2.2 Circulación en superficie.
Constituida polos centros de acción, masas de aire e frontes.
a) Centros de acción : altas e baixas presións.
Presión = peso de aire sobre unidade de superficie. Mídese en milibares (mb) e represéntase nos mapas mediante isóbaras (liñas que unen puntos de igual presión). Presión normal 1013 mb.
Anticiclón (A)= zona de altas presións (tempo estable), vento circula ao seu redor no sentido agullas reloxo.
Borrasca (B) = zona de baixas presións (tempo inestable), vento circula ao contrario agullas reloxo.
Os centros de acción poden ser térmicos ou dinámicos:
- Térmicos: formados por quecemento ou enfriamento de masas de aire. Cando masa de aire se enfría pesa máis alta presión (A). Cando a masa se quenta pesa menos baixa presión (B).
- Dinámicos: fórmanse en zonas onde o jet en altura orixina dorsais (A en superficie) ou vaguadas (B en superficie)
Os centros de acción que afectan maioritariamente á Península son:
A: anticiclón dinámico de Azores (verán), térmicos por enfriamento (inverno) do interior europeo e da península.
B: baixa de Islandia, do golfo de Xénova ou térmicas por quentamento (verán) do interior europeo ou peninsular.
b) Masas de aire : porcións de aire cas mesmas características de temperatura e humidade, adquiridas no lugar de orixe (rexión manancial).
España, pola súa latitude, vese afectada por tres grandes tipos de masas de aire: Árticas (A, frías), Polares (P, frías) e Tropicais (T, cálidas). Cada unha destas poden ser ademáis marítimas (húmidas) ou continentais (secas). Polo tanto, temos:
Am: ártica marítima (fria e húmida) Dirección: N olas de frío.
Ac: ártica continental (moi fría e seca) Dirección: NE olas frío.
Pm: polar marítima (inicialmente fría e húmida) Dirección: W precipitacións.
Pc: polar continental (fría e seca) Dirección: NE-E tempo frío e soleado.
Tm: tropical marítima (cálida e húmida) Dirección: SW temperaturas altas, pero choivas.
Tc: tropical continental (moi cálida e seca) Dirección: S vaga de calor.
c) Frontes : Superficies que separan masas de aire de características diferentes (temperatura) frontes cálidas e frías
ELEMENTOS DO CLIMA
Elementos do clima = aspectos observables e cuantificables da atmósfera (temperatura, insolación, presión, ventos…).
1. INSOLACIÓN E NUBOSIDADE
Insolación : cantidade de radiación solar que recibe a superficie terrestre. En España (2000 horas anuais), existen contrastes entre cornixa cantábrica (área + nubosa) e as áreas de elevada insolación (Sur peninsular e Canarias).
2. TEMPERATURA DO AIRE
- Temperatura = grao de calor no aire, medido en grados centígrados (ºC), mediante termómetro. Nos mapas represéntase por isotermas (liñas que unen puntos de igual presión).
- As temperaturas medias son suaves preto do mar (oceanidade) e van extremándose hacia o interior (continentalidade), hacia o norte e en altura.
Amplitude térmica anual (ata) = diferencia entre temp media do mes + cálido e a do mes + frío. As máis baixas danse en España en Canaria e na costa norte, e as máis altas no interior da Meseta.
Xeadas = cando aire 0º C. Danse sobre todo no interior peninsular. Poden ser:
a) de irradiación: por enfriamento do solo que se transmite ao aire sobre él.
b) de avección: pola chegada dunha masa de aire moi fría
3. HUMIDADE DO AIRE
- Humidade = cantidade de vapor de auga que contén o aire, determinada pola proximidade do mar e da temperatura (se temperatura humidade).
- Néboa = suspensión diminutas gotas de auga por condensación na capa inferior da atmósfera, que limitan a visibilidade. Pode ser:
a) irradiación: por perda de calor do chan.
b) advección: por chegada masas de aire cálidas e humidas sobre un solo frío, ou masas de aire frío sobre solo + cálido e húmido (ríos).
Un tipo de néboa seca é o calixeiro, formado por presencia de partículas finas de po en suspensión no aire (típico España seca en verán.
4. VENTOS
- Ventos = movementos horizontais de aire na superficie terrestre. Formados por diferencias de presión vento circula dende as altas ás baixas presións. Pola latitude, na Península, dominan os ventos do W (de poniente o westerlies). Tamén existen ventos locais (cerzo, tramontana, levante…), ademáis de ventos alternantes (brisas mariñas, de montaña…).
5. PRECIPITACIÓNS
- Precipitación = caida de auga das nubes, tanto en forma sólida (neve, granizo) como líquidas. Mídese con pluviómetro, en mm (milímetros o l por m². Nos mapas represéntase por isohietas (liñas que unen puntos de igual precipitación).
- Orixe: elevación, arrefriamento e condensación do vapor de auga contido no aire, segundo o tipo de elevación a precipitación pode ser:
Orográfica: debida ó relevo.
Convectiva: quentamento do chan elevación aire.
Fronte: por contacto masas de aire de temp diferente fría debaixo de cálida obrigándoa a ascender.
- Precipitacións de España = modestas, variables, estacionais e espaciais en función de latitude, oceanidade e relevo
6. EVAPORACIÓN E EVAPOTRANSPIRACIÓN
Evaporación = proceso físico polo que a auga convértese en vapor (maior coas altas temperaturas meses de verán e horas centrais do día).
Evapotranspiración = evaporación por insolación e transpiración das plantas e do solo. 2 tipos:
Evapotranspiración real: a que realmente se produce
Evapotranspiración potencial (ETP): é a que se produciría se houbera unha cantidade ilimitada de auga.
- Aridez = relación entre temperatura e humidade. Aridez con temperatura. 2 índices para medila:
Gaussen: mide a aridez mensual. Un mes é arido cando o dobre da súa temperatura e maior ou igual que o total de precipitacións (mm).
Lautensach-Meyer: aridez xeral dunha zona. Mídese a partir de nº de meses do ano por debaixo de 30 mm (déficit de auga) zona húmida (ningún mes por debaixo de 30), zona semihúmida (de 1 a 3 meses áridos), semiárida (de 4 a 6 meses), semiárida extremada (de 7 a 11 meses) e totalmente árida (todos os meses áridos, non en España).
TIPOS DE TEMPO EN ESPAÑA
Circulación en altura e superficie tipos de tempo de España, 10 tipos:
1. TEMPO DO NE. MOI FRÍO E SECO
Altura: jet con traxectoria ondulada (baixa).
Superficie: A térmico en Centroeuropa masas de aire Pc (frías e secas) de NE.
Estacións excepto verán.
Inverno: tempo frío e seco no interior e W peninsular (xeadas e néboas), costa mediterránea con nevadas. Se chega a Canarias choivas e neve Teide.
Outono e Primavera: descenso temperaturas e treboadas, con sarabia na costa mediterránea.
2. TEMPO DO N. VAGA DE FRÍO
Altura: jet ondulado (baixa).
Superficie: A polar marítimo e B en Europa do NW masas de aire Am (moi frías) que se cargan de humidade no recorrido polo océano.
Estacións excepto verán.
Inverno: temperaturas moi baixas e fortes nevadas no N e interior peninsular.
Outono e Primavera: descenso importante temp e treboadas.
3. TEMPO DO NO. FRÍO E CHUVIOSO
Altura: jet raxectoria ondulada.
Superficie: A no Atlántico m/a Pm do NO que no recorrido marítimo quéntanse e humedécense.
Estacións: todas agás verán.
Inverno: tempo frío, precipitacións e vento (temporal), no NW; - chuvias e temp cara o interior.
Equinociais: refresca temp e chuvias na costa cantábrica e NW e tormentas na Meseta.
4. TEMPO DO O. PASO DE FRONTES
Altura: jet con traxectoria horizontal (zonal) alta velocidade.
Superficie: tempo do W sucesión de borrascas atlánticas e frontes asociados fríos e cálidos.
Estacións: posible en todas, + frecuente en equinociais e inverno.
Equinociais e inverno: temperaturas suaves (Pm) e chuvias abundantes, sobre todo no W, diminúen cara o leste (foëhn).
Verán: só posible na costa cantábrica (por jet que ascende en latitude) temp e chuvias.
5. TEMPO DO SO. TEMPORAL NO S.
Altura: jet con traxectoria ondulada con vaguada no Atlántico.
Superficie: profunda borrasca no Atlántico con fronte asociados (aire Pm) de SO requentamento e humedecemento masas aire inestables chuvias abundantes.
Estacións: posible todo o ano, pero máis en outono e inverno subida de temperaturas pero precipitacións abundantes, sobre todo no SO. Temp agradables e incluso altas e menos choivas en Norte peninsular (efecto foëhn).
6. TEMPO DO E. TEMPORAL EN LEVANTE
Altura: jet ondulado con dorsal en Europa e vaguada mediterránea.
Superficie: A en Europa Occidental e B en Mediterráneo aire mediterráneo do E (Tm), cálido e húmido.
Estación: sobre todo en Outono abundantes chuvias en Levante e inundacións ríos mediterráneos.
7. GOTA FRÍA. PRECIPITACIÓNS INTENSAS EN E.
Altura: jet ondulado profunda vaguada no Mediterráneo case separada fluxo jet (colada aire frío nas capas altas).
Superficie: Aire frío da B en altura baixa a superficie e obriga a subir violentamente a aire cálido e húmido das capas baixas precipitacións torrenciais e trombas de auga catastróficas no Levante.
Estación: final verán e outono, por que despois do verán a auga do mar está + cálida irrupcións de aire frío en altura para equilibrar sistema.
8. TEMPO CÁLIDO E ESTABLE.
Altura: jet ascende en latitude e apenas afecta á Península altas presións subtropicais (Azores).
Superficie: A Azores m/a Tm estables e pouca humidade estabilidade e altas temperaturas, calor abafante no litoral por humidade, posibilidade de tormentas a últimas horas do día no interior.
Estación: verán, ou cercanía verán, únicamente.
9. VAGA DE CALOR.
Altura: A subtropical do interior africano envía aire Tc á Península.
Superficie: aire Tc africano á Península (elevada temp e sequedade) vagas de calor e posibilidade de calixeiro (néboa con area). Quecemento excesivo pode orixinar tormentas.
Estacións: case sempre en verán, pero en outono e primevera posible temperaturas.
10. TEMPO TORMENTOSO DE VERÁN
Altura: dominio altas presións subtropicais, a veces, tamén coladas de aire frío, por vaguadas do jet.
Superficie: excesivo quentamento do solo B térmicas nubes e tormentas xeralmente no interior e nas horas avanzadas do día.
Estación: verán tormentas.
TIPOS DE CLIMA EN ESPAÑA
España ten ampla variedade de climas:
1. CLIMA OCEÁNICO.
Norte P. I: cornixa cantábrica e Galicia.
Precipitacións: abundantes e regulares (+ 800 mm) ao longo do ano (máximo en inverno) por borrascas e frontes da corrente perturbada, excepto en verán por A de Azores varios meses secos.
Temperaturas: suaves (acción océano) amplitude térmica baixa (- de 15º), con diferencias costa e interior:
a) Costa: veráns frescos (ningún mes por encima de 22º C), e invernos suaves (ningún mes por debaixo de 6º, e ata suave 9-12º).
b) Interior: - influencia mar veráns + calorosos e invernos + fríos e + ata (12-15º).
2. CLIMA MEDITERRÁNEO.
Zona + extensa: interior península e costa mediterránea, Baleares, Ceuta e Melilla.
Precipitacións: escasas e irregulares (- de 800 mm), con máximos equinocciais, con sequía en verán por A de Azores. Precipitacións concentrada en poucos meses treboadas, que xunto a deforestación profunda erosión no solo.
Temperaturas varían.
3 subtipos:
2.1 Mediterráneo marítimo.
costa mediterránea (agás sueste), costa sudatlántica, Baleares, Ceuta e Melilla.
precipitacións escasas e variables:
a) na costa mediterránea menores porque borrascas atlánticas son esporádicas e chegan secas por relevo peninsular. Máximo en outono (por tempo do E e gotas frías).
b) costa sudatlántica maiores por borrascas atlánticas e máximo invernal.
temperaturas: aumentan hacia S. Ata media (12-16º C), con veráns calorosos (+ de 22ºC) e invernos suaves (mes + frío por riba de 10º C).
Zona occ as precipitacións son menores, por estar rodeada de relevo. Mínimo principal en verán e secundario en inverno por A térmicos. Máximo en equinociais.
Zona E do interior precipitacións maiores, por + frecuencia de borrascas atlánticas. Máximo invernal.
Temperaturas con ata alta (+ 16º). 3 subtipos:
Submeseta norte e alta Guadalajara, Teruel e Cuenca: veráns frescos (ningún mes > 22º) e invernos fríos (mes + frío entre -3 e 6º) xeadas e néboas.
Submeseta sur e val do Ebro: veráns calorosos (mes + cálido > 22º) e invernos fríos.
Estremadura e interior Andalucía: veráns moi calorosos e invernos suaves (mes + frío > 6º).
2.3 Mediterráneo seco.
SE peninsular e zona media de Val do Ebro.
Precipitacións anuais menores a 300 mm carácter estepario. 2 zonas:
a) SE: aridez por illamento marítimo por Cordilleiras Béticas e frecuentes adveccións secas de África. Extrema aridez en Cabo de Gata (Desértico, inferior a 150 mm).
b) Val do Ebro medio: aridez por illamento por Sistema´ibérico e CCC.
Temperaturas 2 subtipos:
estepa cálida (zona costeira do SE): temp cálidas (medias anuais de 17º-18º) e invernos suaves (no inferior a 10º).
estepa fría (interior SE e V. Ebro): temp media anual < 17º e invernos fríos (mes + frío inferior a 10º).
3. CLIMA DE MONTAÑA.
Territorios a + de 1000 m de altitude.
Características propias, xa que a + altitude precipitacións e temperaturas.
Precipitacións: + de 1000 mm.
Temperaturas: media anual baixa (sempre – de 10º), con veráns frescos (por debaixo de 22º) e invernos fríos (= o < 0º) con neve.
2 variantes:
a) Montañas do N: ningún mes seco e veráns frescos.
b) Montañas do centro e S: dous meses secos e veráns + cálidos (+ de 22º).
4. CLIMA CANARIO
Clima de Canarias moi orixinal por factores:
Situación : contacto zona intertropical dominio Azores ventos dominantes do E (alisios) veráns e invernos suaves. Influencia jet esporádica en inverno e do A do Sahara en verán (ola calor).
Corrente mariña : fría de Canarias, acentúa estabilidade do aire aridez.
Relevo vigoroso : temperaturas coa altura e precipitacións orográficas (barlovento) e nubosidade (mar de nubes).
- Estes factores clima canario = trazos:
a) Precipitacións en función da altitude: escasas en zonas baixas (- de 300 mm nas illas occidentais, - de 150 nas orientais desértico), e considerables nas altas (case 1000 mm). Máximo invernal por incidencia jet.
b) Temperaturas: suaves. Cálidas en zonas baixas ningún mes por debaixo de 17º C, e ata suave (- de 8º).
0 comments
Post a comment