Unidade 18: pintura despois de 1945

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    Favorites, Groups & Events

    Unidade 18: pintura despois de 1945 - Presentation Transcript

    1. UNIDADE 18 ARTE DESPOIS DE 1945
    2. 1. A ARTE DESPOIS DA II GUERRA MUNDIAL
      • Tralo remate da II GM, o panorama político e social muda radicalmente  declive europeo e ascenso irresistible de USA  sociedade americana marca e difunde pautas de moda e arte  Nova York toma o relevo de París e Berlín coma capital artística de occidente.
      • As novas tendencias seguen o exemplo das vangardas  continúan a ruptura coa pintura tradicional  divorcio entre arte e gran público  dependencia do artista en mans de galerías e críticos que promoven cambio artístico en función do comercio  conversión da obra de arte nunha produto con fins mercantís.
      • Expresionismo abstracto (ou informalismo americano) = tendencia heteroxénea dos anos corenta que exalta mecanismos creativos irracionais  signos informais en espazo indefinido  obxectivo = expresar o inconsciente colectivo da sociedade.
      • Principais artistas:
      •  Jackson Pollock (1912-1956) : identifica acto creador con acto físico de pintar ( o importante non é o que se pinta, senón como se pinta)  ritmo gráfico violento (segundo o seu estado de animo)  nova técnica: dripping = desplázase ao redor do cadro pingando e esparexendo pintura
      2. EXPRESIONISMO ABSTRACTO
      •  Willem de Kooning (1904-1997): combina figuración e abstracción  violentos brochazos de figuras monstruosas en espazo enrarecido.
      •  Mark Rothko (1903-1970) : expresa a súa intimidade en grandes rectángulos de cor sobre fondos de veladuras (transparencias).
      • Na España franquista, destaca o catalán Antoni Tàpies (1923)  informalismo matérico = cadros sen figuración centrados na expresividade de materiais  texturas insólitas de cromatismo escuro e sobrio
    3. 102. NÚMERO 1 JACKSON POLLOCK
      • Expresionismo abstracto
      • Pintura e esmalte sobre lenzo.
      • MOMA, New York. 1949.
      • Técnica de dripping ou goteo.
      • En 1947 Pollock comezou a experimentar coa técnica que máis popularidade e fama lle daría: o dripping ou goteo, consistente na aplicación directa da pintura sobre o lenzo, disposto horizontalmente no chan = método directo e inmediato (sen mediación de instrumentos tradicionais) que cadraba ben coas ideas metafísicas de Pollock, o se u desexo de apurar ao límite e esgotar o acto de pintar  espontaneidade dunha técnica onde o azar xoga un papel decisivo, e a súa audacia condúcelle cada vez máis lonxe  acad dimensión monumental de verdadeiros frescos.
      • Figuración desaparece, e o xesto e o ritmo gráfico define a obra  arabesco de filigranas, feitas ás veces con botes furados ou pingando co pincel = pintura de acción.
      • Pollock converte así o acto de pintar nun verdadeiro rito, experiencia vital febril, na que o artista traduce literalmente o seu ritmo xestual e físico en ritmo pictórico  manchas e liñas sobre a superficie da tea = choiva de cor e vitalidade.
    4.  
      • Nas súas composicións desaparece todo centro de atención, suprime a xerarquía de formas e todo é unha maraña continua que se espalla fóra dos límites do lenzo.
      • Nesta obra, onde amosa un pleno dominio do dripping, apreciamos o máis característico de Pollock: mestura de cores, liñas e goteos que crean na pintura a sensación de movemento e ritmo, de enerxía e vitalidade nerviosa propia do artista.
      • A partir de 1950, Pollock prescinde desta intensidade cromática e reduce a súa paleta a un expresivo branco e negro. Aínda que volvería á cor, un acelerado proceso autodestructivo lévalle a abandonar a pintura anos antes do accidente de automóbil que lle costou a vida.
    5. 103. PINTURA ANTONI TÀPIES
      • Pintura informalista matérica.
      • Materias diversos.
      • 1955/1960.
      • Antoni Tàpies irrompe na pintura internacional en 1953 co éxite dunha exposición en Nova York, xusto cando a súa obra, evolucionando do dadaísmo e surrealismo, adopta o informalismo, que daquela triunfaba en Europa en pararlelo ao expresionismo abstracto americano.
      • En Tàpies carece de sentido a dualidade abstracción/figuración. Hai obxectos nos seus cadros pero non representan senón que son parte da pintura e están tratados ao mesmo nivel cás concentracións de materia ou os signos pictóricos.
      • A súa pintura procura perturbar a percepción, facernos partícipes da realidade máis problemática que se acha trala rutina, mudar o xeito convecional de vermos, levarnos a unha contemplación máis profunda e auténtica.
      • O seu sentido da cor fuxe de harmonías e contrastes, e adopta tons significativos, inseparables da materia ou da imaxen que evocam.
      • A materia densa e concentrada que o artista manipula de diversos xeitos, así como a mestura de texturas a base de papel, coiro ou cementos coloreados, dominan a superficie da tea. A pintura constrúe imaxes insólitas, enigmáticas, á vez concretas pero de significado aberto a mil suxestións, cambiando a visión que a xente ten do mundo.
      • Tales imaxes daoitan, como na obra que comentamos, presentarse illadas ocupando gran parte da superficie do lenzo, mantendo certa simetría. Densos empastes préstanlle sensación de volume. O ton neutro e gris do fondo salienta aínda máis o protagonismo das figuras.
    6. 3. O POP ART
      • O Pop Art asume a cultura visual de masas coma tema e linguaxe artística. De orixe inglesa, asume o estilo de vida americano. Coma Dadá, válese de obxectos triviais e traballa con productos de consumo preexistentes  reivindicación do seu valor artístico.
      • Principais artistas:
      •  Roy Lichtenstein: parte de imaxes de comic, copiando o debuxo no lenzo por medios mecánicos  aspecto impersoal e acabado industrial
      •  Andy Warhol (1928-1987): inventa imaxes serializadas de obxectos de consumo ou mitos da sociedade de masas. A súa intervención minifícase  elixe o tema e deseña a imaxe que se realiza con medios mecánicos de produción en serie.
    7. 104. SOPA CAMPBELL ANDY WARHOL
      • Pintura pop-art.
      • Acrílico sobre lenzo.
      • 1967.
      • Varias réplicas.
      • Motivo: artigo de consumo.
      • Considerado coma o artista máis representativo e enigmático do Pop art, Warhol iníciase na publicidade comercial, pasando á pintura en 1960. Principia con personaxes sacados de cómic, tema que deixa pronto  introdución na iconografía de obxectos de consumo masivo (latas de Campbell´s ou botellas de Coca Cola.
      • Desde 1962 adopta a técnica da serigrafía = impresión filtrando cores a través dunha trama de seda impermeabilizando as partes do tecido que deben ser opacas  desenvolvemento dunha peculiar temática de facianas de personaxes famosos (Marilyn Monroe ou Jackie Kennedy) e obxectos de consumo procedentes da publicidade. O emprego de cores puras e rechamantes proporciona ás obras o impacto espectacular das imaxes publicitarias.
      • O seu labor fica en elexir o motivo estereotipado dos medios de comunicación, encadralo e ordear ao obradoiro de serigrafía unha ampliación de tamaño preciso. Logo decide o formato final: nº de veces que repite o motivo (recurso para magnificar a imaxe), e as cores que van a utilizar, imprimindo de seguido sobre papel ou tea. Pero pronto instala a súa famosa Factory, rodeado de colaboradores  fabricación plenamente industrial de productos uniformes e mecánicos que inundarán o mercado da arte, converténdose nunha celebridade extravagante e cultivando a súa propia imaxe coma obxecto de consumo.
      • Nesta obra, a lata de sopa ofrécese ao espectador como un producto de consumo, nunha linguaxe totalmente publicitaria mediante un primerísimo primer plano sen fondo que acapara toda a atención do espectador, para o que se axuda dunha combinación espectacular de cores (turquesas, vermellas,…).
    8. 4. A NOVA FIGURACIÓN
      • New Figuration = rección contra o informalismo, conecta co realismo descarnado do Expresionismo histórico.
      • Destaca o inglés Francis Bacon  imaxes arrepiantes, entre abstracción e figuración  reflexan horrores do seu tempo con figuras amorfas que se retorcen en espazos claustrofóbicos.
    9.  
    10. 105. RETRATO DE HENRIETTA MORALES FRANCIS BACON
      • Nova Figuración.
      • Óleo sobre lenzo. 1966.
      • Motivo: retrato nu feminino.
      • A obra de Bacon táchase en moitas ocasións de expresionista polas súas deformacións, pero o único que ten en común con eles é a violencia do xesto pictórico e o seu impacto no espectador. Aposta sobre todo pola figuración e cocretamente pola representación da figura humana coma tema case único, pero a distorsión das figuras non reflecte o estado de ánimo do pintor, como faría un expresionista, senón que obedece a un xesto distinto de representar, de forma anticonvencional  reflexión do espectador.
      • A posta en escena de Bacon funciona desde á tensión entre figura e espazo. A figura humana aparece nos límites da disolución, no intre mesmo de comezar a ser irreconocible.
      • A figura aparece como unha orxía de carne lacerada, herida e tensa. Polo contrario o espazo pintado é rigorosamente ortodoxo: obxectos identificables coma caixas espaciais prismáticas que prolongan o noso espazo, sen símbolos de ningún tipo.
      • A presencia humana é básica en toda a obra de Bacon  retrato = xénero máis abundante da súa produción.
      • Bacon prefire usar fotos que modelos reais, para non perturbar o proceso creativo. Da fotografía toma o estudio do movemento expresado en distorsións centrífugas onde procura captar a dimensión física, animal da figura humana. Nesa deformación de angustia e soidade que tinxe toda a súa creación.
      • Angustioso é o Retarto de Henrietta Morales, que segue todos os tópicos dos retratos dos anos 60. Domina o contrate comentado entre figura e espazo: dunha banda as longas curvas de pincelada agresiva, a cor cálida e rachamante que acapara a atención, así como as manchas negras e amarelas, lembran o comezo da podremia e a metamorfose convulsa de carne a piques de esvaecer.
      • Doutra banda, un espazo de perspectiva ortogonal, e mesmo a postura da figura en total abandono, alude ao un clásico e funde tradición con innovación
    11. 5. HIPERREALISMO.
      • Nos anos 60 triunfa en Nova York o hiperrealismo, tendencia obsesionada pola reprodución literal da realidade, fría e distanciada. Céntrase tanto en motivos cotiáns de orixe pop, ou ben revitalizando temas e tradicións académicas.
    12.  
      • En España destaca o realismo máxico de Antonio López  plasma a soidade de xente anónima con minuciosidade obsesiva, en temas de contorno inmediato, onde o tempo envellece ás cousas, ás persoas e mesmo aos cadros
    13. LAVAMANS E ESPELLO ANTONIO LÓPEZ
      • Pintura hiperrealista.
      • Óleo sobre lenzo. 1967.
      • Motivo: interior doméstico
      • Antonio López, pintor realista, aspira a dar testemuña do mundo que o rodea: a cidade, os espazos íntimos, os obxectos irrelevantes do contorno doméstico. Desde mediados dos sesenta abandona a influencia fantástica do surrealismo para desvelar coa pintura significados máis profundos cos da simple representación. O seu xeito minucioso de recrear os obxectos cotiáns insúflalles tal intensidade expresiva que os fai desacougantes: cargar de significado o insignificante. Percibimos a mesma tensión entre presencia dos obxectos, a claridade da súa representación, e o enigma do significado da imaxe, que parece escapársenos.
      • Amosa un interese crecente pola fidelidade da representación, dentro dun clasicismo táctil e volumétrica. Nesta etapa de realismo máxico os seus cadros achéganse cada vez máis á recreación case obsesiva do motivo, polo que non dará nunca por rematadas moitas pintura. Sen estudios previos, cada etapa do lenzo constitúe o boceto da seguinte, nunha permanente superposición de materia, engadindo e quitando, como se o cadro fora unha pel sobre a que se deposita o tempo continuo.
      • Lavamans e espello impacta polo seu motivo infrecuente (e seica vulgar) minuciosamente descrito nas cousas íntimas e próximas  detalles: manchas do lavamáns e azulexos, o descascado do espello. A materia pictórica, homoxénea na textura lisa e brillante de azulexos, espello ou aceiros, faise máis densa nos obxectos pequenos e privados.
      • A precisión do detalle resulta absoluta en cada obxecto: o brillo metálico, os reflexos do espello, a untuosidade do xabón ou a acumulación da suciedade polo paso do tempo. A metade superior e inferior, pintadas desde puntos de vista diferentes para captar mellor a exactitude dos obxectos, están unidas por unha banda horizontal. O uso case que exclusivo de 2 tons: o frío azul e a non cor branca, acentúa aínda máis ese aire atemporal, de afastamento e misterio, compénsanse con pinceladas cálidas que subliña un achegamento intimista a cada obxecto cotián.

    + camposseijocamposseijo, 5 months ago

    custom

    185 views, 0 favs, 0 embeds more stats

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 185
      • 185 on SlideShare
      • 0 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 0
    • Downloads 4
    Most viewed embeds

    more

    All embeds

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?