UNIDADE 17 Arquitectura contemporánea

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    Favorites, Groups & Events

    UNIDADE 17 Arquitectura contemporánea - Presentation Transcript

    1. UNIDADE 17 ARQUITECTURA DO SÉCULO XX Borja Campos Seijo I.E.S García Barbón (Verín)
    2. 1. ARQUITECTURA DO SÉCULO XX.
      • - A arquitectura contemporánea asume as transformacións da Rev Industrial e as posibilidades da ciencia e a técnica  permiten liberar ao edificio da tradicional envoltura de muros pechados  Estilo Internacional = linguaxe común da arquitectura con difusión universal por riba das fronteiras nacionais.
      • - Entre precedentes, ademáis da utilización de novos materiais polo modernismo e art noveau, destaca:
      • a) Escola de Chicago = arquitectura de ferro e cristal en rañaceos (Sullivan).
      • b) Adolf Loos  purismo racionalista  reducción radical dos elementos a volumes cúbicos e formas planas en formigón.
    3.  
      • - A corrente dominante na 1ª metade do S.XX = funcionalismo = forma do edificio está supeditada á función, ás necesidades prácticas  rañaceos. O funcionalismo, caracterizado pola estandarización, triunfa internacionalmente coma linguaxe da arquitectura moderna  trazos:
      •  xeometrías simples.
      •  materiais á vista sen cubrición  efecto estético.
      •  integración de volumes do edificio.
      •  muro-cortiña de cristal  transparencia.
      • - En Alemaña destaca o racionalismo da Bauhaus = escola de deseño, fundada por Walter Gropius en 1919 para ensinar belas artes e arquitectura, cun deseño que concilia o funcional e o artístico, a creatividade e a fabricación industrial
    4. 2. OS GRANDES MESTRES DA ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA
      • a) FRANK LLOYD WRIGHT (1867-1955):
      • Wright rexeita o funcionalismo europeo e a estandarización do deseño  corrente organicista = edificios concibidos como espazos orgánicos arredor dun núcleo que se espalla en volumes e planos asimétricos de terrazas e teitos horizontais que as integran na natureza ( Casa da Fervenza ).
      • Trala IIª Guerra Mundial, a súa etapa final ofrece maior fantasía e singularidade, con formas circulares, espirais e ángulos atrevidos coma a rampa funcional e simbólica do Museo Guggenheim de N. York.
      • b) Charles Edouard Jeanneret = LE CORBUSIER (1887-1965).
      • - Le Corbusier teoriza a súa obra desde un humanismo preocupado polas necesidades do home moderno, sistematizados nos Cinco puntos dunha nova arquitectura:
      • 1. piares. 2. teito. 3. planta libre.
      • 4. xanela lonxitudinal corrida pola fachada. 5. fachada libre.
      • - Trala IIª GM adopta un estilo escultórico + flexible  Unidade de habitación = bloque de vivendas a gran escala con servizos comunitarios onde experimenta a planta e a fachada libre. A partir de aquí desprega Le Corbusier unha autocrítica das carencias prácticas e expresivas do funcionalismo  Igrexa de Ronchamp, onde centra a atención nos valores lumínicos e plásticos
    5. 98. A CASA DA FERVENZA LLOYD WRIGHT
      • Arquitectura organicista contemporánea.
      • Casa Kauffmann. Vivenda unifamiliar. Pennsylvania (USA). 1934/36.
      • Encargo de Edgar Kauffmann, empresario de Pittsburg. 3 andares. A corrente de auga discorre baixo a casa.
      • Materiais: pedra, formigón e vidro.
      • Deseño unitario de mobles e decoración
      • Obra emblemática do organicismo, a Casa da Fervenza, envolta por unha paisaxe de árbores, rochas e regatos, pertence á tipoloxía de casas de pradeira = vivendas unifamiliares de campo. Wright adaptou o diseño ás irregularidades do terreo, distribuíndo o espazo en varios ámbitos que se integran na natureza en distintos niveis por medio dunha rica articulación de volumes.
      • As pranchas de formigón de terrazas e teitos están ancoradas na rocha natural e no núcleo da obra, que se ergue coma unha torre arredor dunha cheminea, motivo dominante en Wright.
      • Ordea o nivel principal nun amplo salón con distintos ambientes funcionais e chan de pedra, aberto a outros espazos secundarios e cunha escaleira que descende á beira do río. A planta superior contén varias habitacións independentes coas súas propias terrazas asomadas á paisaxe.
      • Os muros combinan placas lisas de formigón e sillares rústicos, pero as paredes son de vidro con marcos metálicos que integran a vivenda no entorno. A casa forma un feixe dinámico e orixinal de verticais e horizontais, un xogo xeométrico de asimetrías e volumes de gran imaxinación compositiva que reflecte a desorde orgánica da paisaxe onde senta.
      • Wright descompón a caixa cúbica do racionalismo en espacios contiguos que se comunican fluidamente ao longo de planos horizontais, primando a continuidade espacial sobre os volumes compactos do funcionalismo europeo. Asemade centraliza no núcleo central parte da función de sostemento da estructura  deseño libre da distribución de cada planta según as necesidades.
      • MUSEO GUGGENHEIM. N.Y. LLOYD WRIGHT
      • Arquitectura funcionalista contemporánea.
      • Museo da arte moderna.
      • N.York. USA. 1956/59.
      • Rampla espiral continua en forma de cono invertido. Cúpula.
      • Materiais: ferro, formigón e aceiro.
      • A desbordante inventiva de Wright acada o seu canto de cisne no Museo Guggenheim de Nova York, cando na súa etapa final, trala Segunda Guerra Mundial, deixa libre a súa fantasía en obras de singular imaxinación non exenta de matices esotéricos, cunha acusada preferencia por formas e espazos curvilíneos, circulares e espirales.
      • Arquitectura pura, case escultura, está hélice espacial continua en forma de rampla espiral descendente vai medrando o radio de abaixo a arriba e espállase a medida que se enrola vertixinósamente ao redor dun espazo baleiro coroada por unha gran cúpula de vidro con nervios planos. A rampla helicoidal adáptase idóneamente coma galería corrida por onde o público, tras subir en ascensor, descende a vagar contemplando a exposición  continuidade espacial pura e perfecta.
      • O polémico volume externo de formigón reforzado toma a forma insólita dun cono invertido de curvas en chanzos, suavizado pola luminosa luz branca que lle resta peso. E na súa fantasía, fica alleo ao controno urbano de altos bloques primáticos da 5ª Avenida, da que semella desentenderse, parecendo amosar a incompatibilidade da arquitectura de Wright coa urbe moderna do funcionalismo.
    6. 100. CASA SABOIA LE CORBUSIER
      • Arquitectura racionalista contemporánea.
      • Vivenda unifamiliar.
      • Francia. 1929/31.
      • Planta alta sobre piares e terraza.
      • Materiais: formigón, ferro e vidro.
      • - Durante a década dos vinte, Le Corbusier publica os Cinco puntos dunha nova arquitectura, aplicables tanto á planificación urbana e a edificios illados:
      • 1) piares de formigón que elevan a casa do solo e deixan espazo libre para xardín.
      • 2) o teito xardín plano dá servizo á comunidade.
      • 3) planta libre economiza volume e admite unha distribución racional e personalizada.
      • 4) xanela horizontal corre pola fachada incrementando a iluminación.
      • 5) a fachada libre pode recibir deseños diferentes en cada andar.
      • - Con estes principios Le Corbusier simplifica a arquitectura, reducindo o exterior a un volume plástico elemental e racionalizando o interior con criterio funcional.
      • A Casa Savoie = exemplo emblemático desta fase purista do racionalismo. Le Corbusier chamaba ás súas vivendas máquinas para habitar, inspiradas en formas perfectas e precisas dos artefactos modernos, posuidores dunha dimensión estética que as vangardas estaban a descubrir.
      • Edificada nun ancho prado entre bosques, xoga coas fig xeométricas básicas (plano, cubo e cilindro) en forma de caixa cadrada de catro fachadas iguais orientadas aos catro puntos cardinais, erguida sobre o solo por un pórtico de piares de formigón que amosa núa esa parte da estructura constructiva. As superficies planas e lisas exclúen toda sensación de gravidade e remiten a bloques espaciais abstractos, artellados en xanelas apaisadas.
      • Dentro da casa disfrutamos o exterior, xa que desde todas as partes podemos ver o ceo e a paisaxe circundante, pero conservamos unha completa intimidade xa que a elevación impide enxergar o interior desde fóra. Distribúe a vivenda dun xeito libre en amplas estancias en función do mov solar. As plantas comunican con suaves ramplas que acceden tamén ao solarium da terraza, única parte onde unha atrevida asimetría serve de contrapunto ao rigor xeométrico do edificio e introduce unha nota de espontaneidade no recinto.
    7. 101. IGREXA DE RONCHAMP LE CORBUSIER
      • Arquitectura brutalista contemporánea.
      • Igrexa de Notre Dame du Haut. Ronchamp. Francia. 1950/55.
      • Capela de peregrinación.
      • Nave central e capelas laterais. Xanelas con vidros coloreados.
      • Formigón, ferro e vidro.
      • Desencanto coa sociedade industrial  Le Corbusier edifica a Igrexa de Ronchamp = desafío heroico, regreso á natureza que poñía todas as posibilidades técnicas ao servizo da expresividade e dos sentimentos ancestrais.
      • Conservando do templo tradicional a orientación do altar ao leste e a composición da nave central e capelas laterais, desordena todo o demáis nun arrouto dinámico de volumes sen xustificación litúrxica ou funcional, puramente expresiva.
      • A forma escultórica da igrexa, de enérxica beleza e intensa expresividade, está dominada polo poderoso perfil escuro do tellado (orixinal casca de formigón) que avanza sobre os muros de cemento encalado e remata coma unha proa dun navío varado no ángulo SE sobre unha irta aresta, tensa e afiada coma o borde dunha navalla.
      • Acentúa está plasticidade a inclinación oblicua dos muros nun xogo de curvas e contracurvas que ondulan toda a masa coma se fora papel. Este envoltorio externo está furado por bufardas irregulares que se distribúen aleatoriamente. Un púlpito sobresaínte no paramento, abeirado a un altar ao aire libre, congrega as grandes multitudes nas peregrinacións.
      • As portas disimuladas pasan desapercibidas e dá a sensación de penetrar ao interior dunha cova secreta e sagrada, tanto pola inclinación do teito como pola intensidade lumínica. A luz atravesa cristais de distintas cores que desde o muro sur, iluminan a nave central. Unha luminosidade coa que prentendía crear un ambiente relixioso feito de “ silencio, oración, paz e gozo espiritual”. Tamén as capelas laterais sobrepasan a cuberta do templo para erguerse por riba en forma de inxeniosas medias cúpulas, semellantes a capuchas, que capturan a luz natural

    + camposseijocamposseijo, 2 years ago

    custom

    780 views, 0 favs, 0 embeds more stats

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 780
      • 780 on SlideShare
      • 0 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 0
    • Downloads 28
    Most viewed embeds

    more

    All embeds

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?